SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
A Terra e a súa dinámica.
 Terremotos e volcáns




Vicente Pérez Soloviev   Nº 17   2ºC
Terremotos e volcáns
Coñecemento do interior da terra:

Sondaxes: Permitiron penetrar no interior da terra ata trece quilómetros debaixo do
noso planeta.
Ondas sísmicas: Paschwitz, un científico alemán descubriu que as vibracións que
producen os terremotos poden viaxar longas distancias. Estas vibracións son as ondas
sísmicas e poden medirse cós sismógrafos. Pólo interior da Terra propáganse dous tipos
de ondas sísmicas:
    • As ondas P. Son as mais rápidas. Propáganse a maior velocidade nos médios
       sólidos ca nos médios líquidos ou nos fundidos.
    • As ondas S. Viaxan a menor velocidade cás ondas P. Nos medios líquidos ou
       nos fundidos deixan de propagarse.

Os sismógrafos están formados por unha masa suspendida dun resorte. A masa ten un
lapis, que debuxa unha línea sobre un papel enrolado nun cilindro que xira en función
do tempo. Cando se produce un terremoto, o cilindro vibra e o trazo deixa de ser
rectilíneo. Agora xa hai inventados sismógrafos mais tecnolóxicos que poden ser
mesmo dixitais.




                                                                                    2
A dinámica das placas tectónicas:

A litosfera é a capa mais externa da xeosfera. Está formada póla codia terrestre e a
parte mais externa do manto. A litosfera non é continua senón que está fragmentada
nuns anacos xigantescos que se chaman placas tectónicas ou placas litosféricas.

Unha placa tectónica o placa litosférica é un fragmento de litosfera que se move como
un bloque ríxido sen presentar deformación interna sobre a astenosfera da Terra. Entre
as placas tectónicas os bordos de placa son as rexións de maior actividade xeolóxica
interna da Terra, volcánica e sísmica.

Entre as placas poden atoparse tres tipos de bordos, que se clasifican en función do
movemento relativo entre elas:
   • Bordos converxentes. Neles, converxen dúas placas tectónicas. O choque entre
       dúas placas producen unhas presións tan fortes que repregan o bordo dunha
       delas e forman cordilleiras montañosas. Ando as placas da litosfera rompen,
       empezan a vibrar, orixinando así numerosos terremotos. En moitos bordos
       converxentes prodúcense volcáns debido a alta temperatura.
   • Bordos diverxentes. Neles, as placas tectónicas sepáranse. As placas sepáranse
       a ambos os dous lados do eixe central das dorsais, que son uns relevos
       submarinos de orixe volcánica. Por ese eixe flúen grandes cantidades de lava
       que, ao solidificarse, forman as rochas volcánicas da codia oceánica. Grazas a
       este proceso, a litosfera oceánica crece a ambos lados do eixe central da dorsal;
       por este motivo chámanse tamén bordos constructivos.
   • Bordos pasivos. Neles, as placas tectónicas móvense lateralmente. As dúas
       placas tectónicas deslízanse. O rozamento das placas xera presións moi elevadas
       que poden fracturar as rochas ríxidas da litosfera, o que orixina frecuentes
       terremotos. Chámanse bordos pasivos porque neles nin se destrúe nin se
       constrúe a litosfera, como sucede nos bordos converxentes e diverxentes. Estes
       bordos tamén reciben o nome de fallas transformantes.

As rochas parcialmente fundidas do manto que hai baixo a litosfera flúen en lentas
correntes de convección, como consecuencia da enerxía interna da Terra. Estas
correntes arrastran as placas litosféricas de forma pasiva.

Según do lugar onde estean situadas as placas tectónicas, a litosfera pode ser:
   • A litosfera continental. Esténdese baixo os continentes e está formada por rochas
       de densidade baixa( nalgunhas cordilleiras poden alcanzar os 150 quilómetros).
   • A litosfera oceánica. Sitúase baixo os fondos dos océanos. É unha capa delgada
       que está construída por rochas algo máis densas cás da litosfera continental.




                                                                                      3
Os volcáns:

As temperaturas elevadas do interior da xeosfera poden orixinar masas de rochas
fundidas denominadas magmas. Estes fundidos son menos densos cás rochas que os
rodean e están sometidos a presións moi fortes, pólo que tenden a ascender. Cando os
magmas alcanzan a superficie terrestre, fórmanse os volcáns.

