SlideShare a Scribd company logo
1 of 21
Download to read offline
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
1 
MEMORIA 
DO GRUPO DE 
TRABALLO
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
A principios do pasado verán, un pequeno grupo de traballo da 
Candidatura do Povo iniciou un proceso de reflexión e investigación sobre a 
situación da vida municipal en Santiago de Compostela e o propio futuro da 
Candidatura como iniciativa política. O obxectivo deste grupo era producir unha 
serie de documentos e propostas que puidesen ofrecer ao grupo de base da 
Candidatura un pretexto para o deseño colectivo dunha estratexia de cara ás 
vindeiras eleccións municipais, así como unha primeira visión de como a 
Candidatura do Povo podería redefinirse como proxecto no momento actual. A 
emerxencia de procesos municipalistas de vontade máis ou menos rupturista, 
tanto na cidade como no país e no resto do estado, obrigaba dalgún xeito a 
cuestionar que sentido podía continuar a ter a Candidatura do Povo, sendo 
como foi unha das primeiras iniciativas municipalistas que, no actual contexto 
de degradación institucional en todas as escalas da administración pública, se 
deron na Galiza, hai xa catro anos, coa vontade de definir un espazo de 
intervención política na vida municipal de carácter aberto e non partidista. 
2 
O proceso de reflexión 
Tras unha primeira xuntanza, na que se tratou de elaborar un 
diagnóstico de situación sobre o propio colectivo e o momento político, o grupo 
iniciou un proceso de investigación con dous obxectivos. O primeiro foi a 
recolla e lectura de diferente documentación sobre o municipalismo, tanto dun 
punto de vista histórico como político e filosófico, con especial atención a 
diferentes procesos que poderían ter algún relevo ou significación no contexto 
actual. O segundo foi a recolla do sentir e pensar de persoas de diferentes 
ámbitos sobre as súas expectativas respecto dun proxecto municipalista 
radicado en Santiago de Compostela. 
Foron textos de referencia, por exemplo, “La apuesta municipalista. La 
democracia comienza por lo cercano” 
http://www.traficantes.net/sites/default/files/pdfs/TS-LEM6_municipalismo.pdf 
do Observatorio Metropolitano, cun interesante esbozo da historia do 
municipalismo tanto no estado español como en Europa; o clásico “Seis tesis 
sobre el municipalismo libertario” de Murray Bookchim
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
http://web.resist.ca/~crisxyz/iea/biblioteca/pdf/Bookchin.%206%20tesis%20sobr 
e%20municipalismo%20libertario.pdf , coa súa defensa da comuna fronte á 
cultura industrial e o estatalismo; as análises de David Harvey sobre a cidade e 
a comuna como espazo de acción revolucionaria 
frente á preponderancia da fábrica na teoría revolucionaria clásica, presente en 
libros como “Ciudades Rebeldes” 
http://www.cronicon.net/paginas/Documentos/CIUDADES_REBELDES.pdf ou 
artigos como “El derecho a la ciudad”; o traballo de Gemma Ubasart 
“Municipalismo alternativo y popular. ¿Hacia una consolidación de las tesis del 
nuevo localismo y la politización del mundo local?”, ensaio no que se aborda a 
ascensión das “candidaturas estrañas” no contexto político actual; e en fin, 
diversos materiais sobre municipalismo procedentes de Euskal Herria, 
Catalunya, Madrid e outras zonas do estado; conferencias e entrevistas de 
Nekane Jurado, activista do movemento ELKARTZEN, e as súas análises 
sobre o reparto da riqueza e a distribución do poder no eido económico 
http://topatu.info/wpcontent/uploads/2012/12/independentzia_nekanejurado9.pd 
f ; asi como de Isabel Rauber “construcción del poder desde abajo” 
http://www.archivochile.com/Mov_sociales/Doc_gen/MSdocgen0009.pdf ,” 
movimientos sociales y representación politica” 
http://www.rebelion.org/docs/4518.pdf textos de José Iglesias Fernández 
http://www.kaosenlared.net/secciones/s/antiglobalizacion/96375-la-sociedad-comunal- 
como-una-alternativa-al-capitalismo sobre a alternativa comunal, e 
tamén diversos documentos sobre a experiencia zapatista en Chiapas, os 
movementos sociais latinoamericanos, e os procesos municipalistas en Europa, 
desde a Comuna de París e as experiencias de provos e kabouters en Holanda 
nos anos sesenta e setenta, á constitución dos Partidos Verdes en Francia e 
Alemaña á partir dos anos oitenta, que tiveron orixe nun forte activismo local e 
municipalista. 
3
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
4 
ALGUNHAS CONCLUSIÓNS PROVISIONAIS. 
Destas lecturas foi posible extraer algunhas liñas de pensamento relevantes no 
momento actual. 
1. Os movementos sociais e a intervención política nas institucións municipais. 
En primeiro lugar, cabe destacar a dialéctica case nunca resolta entre a 
acción dos movementos sociais que historicamente impulsaron as diferentes 
iniciativas municipalistas e a 
acción institucional dentro dos sistemas políticos vixentes nos municipios que o 
propio éxito do proceso propiciou en moitos casos. A defensa, poñamos por 
caso, da democracia directa e participativa defendida no seo dos movementos 
sociais parece entrar sempre en conflito coa visión pragmática dos propios 
representantes políticos dos movementos dentro da institución, máis proclives 
á política convencional, mesmo cando a intervención nas institucións é 
entendida como acción de destrución e transformación do sistema político. En 
calquera caso, a lóxica destes procesos indica que só movementos sociais 
fortalecidos a través da participación son capaces de definir algún tipo de 
intervención política significativa nas institucións municipais. 
2.Minorías activas 
En segundo lugar, o carácter efémero ou provisorio das iniciativas 
municipalistas, que en moitos casos e por diversas razóns, non duraron máis 
que uns poucos anos, e mais o seu relativo carácter minoritario, non foron 
obstáculo para que a súa acción acadase unha transcendencia significativa na 
propia cultura urbana. A acción dos Provos en Amsterdam, logo expandida ao 
resto de Holanda, entre 1965 e 1969, foi a causa directa de moitas “tradicións” 
actuais da cultura política municipal holandesa, como o emprego da bicicleta 
como sistema de transporte urbano, a rede asistencial para mulleres e crianzas
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
ou a liberalización do consumo de cannabis. Nese mesmo sentido, a ocupación 
comunitaria de vivendas de propiedade municipal sen uso, obrigou aos propios 
concellos holandeses a crear redes de habitación social para desactivar estes 
movementos, o que é un exemplo significativo de como a acción comunitaria 
pode transcender en conquistas políticas mesmo a custa da súa propia 
desmobilización. 
5 
3. Acción e comunicación 
En terceiro lugar, parece claro que o éxito dos máis variados proxectos 
municipalistas se liga case sempre á capacidade creativa e axitativa dos 
movementos sociais que os impulsan. A capacidade de promover accións 
lúdicas e vivenciais desde o antagonismo, nas que o sentido do humor e a 
imaxinación para traballar nas fendas do sistema substitúen á confrontación 
máis ou menos violenta co poder local, posibilitando unha maior e máis eficaz 
comunicación social das ideas defendidas polos movementos sociais, 
incrementando a participación. Fóra da seriedade convencional da linguaxe 
política, tanto de esquerdas como de dereitas, existe todo un campo de 
experimentación no que é posible crear formas inéditas de interacción dentro 
da comunidade, con recurso a linguaxes “impolíticas” como a poesía, o teatro, 
a performance ou a música, que comunican mellor o pensamento común e 
intensifican os afectos entre os membros da comunidade. 
4. A autoxestión e a organización do tempo. 
En cuarto lugar, atopamos tamén en todas estas experiencias a 
necesidade da autoxestión e a creación de institucións propias desde abaixo, o 
que comporta unha oposición aos tempos marcados polo capitalismo e pola 
súa actual concreción política: a cita electoral. Precisamente na reivindicación 
do dereito á cidade, cada vez máis restrinxido ás elites urbanas, a cuestión do 
tempo semella crucial na medida en que se loita por organizar as vilas e 
cidades dun xeito habitable, gozoso e accesible a toda a poboación, isto é, por 
unha organización diferente do tempo colectivo. Isto implica procesos de 
organización e creación de novos espazos de convivencia e participación que
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
non se axustan á lóxica electoralista, segundo a cal a transformación urbana 
dependería da tomada do poder por determinados grupos políticos máis ou 
menos antagonistas. O éxito dos movementos sociais en xeral e dos proxectos 
municipalistas en particular radica na súa capacidade de implantación na vida 
civil e de xestión dos recursos que os propios movementos xeran no seu 
desenvolvemento. Por un lado os movementos sociais non poden esperar polo 
éxito político de determinadas alternativas partidarias, polo demais sempre 
incertas na súa ulterior práctica institucional, e por outra banda os movementos 
sociais están obrigados a tempos máis lentos que os marcados polo mercado 
electoral. Iso non quita, obviamente, que os movementos sociais teñan que 
definir tamén un certo tipo de intervención política, pero esta só parece posible 
na medida en que estea en función dos propios tempos dos movementos e non 
ao contrario. 
6 
5. O precariado 
En quinto lugar pódese sinalar que os proxectos municipalistas, de corte 
rupturista e da máis variada pelaxe, presentan unha constitución social que non 
se pode reducir ás vellas categorías da loita de clases tal e como foi definida 
nas teorías revolucionarias clásicas. A formación de clase xa non aparece 
vencellada á fábrica, senón ás rúas e os espazos urbanos segmentados onde 
prolifera a exclusión e a marxinalidade, e caracterízase pola fragmentación, a 
variedade de necesidades, desexos e intereses, a crecente multiculturalidade 
da propia sociedade urbana, os conflitos de xénero, e unha natureza máis 
fluída que a da clase obreira tradicional. Deste xeito, moitos autores e autoras 
poñen o acento no “precariado”, nos traballadores e traballadoras marcadas 
pola eventualidade, a mobilidade laboral e os salarios precarios, como o grupo 
que pode impulsar as transformacións sociais. Ao contrario que o proletariado, 
que podía organizarse e implantarse na vida social de xeito máis doado a partir 
de centros de traballo estables, o precariado presenta un alto nivel de 
desorganización, o que define o seu desafío crucial: a autoxestión e 
autoorganización a través de institucións nacidas do seu propio seo.
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
7 
6. A radicalización democrática. 
Parece claro tamén que a apropiación por parte dos movementos sociais 
vinculados ao municipalismo do dereito á cidade, isto é, a loita por socializar 
entre o conxunto da poboación os beneficios e calidades da vida urbana, só 
