SlideShare a Scribd company logo
1 of 29
ÍNDICE
-INTRODUCIÓN
-CARACTERÍSTICAS DOS NENOS CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN
-Como se manifestan estes nenos
-Nenos con dificultades de atención sen hiperactividade.
-Nenos con dificultades de atención con hiperactividade.
-Como os vemos nós
-Como se ven eles
-Nenos con dificultades de atención no noso centro
-COMO PODEMOS AXUDARLLES. ALGUNHAS TÉCNICAS
-Como podemos axudarlles para mellorar a conduta e o autocontrol.
-Como podemos axudarlles no traballo curricular diario de clase.
-A FAMILIA DO NENO CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN
No noso centro vimos observando un crecente incremento de alumnado con
dificultades de atención.
Por este motivo, o Departamento de Orientación do centro quere ofrecer algunhas
pautas, tanto ó conxunto do profesorado como ás familias para dar resposta a estas
dificultades.
Este non pretende ser un estudo pormenorizado sobre os nenos con dificultades de
atención (para eso remitimos á bibliografía que ofrecemos ó remate do traballo).
É unha escolma de consellos básicos que pretenden ser eminentemente prácticos.
Unha chamada de atención que nos invite a consultar a bibliografía que propoñemos
ou a buscar información a través de outras vías; pero sobre todo, é un intento
ofrecer unha información básica actualizada que poida servir tantos a titores/as
como a nais ou pais de alumnos con estes retos na vida diaria escolar ou familiar.
Intentamos recoller dos diversos autores todo aquelo que os une co fin de non
aportar algunha confusión máis senón de aportar medidas que axuden a estes nenos
e que os diversos autores, na súa gran maioría, poideran compartir.
Para facer unha pequena síntese de cómo están agora mesmo as últimas
aportacións respecto deste tema, remitimos á:
DECLARACIÓN GLOBAL SOBRE OS TRASTORNOS POR DÉFICIT DE ATENCIÓN
(da Alianza polos TDAs): Un pequeno resumo do mesmo podería ser o seguinte. Ó
remate do mesmo o enlace ofrécenos a totalidade da devandita declaración:
-As capacidades atencionais son unha característica máis das persoas (como a altura ou a cor dos
ollos) que dependen de condicións biolóxicas non observables por métodoso directos. Estas
capacidades atencionais afectan tanto ás aprendizaxes escolares como sociais.
Cando, por dificultades nas capacidades atencionais sen ou con hiperactividade (DA ou DAH), se
produce un proceso de progresivo deterioro das relacións familiares, escolares e sociais, é cando
aparece a condición de trastorno (TDA ou TDAH) e dependendo da súa intensidade podemos
clasificalo en Leve, Moderado ou Grave.
-O diagnóstico actual de TDA/TDAH constitúe un acordo entre os profesionais tanto da APA
(asociación americana de psiquiatría) como da OMS (organización mundial da saúde) e os criterios
aparecen reflexados, respectivamente, nas súas clasificacións: DSM-IV e CIE-10. O diagnóstico actual
baséase no seguinte:
-Indicadores conductuais suficientes:
-dificultades para manter a atención e/ou necesidade de moverse significativamente
máis do normal e adecuado en cada caso.
-escasos indicadores de comportamento reflexivo ou de falla de atención sostida en
tarefas de reflexión.
-en ocasións, deficiencia de eficacia atencional e lentitude en procesos cognitivos e
motrices.
-Estes indicadores deben ser pauta habitual de comportamento e non estar asociados a uns
contextos concretos e deben ser observables dende os primeiros anos (dous-tres anos).
-Tratamento para estes nenos:
O tratamento para estes nenos debe ser psicoeducativo e debe valorarse se convén ademáis un
tratamento farmacolóxico. En canto a este último, no momento actual atópase xeralizado o uso do
metilfenidato (substancia que aparece en distintos fármacos que se utilizan con estes nenos: (Ritalín,
Rubifén, Concerta, Eqasym,...).Novos fármacos antidepresivos (atomoxetina, sttratera) son moito
menos eficaces e teñen maiores efectos secundarios.
Hai que ter en conta que os fármacos non modifican a condición de TDA-TDAH. É preciso contar con
cambios nos hábitos educativos das familias e con adaptacións curriculares no colexio así como
proporcionar axuda para que estes nenos regulen a súa conducta atencional e melloren o seu
comportamento escolar e social.
No seguinte enlace temos a declaración completa:
http://www.cit-tdajerez.com/declaracion%20global%20sobre%20los%20tdas.pdf
Neste traballo procuramos recoller propostas válidas para nenos con déficit de
atención CON ou SEN hiperactividade. Correspóndenos a nós aplicar unhas ou
outras en función do neno concreto a quen vaian ser aplicadas. Non se recollen por
separado porque moitas delas son válidas para ambos.
Tanto as pautas de intervención como os criterios de clasificación das dificultades
de atención deberán revisarse e actualizarse en función das novas e contrastadas
aportacións de investigacións ou publicacións que vaian aparecendo sobre o tema.
Ó remate desta proposta se expón unha pequena bibliografía así como algunhas
asociacións e direccións web ás que se pode acudir para ampliar información.
¿COMO SE MANIFESTAN ESTES NENOS ?
1- NENOS CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN SEN HIPERACTIVIDADE
Os últimos estudos dinnos que hai sobre un 14% sen diferenza entre nenos e nenas.
Teñen un déficit en eficacia atencional; cústalles focalizar e codificar os estímulos
visuais e auditivos (neste grupo inclúense moitos disléxicos). Son nenos lentos física
e cognitivamente, polo que as veces parecen nenos de baixas aptitudes intelectuais.
Non hai moitos diagnósticos porque non adoitan ter problemas comportamentais.
Presentan as tarefas sucias e descoidadas. Desobediencia (explícita ou non),
resistencia a facer os deberes, distraense con calquera cousa (mesmo cos
pensamentos) interrumpindo a tarefa que están facendo. Teñen erros por descoido
nas tarefas, dificultades para manter a atención (mesmo en actividades lúdicas). A
miúdo escoita pero non se entera do que dicimos. Non segue as instruccións e non
remata as tarefas con frecuencia. Evita ou non lle gustan actividades nas que teñan
que facer un esforzo mental sostido. Distráense fácilmente con estímulos
irrelevantes.
Algúns autores utilizan para denominar a estes nenos o término: INATENTOS.
Os nenos con TDA que son diagnosticados coidadosamente poden presentar un
trastorno asociado ó TCL (tempo cognitivo lento) caracterizado por:
-Pasividade
-Lentitude
-Somnolencia
-Falta de enerxía
-Confusión
-“Estar nas nubes” ou “Soñar desperto”.
Na práctica hai menos casos diagnosticados, e, en todo caso, adoitan ter un inicio de
diagnóstico e de tratamento máis tardío (o que non quere dicir que sexan menos os
nenos con DA que con DAH). Non se considerou o seu problema ata hai
relativamente pouco tempo dado que o seu comportamento é moi pouco molesto
para os demáis debido a quen non presentan necesidade contínua de moverse nin
conducta antisocial. Só é un factor de risco en todo tipo de aprendizaxes: autonomía
persoal, social e curricular.
Son nenos aos que o profesor ten que chamar contínuamente a atención porque non
están atentos.
Non se adquire esta dificultade por influencia de ningún factor educativo,
traumático, infeccioso, psicolóxico…, aínda que pendente de confirmación, todo
apunta a unha influencia xenética que se transmite de xeración en xeración
2-NENOS CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN CON HIPERACTIVIDADE
Por término medio haberá 1 alumno destas características en cada clase de 20
alumnos aproximadamente. Máis común en nenos que en nenas en proporción 4 /1.
O que aquí funciona dunha maneira diferente é a atención sostida. NON PODE
atender moito tempo a unha cousa. Non son máis desobedientes que outros nenos.
Simplemente o seu cerebro pídelle cambios atencionais frecuentes, e cando non os
poden facer, tenden a moverse para poder activarse
Aparte da inatención manifestarán tamén:
IMPULSIVIDADE:
Contesta precipitadamente; mesmo antes de que se remate de formular a
pregunta. A menudo perde ou esquece obxectos necesarios. Ten dificultades para
organizar as tarefas e actividades.
Interrompe ou inmiscúese nas actividades dos outros, non garda o seu turno. A
impulsividade a veces lévao en ocasións a ter accidentes no colexio ou fóra del.
A súa conducta prodúcese por un déficit na reflexividade.
HIPERACTIVIDADE:
Levántase da cadeira. Balancéase. Fai ruidos coa boca ou canturrea, move en
exceso as mans e pes, abandona o seu asento na clase ou noutras situacións en que
se espera que estea sentado.
Corre ou salta excesivamente en situacións en que é inapropiado. Ten dificultades
para xogar ou dedicarse tranquilamente ás actividades de ocio. A menudo “está en
marcha” (como si tivera un motor) ou fala en exceso.
Os síntomas aparecen máis en situacións de grupo e en situación novas. En
situacións controladas de un a un normalmente diminúen.
¿COMO OS VEMOS NÓS ?
-A menudo confundímolos con nenos maleducados ou vagos.
-Teñen maior número de erros ou fracasos.
-Encomendámoslles cada vez menos tarefas.
-Chamámoslles moito máis a atención.
-Sempre están en líos cos compañeiros. A veces poden chegar a ser agresivos
pegando ou insultando.
-Apenas toleran a frustración. Levan mal que non se atendan as súas peticións.
-En ocasións teñen arrebatos emocionais. Poden ser autoritarios e testarudos.
-Teñen unha insistencia excesiva. Hai que satisfacer rápidamente as súas peticións.
-Presentan labilidade (inconsistencia) emocional.
-Polo xeral o rendemento académico está afectado. A menudo non está acorde coas
súas posibilidades.
-Son desordenados.
-A súa conducta “débese á súa falla de vontade e á súa mala fe”.
-Cometen moitas faltas de ortografía.
-Con frecuencia teñen unha grafía pobre e desorganizada.
-Adoitan ter dificultades en certas mecanizacións e secuencias memorísticas
(cálculo mental, algoritmos das operacións, tabla de multiplicar…).
Algúns destes nenos:
-Teñen pouca memoria de traballo. É pouca a información que poden asimilar.
-Exprésanse mal: divagan, vanse do tema principal. Non establecen adecuadamente
a secuencia da información, céntranse en detalles irrelevantes. Son desorganizados
e impulsivos e por tanto vese afectada a coherencia argumental.
-Entenden pero “non fixan” a información. “Desaprenden” con facilidade o
aprendido.
-Non se fixan cando escriben. Comen letras, palabras e ata frases enteiras (mesmo
na copia)
-Teñen unha mala expresión escrita
-Teñen verdadeiras dificultades nos problemas e no razonamento lóxico en xeral.
¿COMO SE VEN ELES ?
-Desmoralízanse con frecuencia. Teñen baixa autoestima.
-Con frecuencia síntense rechazados polos compañeiros.
-Con frecuencia non son populares e síntense menos felices que os demáis nenos.
-Síntense inseguros e en ocasións poden manifestar sentimentos depresivos.
-Non son populares tampouco entre os adultos que con frecuencia os ven con
desconfianza. Teñen sensación de fracaso.
-“A pesar de esforzarme non melloro”. Fago moito esforzo nas actividades escritas,
cústame a tabla de multiplicar, volvo facer mal o que xa sabía”, (“faga o que faga,
fracaso”).
-A maioría das actividades son moi aburridas.
NENOS CON TDAH NO NOSO CENTRO
-No noso centro cúmplense as estadísticas en canto ao número de nenos
diagnosticados con TDAH. Sobre un 6% (esto equivale a 1 neno en cada clase- tendo
como media, clases de 20 alumnos aproximadamente). Pero non así as proporcións nenos/
nenas. A proporción de nenas é maior que a que sinalan as estadísticas.
-Na nosa experiencia non hai un patrón de neno hiperactivo ou con dificultades de
atención. A pesar de teren unhas características comúns (fallas de atención,
impulsividade…) estes nenos son tan diversos como todos os demáis. Por eso é
necesario estudar cada caso. Partir da situación de cada neno: da súa capacidade,
das súas dificultades, do seu nivel curricular, da súa situación emocional e do seu
entorno sociofamiliar.
Dende o punto de vista escolar sí que temos comprobado (sempre segundo as
estadísticas do noso propio centro):
1- Que hay nenos diagnosticados con tdah que sen embargo non teñen grandes
dificultades en conseguir os obxectivos curriculares ou que sí teñen
dificultades pero derivadas da súas características relacionais, da atención e
concentración nas tarefas, da súa inconstancia no traballo e non por falla de
capacidade intelectual (boa comprensión lectora, boa capacidade de
rezonamento e abstracción). A proporción de nenos aquí é maior.
2- Hai nenos sen embargo que ás súas dificultades propias deste diagnóstico,
engaden menor capacidade intelectual, falla de vocabulario, dificultades de
comprensión lectora importantes e significativas carencias de expresión oral
(a veces con divagacións e escasa coherencia argumental), dificultades