Os volcáns son orificios ou gretas pólos que se expulsan ao exterior os materiais
fundidos procedentes do interior da xeosfera. Segundo a localización dos volcáns,
poden ser:
   • Volcáns subaéreos. Cando a súa actividade se desenvolve en áreas terrestres.
   • Volcáns submarinos. Cando a súa actividade se desenvolve baixo a superfície
       do mar.

Nun volcán pódense distinguir as partes seguintes:
   • A cámara magnética. É o lugar onde se atopa o magma.
   • A chimenea volcánica. É o conducto pólo que ascende o magma. Comunica a
      cámara magnética co cráter.
   • O cráter. É o orificio de saída dos materiais fundidos.
   • As coadas de lava. Son os materiais fundidos que se deslizan pólas ambas do
      volcán. Ao se arrefriaren, solidifícanse e orixinan capas de rochas volcánicas.
   • O cono volcánico. É a montaña volcánica que se forma póla acumulación de
      coadas e doutros productos expulsados pólo volcán.


A saída de materiais a través dun volcán prodúcese cada certo tempo e chámase
erupción. Durante unha erupción un volcán pode votar tres tipos de productos:




                                                                                   4
1. Piroclastos:
              • As bombas volcánicas. Son grandes bloques de material fundido que
                  solidificou no aire, tras ser expulsado de forma violenta pólo volcán.
                  O peso dalgunhas bombas pode superar a tonelada.
              • O lapíli. Son fragmentos de menor tamaño(2mm-64mm). A súa orixe
                  é similar á das bombas.
              • As cinzas volcánicas. Son partículas moi finas que lanza o volcán á
                  grande altura. O seu diámetro é inferior a 2 mm.
       2. Lavas: As lavas fórmanse cando o magma alcanza a superficie terrestre e
          perde a maior parte dos seus gases. As lavas flúen, como os ríos, ata que se
          arrefrían e se consolidan. Algúns volcáns expulsan lavas moi fluídas, que
          percorren distancias longas. As súas temperaturas son elevadas (1000º).
          Outros volcáns botan lavas menos quentes e mais pastosas, que adoitan fluír
          con bastante dificultade. A temperatura destes é mais baixa.
       3. Gases volcánicos: Cando o maga chaga á superficie terrestre, libera os
          gases. Este proceso pode ser tranquilo ou violento. Os principais gases son o
          vapor de auga, o dióxido de carbono e o dióxido de xofre. Os gases inflúen
          notablemente no tipo de erupción volcánica. Cando exercen moita presión no
          fundido, as erupcións son explosivas e moi violentas. Unha vez perdidos os
          gases, xeralmente, as erupcións caracterízanse pola emisión tranquila de
          coadas de lava.




Os volcáns constitúen un risco moi importante para a nosa humanidade. En ocasións
estes fenómenos poden causar catástrofes naturais como a morte de persoas. Os
principais riscos volcánicos son:
    • As lavas. Ao fluír, como os ríos, destrúen todo o que se atopan ao paso:cidades,
       coches, bosques,etc...
    • Os gases volcánicos. Aféctanlles aos aparatos respiratorios dos animais e das
       persoas.
    • Os fluxos. piroclásticos ou nubes ardentes. Son masas de piroclastos e gases
       volcánicos moi quentes, que descenden a gran velocidade polas abas do cono
       volcánico. Orixínanse en volcáns con erupcións moi explosivas. O seu poder
       destructivo é enorme.
    • Os lahares. Fórmanse naqueles volcáns que teñen neve no seu cume. Ao
       derreter a neve do volcán, debido ás elevadas temperaturas dos productos que
       expulsa, a auga metúrase coas cinzas do cono volcánico e fórmanse ríos de lama.


                                                                                      5
O barro descende rapidamente pólas abas e pode provocar inundacións moi
       perigosas para as poboacións próximas.

Segundo o lugar onde estean situados os volcáns poden clasificarse en:
   • Os volcáns de bordos da placa. Sitúanse sobre todo, nos bordos converxentes e
      diverxentes.
   • Os volcáns do interior da placa. A súa orixe está relacionado co ascenso do
      magma que procede de zonas profundas do manto terrestre.

