09 10 Guia De Orientacion Academica Profesional

2,321 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
2,321
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
4
Actions
Shares
0
Downloads
51
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

09 10 Guia De Orientacion Academica Profesional

  1. 1. i INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CURSO 2009-10.
  2. 2. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Esta guía pretende achegar ao noso alumnado información sobre as diferentes opcións académicas e profesionais que se lles ofrece unha vez rematado o seu paso polo ensino de carácter obrigatorio. A orientación académica e profesional debe ser entendida como un proceso educativo de axuda e asesoramento para a toma de decisións vocacionais, dirixido ao alumnado e as familias. Dentro deste proceso, debemos ter en conta diferentes aspectos que contribúen a fomentar a madurez vocacional: Coñecemento dun mesmo ou autoconcepto: supón reflexionar sobre como un é: as súas capacidades, intereses... Coñecemento do contorno: reflexionar sobre as oportunidades académicas e profesionais. Toma de decisións: procedemento para abordar un proxecto persoal de vida. Hai que ter en conta que no presente curso asistimos a unha serie de cambios nas diferentes etapas, aínda sen consolidar: ciclos formativos LOE, estudos de grao… Polo que pode ser previsible algún cambio posterior a edición deste manual. 2
  3. 3. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN O SISTEMA EDUCATIVO SEGUNDO A LOE 3
  4. 4. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 4
  5. 5. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN OPCIÓNS ACADÉMICAS/PROFESIONAIS AO REMATAR A E.S.O. CO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA Bacharelato. Formación Profesional Específica (Grao Medio). Ensinanzas de Réxime Especial: Artes Plásticas e Deseño (proba específica). Oposicións: - Garda Civil. Escala Básica (18 anos e probas selectivas). - Policía nacional (18 anos e probas específicas). - Forzas Armadas Profesionais. - Oposicións ao Grupo C2 - Acceso ao Mundo laboral: Inscribirse no INEM, Empresas de Traballo Temporal... SEN TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA Programas de Cualificación Profesional Inicial (15* – 19 anos). * de xeito excepcional Educación Secundaria para persoas adultas. Obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria mediante proba libre. Acceso a Ciclos Formativos de FP mediante proba: - Ciclos de Grao Medio (proba con 17 anos). - Ciclos de Grao Superior (proba con 19 anos). Acceso ao mundo laboral: Inscribirse no INEM, Empresas de Traballo Temporal. Formación ocupacional: - Cursos gratuítos autorizados pola Xunta de Galicia e impartidos en centros públicos, privados ou concellos. É necesario estar inscrito no INEM. - Escolas Taller e Casa de Oficio. 5
  6. 6. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN O BACHARELATO ¿QUE É? É unha etapa educativa da educación secundaria, non obrigatoria, de dous cursos de duración. ¿CÓMO SE ORGANIZA? Está organizado en tres modalidades segundo a LOE : Artes MODALIDADES Ciencias e Tecnoloxía Humanidades e Ciencias Sociais Durante o primeiro trimestre do primeiro curso o director/a poderá autorizar o cambio de modalidade por razóns xustificadas, sempre que haxa dispoñibilidade na modalidade elixida. CAMBIO DE MODALIDADE NO 2º CURSO O alumnado, unha vez cursado o 1º curso de bacharelato e antes do comezo das actividades lectivas do 2º, poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade en función das súas expectativas futuras ou aptitudes persoais. O alumnado, unha vez autorizado para o cambio de modalidade, terá que matricularse de polo menos dúas materias da nova modalidade correspondentes ao 1º curso e de todas as de 2º curso, tendo en conta que das seis materias que o alumnado terá que cursar no bacharelato, polo menos cinco, serán das que corresponden á modalidade elixida. Computarase como optativa de 2º curso unha das materias de modalidade cursada e superada en primeiro. PROMOCIÓN Ao finalizar o 1º curso, e como consecuencia do proceso de avaliación, o profesorado de cada alumna e de cada alumno adoptará as decisións sobre a súa promoción ao 2º curso tendo en conta que: As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción ao 2º curso cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. O alumnado que conseguise a promoción ao 2º curso con materias avaliadas negativamente deberá cursalas ao longo do curso. Os centros organizarán as actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes, tendo en conta que a avaliación destas materias terá que ser anterior á das materias de 2º curso. 6
  7. 7. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PERMANENCIA DUN ANO MÁIS NUN MESMO CURSO 1°.- O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato, no réxime ordinario, con carácter xeral, un máximo de catro anos, consecutivos ou non. 2°.- O alumnado que suspenda en 1o de bacharelato máis de dúas materias, cursará de novo o curso completo e será cualificado en todas as materias. 3°.- Sen prexuízo do anterior, o equipo docente, atendendo ás circunstancias persoais e académicas do alumno ou alumna, poderá decidir que o alumnado con tres ou catro materias con avaliación negativa no primeiro curso de bacharelato manteña a cualificación obtida naquelas materias que xa foron cursadas e superadas. 4°.- O previsto no artigo 2º da Orde do 28 de xullo pola que se establecen medidas para facer efectiva a aplicación da sentenza do 2 de febreiro de 2009 da Sala Terceira do Tribunal Supremo sobre a avaliación e promoción en primeiro de bacharelato (DOG do 3 de agosto), non resultará de aplicación cando a nova cualificación obtida na materia cursada sexa superior á outorgada no curso académico anterior. ¿QUÉ TITULACIÓNS E SAÍDAS PROPORCIONA? Ao rematar o Bacharelato obtense o título de Bacharel que permite acceso a: Ciclo Formativo de Grao Superior. Estudos Universitarios. Estudos superiores de ensinanzas artísticas, superando unha proba de acceso. Oposicións do Grupo C1. Título de Bacharel en Música: para aquel alumnado que tendo o título da ESO supere as materias comúns do Bacharelato, e o terceiro ciclo do grao medio das ensinanzas musicais. Título de Bacharel en Danza: para aquel alumnado que tendo o título da ESO supere as materias comúns do Bacharelato e o terceiro ciclo do grao medio das ensinanzas en danza. BACHARELATO RÉXIME DE ADULTOS Como norma xeral, poden matricularse todas as persoas que cumpran 18 anos no ano en que se formaliza a matrícula e posúan o título de graduado en educación secundaria ou equivalente. Tamén, poderán matricularse nesas ensinanzas as persoas que cumpran algunha destas condicións: - Que teñan máis de 16 anos e teñan un contrato laboral que lles impida asistir ás clases do réxime ordinario de ensinanzas. - Que teñan máis de 16 anos e sexan deportistas de alto rendemento. A oferta educativa é en horario tarde-noite que permite obter o título de bacharelato cursando as correspondentes materias distribuídas en tres bloques, ao longo de tres cursos escolares. Estas ensinanzas poden cursarse por bloque completo de materias ou por materias illadas. O tempo máximo de permanencia nelas é de 6 anos académicos. De esgotar estes anos sen acadar a titulación, poderase cursar as materias pendentes a través do réxime a distancia ata completar a súa formación. RÉXIME A DISTANCIA: Pódese cursar por dous camiños diferentes: Bacharelato semipresencial: o alumnado ten que asistir obrigatoriamente ás titorías presenciais das diferentes materias. Bacharelato a distancia: con titorías telemáticas (aula virtual). 7
