SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
ESTUDO DA DIVERSIDADE E EBUNDANCIA ICTIOLÓXICA MARIÑA EN
GALICIA LIGADO A EFECTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO

Rafael Bañón Díaz
Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) – Servizo de
Asesoría Técnica
Dirección Xeral de Recursos Mariñós-CONSELLERÍA PESCA-
XUNTA GALICIA
ENDOTERMIA PARCIAL




    Peixe espada (Xiphias gladius)




                                                     Bonito alistado(Katsuwonus pelamis
                                                     Atún vermello (Thunnus thynnus)



  Marraxo sardiñeiro (Lamna nasus)

      Coa notable excepción dunha endotermia parcial nalgúns escómbridos
      peláxicos (Scombridae), quenllas (Lamnidae) e peixe espada (Xiphiidae), os
      peixes son todos poiquilotermos, é dicir, carecen de capacidade de regular a
      súa temperatura corporal (Roessig et al., 2004)

                                                                         Fotos: www. Fishbase.org
INCREMENTO DA TEMPERATURA NOS
OCÉANOS




   Os cambios na temperatura trasládanse aos organismos afectando aos ciclos dos
 procesos fisiolóxicos, metabólicos e de conducta e xa que logo á dinámica de poboacións
 das especies por medio do crecemento, recrutamento e mortalidade Indirectamente,
 cambios na temperatura permiten a extensión da área xeográfica de distribución das
 especies nalgunhas zonas e limita a distribución noutras (Brander et al., 2003).
   A manifestación máis visible do cambio climático é o desprazamento das especies cun
 marcado compoñente latitudinal, en sentido do ecuador cara aos polos, por efecto da
 elevación da temperatura. Trátase de un fenómeno global, documentado na maioría dos
 océanos onde peixes, moluscos e crustáceos remontan cara o norte, ben porque seus
 organismos necesitan de temperaturas específicas que xa non teñen no seu hábitat
 habitual, agora demasiado cálido, ou ben porque seguen na emigración cara o norte ós
 organismos mariños dos que se alimentan.
Evidencias: Atlántico nordeste

      A diminución de capturas e biomasa do bacallao en Islandia e Groenlandia nos
   anos 20 e 30 foron debido o quecemento que tivo lugar nesa época e que resultou
   nunha extensión ata o norte de moitas especies de peixes, bentos, mamíferos mariños
   e fauna terrestre (Jensen 1939).




      A presencia de especies de afinidades tropicais en augas atlánticas europeas foi
   documentada polo menos dende os anos 60, relacionando a súa aparición cun
   quecemento das augas (Quéro, et al., 1996, 1998).Este fenómeno manifestouse en
   primeiro lugar no sur de Portugal en 1963, coa aparición de especies no noiro
   continental entre 200 e 600 m, progresando nos anos seguintes cara ao norte de
   Europa: noroeste de España (1968), Golfo de Biscaia (1975), plataforma céltica
   (1976) e noroeste de Irlanda (1984). En augas da plataforma o devandito fenómeno
   non se detectou ata logo de 1981 e en augas profundas (500-1300 m), non se presenta
   ata 1992, aínda que estes fondos non son explotados ata 1989 (Quéro, et al., 1996).
DESPRAZAMENTO CARA AO NORTE
DESPRAZAMANTO CARA AO NORTE
GALICIA: MARCO BIOXEOGRÁFICO
                            A presencia dunha área de fortes
                         afloramentos crea unha anomalía
                         bioxeográfica de maneira que algunhas
                         especies de augas frías están presentes en
                         Galicia e outras de augas cálidas presentes no
                         sur de Portugal e no interior do Golfo de
                         Biscaia, están ausentes, evitando as augas frías
                         típicas das zonas de afloramento