acentuadas respecto do primeiro grupo na expresión escrita e dificultades no
paso do pensamento concreto ó pensamento abstracto.Neste grupo é maior a
proporción de nenas.
-Poidemos comprobar en numerosas ocasións que cando existe unha boa
colaboración colexio-familia e esta se implica na labor educativa do seu fillo, os
resultados son moito mellores.
Ás veces, non somos conscientes de ata donde chegan as necesidades destes nenos
e pola nosa experiencia, sabemos que en moitas ocasións non son suficientes as
normais relacións colexio- familia dun neno sen estas dificultades. Hai que
incrementar a información, a colaboración e o seguimento destes nenos porque así o
exixen as súas necesidades. Desde o noso colexio ofrecemos a posibilidade de
facelo a través dun Protocolo de Atención Individualizada (P.A.I.).
1. Acéptao tal como é. Faille sentirse único, valórao
como unha persoa e non valores soamente os seus éxitos e
competencias
2. Descobre que ten de especial e dillo. Practica
o encomio, tendo en conta as súas dificultades e
grao de esforzo. Verbaliza todos os aspectos
positivos da súa conduta
3. «Cre nel». Ofrécelle confianza.
Proponlle responsabilidades coa túa supervisión e axuda.
Podes empezar ofrecéndolle actividades coas que
sabes que pode conseguir éxitos facilmente
4. Analiza as túas mensaxes. Estas hanse converter en mensaxes
positivas que lle indiquen que se espera del/dela
(sen esquecer onde están as súas dificultades)
5. Fai uso da linguaxe da autoestima. Mellora
a túa comunicación con él. Utiliza unha linguaxe positiva e
evita acusacións, ridiculizacións e comentarios
irónicos
¿COMO PODEMOS AXUDARLLES PARA MELLORAR A CONDUCTA E O
AUTOCONTROL?
-Está demostrado en nenos hiperactivos que as ordes repetidas de sentarse
aumentan a frecuencia de estar de pé. Pola contra, cando se utilizan eloxios do
comportamento de estar sentado, o de estar de pé diminúe. A esto é ó que
chamamos o REFORZO POSITIVO. Utilicémolo informando ó neno das condutas que
esperamos del.
-Combinando os reforzos máis inmediatos e tanxibles (cromos, xoguetes…) cos
sociais (atención, eloxio, contacto físico, recompensas, privilexios) incrementaremos
máis fácilmente a conducta desexable. A atención e o contacto físico son grandes
REFORZADORES.
-É útil o que adoitamos facer habitualmente. Se primeiro fas o que debes, despois
poderás ter a túa compensación. A modo de curiosidade este recurso tan natural e extendido é tamén
obxecto de estudo (Ana Miranda Casas chamouno “Lei da avoa” (se comes o peixe, terás postre). Cunningham
chamouno estratexia “cando/entón” (cando fagas os deberes, entón poderás ver a televisión). Xenéricamente,
cando relacionamos a conduta actual do neno cun premio posterior estamos aplicando o: “Principio de
Premack”.
-Non darlles atención cando teñan unha conducta inadecuada. Esto exixe
autocontrol e consistencia no profesorado ou nos adultos que atendan ó neno.
Lóxicamente esto só se pode facer se non se trata de comportamentos graves ou
perigosos. Hai que ter en conta que nos primeiros momentos a conduta pódese
agravar ou aumentar a frecuencia. Si prestamos atención nalgún momento podemos
estar reforzando a conduta en vez de eliminala.
Con esto estamos aplicando a técnica da EXTINCIÓN.
-Un procedemento eficaz para tratar a falla de respecto, as interrupcións nas clases,
as molestias aos compañeiros, a desobediencia e as pelexas é illalo dos demáis nun
lugar aburrido donde non poida atopar estimulacións. Aconséllase unha duración
non moi longa. Aproximadamente un minuto por ano de idade ata un máximo de 20
minutos (aplicable en infantil e primaria).
Eso sí; non debemos aplicar este procedemento se en lugar de castigar reforzamos o
comportamento incorrecto. Por exemplo: se non lle gusta facer os exercicios de
matemáticas e se porta mal na clase de matemáticas.
Tampouco se debe aplicar esta estratexia por sorpresa. O alumno debe estar
informado das condutas que lle van a corrixir e do procedemento a aplicar. Ademáis
debemos combinar esta técnica co reforzo positivo da conduta alternativa.
Técnicamente estaremos aplicando o ILLAMENTO ou TIME-OUT (TEMPO FÓRA).
-Podemos tamén utilizar fichas ou utros obxectos similares. Estas fichas, o neno
poderá intercambialas polos premios que previamente acordemos con él.
Dependendo do neno, unha ficha pode conseguila por non interrumpir durante unha
sesión de clase, por unha ou varias liñas ben escritas, por fixar a atención durante un
tempo determinado, etc.).
Estamos aplicando a técnica de ECONOMÍA DE FICHAS.
-En ocasións resulta útil (sobre todos cos nenos maiores- 3º ciclo E.P.-), establecer
un acordo escrito. Un contrato mediante negociación previa no que deben indicarse
tanto as consecuencias positivas como as negativas polo seu incumprimento. Será
asinado por ambas partes.
A ventaxa destes CONTRATOS DE CONDUTA é que o alumno coñece perfectamente
e asume as consecuencias de determinadas condutas.
-TÉCNICAS DE AUTOCONTROL:
Esta técnica, dirixida a nenos desde E. Infantil ata
segundo curso de E. Primaria, ten como obxectivo
favorecer o autocontrol e a relaxación ante situacións
estresantes ou que lle xeran rabia.
Na aplicación da técnica terase en conta:
-O educador parte da explicación dun conto
(que aparece na páxina seguinte) para que o neno se
identifíque co personaxe que o protagoniza.
-Ante unha situación potencialmente estresante, o
mestre di a palabra «tartaruga», o neno adopta unha
posición previamente adestrada (imitando á
tartaruga introducíndose dentro do seu caparazón:
queixo no peito, mirada ao chan, brazos e puños
pechados e en tensión, estirados ao longo do corpo)
contar ata 10 e proceder a relaxar de novo todos os
seus músculos.
-O mestre ha de reforzar ou premiar este
adestramento ou posterior aplicación para que o
neno se aníme a utilizar esta estratexia de forma
autónoma cando se senta inquedo ou ante situacións
que lle resultan de difícil control.
Fai moito tempo, nunha época moi afastada, vivía unha tartaruga pequena e alegre. Tiña _____anos e xusto
acababa de empezar _______ de primaria. Chamábase Xan-tartaruga. A Xan tartaruga non lle gustaba ir á
escola. Prefería quedar na casa coa súa nai e a súa irmanciña. Non quería estudar nin aprender nada: só lle
gustaba correr e xogar cos seus amigos, ou pasar as horas mirando a televisión. Parecíalle horrible ter que
ler e ler, e facer eses terribles problemas de matemáticas que nunca entendía. Odiaba con toda a súa alma
escribir e era incapaz de acordarse de apuntar os deberes que lle pedían.Tampouco se acordaba nunca de
levar os libros nin o material necesario á escola.
Na clase, nunca escoitaba á profesora e pasaba o tempo facendo ruidiños que molestaban a todos.Cando se
aburría, que pasaba a miúdo, interrompía a clase berrando ou dicindo bobadas que facían rir a todos os
nenos.
Ás veces, intentaba traballar, pero facíao rápido para acabar de contado e volvíase tola de rabia, cando, ao
final, lle dicían que o que fixera estaba mal. Cando pasaba isto, engurraba as follas ou rompíaas en mil
anacos. Así pasaban os días...
Cada mañá, de camiño ó colexio, dicíase a sí mesmo que se tiña que esforzar en todo o que puidese para
que non a castigaran. Pero, ao final, sempre acababa metido nalgún problema. Case sempre se enfadaba
con alguén, pelexábase constantemente e non paraba de insultar. Ademais, unha idea empezaba a roldarlle
pola cabeza: «son unha tartaruga mala» e, pensando isto cada día, sentíase moi mal.
Un día, cando se sentía máis triste e desanimado que nunca, atopouse coa tartaruga máis grande e vella da
cidade. Era unha tartaruga sabia, tiña polo menos 100 anos, e de tamaño enorme. A gran tartaruga
achegouse á tartaruguiña e desexosa de axudala preguntoulle que lle pasaba:
¡Ola! -díxolle cunha voz profunda- direiche un segredo: ¿non sabes que levas encima de ti a solución aos
teus problemas?».
Xan-tartaruga estaba perdido, non entendía de que lle falaba. « ¡O teu caparazón!» exclamou a tartaruga
sabia. Podes agacharte dentro de tí sempre que te deas conta de que o que estás facendo ou dicindo
prodúceche rabia. Entón, cando te atopes dentro do caparazón terás un momento de tranquilidade para
estudar o teu problema e buscar unha solución. Así que xa o sabes, a próxima vez que te irrites, agáchate
rapidamente.»
A Xan-tartaruga encantoulle a idea e estaba impaciente por probar o seu segredo na escola. Chegou o día
seguinte e de novo Xan-tartaruga equivocouse ao resolver unha suma. Empezou a sentir rabia e furia, e
cando estaba a piques de perder a paciencia e de engurrar a ficha, recordou o que lle dixo a vella tartaruga.
Rapidamente encolleu os braciños, as pernas e a cabeza e apertounos contra o seu corpo, póndose dentro
do caparazón. Estivo un anaco así ata que tivo tempo para pensar que era o mellor que podía facer para
resolver o seu problema. Foi moi agradable atoparse alí, tranquilo, sen que ninguén a puidese molestar.
Cando saíu, quedou sorprendida de ver á mestra que lle miraba sorrindo, contenta porque se puidera
controlar.
Despois, entre os dous resolveron o erro («parecía incrible que cunha goma, borrando con coidado, a folla
volvese estar limpa»). Xan-tartaruga seguiu poñendo en práctica o seu segredo máxico cada vez que tiña
problemas, ata na hora do patio. Pronto, todos os nenos que deixaran de xogar con él polo seu mal carácter,
descubriron que xa non se enfadaba cando perdía nun xogo, nin pegaba sen motivos. Ao final do curso, Xan-
tartaruga aprobou todo e nunca máis lle faltaron amigos.
-CONFIANZA NAS POSIBILIDADES DO ALUMNO- Por encima de todo transmitir
confianza nel e facerlle ver cada vez que teñamos ocasión, os seus logros. Non
presupoñer que é vago nin pensar que o fai mal deliberadamente.
-As NORMAS e LÍMITES proporcionan un ambiente estructurado, axudan a fomentar
o autocontrol porque lle indican ó neno que se espera del así como as consecuencias
cando non as cumpre.
De cando en vez hai que permitirlle desafogarse: borrar o encerado, ir a buscar
algunha cousa, ir a beber, ordenar a biblioteca de aula, facer algún recado…
-Procurar cambiar a linguaxe que utilizamos con él. Utilizar unha linguaxe de
autoestima: positiva e evitando acusacións, comentarios irónicos, desvaloracións e e
ningún caso facer uso das ridiculizacións. En xeral cambiar o verbo “ser” polo
“estar”: “a túa mesa está desordenada” por “eres un desordenado”.
- ¿Sabe o teu alumno que tipo de comportamento
esperas del?
- Eloxiaches suficientemente o bo comportamento?
- ¿Este eloxio foi concreto, evitando ambigüidades
como poden ser «portarse ben»?
- Pode ser que se comporte mal porque reclama unha
atención que non recibe por outras condutas que leva a
cabo e cústanlle?
-Es persistente na aplicación de estratexias para a mellora
da súa conduta?
- ¿Es paciente á hora de esperar cambios na súa conduta
ou esperas que esta se dea de forma repentina?
- ¿Reforzas os intentos que poida facer o neno para así
aproximarse á conduta que esperas del?
- ¿Supervisas a miúdo que non pasen desapercibidos os
pequenos avances?
- Cres nel e na posibilidade de que mellore a súa conduta?
- ¿Es respectuoso, sensible, atento ás súas dificultades
(identificando iso que realmente lle custa)?
- Dedícaslle suficiente tempo, falas con el, escóitalo?
COMO PODEMOS AXUDARLLES NO TRABALLO CURRICULAR DIARIO DE CLASE
-Debemos ter en conta en todo caso que este tipo de nenos van a ter dificultades
cando:
-a tarefa é difícil e aburrida.
- lle exiximos un traballo prolongado.
-estén en situacións de pouco control: espazos abertos, excursións, patios…
- se realicen cambios que o neno non controla.
- o neno non sabe o que se espera del.
- só se lle recordan os erros e non se acepta como é.
- non se lle respecta (se lle chilla, ameaza…)
- se lle castiga en exceso.
-A información ós compañeiros:
“É imprescindible que os compañeiros do hiperactivo saiban cal é o problema
e que tipo de axudas precisa de nós. Se non é así:
-Non entenderán as súas condutas e interpretaranas mal.
-Non entenderán a nosa atención hacia eles.
Pode ser interesante traballar na clase con todos:
-somos diversos
-temos necesidades distintas porque somos diversos: uns necesitan
gafas, outros aparello corrector de dentes, outros necesitan ter
actividade continuamente, outros non oen ou non ven, outros…
-que necesidades teñen os nenos hiperactivos.
-¿como podemos axudar a un compañeiro hiperactivo?
-comprender as diferenzas de atención cara a eles.
-actuar como compañeiros titores que axuden a centrarse ó
hiperactivo.
-animalo cando se esforce por mellorar o comportamento (neste
caso os compañeiros deben ser recompensados se seguen o
programa).
-participar en xogos como o da tartaruga.
-Utilizar os datos dos REXISTROS para que o alumno vaia vendo a súa evolución nos