pode pasar por unha radicalización da democracia que trabe a estratexia 
excluínte do capital. Unha radicalización que se pode definir en dous eixos 
complementarios: a horizontalidade e a participación, na medida en que o 
poder de decisión das poboacións pode transcender o xogo partidario e a 
xerarquización imposta polos modelos de democracia representativa e 
estender tal poder á totalidade da vida social. De novo o proceso semella 
vincularse á propia capacidade de autoorganización dos sectores populares 
máis afectados pola segmentación e a exclusión, pois parece sobradamente 
demostrado que a vía electoral, tal e como aparece definida no sistema político 
vixente, non é suficiente para contrarrestar o progresivo secuestro do dereito á 
cidade promovido polas elites. 
7. A distribución da riqueza 
En último lugar, e a risco de de deixar de lado outros aspectos 
relevantes, cabe destacar que é común a case todo o pensamento sobre o 
municipalismo, centrar na cuestión económica ligada ao modelo de 
desenvolvemento urbanístico, o principal frente de batalla. Os movementos 
municipalistas deben enfrontar unha realidade esmagadora, e é que o poder do 
capital, a través das institucións políticas representativas, é o dono e señor das 
cidades, condicionando o seu desenvolvemento ás súas necesidades 
depredatorias. A disposición dos espazos urbanos é proxección directa dun 
sistema de distribución da riqueza tan inxusto como perverso. Trabar a 
degradación ecolóxica, a segmentación e exclusión social da poboación e a 
crecente carestía de servizos, así como reconducir os modelos urbanísticos 
megalomaníacos a unha escala humana e habitable, é o principal desafío 
colocado aos movementos sociais de carácter local, co agravante de que no
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
actual contexto de crise, a autonomía municipal, base por outro lado da 
corrupción política xeneralizada na maioría dos concellos do estado español, 
está seriamente ameazada polas políticas de recortes sociais e de 
recentralización da administración pública. Esta tendencia marca 
historicamente, como mínimo no estado español, a tensión dialéctica entre o 
propio estado e o poder local, coincidindo sempre a recentralización 
administrativa cos ciclos de sobreacumulación do capital como o que estamos 
a vivir. O fortalecemento dos movementos sociais parece ser a única vía 
albiscada polos pensadores e pensadoras comprometidas cunha visión 
igualitaria das sociedades urbanas, fronte á monstruosidade dos actuais 
modelos urbanísticos. Neste tipo de análises sinálase ademais que un dos 
maiores desafíos dos movementos sociais radica en resolver simultaneamente 
o chamado “salto de escalas” entre o local e o global, pois unha forte acción de 
carácter local sen correlatos máis globais (nos niveis nacionais, estatais ou 
internacionais) devén en impotencia, en canto a acción global sen unha forte 
implantación local dos movementos, devén en idealismo sen consecuencia. 
Son estas en fin, liñas de reflexión que atravesan moitos dos textos e 
análises actuais sobre o municipalismo, e que, lonxe de achegar solucións 
definitivas e pechadas, teñen a virtude de sinalar os retos que inevitablemente 
deben encarar hoxe en día os movementos sociais que promoven esta liña de 
acción. 
8
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
9 
PROPOSTAS 
O grupo de traballo decidiu finalmente producir algúns textos que 
establecesen algún punto de partida interesante para o proceso colectivo de 
traballo e decisión. Foron redactados dous textos, un de carácter poético, que 
recollese nunha linguaxe metafórica e accesible as conclusións deste proceso 
de reflexión, e outro de carácter máis descritivo que presentase de maneira 
máis concisa o diagnóstico da situación, tanto en sentido global como local. En 
ambos os dous textos hai unha apelación de tipo metafórico ao imaxinario 
“aborixe” e ”á comuna” como obxectivo utópico emerxente das “tribos”, isto é, 
dos grupos de afectos, relacións solidarias e traballo común presentes de xeito 
natural na cidade. Non se trata dunha lectura ou translación realista do 
imaxinario de movementos indixenistas como o zapatismo ou os movementos 
indíxenas bolivianos, aínda que ambos documentos toman deles a inspiración, 
como tamén a toman da Comuna de París ou dos movementos de agit-prop 
holandeses e alemáns, entre outros. A intención era propor unha alegoría que 
abrise a linguaxe máis alá dunha realización ideolóxica concreta, na que se 
puidesen identificar xentes de diferente pensamento político pero con 
preocupacións e visións comúns sobre unha organización alternativa e 
democrática da vida na cidade, non mediada por intereses partidistas. E tamén, 
claro está, propor un tipo de linguaxe que basculase entre a ironía e o sentido 
lúdico da acción social, de maneira a non ser redutible aos convencionalismos 
lingüísticos habituais da política. 
Destes dous textos naceu o que se deu en chamar o Proxecto 
Livredom, a proposta que o grupo de traballo quere ofrecer a debate , para 
promover a participación dos movementos sociais de Santiago de Compostela 
tanto na elaboración do programa e a campaña de cara ás vindeiras eleccións 
municipais, como no proceso de creación da “Comuna do Livredom”, como 
proxecto abertamente utópico a máis longo prazo.
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
10 
O Proxecto Livredom. 
O proxecto Livredom toma o seu nome do bosque ou monte mítico no 
que tivo orixe Santiago de Compostela. Etimoloxicamente parece proceder do 
latín Liberum Donum, o “don ou a doazón gratuita” sinalando a dación do terreo 
por parte de poderes escuros como espazo sagrado da comunidade. Trátase 
dun lugar orixinario marcado polo misterio e a maxia, e por tanto polo irracional 
aborixe, como aquilo que é irredutible e incomprensible para a razón, terra 
sagrada e inviolable. O Livredom é un lugar inhóspito, poboado por espectros, 
tal vez albergando unha ermida abandonada que marcaría o enterramento de 
seres estraños. Na lenda apostólica é o lugar onde o ermitán Paio descubriu o 
corpo de Santiago o Maior e por tanto o berce mítico da cidade. Tamén se 
chamou así a aldea primixenia onde foi erixida a primeira basílica, mantendo 
ese nome ata a construción da catedral, que borrou a súa fisionomía, e a 
eclosión do primeiro suburbio urbano, chamado Compostela, de onde tomou 
nome a cidade en detrimento do Livredom. Por todo isto pareceunos acaido 
denominar así a realización utópica da comuna, como aldea primixenia e corpo 
social aínda non poboado, pero tampouco usurpado polo discurso racionalista 
do poder, marcando deste xeito esa regresión mítica a un tempo e un espazo 
esquecidos por debaixo de mil anos de urbanismo, primeiro católico e logo 
puramente capitalista. 
Fundar e construír o Livredom significa fundar e construír un novo modo 
de vida. Isto significa incorporar a noción e visión de xénero como elemento 
constitutivo do pensamento e as prácticas cuestionadoras das sociedades 
actuais, e dos procesos de construción das novas. Iso posibilitará facer visibels 
e modificar as relacións sociais asimétricas establecidas entre homes e 
mulleres, base para a produción e reprodución doutras tantas asimetrías e 
discriminacions: de cor de pel, discapacidade física, etnia, cultura, beleza, 
identidade sexual, etcétera.
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
A participación das mulleres ten que darse a todos os niveis, no “(...) 
económico ,social, científico, tecnolóxico e inclusive na planificación das 
políticas de desenvolvemento tan importante para avanzar. A democracia 
adquire así un sentido básico de dereito á vida, a unha vida diferente, a unha 
vida onde non soamente haxa benestar, senón onde haxa posibilidades de 
desenvolver a igualdade dos seres humans, respectando a posibilidade de ser 
diferentes.” 
E xorde como tarefa imprescindibel apontoar os procesos concretos de 
organización con ampla participación feminina, fortalecendo as capacidades de 
acción e representación das mulleres acorde coas súas realidades e 
necesidades. Cando isto emerxe nos movementos sociais cos que 
interactuamos, elaboramos conxuntamente os contidos e os ritmos da 
aprendizaxe: sobre xénero e poder, sobre empoderamento, sobre política, 
sobre participación, sobre comunicación, manexo de computación, etcétera. 
Con iso a nos laboura funde práctica e teoría en ámbitos sociais concretos. 
Non basta con denunciar a exclusión das mulleres dos lugares de toma de 
decisións; é fundamental chegar a conclusións prácticas e comprometerse coa 
súa realización . 
Así pois,, o proxecto Livredom organízase a partir das tribos locais. 
Tribos de pensamento, de afectos, de traballo común ou de festa, grupos 
naturais e espontáneos nos que cada quen se integra conforme ao seu xeito de 
pensar e ao seu xeito de sentir, ou conforme aos seus intereses e necesidades. 
Unha mesma persoa participa de diversas tribos e hai tribos máis afíns e tribos 
máis distantes entre si, non se excluíndo nin a rivalidade nin a inimizade entre 
elas. E mesmo hai persoas que sen se integrar en ningunha tribo concreta 
manteñen con elas relacións de intercambio ou simbiose, como os antigos 
trampeiros americanos, rostros pálidos de vida solitaria que vivían nos grandes 
bosques, e intercambiaban peles e informacións coas tribos nativas. 
Cada tribo ten a súa xerarquía interna, pero todas elas conviven, mellor 
11
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
ou peor, na horizontalidade tribal, que é transversal a outro tipo de 
ordenamentos: políticos, ideolóxicos ou sociais. Desde aí é desde onde se 
constrúe a Comuna do Livredom, obviamente aberta a quen queira estar e 
indiferente a quen non queira estar, pois a lóxica de maiorías e minorías non 
entran dentro do seu universo simbólico. Diante da crise actual, as tribos 
necesitan resolver a cuestión de como queren vivir, é dicir, como queren 
organizar o seu espazo vital para resistir ás inclemencias do clima político, 
social e económico. E aquí aparece a primeira tarefa e o primeiro obxectivo da 
Comuna do Livredom. 
12
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
13 
LIVREDOM
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
Propoñamos unha nova poética municipal. Deixemos de lado o concello 
e construamos a comuna. A comuna é o que non está, o irreal ou o esquecido, 
directamente o roubado polo caciquismo do solar e do ladrillo. O goberno local 
está privatizado. É o grande sinal da súa podremia. Quen aquí vive está 
excluído do xogo e non ten dereito á cidade. A cidade é doutros, das axencias 
turísticas, dos especuladores, das multinacionais, das seitas ultracatólicas, da 
prensa esclerótica e provinciana que día a día consagra o gran delirio 
compostelán do que todos se alimentan. A cidade é dos voitres e das gaivotas 