                           Os estudos da comunidades nas que hai un
                         solapamento de especies boreais e temperadas
                         basean as súas conclusión respecto ao impacto
                         do cambio climático na diferente resposta
                         destas dúas categoría ao quecemento
                         (Parmesan and Yohe, 2003). As especies
                         boreais tenden a permanecer estábeis ou
                         diminuír a súa abundancia mentres que, o
                         mesmo tempo, as especies temperadas e
                         tropicais incrementan a súa abundancia e/ou
          OSPAR (2000)   aumentan a súa distribución (Poulard &
                         Blanchard, 2005).
GALICIA: ICTIOFAUNA MARIÑA
                      400
                                                                                          357
                                                                             341

                                                                296
                      300
        nº especies                               265



                      200



                                       95
                      100
                              65



                        0
                            Cornide   Seoane   Solórzano et Solórzano et Bañón (2002)   Presente
                            (1788)    (1866)    al., (1983)  al., (1988)                 traballo




      O coñecemento da nosa                               Existe un bo coñecemento da ictiofauna galega,
   ictiofauna, da súa                                   sobre todo da fauna costeira e litoral, como o
   composición, distribución e                          demostra a estabilización deste grupo de especies.
   explotación é fundamental                            Partindo deste criterio, parece claro que os
   na detección e análise dos                           incrementos posteriores dos grupos de especies de
   cambios espacio-temporais                            afinidade tropical están relacionados cun proceso
   que nela se producen.                                de tropicalización do medio.
ESPECIES DE CARÁCTER TROPICAL EN
GALICIA
                                       http://www.pescadegalicia.com




        O peixe porco (Balistes capriscus) é probablemente a especie
      pioneira na arribada de peixes tropicais a Galicia.O primeiro
      rexistro dista especie en Galicia data de 1946. Na década dos 80
      era un peixe frecuente nas Rías baixas e na actualidade está
      espallado por toda a costa galega, sendo xa unha especie de
      interese comercial, cun claro incremento nas descargas nas lonxas
      galegas durante os últimos anos
ESPECIES DE CARÁCTER TROPICAL EN
GALICIA            VARIACIÓNS NA
                   DISTRIBUCIÓN

                       Principais especies de
                   peixes de carácter tropical
                   rexistradas en Galicia (1996-
                   actualidade): xurelo azul
                   Caranx crysos (a), xurelo
                   dentón Pseudocaranx
                   dentex(b), barbada das Azores
                   Gaidropsarus granti (c),
                   bertorella rosada Physiculus
                   dalwigki (d), anguía raiada
                   Pisodonophis semicinctus (e),
                   escacho espiñento Lepidotrigla
                   dieuzeidei (f), choupón
                   Kyphosus sectator (g),
                   medregal negro Seriola
                   rivoliana (h), corneta colorada
                   Fistularia petimba (i) e
                   anchova Pomatomus saltator
                   (j).
TENDENCIAS …¿XA ESTÁ PASANDO?
             Xarda pintada Scomber japonicus                     VARIACIÓNS NA ABUNDANCIA

                                                                    Debido aos efectos do
                                                                 cambio climático, é predicible
                                                                 unha diminución da
                                                                 abundancia da xarda Scomber
                                                                 scombrus, máis valorada
                                                                 comercialmente e de augas
                                                                 máis frías, e un incremento da
                                                                 xarda pintada Scomber
                                                                 japonicus, de menor valor
                                                                 comercial e augas máis
                                                                 quentes. As descargas nos
 100%                                                            últimos anos da xarda pintada,
 90%
                                                                 a partir do ano 2002,
 80%
                                                                 incrementáronse notablemente
 70%
 60%
 50%
 40%
 30%
 20%                    S. scombrus     S. japonicus
 10%                                                             http://www.pescadegalicia.com
  0%
        1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
TENDENCIAS …¿XA ESTÁ PASANDO?
                                                                            VARIACIÓNS NA ABUNDANCIA
 http://www.pescadegalicia.com
                                      Xurelo francés Trachurus picturatus              t
                          t
                 45000                                                                  250
                 40000
                 35000                                                                 200

