SlideShare a Scribd company logo
1 of 18
Download to read offline
1
GUÍA
ORIENTACIÓN
ACADÉMICA
4º ESO
COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO
AO REMATAR OS ESTUDOS DE 4º
DA ESO, ¿QUÉ OPCIÓNS TEÑO…?
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
2
A.Onde estamos, que fixemos e que nos queda.
Ciclos
Formativos
Grao
Superior
Bacharelato (dous cursos)
Mercadodetraballo
Grao
Máster
doutoramento
Avaliación Final de Bach.
Ensino
Universitario
EEES-Boloña
Secundaria
NonObrigatoria
Ciclos Formativos
Grao Medio
Paso directo Paso mediante exame
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
Infantil 3 anos
Secundaria
Obrigatoria
InfantilePrimaria
Infantil 5 anos
Infantil 4 anos
1º Ciclo Primaria (1º -2º - 3º)
2º Ciclo Primaria (4º - 5º - 6º)
3
B. Si aprobas cuarto da ESO
Despois de aprobar cuarto curso e xa co título de Graduado en ESO e dependendo da modalidade (Ensinanzas
Aplicadas ou Ensinanzas Académicas), preséntanseche dúas posibilidades de seguir estudando:
Bacharelato
ou
Ciclos Formativos de Grao Medio.
B. 1. BACHARELATO
Características
1. Ofréceche unha preparación especializada de cara á túa incorporación a estudios superiores ou
á vida activa.
2. Proporciónache una madurez intelectual e humana.
3. Proporciónache coñecementos e competencias que che permiten cumprir as túas funcións
sociais con responsabilidade e competencia.
4. Capacítate para acceder á Formación Profesional de Grao Superior
5. Capacítate para acceder a Estudos Universitarios.
O Bacharelato constitúe unha opción de estudos de Educación Secundaria post-obrigatoria. Dado que a
aprendizaxe nos estudos de Bacharelato require un afondamento maior nos contidos e nos procedementos,
este organízase en modalidades que che permiten unha preparación máis especializada para as diversas
saídas posteriores.
Duración
O Bacharelato ten unha duración de dous cursos académicos (e un máximo de catro anos para superalos).
Modalidades
Existen tres modalidades de Bacharelato:
Ciencias – Humanidades e Ciencias Sociais – Artes
No noso Colexio impártense as Modalidades de...
Ciencias – Humanidades e Ciencias Sociais.
Estas modalidades están organizadas en Bloques, tal e como aparece nos seguintes recadros, procurando
unha formación máis especializada para estudos superiores.
4
5
UNHA LISTAXE DE POSIBLES PERFÍS PARA CADA UNHA DAS MODALIDADES DE BACHARELATO
CIENCIAS
- Bloque Tecnolóxico
 Aptitudes mecánicas.
 Capacidade de percepción e atención.
 Capacidade de creación e innovación.
 Aptitudes espaciais.
 Capacidade de análise.
 Sentido práctico.
 Aptitude numérica.
 Rigorosidade e atención ao detalle.
 Razoamento lóxico.
 Sentido da organización e do método.
- Bloque de Ciencias e Ciencias da Saúde
 Capacidade de percepción e atención.
 Capacidade de análise e síntese.
 Rigorosidade e atención ao detalle.
 Memoria visual e auditiva.
 Razoamento lóxico.
 Aptitudes numéricas e espaciais.
 Facilidade de abstracción.
 Inclinación cara á investigación.
 Gusto polos acontecementos científicos.
 Interese polas novas tecnoloxías e o desenvolvemento humano.
HUMANIDADES e CIENCIAS SOCIAIS
- Bloque de Ciencias Sociais e Xurídicas
 Sensibilidade social.
 Aptitude para as relacións e contactos interpersoais.
 Capacidade para falar en público.
 Razoamento e comprensión verbal.
 Memoria auditiva e visual.
 Capacidade de análise.
 Capacidade de negociación.
 Flexibilidade e sentido crítico
- Bloque de Humanidades
 Sensibilidade humanística.
 Espírito crítico.
 Fluidez verbal.
 Uso de diferentes rexistros lingüísticos.
 Memoria visual e auditiva.
 Capacidade de análise e síntese.
 Capacidade de atención e percepción.
 Destreza manual.
 Creatividade
6
7
Se cursaches en 4º ESO o Itinerario A e segues esa mesma liña en Bach. sairás preparado para estudar
nun futuro os seguintes Graos Universitarios.
Se cursaches en 4º ESO o Itinerario B e segues esa mesma liña en Bach. sairás preparado para estudar
nun futuro os seguintes Graos Universitarios.
8
Se cursaches en 4º ESO o Itinerario C e segues esa mesma liña en Bach. sairás preparado para estudar
nun futuro os seguintes Graos Universitarios.
9
10
AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO
Ao finalizares os dous cursos de Bacharelato, deberás facer unha proba semellante á Selectividade, que
avaliará os coñecementos e competencias adquiridas ao longo desta etapa. Para presentarte a esta proba
deberás aprobar todas as materias de 1º e 2º de Bach.
Este exame da Avaliación Final de Bacharelato(1)
versará sobre os contidos das materias cursadas en 2º Bach.
Estas materias son as seguintes segundo o publicado no Real Decreto_Lei 5/2016 do 9 de dembro (BOE, 10
de decembro de 2016)
o Todas as Troncais Xerais cursadas, incluíndo a Lingua Galega e Literatura.
o Dúas do bloque de materias Troncais de Opción, que farán só os alumnos que pretendan mellorar
a nota para entrar naquelas titulacións que teñan nota de corte.
(1) A estrutura desta proba está pendente de desenvolvemento lexislativo pola Consellería de Educación, posteriormente
deberá ser publicada no DOG, regulando todos os seus aspectos.
Se revisas os cadros anteriores de materias que o Colexio Apóstol oferta en 2º de Bach. poderás facerte unha
idea das materias das que te vas examinar dependendo da modalidade e bloque que escollas.
Poderás repetir esta Avaliación Final de Bacharelato nos seguintes casos:
o Se a suspendiches e precisas aprobala para os teus estudos posteriores.
o Para subir nota. Neste caso se ao volverte presentar obtés unha nota inferior, contabilizará a