corrompidas que antes prefiren as preas dos vertedoiros que o peixe fresco. 
Por iso é precisa outra poética, outra linguaxe sobre a que construír o irreal e o 
esquecido. 
Non somos veciñanza, nin cidadanía, nin calquera outra abstracción 
tirada do manual de política correcta da casta mandarina. Non somos de aquí. 
Non estamos aquí. Somos aborixes e non se sabe onde estamos. Case que 
somos clandestinos, antes loxa masónica ou sociedade secreta que partido 
político. Ás veces pódesenos ver por aí, polas tabernas, polos centros sociais, 
polas asociacións e as manifestacións, polas rúas e as corredoiras, polos 
prados ou polos parques. Podemos andar sós ou en tribos. A tribo é o noso 
xeito natural de andar por aí. Na tribo mandan os afectos, o traballo común e a 
festa, tamén os malentendidos e as pelexas e ás veces un torrente de 
pensamentos. As tribos aborixes non sempre se entenden, e mesmo tendo na 
cabeza o soño da gran nación aborixe, chega unha simple convocatoria 
electoral para ir cada quen por onde lle cadre. A nós cádranos o de insistir coa 
nosa pequena e tribal candidatura. Por que? Para que? Para pór a andar a 
comuna, ou! E sobre todo para reescribir de vez ese conto de que Santiago é 
unha cidade. 
Santiago, ben o sabemos nós aborixes, é unha aldea. Unha aldea con 
catedral, cidade da cultura e aeroporto internacional de segunda categoría, 
pero aldea despois de todo. Aldea de aldeas, se queredes, que é outra maneira 
de dicir esa idea de que o todo é unha parte máis entre as partes. Para moitos 
14
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
semella unha idea difícil de tragar. Iso é porque, non estando, nós aborixes 
tampouco somos maioría e non todo o mundo comparte as nosas ideas. A 
maioría vive na tal cidade fantasma e aínda acredita en superficies comerciais 
e no enésimo periférico a xurdir no horizonte. Alá eles e alá elas. Nós aborixes 
non somos nin maioría nin marea. Sentar os nosos cus nas cadeiras do 
concello non vai resolver os nosos problemas. 
O que é importante para nós aborixes é como facer nacer a comuna, 
que vén sendo como preguntarse, nós aborixes, como queremos vivir? Porque 
por moito que nos volvan circunvalar e reurbanizar o biotopo, -xa lles molaba-, 
a crise chegou para quedar e a casta mandarina vainos deixar na estacada. 
Seremos quen de comezar a termar da nosa saúde, da nosa educación e da 
nosa cultura pola nosa conta? Iso é a comuna, o lugar común das tribos 
aborixes que por aí andan. De nada serve presentarnos ás eleccións se non 
construímos o lugar común. Tampouco é unha ambición desmedida, pero esixe 
sacudirse un chisco a preguiza e definir algúns obxectivos plausibles. 
Establecer trocas, inventar servizos comúns, compartir recursos e 
coñecementos, liberar espazos propios, experimentar coa vida, algo que 
calquera aldea leva facendo miles de anos, por moita catedral que lle 
chantasen en riba. Non precisamos de ideoloxías senón de saberes, e todo o 
saber que se precisa para arrancar a comuna está na propia aldea. 
Certo é que a máquina do crecemento infinito, tocada como está, aínda 
é capaz de producir as súas perversas e rutineiras metáforas, tan do agrado 
dos que negan a súa condición aborixe e prefiren escorrentar coma búfalos 
cara ao precipicio dos proxectos irrenunciables, das infraestruturas necesarias, 
da inminente creación de riqueza e emprego e do futuro das cidades no 
hiperespazo. A nós aborixes, non nos presta a ladaíña do grande home branco. 
Metáforas desas caen da súa boca coma peixes mortos na fervenza dun río 
contaminado. A fervenza é o grande espectáculo de augas transparentes que 
oculta a miseria do río e o río baixa cheo de cadáveres. Os cadáveres do 
crecemento e da súa corrupta maquinaria política. 
15
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
A palabra de orde entre aborixes é decrecer. Decrecer de cidade para 
aldea, si, e renunciar de vez ao síndrome veneciano, decrecer de parque 
temático a lugar onde se viva. Habitar. Crear a comuna é iso, tomar posesión 
do espazo e do tempo común, volver comer pementos no verán e grelos no 
inverno, recuperar os ritos estacionais e gardar as festas con reverencia 
sagrada. Habitar o círculo, pois o círculo non é outra cousa que a aldea. Por 
moito que os cínicos corifeos da política real, nos espeten no fociño a lóxica 
uniformemente acelerada do hipermercado e das estacións intermodais da 
estupidez, a nosa aldea está condenada a existir nun lugar concreto do planeta 
terra. E deixando de lado a expansión do universo, este planeta só ten dous 
movementos esenciais, a rotación e a translación, sendo ambos os dous 
movementos cíclicos. De nada nos vai servir saír pola tanxente, como nos 
propoñen desde os seus púlpitos mediáticos os apóstolos do crecemento 
delirante. O decrecemento non é unha ideoloxía, é un alude que xa baixa a 
toda hostia pola pendente. A única incerteza é se imos ser quen de refrealo e 
adaptarnos ao seu paso ou nos vai arrastrar nunha inmensa bola de merda 
cara á nada. Vainos a vida niso. Aprender a decrecer. Velaí unha misión 
pedagóxica que se cadra xa xustifica por si mesma a nosa intervención poética 
na vida municipal. 
Somos aborixes e somos minoría, e mesmo así imos presentar a nosa 
candidatura tribal ás eleccións municipais. Non queremos dar nin ser a voz de 
ninguén, se non lograr un micrófono e un sacho para as tribos que se apunten 
ao carro comuneiro, un micrófono e un sacho para destituír o concello, na 
medida do posible, como representación única da vida municipal. Tamén 
obstruír, claro está, a obtención de beneficios e o saqueo das arcas públicas 
por parte da casta mandarina, e loitar por melloras cualitativas para a vida 
aborixe definidas polas propias e os propios aborixes. Dá igual se non 
conseguimos meter un pe alí dentro, o auténtico desafío é se somos quen de 
pór a andar a comuna e de recobrar o dereito a vivir na nosa propia aldea. 
Unha aldea que por exemplo podía levar este nome: Libredón, que en lingua 
aborixe significa “o don gratuíto” e aínda por riba refírese ao bosque mítico no 
que tivo orixe Santiago de Compostela. Habitemos por tanto o Libredón e 
abramos as portas da comuna. 
16
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
E neste sentido é no que vos propoñemos realizar un traballo común de 
creación dunha nova poética municipal. Crear para actuar, e actuar para 
comunicar. Unha filosofía sinxela que calquera da aldea pode comprender e 
que pola contra, poucos da cidade son quen de pillar. 
17
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
A ESCASEZ 
18
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
Mais unha vez o home branco, occidental, morbosamente opulento, 
consumista, heterosexual e situado no centro do todo enganounos. Enguliunos 
coas súas trangalladas, coas luces, coa cosmética social, co progreso das súas 
endemoñadas máquinas que ordenan as nosas vidas. Atados a elas fiamos uns 
camiños vertixinosos, autodestrutivos, cara a un ningures onde o pior inimigo 
de nós somos nos mesm@s, aborixes. Alterouse o natural devir das cousas, os 
ciclos temporais da natureza foron burdamente substituídos pola linearidade 
homoxénea do tempo que devora o bosque, as augas, intoxica os alimentos e 
a linguaxe sendo tantas veces mais complicado tragarse as palabras que 
comer o peixe podre que nos ofrecen nos mercados das reservas. 
Cando abandonamos as nosos acampamentos, as nosas aldeas, 
prometéronnos unha choza para cada un de nós. Prometéronnos unha 
ocupación para cada quen iso dicía a súa lei, a lei do home branco. Durante 
tempo e aínda que non faltaron tempos de revolta de inconformismo aborixe, o 
home branco conseguiu, paulatinamente, aínda con oposición impoñer a súa 
idea do mundo, mesmo acadou algo moi importante, e foi que, facer de cada 
aborixe un home branco. Xerou en nós a absurda idea de que cada aborixe 
que desexara profundamente ser un home branco podería conquerilo a base 
de esforzo, de teimar na súa ocupación, da súa capacidade de “emprendizaxe”. 
Durante tempo, e aínda que sabiamos perfectamente como eran 
tratados os aborixes doutras partes do mundo, e aínda que sabiamos como 
foramos tratad@s durante os tempos das grandes guerras, pensamos que 
asinaramos un trato xusto que equilibraba os desexos depredadores do estilo 
de vida do home branco e o mantemento da nosa orixinaria identidade. Agora 
sabemos que non é así. A orde orixinaria quebrouse. Seguiamos sendo @s 
19
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
eesherdad@s, a mestizaxe, o prescindíbel. Vivimos vorazmente e agora 
seremos devorad@s. Delegamos a nosa capacidade para elixir o noso camiño 
en mans de tecnócratas elixidos pola tribos ou en estruturas burocráticas que 
fracasaron no reparto das riquezas. Os fascinantes inventos do home branco 
para controlar a nosa saúde, a educación das nosas crianzas, a transmisión 
das nosas orixes están en vías de extinción e con elas nós mesmas. Agora, di 
o home branco, todo o que pasa é debido á escasez. 
20 
A COMUNA: OS ACAMPAMENTOS NA RESERVA 
É tempo de tomar as nosas responsabilidades. Comezar desde onde 
estamos e acadar unha transformación conforme as nosas orixes aborixes. Ser 
conscientes das limitacións que ten a construción na prisión que para nós 
axudamos a construír. A mosca atrapada na arañeira berra NON, 
probablemente morra envelenada pero berra NON. Un berro de sufrimento, de 
ira, de soidade pero se berra NON aínda hai esperanza. NON imos a perder as 
nosas orixes nas súas patrañas idiotizantes. NON imos perder a nosa saúde 
nas súas institucións paralizantes. NON imos delegar a política no 
electoralismo representativo por moito que haxa aborixes esbrancuxados, 
brancos indixenados ou brancos totalmente. Presentaremos a nosa 
candidatura para que outras formas de vida saiban que existimos e que 
queremos comezar desde a nosa tribo, aldea ou acampamento 
Iniciar este camiño coma a construción dun laboratorio. Estamos fartas 
de que nos ofrezan detalladas ficcións da sociedade futura, da súa 
gobernanza. O indixenismo compostelán, mediante o libre curso da nosa 
creatividade individual e colectiva enuncia a nación dunha sociedade 
convivencial que comece aparcando a normatividade do home branco e a súa 
vida chea de miseria e soños estandarizados. É por isto que ninguén de nós a 
estas alturas sabe que pode suceder, cal é o final do camiño. Hai que 
experimentar. O coidado, a alimentación, o sentido de protección, o xogo, a 
saúde (entendida como os corpos liberados das súas tensións históricas para 
empoderarse e participar) propóñense no centro desta deliberación aborixe. Da 
reserva á aldea, da aldea ao acampamento. En transición, en aprendizaxe
PROXECTO LIVREDOM 
CANDIDATURA 
do POVO 
continua pola vida toda. Disfrutando da boa compaña e o pracer de compartir 
os nosos soños. As tribos convocan a comuna. 
21