A predicción volcánica pretende coñecer con antelación cando e onde vai acontecer a
erupción dun determinado volcán. A prevención volcánica ten como finalidade a
adopción de medidas encamiñadas a minimizar os danos ocasionados pola actividade
dos volcáns. Entre as principais medidas de prevención destacan a elaboración de mapas
de risco volcánico; o desenvolvemento de Programas de Protección Civil; e as obras
correctivas coma a construcción de canles para poder desviar a lava por outro camiño
que non lave á catástrofe.

A predicción volcánica basease en diferentes indicios que preceden ás erupcións: a
abundancia de terremotos, a saída de gases volcánicos, a elevación da temperatura das
augas subterráneas, a elevación do térreo,...
Actualmente, é posible predecir unha erupción volcánica coa suficiente antelación.
Claro que despois de dar a alerta volcánica grazas á predicción temos avisar á
poboación para prevenir a catástrofe.

Os terremotos:

Os terremotos, movementos sísmicos ou sismos son sacudidas bruscas de intensidade
variable e xeralmente, de curta duración.
As zonas da terra con maior actividade sísmica localízanse nos bordos das placas.
Os terremotos prodúcense como consecuencias da dinámica das placas tectónicas. A
maioría dos terremotos están causados pólas vibracións que orixinan as rochas do
interior da Terra cando rompen, debido ás elevadas presións ás que están sometidas.
Os terremotos tamén se orixinan despois doutro fenómeno natural como os volcáns, ou
os impactos de meteoritos; mesmo por orixe artificial como as explosións de bombas ou
de barrenos, pero da baixa actividade sísmica.
Os movementos sísmico mídense mediante dous parámetros: intensidade e magnitude.
    • A intensidade. É unha medida baseada nas sensacións percibidas pólas persoas
        durante a sacudida e nos efectos que produce o terremoto no térreo e nas
        construccións.
    • A magnitude. Mide a cantidade de enerxía que libera un terremoto.
        Determínase coa escala de Ritcher, que non ten límite superior. Os sismos mais
        grande chegaron a 9 como o de Fukushima (2011). A partires do nivel 5 poden
        causar danos importantes.

As ondas sísmicas en territorio mariño poden provocar tsunamis ou maremotos.

Tsunami ou maremoto é un evento complexo que implica un grupo de alta enerxía de
ondas de tamaño variable que ocorren cando un fenómeno extraordinario vertical
despraza unha gran masa de auga.



                                                                                    6

More Related Content

What's hot (19)

A enerxía que nos chega do sol (t7)
A enerxía que nos chega do sol (t7)A enerxía que nos chega do sol (t7)
A enerxía que nos chega do sol (t7)
 
Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico
 
Dinámica interna
Dinámica internaDinámica interna
Dinámica interna
 
A terra sara martinez
A terra sara martinezA terra sara martinez
A terra sara martinez
 
Dinámica terrestre
Dinámica terrestreDinámica terrestre
Dinámica terrestre
 
Manifestacións da tectónica de placas
Manifestacións da tectónica de placasManifestacións da tectónica de placas
Manifestacións da tectónica de placas
 
Catastrofes modificado
Catastrofes modificadoCatastrofes modificado
Catastrofes modificado
 
Catastrofes Naturais
Catastrofes NaturaisCatastrofes Naturais
Catastrofes Naturais
 
Riesgos GeolóGicos Internos
Riesgos GeolóGicos InternosRiesgos GeolóGicos Internos
Riesgos GeolóGicos Internos
 
Terremotos
TerremotosTerremotos
Terremotos
 
Dinámica externa
Dinámica externaDinámica externa
Dinámica externa
 
Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planetaTema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta
 
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da Terra
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da TerraUd10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da Terra
Ud10 ManifestacióNs Da EnerxíA Interna Da Terra
 
O noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixidoO noso planeta, a terra corrixido
O noso planeta, a terra corrixido
 
Volcáns 2ºa
Volcáns 2ºaVolcáns 2ºa
Volcáns 2ºa
 
Tectonica placas cientifica
Tectonica placas cientificaTectonica placas cientifica
Tectonica placas cientifica
 
Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placas
 
Tema1simple
Tema1simpleTema1simple
Tema1simple
 
Bio 4º eso tema 8
Bio 4º eso tema 8Bio 4º eso tema 8
Bio 4º eso tema 8
 

Viewers also liked (9)