  8. 8. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PLANOS DE ESTUDOS DO BACHARELATO LOE PLAN DE ESTUDOS DO 1º CURSO DE BACHARELATO LOE ARTES CIENCIAS E HUMANIDADES E TECNOLOXÍA CIENCIAS SOCIAIS Artes plásticas, Artes escénicas, deseño e imaxe música e danza Ciencias para o Mundo Contemporáneo Educación física Materias Filosofía e cidadanía Lingua castelá e literatura I comúns Lingua galega e literatura I Lingua estranxeira I Relixión 1º curso Cult. Audiov Hª do mundo contemp. (obrg) Matemáticas I (obrigatoria) (obrig) Cult. Audiov (obrg) Anál. Musical I Materias de Bioloxía e xeoloxía Economía Deb. Artístico I Anatom. Aplic. modalidade Debuxo técnico I Grego I Deb. Técnico I Linguaxe e (3 materias) Física e Química Latín I Volume práctica mus Tecnoloxía industrial I Matem. Aplicad. ás CCSS I Antropoloxía Materias Segunda lingua estranxeira optativas Literaturas hispánicas (escoller Música unha) Tecnoloxías de información e comunicación NOTA: Nas materias propias de modalidade existe unha, marcada ao principio, que é obrigatoria cursala. As materias optativas sinaladas en cursiva son de oferta obrigatoria en todos os centros. As materias con numeración (I) son de aprendizaxes progresivas e requirirán a superación das do primeiro curso para seres avaliadas as do segundo curso. PLAN DE ESTUDOS DO 2º CURSO DE BACHARELATO LOE ARTES HUMANIDADES E CIENCIAS E TECNOLOXÍA CIENCIAS SOCIAIS Artes plásticas, Artes escénicas, deseño e imaxe música e danza Historia de España Historia da filosofía Materias Lingua castelá e literatura II Lingua galega e literatura II comúns Lingua estranxeira II Relixión 1º curso Matemáticas II (obrigatoria) Xeografía (obrigatoria) Hª da música e Bioloxía Economía da empresa Téc. Expresión danza (obrg) Ciencias da terra e ambient. Grego II gráf-plást. (obr) Artes escénic. Materias de Debuxo técnico II Latín II Historia da arte Lit. universal modalidade Electrotecnia Matem. Aplicad. ás CCSS Deseño Anál. Musical II (3 materias) Física II Deb. artístico II Química Literatura universal Deb. técnico II Tecnoloxía industrial II Historia da arte Materias Ética e filosofía do dereito Filosofía da ciencia e tecnoloxía optativas Métodos estatísticos e numéricos Segunda lingua estranxeira (escoller Xeografía e historia de Galicia Literatura galega do S.XX e da actualidade unha) Xeoloxía NOTA: Nas materias propias de modalidade existe unha, marcada ao principio, que é obrigatoria cursala. As materias optativas sinaladas en cursiva son de oferta obrigatoria en todos os centros As materias con numeración (II) son de aprendizaxes progresivas e requirirán a superación das do primeiro curso para seres avaliadas. 8
  9. 9. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA ¿QUÉ É? É unha etapa da educación secundaria non obrigatoria, que ten como finalidade a preparación do alumnado para a actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento das diferentes profesións. ¿CÓMO SE ORGANIZA? Organízase en 26 familias profesionais que comprenden un conxunto de Ciclos Formativos de Grao Medio (CM) e Grao Superior (CS) de formación teórico-práctica. A duración destes ciclos é de 2000 horas de formación segundo a LOE (equivalen a 2 cursos), que se reparten entre o centro educativo e o centro de traballo. No presente curso podedes atopar ciclos cunha duración diferente xa que se está a extinguir o antigo plan de estudos. ¿QUÉ MATERIAS HAI QUE CURSAR? As materias da Formación Profesional denomínanse módulos profesionais e teñen unha duración variable. Pódense agrupar en: Módulos nos que se traballan competencias relacionadas co ciclo a cursar. Módulos de formación e Orientación Laboral que facilita a inserción no mundo laboral con contidos relacionados coa lexislación laboral, as técnicas de busca de emprego ou a prevención de riscos laborais. Módulo de formación en centros de traballo (FCT) que se realiza unha vez cursados e aprobados os módulos anteriores. Permite o contacto directo co mundo das empresas e o mercado laboral. Cada módulo profesional poderá ser obxecto de avaliación nun máximo de catro convocatorias, con independencia do centro e do réxime, ou da modalidade en que se curse. ¿QUÉ TITULACIÓNS E SAÍDAS PROPORCIONA?  Os ciclos formativos de Grao Medio: Título de Técnico. Da acceso a: o Bacharelato. o Outro ciclo de grao medio. o Mundo Laboral. o Ciclo formativo de Grao Superior dunha familia profesional afín realizando unha proba de acceso.  Os ciclos formativos de Grao Superior: Título de Técnico Superior. Da acceso a: o Outro ciclo de grao de superior. o Estudos universitarios. o Mundo laboral. RÉXIME DE ADULTOS Aquelas persoas con 18 anos (ou maiores de 16 que acrediten a súa condición de traballadores) e cumpran os requisitos académicos de acceso poden optar polo réxime de adultos. Neste réxime os ciclos pódense cursar completos ou por módulos. A LOE establece que na implantación dos novos currículos de formación profesional poderase acceder a este réxime sen reunir os requisitos académicos, aínda que para o obtención do título correspondente precisarase cumprilos. 9
  10. 10. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO Actividades Físicas e Deportivas: CM Condución de actividades físico-deportivas no medio natural. Administración e xestión: *CM Xestión administrativa.(substitúe ao título co mesmo nome.Curso 2010-2011) Agraria: CM Traballos forestais e conservación do medio natural. CM Xardinaría. *CM Produción agropecuaria (substitúe ao título de agrarias extensivas. Curso 2010-2011) CM Explotacións agrícolas intensivas. *CM Produción agroecolóxica (implantarase no curso 2010-2011) Artes e artesanías: -------- Artes Gráficas: CM Impresión en artes gráficas. CM Preimpresión en artes gráficas. Comercio e Marketing: CM Comercio. Edificación e Obra Civil: CM Acabados de construción. M2 Cubrición de edificios: lousas Electricidade e Electrónica: CM Equipos electrónicos de consumo. *CM Instalacións eléctricas e automáticas. *CM Instalacións de telecomunicacións(implantarase no curso 2010-2011) Enerxía e auga: -------- 10
  11. 11. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Fabricación Mecánica: *CM Mecanizado. *CM Soldadura e caldeiraría. Hostalería e Turismo: *CM Cociña e gastronomía. *CM Servizos en restauración. Imaxe e Son: CM Laboratorio de imaxe. Imaxe Persoal: CM Estética persoal decorativa. CM Perrucaría. Industrias Alimentarias: *CM Panadaría, repostaría e confeitaría. *CM Aceites de oliva e viños. Industrias extractivas: -------- Informática e comunicacións: *CM Sistemas microinformáticos e redes. Instalación e mantemento: CM Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor. CM Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas. Madeira, moble e cortiza: CM Fabricación á medida e instalación de carpintaría e moble. Marítimo pesqueiras: CM Mergullo a media profundidade. CM Operacións de cultivo acuícola. CM Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buque. CM Pesca e transporte marítimo. 11
  12. 12. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Química: CM Laboratorio Sanidade: CM Coidados auxiliares de enfermería. *CM Emerxencias sanitarias. *CM Farmacia e parafarmacia. Seguridade e medioambiente: --------- Servizos socioculturais e á comunidade: CM Atención sociosanitaria. Téxtil, confección e pel: *CM Confección e moda. Transporte e mantemento de vehículos: CM Electromecánica de vehículos. *CM Carrozaría. Vidro e cerámica: ------- *Os ciclos sinalados son títulos LOE tendo todos unha duración de 2000 horas, ver máis características na páxina 28 deste manual. Solicitude de admisión Débese marcar só unha forma de acceso. Quen cumpra simultaneamente os requisitos de acceso directo ao ciclo formativo de grao medio e os de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De o facer, excluirase do proceso de admisión. Presentar unha única solicitude no centro elixido como primeira opción. Prazo ordinario: Do 17 de xuño ao 2 de xullo. Neste prazo unicamente presentará solicitudes de admisión a grao medio o alumnado que cumpra os requisitos de acceso ao ciclo (acceso directo por ter a titulación requirida ou mediante proba). En grao medio, o baremo para a adxudicación de prazas é o expediente académico exclusivamente, con independencia da titulación alegada para o acceso. 12