More Related Content

Viewers also liked

Desempeño organizacional tatiana la riva
Desempeño organizacional tatiana la rivaDesempeño organizacional tatiana la riva
Desempeño organizacional tatiana la rivaTatiana La Riva
 
Horario continuo
Horario continuoHorario continuo
Horario continuoHernan Vg
 
Greenberg_L&D as a Reward_29_10_14
Greenberg_L&D as a Reward_29_10_14Greenberg_L&D as a Reward_29_10_14
Greenberg_L&D as a Reward_29_10_14Kenneth Greenberg
 
Special assistant perfomance appraisal 2
Special assistant perfomance appraisal 2Special assistant perfomance appraisal 2
Special assistant perfomance appraisal 2tonychoper204
 
Película lucy
Película lucyPelícula lucy
Película lucyam104d63
 
Calidad del servicio dtv 2011
Calidad del servicio dtv   2011Calidad del servicio dtv   2011
Calidad del servicio dtv 2011candanoza
 
2do Taller DEL. Proyecto: Desarrollo economico con enfoque territorial en la ...
2do Taller DEL. Proyecto: Desarrollo economico con enfoque territorial en la ...2do Taller DEL. Proyecto: Desarrollo economico con enfoque territorial en la ...
2do Taller DEL. Proyecto: Desarrollo economico con enfoque territorial en la ...FOMINDEL
 

Viewers also liked (13)

Desempeño organizacional tatiana la riva
Desempeño organizacional tatiana la rivaDesempeño organizacional tatiana la riva
Desempeño organizacional tatiana la riva
 
Horario continuo
Horario continuoHorario continuo
Horario continuo
 
Greenberg_L&D as a Reward_29_10_14
Greenberg_L&D as a Reward_29_10_14Greenberg_L&D as a Reward_29_10_14
Greenberg_L&D as a Reward_29_10_14
 