Volcanes
VolcanesVolcanes
Volcanes
 
Presentación Volcanes
Presentación VolcanesPresentación Volcanes
Presentación Volcanes
 
Los volcanes 4
Los volcanes 4Los volcanes 4
Los volcanes 4
 
Trabajo de los volcanes
Trabajo de los volcanesTrabajo de los volcanes
Trabajo de los volcanes
 
Volcanes
VolcanesVolcanes
Volcanes
 
Volcanes diapositivas
Volcanes diapositivasVolcanes diapositivas
Volcanes diapositivas
 
Volcanes power point
Volcanes  power pointVolcanes  power point
Volcanes power point
 
Los Volcanes
Los VolcanesLos Volcanes
Los Volcanes
 
Proyecto del volcán
Proyecto del volcánProyecto del volcán
Proyecto del volcán
 

Similar to terremotos e volcáns

Similar to terremotos e volcáns (20)

Tema 2 o relevo terrestre
Tema 2 o relevo terrestreTema 2 o relevo terrestre
Tema 2 o relevo terrestre
 
Os volcáns
Os volcánsOs volcáns
Os volcáns
 
Os valcáns
Os valcánsOs valcáns
Os valcáns
 
Os volcáns
Os volcánsOs volcáns
Os volcáns
 
Traballo volcanes
Traballo volcanesTraballo volcanes
Traballo volcanes
 
Axentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestreAxentes internos e externos na superficie terrestre
Axentes internos e externos na superficie terrestre
 
Os volcáns
Os volcánsOs volcáns
Os volcáns
 
U. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terraU. 3. as formas da terra
U. 3. as formas da terra
 
Proc. GeolóGicos Internos
Proc. GeolóGicos InternosProc. GeolóGicos Internos
Proc. GeolóGicos Internos
 
Volcáns 2ºa
Volcáns 2ºaVolcáns 2ºa
Volcáns 2ºa
 
A xeosfera
A xeosferaA xeosfera
A xeosfera
 
Os volcáns
Os volcánsOs volcáns
Os volcáns
 
O noso planeta
O noso planetaO noso planeta
O noso planeta
 
A terra orixe estrutura e dinamica terrestre
A terra orixe estrutura e dinamica terrestreA terra orixe estrutura e dinamica terrestre
A terra orixe estrutura e dinamica terrestre
 
Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placas
 
Vocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevoVocabulario de xeografía: o relevo
Vocabulario de xeografía: o relevo
 
Tema 7.enerxía interna e o relevo
Tema 7.enerxía interna e o relevoTema 7.enerxía interna e o relevo
Tema 7.enerxía interna e o relevo
 
Magmatismo e metamorfismo
Magmatismo e metamorfismoMagmatismo e metamorfismo
Magmatismo e metamorfismo
 
Riscovolcanico
RiscovolcanicoRiscovolcanico
Riscovolcanico
 
Exposición os volcáns
Exposición  os volcánsExposición  os volcáns
Exposición os volcáns
 

More from cerredo

A migración primaveral na frouxeira
A migración primaveral na frouxeiraA migración primaveral na frouxeira
A migración primaveral na frouxeiracerredo
 
Laguna de a frouxeira.
Laguna de a frouxeira.Laguna de a frouxeira.
Laguna de a frouxeira.cerredo
 
O xabarín (2003)
O xabarín (2003)O xabarín (2003)
O xabarín (2003)cerredo
 
O teixugo (2003)
O teixugo   (2003)O teixugo   (2003)
O teixugo (2003)cerredo
 
O raposo (2003)
O raposo (2003)O raposo (2003)
O raposo (2003)cerredo
 
O lobo (2003)
O lobo (2003)O lobo (2003)
O lobo (2003)cerredo
 
A garza real (2003)
A garza real (2003)A garza real (2003)
A garza real (2003)cerredo
 