mesmos. O alumno debe implicarse no deseño e seguimento dos obxectivos que
queiramos acadar. (Realizar as tarefas sen abandonar ata rematar, traballar
tranquilamente, permanecer no seu sitio, cumplir os requisitos da tarefa, etc)
Potenciar a AUTOAVALIACIÓN do alumno.
-COIDAR A UBICACIÓN FÍSICA NA AULA- Debemos asignarlle un sitio cos menos
distractores posibles (non ven mal sentarse no seu pupitre para ter a visión que ten
él). Procurar evitar que estean situados preto das ventás e coidar que nos pupitres
aparezan só os materiais indispensables para o traballo.
Procurar que teña ó seu lado compañeiros que sexan modelos apropiados: atentos,
ordenados…
-TRABALLAR A MEMORIA A CURTO PRAZO (MEMORIA DE TRABALLO)
Estes nenos adoitan ter dificultades de memoria, especialmente de memoria a curto
prazo. Esquécense con moita facilidade das indicacións, instruccións que acaban de
ler ou que lles acaban de dar…
-Convén avaliar os patróns de memoria a curto prazo, visual ou auditiva, para
ver cal é mellor. Utilizar os resultados que se obtiveran cando se presenten as
indicacións, explicacións ou instruccións.
-Facer que o alumno repita as instrucións ou as tarefas a facer.
-Facer que o alumno repita partes da información que está recibindo (repetir
nomes, cantidades, datas de sucesos, etc.) para aumentar os patróns de
memoria a curto prazo.
-Ensinalo como organizar a información en unidades máis pequenas. Por
exemplo: o número: 986345687 pode dividirse en secuencias de números máis
fáciles de lembrar: 986 34 56 87
-Utilizar claves de memoria asociativa.
-Expresión oral acerca de saídas do colexio, acontecementos especiais,
lecturas, vivencias, etc. (exixindo progresivamente cada vez máis coherencia e
riqueza nos detalles).
-Desenrolar o esquema de acontecementos diarios aos demáis compañeiros.
-Utilizar o ditado de oracións para desenrolar os patróns de memoria a curto
prazo. Comenzando por oracións de 3-4 palabras e incrementando
progresivamente a lonxitude das oracións.
-Mostrar un obxecto ou o seu debuxo durante uns poucos segundos. Pedirlle
que lembre atributos específicos de ese obxecto (tamaño, cor, forma). O
mesmo con láminas con varios debuxos
-Colocar “cartas” con fotos de diversos motivos: animais, obxectos, etc. Dar á
volta ás cartas: tratar de adiviñar que foto corresponde a cada carta.
- Asegurarse de que está atendendo (que se está producindo contacto visual,
está mirando a tarefa, as mans están libres de material, etc).
-Deter en varios momentos a presentación da información para avaliar a
comprensión.
-Darlle unha tarefa cada vez para facer. Introducir a seguinte só cando teña
completado con éxito a anterior.
-Memorización (progresiva en extensión) de: poemas, cancións, etc.
-Facer que resuma as indicacións, explicacións, instrucións…
-AXUDARLLE A ORGANIZARSE- O seu pupitre debe estar ordenado. O mesmo a súa
mochila, as notas que leva a casa, a axenda, o seu material. Esta organización debe
mantela igualmente na casa tratando de que cada vez adquira máis autonomía.
-OFRECERLLE PEQUENAS AXUDAS PARA ORIENTALO- Pode ser útil proporcionarlle
antes da explicación dun tema, un listado de conceptos “clave” ou un pequeño
esquema explicativo que lle permita extraer a información principal e “situalo” no
tema.
É importante proporcionarlle información clara e concreta sobre os criterios que
empregamos para considerar aceptable un traballo.
-FACER UN SEGUIMENTO CONTÍNUO DO ALUMNO- Na medida do posible, estar
pendente del na clase tratando de que participe. Pode encargarse él de escribir as
ideas claves na pizarra.
Facerlle preguntas sobre o traballo que esté realizando ou sobre o tema que se está
tratando para asegurarnos de que está centrando a atención.
Asegurarnos de que entendeu ben o exercicio. Cando se lle presenta moita
información procurar destacar os conceptos clave ou máis importantes.
Manter un contacto ocular con certa frecuencia durante as explicacións dos temas.
Utilizaremos claves e sinais non verbais (mirada, acenos coa man…) para redirixir a
súa atención.
De vez en cando o profesor pasea pola clase comprobando o que está facendo
proporcionándolle retroalimentación sobre o traballo.A supervisión ha de servir para
anticipar e previr situacións.
De vez en cando collelo aparte (titoría individualizada) para lembrarlle os obxectivos,
os compromisos, as consignas, os logros…
-Utilizar o recurso das TITORÍAS ENTRE ALUMNOS tanto para que outros alumnos lle
poidan axudar a revisar os conceptos fundamentais como para permitirlles que eles
poidan explicar cousas que saben a outros compañeiros.
-Establecer un período de tempo no que o neno pode manter a súa atención centrada
na tarefa. Reforzar e ir aumentando progresivamente o seu esforzo atencional en
lugar de rifarlle ou forzalo para que traballe durante máis tempo. É dicir, ir
GRADUANDO O NIVEL DE TRABALLO E OBXECTIVOS en función das posibilidades
e dos progresos do neno.
Da mesma maneira, debemos utilizar este recurso no traballo diario das
materias seleccionando coidadosamente o nivel de dificultade das actividades a fin
de que non se produza a frustración e o abandono.
Se o alumno é lento para realizar as tarefas, é preferible baixar o listón de
productividade. É preferible que remate catro exercicios ben feitos a que faga oito
mal.
Propoñerlle pouco traballo moitas veces dará mellor resultado ca moito dunha soa
vez.
-ADAPTAR A AVALIACIÓN. Nos exames debemos comprobar se o fracaso na
avaliación é producto dos baixos coñecementos ou se o mesmo exame é a situación
problemática. Por exemplo, se un alumno ten dificultades na expresión escrita, non
debemos avaliar o C. do Medio só por esa vía.
Procurar que as probas-exame non sexan longas. Usar un formato sinxelo para evitar
distraccións. Como norma xeral, o indicado sería presentar soamente unha ou dúas
preguntas en cada páxina separadas por un amplo espazo en branco.
-DAR REFERENCIAS DE TEMPO. Adoitan ter dificultades na percepción do tempo
polo que é desexable facer de cando en vez referencias ó mesmo: (faltan vinte
minutos para saír ó recreo, dentro de dez minutos cambiaremos de actividade,
levamos xa media hora con este traballo…).
Darlle un tempo adicional cando se precise para que poida realizar o traballo con
calidade. Establecer niveis progresivos de calidade e exactitude.
-COORDINACIÓN DOS ADULTOS. Compartir os mesmos criterios de exixencia e
calidade por parte de todas as persoas que traballen con él.
-INSISTENCIA NA EXPOSICIÓN DAS NORMAS. Lembrar de forma breve pero con
certa frecuencia, as normas sociais que regulan o comportamento na clase (pedir
permiso para falar, falar en voz baixa, non agredir –pegando ou insultando-, non
interrumpir ó profesor cando está falando…).
-CRER NAS SÚAS POSIBILIDADES. Seguir crendo no neno a pesar das frustracións e
dos altibaixos. Intentar sacarlle partido ós aspectos positivos. Adoitan ser nenos
imaxinativos, moi observadores (fíxanse nos detalles), espontáneos, teñen “chispa”,
alegría, son entusiastas, de emocións intensas e moitas veces son amigables,
cariñosos e sensibles.
-Demostrarlle que mellora. Facer posible que poida comprobalo con claridade.
-Exixirlle que repita en voz alta as instruccións que debe seguir para realizar
determinado exercicio ou traballo.
-Non debemos esperar que domine pronto a información que recibe. Ser constante.
-Si comete demasiados erros en determinadas tarefas, prantexarse si tales tarefas
son apropiadas neste momento.
-Proporcionar información aos pais de como axudar ó alumno na casa.
-Facer as modificacións necesarias para que poida emprender cun mínimo de
garantías de éxito a tarefa encomendada.
-Pedirlle que sexa produtivo en presenza de estímulos visuais ou auditivos durante
curtos periodos de tempo. Segundo vaia respondendo ben, aumentar o tempo de
exposición.
-Asegurarse de que sabe o que ten que facer cando non saiba como resolver unha
tarefa (levantar a man, instrucións a seguir, ir ó diccionario, acudir ó profesor, a un
compañeiro, en que condicións e cando debe facelo…).
-Procurar presentarlles actividades novidosas con poucos detalles irrelevantes.
-Asegurarse de que anota as tarefas e a data en que ten que presentalas.
-Evitar que a axenda se convirta exclusivamente nun espazo para exercer a crítica e
reseñar aspectos negativos. Reflexar tamén os aspectos positivos.
Algunhas notas soltas para axudalos en Matemáticas e Linguaxe: non é obxectivo
deste traballo (tal vez de outros posteriores) profundizar en como axudar nos
aspectos concretos das matemáticas e da linguaxe, así que só se farán algunhas
recomendacións xenéricas dos aspectos nos que estes alumnos solen presentar
dificultades.
NAS MATEMÁTICAS -
-Estes nenos con frecuencia son impulsivos. Dan a primeira resposta que lles vén á
cabeza. Sen pensar. Sen ter en conta os pasos da tarefa que teñen diante. Sen
reflexionar.
Debemos entrenalos a abordar as tarefas por pasos (por máis que a nós nos pareza
demasiado evidente) para acadar un resultado. Hai numerosas propostas neste
sentido. A continuación ofrécese un exemplo de cómo pode darse instruccións a sí
mesmo (previamente o adulto fará de modelo nesta tarefa) para a comprensión dos
problemas de matemáticas. Insistimos en que esto é un exemplo e este
“desmenuzamento” dos pasos pode aplicarse con algunhas variacións ou
adaptacións para outras actividades:
Podemos utilizar calquera sinal gráfica que nos axude a deternos (pode ser un sinal
de stop). Debemos entrenar ao alumno previamente no significado deste sinal:
1-Paro-
Estou sentado. Vou a concentrarme no problema a non vou estar pendente de
nada nin de ninguén que non sexa o problema. Non vou falar de ningún outro tema
que non sexa o problema ata que remate.
2-Leo-
Leo despacio intentando saber o que me conta o problema de maneira que eu
saiba contalo a outra persoa (anotando os datos cando esto facilite o traballo).
Subliño previamente as palabras clave.
3-Comprobo-
Que eu sei contar o problema correctamente así como o que piden. Pode
axudar para visualízalo con máis claridade utilizar debuxos ou diversos materiais
manipulables: fichas, bolas…
4-Decido-
-Identifico os pasos que debo seguir para facer o problema e sobre todo cal é o
primeiro.
-Identifico cal é a operación que debo utilizar no primeiro paso tendo en conta:
Sumar: engadir ou xuntar
Restar: quitar
Multiplicar: sumar cantidades iguais
Dividir: Repartir.
-Identifico os pasos posteriores ata chegar á solución. Resolvo cada ún deles.
-Escribo a solución cunha frase que resposte a cada pregunta do problema.
5-Repaso-
-Debo comprobar que o resultado ten sentido. É congruente.
-Repaso as operacións.
Estamos empregando as técnicas cognitivo-conductuais de AUTOINSTRUCCIÓNS e
MÉTODOS DE RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS.
Debemos utilizar autoinstruccións en todas as materias.
-É aconsellable practicar exercicios de RELAXACIÓN. Algúns autores falan de
empregar este recurso en periodos curtos (non máis de 15 minutos) en 2 ou 3
sesións semanais.
-Empregar técnicas de AUTOCONTROL poden ser moi útiles en determinados
momentos. Un exemplo: a técnica da tartaruga:
CANDO HAI DIFICULTADES DE COMPRENSIÓN DOS PROBLEMAS:
-A Través de situación e problemas sinxelos, facer preguntas curtas:
-1-
-Onte foron ao parque Manuel, Xan e Sabela. Os nenos xogaron ao tenis e a nena ao
baloncesto.
-¿Cantos nenos foron ó parque?
-¿Cando?
-¿A que xogou a nena?
-¿Cantos xogaron ó tenis?
-2-
Xan ten que colocar 14 caixas con 6 peras cada unha e 12 caixas con 4 peras cada unha.
¿Cantas caixas ten que colocar?
-3-
Manuel ten unha bolsa con 8 mazás, xan outra bolsa con 5 peras e Sabela outra con 6
melocotóns.
-¿Cantas mazáns ten Sabela?
-¿Cantas peras hai en total?
-Ensinarlle a representar os datos do problema por medio de debuxos a medida que
vai descifrando o enunciado.
-Utilizar materiais manipulables: bolas, fichas, garavanzos…
CANDO SON LENTOS NAS OPERACIÓNS:
-Facer prácticas de cálculo mental rápido. Sesións curtas e frecuentes.
-Facer prácticas de cálculo rápido das distintas operacións para mellorar a
mecanización (hai que ter en conta que adoitan ter dificultades moitas veces na
memorización dos algoritmos; na mecanización das operacións. Por eso convén con
certa frecuencia facer prácticas deste tipo. Este tipo de exercicios debe ser breve e
constante. Pode cansar se se prolonga e non se orienta hacia unha constante
superación tomando rexistros, avaliando, etc.
Para facer este tipo de exercicios podemos utilizar tarxetas (nun lado a operación e
no outro o resultado). Sacar tarxeta e decir o resultado: pódese facer cun tempo
estipulado, xogar por equipos e facer competicións ou cantas variantes se nos
ocurran. Tamén podemos cronometrar ou xogar por equipos a realización de