Medio ambiente.docx.dot
Medio ambiente.docx.dotMedio ambiente.docx.dot
Medio ambiente.docx.dot
 
зелене алге
зелене алгезелене алге
зелене алге
 
Dr Johnson LOR
Dr Johnson LORDr Johnson LOR
Dr Johnson LOR
 
Special assistant perfomance appraisal 2
Special assistant perfomance appraisal 2Special assistant perfomance appraisal 2
Special assistant perfomance appraisal 2
 
Película lucy
Película lucyPelícula lucy
Película lucy
 
Probl costes-tema 5
Probl costes-tema 5Probl costes-tema 5
Probl costes-tema 5
 
Calidad del servicio dtv 2011
Calidad del servicio dtv   2011Calidad del servicio dtv   2011
Calidad del servicio dtv 2011
 
Group №5
Group №5Group №5
Group №5
 
2do Taller DEL. Proyecto: Desarrollo economico con enfoque territorial en la ...
2do Taller DEL. Proyecto: Desarrollo economico con enfoque territorial en la ...2do Taller DEL. Proyecto: Desarrollo economico con enfoque territorial en la ...
2do Taller DEL. Proyecto: Desarrollo economico con enfoque territorial en la ...
 
paper
paperpaper
paper
 

Similar to Candidatura

Lois Rodriguez Cabana
Lois Rodriguez CabanaLois Rodriguez Cabana
Lois Rodriguez Cabanaecursocig
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015ferrolano
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnJorge Suárez
 
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEPlan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEEncarna Lago
 
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...PSM
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralsatelite1
 
Tritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola UnidadeTritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola Unidadealternativaapu
 
Tríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola UnidadeTríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola Unidadealternativaapu
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiroecursocig
 
Programa electoral de En Marea
Programa electoral de En MareaPrograma electoral de En Marea
Programa electoral de En Marea20minutos
 
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...ousli07
 
Quen está no bng
Quen está no bngQuen está no bng
Quen está no bngxopau
 
As transformacións sociais
As transformacións sociaisAs transformacións sociais
As transformacións sociaisfernandares2010
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.EVAVIDALFERRO
 
Lei do Libro e da Lectura de Galicia
Lei do Libro e da Lectura de GaliciaLei do Libro e da Lectura de Galicia
Lei do Libro e da Lectura de GaliciaAfearte Galicia
 

Similar to Candidatura (20)

Lois Rodriguez Cabana
Lois Rodriguez CabanaLois Rodriguez Cabana
Lois Rodriguez Cabana
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
ColeccióN 5
ColeccióN 5ColeccióN 5
ColeccióN 5
 
Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015Programa electoral esquerda unida narón 2015
Programa electoral esquerda unida narón 2015
 
Programa Ferrol en Común
Programa Ferrol en ComúnPrograma Ferrol en Común
Programa Ferrol en Común
 
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEPlan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
 
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do rural
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
Tritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola UnidadeTritptico da Alternativa pola Unidade
Tritptico da Alternativa pola Unidade
 
Tríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola UnidadeTríptico da Alternativa pola Unidade
Tríptico da Alternativa pola Unidade
 
Presentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismoPresentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismo
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Programa electoral de En Marea
Programa electoral de En MareaPrograma electoral de En Marea
Programa electoral de En Marea
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
Perspectivas de la realidad desde los medios de comunicacion frente los medio...
 
Quen está no bng
Quen está no bngQuen está no bng
Quen está no bng
 
As transformacións sociais
As transformacións sociaisAs transformacións sociais
As transformacións sociais
 
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.Xurxo. Ilustración e Industrialización.
Xurxo. Ilustración e Industrialización.
 
Lei do Libro e da Lectura de Galicia
Lei do Libro e da Lectura de GaliciaLei do Libro e da Lectura de Galicia
Lei do Libro e da Lectura de Galicia
 