Reptiles
ReptilesReptiles
Reptilescerredo
 
Los anfibios
Los anfibiosLos anfibios
Los anfibioscerredo
 
Islas ons
Islas onsIslas ons
Islas onscerredo
 
Fragas do eume1
Fragas do eume1Fragas do eume1
Fragas do eume1cerredo
 
Cnidarios iago[1]
Cnidarios iago[1]Cnidarios iago[1]
Cnidarios iago[1]cerredo
 
Moluscos
MoluscosMoluscos
Moluscoscerredo
 
Los anfibios
Los anfibiosLos anfibios
Los anfibioscerredo
 
Mamíferos
MamíferosMamíferos
Mamíferoscerredo
 
Insectos
InsectosInsectos
Insectoscerredo
 
Os mamíferos
Os mamíferosOs mamíferos
Os mamíferoscerredo
 
Volcanes
VolcanesVolcanes
Volcanescerredo
 
Terremotos
TerremotosTerremotos
Terremotoscerredo
 

More from cerredo (20)

A migración primaveral na frouxeira
A migración primaveral na frouxeiraA migración primaveral na frouxeira
A migración primaveral na frouxeira
 
Laguna de a frouxeira.
Laguna de a frouxeira.Laguna de a frouxeira.
Laguna de a frouxeira.
 
O xabarín (2003)
O xabarín (2003)O xabarín (2003)
O xabarín (2003)
 
O teixugo (2003)
O teixugo   (2003)O teixugo   (2003)
O teixugo (2003)
 
O raposo (2003)
O raposo (2003)O raposo (2003)
O raposo (2003)
 
O lobo (2003)
O lobo (2003)O lobo (2003)
O lobo (2003)
 
A garza real (2003)
A garza real (2003)A garza real (2003)
A garza real (2003)
 
Reptiles
ReptilesReptiles
Reptiles
 
Los anfibios
Los anfibiosLos anfibios
Los anfibios
 
Islas ons
Islas onsIslas ons
Islas ons
 
Fragas do eume1
Fragas do eume1Fragas do eume1
Fragas do eume1
 
Cnidarios iago[1]
Cnidarios iago[1]Cnidarios iago[1]
Cnidarios iago[1]
 
