SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
Para saber máis
                                 O MUNDO MUSULMÁN
   A cultura musulmá describe as prácticas culturais                 Países con maioría de población musulmá

dos pobos que seguen o Islam.

   O Islam, en árabe   ‫,اإلس الم‬é unha relixión
monoteísta (un so deus) que ten as súas bases no libro
do Corán o cal establece como premisa fundamental
para os seus crentes que “Non hai máis Deus que Alá e
Mahoma é o derradeiro mensaxeiro de Alá”.
   Os seguidores do Islam denomínanse musulmáns.
    Estímase que na actualidade hai entre 1.000 e
1.200 millóns de musulmáns no mundo, é a relixión máis
estendida do mundo.
    O Islam iniciouse coa predicación de Mahoma no
ano 622 en La Meca (Arabia Saudita). Despois
estendeuse rapidamente por todo o mundo, incluída
España, que se chamaba Al Andalus, e que foi musulmá
dende o ano 711 ata 1492.
                    Máxima extensión de Al Andalus no ano 732
                                                                                            Al Andalus no ano 1492, antes de ser expulsados

                                                                                            os musulmáns
DOUTRINA MUSULMANA
Ten cinco puntos principias:

  • A profesión de fe, é dicir, aceptar o principio básico
    de que so hai un Deus e que Mahoma é o último e máis
    importante dos seus profetas.
  • A oración, que teñen que facer cinco veces ao día.
  • O zakat ou azaque, tamén traducido como esmola, é
    dicir, compartir os recursos con quen o precisa.
  • O sexún no mes do Ramadán.
  • A peregrinación a La Meca (para quen poida)
    alomenos unha vez na vida.



  Ademais, conforme ao Corán, todos os musulmáns teñen
  que crer en Deus, os seus anxos, os seus libros, os seus
  profetas, a predestinación e na próxima vida.
ALÁ
                               Alá é a tradución ao castelán da palabra árabe Allah   ‫ﷲ‬
                               significa “o Deus único das relixións islámica, cristianismo e xudaísmo”.

                                   Non ten unha representación en ningunha imaxe, por iso se utiliza o seu
                               nome escrito en caligrafía árabe ornamental para adornar mesquitas e todo
                               tipo de arquitectura.



                               Nome de Allah escrito en caligrafía árabe




  A palabra Allāh está na orixe dalgunhas palabras castelás como "ojalá"
 (w[a] shā-llāh: y quiera Alá o y quiera Dios), "olé" (w[a]-llāh: por Alá o por
                       Dios) o "hala" (yā-llāh: oh Dios).
O CORÁN
      O Corán é o libro sagrado do Islam, que para os
 musulmáns contén a palabra de Deus Allah, revelada a
 Mahoma, quen se considera que recibiu estas revelacións por
 medio do Anxo Gabriel.
           En vida de Mahoma, esas “revelacións” eran
 transmitidas oralmente ou escritas en follas de palmeira, en
 anacos de coiro ou ósos.
      Cando morreu Mahoma, no ano 632, os seus seguidores
 comezaron a reunilas e escribiron os 114 capítulos do Corán
 chamados azoras, cada un dividido en versículos chamados
 aleyas.
   Aínda que hai moitas traducións a todos os idiomas do
 Corán, para a oración emprégase so a lingua orixinaria, o
 árabe clásico.
   No Corán aparecen moitos persoeiros dos libros sagrados
 do xudaísmo, a Torá, e do Cristianismo, a Biblia como Adán,
 Noé, Abrabam, Moisés, Xesús de Nazaret e Xoan o Bautista
 aparecen mencionados como profetas islámicos.


                                                             A primeira azora nunha copia manuscrita do Corán
PROFETAS
                                                            O Corán di que Deus mandou un mensaxeiro ou profeta a
                                                        cada comunidade, pedindo adorar so a Deus.
                                                            Todos eran seres humanos, non deuses.
                                                            O Corán menciona máis de 20 profetas, dende Adán ata
                                                        Mahoma, o derradeiro.
                                                            Xesús de Nazaret, o Deus fillo do Cristianismo é para o
                                                        Islam un máis dos profetas e saúdase igual que a Mahoma.
                                                        Tamén se respecta especialmente á súa nai María, que mesmo
                                                        ten unha Azora e é a única muller mencionada no Corán.
Representación común de caligrafía do nome de Mahoma.