                 30000
                                                                                       150
                 25000
                 20000
                                                                                       100
                 15000
                 10000                    T. trachurus                                 50
                   5000                   T. picturatus
                      0                                                                0
                              1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007



       O Xurelo francés pasou de ser unha especie de escasa presencia nas capturas da
    flota galega do cerco a ter xa descargas importantes, a pesar do seu escaso valor
    comercial.
      Eeste sector ven observando un aumento na abundancia desta especie en augas
    galegas dende aproximadamente o ano 2002 ata o punto de desprazar en moitos
    caladoiros ao T. trachurus.
TENDENCIAS …¿XA ESTÁ PASANDO?
 VARIACIÓNS NA ABUNDANCIA




             A solla Platichthys flesus, é unha especie comercial e
           preferentemente de augas fría, inda que a súa distribución
           abrangue ata o Mediterráneo. No Atlántico norte, os ovos da
           solla son moi sensibles a temperaturas maiores de 12 ºC
           durante o inverno, o cal produce altas mortaldades. Os
           cambios de temperatura tamén afectan a súas migracións
CAUSAS….incremento da temperatura
           17,0
                  ºC

           16,5


           16,0


           15,5


           15,0


           14,5
              1960     1965   1970   1975   1980   1985   1990   1995   2000   2005

                                                                 X.A. Álvarez-Salgado

      A temperatura superficial da auga oceánica próxima a Galicia (42ºN, 10º
    O), experimentou un incremento dun grado no derradeiros corenta anos
    (1960-2006), desde os 15,43 ºC en 1960 ata os 16,18 ºC do 2005


       As augas máis quentes son máis pobres en nutrientes que as frías e polo
    tanto menos propicias para a producción de fitoplancton, o alimento esencial
    para o funcionamento da cadea trófica. Ademais, moitos organismos mariños
    viven cerca dos seus límites termais de tolerancia e aumentos de temperatura
    poden actuar negativamente sobre as súas funcións e supervivencia (Harley
    et al., 2006).
CAUSAS……diminución dos afloramentos
                            300

                            200


            -Qx (m3/s/km)
                            100

                              0

                            -100

                            -200

                            -300
                               1966 1970 1974 1978 1982 1986 1990 1994 1998 2002 2006

                                                                     X.A. Álvarez-Salgado


     Pasouse dun réxime de afloramentos nos anos 60 (valos positivos da Qx) a outro
   de lixeiro afundimento nos anos 2000 (valores negativos da Qx). O período
   favorable ó afundimento incrementouse un 68% e a súa intensidade un 77%
   (85±22 días) nos derradeiros 40 anos.
CAUSAS….. corrente de nadal
                          Estes ventos de compoñente sur
                       provocan o transporte cara o norte dunha
                       lingua de auga cálida e salgada de orixe
                       subtropical coñecida como Contracorrente
                       Costeira de Portugal (CCP) ou corrente de
                       Nadal (Frouin, et al., 1990), así como súa
                       acumulación na plataforma continental.


                          A corrente de Nadal é a causa principal
                       para explicar a presencia de numerosos
                       organismos mariños de diferentes taxons
                       de orixe máis ao sur en latitudes máis o
                       norte. A corrente de Nadal, ademais de
                       actuar como medio de transporte dos
                       organismos, provoca cambios no medio ao
                       introducir augas máis quentes e salgadas.
                       No Mar Celta, no sur de Irlanda, este
                       aporte de augas cálidas no talude son o
                       equivalente a un mes de calor extra no
                       verán (García-Soto et al., 2002).