Candidatura

  • 1. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO 1 MEMORIA DO GRUPO DE TRABALLO
  • 2. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO A principios do pasado verán, un pequeno grupo de traballo da Candidatura do Povo iniciou un proceso de reflexión e investigación sobre a situación da vida municipal en Santiago de Compostela e o propio futuro da Candidatura como iniciativa política. O obxectivo deste grupo era producir unha serie de documentos e propostas que puidesen ofrecer ao grupo de base da Candidatura un pretexto para o deseño colectivo dunha estratexia de cara ás vindeiras eleccións municipais, así como unha primeira visión de como a Candidatura do Povo podería redefinirse como proxecto no momento actual. A emerxencia de procesos municipalistas de vontade máis ou menos rupturista, tanto na cidade como no país e no resto do estado, obrigaba dalgún xeito a cuestionar que sentido podía continuar a ter a Candidatura do Povo, sendo como foi unha das primeiras iniciativas municipalistas que, no actual contexto de degradación institucional en todas as escalas da administración pública, se deron na Galiza, hai xa catro anos, coa vontade de definir un espazo de intervención política na vida municipal de carácter aberto e non partidista. 2 O proceso de reflexión Tras unha primeira xuntanza, na que se tratou de elaborar un diagnóstico de situación sobre o propio colectivo e o momento político, o grupo iniciou un proceso de investigación con dous obxectivos. O primeiro foi a recolla e lectura de diferente documentación sobre o municipalismo, tanto dun punto de vista histórico como político e filosófico, con especial atención a diferentes procesos que poderían ter algún relevo ou significación no contexto actual. O segundo foi a recolla do sentir e pensar de persoas de diferentes ámbitos sobre as súas expectativas respecto dun proxecto municipalista radicado en Santiago de Compostela. Foron textos de referencia, por exemplo, “La apuesta municipalista. La democracia comienza por lo cercano” http://www.traficantes.net/sites/default/files/pdfs/TS-LEM6_municipalismo.pdf do Observatorio Metropolitano, cun interesante esbozo da historia do municipalismo tanto no estado español como en Europa; o clásico “Seis tesis sobre el municipalismo libertario” de Murray Bookchim
  • 3. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO http://web.resist.ca/~crisxyz/iea/biblioteca/pdf/Bookchin.%206%20tesis%20sobr e%20municipalismo%20libertario.pdf , coa súa defensa da comuna fronte á cultura industrial e o estatalismo; as análises de David Harvey sobre a cidade e a comuna como espazo de acción revolucionaria frente á preponderancia da fábrica na teoría revolucionaria clásica, presente en libros como “Ciudades Rebeldes” http://www.cronicon.net/paginas/Documentos/CIUDADES_REBELDES.pdf ou artigos como “El derecho a la ciudad”; o traballo de Gemma Ubasart “Municipalismo alternativo y popular. ¿Hacia una consolidación de las tesis del nuevo localismo y la politización del mundo local?”, ensaio no que se aborda a ascensión das “candidaturas estrañas” no contexto político actual; e en fin, diversos materiais sobre municipalismo procedentes de Euskal Herria, Catalunya, Madrid e outras zonas do estado; conferencias e entrevistas de Nekane Jurado, activista do movemento ELKARTZEN, e as súas análises sobre o reparto da riqueza e a distribución do poder no eido económico http://topatu.info/wpcontent/uploads/2012/12/independentzia_nekanejurado9.pd f ; asi como de Isabel Rauber “construcción del poder desde abajo” http://www.archivochile.com/Mov_sociales/Doc_gen/MSdocgen0009.pdf ,” movimientos sociales y representación politica” http://www.rebelion.org/docs/4518.pdf textos de José Iglesias Fernández http://www.kaosenlared.net/secciones/s/antiglobalizacion/96375-la-sociedad-comunal- como-una-alternativa-al-capitalismo sobre a alternativa comunal, e tamén diversos documentos sobre a experiencia zapatista en Chiapas, os movementos sociais latinoamericanos, e os procesos municipalistas en Europa, desde a Comuna de París e as experiencias de provos e kabouters en Holanda nos anos sesenta e setenta, á constitución dos Partidos Verdes en Francia e Alemaña á partir dos anos oitenta, que tiveron orixe nun forte activismo local e municipalista. 3
  • 4. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO 4 ALGUNHAS CONCLUSIÓNS PROVISIONAIS. Destas lecturas foi posible extraer algunhas liñas de pensamento relevantes no momento actual. 1. Os movementos sociais e a intervención política nas institucións municipais. En primeiro lugar, cabe destacar a dialéctica case nunca resolta entre a acción dos movementos sociais que historicamente impulsaron as diferentes iniciativas municipalistas e a acción institucional dentro dos sistemas políticos vixentes nos municipios que o propio éxito do proceso propiciou en moitos casos. A defensa, poñamos por caso, da democracia directa e participativa defendida no seo dos movementos sociais parece entrar sempre en conflito coa visión pragmática dos propios representantes políticos dos movementos dentro da institución, máis proclives á política convencional, mesmo cando a intervención nas institucións é entendida como acción de destrución e transformación do sistema político. En calquera caso, a lóxica destes procesos indica que só movementos sociais fortalecidos a través da participación son capaces de definir algún tipo de intervención política significativa nas institucións municipais. 2.Minorías activas En segundo lugar, o carácter efémero ou provisorio das iniciativas municipalistas, que en moitos casos e por diversas razóns, non duraron máis que uns poucos anos, e mais o seu relativo carácter minoritario, non foron obstáculo para que a súa acción acadase unha transcendencia significativa na propia cultura urbana. A acción dos Provos en Amsterdam, logo expandida ao resto de Holanda, entre 1965 e 1969, foi a causa directa de moitas “tradicións” actuais da cultura política municipal holandesa, como o emprego da bicicleta como sistema de transporte urbano, a rede asistencial para mulleres e crianzas
  • 5. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO ou a liberalización do consumo de cannabis. Nese mesmo sentido, a ocupación comunitaria de vivendas de propiedade municipal sen uso, obrigou aos propios concellos holandeses a crear redes de habitación social para desactivar estes movementos, o que é un exemplo significativo de como a acción comunitaria pode transcender en conquistas políticas mesmo a custa da súa propia desmobilización. 5 3. Acción e comunicación En terceiro lugar, parece claro que o éxito dos máis variados proxectos municipalistas se liga case sempre á capacidade creativa e axitativa dos movementos sociais que os impulsan. A capacidade de promover accións lúdicas e vivenciais desde o antagonismo, nas que o sentido do humor e a imaxinación para traballar nas fendas do sistema substitúen á confrontación máis ou menos violenta co poder local, posibilitando unha maior e máis eficaz comunicación social das ideas defendidas polos movementos sociais, incrementando a participación. Fóra da seriedade convencional da linguaxe política, tanto de esquerdas como de dereitas, existe todo un campo de experimentación no que é posible crear formas inéditas de interacción dentro da comunidade, con recurso a linguaxes “impolíticas” como a poesía, o teatro, a performance ou a música, que comunican mellor o pensamento común e intensifican os afectos entre os membros da comunidade. 4. A autoxestión e a organización do tempo. En cuarto lugar, atopamos tamén en todas estas experiencias a necesidade da autoxestión e a creación de institucións propias desde abaixo, o que comporta unha oposición aos tempos marcados polo capitalismo e pola súa actual concreción política: a cita electoral. Precisamente na reivindicación do dereito á cidade, cada vez máis restrinxido ás elites urbanas, a cuestión do tempo semella crucial na medida en que se loita por organizar as vilas e cidades dun xeito habitable, gozoso e accesible a toda a poboación, isto é, por unha organización diferente do tempo colectivo. Isto implica procesos de organización e creación de novos espazos de convivencia e participación que
  • 6. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO non se axustan á lóxica electoralista, segundo a cal a transformación urbana dependería da tomada do poder por determinados grupos políticos máis ou menos antagonistas. O éxito dos movementos sociais en xeral e dos proxectos municipalistas en particular radica na súa capacidade de implantación na vida civil e de xestión dos recursos que os propios movementos xeran no seu desenvolvemento. Por un lado os movementos sociais non poden esperar polo éxito político de determinadas alternativas partidarias, polo demais sempre incertas na súa ulterior práctica institucional, e por outra banda os movementos sociais están obrigados a tempos máis lentos que os marcados polo mercado electoral. Iso non quita, obviamente, que os movementos sociais teñan que definir tamén un certo tipo de intervención política, pero esta só parece posible na medida en que estea en función dos propios tempos dos movementos e non ao contrario. 6 5. O precariado En quinto lugar pódese sinalar que os proxectos municipalistas, de corte rupturista e da máis variada pelaxe, presentan unha constitución social que non se pode reducir ás vellas categorías da loita de clases tal e como foi definida nas teorías revolucionarias clásicas. A formación de clase xa non aparece vencellada á fábrica, senón ás rúas e os espazos urbanos segmentados onde prolifera a exclusión e a marxinalidade, e caracterízase pola fragmentación, a variedade de necesidades, desexos e intereses, a crecente multiculturalidade da propia sociedade urbana, os conflitos de xénero, e unha natureza máis fluída que a da clase obreira tradicional. Deste xeito, moitos autores e autoras poñen o acento no “precariado”, nos traballadores e traballadoras marcadas pola eventualidade, a mobilidade laboral e os salarios precarios, como o grupo que pode impulsar as transformacións sociais. Ao contrario que o proletariado, que podía organizarse e implantarse na vida social de xeito máis doado a partir de centros de traballo estables, o precariado presenta un alto nivel de desorganización, o que define o seu desafío crucial: a autoxestión e autoorganización a través de institucións nacidas do seu propio seo.