                                            Mahoma naceu o ano 570 e foi un líder relixioso, político e
                                            militar árabe que fundou a igrexa do Islam. Para os musulmáns
                                            non creou unha nova relixión senón que restaurou a orixinal.
                                                   Predicou durante 23 anos, despois dos 40, e considérase
                                            como un home próximo á perfección, posuidor de virtudes en
                                            todos os campos da vida, espirituais, políticos, militares e
                                            sociais.
                                                   As revelacións que predicaba eran memorizadas e
                                            rexistradas polos seus compañeiros e serán o Corán. Predicou
                                            en La Meca, pedíndolle á xente que deixase o politeísmo
                                            (adoraban a varios deuses). Por iso foi perseguido.
Despois de 13 anos de predicación Mahoma e os musulmáns realizaron a Héjira, ou emigración, a cidade de
Medina en 622. Alí estableceuse como autoridade política e relixiosa. A Sunna son libros que conteñen a
recompilación da vida de Mahoma, e é de gran valor para os musulmáns.
LUGARES SANTOS
Os lugares santos do Islam son tres: as cidades de La Meca e Medina, así como a Mesquita de Al-Aqsa en Xerusalén


     A Meca é a cidade a onde os
musulmáns teñen que peregrinar unha vez
na vida se poden. Nela naceu Mahoma e
atópase a Masjid Al-Haram, onde rezar
Nela considérase como ter a recompensa
de 100.000 oracións. Nesta mesquita está
localizada a Kaaba, templo construído polo
profeta Abraham e Ismael . Nos arredores
atópase Mina e o Monte Arafat, onde
Mahoma pronunciou o seu sermón de
despedida fronte a máis de 100.000
persoas e o permanecer aí está
considerado como unha parte importante
da peregrinación.
Medina       é un lugar moi querido polos
musulmáns porque recibiu ao profeta
Mahoma cando emigrou de La Meca, doulle
refuxio, recibiuno e aceptou a súa mensaxe .
Os seus habitantes foron coñecidos como os
“Ansar” por telos acollido e facer vencer ao
Islam.
   Mahoma di que en Medina duplícase a
recompensa polas boas accións, unha oración
na Mesquita do profeta ten a recompensa
de 1.000 oracións.
    Tamén dixo que na súa entrada hai
anxos que a protexen das epidemias.
    Declarouna como sagrada e dixo que
expulsa á mala xente , e debido á elevada
posición que lle foi concedida a esta cidade
e aos seus habitantes, informou que Deus os
defende maldice a todo aquel que os ameace
inxustamente.
    En Medina é onde Mahoma morreu e foi
enterrado.
Mesquita de Al-Aqsa
                           A Mesquita de Al-Aqsa é a terceira mesquita máis sagrada do
                      Islam.
                      Encóntrase en Xerusalén.
                      A tradición musulmá relata que é o lugar onde Mahoma ascendeu
                      aos ceos .
                      A este acontecemento chámaselle Al-Israh wa Al Miray (viaxe
                      nocturno e ascensión). No capítulo 17 do Corán fala diso e o rezar
                      nela equivale á recompensa de 500 oracións.
ETIQUETA
     Hai moitas prácticas establecidas que comprenden a categoría de adab islámico e que poderíamos chamar
etiqueta.
   • O saúdo “salamu alaykum” que quere dicir “a paz sexa con vos”
   • Dise “bismilah” que quere dicir “no nome de Alá” antes das comidas
   • So usan a man dereita para comer e beber.
   • Usan a man esquerda para o aseo, como asoarse o nariz.
   • Hai rituais de enterro que se denominan salat al Janazah ou “oración fúnebre”, xa que bañan e envolven o
     cadáver nun manto branco e posteriormente colócano na tumba.
   • A dieta está restrinxida, e teñen alimentos prohibidos como o
     porco, sangue, alcohol. Toda a carne debe proceder de animais
     herbívoros sacrificados no nome de Deus por un musulmán , xudeu
     ou cristián, A alimentación permitida para os musulmáns coñécese
     como alimentos halal.
   • No que se refire ao aseo persoal, a hixiene é
     fundamental á hora de rezar, o de dou lugar en moitos
     países musulmáns a unha refinada cultura da limpeza e
     da auga.
INDUMENTARIA
   Para os seguidores do Islam, o puritanismo na indumentaria é
considerado como unha orde de Alá que establece no Corán no que
Mahoma estableceu o que está permitido usar ou non para os
musulmáns e o que é recomendable e o que non o é.
   Tanto o home como a muller non deben levar roupas demasiado
xustas nin provocativas á vista dos demais, cando se está fronte a
persoas alleas á súa familia, a excepción das súas parellas.
   Está plenamente prohibido que o home vista como muller e
viceversa.
   Non hai unha indumentaria específica, pero si uns criterios que
recomendan:
      • Para a muller levar cuberto o corpo agás mans e rostro
      • Para o home levar cuberto dende xeonllos ata o peito.