nota máis alta das obtidas nas diferentes convocatorias.
MOI IMPORTANTE:
Esta proba, composta pola media aritmética de todas as Materias Troncais Xerais, terá un valor dun 40%.
A esta proba se lle sumará a media aritmética de todas as materias cursadas en Bacharelato (1º+2º) que
suporá un 60%.
Aqueles alumnos que precisen mellorar a media destas dúas notas, poderán facer os exames
correspondentes as Materias Troncais de Opción.
A cualificación dos exames de cada unha destas materias será multiplicado por un coeficiente ou ponderación
(que deberá publicar a Consellería de Educación) e sumarase ao resultado da porcentaxe anterior.
Despois do bacharelato atoparíamos con Bolonia pero… que é Bolonia?
É establecer un Espazo Europeo de Educación Superior.
Este EEES ten como obxectivo un sistema compatible no que non existan obstáculos á mobilidade de
estudantes, titulados, profesores e persoal de administración.
11
O Real Decreto 1393/2007 do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas
universitarias oficiais, concreta a seguinte estrutura de acordo coas liñas xerais que agroman do Espazo
Europeo de Educación Superior (EEES)
As ensinanzas universitarias oficiais están organizadas en tres ciclos:
Grao (240 ECTS), Máster (60-120 ECTS) e Doutoramento
 Cada ciclo conduce á obtención dun Título Oficial. En todos os casos a superación do primeiro dá
acceso ao segundo e a superación do segundo dá acceso ao terceiro.
 O Máster é de dous tipos: (1) Máster orientado a exercer unha profesión, e (2) Máster orientado á
investigación. Este título permite acceder ao segundo período de investigación do doutoramento.
PARA CHEGAR AQUÍ TERÍAMOS QUE SUPERAR O BACHARELATO, PERO ¿QUÉ PASA
SE NON QUEREMOS ESTUDAR BACHARELATO? PARA ISO TEDES A SEGUINTE
OPCIÓN…
12
B. 2. FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
Características:
1. Preparan e capacitan para o exercicio dunha profesión.
2. Preparan para o acceso ao emprego
3. Facilitan a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da túa vida.
4. Ofrece unha base sólida xeral e unha especialización acorde co mercado laboral e co
coñecemento práctico das novas tecnoloxías.
Os diferentes Ciclos formativos de Formación Profesional Específica agrúpanse nas denominadas Familias
Profesionais (26).
Estrutura
O currículo de cada Ciclo Formativo organízase en Módulos Profesionais de formación teórica e práctica.
A duración dos Ciclos Formativos varía entre os de 1300 ou 1400 horas (un curso académico) e os de 1700
ou 2000 horas (dous cursos académicos). Neste número de horas inclúese as horas lectivas dentro do propio
centro e as horas de prácticas que se realizan en diferentes empresas.
A titulación que se obtén neste Ciclos Formativos de Grao Medio é de Técnico (auxiliar). As saídas con este
título serven para:
1. Acceder ao mundo laboral
2. Acceder a algunhas modalidades de Bachillerato.
3. Acceder a Ciclos Formativos de Grao Superior (mediante exame)
Familias profesionais de GRAO MEDIO EN GALICIA
1. Actividades Físicas e Deportivas
LOXSE CM Condución de actividades físico-deportivas no medio natural 1400 horas
2. Administración e Xestión
LOE CM Xestión Administrativa 2000 horas
3. Agraria
LOE
CM Xardinaría e floraría 2000 horas
LOE
CM Produción agropecuaria 2000 horas
LOE
CM Produción agroecolóxica 2000 horas
LOE CM Aproveitamento e conservación do medio natural 2000 horas
13
4. Artes e Artesanías
Ata o momento non se publicou no Diario Oficial de Galicia ningún currículo desta familia para a nosa comunidade.
5. Artes Gráficas
LOE
CM Impresión gráfica 2000 horas
LOE
CM Preimpresión dixital 2000 horas
6. Comercio e Marketing
LOE CM Actividades comerciais 2000 horas
7. Edificación e Obra Civil
LOE
CM Construción
2000 horas
LOE
CM Obras de interior, decoración e rehabilitación
2000 horas
8. Electricidade e Electrónica
LOE CM Instalacións eléctricas e automáticas 2000 horas
LOE CM Instalacións de telecomunicacións 2000 horas
9. Enerxía e auga
LOE CM Redes e estacións de tratamento de augas 2000 horas
10. Fabricación Mecánica
LOE
CM Mecanizado 2000 horas
LOE
CM Soldadura e caldeiraría 2000 horas
11. Hostalaría e Turismo
LOE
CM Cociña e gastronomía
2000 horas
LOE
CM Servizos en restauración
2000 horas
12. Imaxe e son
LOE CM Vídeo disc-jockey e son 2000 horas
13. Imaxe persoal
LOE
CM Peiteado e cosmética capilar 2000 horas
LOE
CM Estética e beleza 2000 horas
14. Industrias Alimentarias
LOE
CM Aceites de oliva e viños 2000 horas
14
LOE
CM Panadaría, repostaría e confeitaría 2000 horas
LOE CM Elaboración de produtos alimentarios 2000 horas
15. Industrias Extractivas
Ata o momento non se publicou no Diario Oficial de Galicia ningún currículo desta familia para a nosa comunidade
16. Informática e comunicacións
LOE
CM Sistemas microinformáticos e redes 2000 horas
17. Instalación e mantemento
LOE
CM Instalacións frigoríficas e de climatización 2000 horas
LOE
CM Instalacións de produción de calor
2000 horas
LOE
CM Mantemento electromecánico 2000 horas
18. Madeira, moble e cortiza
LOE
CM Carpintaría e moble 2000 horas
LOE
CM Instalación e amoblamento 2000 horas
19. Marítimo-pesqueira
LOE
CM Cultivos acuículas 2000 horas
LOE
CM Operacións subacuáticas e hiperbáricas 2000 horas
LOE
CM Navegación e pesca de litoral 2000 horas
LOE
CM Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións 2000 horas
20. Química
LOE
CM Operacións de laboratorio 2000 horas
21. Sanidade
LOE
CM Emerxencias sanitarias 2000 horas
LOE
CM Farmacia e parafarmacia 2000 horas
LOXSE