More Related Content

Similar to Diversidade ictiolóxica mariña

P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNmonadela
 
Espazo natural Costa de Oia
Espazo natural Costa de OiaEspazo natural Costa de Oia
Espazo natural Costa de Oiamonadela
 
Contaminacion medio acuatico. iván longarela
Contaminacion medio acuatico. iván longarelaContaminacion medio acuatico. iván longarela
Contaminacion medio acuatico. iván longarelaclimanticarzua Cl. Arz
 
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaA viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaclimanticarzua Cl. Arz
 
LIC Estaca de Bares
LIC Estaca de BaresLIC Estaca de Bares
LIC Estaca de Baresmonadela
 
LIC Illas Estelas
LIC Illas EstelasLIC Illas Estelas
LIC Illas Estelasmonadela
 
LIC Cabo Udra
LIC Cabo UdraLIC Cabo Udra
LIC Cabo Udramonadela
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costamonadela
 

Similar to Diversidade ictiolóxica mariña (10)

P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁNP N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
P N COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN
 
Recursos pesqueiros
Recursos pesqueirosRecursos pesqueiros
Recursos pesqueiros
 
Espazo natural Costa de Oia
Espazo natural Costa de OiaEspazo natural Costa de Oia
Espazo natural Costa de Oia
 
Contaminacion medio acuatico. iván longarela
Contaminacion medio acuatico. iván longarelaContaminacion medio acuatico. iván longarela
Contaminacion medio acuatico. iván longarela
 
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarelaA viaxe dos baleeiros. iván longarela
A viaxe dos baleeiros. iván longarela
 