operacións nas que se teñan dificultades.
NA LINGUAXE
FACENDO ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL:
Aquí valen todas as propostas de expresión oral, tanto sexan actividades como todo
tipo de estratexias que poidamos ofrecerlles. Van algunhas como exemplo:
-Recordarlles cal é o tema cando empezan a divagar.
-Facerlles preguntas que dirixan a conversa ¿Qué facías ti? ¿Quen estaba alí?
-Prácticas de diálogo co seu compañeiro
-En pequeno grupo que falen sobre algo e logo un deles que expoña o que trataron.
-Conversas sobre distintos temas: películas, libros, visitas, etc.
-Expresión de sentimentos, estados de ánimo…
-Contar chistes, adiviñas…
-Tratar de ordenarlle o seu discurso: que quere dicir primeiro, despois, logo…
-Propoñerlle que faga pequeñas exposicións axudándolle nós a secuencialas.
-Utilizar algunha información de interese para establecer unha conversación.
-Nas nosas exposicións e explicacións:
-estructurar a información dividíndoa en pequenas partes fáciles de captar.
-establecer contacto ocular co neno. Tanto ó comenzó como durante a
exposición.
-preparar o ambiente de xeito que non haxa interferencias. Evitar ruídos.
-expresarse con entusiasmo
-evitar detalles supérfluos e palabras innecesarias.
-poñer énfase nas palabras importantes.
-comprobar que o alumno entendeu o que é importante.
-procurar que manteña o contacto ocular. Se non o fai, lembrarllo.
-SE REXEITAN A LECTURA:
-procurar converter o momento da lectura nun momento agradable.
-ler todos os días con él.
-intentar facer predicións sobre o tema da lectura.
-facer lectura conxunta: o adulto le un parágrafo e o neno le outro.
-se pode ler só, que lea un libro moi breve cada día.
-formar a súa biblioteca cos libros que terminou de ler.
-ter coidado cos tempos longos.
-suxerir actividades motivadoras:
-Utilizar “caixas sorpresa” nas que se introduzan tarxetas que lle aporten unha
inrormación útil e agradable para él (p.e: cando acabes de ler este libro iremos
á…).
-xogos de mesa que impliquen ler: trivial, dominós de chistes…
-ler noticias como presentadores de televisión (darlle noticias escritas).
-libros-xogos.
-xogo de buscar tesouros (tarxetas con pistas que o leven a un bo final).
-debuxar escenas que representen algunha parte do contido da lectura.
-SE SILABEAN:
-confeccionar tarxetas escribindo en cartulinas palabras con dificultades:
-mostrarlle unha tarxeta durante uns segundos e que trate de recoñecela.
-introducir as tarxetas nunha caixa. O neno colle unha. Se a recoñece, gaña.
-nun tempo determinado (por exemplo 2 minutos) debe ler o maior número de
palabras posible (anotar as que leu ben ou mal). Pedirlle que repita as que leu
mal.
-SE SEGUEN A LECTURA CO DEDO OU SALTAN LIÑAS AO LER:
-Cada día ler un texto fraccionado (presentado en columnas pero que hai que ler en
horizontal):
Unha cabra vivía con sete filliños nunha casiña
moi bonita. Un día, antes de saír para facer
a compra díxolles: …………….
-Utilizar un cartón sinalador para reseguir a lectura.
MELLORAR A COMPRENSIÓN LECTORA:
Moitos destes nenos teñen dificultades de comprensión lectora (aínda que non
todos). As dificultades tanto para focalizar a atención como para mantela
evidentemente son dificultades engadidas ás propias de comprensión: falla de
vocabulario, dificultade nas inferencias, situarse no contexto, identificar as claves
para cada tipo de texto, etc.
Sería longo enumerar aquí actividades para traballar a comprensión lectora, pero sí
debemos ter en conta que solen ser impulsivos, polo que respostarán moitas veces
sen ter en conta se entenderon ben. Hai que asegurarse de que entenden o
vocabulario da lectura e de que van entendendo párrafo a párrafo ou se é preciso,
frase a frase e ir desmenuzando a lectura por pequenos trozos dándolle pistas se é
necesario para localizar as ideas clave do texto, asegurándose ó remate de que é
capaz de unir eses pequenos anacos facendo unha exposición oral mínimamente
coherente do texto. En casos donde haxa moitas dificultades, debemos prantexarnos
facerlle propostas mais curtas, resumos, cadros sinópticos, esquemas, etc que lle
poidan axudar a sintetizar a información.
Para aqueles nenos, que pola contra, teñen boa comprensión lectora pero a súa
dificultade é derivada únicamente da incapacidade de manter a atención ou de que
se cansan fácilmente, hai que procurar utilizar a medida adecuada de ata donde
poden, tratanto de motivalos para que cada vez sexa maior o tempo de atención.
Reforzar sempre cada mínimo progreso neste aspecto.
SE TEN DIFICULTADES EN XERAL NA ESCRITURA:
-Adaptar, se fose preciso, os materiais e as tarefas para evitar poñelo en situación
de fracaso seguro.
-Non exixir velocidade cando escriba
-Modelar o proceso de expresión escrita
-Crear o hábito de repaso do escrito
-Traballos de copia curtos para habitualo a copiar poñendo atención evitando erros
de tipo disortográfico deixándolle ben claros os obxectivos.
-Animar a ler todo o traballo escrito en voz alta para detectar omisións,
substitucións, adicións…
-Dar unha lista de palabras de transición (ex: aínda que, porque, así que, para…)
para que constrúa frases con elas.
-Facer anotacións diariamente que expresen pensamentos en oracións completas.
-Facelo sempre consciente dos erros que comete e cales son os obxectivos
concretos a conseguir.
- Se ten dificultades na coordinación viso-motriz:
-postura correcta do alumno ante a escritura e prensión e presión adecuadas
do lápiz.
-realizar diariamente pouca caligrafía ben escollida 1 liña para nenos de 1º, 2
para nenos de 2º e así sucesivamente ata 6º).
-Utilizar preferentemente papel de doble raia (pode usarse raia con punteado
superior e inferior cando son pequenos como referencia para as letras que
deben sair da pauta). A cuadrícula é máis complexa para nenos hiperactivos.
Teñen demasiados puntos de referencia.
-Elaborar a caligrafía en función do que necesite (reeducar aquelas letras,
enlaces, xiros… que fai incorrectamente).
-Animalo a xeneralizar no seu traballo diario en todas as situacións aquelo que
aprendeu.
-Propoñer exercicios con letras, palabras, frases, e párrafos desordeados
para formar palabras, frases, párrafos e textos completos.
-Presentar textos con omisións donde teña que completar.
-Localizar “gazapos” en frases e textos adecuados ó seu nivel (adecuar os
gazapos ás súas dificultades concretas).
-construción de frases a partir de palabras relacionadas. P.e: fútbol, portería,
balón.
-Facer unha lista das omisións máis comúns, adicións, substitucións e facer
que se remita a ela cando estea escribindo para que revise os erros.
-Si ten baixa calidade de escritura, exixir tarefas máis curtas pero de maior
calidade.
-Ler e revisar con él os traballos para que sexa consciente da calidade que
presenta nos mesmos.
-Utilizar papel pautado se ten dificultades de grafía.
-Se teñen dificultades no vocabulario e ortografía:
-Os nenos con déficit de atención adoitan ter malos resultados en probas de
memoria auditiva. A elaboración de diccionarios propios pode ser unha boa
alternativa
-Sábese que a maioría dos erros ortográficos prodúcense sobre un total
dunhas 100 palabras. Traballar sobre estas palabras de uso máis frecuente
pode chegar a ser o máis efectivo.
-Os pais destes nenos adoitan ter máis estrés (normalmente máis pronunciado nas
nais que nos pais). É máis intenso cando o fillo é pequeno.
-A veces hai conflictos cos irmáns que ven como a maior parte da atención vai
dirixida a estes nenos. Síntense tratados inxustamente. Por eso é preciso que saiban
o por qué. Nalgunhas ocasións sinten vergoña do irmán.
-O hiperactivo non respecta as cousas dos demáis nin o seu espazo. Hai que poñer
límites e barreiras continuamente en moitos casos.
-Os pais deben prantexarse coidarse e tomar tempo para eles: pasar uns días fóra de
casa, desenvolver aficións, repartir a carga entre pai e nai, ter contacto con outros
pais ou asociacións con nenos destas características, informarse sobre o problema
a través de libros, internet, asociacións, etc.
-Case todos os autores aconsellan organizar o fogar con horarios e rutinas estables,
proporcionando unha estructura previsible polo neno.
-Hai que manter unha comunicación aberta e constante co fillo.
-Os pais deben ser modelos de conducta tranquila, relaxada e positiva (ainda que
sabemos que non é nada fácil).
-Deben ter expectativas realistas sobre o que pode esperar do seu neno.
-Afecto e contacto físico son necesidades importantes para un neno hiperactivo.
-Non pensar nas debilidades do neno senón nas súas potencialidades.
-Adestrarse en técnicas de modificación de conducta.
-Para que a labor do colexio respecto da familia sexa eficaz non debe limitarse a dar
unhas pautas. Ha de profundizar máis. A nosa proposta nese sentido é o protocolo
P.A.I. xa mencionado.
Rematamos cun pequeno resumo de Isabel Orjales – autora que traballa no campo
da hiperectavidade da que reseñamos algunhas obras nas que participou- :
Creo en ti.
Como sei que podes, exíxoche.
E como sei que
che custa
esforzo,
recoñézocho.
Traballando nunha liña de
investigación un pouco
diferente facemos outra
proposta bibliográfica: a do
grupo Albor-Cohs: García Pérez
e Magaz Lago:
GARCIA PEREZ, E.M. (2008):
Adaptaciones Curriculares
Metodológicas para Niños con Déficit
de Atención: Hiperactivos e Inatentos.
Bilbao:COHS. Consultores.
Para Niños y Adolescentes:
GARCIA PEREZ, E.M. (1997): Rubén, el Niño Hiperactivo.
Bilbao: COHS. Consultores. (Para que niños de seis a ocho
años puedan leer sobre sus dificultades y soluciones)
GARCIA PEREZ, E.M. (1997): ¡Soy Hiperactivo!¿Qué Puedo
Hacer?. Bilbao: COHS. Consultores. (Para que niños de
nueve a catorce años puedan leer sobre sus dificultades y
soluciones)
Recomendados para Padres y Público en general:
BAUERMEISTER, J.J. (2002): Hiperactivo, Impulsivo,
Distraído. ¿Me Conoces?. Bilbao: COHS. Consultores.
GARCIA PEREZ, E.M. y MAGAZ, A. (2003): Mitos, Errores y
Realidades sobre la Hiperactividad, Guía para Padres y
Profesionales. Bilbao:COHS. Consultores.
GARCIA PEREZ, E.M. y MAGAZ, A. (2003):
HIPERACTIVIDAD. Guía para Padres. Bilbao:COHS.
Consultores.
-Para traballar a atención:
-PEMPA. (Para, escucha, mira, piensa, actúa) Programa para o desenrolo da reflexividade e o
autocontrol (de 4 a 8 anos). X.Bornas, M. Servera e Mª R. Galván- Grupo Albor Cohs.
-ENFÓCATE. Programa e entrenamento en Habilidades Atencionais. De 6 a 14 anos.
-ESCUCHA. Programa para a mellora da atención auditiva. De 6 a 14 anos
-PIAAR. Nivel 1, de 7 a 11 anos. Nivel 2, de 12 a 14 anos.
-Programa de adestramento para descifrar instruccións escritas. Comprensión lectora para
estes nenos. A partir de 6 anos.
- Programas de intervención cognitivo-conductual para niños con déficit de atención con
hiperactividad.
Isabel Orjales e Polaino Lorente
Para nenos de 6 a 12 anos.
-Para traballar as relación interpersoais e sociais:
-Programa de resolución de problema para nenos: “PENSA EN VOZ ALTA”. Habilidades
cognitivas e sociais na infancia. Promolibro Valencia- Bonni W. Camp e Mari Ann S. Bash.
-Niños Hiperactivos- Guía para a familia e a escola- Robert E. Valett- Edit: Cincel-Kapelusz.
-ESCEPI. Programa de mellora das habilidades cognitivas en relacións interpersoais.
-AVANCEMOS. Programa de habilidades sociais.
-PEHIS. Programa de habilidades sociais.
1-Guía práctica para educadores- El alumno con TDAH- Trastorno por déficit de atención con o sin
hiperactividad-
B. Mena Pujol, R. Nicolau Palou e outros.
Ediciones Mayo
ADANA FUNDACIÓ, 2006.
2-A hiperactividade na escola
Materiais de Aula 4
Xunta de Galicia, 2001
3-Como vivir con un niño hiperactivo
C. Ávila e A. Polaino Lorente, 1999
Narcea: Madrid
4-Estrategias de intervención en la Hiperactividad Infantil y sus consecuencias en el rendimiento académico.
C. Ávila e colaboradores, 1991
Narcea: Madrid
5-Déficit de atención con hiperactividad
Manuel para padres y educadores
Isabel Orjales Villar
CEPE, 1998.
6-Niños hiperactivos: como comprender y atender sus necesidades especiales
Edt. Paidós: Barcelona, 1999
7-Programas de intervención cognitivo-conductual para niños con déficit de atención con hiperactividad.
Isabel Orjales e Polaino Lorente
CEPE, 2000
8-Madres de niños con TDAH. Testimonios de madres con hijos hiperactivos.
J de J editores, 2005.
9-S.O.S. en el aula. Ayudas para profesores de niños hiperactivos e inatentos.
E. Manuel García Pérez
Editorial: Grupo Albor-Cohs.
10-GARCIA PEREZ, E.M. y MAGAZ, A. (2003): Mitos, Errores y Realidades sobre la Hiperactividad, Guía para
Padres y Profesionales. Bilbao: COHS. Consultores.
www.aportodas.org
www.tda-h.com
www.gac.com.es
www.f-adana.org
www.aesi-tda.org
www.adhd.com.ar
www.cpye.com
www.anhida.org
www.tda-h.com/dedalo.htm