  13. 13. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Prazo extraordinario: do 1 ao 14 de setembro. Presentar o alumnado que reúna as condicións en setembro. Adxudicación de praza: Unha vez se lle adxudica unha praza a persoa solicitante ten dúas posibilidades: Matricularse: no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Renunciar á praza: no centro adxudicado e nos prazos establecidos. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores a esa. Seguirase no proceso de adxudicación para as preferencias anteriores. De non matricularse nin renunciar á praza adxudicada no prazo establecido, quedarase excluído do proceso de admisión. Máis información: www.edu.xunta.es/fp ENSINANZAS ARTÍSTICAS Poden ser de carácter regrado ou non regrado. As primeiras conducen a unha titulación oficial, común para todo o estado, e pódense cursar exclusivamente en conservatorios e centros autorizados de música (estes de titularidade privada). Divídense en tres graos: - Elemental: Consta de catro cursos. O título é Certificado de estudos elementais. A idade mínima para iniciar estudos é de 8 anos e a máxima de 14 anos. - Profesional: Abrangue seis cursos. O título é de Grao Profesional na especialidade cursada.Non hai límite de idade no acceso. - Superior: Consta dun só ciclo de catro anos para cada especialidade. O título é Superior equivalente a unha licenciatura universitaria. O acceso de admisión é mediante proba e no superior ademais deberase dispor do título de bacharelato ou ter os estudos correspondentes ao 3º ciclo de grao medio. Será posible acceder sen estes requisitos se o aspirante demostra, nunha proba, posuír os coñecementos precisos. OFERTA EDUCATIVA DOS CONSERVATORIOS PROFESIONAIS DE MÚSICA CENTRO ESPECIALIDADES  Canto  Percusión  Viola  Clarinete  Piano  Violín  Contrabaixo  Saxofón  Violoncello CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA  Fagot  Trombón  Clave DA CORUÑA  Frauta  Trompa traveseira  Trompeta  Guitarra  Tuba  Oboe 13
  14. 14. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CENTRO ESPECIALIDADES  Canto  Percusión  Viola  Clarinete  Piano  Violín  Contrabaixo  Saxofón  Violoncello CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA  Fagot  Trombón DE LUGO  Frauta  Trompa traveseira  Trompeta  Guitarra  Tuba  Oboe  Canto  Percusión  Viola  Clarinete  Piano  Violín  Contrabaixo  Saxofón  Violoncello CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA  Fagot  Trombón  Acordeón DE OURENSE  Frauta  Trompa  Clave traveseira  Trompeta  Gaita  Guitarra  Tuba  Órgano  Oboe  Acordeón  Oboe  Trompeta  Clarinete  Percusión  Tuba CONSERVATORIO  Contrabaixo  Piano  Viola PROFESIONAL DE MÚSICA  Fagot  Saxofón  Violín DE PONTEVEDRA  Frauta  Trombón  Violoncello Traveseira  Trompa  Guitarra  Acordeón  Oboe  Tuba  Arpa  Percusión  Viola  Clarinete  Piano  Violín CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA  Contrabaixo  Saxofón  Violoncello DE FERROL  Fagot  Trombón  Frauta  Trompa Traveseira  Trompeta  Guitarra  Canto  Percusión  Viola  Clarinete  Piano  Violín  Contrabaixo  Saxofón  Violoncello CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA  Fagot  Trombón DE SANTIAGO  Frauta  Trompa Traveseira  Trompeta  Guitarra  Tuba  Oboe  Canto  Oboe  Tuba  Clarinete  Percusión  Viola  Contrabaixo  Piano  Violín CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA  Fagot  Saxofón  Violoncello DE VIGO  Frauta  Trombón Traveseira  Trompa  Gaita  Trompeta  Guitarra Poden ser de carácter regrado ou non regrado. As primeiras conducen a unha titulación oficial, común para todo o estado, e pódense cursar exclusivamente en 14
  15. 15. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN conservatorios e centros autorizados de danza (estes de titularidade privada). Divídense en tres graos: - Elemental: Non existen especialidades, ofrecese unha formación básica. A duración dos estudos é de catro anos. O título é Certificado de estudos elementais. - Grao medio: Existen catro especialidades: Danza clásica, Danza española e Danza contemporánea. A duración dos estudos é 6 anos. O título é de Grao Profesional na especialidade cursada. - Superior: Existen dúas especialidades: Pedagoxía da danza e Coreografía. A duración é de catro anos. O título é Superior equivalente a unha licenciatura universitaria. O acceso de admisión é mediante proba e no superior ademais deberase dispor do título de bacharelato ou ter os estudos correspondentes ao 3º ciclo de grao medio. Será posible acceder sen estes requisitos se o aspirante demostra, nunha proba, posuír os coñecementos precisos. OFERTA EDUCATIVA DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE DANZA CENTRO ESPECIALIDAD CONSERVATORIO  Danza clásica PROFESIONAL DE DANZA DE LUGO As ensinanzas de artes plásticas e deseño organízanse en: Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Estudos superiores de artes plásticas e deseño. Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais. As ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño estrutúranse en ciclos de formación profesional. Os requisitos de acceso para o Grao medio é co título da ESO ou co título de técnico de artes plásticas da mesma familia profesional. Tamén se pode acceder cumpridos os 18 anos, tras superar unha proba de madureza. OFERTA EDUCATIVA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO PABLO PICASSO - A CORUÑA FAMILIA ARTÍSTICA CICLOS Artes aplicadas á escultura Ciclo medio dourado e policromía artísticos Oferta modular: Taller cerámico I Cerámica artística Oferta modular: Taller cerámico II OFERTA EDUCATIVA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO MESTRE MATEO - SANTIAGO DE COMPOSTELA FAMILIA ARTÍSTICA CICLOS Xoiería artística Oferta modular: Taller de xoiaría 15
  16. 16. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN OFERTA EDUCATIVA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO RAMÓN FALCÓN - LUGO FAMILIA ARTÍSTICA CICLOS Ciclo medio serigrafía artística Artes aplicadas ao libro Oferta modular: Taller de talla artística en Artes aplicadas á escultura madeira Oferta modular: Taller de ebanistería OFERTA EDUCATIVA ESCOLA DE ARTE E SUPERIOR DE DESEÑO ANTONIO FAÍLDE - OURENSE FAMILIA ARTÍSTICA CICLOS Artes aplicadas á escultura Ciclo medio ebanistería artística ENSINANZAS DE IDIOMAS Na actualidade as ensinanzas de idiomas pódense cursar nas modalidades presencial e a distancia (programa “That´s English”). As persoas non escolarizadas nas escolas oficiais de idiomas poderán obter os certificados de niveis básico, intermedio e avanzado mediante a superación de probas específicas polo réxime libre. Ensinanzas Requisitos Acceso Presencial  Ter 16 anos cumpridos no  Promoción de curso. ano en que comecen os  Por acceso directo por estudos. titulación.  Ter máis de 14 anos para  Pola realización de probas de seguir as ensinanzas dun clasificación. idioma distinto do cursado na ESO como primeira  Os certificados do nivel básico lingua estranxeira. e intermedio darán acceso ás ensinanzas do nivel intermedio e avanzado respectivamente.  O título de bacharelato habilitará para acceder directamente aos estudos de idiomas de nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato. A distancia “That’s  Ter cumpridos 16 anos ou English” 14 se non se cursa inglés como primeira lingua na educación secundaria. 16