LIC Estaca de Bares
LIC Estaca de BaresLIC Estaca de Bares
LIC Estaca de Bares
 
LIC Illas Estelas
LIC Illas EstelasLIC Illas Estelas
LIC Illas Estelas
 
Moluscos
Moluscos Moluscos
Moluscos
 
LIC Cabo Udra
LIC Cabo UdraLIC Cabo Udra
LIC Cabo Udra
 
Barreiros, a costa
Barreiros, a costaBarreiros, a costa
Barreiros, a costa
 

Diversidade ictiolóxica mariña

  • 1. ESTUDO DA DIVERSIDADE E EBUNDANCIA ICTIOLÓXICA MARIÑA EN GALICIA LIGADO A EFECTOS DO CAMBIO CLIMÁTICO Rafael Bañón Díaz Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) – Servizo de Asesoría Técnica Dirección Xeral de Recursos Mariñós-CONSELLERÍA PESCA- XUNTA GALICIA
  • 2. ENDOTERMIA PARCIAL Peixe espada (Xiphias gladius) Bonito alistado(Katsuwonus pelamis Atún vermello (Thunnus thynnus) Marraxo sardiñeiro (Lamna nasus) Coa notable excepción dunha endotermia parcial nalgúns escómbridos peláxicos (Scombridae), quenllas (Lamnidae) e peixe espada (Xiphiidae), os peixes son todos poiquilotermos, é dicir, carecen de capacidade de regular a súa temperatura corporal (Roessig et al., 2004) Fotos: www. Fishbase.org
  • 3. INCREMENTO DA TEMPERATURA NOS OCÉANOS Os cambios na temperatura trasládanse aos organismos afectando aos ciclos dos procesos fisiolóxicos, metabólicos e de conducta e xa que logo á dinámica de poboacións das especies por medio do crecemento, recrutamento e mortalidade Indirectamente, cambios na temperatura permiten a extensión da área xeográfica de distribución das especies nalgunhas zonas e limita a distribución noutras (Brander et al., 2003). A manifestación máis visible do cambio climático é o desprazamento das especies cun marcado compoñente latitudinal, en sentido do ecuador cara aos polos, por efecto da elevación da temperatura. Trátase de un fenómeno global, documentado na maioría dos océanos onde peixes, moluscos e crustáceos remontan cara o norte, ben porque seus organismos necesitan de temperaturas específicas que xa non teñen no seu hábitat habitual, agora demasiado cálido, ou ben porque seguen na emigración cara o norte ós organismos mariños dos que se alimentan.
  • 4. Evidencias: Atlántico nordeste A diminución de capturas e biomasa do bacallao en Islandia e Groenlandia nos anos 20 e 30 foron debido o quecemento que tivo lugar nesa época e que resultou nunha extensión ata o norte de moitas especies de peixes, bentos, mamíferos mariños e fauna terrestre (Jensen 1939). A presencia de especies de afinidades tropicais en augas atlánticas europeas foi documentada polo menos dende os anos 60, relacionando a súa aparición cun quecemento das augas (Quéro, et al., 1996, 1998).Este fenómeno manifestouse en primeiro lugar no sur de Portugal en 1963, coa aparición de especies no noiro continental entre 200 e 600 m, progresando nos anos seguintes cara ao norte de Europa: noroeste de España (1968), Golfo de Biscaia (1975), plataforma céltica (1976) e noroeste de Irlanda (1984). En augas da plataforma o devandito fenómeno non se detectou ata logo de 1981 e en augas profundas (500-1300 m), non se presenta ata 1992, aínda que estes fondos non son explotados ata 1989 (Quéro, et al., 1996).
  • 7. GALICIA: MARCO BIOXEOGRÁFICO A presencia dunha área de fortes afloramentos crea unha anomalía bioxeográfica de maneira que algunhas especies de augas frías están presentes en Galicia e outras de augas cálidas presentes no sur de Portugal e no interior do Golfo de Biscaia, están ausentes, evitando as augas frías típicas das zonas de afloramento Os estudos da comunidades nas que hai un solapamento de especies boreais e temperadas basean as súas conclusión respecto ao impacto do cambio climático na diferente resposta destas dúas categoría ao quecemento (Parmesan and Yohe, 2003). As especies boreais tenden a permanecer estábeis ou diminuír a súa abundancia mentres que, o mesmo tempo, as especies temperadas e tropicais incrementan a súa abundancia e/ou OSPAR (2000) aumentan a súa distribución (Poulard & Blanchard, 2005).
  • 8. GALICIA: ICTIOFAUNA MARIÑA 400 357 341 296 300 nº especies 265 200 95 100 65 0 Cornide Seoane Solórzano et Solórzano et Bañón (2002) Presente (1788) (1866) al., (1983) al., (1988) traballo O coñecemento da nosa Existe un bo coñecemento da ictiofauna galega, ictiofauna, da súa sobre todo da fauna costeira e litoral, como o composición, distribución e demostra a estabilización deste grupo de especies. explotación é fundamental Partindo deste criterio, parece claro que os na detección e análise dos incrementos posteriores dos grupos de especies de cambios espacio-temporais afinidade tropical están relacionados cun proceso que nela se producen. de tropicalización do medio.