CM Coidados auxiliares de enfermería 1400 horas
22. Seguridade e medio ambiente
LOE
CM Emerxencias e protección civil 2000 horas
23. Servizos socioculturais e á comunidade
15
LOE CM Atención a persoas en situación de dependencia 2000 horas
24. Téxtil, confección e pel
LOE
CM Confección e moda 2000 horas
25. Transporte e mantemento de vehículos
LOE
CM Carrozaría
2000 horas
LOE
CM Electromecánica de vehículos automóbiles
2000 horas
26. Vidro e cerámica
Ata o momento soamente publicouse un grao básico deste familia profesional.
C. Se NON aprobas cuarto da ESO
ALTERNATIVAS
FORMATIVAS
Ciclo de FP
BÁSICA
(entre 15 e
17 anos)
PROBAS
LIBRES
ESA –
Educación
Secundaria
para ADULTOS
( 18 anos)
Graduado en
ESO
(18 anos)
Acceso a ciclos de
GRAO MEDIO
(17 anos)
Se non aprobas 4º
ESO podes…
REPETIR 4º
EXCEPCIONALMENTE
PODERÁS REPETIR 4º
POR SEGUNDA VEZ, SE
NON REPETICHES EN
CURSOS ANTERIORES
DESTA ETAPA
SE NON
REPETICHES
NUNCA 4º
E NON
CUMPRES
MÁIS DE 19
NO ANO QUE
REMATA O
CURSO
16
C. 1. FP BÁSICA
Requisitos de acceso á Formación Profesional Básica.
 Cumprir 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
 Ter cursado 3º de ESO ou, excepcionalmente, ter cursado segundo curso de ESO.
 E a proposta do equipo docente á nai, pai ou titores legais.
 Consentimento da nai, pai ou titores legais do alumno para cursar estas ensinanzas.
Plan de Estudios:
 Bloque de Comunicación e Sociedade I e II, incluirá:
 Lingua Castelá.
 Lingua Galega
 Lingua estranxeira.
 Ciencias Sociais.
 Bloque de Ciencias Aplicadas I e II, incluirá:
 Matemáticas Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional.
 Ciencias Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional.
 Módulos profesionais
 Refírese á formación necesaria (módulos específicos segundo a rama profesional) que che
permite obter unha cualificación de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificación Laboral
 Módulos de formación en centros de traballo.
Duración
A FP Básica terá 2 anos de duración e os alumnos poderán permanecer un máximo de catro anos.
Avaliación – Titulación
Os alumnos que superen un ciclo de Formación Profesional Básica recibirán o Título de Técnico Profesional
Básico.
Os alumnos que obteñan o Título de Formación Básica poderán obter o título de ESO, sempre que, na
avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzou os obxectivos da ESO e adquiriu
as competencias correspondentes.
Permitirá o acceso aos ciclos formativos de grao medio.
17
C. 2. ESA – Educación Secundaria para adultos
Encádrase dentro da EPA (Educación Permanente para Adultos). É un ensino voluntario e gratuíto, con dúas
posibles modalidades:
 Presencial
 Semipresencial
Dirixida a: persoas maiores de 18 anos, previa avaliación inicial que facilitará a orientación e adscrición do
alumno. Se cumpres 18 anos no curso no que ingresas, pódese entrar con 17 anos.
Estrutura: os contidos agrúpanse en ámbitos. Cada módulo consta dos seguintes ámbitos:
 Ámbito de comunicación
 Ámbito social
 Ámbito científico-tecnolóxico
A ESA estrutúrase en catro módulos 1º, 2º, 3º e 4º equivalentes a 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
C. 3. Probas libres
Tamén podes optar a presentarte ás probas libres. Tés unha proba para obter o título da ESO (18 anos) e
outro para acceder a un ciclo formativo de grao medio (17 anos)
No blog atoparedes enlaces ás dúas probas onde tedes máis información.
C. 4. Prepararte para traballar.
A partir dos 16 anos xa se pode acceder legalmente a un emprego pero a preparación que a esta idade se
posúe non permite, de xeito xeral, ocupar máis que postos de escasa cualificación e poucas posibilidades de
promoción.
Doutra banda, só aos 18 anos adquírense plenos dereitos laborais. Por isto é aconsellable adquirir un nivel
profesional mínimo.
Algunhas recomendacións:
1ª Inscríbete na oficina do SEPE (Servicio Público de Emprego Estatal, o antigo INEM) máis próxima ao
teu domicilio.
2ª Prepárate un bo Plan de Procura de Emprego:
- Debes estar atento aos avisos do SEPE, consultar a cotío a prensa e as revistas especializadas
que faciliten información sobre a oferta laboral.
- Convén aprender a elaborar documentos sinxelos (cartas de presentación en empresas,
currículum vitae...) e coñecer os procedementos de selección empregados polas empresas
(entrevistas, tests...).
- Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de colocación.
18
3ª Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou negocio só ou con outros nunha
cooperativa ou sociedade anónima laboral. Asesórate na Dirección Provincial de Traballo, Cámaras de
Comercio ou Sindicatos.
4ª Mentres tanto, mantente ocupado/a, se é posible, en actividades de formación para conseguir un
nivel profesional mínimo. Hai distintas posibilidades:
- Formación Ocupacional. Son cursos prácticos e de curta duración que imparte o SEPE e
outros organismos colaboradores. Pódenche ofrecer un título profesional que habilita para
o exercicio dunha actividade laboral. Os requisitos son ter 16 anos e estar inscrito/a no SEPE
coma desempregado/a.
- Cursos ocupacionais organizados polas Comunidades Autónomas ou Administracións Locais.
- Escolas -Taller e Casas de Oficios. Son programas de Emprego e Formación dirixidos a mozos
que buscan o primeiro emprego e están inscritos no SEPE. A través de cursos de formación
adquírense coñecementos teóricos e prácticos relacionados con: a Rehabilitación e
Restauración do Patrimonio Histórico Artístico, medio ambiente, artesanías, etc. Nestes
programas existen bolsas-salario.
Podes informarte no SEPE.