  17. 17. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ENSINANZAS REGULADAS POLO RD 1629/2006, DO 29 DE DECEMBRO Nivel Básico 1 Nivel Básico 2 Certificado de Nivel Básico (A2) Nivel Intermedio 1 Nivel intermedio 2 Certificado de Nivel Intermedio (B1) Nivel Avanzado 1 Nivel Avanzado 2 Certificado de Nivel Avanzado(B2) ENSINANZAS DEPORTIVAS Están dirixidas á obtención dos títulos oficiais de técnico deportivo e de técnico deportivo superior. As ensinanzas deportivas organízanse en graos: As ensinanzas deportivas de grao medio organizaranse en dous ciclos: ciclo inicial de grao medio ciclo final de grao medio. Para acceder ao grao medio será necesario ter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos e superar unha proba de carácter específico. No caso de determinadas modalidades ou especialidades, será ademais requisito necesario a superación dunha proba realizada pólas Administración educativas, ou acreditar un mérito deportivo nos que se demostre ter as condicións necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes. CENTROS PÚBLICOS QUE IMPARTEN ENSINANZAS DEPORTIVAS CENTROS ESPECIALIDADE IES Cruceiro baleares (Culleredo) Fútbol IES Sánchez Cantón (Pontevedra) Fútbol e Balonmán IES As Lagoas Fútbol Sala IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes Atletismo CIPF Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) Baloncesto CADF Real Club Deportivo de La Coruña Fútbol Federación Galega de Fútbol Sala Fútbol Sala (Constantino Castro Ruso) Vigo CPR Santa Apolonia (Santiago de Fútbol Sala Compostela) CPR Liceo la Paz (A Coruña) Fútbol Sala 17
  18. 18. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL ¿QUÉ SON? Constitúen unha modalidade de ensino que ten a finalidade de recuperar ao alumnado que non acadou os obxectivos do ensino obrigatorio, axudándolle a superar as súas deficiencias formativas e a conseguir unha cualificación profesional de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP). ¿A QUEN VAN DIRIXIDOS? Con carácter xeral ao alumnado de idade comprendida entre os 16 e 19 anos (cumpridos no ano de inicio do programa) que non acadaron os obxectivos da Educación Secundaria e non tiveran cursado con anterioridade outro programa de cualificación profesional inicial. Excepcionalmente, poderá acceder alumnado de 15 anos que tivera cursado o 2º curso da ESO, que xa repetira unha vez na etapa e non estea en condicións de pasar ao 3º curso. ESTRUTURA Existen dous tipos de módulos:  Módulos obrigatorios: divídense en: Módulos específicos: desenvolven as competencias do perfil profesional. Módulos formativos de carácter xeral: contribúen ao desenvolvemento das competencias básicas. Estarían: o módulo de competencia comunicativa e dixital, o módulo de sociedade e cidadanía, o módulo científico-matemático e o módulo de iniciativa persoal e relacións laborais.  Módulos voluntarios conducentes ao título de graduado en ESO. O currículo destes módulos será o establecido para o nivel II da educación secundaria para persoas adultas. ¿QUÉ MODALIDADES HAI? Hai tres tipos de modalidades claramente diferenciadas: Modalidade A: todos os módulos obrigatorios se imparten nun mesmo centro educativo, agás o de formación en centros de traballo. Modalidade B: os módulos específicos impártense nun centro educativo, agás o de formación o de formación en centros de traballo, e os módulos formativos de carácter xeral impártense noutro. Modalidade C: poderán participar as corporacións locais, as asociacións profesionais, as asociacións non gobernamentais e outras entidades empresariais e sindicais, baixo a coordinación e logo da autorización da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dentro desta modalidade distinguimos: Programas mixtos: os módulos formativos de carácter xeral impártense en centros educativos, e os módulos específicos fóra deles. Programas externos: todos os módulos obrigatorios se imparten fóra dos centros educativos. 18
  19. 19. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ¿QUÉ TITULACIÓN E SAÍDAS PROPORCIONA? Ao remate do programa o alumnado obten un certificado de profesionalidade. Teñen as seguintes saídas: Incorporarse ao mundo laboral. Continuar estudios de formación profesional específica, tras a superación das probas de acceso ou obter o título de educación secundaria por adultos ou por proba libre. Perfís profesionais de PCPI publicados no curso 2009-2010 Agraria PCPI de arranxos florais PCPI de producións agrícolas PCPI de xardinaría e viveirismo Marítimo-pesqueira PCPI de pesca e transporte marítimo Administración PCPI de servizos administrativos Artes gráficas PCPI de reprografía Comercio PCPI de comercio Edificación e obra civil PCPI de albanelaría PCPI de revestimentos de obra Electricidade e electrónica PCPI de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións PCPI de montaxe de redes eléctricas Fabricación mecánica PCPI de fabricación mecánica Hostalaría e turismo PCPI de aloxamento PCPI de cociña PCPI de pastelaría PCPI de servizos de restauración Imaxe persoal PCPI de estética PCPI de peiteado Informática PCPI de informática Madeira, moble e cortiza PCPI de carpintaría Transporte e mantemento de vehículos PCPI de mantemento de vehículos Instalación e mantemento PCPI de fontanaría, climatización e calefacción doméstica Servizos socioculturais e á comunidade PCPI de emprego doméstico PCPI de limpeza de edificios, locais e moblaxe Téxtil, confección e pel PCPI de costura Vidro e cerámica PCPI de cerámica 19
  20. 20. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EDUCACIÓN BÁSICA DAS PERSOAS ADULTAS Aqueles alumnos que non obteñan o Titulo de Graduado en Educación Secundaria no seu centro educativo poden intentar conseguilo nun centro de educación de adultos. Existen dúas opcións: Modalidade Presencial Estas ensinanzas están destinadas a alumnado de 18 anos, sen ningunha titulación ou alumnos maiores de 16 que acrediten a súa condición de traballadores. Poderán realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos. Pero poderá permanecerse o tempo que se precise para a adquisición dos coñecementos establecidos. A Educación Secundaria para persoas adultas (etapa das ensinanzas de graduado en educación secundaria: niveis I e II) son ensinanzas equivalentes ás ensinanzas obrigatorias de Educación Secundaria. Organízanse en tres campos de coñecemento, que se estruturan á súa vez en módulos, de duración cuadrimestral. A matrícula, para os módulos 1 e 3, é na primeira quincena do mes de setembro e, para os módulos 2 e 4, na segunda quincena do mes de xaneiro. Ao remate do nivel II, expedirase o título de graduado en educación secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos. Cando non se rematen os estudos correspondentes á educación secundaria obrigatoria, os directores dos centros emitirán unha acreditación onde consten os niveis e módulos cursados así como a cualificación obtida. Estas ensinanzas poderán seguirse en todos os centros específicos de educación de adultos e nos institutos de educación secundaria autorizados. Modalidade a Distancia As ensinanzas a distancia poderán impartirse con apoio de titorías presenciais, denominándose entón educación secundaria para persoas adultas a distancia semipresencial; ou con apoio de titorías telemáticas, designándose neste caso como educación secundaria para persoas adultas a distancia de forma telemática. Con carácter excepcional, a dirección do centro poderá autorizar a matrícula simultánea nas modalidades presencial e a distancia, en ámbitos diferentes e no mesmo centro, cando a algún alumno non lle sexa posible asistir a todas as xornadas lectivas dos ámbitos correspondentes por razóns da organización do horario do centro ou por razóns persoais xustificadas. 20