Moluscos
MoluscosMoluscos
Moluscos
 
Los anfibios
Los anfibiosLos anfibios
Los anfibios
 
Mamíferos
MamíferosMamíferos
Mamíferos
 
Insectos
InsectosInsectos
Insectos
 
Os mamíferos
Os mamíferosOs mamíferos
Os mamíferos
 
As aves
As avesAs aves
As aves
 
Volcanes
VolcanesVolcanes
Volcanes
 
Terremotos
TerremotosTerremotos
Terremotos
 

terremotos e volcáns

  • 1. A Terra e a súa dinámica. Terremotos e volcáns Vicente Pérez Soloviev Nº 17 2ºC
  • 2. Terremotos e volcáns Coñecemento do interior da terra: Sondaxes: Permitiron penetrar no interior da terra ata trece quilómetros debaixo do noso planeta. Ondas sísmicas: Paschwitz, un científico alemán descubriu que as vibracións que producen os terremotos poden viaxar longas distancias. Estas vibracións son as ondas sísmicas e poden medirse cós sismógrafos. Pólo interior da Terra propáganse dous tipos de ondas sísmicas: • As ondas P. Son as mais rápidas. Propáganse a maior velocidade nos médios sólidos ca nos médios líquidos ou nos fundidos. • As ondas S. Viaxan a menor velocidade cás ondas P. Nos medios líquidos ou nos fundidos deixan de propagarse. Os sismógrafos están formados por unha masa suspendida dun resorte. A masa ten un lapis, que debuxa unha línea sobre un papel enrolado nun cilindro que xira en función do tempo. Cando se produce un terremoto, o cilindro vibra e o trazo deixa de ser rectilíneo. Agora xa hai inventados sismógrafos mais tecnolóxicos que poden ser mesmo dixitais. 2
  • 3. A dinámica das placas tectónicas: A litosfera é a capa mais externa da xeosfera. Está formada póla codia terrestre e a parte mais externa do manto. A litosfera non é continua senón que está fragmentada nuns anacos xigantescos que se chaman placas tectónicas ou placas litosféricas. Unha placa tectónica o placa litosférica é un fragmento de litosfera que se move como un bloque ríxido sen presentar deformación interna sobre a astenosfera da Terra. Entre as placas tectónicas os bordos de placa son as rexións de maior actividade xeolóxica interna da Terra, volcánica e sísmica. Entre as placas poden atoparse tres tipos de bordos, que se clasifican en función do movemento relativo entre elas: • Bordos converxentes. Neles, converxen dúas placas tectónicas. O choque entre dúas placas producen unhas presións tan fortes que repregan o bordo dunha delas e forman cordilleiras montañosas. Ando as placas da litosfera rompen, empezan a vibrar, orixinando así numerosos terremotos. En moitos bordos converxentes prodúcense volcáns debido a alta temperatura. • Bordos diverxentes. Neles, as placas tectónicas sepáranse. As placas sepáranse a ambos os dous lados do eixe central das dorsais, que son uns relevos submarinos de orixe volcánica. Por ese eixe flúen grandes cantidades de lava que, ao solidificarse, forman as rochas volcánicas da codia oceánica. Grazas a este proceso, a litosfera oceánica crece a ambos lados do eixe central da dorsal; por este motivo chámanse tamén bordos constructivos. • Bordos pasivos. Neles, as placas tectónicas móvense lateralmente. As dúas placas tectónicas deslízanse. O rozamento das placas xera presións moi elevadas que poden fracturar as rochas ríxidas da litosfera, o que orixina frecuentes terremotos. Chámanse bordos pasivos porque neles nin se destrúe nin se constrúe a litosfera, como sucede nos bordos converxentes e diverxentes. Estes bordos tamén reciben o nome de fallas transformantes. As rochas parcialmente fundidas do manto que hai baixo a litosfera flúen en lentas correntes de convección, como consecuencia da enerxía interna da Terra. Estas correntes arrastran as placas litosféricas de forma pasiva. Según do lugar onde estean situadas as placas tectónicas, a litosfera pode ser: • A litosfera continental. Esténdese baixo os continentes e está formada por rochas de densidade baixa( nalgunhas cordilleiras poden alcanzar os 150 quilómetros). • A litosfera oceánica. Sitúase baixo os fondos dos océanos. É unha capa delgada que está construída por rochas algo máis densas cás da litosfera continental. 3
  • 4. Os volcáns: As temperaturas elevadas do interior da xeosfera poden orixinar masas de rochas fundidas denominadas magmas. Estes fundidos son menos densos cás rochas que os rodean e están sometidos a presións moi fortes, pólo que tenden a ascender. Cando os magmas alcanzan a superficie terrestre, fórmanse os volcáns. Os volcáns son orificios ou gretas pólos que se expulsan ao exterior os materiais fundidos procedentes do interior da xeosfera. Segundo a localización dos volcáns, poden ser: • Volcáns subaéreos. Cando a súa actividade se desenvolve en áreas terrestres. • Volcáns submarinos. Cando a súa actividade se desenvolve baixo a superfície do mar. Nun volcán pódense distinguir as partes seguintes: • A cámara magnética. É o lugar onde se atopa o magma. • A chimenea volcánica. É o conducto pólo que ascende o magma. Comunica a cámara magnética co cráter. • O cráter. É o orificio de saída dos materiais fundidos. • As coadas de lava. Son os materiais fundidos que se deslizan pólas ambas do volcán. Ao se arrefriaren, solidifícanse e orixinan capas de rochas volcánicas. • O cono volcánico. É a montaña volcánica que se forma póla acumulación de coadas e doutros productos expulsados pólo volcán. A saída de materiais a través dun volcán prodúcese cada certo tempo e chámase erupción. Durante unha erupción un volcán pode votar tres tipos de productos: 4