More Related Content

What's hot

Sesión de orientación académica en 2º curso de Ciclo Medio de Operaciones de...
Sesión  de orientación académica en 2º curso de Ciclo Medio de Operaciones de...Sesión  de orientación académica en 2º curso de Ciclo Medio de Operaciones de...
Sesión de orientación académica en 2º curso de Ciclo Medio de Operaciones de...Mónica Diz Besada
 
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESOCaderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESObegootero
 
Acceso á universidade
Acceso á universidadeAcceso á universidade
Acceso á universidadeLoudes Otero
 
BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.Martín
 
Orientación 4º eso
Orientación 4º esoOrientación 4º eso
Orientación 4º esoLoudes Otero
 
Orientación 2º eso
Orientación 2º esoOrientación 2º eso
Orientación 2º esoLoudes Otero
 
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Mónica Diz Besada
 
Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Loudes Otero
 
Cuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOCuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOMónica Diz Besada
 

What's hot (10)

Sesión de orientación académica en 2º curso de Ciclo Medio de Operaciones de...
Sesión  de orientación académica en 2º curso de Ciclo Medio de Operaciones de...Sesión  de orientación académica en 2º curso de Ciclo Medio de Operaciones de...
Sesión de orientación académica en 2º curso de Ciclo Medio de Operaciones de...
 
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESOCaderno de Orientación Académica 4º ESO
Caderno de Orientación Académica 4º ESO
 
Acceso á universidade
Acceso á universidadeAcceso á universidade
Acceso á universidade
 
Sesión orientación 4º ESO
Sesión orientación 4º ESOSesión orientación 4º ESO
Sesión orientación 4º ESO
 
BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.
 