  21. 21. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CADRO EQUIVALENCIAS VALIDACIÓN DAS MATERIAS DA ESO COS MÓDULOS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS 1º ESO Módulo 1 Alumnado que superou: Matemáticas e Científico-tecnolóxico Ciencias da natureza Ámbito Alumnado que superou: Lingua galega e Comunicación Materias literatura, lingua castelá e literatura e primeira ou segunda lingua estranxeira Alumnado que superou: Ciencias sociais, Sociedade xeografía e historia 2º ESO Módulo 2 Alumnado que superou: Matemáticas e Científico-tecnolóxico Ciencias da natureza, Tecnoloxías Alumnado que superou: Lingua galega e Comunicación Ámbito literatura, lingua castelá e literatura e Materias primeira ou segunda lingua estranxeira Alumnado que superou: Ciencias sociais, Sociedade xeografía e historia e Educación para a cidadanía e os dereitos humanos 3º ESO Módulo 3 Alumnado que superou: Matemáticas, Científico-tecnolóxico Bioloxía e xeoloxía, Física e química e Tecnoloxías Ámbito Alumnado que superou: Lingua galega e Comunicación Materias literatura, lingua castelá e literatura e primeira ou segunda lingua estranxeira Alumnado que superou: Ciencias sociais, Sociedade xeografía e historia 4º ESO Módulo 4 Alumnado que superou: Matemáticas, Científico-tecnolóxico Bioloxía e xeoloxía, Física e química e Tecnoloxías Ámbito Alumnado que superou: Lingua galega e Comunicación Materias literatura, lingua castelá e literatura e primeira ou segunda lingua estranxeira Alumnado que superou: Ciencias sociais, Sociedade xeografía e historia 21
  22. 22. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA MEDIANTE PROBA LIBRE. ¿A QUEN VAN DIRIXIDAS? Pódense presentar a estas probas todas as persoas que teñan cumpridos 18 anos o día anterior á data na que se celebren as probas. Así, por exemplo, se os exames se celebran o 17 de xuño, pódense presentar todas aquelas persoas que teñan cumpridos dezaoito anos o 16 de xuño. Non existen excepcións a esta regra, nin por motivos laborais nin por motivos de calquera outra índole. As persoas que, con esa idade, estean matriculadas na educación secundaria obrigatoria (ESO) ou na educación secundaria para persoas adultas, deberán renunciar ao dereito de seren avaliadas por esa matrícula oficial se desexan presentarse ás probas. COMO SON AS PROBAS As probas están estruturadas en tres ámbitos:  Ámbito da comunicación: inclúe probas específicas correspondentes á Lingua castelá e literatura, Lingua galega e literatura e Lingua estranxeira. Nos exames de lingua castelá e galega, o aspirante deberá demostrar a súa madurez para comprender, analizar e sintetizar textos escritos, e a súa capacidade para expresarse libremente. Por esta razón, o tribunal propoñeralle un tema de redacción en ambas linguas para que o desenvolva persoalmente.  Ámbito científico-tecnolóxico: inclúe probas específicas de Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias da natureza (contidos de Xeoloxía, Bioloxía, e Física e química).  Ámbito social: inclúe contidos correspondentes fundamentalmente a Xeografía e historia, con algunha cuestión concreta de Música e de Educación plástica e visual. COMO SE CUALIFICAN A persoa aspirante recibirá unha única cualificación para cada ámbito. Isto quere dicir que, por exemplo, no ámbito lingüístico, non recibirá unha cualificación para lingua castelá, outra para lingua galega e unha terceira para lingua estranxeira, senón unha cualificación global para todo o ámbito. CANDO SE CONVOCAN E CELEBRAN As probas celébranse nos meses de xuño e setembro, normalmente na primeira quincena deses meses. As datas exactas de celebración, as datas de matriculación, os lugares onde se celebran os exames, etc. aparecen detallados na resolución pola que se convocan, normalmente no mes de maio. 22
  23. 23. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ESTUDOS ANTERIORES VALIDABLES PARA ESTAS PROBAS Como norma xeral, son validables aqueles estudos que equivalen a algún ámbito completo das probas. Isto significa que non poden darse por superadas materias illadas se non se corresponden coas que integran un ámbito. Son validables os estudos realizados na ESO, na educación secundaria para persoas adultas e nos módulos voluntarios dos PCPI (programas de cualificación profesional inicial). Para as persoas que proceden dos estudos da educación secundaria obrigatoria (ESO), o cadro de equivalencias é este: Cualificación positiva nestas áreas de Equivalencia cos ámbitos da proba 4º ESO Lingua galega e literatura, Lingua castelá e Ámbito da comunicación literatura, primeira ou segunda lingua estranxeira Matemáticas, Tecnoloxía e Ciencias da Ámbito científico-tecnolóxico. natureza (ou Física e Química, máis Bioloxía e Xeoloxía) Ciencias sociais, xeografía e historia Ámbito social Para as persoas que realizaron estudos de educación secundaria para persoas adultas o cadro de equivalencias é este: Cualificación positiva nestes ámbitos da educación secundaria para persoas Equivalencia cos ámbitos da proba adultas Cuarto módulo do ámbito de comunicación Ámbito da comunicación Cuarto módulo do ámbito tecnolóxico- Ámbito científico-tecnolóxico. matemático e cuarto módulo do ámbito da natureza (LOXSE) Cuarto módulo do ámbito científico-tecnolóxico (LOE) Cuarto módulo do ámbito de sociedade Ámbito social As persoas que teñen aprobadas algunhas áreas das probas para a obtención do título de graduado en secundaria celebradas antes manteñen as cualificacións positivas obtidas nesas probas. 23
  24. 24. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO MEDIANTE PROBA ¿A QUEN VAN DIRIXIDAS? Pódense presentar a estas probas todas as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio, e teñan cumpridos 17 anos ou os cumpran no ano natural de celebración da proba. ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA Grao medio Organízase en tres probas: Parte sociolingüística Lingua castelá. Lingua galega. Ciencias sociais Organízase nunha única proba: Parte matemática Matemáticas Organízase en dúas probas: Parte científico-técnica Ciencias da natureza Tecnoloxía EXENCIÓNS A solicitude de exencións parciais da proba deberase formular no momento da inscrición. As persoas que teñan algunha das circunstancias para ter a exención total da proba poderán participar directamente no proceso de admisión a ciclos formativos sen necesidade de inscribirse nas probas de acceso. Grao medio Exención da totalidade da proba de acceso, acreditando unha das seguintes circunstancias: Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional inicial, de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño. Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas, ou de artes plásticas e deseño. Participarase no proceso de admisión a ciclos de grao medio, presentando directamente o certificado acreditativo na secretaria do centro correspondente. Exención da parte sociolingüística da proba, acreditando: - Ter superado os ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial ou do nivel II de educación secundaria para persoas adultas . 24
  25. 25. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Exención da parte matemática e da parte científico-técnica da proba, acreditando: - Ter superado o ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial ou do nivel II de educación secundaria para persoas adultas Exención da parte científico-técnica da proba, acreditando unha das seguintes circunstancias: Ter superado os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial. Dispor dun certificado de profesionalidade de calquera nivel. Ter, como mínimo un ano de experiencia laboral en xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballara. Este requisito deberase cumprir con anterioridade ao remate do período de inscrición das probas. 25