                                                         O respecto destas normas con respecto á
                                                       indumentaria é moi diferente segundo a observancia
                                                       relixiosa de cada país, e mesmo de cada familia.
Vestimenta masculina.
      Normalmente a vestimenta do home está conformada por un
kufi que é un tipo de sombreiro ou gorro que levan na cabeza.
Normalmente é de cor branca, aínda que existen diferentes cores
e modelos.
      Tamén levan thobe, que tamén se coñece como thawb, thaub
ou suriyah, esta vestimenta é longa ata a altura dos xeonllos, de
mangas longas, pode ser de diferentes cores, pero normalmente
emprégase a cor branca sobre todo para o Yuma, que se realiza
cada venres (podería equivaler á misa dos domingos dos católicos).
Vestimenta feminina
Pode levar varios tipos de vestimenta.




                         O hiyab é un código de vestimenta feminina islámica que establece que debe
                         cubrirse a maior parte do corpo e que na práctica se manifesta con distintos tipos
                         de prendas, segundo zonas e épocas e que en moitos casos se combina coas máis
                         modernas prendas de moda .

                         Tamén hai mulleres musulmanas que non levan o hiyab na vida cotiá, agás no
                         momento de realizar a oración.
OS IMÁNS
En termos xerais un imán (en árabe, ‫ )إمام‬é a persoa que dirixe a oración
colectiva no Islam.
Significa máis ou menos literalmente “o que está diante”.
Adoitase pensar que os imáns son o equivalente musulmán dos curas ou rabinos,
pero non é así: o islam carece de clero, e un imán, en principio, pode ser calquera
persoa que coñeza ben o ritual do rezo.
Sitúase diante dos demais fieis nas mesquitas e serve de guía para realizar o
ritual da oración, aínda que non é obrigado seguilo. A miúdo afírmase que cada
musulmán pode ser o seu propio imán con tal de que saiba rezar correctamente
e que o cargo de imán so existe mentres dura a oración.
Na práctica dáse certa profesionalización. Hai persoas que seguen estudos
específicos para dedicarse a esta tarefa, e a elección dun imán recae nun
principio na propia comunidade que o vai seguir.
FESTIVIDADES
                                                  Eid Al Fitr


                           Significa Feliz Id.

A Festa   Eid Al Fitr pode compararse co noso Nadal, é unha das festas máis importantes para os musulmáns
     Fanse compras coma as nosas polo Nadal.
     Faise para celebrar o final do Ramadán.
     O Ramadán é o noveno mes do ano lunar, e todo musulmán debe cumprilo .
Tanto os homes como as mulleres deben deixar de comer (sexún), de fumar,
perfumarse ou ter relacións sexuais dende a saída do sol ata o anoitecer. As
únicas excepcións son os enfermos, os viaxeiros, os nenos e as mulleres
embarazadas.
     Estas prohibicións desaparecen ao caer a noite. O final do Ramadán
celébrase con grandes festas

  O Ramadán dura 29 días aproximadamente.
O ano 2012 corresponde co Ano da era da Héxira 1433.
As datas do Ramadán serán do 15 de xullo ao 12 de agosto.

Cando remata o Ramadán empeza o mes de Sh´awwal, coa festa máis grande, a festa de Aid Al Fitr, ou “festa
da ruptura do sexún”, que se celebra con moita ledicia.
  Repártense bendicións e desexase felicidade, persoalmente ou mandándose tarxetas, dando grazas a Deus por
ter superado as dificultades do Ramadán.
O día comeza bañándose e vestíndose coa mellor roupa.
  Despois acódese á mesquita para as oracións.