  • 7. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO 7 6. A radicalización democrática. Parece claro tamén que a apropiación por parte dos movementos sociais vinculados ao municipalismo do dereito á cidade, isto é, a loita por socializar entre o conxunto da poboación os beneficios e calidades da vida urbana, só pode pasar por unha radicalización da democracia que trabe a estratexia excluínte do capital. Unha radicalización que se pode definir en dous eixos complementarios: a horizontalidade e a participación, na medida en que o poder de decisión das poboacións pode transcender o xogo partidario e a xerarquización imposta polos modelos de democracia representativa e estender tal poder á totalidade da vida social. De novo o proceso semella vincularse á propia capacidade de autoorganización dos sectores populares máis afectados pola segmentación e a exclusión, pois parece sobradamente demostrado que a vía electoral, tal e como aparece definida no sistema político vixente, non é suficiente para contrarrestar o progresivo secuestro do dereito á cidade promovido polas elites. 7. A distribución da riqueza En último lugar, e a risco de de deixar de lado outros aspectos relevantes, cabe destacar que é común a case todo o pensamento sobre o municipalismo, centrar na cuestión económica ligada ao modelo de desenvolvemento urbanístico, o principal frente de batalla. Os movementos municipalistas deben enfrontar unha realidade esmagadora, e é que o poder do capital, a través das institucións políticas representativas, é o dono e señor das cidades, condicionando o seu desenvolvemento ás súas necesidades depredatorias. A disposición dos espazos urbanos é proxección directa dun sistema de distribución da riqueza tan inxusto como perverso. Trabar a degradación ecolóxica, a segmentación e exclusión social da poboación e a crecente carestía de servizos, así como reconducir os modelos urbanísticos megalomaníacos a unha escala humana e habitable, é o principal desafío colocado aos movementos sociais de carácter local, co agravante de que no
  • 8. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO actual contexto de crise, a autonomía municipal, base por outro lado da corrupción política xeneralizada na maioría dos concellos do estado español, está seriamente ameazada polas políticas de recortes sociais e de recentralización da administración pública. Esta tendencia marca historicamente, como mínimo no estado español, a tensión dialéctica entre o propio estado e o poder local, coincidindo sempre a recentralización administrativa cos ciclos de sobreacumulación do capital como o que estamos a vivir. O fortalecemento dos movementos sociais parece ser a única vía albiscada polos pensadores e pensadoras comprometidas cunha visión igualitaria das sociedades urbanas, fronte á monstruosidade dos actuais modelos urbanísticos. Neste tipo de análises sinálase ademais que un dos maiores desafíos dos movementos sociais radica en resolver simultaneamente o chamado “salto de escalas” entre o local e o global, pois unha forte acción de carácter local sen correlatos máis globais (nos niveis nacionais, estatais ou internacionais) devén en impotencia, en canto a acción global sen unha forte implantación local dos movementos, devén en idealismo sen consecuencia. Son estas en fin, liñas de reflexión que atravesan moitos dos textos e análises actuais sobre o municipalismo, e que, lonxe de achegar solucións definitivas e pechadas, teñen a virtude de sinalar os retos que inevitablemente deben encarar hoxe en día os movementos sociais que promoven esta liña de acción. 8
  • 9. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO 9 PROPOSTAS O grupo de traballo decidiu finalmente producir algúns textos que establecesen algún punto de partida interesante para o proceso colectivo de traballo e decisión. Foron redactados dous textos, un de carácter poético, que recollese nunha linguaxe metafórica e accesible as conclusións deste proceso de reflexión, e outro de carácter máis descritivo que presentase de maneira máis concisa o diagnóstico da situación, tanto en sentido global como local. En ambos os dous textos hai unha apelación de tipo metafórico ao imaxinario “aborixe” e ”á comuna” como obxectivo utópico emerxente das “tribos”, isto é, dos grupos de afectos, relacións solidarias e traballo común presentes de xeito natural na cidade. Non se trata dunha lectura ou translación realista do imaxinario de movementos indixenistas como o zapatismo ou os movementos indíxenas bolivianos, aínda que ambos documentos toman deles a inspiración, como tamén a toman da Comuna de París ou dos movementos de agit-prop holandeses e alemáns, entre outros. A intención era propor unha alegoría que abrise a linguaxe máis alá dunha realización ideolóxica concreta, na que se puidesen identificar xentes de diferente pensamento político pero con preocupacións e visións comúns sobre unha organización alternativa e democrática da vida na cidade, non mediada por intereses partidistas. E tamén, claro está, propor un tipo de linguaxe que basculase entre a ironía e o sentido lúdico da acción social, de maneira a non ser redutible aos convencionalismos lingüísticos habituais da política. Destes dous textos naceu o que se deu en chamar o Proxecto Livredom, a proposta que o grupo de traballo quere ofrecer a debate , para promover a participación dos movementos sociais de Santiago de Compostela tanto na elaboración do programa e a campaña de cara ás vindeiras eleccións municipais, como no proceso de creación da “Comuna do Livredom”, como proxecto abertamente utópico a máis longo prazo.
  • 10. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO 10 O Proxecto Livredom. O proxecto Livredom toma o seu nome do bosque ou monte mítico no que tivo orixe Santiago de Compostela. Etimoloxicamente parece proceder do latín Liberum Donum, o “don ou a doazón gratuita” sinalando a dación do terreo por parte de poderes escuros como espazo sagrado da comunidade. Trátase dun lugar orixinario marcado polo misterio e a maxia, e por tanto polo irracional aborixe, como aquilo que é irredutible e incomprensible para a razón, terra sagrada e inviolable. O Livredom é un lugar inhóspito, poboado por espectros, tal vez albergando unha ermida abandonada que marcaría o enterramento de seres estraños. Na lenda apostólica é o lugar onde o ermitán Paio descubriu o corpo de Santiago o Maior e por tanto o berce mítico da cidade. Tamén se chamou así a aldea primixenia onde foi erixida a primeira basílica, mantendo ese nome ata a construción da catedral, que borrou a súa fisionomía, e a eclosión do primeiro suburbio urbano, chamado Compostela, de onde tomou nome a cidade en detrimento do Livredom. Por todo isto pareceunos acaido denominar así a realización utópica da comuna, como aldea primixenia e corpo social aínda non poboado, pero tampouco usurpado polo discurso racionalista do poder, marcando deste xeito esa regresión mítica a un tempo e un espazo esquecidos por debaixo de mil anos de urbanismo, primeiro católico e logo puramente capitalista. Fundar e construír o Livredom significa fundar e construír un novo modo de vida. Isto significa incorporar a noción e visión de xénero como elemento constitutivo do pensamento e as prácticas cuestionadoras das sociedades actuais, e dos procesos de construción das novas. Iso posibilitará facer visibels e modificar as relacións sociais asimétricas establecidas entre homes e mulleres, base para a produción e reprodución doutras tantas asimetrías e discriminacions: de cor de pel, discapacidade física, etnia, cultura, beleza, identidade sexual, etcétera.
  • 11. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO A participación das mulleres ten que darse a todos os niveis, no “(...) económico ,social, científico, tecnolóxico e inclusive na planificación das políticas de desenvolvemento tan importante para avanzar. A democracia adquire así un sentido básico de dereito á vida, a unha vida diferente, a unha vida onde non soamente haxa benestar, senón onde haxa posibilidades de desenvolver a igualdade dos seres humans, respectando a posibilidade de ser diferentes.” E xorde como tarefa imprescindibel apontoar os procesos concretos de organización con ampla participación feminina, fortalecendo as capacidades de acción e representación das mulleres acorde coas súas realidades e necesidades. Cando isto emerxe nos movementos sociais cos que interactuamos, elaboramos conxuntamente os contidos e os ritmos da aprendizaxe: sobre xénero e poder, sobre empoderamento, sobre política, sobre participación, sobre comunicación, manexo de computación, etcétera. Con iso a nos laboura funde práctica e teoría en ámbitos sociais concretos. Non basta con denunciar a exclusión das mulleres dos lugares de toma de decisións; é fundamental chegar a conclusións prácticas e comprometerse coa súa realización . Así pois,, o proxecto Livredom organízase a partir das tribos locais. Tribos de pensamento, de afectos, de traballo común ou de festa, grupos naturais e espontáneos nos que cada quen se integra conforme ao seu xeito de pensar e ao seu xeito de sentir, ou conforme aos seus intereses e necesidades. Unha mesma persoa participa de diversas tribos e hai tribos máis afíns e tribos máis distantes entre si, non se excluíndo nin a rivalidade nin a inimizade entre elas. E mesmo hai persoas que sen se integrar en ningunha tribo concreta manteñen con elas relacións de intercambio ou simbiose, como os antigos trampeiros americanos, rostros pálidos de vida solitaria que vivían nos grandes bosques, e intercambiaban peles e informacións coas tribos nativas. Cada tribo ten a súa xerarquía interna, pero todas elas conviven, mellor 11
  • 12. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO ou peor, na horizontalidade tribal, que é transversal a outro tipo de ordenamentos: políticos, ideolóxicos ou sociais. Desde aí é desde onde se constrúe a Comuna do Livredom, obviamente aberta a quen queira estar e indiferente a quen non queira estar, pois a lóxica de maiorías e minorías non entran dentro do seu universo simbólico. Diante da crise actual, as tribos necesitan resolver a cuestión de como queren vivir, é dicir, como queren organizar o seu espazo vital para resistir ás inclemencias do clima político, social e económico. E aquí aparece a primeira tarefa e o primeiro obxectivo da Comuna do Livredom. 12
  • 13. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO 13 LIVREDOM