  26. 26. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 26
  27. 27. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN OPCIÓNS ACADÉMICAS/PROFESIONAIS AO REMATAR O BACHARELATO. CO TÍTULO DE BACHAREL Formación Profesional Específica (Grao Superior). Estudos universitarios. Ensinanzas de Réxime Especial. Oposicións: - Á función pública: Grupo C1 - Carreira militar. Outras. SEN O TÍTULO DE BACHAREL Formación Profesional Específica (Medio). Educación de adultos. Incorporación ao mundo laboral. Acceso aos ciclos formativos de Grao superior mediante proba (19 anos) Oposicións: - Garda civil. Escala básica (18 anos, titulo ESO e probas selectivas). - Policía nacional (18 anos, titulo ESO e probas selectivas). - Oposicións ao grupo C1 27
  28. 28. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN A FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR O proceso de adaptación e cambio como consecuencia da implantación dunha nova lei educativa, a lei orgánica de educación (LOE, Lei 2/2006), leva consigo, entre outras cousas, a modificación nos currículos dos títulos de Formación Profesional e a creación de novos títulos asociados as novas familias. Que novidades hei atopar cos novos títulos? Ampliación na duración de todos os títulos a 2000 horas para lograr unha maior especialización. Aparición de catro novas familias: o Enerxía e auga o Industrias extractivas o Seguridade e medio ambiente o Artes e artesanías e de novos ciclos. Equiparación da titulación coas do resto dos países da comunidade europea. Dotación nos ciclos formativos do certificado de prevención de riscos laborais de nivel básico e do carné profesional, cando o requira a profesión. Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de formación profesional de grao superior. Tendo en conta, que a universidade marcará criterios de prioridade. Validación dos estudos de formación profesional de grao superior por créditos universitarios (segundo o caso validaranse de 60 a 120 ECTS) No presente curso escolar implantáronse 11 novos currículos de grao superior, un deles dunha familia profesional de nova creación (Enerxía e auga) e outro que non existía anteriormente (Técnico superior en vitivinicultura). Para o vindeiro curso tense previsto implantar 4 novos currículos de grao superior. 28
  29. 29. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR Actividades Físicas e Deportivas: CS Animación de actividades físicas e deportivas Administración e xestión: CS Administración e finanzas. CS Secretariado. Agraria: CS Xestión e organización de empresas agropecuarias. CS Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos. Artes e artesanías: ---- Artes Gráficas: CS Deseño e produción editorial. CS Produción en industrias de artes gráficas. Comercio e Marketing: CS Comercio internacional. CS Xestión comercial e márketing. CS Xestión do transporte. Edificación e Obra Civil: CS Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción. CS Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas. CS Realización e plans de obra. Electricidade e Electrónica: CS Instalacións electrotécnicas. CS Desenvolvemento de produtos electrónicos. CS Sistemas de regulación e control automáticos. CS Sistemas de telecomunicación e informáticos. Enerxía e auga: *CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica. 29
  30. 30. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Fabricación Mecánica: *CS Construcións metálicas. *CS Deseño en fabricación mecánica (substitúe a Desenvolvemento de proxectos mecánicos. Curso 2010-2011) *CS Programación da produción en fabricación mecánica. Hostalería e Turismo: CS Animación turística. *CS Axencias de viaxes e xestión de eventos (substitúe a Axencias de viaxes. Curso 2010-2011) *CS Guía, información e asistencias turísticas (substitúe a Información e comercialización turísticas.Curso 2010-2011) CS Restauración. *CS Xestión de aloxamentos turísticos. Industrias extractivas: ---- Imaxe e Son: CS Realización de audiovisuais e espectáculos. CS Produción de audiovisuais, radio e espectáculos. CS Imaxe. CS Son. Imaxe Persoal: CS Asesoría de imaxe persoal. CS Estética. Industrias Alimentarias: CS Industria alimentaria. *CS Vitivinicultura. Informática e comunicacións: CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas. *CS Administración de sistemas informáticos en rede.(substitúe a administración de sistemas informáticos. Curso 2010-2011) Instalación e mantemento: CS Mantemento de equipo industrial. CS Prevención de riscos profesionais. *CS Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos. *CS Mantemento en instalacións térmicas e de fluídos. 30
  31. 31. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Madeira, moble e cortiza: CS Desenvolvemento de produtos de carpintaría e moble. CS Produción de madeira e moble. Marítimo pesqueiras: CS Navegación, pesca e transporte marítimo. CS Produción acuícola. CS Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque. Química: CS Química ambiental. *CS Laboratorio de análise e de control de calidade. *CS Química industrial. Sanidade: CS Anatomía patolóxica e citoloxía. CS Saúde ambiental. CS Dietética. CS Documentación sanitaria. CS Hixiene bucodental. CS Imaxe para o diagnóstico. CS Laboratorio de diagnóstico clínico. CS Próteses dentais. CS Radioterapia. *CS Audioloxía protésica. Seguridade e medioambiente: ---- Servizos socioculturais e á comunidade: CS Animación sociocultural. CS Integración social. CS Interpretación da lingua de signos. *CS Educación infantil. Téxtil, confección e pel: *CS Patronaxe e moda 31
  32. 32. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Transporte e mantemento de vehículos: *CS Automoción. Vidro e cerámica: ----- *Os ciclos sinalados son títulos LOE. Solicitude de admisión Débese marcar só unha forma de acceso. Quen cumpra simultaneamente os requisitos de acceso directo ao ciclo formativo de grao superior e os de acceso mediante proba non poderá presentar a solicitude de acceso mediante proba. De o facer, excluirase do proceso de admisión. Presentar unha única solicitude no centro elixido como primeira opción. Prazo ordinario: Do 17 de xuño ao 2 de xullo. Neste prazo unicamente presentará solicitudes de admisión a grao superior o alumnado que cumpra os requisitos de acceso ao ciclo (acceso directo por ter a titulación requirida ou mediante proba). Cando non existan postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes, para acceder a ciclos formativos de grao superior, terá prioridade o alumnado que: Cursara a modalidade de bacharelato que se determine para cada ciclo coas materias vinculadas a el. Cursara a modalidade de bacharelato sen algunha das materias vinculadas ao ciclo. Cursara algunha das modalidades de bacharelato distintas das establecidas nos parágrafos anteriores. Dispoña do título de técnico superior ou equivalente. Dispoña dunha titulación universitaria ou equivalente. Dentro de cada un dos colectivos anteriores, a orde de prioridade virá determinada por: Maior nota media no expediente académico en relación á titulación académica de acceso. Maior nota ou maior nota media nas materias vinculadas. No caso de acceso mediante proba atenderase á nota final da devandita proba, con independencia do centro educativo de procedencia da persoa solicitante. Prazo extraordinario: do 1 ao 14 de setembro. Presentar o alumnado que reúna as condicións en setembro. Adxudicación de praza: Unha vez se lle adxudica unha praza a persoa solicitante ten dúas posibilidades: Matricularse: no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Renunciar á praza: no centro adxudicado e nos prazos establecidos. A renuncia afectará á praza que lle foi adxudicada e a todas as preferencias sinaladas en lugares posteriores a esa. Seguirase no proceso de adxudicación para as preferencias anteriores. De non matricularse nin renunciar á praza adxudicada no prazo establecido, quedarase excluído do proceso de admisión. Máis información: www.edu.xunta.es/fp 32