Orientación 4º eso
Orientación 4º esoOrientación 4º eso
Orientación 4º eso
 
Orientación 2º eso
Orientación 2º esoOrientación 2º eso
Orientación 2º eso
 
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
 
Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014
 
Cuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOCuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESO
 

Similar to Guia orient prof_4eso_19_20

Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21modguez
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Silvina Paricio Tato
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Silvina Paricio Tato
 
Os programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalOs programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalSilvina Paricio Tato
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois finalangel1110
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois finalangel1110
 
Os programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicialOs programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicialSilvina Paricio Tato
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016pedrofloriani
 
Cuaderno de información académica para 2º ESO
Cuaderno de información académica para 2º ESOCuaderno de información académica para 2º ESO
Cuaderno de información académica para 2º ESOMónica Diz Besada
 
Cuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOCuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOMónica Diz Besada
 
BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.Martín
 

Similar to Guia orient prof_4eso_19_20 (20)

Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
 
Guia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IESGuia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IES
 
Os programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalOs programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inical
 
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdfCaderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
 
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdfCaderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
 
Orientacion 3 eso
Orientacion 3 esoOrientacion 3 eso
Orientacion 3 eso
 
Orientacion 3 eso
Orientacion 3 esoOrientacion 3 eso
Orientacion 3 eso
 
E despois da eso qué
E despois da eso quéE despois da eso qué
E despois da eso qué
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois final
 
Pcppi
PcppiPcppi
Pcppi
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois final
 
Os programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicialOs programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicial
 
Orientacion 1 bac
Orientacion 1 bacOrientacion 1 bac
Orientacion 1 bac
 
Orientacion 1 bac
Orientacion 1 bacOrientacion 1 bac
Orientacion 1 bac
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016ORIENTACIÓN ACADÉMICA  4º ESO - 2016
ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO - 2016
 
Cuaderno de información académica para 2º ESO
Cuaderno de información académica para 2º ESOCuaderno de información académica para 2º ESO
Cuaderno de información académica para 2º ESO
 
Cuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOCuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESO
 
BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.BACH y Ciclos.
BACH y Ciclos.
 