  • 9. ESPECIES DE CARÁCTER TROPICAL EN GALICIA http://www.pescadegalicia.com O peixe porco (Balistes capriscus) é probablemente a especie pioneira na arribada de peixes tropicais a Galicia.O primeiro rexistro dista especie en Galicia data de 1946. Na década dos 80 era un peixe frecuente nas Rías baixas e na actualidade está espallado por toda a costa galega, sendo xa unha especie de interese comercial, cun claro incremento nas descargas nas lonxas galegas durante os últimos anos
  • 10. ESPECIES DE CARÁCTER TROPICAL EN GALICIA VARIACIÓNS NA DISTRIBUCIÓN Principais especies de peixes de carácter tropical rexistradas en Galicia (1996- actualidade): xurelo azul Caranx crysos (a), xurelo dentón Pseudocaranx dentex(b), barbada das Azores Gaidropsarus granti (c), bertorella rosada Physiculus dalwigki (d), anguía raiada Pisodonophis semicinctus (e), escacho espiñento Lepidotrigla dieuzeidei (f), choupón Kyphosus sectator (g), medregal negro Seriola rivoliana (h), corneta colorada Fistularia petimba (i) e anchova Pomatomus saltator (j).
  • 11. TENDENCIAS …¿XA ESTÁ PASANDO? Xarda pintada Scomber japonicus VARIACIÓNS NA ABUNDANCIA Debido aos efectos do cambio climático, é predicible unha diminución da abundancia da xarda Scomber scombrus, máis valorada comercialmente e de augas máis frías, e un incremento da xarda pintada Scomber japonicus, de menor valor comercial e augas máis quentes. As descargas nos 100% últimos anos da xarda pintada, 90% a partir do ano 2002, 80% incrementáronse notablemente 70% 60% 50% 40% 30% 20% S. scombrus S. japonicus 10% http://www.pescadegalicia.com 0% 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
  • 12. TENDENCIAS …¿XA ESTÁ PASANDO? VARIACIÓNS NA ABUNDANCIA http://www.pescadegalicia.com Xurelo francés Trachurus picturatus t t 45000 250 40000 35000 200 30000 150 25000 20000 100 15000 10000 T. trachurus 50 5000 T. picturatus 0 0 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 O Xurelo francés pasou de ser unha especie de escasa presencia nas capturas da flota galega do cerco a ter xa descargas importantes, a pesar do seu escaso valor comercial. Eeste sector ven observando un aumento na abundancia desta especie en augas galegas dende aproximadamente o ano 2002 ata o punto de desprazar en moitos caladoiros ao T. trachurus.
  • 13. TENDENCIAS …¿XA ESTÁ PASANDO? VARIACIÓNS NA ABUNDANCIA A solla Platichthys flesus, é unha especie comercial e preferentemente de augas fría, inda que a súa distribución abrangue ata o Mediterráneo. No Atlántico norte, os ovos da solla son moi sensibles a temperaturas maiores de 12 ºC durante o inverno, o cal produce altas mortaldades. Os cambios de temperatura tamén afectan a súas migracións
  • 14. CAUSAS….incremento da temperatura 17,0 ºC 16,5 16,0 15,5 15,0 14,5 1960 1965 1970 1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005 X.A. Álvarez-Salgado A temperatura superficial da auga oceánica próxima a Galicia (42ºN, 10º O), experimentou un incremento dun grado no derradeiros corenta anos (1960-2006), desde os 15,43 ºC en 1960 ata os 16,18 ºC do 2005 As augas máis quentes son máis pobres en nutrientes que as frías e polo tanto menos propicias para a producción de fitoplancton, o alimento esencial para o funcionamento da cadea trófica. Ademais, moitos organismos mariños viven cerca dos seus límites termais de tolerancia e aumentos de temperatura poden actuar negativamente sobre as súas funcións e supervivencia (Harley et al., 2006).
  • 15. CAUSAS……diminución dos afloramentos 300 200 -Qx (m3/s/km) 100 0 -100 -200 -300 1966 1970 1974 1978 1982 1986 1990 1994 1998 2002 2006 X.A. Álvarez-Salgado Pasouse dun réxime de afloramentos nos anos 60 (valos positivos da Qx) a outro de lixeiro afundimento nos anos 2000 (valores negativos da Qx). O período favorable ó afundimento incrementouse un 68% e a súa intensidade un 77% (85±22 días) nos derradeiros 40 anos.
  • 16. CAUSAS….. corrente de nadal Estes ventos de compoñente sur provocan o transporte cara o norte dunha lingua de auga cálida e salgada de orixe subtropical coñecida como Contracorrente Costeira de Portugal (CCP) ou corrente de Nadal (Frouin, et al., 1990), así como súa acumulación na plataforma continental. A corrente de Nadal é a causa principal para explicar a presencia de numerosos organismos mariños de diferentes taxons de orixe máis ao sur en latitudes máis o norte. A corrente de Nadal, ademais de actuar como medio de transporte dos organismos, provoca cambios no medio ao introducir augas máis quentes e salgadas. No Mar Celta, no sur de Irlanda, este aporte de augas cálidas no talude son o equivalente a un mes de calor extra no verán (García-Soto et al., 2002).