Máis tarde a xente intercambia agasallos e visita aos parentes e amigos.
   Dáse esmola aos pobres.
   Ao longo do día reflexiónase sobre o significado do Islam e téntanse limar as diferenzas coa familia e os
amigos, para poder empezar unha nova vida baixo o signo da paz e a reconciliación.
   Repártense dóces, comida e bebidas sen alcohol nas mesquitas e fogares e as celebracións duran tres días nos
países islámicos.
Id ul Ada
     70 días despois do Id al Fitr celébrase o Id ul Ada ou Festa do Sacrificio .
     Nela celébrase o sacrificio que fixera o profeta Abrahám dun animal. A vítima orixinal dese sacrificio
debía ter sido o seu fillo.
     O símbolo para o día é un carneiro (ou cabra, vaca, ovella, touro ou camelo, que non está especificado o
animal, agás que debe ser de boa calidade e gozar de boa saúde)
     A carne do animal repartirase entre os que o mercaron (pode ser máis dunha familia) e tamén entre as
familias necesitadas do barrio que non o puideron mercar.
     Hai feiras de animais vivos que se habilita exclusivamente para este Id
CALIGRAFÍA
A caligrafía árabe está asociada coa arte xeométrica islámica do arabesco
nas paredes e tamén nos teitos das mesquitas, así coma nos textos
escritos.

É moi venerada como forma de arte islámico porque constitúe un enlace
entre a lingua dos musulmáns e a súa relixión.

  O instrumento habitual para a escritura é o cálamo, empregado aínda
hoxe en día para a caligrafía artística.

  O cálamo é unha cana que nun extremo ten un corte transversal. Ese
corte determina a alternancia entre trazos grosos e finos característica da
maioría dos estilos caligráficos.

  No Magreb e Al Andalus empregábase un cálamo rematado en punta,
como as tradicionais plumas europeas.
Calendario musulmán
    É un calendario lunar.
    Basease en ciclos lunares de 30 anos, deles 19 anos teñen 354
días, e 11 anos teñen 355 días.
   Os anos de 354 días chámanse anos simples e divídense en seis
meses de 30 días e outros seis meses de 29 días.
   Os anos de 355 días chámanse intercalares e divídense en 7
meses de 30 días e outros cinco de 29 días.
    Anos e meses vanse alternando.
    Cada 33 anos musulmáns equivalen a 32 anos gregorianos.
    A orixe deste calendario é o día do inicio da Héxira, que no noso
calendario correspondería ao 16 de xullo de 622.
O ano islámico actual é o 1433, aproximadamente do 26 de
    novembro de 2011 ao 14 de novembro de 2012.
        Os días da semana son sete:

 • al-áhad (‫« األح د‬o primeiro»), domingo
 • al-ithnáyn (‫ن‬     ‫« اإلثني‬o segundo»), luns
 • al-thalatha (‫اء‬      ‫« الثالث‬o terceiro»), martes
 • al-arba‘a (‫« األربع اء‬o cuarto»), mércores
 • al-jamís (‫« الخمي س‬o quinto»), xoves
 • al-yuma‘a (‫« الجمع ة‬a xuntanza»), venres. Chámase así porque é o día festivo no que se realiza a oración colectiva nas
 mesquitas.
 • as-sabt (‫« الس بت‬o sábat»), sábado


        Os meses son doce:

1. Muharram
2. Safar
3. Rabi' al-Awwal
4. Rabi' al-Thani
5. Yumada al-Wula
6. Yumada al-Thania
7. Rayab
8. Sha'abán
9. Ramadán
10. Shawwal
11. Du al-Qa'da
12. Du al-Hiyya

More Related Content

Viewers also liked

103 bhatt urvi
103 bhatt urvi103 bhatt urvi
103 bhatt urvi
urvi bhatt
 
Presentation slideshare
Presentation slidesharePresentation slideshare
Presentation slideshare
Stracy Nixon
 

Viewers also liked (16)

Guacamole
GuacamoleGuacamole
Guacamole
 
China
ChinaChina
China
 
FACEMOS QUEIXO
FACEMOS QUEIXOFACEMOS QUEIXO
FACEMOS QUEIXO
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Letras galegas e comercio xusto
Letras galegas e comercio xustoLetras galegas e comercio xusto
Letras galegas e comercio xusto
 
Facendo un blog
Facendo un blogFacendo un blog
Facendo un blog
 
Vietnam Cafe Exterior
Vietnam Cafe ExteriorVietnam Cafe Exterior
Vietnam Cafe Exterior
 
How to Harness Social Media for your Business
How to Harness Social Media for your BusinessHow to Harness Social Media for your Business
How to Harness Social Media for your Business
 
Times Of India Mobile Jun 6, 2009 Sensex Rises For 13 Consecutive Weeks, Adds...
Times Of India Mobile Jun 6, 2009 Sensex Rises For 13 Consecutive Weeks, Adds...Times Of India Mobile Jun 6, 2009 Sensex Rises For 13 Consecutive Weeks, Adds...
Times Of India Mobile Jun 6, 2009 Sensex Rises For 13 Consecutive Weeks, Adds...
 