Guia orient prof_4eso_19_20

  • 1. 1 GUÍA ORIENTACIÓN ACADÉMICA 4º ESO COLEXIO APÓSTOL SANTIAGO AO REMATAR OS ESTUDOS DE 4º DA ESO, ¿QUÉ OPCIÓNS TEÑO…? DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
  • 2. 2 A.Onde estamos, que fixemos e que nos queda. Ciclos Formativos Grao Superior Bacharelato (dous cursos) Mercadodetraballo Grao Máster doutoramento Avaliación Final de Bach. Ensino Universitario EEES-Boloña Secundaria NonObrigatoria Ciclos Formativos Grao Medio Paso directo Paso mediante exame 1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO Infantil 3 anos Secundaria Obrigatoria InfantilePrimaria Infantil 5 anos Infantil 4 anos 1º Ciclo Primaria (1º -2º - 3º) 2º Ciclo Primaria (4º - 5º - 6º)
  • 3. 3 B. Si aprobas cuarto da ESO Despois de aprobar cuarto curso e xa co título de Graduado en ESO e dependendo da modalidade (Ensinanzas Aplicadas ou Ensinanzas Académicas), preséntanseche dúas posibilidades de seguir estudando: Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio. B. 1. BACHARELATO Características 1. Ofréceche unha preparación especializada de cara á túa incorporación a estudios superiores ou á vida activa. 2. Proporciónache una madurez intelectual e humana. 3. Proporciónache coñecementos e competencias que che permiten cumprir as túas funcións sociais con responsabilidade e competencia. 4. Capacítate para acceder á Formación Profesional de Grao Superior 5. Capacítate para acceder a Estudos Universitarios. O Bacharelato constitúe unha opción de estudos de Educación Secundaria post-obrigatoria. Dado que a aprendizaxe nos estudos de Bacharelato require un afondamento maior nos contidos e nos procedementos, este organízase en modalidades que che permiten unha preparación máis especializada para as diversas saídas posteriores. Duración O Bacharelato ten unha duración de dous cursos académicos (e un máximo de catro anos para superalos). Modalidades Existen tres modalidades de Bacharelato: Ciencias – Humanidades e Ciencias Sociais – Artes No noso Colexio impártense as Modalidades de... Ciencias – Humanidades e Ciencias Sociais. Estas modalidades están organizadas en Bloques, tal e como aparece nos seguintes recadros, procurando unha formación máis especializada para estudos superiores.
  • 4. 4
  • 5. 5 UNHA LISTAXE DE POSIBLES PERFÍS PARA CADA UNHA DAS MODALIDADES DE BACHARELATO CIENCIAS - Bloque Tecnolóxico  Aptitudes mecánicas.  Capacidade de percepción e atención.  Capacidade de creación e innovación.  Aptitudes espaciais.  Capacidade de análise.  Sentido práctico.  Aptitude numérica.  Rigorosidade e atención ao detalle.  Razoamento lóxico.  Sentido da organización e do método. - Bloque de Ciencias e Ciencias da Saúde  Capacidade de percepción e atención.  Capacidade de análise e síntese.  Rigorosidade e atención ao detalle.  Memoria visual e auditiva.  Razoamento lóxico.  Aptitudes numéricas e espaciais.  Facilidade de abstracción.  Inclinación cara á investigación.  Gusto polos acontecementos científicos.  Interese polas novas tecnoloxías e o desenvolvemento humano. HUMANIDADES e CIENCIAS SOCIAIS - Bloque de Ciencias Sociais e Xurídicas  Sensibilidade social.  Aptitude para as relacións e contactos interpersoais.  Capacidade para falar en público.  Razoamento e comprensión verbal.  Memoria auditiva e visual.  Capacidade de análise.  Capacidade de negociación.  Flexibilidade e sentido crítico - Bloque de Humanidades  Sensibilidade humanística.  Espírito crítico.  Fluidez verbal.  Uso de diferentes rexistros lingüísticos.  Memoria visual e auditiva.  Capacidade de análise e síntese.  Capacidade de atención e percepción.  Destreza manual.  Creatividade
  • 6. 6
  • 7. 7 Se cursaches en 4º ESO o Itinerario A e segues esa mesma liña en Bach. sairás preparado para estudar nun futuro os seguintes Graos Universitarios. Se cursaches en 4º ESO o Itinerario B e segues esa mesma liña en Bach. sairás preparado para estudar nun futuro os seguintes Graos Universitarios.
  • 8. 8 Se cursaches en 4º ESO o Itinerario C e segues esa mesma liña en Bach. sairás preparado para estudar nun futuro os seguintes Graos Universitarios.
  • 9. 9
  • 10. 10 AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO Ao finalizares os dous cursos de Bacharelato, deberás facer unha proba semellante á Selectividade, que avaliará os coñecementos e competencias adquiridas ao longo desta etapa. Para presentarte a esta proba deberás aprobar todas as materias de 1º e 2º de Bach. Este exame da Avaliación Final de Bacharelato(1) versará sobre os contidos das materias cursadas en 2º Bach. Estas materias son as seguintes segundo o publicado no Real Decreto_Lei 5/2016 do 9 de dembro (BOE, 10 de decembro de 2016) o Todas as Troncais Xerais cursadas, incluíndo a Lingua Galega e Literatura. o Dúas do bloque de materias Troncais de Opción, que farán só os alumnos que pretendan mellorar a nota para entrar naquelas titulacións que teñan nota de corte. (1) A estrutura desta proba está pendente de desenvolvemento lexislativo pola Consellería de Educación, posteriormente deberá ser publicada no DOG, regulando todos os seus aspectos. Se revisas os cadros anteriores de materias que o Colexio Apóstol oferta en 2º de Bach. poderás facerte unha idea das materias das que te vas examinar dependendo da modalidade e bloque que escollas. Poderás repetir esta Avaliación Final de Bacharelato nos seguintes casos: o Se a suspendiches e precisas aprobala para os teus estudos posteriores. o Para subir nota. Neste caso se ao volverte presentar obtés unha nota inferior, contabilizará a nota máis