More Related Content

Viewers also liked

William T Franz Resume
William T Franz ResumeWilliam T Franz Resume
William T Franz Resume
William Franz
 
Jacobs tram
Jacobs tram Jacobs tram
Jacobs tram
Roi
 
Los adolescentes y las redes sociales
Los adolescentes y las redes socialesLos adolescentes y las redes sociales
Los adolescentes y las redes sociales
Avel-lí Capó
 
ICWES15 - Comparison of Solar Sorption Cooling Systems Using Trnsys Software....
ICWES15 - Comparison of Solar Sorption Cooling Systems Using Trnsys Software....ICWES15 - Comparison of Solar Sorption Cooling Systems Using Trnsys Software....
ICWES15 - Comparison of Solar Sorption Cooling Systems Using Trnsys Software....
Engineers Australia
 
I diretriz sobre o consumo de gorduras e saúde cardiovascular 2013
I diretriz sobre o consumo de gorduras e saúde cardiovascular 2013I diretriz sobre o consumo de gorduras e saúde cardiovascular 2013
I diretriz sobre o consumo de gorduras e saúde cardiovascular 2013
Arquivo-FClinico
 
101 desafios matemáticos www.livros gratis.net
101 desafios matemáticos www.livros gratis.net101 desafios matemáticos www.livros gratis.net
101 desafios matemáticos www.livros gratis.net
DarkMare
 

Viewers also liked (15)

Truccsa Catalogue Eng
Truccsa Catalogue   EngTruccsa Catalogue   Eng
Truccsa Catalogue Eng
 
3. ed ssc-presentation
3. ed ssc-presentation3. ed ssc-presentation
3. ed ssc-presentation
 
William T Franz Resume
William T Franz ResumeWilliam T Franz Resume
William T Franz Resume
 
Jacobs tram
Jacobs tram Jacobs tram
Jacobs tram
 
BOLETÍN GRAN VEGA
BOLETÍN GRAN VEGABOLETÍN GRAN VEGA
BOLETÍN GRAN VEGA
 
guanARTEme PARA LA MEJORA SOCIAL
guanARTEme PARA LA MEJORA SOCIALguanARTEme PARA LA MEJORA SOCIAL
guanARTEme PARA LA MEJORA SOCIAL
 
Los adolescentes y las redes sociales
Los adolescentes y las redes socialesLos adolescentes y las redes sociales
Los adolescentes y las redes sociales
 
HABITAT LAC - Taller Intranet
HABITAT LAC - Taller IntranetHABITAT LAC - Taller Intranet
HABITAT LAC - Taller Intranet
 
Objetivo 6 ODM UNCP Junin
Objetivo 6 ODM UNCP JuninObjetivo 6 ODM UNCP Junin
Objetivo 6 ODM UNCP Junin
 
ICWES15 - Comparison of Solar Sorption Cooling Systems Using Trnsys Software....
ICWES15 - Comparison of Solar Sorption Cooling Systems Using Trnsys Software....ICWES15 - Comparison of Solar Sorption Cooling Systems Using Trnsys Software....
ICWES15 - Comparison of Solar Sorption Cooling Systems Using Trnsys Software....
 
I diretriz sobre o consumo de gorduras e saúde cardiovascular 2013
I diretriz sobre o consumo de gorduras e saúde cardiovascular 2013I diretriz sobre o consumo de gorduras e saúde cardiovascular 2013
I diretriz sobre o consumo de gorduras e saúde cardiovascular 2013
 
Role of Physiotherapist In Our Life
Role of Physiotherapist In Our LifeRole of Physiotherapist In Our Life
Role of Physiotherapist In Our Life
 
Bruxismo
BruxismoBruxismo
Bruxismo
 
101 desafios matemáticos www.livros gratis.net
101 desafios matemáticos www.livros gratis.net101 desafios matemáticos www.livros gratis.net
101 desafios matemáticos www.livros gratis.net
 
English: Manga & Anime Lesson
English: Manga & Anime LessonEnglish: Manga & Anime Lesson
English: Manga & Anime Lesson
 

Similar to Guión para atención e tdah

Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.
macusanbla
 
Pautas para desenvolvemento da linguaxe
Pautas para desenvolvemento da linguaxePautas para desenvolvemento da linguaxe
Pautas para desenvolvemento da linguaxe
aurorarra
 
alcohol no embarazo
alcohol no embarazoalcohol no embarazo
alcohol no embarazo
albertycris
 
Tríptico tdah extensión universitaria 2013
Tríptico tdah extensión universitaria 2013Tríptico tdah extensión universitaria 2013
Tríptico tdah extensión universitaria 2013
David Saavedra Pino
 

Similar to Guión para atención e tdah (20)

TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADETRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE
 
Folleto eso
Folleto esoFolleto eso
Folleto eso
 
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptxComo facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
 
Previr problemas de atención
Previr problemas de atenciónPrevir problemas de atención
Previr problemas de atención
 
Tdah pautas profesorado
Tdah pautas profesoradoTdah pautas profesorado
Tdah pautas profesorado
 
A hora dos susupensos 2015
A hora dos susupensos 2015A hora dos susupensos 2015
A hora dos susupensos 2015
 
Libro tdah.indd
Libro tdah.inddLibro tdah.indd
Libro tdah.indd
 
TFG-Defense
TFG-DefenseTFG-Defense
TFG-Defense
 
Somos diferentes
Somos diferentesSomos diferentes
Somos diferentes
 
Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.Periodo de adaptación 2012.
Periodo de adaptación 2012.
 
PRESENTACION1
PRESENTACION1PRESENTACION1
PRESENTACION1
 
Convivencia
ConvivenciaConvivencia
Convivencia
 
Pautas para desenvolvemento da linguaxe
Pautas para desenvolvemento da linguaxePautas para desenvolvemento da linguaxe
Pautas para desenvolvemento da linguaxe
 
alcohol no embarazo
alcohol no embarazoalcohol no embarazo
alcohol no embarazo
 
DIPTICO DE TDAH
DIPTICO DE TDAHDIPTICO DE TDAH
DIPTICO DE TDAH
 
Discapacidade intelectual
Discapacidade intelectualDiscapacidade intelectual
Discapacidade intelectual
 
Discapacidade intelectual
Discapacidade intelectualDiscapacidade intelectual
Discapacidade intelectual
 
Disfemia
DisfemiaDisfemia
Disfemia
 
Tríptico tdah extensión universitaria 2013
Tríptico tdah extensión universitaria 2013Tríptico tdah extensión universitaria 2013
Tríptico tdah extensión universitaria 2013
 
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-VigoPeriodo de adaptación 2015  4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
Periodo de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo
 