  33. 33. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN OPCIÓNS PREFERENTES DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR (LOE) Neste apartado só se recollen á vinculación do bacharelato LOE cos ciclos formativos de grao superior LOE, por iso non están recollidos todos os ciclos superiores. A medida que se vaian implantando os novos currículos deberase actualizar esta táboa. Para o presente curso, e dado que coexiste o sistema anterior, no resto dos ciclos formativos haberá que consultar a convocatoria anual. Familia profesional Ciclos formativos de grao superior Modalidades e materias de bacharelato Enerxía e auga Técnico superior en eficiencia Ciencias e Tecnoloxía. enerxética e enerxía solar Fabricación mecánica Técnico superior en construcións Ciencias e Tecnoloxía metálicas Técnico superior en programación da Ciencias e Tecnoloxía. produción de fabricación mecánica T Técnico superior en deseño en Ciencias e Tecnoloxía fabricación mecánica Hostalaría e turismo Técnico superior en axencias de Humanidades e Ciencias viaxes e xestión de eventos Sociais. Técnico superior en guía, Humanidades e Ciencias información e asistencias turísticas Sociais. Técnico superior en xestión de Humanidades e Ciencias aloxamento turísticos Sociais. Industrias alimentarias Técnico superior en vitivinicultura Ciencias e Tecnoloxía. Informática e Técnico superior en administración Ciencias e Tecnoloxía. comunicacións de sistemas informáticos en rede Instalación e Técnico superior en Ciencias e Tecnoloxía. mantemento desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e fluídos Técnico superior en mantemento de Ciencias e Tecnoloxía. instalacións térmicas e fluídos Química Técnico superior en laboratorio de Ciencias e Tecnoloxía e, análise e control de calidade dentro deste, o alumnado que teña superado a materia de Química. Técnico superior en química Ciencias e Tecnoloxía e, industrial dentro deste, o alumnado que teña superado a materia de Química Sanidade Técnico superior en audioloxía Ciencias e Tecnoloxía. protésica Servizos socioculturais Técnico superior en educación Humanidades e Ciencias e á comunidade infantil Sociais. Téxtil, confección e pel Técnico superior en patronaxe e Ciencias e Tecnoloxía moda Transporte e Técnico superior en automoción Ciencias e Tecnoloxía mantemento de vehículos Vidro e cerámica Técnico superior en Ciencias e Tecnoloxía desenvolvemento e fabricación de produtos cerámicos 33
  34. 34. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Adscrición dos títulos de Técnico Superior de Formación Profesional ás ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias oficiais. Familias profesionais Ramas de coñecemento Administración e xestión / Administración. Artes gráficas. Artes e artesanías.* Artes e Humanidades. Comercio e marketing. Hostalaría e turismo. Imaxe e son / Comunicación, imaxe e son. Servizos socioculturais e á comunidade. Agraria / Actividades agrarias. Edificación e obra civil. Electricidade e electrónica. Enerxía e auga.* Fabricación mecánica. Imaxe e son / Comunicación, imaxe e son. Industrias extractivas.* Industrias alimentarias. Ciencias. Informática e comunicacións / Informática. Instalación e mantemento / Mantemento e servizos á produción. Madeira, moble e cortiza / Madeira e moble. Marítimo-pesqueira / Actividades marítimo- pesqueira. Química. Sanidade. Transporte e mantemento de vehículos / Mantemento de vehículos autopropulsados. Téxtil, confección e pel. Vidro e cerámica. 34
  35. 35. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Familias profesionais Ramas de coñecemento Agraria / Actividades agrarias. Actividades físicas e deportivas. Imaxe persoal. Industrias alimentarias. Ciencias da saúde. Química. Sanidade. Seguridade e medio ambente.* Servizos socioculturais e á comunidade. Administración e xestión / Administración. Actividades físicas e deportivas. Artes gráficas. Ciencias sociais e xurídicas. Comercio e márketing. Hostalaría e turismo. Imaxe persoal. Imaxe e son / Comunicación, imaxe e son. Seguridade e medio ambente.* Servizos socioculturais e á comunidade. Agraria / Actividades agrarias. Artes gráficas. Artes e artesanías.* Edificación e obra civil. Electricidade e electrónica. Enerxía e auga.* Fabricación mecánica. Enxeñería e arquitectura. Imaxe e son / Comunicación, imaxe e son. Industrias alimentarias. Industrias extractivas.* Informática e comunicacións / Informática. Instalación e mantemento / Mantemento e servizos á produción. Madeira, moble e cortiza / Madeira e moble. 35
  36. 36. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Familias profesionais Ramas de coñecemento Marítimo-pesqueira / Actividades marítimo- pesqueiras. Química. Transporte e mantemento de vehículos / Mantemento de vehículos autopropulsados. Téxtil, confección e pel. Vidro e cerámica. *Novas familias profesionais. 36
  37. 37. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR MEDIANTE PROBA. ¿A QUEN VAN DIRIXIDAS? Alumnado que non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao superior e se atope nalgunha das seguintes situacións:  Ter cumpridos 19 anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.  Cumprir ou ter cumpridos 18 anos no ano natural de celebración da proba, e dispor dun título de técnico que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción a que opta. ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN DA PROBA Grao superior Organízase en tres probas: Parte común Lingua galega. Lingua castelá. Matemáticas Organízase en tres opcións (A, B e C) Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía. Parte específica(*) Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física. Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía. (*) O alumnado elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerá dúas materias. EXENCIÓNS A solicitude de exencións parciais da proba deberase formular no momento da inscrición. As persoas que teñan algunha das circunstancias para ter a exención total da proba poderán participar directamente no proceso de admisión a ciclos formativos sen necesidade de inscribirse nas probas de acceso. Grao superior Exención da totalidade da proba de acceso Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Estas persoas han poder participar no proceso de admisión a ciclos formativos de grao superior, presentando directamente o certificado acreditativo na secretaría do centro correspondente nas condicións que se indican na orde pola que se regulen as probas. 37