alta das obtidas nas diferentes convocatorias. MOI IMPORTANTE: Esta proba, composta pola media aritmética de todas as Materias Troncais Xerais, terá un valor dun 40%. A esta proba se lle sumará a media aritmética de todas as materias cursadas en Bacharelato (1º+2º) que suporá un 60%. Aqueles alumnos que precisen mellorar a media destas dúas notas, poderán facer os exames correspondentes as Materias Troncais de Opción. A cualificación dos exames de cada unha destas materias será multiplicado por un coeficiente ou ponderación (que deberá publicar a Consellería de Educación) e sumarase ao resultado da porcentaxe anterior. Despois do bacharelato atoparíamos con Bolonia pero… que é Bolonia? É establecer un Espazo Europeo de Educación Superior. Este EEES ten como obxectivo un sistema compatible no que non existan obstáculos á mobilidade de estudantes, titulados, profesores e persoal de administración.
  • 11. 11 O Real Decreto 1393/2007 do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, concreta a seguinte estrutura de acordo coas liñas xerais que agroman do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) As ensinanzas universitarias oficiais están organizadas en tres ciclos: Grao (240 ECTS), Máster (60-120 ECTS) e Doutoramento  Cada ciclo conduce á obtención dun Título Oficial. En todos os casos a superación do primeiro dá acceso ao segundo e a superación do segundo dá acceso ao terceiro.  O Máster é de dous tipos: (1) Máster orientado a exercer unha profesión, e (2) Máster orientado á investigación. Este título permite acceder ao segundo período de investigación do doutoramento. PARA CHEGAR AQUÍ TERÍAMOS QUE SUPERAR O BACHARELATO, PERO ¿QUÉ PASA SE NON QUEREMOS ESTUDAR BACHARELATO? PARA ISO TEDES A SEGUINTE OPCIÓN…
  • 12. 12 B. 2. FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO Características: 1. Preparan e capacitan para o exercicio dunha profesión. 2. Preparan para o acceso ao emprego 3. Facilitan a adaptación ás modificacións laborais que se poidan producir ao longo da túa vida. 4. Ofrece unha base sólida xeral e unha especialización acorde co mercado laboral e co coñecemento práctico das novas tecnoloxías. Os diferentes Ciclos formativos de Formación Profesional Específica agrúpanse nas denominadas Familias Profesionais (26). Estrutura O currículo de cada Ciclo Formativo organízase en Módulos Profesionais de formación teórica e práctica. A duración dos Ciclos Formativos varía entre os de 1300 ou 1400 horas (un curso académico) e os de 1700 ou 2000 horas (dous cursos académicos). Neste número de horas inclúese as horas lectivas dentro do propio centro e as horas de prácticas que se realizan en diferentes empresas. A titulación que se obtén neste Ciclos Formativos de Grao Medio é de Técnico (auxiliar). As saídas con este título serven para: 1. Acceder ao mundo laboral 2. Acceder a algunhas modalidades de Bachillerato. 3. Acceder a Ciclos Formativos de Grao Superior (mediante exame) Familias profesionais de GRAO MEDIO EN GALICIA 1. Actividades Físicas e Deportivas LOXSE CM Condución de actividades físico-deportivas no medio natural 1400 horas 2. Administración e Xestión LOE CM Xestión Administrativa 2000 horas 3. Agraria LOE CM Xardinaría e floraría 2000 horas LOE CM Produción agropecuaria 2000 horas LOE CM Produción agroecolóxica 2000 horas LOE CM Aproveitamento e conservación do medio natural 2000 horas
  • 13. 13 4. Artes e Artesanías Ata o momento non se publicou no Diario Oficial de Galicia ningún currículo desta familia para a nosa comunidade. 5. Artes Gráficas LOE CM Impresión gráfica 2000 horas LOE CM Preimpresión dixital 2000 horas 6. Comercio e Marketing LOE CM Actividades comerciais 2000 horas 7. Edificación e Obra Civil LOE CM Construción 2000 horas LOE CM Obras de interior, decoración e rehabilitación 2000 horas 8. Electricidade e Electrónica LOE CM Instalacións eléctricas e automáticas 2000 horas LOE CM Instalacións de telecomunicacións 2000 horas 9. Enerxía e auga LOE CM Redes e estacións de tratamento de augas 2000 horas 10. Fabricación Mecánica LOE CM Mecanizado 2000 horas LOE CM Soldadura e caldeiraría 2000 horas 11. Hostalaría e Turismo LOE CM Cociña e gastronomía 2000 horas LOE CM Servizos en restauración 2000 horas 12. Imaxe e son LOE CM Vídeo disc-jockey e son 2000 horas 13. Imaxe persoal LOE CM Peiteado e cosmética capilar 2000 horas LOE CM Estética e beleza 2000 horas 14. Industrias Alimentarias LOE CM Aceites de oliva e viños 2000 horas
  • 14. 14 LOE CM Panadaría, repostaría e confeitaría 2000 horas LOE CM Elaboración de produtos alimentarios 2000 horas 15. Industrias Extractivas Ata o momento non se publicou no Diario Oficial de Galicia ningún currículo desta familia para a nosa comunidade 16. Informática e comunicacións LOE CM Sistemas microinformáticos e redes 2000 horas 17. Instalación e mantemento LOE CM Instalacións frigoríficas e de climatización 2000 horas LOE CM Instalacións de produción de calor 2000 horas LOE CM Mantemento electromecánico 2000 horas 18. Madeira, moble e cortiza LOE CM Carpintaría e moble 2000 horas LOE CM Instalación e amoblamento 2000 horas 19. Marítimo-pesqueira LOE CM Cultivos acuículas 2000 horas LOE CM Operacións subacuáticas e hiperbáricas 2000 horas LOE CM Navegación e pesca de litoral 2000 horas LOE CM Mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións 2000 horas 20. Química LOE CM Operacións de laboratorio 2000 horas 21. Sanidade LOE CM Emerxencias sanitarias 2000 horas LOE CM Farmacia e parafarmacia 2000 horas LOXSE CM Coidados auxiliares de enfermería 1400 horas 22. Seguridade e medio ambiente LOE CM Emerxencias e protección civil 2000 horas 23. Servizos socioculturais e á comunidade