Andhra Cafe Jun 6, 2009 Sensex Rises For 13 Consecutive Weeks, Adds 478 Points
Andhra Cafe Jun 6, 2009 Sensex Rises For 13 Consecutive Weeks, Adds 478 PointsAndhra Cafe Jun 6, 2009 Sensex Rises For 13 Consecutive Weeks, Adds 478 Points
Andhra Cafe Jun 6, 2009 Sensex Rises For 13 Consecutive Weeks, Adds 478 Points
 
Decentralized routing in social networks
Decentralized routing in social networksDecentralized routing in social networks
Decentralized routing in social networks
 
IMI business continuity presentation
IMI business continuity presentationIMI business continuity presentation
IMI business continuity presentation
 
103 bhatt urvi
103 bhatt urvi103 bhatt urvi
103 bhatt urvi
 
Presentation slideshare
Presentation slidesharePresentation slideshare
Presentation slideshare
 
WV HB 4411: A Bill to Allow More Drill Cuttings to be Disposed of in WV Landf...
WV HB 4411: A Bill to Allow More Drill Cuttings to be Disposed of in WV Landf...WV HB 4411: A Bill to Allow More Drill Cuttings to be Disposed of in WV Landf...
WV HB 4411: A Bill to Allow More Drill Cuttings to be Disposed of in WV Landf...
 

More from Chelo Alvarez Veira

More from Chelo Alvarez Veira (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Programación plambe
Programación plambeProgramación plambe
Programación plambe
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdadeGuia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 

Recently uploaded (7)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Para saber máis dos musulmáns