Guión para atención e tdah

  • 1.
  • 2. ÍNDICE -INTRODUCIÓN -CARACTERÍSTICAS DOS NENOS CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN -Como se manifestan estes nenos -Nenos con dificultades de atención sen hiperactividade. -Nenos con dificultades de atención con hiperactividade. -Como os vemos nós -Como se ven eles -Nenos con dificultades de atención no noso centro -COMO PODEMOS AXUDARLLES. ALGUNHAS TÉCNICAS -Como podemos axudarlles para mellorar a conduta e o autocontrol. -Como podemos axudarlles no traballo curricular diario de clase. -A FAMILIA DO NENO CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN
  • 3. No noso centro vimos observando un crecente incremento de alumnado con dificultades de atención. Por este motivo, o Departamento de Orientación do centro quere ofrecer algunhas pautas, tanto ó conxunto do profesorado como ás familias para dar resposta a estas dificultades. Este non pretende ser un estudo pormenorizado sobre os nenos con dificultades de atención (para eso remitimos á bibliografía que ofrecemos ó remate do traballo). É unha escolma de consellos básicos que pretenden ser eminentemente prácticos. Unha chamada de atención que nos invite a consultar a bibliografía que propoñemos ou a buscar información a través de outras vías; pero sobre todo, é un intento ofrecer unha información básica actualizada que poida servir tantos a titores/as como a nais ou pais de alumnos con estes retos na vida diaria escolar ou familiar. Intentamos recoller dos diversos autores todo aquelo que os une co fin de non aportar algunha confusión máis senón de aportar medidas que axuden a estes nenos e que os diversos autores, na súa gran maioría, poideran compartir. Para facer unha pequena síntese de cómo están agora mesmo as últimas aportacións respecto deste tema, remitimos á: DECLARACIÓN GLOBAL SOBRE OS TRASTORNOS POR DÉFICIT DE ATENCIÓN (da Alianza polos TDAs): Un pequeno resumo do mesmo podería ser o seguinte. Ó remate do mesmo o enlace ofrécenos a totalidade da devandita declaración: -As capacidades atencionais son unha característica máis das persoas (como a altura ou a cor dos ollos) que dependen de condicións biolóxicas non observables por métodoso directos. Estas capacidades atencionais afectan tanto ás aprendizaxes escolares como sociais. Cando, por dificultades nas capacidades atencionais sen ou con hiperactividade (DA ou DAH), se produce un proceso de progresivo deterioro das relacións familiares, escolares e sociais, é cando aparece a condición de trastorno (TDA ou TDAH) e dependendo da súa intensidade podemos clasificalo en Leve, Moderado ou Grave. -O diagnóstico actual de TDA/TDAH constitúe un acordo entre os profesionais tanto da APA (asociación americana de psiquiatría) como da OMS (organización mundial da saúde) e os criterios aparecen reflexados, respectivamente, nas súas clasificacións: DSM-IV e CIE-10. O diagnóstico actual baséase no seguinte: -Indicadores conductuais suficientes: -dificultades para manter a atención e/ou necesidade de moverse significativamente máis do normal e adecuado en cada caso. -escasos indicadores de comportamento reflexivo ou de falla de atención sostida en tarefas de reflexión. -en ocasións, deficiencia de eficacia atencional e lentitude en procesos cognitivos e motrices. -Estes indicadores deben ser pauta habitual de comportamento e non estar asociados a uns contextos concretos e deben ser observables dende os primeiros anos (dous-tres anos). -Tratamento para estes nenos: O tratamento para estes nenos debe ser psicoeducativo e debe valorarse se convén ademáis un tratamento farmacolóxico. En canto a este último, no momento actual atópase xeralizado o uso do
  • 4. metilfenidato (substancia que aparece en distintos fármacos que se utilizan con estes nenos: (Ritalín, Rubifén, Concerta, Eqasym,...).Novos fármacos antidepresivos (atomoxetina, sttratera) son moito menos eficaces e teñen maiores efectos secundarios. Hai que ter en conta que os fármacos non modifican a condición de TDA-TDAH. É preciso contar con cambios nos hábitos educativos das familias e con adaptacións curriculares no colexio así como proporcionar axuda para que estes nenos regulen a súa conducta atencional e melloren o seu comportamento escolar e social. No seguinte enlace temos a declaración completa: http://www.cit-tdajerez.com/declaracion%20global%20sobre%20los%20tdas.pdf Neste traballo procuramos recoller propostas válidas para nenos con déficit de atención CON ou SEN hiperactividade. Correspóndenos a nós aplicar unhas ou outras en función do neno concreto a quen vaian ser aplicadas. Non se recollen por separado porque moitas delas son válidas para ambos. Tanto as pautas de intervención como os criterios de clasificación das dificultades de atención deberán revisarse e actualizarse en función das novas e contrastadas aportacións de investigacións ou publicacións que vaian aparecendo sobre o tema. Ó remate desta proposta se expón unha pequena bibliografía así como algunhas asociacións e direccións web ás que se pode acudir para ampliar información.
  • 5. ¿COMO SE MANIFESTAN ESTES NENOS ? 1- NENOS CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN SEN HIPERACTIVIDADE Os últimos estudos dinnos que hai sobre un 14% sen diferenza entre nenos e nenas. Teñen un déficit en eficacia atencional; cústalles focalizar e codificar os estímulos visuais e auditivos (neste grupo inclúense moitos disléxicos). Son nenos lentos física e cognitivamente, polo que as veces parecen nenos de baixas aptitudes intelectuais. Non hai moitos diagnósticos porque non adoitan ter problemas comportamentais. Presentan as tarefas sucias e descoidadas. Desobediencia (explícita ou non), resistencia a facer os deberes, distraense con calquera cousa (mesmo cos pensamentos) interrumpindo a tarefa que están facendo. Teñen erros por descoido nas tarefas, dificultades para manter a atención (mesmo en actividades lúdicas). A miúdo escoita pero non se entera do que dicimos. Non segue as instruccións e non remata as tarefas con frecuencia. Evita ou non lle gustan actividades nas que teñan que facer un esforzo mental sostido. Distráense fácilmente con estímulos irrelevantes. Algúns autores utilizan para denominar a estes nenos o término: INATENTOS. Os nenos con TDA que son diagnosticados coidadosamente poden presentar un trastorno asociado ó TCL (tempo cognitivo lento) caracterizado por: -Pasividade -Lentitude -Somnolencia -Falta de enerxía -Confusión -“Estar nas nubes” ou “Soñar desperto”. Na práctica hai menos casos diagnosticados, e, en todo caso, adoitan ter un inicio de diagnóstico e de tratamento máis tardío (o que non quere dicir que sexan menos os nenos con DA que con DAH). Non se considerou o seu problema ata hai relativamente pouco tempo dado que o seu comportamento é moi pouco molesto para os demáis debido a quen non presentan necesidade contínua de moverse nin conducta antisocial. Só é un factor de risco en todo tipo de aprendizaxes: autonomía persoal, social e curricular. Son nenos aos que o profesor ten que chamar contínuamente a atención porque non están atentos. Non se adquire esta dificultade por influencia de ningún factor educativo, traumático, infeccioso, psicolóxico…, aínda que pendente de confirmación, todo apunta a unha influencia xenética que se transmite de xeración en xeración
  • 6. 2-NENOS CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN CON HIPERACTIVIDADE Por término medio haberá 1 alumno destas características en cada clase de 20 alumnos aproximadamente. Máis común en nenos que en nenas en proporción 4 /1. O que aquí funciona dunha maneira diferente é a atención sostida. NON PODE atender moito tempo a unha cousa. Non son máis desobedientes que outros nenos. Simplemente o seu cerebro pídelle cambios atencionais frecuentes, e cando non os poden facer, tenden a moverse para poder activarse Aparte da inatención manifestarán tamén: IMPULSIVIDADE: Contesta precipitadamente; mesmo antes de que se remate de formular a pregunta. A menudo perde ou esquece obxectos necesarios. Ten dificultades para organizar as tarefas e actividades. Interrompe ou inmiscúese nas actividades dos outros, non garda o seu turno. A impulsividade a veces lévao en ocasións a ter accidentes no colexio ou fóra del. A súa conducta prodúcese por un déficit na reflexividade. HIPERACTIVIDADE: Levántase da cadeira. Balancéase. Fai ruidos coa boca ou canturrea, move en exceso as mans e pes, abandona o seu asento na clase ou noutras situacións en que se espera que estea sentado. Corre ou salta excesivamente en situacións en que é inapropiado. Ten dificultades para xogar ou dedicarse tranquilamente ás actividades de ocio. A menudo “está en marcha” (como si tivera un motor) ou fala en exceso. Os síntomas aparecen máis en situacións de grupo e en situación novas. En situacións controladas de un a un normalmente diminúen.
  • 7. ¿COMO OS VEMOS NÓS ? -A menudo confundímolos con nenos maleducados ou vagos. -Teñen maior número de erros ou fracasos. -Encomendámoslles cada vez menos tarefas. -Chamámoslles moito máis a atención. -Sempre están en líos cos compañeiros. A veces poden chegar a ser agresivos pegando ou insultando. -Apenas toleran a frustración. Levan mal que non se atendan as súas peticións. -En ocasións teñen arrebatos emocionais. Poden ser autoritarios e testarudos. -Teñen unha insistencia excesiva. Hai que satisfacer rápidamente as súas peticións. -Presentan labilidade (inconsistencia) emocional. -Polo xeral o rendemento académico está afectado. A menudo non está acorde coas súas posibilidades. -Son desordenados. -A súa conducta “débese á súa falla de vontade e á súa mala fe”. -Cometen moitas faltas de ortografía. -Con frecuencia teñen unha grafía pobre e desorganizada. -Adoitan ter dificultades en certas mecanizacións e secuencias memorísticas (cálculo mental, algoritmos das operacións, tabla de multiplicar…). Algúns destes nenos: -Teñen pouca memoria de traballo. É pouca a información que poden asimilar. -Exprésanse mal: divagan, vanse do tema principal. Non establecen adecuadamente a secuencia da información, céntranse en detalles irrelevantes. Son desorganizados e impulsivos e por tanto vese afectada a coherencia argumental. -Entenden pero “non fixan” a información. “Desaprenden” con facilidade o aprendido. -Non se fixan cando escriben. Comen letras, palabras e ata frases enteiras (mesmo na copia) -Teñen unha mala expresión escrita -Teñen verdadeiras dificultades nos problemas e no razonamento lóxico en xeral. ¿COMO SE VEN ELES ? -Desmoralízanse con frecuencia. Teñen baixa autoestima. -Con frecuencia síntense rechazados polos compañeiros. -Con frecuencia non son populares e síntense menos felices que os demáis nenos. -Síntense inseguros e en ocasións poden manifestar sentimentos depresivos. -Non son populares tampouco entre os adultos que con frecuencia os ven con desconfianza. Teñen sensación de fracaso. -“A pesar de esforzarme non melloro”. Fago moito esforzo nas actividades escritas, cústame a tabla de multiplicar, volvo facer mal o que xa sabía”, (“faga o que faga, fracaso”). -A maioría das actividades son moi aburridas.
  • 8. NENOS CON TDAH NO NOSO CENTRO -No noso centro cúmplense as estadísticas en canto ao número de nenos diagnosticados con TDAH. Sobre un 6% (esto equivale a 1 neno en cada clase- tendo como media, clases de 20 alumnos aproximadamente). Pero non así as proporcións nenos/ nenas. A proporción de nenas é maior que a que sinalan as estadísticas. -Na nosa experiencia non hai un patrón de neno hiperactivo ou con dificultades de atención. A pesar de teren unhas características comúns (fallas de atención, impulsividade…) estes nenos son tan diversos como todos os demáis. Por eso é necesario estudar cada caso. Partir da situación de cada neno: da súa capacidade, das súas dificultades, do seu nivel curricular, da súa situación emocional e do seu entorno sociofamiliar. Dende o punto de vista escolar sí que temos comprobado (sempre segundo as estadísticas do noso propio centro): 1- Que hay nenos diagnosticados con tdah que sen embargo non teñen grandes dificultades en conseguir os obxectivos curriculares ou que sí teñen dificultades pero derivadas da súas características relacionais, da atención e concentración nas tarefas, da súa inconstancia no traballo e non por falla de capacidade intelectual (boa comprensión lectora, boa capacidade de rezonamento e abstracción). A proporción de nenos aquí é maior. 2- Hai nenos sen embargo que ás súas dificultades propias deste diagnóstico, engaden menor capacidade intelectual, falla de vocabulario, dificultades de comprensión lectora importantes e significativas carencias de expresión oral (a veces con divagacións e escasa coherencia argumental), dificultades acentuadas respecto do primeiro grupo na expresión escrita e dificultades no paso do pensamento concreto ó pensamento abstracto.Neste grupo é maior a proporción de nenas. -Poidemos comprobar en numerosas ocasións que cando existe unha boa colaboración colexio-familia e esta se implica na labor educativa do seu fillo, os resultados son moito mellores. Ás veces, non somos conscientes de ata donde chegan as necesidades destes nenos e pola nosa experiencia, sabemos que en moitas ocasións non son suficientes as normais relacións colexio- familia dun neno sen estas dificultades. Hai que incrementar a información, a colaboración e o seguimento destes nenos porque así o exixen as súas necesidades. Desde o noso colexio ofrecemos a posibilidade de facelo a través dun Protocolo de Atención Individualizada (P.A.I.).
  • 9. 1. Acéptao tal como é. Faille sentirse único, valórao como unha persoa e non valores soamente os seus éxitos e competencias 2. Descobre que ten de especial e dillo. Practica o encomio, tendo en conta as súas dificultades e grao de esforzo. Verbaliza todos os aspectos positivos da súa conduta 3. «Cre nel». Ofrécelle confianza. Proponlle responsabilidades coa túa supervisión e axuda. Podes empezar ofrecéndolle actividades coas que sabes que pode conseguir éxitos facilmente 4. Analiza as túas mensaxes. Estas hanse converter en mensaxes positivas que lle indiquen que se espera del/dela (sen esquecer onde están as súas dificultades) 5. Fai uso da linguaxe da autoestima. Mellora a túa comunicación con él. Utiliza unha linguaxe positiva e evita acusacións, ridiculizacións e comentarios irónicos
  • 10. ¿COMO PODEMOS AXUDARLLES PARA MELLORAR A CONDUCTA E O AUTOCONTROL? -Está demostrado en nenos hiperactivos que as ordes repetidas de sentarse aumentan a frecuencia de estar de pé. Pola contra, cando se utilizan eloxios do comportamento de estar sentado, o de estar de pé diminúe. A esto é ó que chamamos o REFORZO POSITIVO. Utilicémolo informando ó neno das condutas que esperamos del. -Combinando os reforzos máis inmediatos e tanxibles (cromos, xoguetes…) cos sociais (atención, eloxio, contacto físico, recompensas, privilexios) incrementaremos máis fácilmente a conducta desexable. A atención e o contacto físico son grandes REFORZADORES. -É útil o que adoitamos facer habitualmente. Se primeiro fas o que debes, despois poderás ter a túa compensación. A modo de curiosidade este recurso tan natural e extendido é tamén obxecto de estudo (Ana Miranda Casas chamouno “Lei da avoa” (se comes o peixe, terás postre). Cunningham chamouno estratexia “cando/entón” (cando fagas os deberes, entón poderás ver a televisión). Xenéricamente, cando relacionamos a conduta actual do neno cun premio posterior estamos aplicando o: “Principio de Premack”. -Non darlles atención cando teñan unha conducta inadecuada. Esto exixe autocontrol e consistencia no profesorado ou nos adultos que atendan ó neno. Lóxicamente esto só se pode facer se non se trata de comportamentos graves ou perigosos. Hai que ter en conta que nos primeiros momentos a conduta pódese agravar ou aumentar a frecuencia. Si prestamos atención nalgún momento podemos estar reforzando a conduta en vez de eliminala. Con esto estamos aplicando a técnica da EXTINCIÓN. -Un procedemento eficaz para tratar a falla de respecto, as interrupcións nas clases, as molestias aos compañeiros, a desobediencia e as pelexas é illalo dos demáis nun lugar aburrido donde non poida atopar estimulacións. Aconséllase unha duración non moi longa. Aproximadamente un minuto por ano de idade ata un máximo de 20 minutos (aplicable en infantil e primaria). Eso sí; non debemos aplicar este procedemento se en lugar de castigar reforzamos o comportamento incorrecto. Por exemplo: se non lle gusta facer os exercicios de matemáticas e se porta mal na clase de matemáticas. Tampouco se debe aplicar esta estratexia por sorpresa. O alumno debe estar informado das condutas que lle van a corrixir e do procedemento a aplicar. Ademáis debemos combinar esta técnica co reforzo positivo da conduta alternativa. Técnicamente estaremos aplicando o ILLAMENTO ou TIME-OUT (TEMPO FÓRA). -Podemos tamén utilizar fichas ou utros obxectos similares. Estas fichas, o neno poderá intercambialas polos premios que previamente acordemos con él.