  • 15. 15 LOE CM Atención a persoas en situación de dependencia 2000 horas 24. Téxtil, confección e pel LOE CM Confección e moda 2000 horas 25. Transporte e mantemento de vehículos LOE CM Carrozaría 2000 horas LOE CM Electromecánica de vehículos automóbiles 2000 horas 26. Vidro e cerámica Ata o momento soamente publicouse un grao básico deste familia profesional. C. Se NON aprobas cuarto da ESO ALTERNATIVAS FORMATIVAS Ciclo de FP BÁSICA (entre 15 e 17 anos) PROBAS LIBRES ESA – Educación Secundaria para ADULTOS ( 18 anos) Graduado en ESO (18 anos) Acceso a ciclos de GRAO MEDIO (17 anos) Se non aprobas 4º ESO podes… REPETIR 4º EXCEPCIONALMENTE PODERÁS REPETIR 4º POR SEGUNDA VEZ, SE NON REPETICHES EN CURSOS ANTERIORES DESTA ETAPA SE NON REPETICHES NUNCA 4º E NON CUMPRES MÁIS DE 19 NO ANO QUE REMATA O CURSO
  • 16. 16 C. 1. FP BÁSICA Requisitos de acceso á Formación Profesional Básica.  Cumprir 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.  Ter cursado 3º de ESO ou, excepcionalmente, ter cursado segundo curso de ESO.  E a proposta do equipo docente á nai, pai ou titores legais.  Consentimento da nai, pai ou titores legais do alumno para cursar estas ensinanzas. Plan de Estudios:  Bloque de Comunicación e Sociedade I e II, incluirá:  Lingua Castelá.  Lingua Galega  Lingua estranxeira.  Ciencias Sociais.  Bloque de Ciencias Aplicadas I e II, incluirá:  Matemáticas Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional.  Ciencias Aplicadas ao Contexto Persoal e de Aprendizaxe nun Campo Profesional.  Módulos profesionais  Refírese á formación necesaria (módulos específicos segundo a rama profesional) que che permite obter unha cualificación de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificación Laboral  Módulos de formación en centros de traballo. Duración A FP Básica terá 2 anos de duración e os alumnos poderán permanecer un máximo de catro anos. Avaliación – Titulación Os alumnos que superen un ciclo de Formación Profesional Básica recibirán o Título de Técnico Profesional Básico. Os alumnos que obteñan o Título de Formación Básica poderán obter o título de ESO, sempre que, na avaliación final do ciclo formativo, o equipo docente considere que alcanzou os obxectivos da ESO e adquiriu as competencias correspondentes. Permitirá o acceso aos ciclos formativos de grao medio.
  • 17. 17 C. 2. ESA – Educación Secundaria para adultos Encádrase dentro da EPA (Educación Permanente para Adultos). É un ensino voluntario e gratuíto, con dúas posibles modalidades:  Presencial  Semipresencial Dirixida a: persoas maiores de 18 anos, previa avaliación inicial que facilitará a orientación e adscrición do alumno. Se cumpres 18 anos no curso no que ingresas, pódese entrar con 17 anos. Estrutura: os contidos agrúpanse en ámbitos. Cada módulo consta dos seguintes ámbitos:  Ámbito de comunicación  Ámbito social  Ámbito científico-tecnolóxico A ESA estrutúrase en catro módulos 1º, 2º, 3º e 4º equivalentes a 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. C. 3. Probas libres Tamén podes optar a presentarte ás probas libres. Tés unha proba para obter o título da ESO (18 anos) e outro para acceder a un ciclo formativo de grao medio (17 anos) No blog atoparedes enlaces ás dúas probas onde tedes máis información. C. 4. Prepararte para traballar. A partir dos 16 anos xa se pode acceder legalmente a un emprego pero a preparación que a esta idade se posúe non permite, de xeito xeral, ocupar máis que postos de escasa cualificación e poucas posibilidades de promoción. Doutra banda, só aos 18 anos adquírense plenos dereitos laborais. Por isto é aconsellable adquirir un nivel profesional mínimo. Algunhas recomendacións: 1ª Inscríbete na oficina do SEPE (Servicio Público de Emprego Estatal, o antigo INEM) máis próxima ao teu domicilio. 2ª Prepárate un bo Plan de Procura de Emprego: - Debes estar atento aos avisos do SEPE, consultar a cotío a prensa e as revistas especializadas que faciliten información sobre a oferta laboral. - Convén aprender a elaborar documentos sinxelos (cartas de presentación en empresas, currículum vitae...) e coñecer os procedementos de selección empregados polas empresas (entrevistas, tests...). - Tamén podes solicitar emprego nas axencias privadas de colocación.
  • 18. 18 3ª Infórmate das posibilidades de montar a túa propia empresa ou negocio só ou con outros nunha cooperativa ou sociedade anónima laboral. Asesórate na Dirección Provincial de Traballo, Cámaras de Comercio ou Sindicatos. 4ª Mentres tanto, mantente ocupado/a, se é posible, en actividades de formación para conseguir un nivel profesional mínimo. Hai distintas posibilidades: - Formación Ocupacional. Son cursos prácticos e de curta duración que imparte o SEPE e outros organismos colaboradores. Pódenche ofrecer un título profesional que habilita para o exercicio dunha actividade laboral. Os requisitos son ter 16 anos e estar inscrito/a no SEPE coma desempregado/a. - Cursos ocupacionais organizados polas Comunidades Autónomas ou Administracións Locais. - Escolas -Taller e Casas de Oficios. Son programas de Emprego e Formación dirixidos a mozos que buscan o primeiro emprego e están inscritos no SEPE. A través de cursos de formación adquírense coñecementos teóricos e prácticos relacionados con: a Rehabilitación e Restauración do Patrimonio Histórico Artístico, medio ambiente, artesanías, etc. Nestes programas existen bolsas-salario. Podes informarte no SEPE.