  • 1. Para saber máis O MUNDO MUSULMÁN A cultura musulmá describe as prácticas culturais Países con maioría de población musulmá dos pobos que seguen o Islam. O Islam, en árabe ‫,اإلس الم‬é unha relixión monoteísta (un so deus) que ten as súas bases no libro do Corán o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que “Non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o derradeiro mensaxeiro de Alá”. Os seguidores do Islam denomínanse musulmáns. Estímase que na actualidade hai entre 1.000 e 1.200 millóns de musulmáns no mundo, é a relixión máis estendida do mundo. O Islam iniciouse coa predicación de Mahoma no ano 622 en La Meca (Arabia Saudita). Despois estendeuse rapidamente por todo o mundo, incluída España, que se chamaba Al Andalus, e que foi musulmá dende o ano 711 ata 1492. Máxima extensión de Al Andalus no ano 732 Al Andalus no ano 1492, antes de ser expulsados os musulmáns
  • 2. DOUTRINA MUSULMANA Ten cinco puntos principias: • A profesión de fe, é dicir, aceptar o principio básico de que so hai un Deus e que Mahoma é o último e máis importante dos seus profetas. • A oración, que teñen que facer cinco veces ao día. • O zakat ou azaque, tamén traducido como esmola, é dicir, compartir os recursos con quen o precisa. • O sexún no mes do Ramadán. • A peregrinación a La Meca (para quen poida) alomenos unha vez na vida. Ademais, conforme ao Corán, todos os musulmáns teñen que crer en Deus, os seus anxos, os seus libros, os seus profetas, a predestinación e na próxima vida.
  • 3. ALÁ Alá é a tradución ao castelán da palabra árabe Allah ‫ﷲ‬ significa “o Deus único das relixións islámica, cristianismo e xudaísmo”. Non ten unha representación en ningunha imaxe, por iso se utiliza o seu nome escrito en caligrafía árabe ornamental para adornar mesquitas e todo tipo de arquitectura. Nome de Allah escrito en caligrafía árabe A palabra Allāh está na orixe dalgunhas palabras castelás como "ojalá" (w[a] shā-llāh: y quiera Alá o y quiera Dios), "olé" (w[a]-llāh: por Alá o por Dios) o "hala" (yā-llāh: oh Dios).
  • 4. O CORÁN O Corán é o libro sagrado do Islam, que para os musulmáns contén a palabra de Deus Allah, revelada a Mahoma, quen se considera que recibiu estas revelacións por medio do Anxo Gabriel. En vida de Mahoma, esas “revelacións” eran transmitidas oralmente ou escritas en follas de palmeira, en anacos de coiro ou ósos. Cando morreu Mahoma, no ano 632, os seus seguidores comezaron a reunilas e escribiron os 114 capítulos do Corán chamados azoras, cada un dividido en versículos chamados aleyas. Aínda que hai moitas traducións a todos os idiomas do Corán, para a oración emprégase so a lingua orixinaria, o árabe clásico. No Corán aparecen moitos persoeiros dos libros sagrados do xudaísmo, a Torá, e do Cristianismo, a Biblia como Adán, Noé, Abrabam, Moisés, Xesús de Nazaret e Xoan o Bautista aparecen mencionados como profetas islámicos. A primeira azora nunha copia manuscrita do Corán
  • 5. PROFETAS O Corán di que Deus mandou un mensaxeiro ou profeta a cada comunidade, pedindo adorar so a Deus. Todos eran seres humanos, non deuses. O Corán menciona máis de 20 profetas, dende Adán ata Mahoma, o derradeiro. Xesús de Nazaret, o Deus fillo do Cristianismo é para o Islam un máis dos profetas e saúdase igual que a Mahoma. Tamén se respecta especialmente á súa nai María, que mesmo ten unha Azora e é a única muller mencionada no Corán. Representación común de caligrafía do nome de Mahoma. Mahoma naceu o ano 570 e foi un líder relixioso, político e militar árabe que fundou a igrexa do Islam. Para os musulmáns non creou unha nova relixión senón que restaurou a orixinal. Predicou durante 23 anos, despois dos 40, e considérase como un home próximo á perfección, posuidor de virtudes en todos os campos da vida, espirituais, políticos, militares e sociais. As revelacións que predicaba eran memorizadas e rexistradas polos seus compañeiros e serán o Corán. Predicou en La Meca, pedíndolle á xente que deixase o politeísmo (adoraban a varios deuses). Por iso foi perseguido. Despois de 13 anos de predicación Mahoma e os musulmáns realizaron a Héjira, ou emigración, a cidade de Medina en 622. Alí estableceuse como autoridade política e relixiosa. A Sunna son libros que conteñen a recompilación da vida de Mahoma, e é de gran valor para os musulmáns.