  38. 38. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Exención da parte común da proba, acreditando unha das seguintes circunstancias: Ter superada a proba de acceso a outros ciclos formativos de grao superior de réxime xeral non incluídos na opción pola que se presenta. Ter superada unha proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño. Exención da parte específica da proba, acreditando algunha das seguintes circunstancias: Ter superado un ciclo formativo de grao medio que pertenza a algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presenta. Dispor dun certificado de profesionalidade de nivel 2 ou superior dalgunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presenta. Ter, como mínimo, un ano de experiencia laboral en xornada completa en campos profesionais que se correspondan cos estudos que se pretenda cursar, consonte a táboa que se anexa. Organización en opcións da parte específica da proba a ciclos formativos de grao superior, en función da familia profesional a que se desexe acceder Opcións segundo familias Opcións segundo familias Materias de referencia do profesionais da LOXSE profesionais da LOE bacharelato Opción A - Administración. - Administración e xestión. Materias da opciónA: - Comercio e márketing. - Comercio e márketing. – Economía da empresa. - Hostalaría e turismo. - Hostalaría e turismo. – Lingua estranxeira (francés ou - Servizos socioculturais e a á - Servizos socioculturais e á inglés) comunidade. comunidade. – Filosofía e cidadanía. - Comunicación, imaxe e son (só o - Imaxe e son (só o ciclo de ciclo de produción de produción de audiovisuais, radio e audiovisuais,radio e espectáculos). espectáculos). Opción B - Actividades marítimo-pesqueiras - Artes gráficas. Materias da opción B: (agás o ciclo de produción acuícola). - Edificación e obra civil. – Debuxo técnico. - Artes gráficas. - Electricidade e electrónica – Tecnoloxía Industrial. - Edificación e obra civil. - Imaxe e son (agás o ciclo de – Física. - Electricidade e electrónica. produción de audiovisuais, radio e - Comunicación, imaxe e son espectáculos). (agás o ciclo de produción de - Enerxía e auga. audiovisuais, radio e - Fabricación mecánica. espectáculos). - Informática e comunicacións. - Fabricación mecánica. - Instalación e mantemento. - Madeira e moble. - Madeira, moble e cortiza. - Informática. - Marítimo-pesqueira (agás o ciclo - Mantemento e servizos á de produción acuícola). produción. - Transporte e mantemento de - Mantemento de vehículos vehículos. autopropulsados. - Téxtil, confección e pel (agás o ciclo de - Téxtil, confección e pel (agás o ciclo curtidos, e o de procesos de de curtidos, e o de procesos de ennobrecemento téxtil). ennobrecemento téxtil). - Industrias extractivas. - Vidro e cerámica. - Vidro e cerámica. Opción C - Actividades agrarias. - Agraria. Materias da opciónC: - Actividades físicas e deportivas. - Actividades físicas e deportivas. – Ciencias da terra e ambientais. - Imaxe persoal. - Imaxe persoal. – Química. - Industrias alimentarias. - Industrias alimentarias. – Bioloxía. - Actividades marítimo-pesqueiras - Marítimo-pesqueira (só o ciclo de (só o ciclo de produción acuícola). produción acuícola) - Química. - Química. - Téxtil, confección e pel (só o ciclo - Seguridade e medio ambiente. de curtidos, e o de procesos de - Téxtil, confección e pel (só o ciclo ennobrecemento téxtil). de curtidos, e o de procesos de - Sanidade. ennobrecemento téxtil). - Sanidade. 38
  39. 39. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ESTUDOS UNIVERSITARIOS PROBA DE APTITUDE PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAAU) ¿A QUEN VAI DIRIXIDA? Ao alumnado que acade o título de Bacharelato e queira acceder a estudios universitarios. ¿EN QUE CONSISTE? A proba adecuarase ao currículo do Bacharelato e versará sobre as materias de 2º curso. Está composta de dúas fases: xeral e específica. Fase xeral: Obrigatoria. Consta de 5 exercicios: 1º exercicio: Comentario de Lingua Castelá e Literatura. 2º exercicio: Comentario de Lingua Galega e Literatura. 3º exercicio: Historia de España ou Historia da Filosofía (elíxese unha na solicitude de inscrición na proba). 4º exercicio: Lingua Estranxeira. 5º exercicio: Unha materia de modalidade de 2º de Bacharelato (elixida na solicitude de inscrición). Fase específica: Voluntaria. - Cada estudante poderá examinarse dun máximo de tres materias de modalidade de 2º de Bacharelato, distintas da elixida para a fase xeral, e indicadas previamente na solicitude de inscrición na proba. - En todos os exercicios de ambas fases haberá dúas opcións diferentes para elixir unha. - Pódense contestar en Lingua Galega ou Lingua Castelá, agás nos correspondentes exercicios e no de Lingua Estranxeira. - Duración máxima de cada exercicio: 1 hora e media (intervalo mínimo de 45 minutos entre un e outro). ¿CÓMO SE CUALIFICA? Fase xeral: - Cada un dos exercicios cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. - Cualificación da fase xeral: media aritmética das cualificacións dos exercicios, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima. Requírese como mínimo obter un 4 para despois facer media ponderada coa nota do Bacharelato. Fase específica: - Cada unha das materias das que se examine cualificarase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. - Considérase superada cada materia cunha nota igual ou superior a 5 puntos. 39
  40. 40. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SUPERACIÓN DA PROBA A cualificación da proba de acceso á universidade expresarase en forma numérica de 0 a 10 puntos, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior. Considérase superada a proba de acceso cando se obteña unha nota igual ou superior a 5 puntos como resultado da media ponderada do 60 % da nota media do Bacharelato (expresada con dous decimais) e o 40 % da cualificación da fase xeral (sempre que sexa como mínimo de 4 puntos). Nota media BAC x 0,60 + Cualificación fase xeral x 0,40 _ 5 NOTA DE ADMISIÓN Utilizarase para adxudicar a admisión naquelas ensinanzas universitarias nas que haxa máis solicitudes que prazas. Exprésase con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Incorporará as cualificacións das materias superadas da fase específica sempre que as ditas materias estean adscritas á rama de coñecemento do título que se queira cursar. Nota de admisión = 0,6*NMB + 0,4*CFX + a*M1 + b*M2 NMB: Nota media do Bacharelato ; CFX: Cualificación da fase xeral M1, M2: As dúas materias superadas da fase específica con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación a, b: Parámetros de ponderación entre 0,1 e 0,2 para as materias da fase específica (Ao inicio de curso as universidades farán públicos estes valores) RECLAMACIÓNS Prazo: Tres días hábiles a partir da data de publicación das cualificacións. Lugar de presentación: no respectivo LERD (en impresos específicos).  Segunda corrección: - Solicítase á presidencia do tribunal cualificador. - Os exercicios son corrixidos por un profesor/a distinto á primeira corrección. - A cualificación será a media aritmética das dúas correccións. De haber dous ou máis puntos de diferenza entre as dúas cualificacións, o tribunal efectuará unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións. - O estudante ten dereito, previa solicitude, a ver o exame corrixido tras a segunda corrección, no prazo de 5 días, na data e lugar que se lle indique. - Despois do proceso de segunda corrección aínda se pode presentar reclamación ante a Comisión Organizadora, no prazo de tres días hábiles.  Reclamación: - Solicítase á Comisión Organizadora. - Un profesor/a distinto revisa os exercicios e os posibles erros no cálculo da nota. - Cualificación: a que resulte da revisión, sempre que sexa superior á da primeira corrección (agás nos casos de erros de suma, que será a que sexa correcta). - Esta vía exclúe a posibilidade de solicitar despois a segunda corrección. CONVOCATORIAS Haberá dúas convocatorias anuais: ordinaria e extraordinaria. - Posibilidade de presentarse en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral (examinándose das mesmas materias) ou de 40
  41. 41. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN calquera das materias da fase específica. Considerarase sempre a cualificación superior entre as obtidas. - A superación da fase xeral da proba terá validez indefinida. - A cualificación das materias da fase específica terá validez nos dous cursos seguintes á súa superación. ADSCRICIÓN DAS MATERIAS DE MODALIDADE DE 2º DE BACHARELATO ÁS RAMAS DE COÑECEMENTO DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS 41

×