  • 11. Dependendo do neno, unha ficha pode conseguila por non interrumpir durante unha sesión de clase, por unha ou varias liñas ben escritas, por fixar a atención durante un tempo determinado, etc.). Estamos aplicando a técnica de ECONOMÍA DE FICHAS. -En ocasións resulta útil (sobre todos cos nenos maiores- 3º ciclo E.P.-), establecer un acordo escrito. Un contrato mediante negociación previa no que deben indicarse tanto as consecuencias positivas como as negativas polo seu incumprimento. Será asinado por ambas partes. A ventaxa destes CONTRATOS DE CONDUTA é que o alumno coñece perfectamente e asume as consecuencias de determinadas condutas. -TÉCNICAS DE AUTOCONTROL: Esta técnica, dirixida a nenos desde E. Infantil ata segundo curso de E. Primaria, ten como obxectivo favorecer o autocontrol e a relaxación ante situacións estresantes ou que lle xeran rabia. Na aplicación da técnica terase en conta: -O educador parte da explicación dun conto (que aparece na páxina seguinte) para que o neno se identifíque co personaxe que o protagoniza. -Ante unha situación potencialmente estresante, o mestre di a palabra «tartaruga», o neno adopta unha posición previamente adestrada (imitando á tartaruga introducíndose dentro do seu caparazón: queixo no peito, mirada ao chan, brazos e puños pechados e en tensión, estirados ao longo do corpo) contar ata 10 e proceder a relaxar de novo todos os seus músculos. -O mestre ha de reforzar ou premiar este adestramento ou posterior aplicación para que o neno se aníme a utilizar esta estratexia de forma autónoma cando se senta inquedo ou ante situacións que lle resultan de difícil control.
  • 12. Fai moito tempo, nunha época moi afastada, vivía unha tartaruga pequena e alegre. Tiña _____anos e xusto acababa de empezar _______ de primaria. Chamábase Xan-tartaruga. A Xan tartaruga non lle gustaba ir á escola. Prefería quedar na casa coa súa nai e a súa irmanciña. Non quería estudar nin aprender nada: só lle gustaba correr e xogar cos seus amigos, ou pasar as horas mirando a televisión. Parecíalle horrible ter que ler e ler, e facer eses terribles problemas de matemáticas que nunca entendía. Odiaba con toda a súa alma escribir e era incapaz de acordarse de apuntar os deberes que lle pedían.Tampouco se acordaba nunca de levar os libros nin o material necesario á escola. Na clase, nunca escoitaba á profesora e pasaba o tempo facendo ruidiños que molestaban a todos.Cando se aburría, que pasaba a miúdo, interrompía a clase berrando ou dicindo bobadas que facían rir a todos os nenos. Ás veces, intentaba traballar, pero facíao rápido para acabar de contado e volvíase tola de rabia, cando, ao final, lle dicían que o que fixera estaba mal. Cando pasaba isto, engurraba as follas ou rompíaas en mil anacos. Así pasaban os días... Cada mañá, de camiño ó colexio, dicíase a sí mesmo que se tiña que esforzar en todo o que puidese para que non a castigaran. Pero, ao final, sempre acababa metido nalgún problema. Case sempre se enfadaba con alguén, pelexábase constantemente e non paraba de insultar. Ademais, unha idea empezaba a roldarlle pola cabeza: «son unha tartaruga mala» e, pensando isto cada día, sentíase moi mal. Un día, cando se sentía máis triste e desanimado que nunca, atopouse coa tartaruga máis grande e vella da cidade. Era unha tartaruga sabia, tiña polo menos 100 anos, e de tamaño enorme. A gran tartaruga achegouse á tartaruguiña e desexosa de axudala preguntoulle que lle pasaba: ¡Ola! -díxolle cunha voz profunda- direiche un segredo: ¿non sabes que levas encima de ti a solución aos teus problemas?». Xan-tartaruga estaba perdido, non entendía de que lle falaba. « ¡O teu caparazón!» exclamou a tartaruga sabia. Podes agacharte dentro de tí sempre que te deas conta de que o que estás facendo ou dicindo prodúceche rabia. Entón, cando te atopes dentro do caparazón terás un momento de tranquilidade para estudar o teu problema e buscar unha solución. Así que xa o sabes, a próxima vez que te irrites, agáchate rapidamente.» A Xan-tartaruga encantoulle a idea e estaba impaciente por probar o seu segredo na escola. Chegou o día seguinte e de novo Xan-tartaruga equivocouse ao resolver unha suma. Empezou a sentir rabia e furia, e cando estaba a piques de perder a paciencia e de engurrar a ficha, recordou o que lle dixo a vella tartaruga. Rapidamente encolleu os braciños, as pernas e a cabeza e apertounos contra o seu corpo, póndose dentro do caparazón. Estivo un anaco así ata que tivo tempo para pensar que era o mellor que podía facer para resolver o seu problema. Foi moi agradable atoparse alí, tranquilo, sen que ninguén a puidese molestar. Cando saíu, quedou sorprendida de ver á mestra que lle miraba sorrindo, contenta porque se puidera controlar. Despois, entre os dous resolveron o erro («parecía incrible que cunha goma, borrando con coidado, a folla volvese estar limpa»). Xan-tartaruga seguiu poñendo en práctica o seu segredo máxico cada vez que tiña problemas, ata na hora do patio. Pronto, todos os nenos que deixaran de xogar con él polo seu mal carácter, descubriron que xa non se enfadaba cando perdía nun xogo, nin pegaba sen motivos. Ao final do curso, Xan- tartaruga aprobou todo e nunca máis lle faltaron amigos.
  • 13. -CONFIANZA NAS POSIBILIDADES DO ALUMNO- Por encima de todo transmitir confianza nel e facerlle ver cada vez que teñamos ocasión, os seus logros. Non presupoñer que é vago nin pensar que o fai mal deliberadamente. -As NORMAS e LÍMITES proporcionan un ambiente estructurado, axudan a fomentar o autocontrol porque lle indican ó neno que se espera del así como as consecuencias cando non as cumpre. De cando en vez hai que permitirlle desafogarse: borrar o encerado, ir a buscar algunha cousa, ir a beber, ordenar a biblioteca de aula, facer algún recado… -Procurar cambiar a linguaxe que utilizamos con él. Utilizar unha linguaxe de autoestima: positiva e evitando acusacións, comentarios irónicos, desvaloracións e e ningún caso facer uso das ridiculizacións. En xeral cambiar o verbo “ser” polo “estar”: “a túa mesa está desordenada” por “eres un desordenado”. - ¿Sabe o teu alumno que tipo de comportamento esperas del? - Eloxiaches suficientemente o bo comportamento? - ¿Este eloxio foi concreto, evitando ambigüidades como poden ser «portarse ben»? - Pode ser que se comporte mal porque reclama unha atención que non recibe por outras condutas que leva a cabo e cústanlle? -Es persistente na aplicación de estratexias para a mellora da súa conduta? - ¿Es paciente á hora de esperar cambios na súa conduta ou esperas que esta se dea de forma repentina? - ¿Reforzas os intentos que poida facer o neno para así aproximarse á conduta que esperas del? - ¿Supervisas a miúdo que non pasen desapercibidos os pequenos avances? - Cres nel e na posibilidade de que mellore a súa conduta? - ¿Es respectuoso, sensible, atento ás súas dificultades (identificando iso que realmente lle custa)? - Dedícaslle suficiente tempo, falas con el, escóitalo?
  • 14. COMO PODEMOS AXUDARLLES NO TRABALLO CURRICULAR DIARIO DE CLASE -Debemos ter en conta en todo caso que este tipo de nenos van a ter dificultades cando: -a tarefa é difícil e aburrida. - lle exiximos un traballo prolongado. -estén en situacións de pouco control: espazos abertos, excursións, patios… - se realicen cambios que o neno non controla. - o neno non sabe o que se espera del. - só se lle recordan os erros e non se acepta como é. - non se lle respecta (se lle chilla, ameaza…) - se lle castiga en exceso. -A información ós compañeiros: “É imprescindible que os compañeiros do hiperactivo saiban cal é o problema e que tipo de axudas precisa de nós. Se non é así: -Non entenderán as súas condutas e interpretaranas mal. -Non entenderán a nosa atención hacia eles. Pode ser interesante traballar na clase con todos: -somos diversos -temos necesidades distintas porque somos diversos: uns necesitan gafas, outros aparello corrector de dentes, outros necesitan ter actividade continuamente, outros non oen ou non ven, outros… -que necesidades teñen os nenos hiperactivos. -¿como podemos axudar a un compañeiro hiperactivo? -comprender as diferenzas de atención cara a eles. -actuar como compañeiros titores que axuden a centrarse ó hiperactivo. -animalo cando se esforce por mellorar o comportamento (neste caso os compañeiros deben ser recompensados se seguen o programa). -participar en xogos como o da tartaruga. -Utilizar os datos dos REXISTROS para que o alumno vaia vendo a súa evolución nos mesmos. O alumno debe implicarse no deseño e seguimento dos obxectivos que queiramos acadar. (Realizar as tarefas sen abandonar ata rematar, traballar tranquilamente, permanecer no seu sitio, cumplir os requisitos da tarefa, etc) Potenciar a AUTOAVALIACIÓN do alumno. -COIDAR A UBICACIÓN FÍSICA NA AULA- Debemos asignarlle un sitio cos menos distractores posibles (non ven mal sentarse no seu pupitre para ter a visión que ten él). Procurar evitar que estean situados preto das ventás e coidar que nos pupitres aparezan só os materiais indispensables para o traballo.
  • 15. Procurar que teña ó seu lado compañeiros que sexan modelos apropiados: atentos, ordenados… -TRABALLAR A MEMORIA A CURTO PRAZO (MEMORIA DE TRABALLO) Estes nenos adoitan ter dificultades de memoria, especialmente de memoria a curto prazo. Esquécense con moita facilidade das indicacións, instruccións que acaban de ler ou que lles acaban de dar… -Convén avaliar os patróns de memoria a curto prazo, visual ou auditiva, para ver cal é mellor. Utilizar os resultados que se obtiveran cando se presenten as indicacións, explicacións ou instruccións. -Facer que o alumno repita as instrucións ou as tarefas a facer. -Facer que o alumno repita partes da información que está recibindo (repetir nomes, cantidades, datas de sucesos, etc.) para aumentar os patróns de memoria a curto prazo. -Ensinalo como organizar a información en unidades máis pequenas. Por exemplo: o número: 986345687 pode dividirse en secuencias de números máis fáciles de lembrar: 986 34 56 87 -Utilizar claves de memoria asociativa. -Expresión oral acerca de saídas do colexio, acontecementos especiais, lecturas, vivencias, etc. (exixindo progresivamente cada vez máis coherencia e riqueza nos detalles). -Desenrolar o esquema de acontecementos diarios aos demáis compañeiros. -Utilizar o ditado de oracións para desenrolar os patróns de memoria a curto prazo. Comenzando por oracións de 3-4 palabras e incrementando progresivamente a lonxitude das oracións. -Mostrar un obxecto ou o seu debuxo durante uns poucos segundos. Pedirlle que lembre atributos específicos de ese obxecto (tamaño, cor, forma). O mesmo con láminas con varios debuxos -Colocar “cartas” con fotos de diversos motivos: animais, obxectos, etc. Dar á volta ás cartas: tratar de adiviñar que foto corresponde a cada carta. - Asegurarse de que está atendendo (que se está producindo contacto visual, está mirando a tarefa, as mans están libres de material, etc). -Deter en varios momentos a presentación da información para avaliar a comprensión. -Darlle unha tarefa cada vez para facer. Introducir a seguinte só cando teña completado con éxito a anterior. -Memorización (progresiva en extensión) de: poemas, cancións, etc. -Facer que resuma as indicacións, explicacións, instrucións… -AXUDARLLE A ORGANIZARSE- O seu pupitre debe estar ordenado. O mesmo a súa mochila, as notas que leva a casa, a axenda, o seu material. Esta organización debe mantela igualmente na casa tratando de que cada vez adquira máis autonomía. -OFRECERLLE PEQUENAS AXUDAS PARA ORIENTALO- Pode ser útil proporcionarlle antes da explicación dun tema, un listado de conceptos “clave” ou un pequeño
  • 16. esquema explicativo que lle permita extraer a información principal e “situalo” no tema. É importante proporcionarlle información clara e concreta sobre os criterios que empregamos para considerar aceptable un traballo. -FACER UN SEGUIMENTO CONTÍNUO DO ALUMNO- Na medida do posible, estar pendente del na clase tratando de que participe. Pode encargarse él de escribir as ideas claves na pizarra. Facerlle preguntas sobre o traballo que esté realizando ou sobre o tema que se está tratando para asegurarnos de que está centrando a atención. Asegurarnos de que entendeu ben o exercicio. Cando se lle presenta moita información procurar destacar os conceptos clave ou máis importantes. Manter un contacto ocular con certa frecuencia durante as explicacións dos temas. Utilizaremos claves e sinais non verbais (mirada, acenos coa man…) para redirixir a súa atención. De vez en cando o profesor pasea pola clase comprobando o que está facendo proporcionándolle retroalimentación sobre o traballo.A supervisión ha de servir para anticipar e previr situacións. De vez en cando collelo aparte (titoría individualizada) para lembrarlle os obxectivos, os compromisos, as consignas, os logros… -Utilizar o recurso das TITORÍAS ENTRE ALUMNOS tanto para que outros alumnos lle poidan axudar a revisar os conceptos fundamentais como para permitirlles que eles poidan explicar cousas que saben a outros compañeiros. -Establecer un período de tempo no que o neno pode manter a súa atención centrada na tarefa. Reforzar e ir aumentando progresivamente o seu esforzo atencional en lugar de rifarlle ou forzalo para que traballe durante máis tempo. É dicir, ir GRADUANDO O NIVEL DE TRABALLO E OBXECTIVOS en función das posibilidades e dos progresos do neno. Da mesma maneira, debemos utilizar este recurso no traballo diario das materias seleccionando coidadosamente o nivel de dificultade das actividades a fin de que non se produza a frustración e o abandono. Se o alumno é lento para realizar as tarefas, é preferible baixar o listón de productividade. É preferible que remate catro exercicios ben feitos a que faga oito mal. Propoñerlle pouco traballo moitas veces dará mellor resultado ca moito dunha soa vez. -ADAPTAR A AVALIACIÓN. Nos exames debemos comprobar se o fracaso na avaliación é producto dos baixos coñecementos ou se o mesmo exame é a situación problemática. Por exemplo, se un alumno ten dificultades na expresión escrita, non debemos avaliar o C. do Medio só por esa vía. Procurar que as probas-exame non sexan longas. Usar un formato sinxelo para evitar distraccións. Como norma xeral, o indicado sería presentar soamente unha ou dúas preguntas en cada páxina separadas por un amplo espazo en branco.