  • 6. LUGARES SANTOS Os lugares santos do Islam son tres: as cidades de La Meca e Medina, así como a Mesquita de Al-Aqsa en Xerusalén A Meca é a cidade a onde os musulmáns teñen que peregrinar unha vez na vida se poden. Nela naceu Mahoma e atópase a Masjid Al-Haram, onde rezar Nela considérase como ter a recompensa de 100.000 oracións. Nesta mesquita está localizada a Kaaba, templo construído polo profeta Abraham e Ismael . Nos arredores atópase Mina e o Monte Arafat, onde Mahoma pronunciou o seu sermón de despedida fronte a máis de 100.000 persoas e o permanecer aí está considerado como unha parte importante da peregrinación.
  • 7. Medina é un lugar moi querido polos musulmáns porque recibiu ao profeta Mahoma cando emigrou de La Meca, doulle refuxio, recibiuno e aceptou a súa mensaxe . Os seus habitantes foron coñecidos como os “Ansar” por telos acollido e facer vencer ao Islam. Mahoma di que en Medina duplícase a recompensa polas boas accións, unha oración na Mesquita do profeta ten a recompensa de 1.000 oracións. Tamén dixo que na súa entrada hai anxos que a protexen das epidemias. Declarouna como sagrada e dixo que expulsa á mala xente , e debido á elevada posición que lle foi concedida a esta cidade e aos seus habitantes, informou que Deus os defende maldice a todo aquel que os ameace inxustamente. En Medina é onde Mahoma morreu e foi enterrado.
  • 8. Mesquita de Al-Aqsa A Mesquita de Al-Aqsa é a terceira mesquita máis sagrada do Islam. Encóntrase en Xerusalén. A tradición musulmá relata que é o lugar onde Mahoma ascendeu aos ceos . A este acontecemento chámaselle Al-Israh wa Al Miray (viaxe nocturno e ascensión). No capítulo 17 do Corán fala diso e o rezar nela equivale á recompensa de 500 oracións.
  • 9. ETIQUETA Hai moitas prácticas establecidas que comprenden a categoría de adab islámico e que poderíamos chamar etiqueta. • O saúdo “salamu alaykum” que quere dicir “a paz sexa con vos” • Dise “bismilah” que quere dicir “no nome de Alá” antes das comidas • So usan a man dereita para comer e beber. • Usan a man esquerda para o aseo, como asoarse o nariz. • Hai rituais de enterro que se denominan salat al Janazah ou “oración fúnebre”, xa que bañan e envolven o cadáver nun manto branco e posteriormente colócano na tumba. • A dieta está restrinxida, e teñen alimentos prohibidos como o porco, sangue, alcohol. Toda a carne debe proceder de animais herbívoros sacrificados no nome de Deus por un musulmán , xudeu ou cristián, A alimentación permitida para os musulmáns coñécese como alimentos halal. • No que se refire ao aseo persoal, a hixiene é fundamental á hora de rezar, o de dou lugar en moitos países musulmáns a unha refinada cultura da limpeza e da auga.
  • 10. INDUMENTARIA Para os seguidores do Islam, o puritanismo na indumentaria é considerado como unha orde de Alá que establece no Corán no que Mahoma estableceu o que está permitido usar ou non para os musulmáns e o que é recomendable e o que non o é. Tanto o home como a muller non deben levar roupas demasiado xustas nin provocativas á vista dos demais, cando se está fronte a persoas alleas á súa familia, a excepción das súas parellas. Está plenamente prohibido que o home vista como muller e viceversa. Non hai unha indumentaria específica, pero si uns criterios que recomendan: • Para a muller levar cuberto o corpo agás mans e rostro • Para o home levar cuberto dende xeonllos ata o peito. O respecto destas normas con respecto á indumentaria é moi diferente segundo a observancia relixiosa de cada país, e mesmo de cada familia.
  • 11. Vestimenta masculina. Normalmente a vestimenta do home está conformada por un kufi que é un tipo de sombreiro ou gorro que levan na cabeza. Normalmente é de cor branca, aínda que existen diferentes cores e modelos. Tamén levan thobe, que tamén se coñece como thawb, thaub ou suriyah, esta vestimenta é longa ata a altura dos xeonllos, de mangas longas, pode ser de diferentes cores, pero normalmente emprégase a cor branca sobre todo para o Yuma, que se realiza cada venres (podería equivaler á misa dos domingos dos católicos).
  • 12. Vestimenta feminina Pode levar varios tipos de vestimenta. O hiyab é un código de vestimenta feminina islámica que establece que debe cubrirse a maior parte do corpo e que na práctica se manifesta con distintos tipos de prendas, segundo zonas e épocas e que en moitos casos se combina coas máis modernas prendas de moda . Tamén hai mulleres musulmanas que non levan o hiyab na vida cotiá, agás no momento de realizar a oración.
  • 13. OS IMÁNS En termos xerais un imán (en árabe, ‫ )إمام‬é a persoa que dirixe a oración colectiva no Islam. Significa máis ou menos literalmente “o que está diante”. Adoitase pensar que os imáns son o equivalente musulmán dos curas ou rabinos, pero non é así: o islam carece de clero, e un imán, en principio, pode ser calquera persoa que coñeza ben o ritual do rezo. Sitúase diante dos demais fieis nas mesquitas e serve de guía para realizar o ritual da oración, aínda que non é obrigado seguilo. A miúdo afírmase que cada musulmán pode ser o seu propio imán con tal de que saiba rezar correctamente e que o cargo de imán so existe mentres dura a oración. Na práctica dáse certa profesionalización. Hai persoas que seguen estudos específicos para dedicarse a esta tarefa, e a elección dun imán recae nun principio na propia comunidade que o vai seguir.