  • 14. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO Propoñamos unha nova poética municipal. Deixemos de lado o concello e construamos a comuna. A comuna é o que non está, o irreal ou o esquecido, directamente o roubado polo caciquismo do solar e do ladrillo. O goberno local está privatizado. É o grande sinal da súa podremia. Quen aquí vive está excluído do xogo e non ten dereito á cidade. A cidade é doutros, das axencias turísticas, dos especuladores, das multinacionais, das seitas ultracatólicas, da prensa esclerótica e provinciana que día a día consagra o gran delirio compostelán do que todos se alimentan. A cidade é dos voitres e das gaivotas corrompidas que antes prefiren as preas dos vertedoiros que o peixe fresco. Por iso é precisa outra poética, outra linguaxe sobre a que construír o irreal e o esquecido. Non somos veciñanza, nin cidadanía, nin calquera outra abstracción tirada do manual de política correcta da casta mandarina. Non somos de aquí. Non estamos aquí. Somos aborixes e non se sabe onde estamos. Case que somos clandestinos, antes loxa masónica ou sociedade secreta que partido político. Ás veces pódesenos ver por aí, polas tabernas, polos centros sociais, polas asociacións e as manifestacións, polas rúas e as corredoiras, polos prados ou polos parques. Podemos andar sós ou en tribos. A tribo é o noso xeito natural de andar por aí. Na tribo mandan os afectos, o traballo común e a festa, tamén os malentendidos e as pelexas e ás veces un torrente de pensamentos. As tribos aborixes non sempre se entenden, e mesmo tendo na cabeza o soño da gran nación aborixe, chega unha simple convocatoria electoral para ir cada quen por onde lle cadre. A nós cádranos o de insistir coa nosa pequena e tribal candidatura. Por que? Para que? Para pór a andar a comuna, ou! E sobre todo para reescribir de vez ese conto de que Santiago é unha cidade. Santiago, ben o sabemos nós aborixes, é unha aldea. Unha aldea con catedral, cidade da cultura e aeroporto internacional de segunda categoría, pero aldea despois de todo. Aldea de aldeas, se queredes, que é outra maneira de dicir esa idea de que o todo é unha parte máis entre as partes. Para moitos 14
  • 15. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO semella unha idea difícil de tragar. Iso é porque, non estando, nós aborixes tampouco somos maioría e non todo o mundo comparte as nosas ideas. A maioría vive na tal cidade fantasma e aínda acredita en superficies comerciais e no enésimo periférico a xurdir no horizonte. Alá eles e alá elas. Nós aborixes non somos nin maioría nin marea. Sentar os nosos cus nas cadeiras do concello non vai resolver os nosos problemas. O que é importante para nós aborixes é como facer nacer a comuna, que vén sendo como preguntarse, nós aborixes, como queremos vivir? Porque por moito que nos volvan circunvalar e reurbanizar o biotopo, -xa lles molaba-, a crise chegou para quedar e a casta mandarina vainos deixar na estacada. Seremos quen de comezar a termar da nosa saúde, da nosa educación e da nosa cultura pola nosa conta? Iso é a comuna, o lugar común das tribos aborixes que por aí andan. De nada serve presentarnos ás eleccións se non construímos o lugar común. Tampouco é unha ambición desmedida, pero esixe sacudirse un chisco a preguiza e definir algúns obxectivos plausibles. Establecer trocas, inventar servizos comúns, compartir recursos e coñecementos, liberar espazos propios, experimentar coa vida, algo que calquera aldea leva facendo miles de anos, por moita catedral que lle chantasen en riba. Non precisamos de ideoloxías senón de saberes, e todo o saber que se precisa para arrancar a comuna está na propia aldea. Certo é que a máquina do crecemento infinito, tocada como está, aínda é capaz de producir as súas perversas e rutineiras metáforas, tan do agrado dos que negan a súa condición aborixe e prefiren escorrentar coma búfalos cara ao precipicio dos proxectos irrenunciables, das infraestruturas necesarias, da inminente creación de riqueza e emprego e do futuro das cidades no hiperespazo. A nós aborixes, non nos presta a ladaíña do grande home branco. Metáforas desas caen da súa boca coma peixes mortos na fervenza dun río contaminado. A fervenza é o grande espectáculo de augas transparentes que oculta a miseria do río e o río baixa cheo de cadáveres. Os cadáveres do crecemento e da súa corrupta maquinaria política. 15
  • 16. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO A palabra de orde entre aborixes é decrecer. Decrecer de cidade para aldea, si, e renunciar de vez ao síndrome veneciano, decrecer de parque temático a lugar onde se viva. Habitar. Crear a comuna é iso, tomar posesión do espazo e do tempo común, volver comer pementos no verán e grelos no inverno, recuperar os ritos estacionais e gardar as festas con reverencia sagrada. Habitar o círculo, pois o círculo non é outra cousa que a aldea. Por moito que os cínicos corifeos da política real, nos espeten no fociño a lóxica uniformemente acelerada do hipermercado e das estacións intermodais da estupidez, a nosa aldea está condenada a existir nun lugar concreto do planeta terra. E deixando de lado a expansión do universo, este planeta só ten dous movementos esenciais, a rotación e a translación, sendo ambos os dous movementos cíclicos. De nada nos vai servir saír pola tanxente, como nos propoñen desde os seus púlpitos mediáticos os apóstolos do crecemento delirante. O decrecemento non é unha ideoloxía, é un alude que xa baixa a toda hostia pola pendente. A única incerteza é se imos ser quen de refrealo e adaptarnos ao seu paso ou nos vai arrastrar nunha inmensa bola de merda cara á nada. Vainos a vida niso. Aprender a decrecer. Velaí unha misión pedagóxica que se cadra xa xustifica por si mesma a nosa intervención poética na vida municipal. Somos aborixes e somos minoría, e mesmo así imos presentar a nosa candidatura tribal ás eleccións municipais. Non queremos dar nin ser a voz de ninguén, se non lograr un micrófono e un sacho para as tribos que se apunten ao carro comuneiro, un micrófono e un sacho para destituír o concello, na medida do posible, como representación única da vida municipal. Tamén obstruír, claro está, a obtención de beneficios e o saqueo das arcas públicas por parte da casta mandarina, e loitar por melloras cualitativas para a vida aborixe definidas polas propias e os propios aborixes. Dá igual se non conseguimos meter un pe alí dentro, o auténtico desafío é se somos quen de pór a andar a comuna e de recobrar o dereito a vivir na nosa propia aldea. Unha aldea que por exemplo podía levar este nome: Libredón, que en lingua aborixe significa “o don gratuíto” e aínda por riba refírese ao bosque mítico no que tivo orixe Santiago de Compostela. Habitemos por tanto o Libredón e abramos as portas da comuna. 16
  • 17. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO E neste sentido é no que vos propoñemos realizar un traballo común de creación dunha nova poética municipal. Crear para actuar, e actuar para comunicar. Unha filosofía sinxela que calquera da aldea pode comprender e que pola contra, poucos da cidade son quen de pillar. 17
  • 18. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO A ESCASEZ 18
  • 19. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO Mais unha vez o home branco, occidental, morbosamente opulento, consumista, heterosexual e situado no centro do todo enganounos. Enguliunos coas súas trangalladas, coas luces, coa cosmética social, co progreso das súas endemoñadas máquinas que ordenan as nosas vidas. Atados a elas fiamos uns camiños vertixinosos, autodestrutivos, cara a un ningures onde o pior inimigo de nós somos nos mesm@s, aborixes. Alterouse o natural devir das cousas, os ciclos temporais da natureza foron burdamente substituídos pola linearidade homoxénea do tempo que devora o bosque, as augas, intoxica os alimentos e a linguaxe sendo tantas veces mais complicado tragarse as palabras que comer o peixe podre que nos ofrecen nos mercados das reservas. Cando abandonamos as nosos acampamentos, as nosas aldeas, prometéronnos unha choza para cada un de nós. Prometéronnos unha ocupación para cada quen iso dicía a súa lei, a lei do home branco. Durante tempo e aínda que non faltaron tempos de revolta de inconformismo aborixe, o home branco conseguiu, paulatinamente, aínda con oposición impoñer a súa idea do mundo, mesmo acadou algo moi importante, e foi que, facer de cada aborixe un home branco. Xerou en nós a absurda idea de que cada aborixe que desexara profundamente ser un home branco podería conquerilo a base de esforzo, de teimar na súa ocupación, da súa capacidade de “emprendizaxe”. Durante tempo, e aínda que sabiamos perfectamente como eran tratados os aborixes doutras partes do mundo, e aínda que sabiamos como foramos tratad@s durante os tempos das grandes guerras, pensamos que asinaramos un trato xusto que equilibraba os desexos depredadores do estilo de vida do home branco e o mantemento da nosa orixinaria identidade. Agora sabemos que non é así. A orde orixinaria quebrouse. Seguiamos sendo @s 19
  • 20. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO eesherdad@s, a mestizaxe, o prescindíbel. Vivimos vorazmente e agora seremos devorad@s. Delegamos a nosa capacidade para elixir o noso camiño en mans de tecnócratas elixidos pola tribos ou en estruturas burocráticas que fracasaron no reparto das riquezas. Os fascinantes inventos do home branco para controlar a nosa saúde, a educación das nosas crianzas, a transmisión das nosas orixes están en vías de extinción e con elas nós mesmas. Agora, di o home branco, todo o que pasa é debido á escasez. 20 A COMUNA: OS ACAMPAMENTOS NA RESERVA É tempo de tomar as nosas responsabilidades. Comezar desde onde estamos e acadar unha transformación conforme as nosas orixes aborixes. Ser conscientes das limitacións que ten a construción na prisión que para nós axudamos a construír. A mosca atrapada na arañeira berra NON, probablemente morra envelenada pero berra NON. Un berro de sufrimento, de ira, de soidade pero se berra NON aínda hai esperanza. NON imos a perder as nosas orixes nas súas patrañas idiotizantes. NON imos perder a nosa saúde nas súas institucións paralizantes. NON imos delegar a política no electoralismo representativo por moito que haxa aborixes esbrancuxados, brancos indixenados ou brancos totalmente. Presentaremos a nosa candidatura para que outras formas de vida saiban que existimos e que queremos comezar desde a nosa tribo, aldea ou acampamento Iniciar este camiño coma a construción dun laboratorio. Estamos fartas de que nos ofrezan detalladas ficcións da sociedade futura, da súa gobernanza. O indixenismo compostelán, mediante o libre curso da nosa creatividade individual e colectiva enuncia a nación dunha sociedade convivencial que comece aparcando a normatividade do home branco e a súa vida chea de miseria e soños estandarizados. É por isto que ninguén de nós a estas alturas sabe que pode suceder, cal é o final do camiño. Hai que experimentar. O coidado, a alimentación, o sentido de protección, o xogo, a saúde (entendida como os corpos liberados das súas tensións históricas para empoderarse e participar) propóñense no centro desta deliberación aborixe. Da reserva á aldea, da aldea ao acampamento. En transición, en aprendizaxe
  • 21. PROXECTO LIVREDOM CANDIDATURA do POVO continua pola vida toda. Disfrutando da boa compaña e o pracer de compartir os nosos soños. As tribos convocan a comuna. 21