  • 5. 1. Piroclastos: • As bombas volcánicas. Son grandes bloques de material fundido que solidificou no aire, tras ser expulsado de forma violenta pólo volcán. O peso dalgunhas bombas pode superar a tonelada. • O lapíli. Son fragmentos de menor tamaño(2mm-64mm). A súa orixe é similar á das bombas. • As cinzas volcánicas. Son partículas moi finas que lanza o volcán á grande altura. O seu diámetro é inferior a 2 mm. 2. Lavas: As lavas fórmanse cando o magma alcanza a superficie terrestre e perde a maior parte dos seus gases. As lavas flúen, como os ríos, ata que se arrefrían e se consolidan. Algúns volcáns expulsan lavas moi fluídas, que percorren distancias longas. As súas temperaturas son elevadas (1000º). Outros volcáns botan lavas menos quentes e mais pastosas, que adoitan fluír con bastante dificultade. A temperatura destes é mais baixa. 3. Gases volcánicos: Cando o maga chaga á superficie terrestre, libera os gases. Este proceso pode ser tranquilo ou violento. Os principais gases son o vapor de auga, o dióxido de carbono e o dióxido de xofre. Os gases inflúen notablemente no tipo de erupción volcánica. Cando exercen moita presión no fundido, as erupcións son explosivas e moi violentas. Unha vez perdidos os gases, xeralmente, as erupcións caracterízanse pola emisión tranquila de coadas de lava. Os volcáns constitúen un risco moi importante para a nosa humanidade. En ocasións estes fenómenos poden causar catástrofes naturais como a morte de persoas. Os principais riscos volcánicos son: • As lavas. Ao fluír, como os ríos, destrúen todo o que se atopan ao paso:cidades, coches, bosques,etc... • Os gases volcánicos. Aféctanlles aos aparatos respiratorios dos animais e das persoas. • Os fluxos. piroclásticos ou nubes ardentes. Son masas de piroclastos e gases volcánicos moi quentes, que descenden a gran velocidade polas abas do cono volcánico. Orixínanse en volcáns con erupcións moi explosivas. O seu poder destructivo é enorme. • Os lahares. Fórmanse naqueles volcáns que teñen neve no seu cume. Ao derreter a neve do volcán, debido ás elevadas temperaturas dos productos que expulsa, a auga metúrase coas cinzas do cono volcánico e fórmanse ríos de lama. 5
  • 6. O barro descende rapidamente pólas abas e pode provocar inundacións moi perigosas para as poboacións próximas. Segundo o lugar onde estean situados os volcáns poden clasificarse en: • Os volcáns de bordos da placa. Sitúanse sobre todo, nos bordos converxentes e diverxentes. • Os volcáns do interior da placa. A súa orixe está relacionado co ascenso do magma que procede de zonas profundas do manto terrestre. A predicción volcánica pretende coñecer con antelación cando e onde vai acontecer a erupción dun determinado volcán. A prevención volcánica ten como finalidade a adopción de medidas encamiñadas a minimizar os danos ocasionados pola actividade dos volcáns. Entre as principais medidas de prevención destacan a elaboración de mapas de risco volcánico; o desenvolvemento de Programas de Protección Civil; e as obras correctivas coma a construcción de canles para poder desviar a lava por outro camiño que non lave á catástrofe. A predicción volcánica basease en diferentes indicios que preceden ás erupcións: a abundancia de terremotos, a saída de gases volcánicos, a elevación da temperatura das augas subterráneas, a elevación do térreo,... Actualmente, é posible predecir unha erupción volcánica coa suficiente antelación. Claro que despois de dar a alerta volcánica grazas á predicción temos avisar á poboación para prevenir a catástrofe. Os terremotos: Os terremotos, movementos sísmicos ou sismos son sacudidas bruscas de intensidade variable e xeralmente, de curta duración. As zonas da terra con maior actividade sísmica localízanse nos bordos das placas. Os terremotos prodúcense como consecuencias da dinámica das placas tectónicas. A maioría dos terremotos están causados pólas vibracións que orixinan as rochas do interior da Terra cando rompen, debido ás elevadas presións ás que están sometidas. Os terremotos tamén se orixinan despois doutro fenómeno natural como os volcáns, ou os impactos de meteoritos; mesmo por orixe artificial como as explosións de bombas ou de barrenos, pero da baixa actividade sísmica. Os movementos sísmico mídense mediante dous parámetros: intensidade e magnitude. • A intensidade. É unha medida baseada nas sensacións percibidas pólas persoas durante a sacudida e nos efectos que produce o terremoto no térreo e nas construccións. • A magnitude. Mide a cantidade de enerxía que libera un terremoto. Determínase coa escala de Ritcher, que non ten límite superior. Os sismos mais grande chegaron a 9 como o de Fukushima (2011). A partires do nivel 5 poden causar danos importantes. As ondas sísmicas en territorio mariño poden provocar tsunamis ou maremotos. Tsunami ou maremoto é un evento complexo que implica un grupo de alta enerxía de ondas de tamaño variable que ocorren cando un fenómeno extraordinario vertical despraza unha gran masa de auga. 6