  • 14. FESTIVIDADES Eid Al Fitr Significa Feliz Id. A Festa Eid Al Fitr pode compararse co noso Nadal, é unha das festas máis importantes para os musulmáns Fanse compras coma as nosas polo Nadal. Faise para celebrar o final do Ramadán. O Ramadán é o noveno mes do ano lunar, e todo musulmán debe cumprilo . Tanto os homes como as mulleres deben deixar de comer (sexún), de fumar, perfumarse ou ter relacións sexuais dende a saída do sol ata o anoitecer. As únicas excepcións son os enfermos, os viaxeiros, os nenos e as mulleres embarazadas. Estas prohibicións desaparecen ao caer a noite. O final do Ramadán celébrase con grandes festas O Ramadán dura 29 días aproximadamente.
  • 15. O ano 2012 corresponde co Ano da era da Héxira 1433. As datas do Ramadán serán do 15 de xullo ao 12 de agosto. Cando remata o Ramadán empeza o mes de Sh´awwal, coa festa máis grande, a festa de Aid Al Fitr, ou “festa da ruptura do sexún”, que se celebra con moita ledicia. Repártense bendicións e desexase felicidade, persoalmente ou mandándose tarxetas, dando grazas a Deus por ter superado as dificultades do Ramadán.
  • 16. O día comeza bañándose e vestíndose coa mellor roupa. Despois acódese á mesquita para as oracións. Máis tarde a xente intercambia agasallos e visita aos parentes e amigos. Dáse esmola aos pobres. Ao longo do día reflexiónase sobre o significado do Islam e téntanse limar as diferenzas coa familia e os amigos, para poder empezar unha nova vida baixo o signo da paz e a reconciliación. Repártense dóces, comida e bebidas sen alcohol nas mesquitas e fogares e as celebracións duran tres días nos países islámicos.
  • 17. Id ul Ada 70 días despois do Id al Fitr celébrase o Id ul Ada ou Festa do Sacrificio . Nela celébrase o sacrificio que fixera o profeta Abrahám dun animal. A vítima orixinal dese sacrificio debía ter sido o seu fillo. O símbolo para o día é un carneiro (ou cabra, vaca, ovella, touro ou camelo, que non está especificado o animal, agás que debe ser de boa calidade e gozar de boa saúde) A carne do animal repartirase entre os que o mercaron (pode ser máis dunha familia) e tamén entre as familias necesitadas do barrio que non o puideron mercar. Hai feiras de animais vivos que se habilita exclusivamente para este Id
  • 18. CALIGRAFÍA A caligrafía árabe está asociada coa arte xeométrica islámica do arabesco nas paredes e tamén nos teitos das mesquitas, así coma nos textos escritos. É moi venerada como forma de arte islámico porque constitúe un enlace entre a lingua dos musulmáns e a súa relixión. O instrumento habitual para a escritura é o cálamo, empregado aínda hoxe en día para a caligrafía artística. O cálamo é unha cana que nun extremo ten un corte transversal. Ese corte determina a alternancia entre trazos grosos e finos característica da maioría dos estilos caligráficos. No Magreb e Al Andalus empregábase un cálamo rematado en punta, como as tradicionais plumas europeas.
  • 19. Calendario musulmán É un calendario lunar. Basease en ciclos lunares de 30 anos, deles 19 anos teñen 354 días, e 11 anos teñen 355 días. Os anos de 354 días chámanse anos simples e divídense en seis meses de 30 días e outros seis meses de 29 días. Os anos de 355 días chámanse intercalares e divídense en 7 meses de 30 días e outros cinco de 29 días. Anos e meses vanse alternando. Cada 33 anos musulmáns equivalen a 32 anos gregorianos. A orixe deste calendario é o día do inicio da Héxira, que no noso calendario correspondería ao 16 de xullo de 622.
  • 20. O ano islámico actual é o 1433, aproximadamente do 26 de novembro de 2011 ao 14 de novembro de 2012. Os días da semana son sete: • al-áhad (‫« األح د‬o primeiro»), domingo • al-ithnáyn (‫ن‬ ‫« اإلثني‬o segundo»), luns • al-thalatha (‫اء‬ ‫« الثالث‬o terceiro»), martes • al-arba‘a (‫« األربع اء‬o cuarto»), mércores • al-jamís (‫« الخمي س‬o quinto»), xoves • al-yuma‘a (‫« الجمع ة‬a xuntanza»), venres. Chámase así porque é o día festivo no que se realiza a oración colectiva nas mesquitas. • as-sabt (‫« الس بت‬o sábat»), sábado Os meses son doce: 1. Muharram 2. Safar 3. Rabi' al-Awwal 4. Rabi' al-Thani 5. Yumada al-Wula 6. Yumada al-Thania 7. Rayab 8. Sha'abán 9. Ramadán 10. Shawwal 11. Du al-Qa'da 12. Du al-Hiyya