  • 17. -DAR REFERENCIAS DE TEMPO. Adoitan ter dificultades na percepción do tempo polo que é desexable facer de cando en vez referencias ó mesmo: (faltan vinte minutos para saír ó recreo, dentro de dez minutos cambiaremos de actividade, levamos xa media hora con este traballo…). Darlle un tempo adicional cando se precise para que poida realizar o traballo con calidade. Establecer niveis progresivos de calidade e exactitude. -COORDINACIÓN DOS ADULTOS. Compartir os mesmos criterios de exixencia e calidade por parte de todas as persoas que traballen con él. -INSISTENCIA NA EXPOSICIÓN DAS NORMAS. Lembrar de forma breve pero con certa frecuencia, as normas sociais que regulan o comportamento na clase (pedir permiso para falar, falar en voz baixa, non agredir –pegando ou insultando-, non interrumpir ó profesor cando está falando…). -CRER NAS SÚAS POSIBILIDADES. Seguir crendo no neno a pesar das frustracións e dos altibaixos. Intentar sacarlle partido ós aspectos positivos. Adoitan ser nenos imaxinativos, moi observadores (fíxanse nos detalles), espontáneos, teñen “chispa”, alegría, son entusiastas, de emocións intensas e moitas veces son amigables, cariñosos e sensibles. -Demostrarlle que mellora. Facer posible que poida comprobalo con claridade. -Exixirlle que repita en voz alta as instruccións que debe seguir para realizar determinado exercicio ou traballo. -Non debemos esperar que domine pronto a información que recibe. Ser constante. -Si comete demasiados erros en determinadas tarefas, prantexarse si tales tarefas son apropiadas neste momento. -Proporcionar información aos pais de como axudar ó alumno na casa. -Facer as modificacións necesarias para que poida emprender cun mínimo de garantías de éxito a tarefa encomendada. -Pedirlle que sexa produtivo en presenza de estímulos visuais ou auditivos durante curtos periodos de tempo. Segundo vaia respondendo ben, aumentar o tempo de exposición. -Asegurarse de que sabe o que ten que facer cando non saiba como resolver unha tarefa (levantar a man, instrucións a seguir, ir ó diccionario, acudir ó profesor, a un compañeiro, en que condicións e cando debe facelo…). -Procurar presentarlles actividades novidosas con poucos detalles irrelevantes.
  • 18. -Asegurarse de que anota as tarefas e a data en que ten que presentalas. -Evitar que a axenda se convirta exclusivamente nun espazo para exercer a crítica e reseñar aspectos negativos. Reflexar tamén os aspectos positivos. Algunhas notas soltas para axudalos en Matemáticas e Linguaxe: non é obxectivo deste traballo (tal vez de outros posteriores) profundizar en como axudar nos aspectos concretos das matemáticas e da linguaxe, así que só se farán algunhas recomendacións xenéricas dos aspectos nos que estes alumnos solen presentar dificultades. NAS MATEMÁTICAS - -Estes nenos con frecuencia son impulsivos. Dan a primeira resposta que lles vén á cabeza. Sen pensar. Sen ter en conta os pasos da tarefa que teñen diante. Sen reflexionar. Debemos entrenalos a abordar as tarefas por pasos (por máis que a nós nos pareza demasiado evidente) para acadar un resultado. Hai numerosas propostas neste sentido. A continuación ofrécese un exemplo de cómo pode darse instruccións a sí mesmo (previamente o adulto fará de modelo nesta tarefa) para a comprensión dos problemas de matemáticas. Insistimos en que esto é un exemplo e este “desmenuzamento” dos pasos pode aplicarse con algunhas variacións ou adaptacións para outras actividades: Podemos utilizar calquera sinal gráfica que nos axude a deternos (pode ser un sinal de stop). Debemos entrenar ao alumno previamente no significado deste sinal: 1-Paro- Estou sentado. Vou a concentrarme no problema a non vou estar pendente de nada nin de ninguén que non sexa o problema. Non vou falar de ningún outro tema que non sexa o problema ata que remate. 2-Leo- Leo despacio intentando saber o que me conta o problema de maneira que eu saiba contalo a outra persoa (anotando os datos cando esto facilite o traballo). Subliño previamente as palabras clave. 3-Comprobo- Que eu sei contar o problema correctamente así como o que piden. Pode axudar para visualízalo con máis claridade utilizar debuxos ou diversos materiais manipulables: fichas, bolas… 4-Decido- -Identifico os pasos que debo seguir para facer o problema e sobre todo cal é o primeiro. -Identifico cal é a operación que debo utilizar no primeiro paso tendo en conta: Sumar: engadir ou xuntar Restar: quitar Multiplicar: sumar cantidades iguais Dividir: Repartir.
  • 19. -Identifico os pasos posteriores ata chegar á solución. Resolvo cada ún deles. -Escribo a solución cunha frase que resposte a cada pregunta do problema. 5-Repaso- -Debo comprobar que o resultado ten sentido. É congruente. -Repaso as operacións. Estamos empregando as técnicas cognitivo-conductuais de AUTOINSTRUCCIÓNS e MÉTODOS DE RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS. Debemos utilizar autoinstruccións en todas as materias. -É aconsellable practicar exercicios de RELAXACIÓN. Algúns autores falan de empregar este recurso en periodos curtos (non máis de 15 minutos) en 2 ou 3 sesións semanais. -Empregar técnicas de AUTOCONTROL poden ser moi útiles en determinados momentos. Un exemplo: a técnica da tartaruga: CANDO HAI DIFICULTADES DE COMPRENSIÓN DOS PROBLEMAS: -A Través de situación e problemas sinxelos, facer preguntas curtas: -1- -Onte foron ao parque Manuel, Xan e Sabela. Os nenos xogaron ao tenis e a nena ao baloncesto. -¿Cantos nenos foron ó parque? -¿Cando? -¿A que xogou a nena? -¿Cantos xogaron ó tenis? -2- Xan ten que colocar 14 caixas con 6 peras cada unha e 12 caixas con 4 peras cada unha. ¿Cantas caixas ten que colocar? -3- Manuel ten unha bolsa con 8 mazás, xan outra bolsa con 5 peras e Sabela outra con 6 melocotóns. -¿Cantas mazáns ten Sabela? -¿Cantas peras hai en total?
  • 20. -Ensinarlle a representar os datos do problema por medio de debuxos a medida que vai descifrando o enunciado. -Utilizar materiais manipulables: bolas, fichas, garavanzos… CANDO SON LENTOS NAS OPERACIÓNS: -Facer prácticas de cálculo mental rápido. Sesións curtas e frecuentes. -Facer prácticas de cálculo rápido das distintas operacións para mellorar a mecanización (hai que ter en conta que adoitan ter dificultades moitas veces na memorización dos algoritmos; na mecanización das operacións. Por eso convén con certa frecuencia facer prácticas deste tipo. Este tipo de exercicios debe ser breve e constante. Pode cansar se se prolonga e non se orienta hacia unha constante superación tomando rexistros, avaliando, etc. Para facer este tipo de exercicios podemos utilizar tarxetas (nun lado a operación e no outro o resultado). Sacar tarxeta e decir o resultado: pódese facer cun tempo estipulado, xogar por equipos e facer competicións ou cantas variantes se nos ocurran. Tamén podemos cronometrar ou xogar por equipos a realización de operacións nas que se teñan dificultades. NA LINGUAXE FACENDO ACTIVIDADES DE EXPRESIÓN ORAL: Aquí valen todas as propostas de expresión oral, tanto sexan actividades como todo tipo de estratexias que poidamos ofrecerlles. Van algunhas como exemplo: -Recordarlles cal é o tema cando empezan a divagar. -Facerlles preguntas que dirixan a conversa ¿Qué facías ti? ¿Quen estaba alí? -Prácticas de diálogo co seu compañeiro -En pequeno grupo que falen sobre algo e logo un deles que expoña o que trataron. -Conversas sobre distintos temas: películas, libros, visitas, etc. -Expresión de sentimentos, estados de ánimo… -Contar chistes, adiviñas… -Tratar de ordenarlle o seu discurso: que quere dicir primeiro, despois, logo… -Propoñerlle que faga pequeñas exposicións axudándolle nós a secuencialas. -Utilizar algunha información de interese para establecer unha conversación. -Nas nosas exposicións e explicacións: -estructurar a información dividíndoa en pequenas partes fáciles de captar. -establecer contacto ocular co neno. Tanto ó comenzó como durante a exposición. -preparar o ambiente de xeito que non haxa interferencias. Evitar ruídos. -expresarse con entusiasmo -evitar detalles supérfluos e palabras innecesarias.
  • 21. -poñer énfase nas palabras importantes. -comprobar que o alumno entendeu o que é importante. -procurar que manteña o contacto ocular. Se non o fai, lembrarllo. -SE REXEITAN A LECTURA: -procurar converter o momento da lectura nun momento agradable. -ler todos os días con él. -intentar facer predicións sobre o tema da lectura. -facer lectura conxunta: o adulto le un parágrafo e o neno le outro. -se pode ler só, que lea un libro moi breve cada día. -formar a súa biblioteca cos libros que terminou de ler. -ter coidado cos tempos longos. -suxerir actividades motivadoras: -Utilizar “caixas sorpresa” nas que se introduzan tarxetas que lle aporten unha inrormación útil e agradable para él (p.e: cando acabes de ler este libro iremos á…). -xogos de mesa que impliquen ler: trivial, dominós de chistes… -ler noticias como presentadores de televisión (darlle noticias escritas). -libros-xogos. -xogo de buscar tesouros (tarxetas con pistas que o leven a un bo final). -debuxar escenas que representen algunha parte do contido da lectura. -SE SILABEAN: -confeccionar tarxetas escribindo en cartulinas palabras con dificultades: -mostrarlle unha tarxeta durante uns segundos e que trate de recoñecela. -introducir as tarxetas nunha caixa. O neno colle unha. Se a recoñece, gaña. -nun tempo determinado (por exemplo 2 minutos) debe ler o maior número de palabras posible (anotar as que leu ben ou mal). Pedirlle que repita as que leu mal. -SE SEGUEN A LECTURA CO DEDO OU SALTAN LIÑAS AO LER: -Cada día ler un texto fraccionado (presentado en columnas pero que hai que ler en horizontal): Unha cabra vivía con sete filliños nunha casiña moi bonita. Un día, antes de saír para facer a compra díxolles: ……………. -Utilizar un cartón sinalador para reseguir a lectura. MELLORAR A COMPRENSIÓN LECTORA: Moitos destes nenos teñen dificultades de comprensión lectora (aínda que non todos). As dificultades tanto para focalizar a atención como para mantela evidentemente son dificultades engadidas ás propias de comprensión: falla de vocabulario, dificultade nas inferencias, situarse no contexto, identificar as claves para cada tipo de texto, etc. Sería longo enumerar aquí actividades para traballar a comprensión lectora, pero sí debemos ter en conta que solen ser impulsivos, polo que respostarán moitas veces
  • 22. sen ter en conta se entenderon ben. Hai que asegurarse de que entenden o vocabulario da lectura e de que van entendendo párrafo a párrafo ou se é preciso, frase a frase e ir desmenuzando a lectura por pequenos trozos dándolle pistas se é necesario para localizar as ideas clave do texto, asegurándose ó remate de que é capaz de unir eses pequenos anacos facendo unha exposición oral mínimamente coherente do texto. En casos donde haxa moitas dificultades, debemos prantexarnos facerlle propostas mais curtas, resumos, cadros sinópticos, esquemas, etc que lle poidan axudar a sintetizar a información. Para aqueles nenos, que pola contra, teñen boa comprensión lectora pero a súa dificultade é derivada únicamente da incapacidade de manter a atención ou de que se cansan fácilmente, hai que procurar utilizar a medida adecuada de ata donde poden, tratanto de motivalos para que cada vez sexa maior o tempo de atención. Reforzar sempre cada mínimo progreso neste aspecto. SE TEN DIFICULTADES EN XERAL NA ESCRITURA: -Adaptar, se fose preciso, os materiais e as tarefas para evitar poñelo en situación de fracaso seguro. -Non exixir velocidade cando escriba -Modelar o proceso de expresión escrita -Crear o hábito de repaso do escrito -Traballos de copia curtos para habitualo a copiar poñendo atención evitando erros de tipo disortográfico deixándolle ben claros os obxectivos. -Animar a ler todo o traballo escrito en voz alta para detectar omisións, substitucións, adicións… -Dar unha lista de palabras de transición (ex: aínda que, porque, así que, para…) para que constrúa frases con elas. -Facer anotacións diariamente que expresen pensamentos en oracións completas. -Facelo sempre consciente dos erros que comete e cales son os obxectivos concretos a conseguir. - Se ten dificultades na coordinación viso-motriz: -postura correcta do alumno ante a escritura e prensión e presión adecuadas do lápiz. -realizar diariamente pouca caligrafía ben escollida 1 liña para nenos de 1º, 2 para nenos de 2º e así sucesivamente ata 6º). -Utilizar preferentemente papel de doble raia (pode usarse raia con punteado superior e inferior cando son pequenos como referencia para as letras que deben sair da pauta). A cuadrícula é máis complexa para nenos hiperactivos. Teñen demasiados puntos de referencia. -Elaborar a caligrafía en función do que necesite (reeducar aquelas letras, enlaces, xiros… que fai incorrectamente). -Animalo a xeneralizar no seu traballo diario en todas as situacións aquelo que aprendeu. -Propoñer exercicios con letras, palabras, frases, e párrafos desordeados para formar palabras, frases, párrafos e textos completos. -Presentar textos con omisións donde teña que completar.
  • 23. -Localizar “gazapos” en frases e textos adecuados ó seu nivel (adecuar os gazapos ás súas dificultades concretas). -construción de frases a partir de palabras relacionadas. P.e: fútbol, portería, balón. -Facer unha lista das omisións máis comúns, adicións, substitucións e facer que se remita a ela cando estea escribindo para que revise os erros. -Si ten baixa calidade de escritura, exixir tarefas máis curtas pero de maior calidade. -Ler e revisar con él os traballos para que sexa consciente da calidade que presenta nos mesmos. -Utilizar papel pautado se ten dificultades de grafía. -Se teñen dificultades no vocabulario e ortografía: -Os nenos con déficit de atención adoitan ter malos resultados en probas de memoria auditiva. A elaboración de diccionarios propios pode ser unha boa alternativa -Sábese que a maioría dos erros ortográficos prodúcense sobre un total dunhas 100 palabras. Traballar sobre estas palabras de uso máis frecuente pode chegar a ser o máis efectivo.
  • 24. -Os pais destes nenos adoitan ter máis estrés (normalmente máis pronunciado nas nais que nos pais). É máis intenso cando o fillo é pequeno. -A veces hai conflictos cos irmáns que ven como a maior parte da atención vai dirixida a estes nenos. Síntense tratados inxustamente. Por eso é preciso que saiban o por qué. Nalgunhas ocasións sinten vergoña do irmán. -O hiperactivo non respecta as cousas dos demáis nin o seu espazo. Hai que poñer límites e barreiras continuamente en moitos casos. -Os pais deben prantexarse coidarse e tomar tempo para eles: pasar uns días fóra de casa, desenvolver aficións, repartir a carga entre pai e nai, ter contacto con outros pais ou asociacións con nenos destas características, informarse sobre o problema a través de libros, internet, asociacións, etc. -Case todos os autores aconsellan organizar o fogar con horarios e rutinas estables, proporcionando unha estructura previsible polo neno. -Hai que manter unha comunicación aberta e constante co fillo. -Os pais deben ser modelos de conducta tranquila, relaxada e positiva (ainda que sabemos que non é nada fácil). -Deben ter expectativas realistas sobre o que pode esperar do seu neno. -Afecto e contacto físico son necesidades importantes para un neno hiperactivo. -Non pensar nas debilidades do neno senón nas súas potencialidades. -Adestrarse en técnicas de modificación de conducta. -Para que a labor do colexio respecto da familia sexa eficaz non debe limitarse a dar unhas pautas. Ha de profundizar máis. A nosa proposta nese sentido é o protocolo P.A.I. xa mencionado.
  • 25. Rematamos cun pequeno resumo de Isabel Orjales – autora que traballa no campo da hiperectavidade da que reseñamos algunhas obras nas que participou- : Creo en ti. Como sei que podes, exíxoche.
  • 26. E como sei que che custa esforzo, recoñézocho. Traballando nunha liña de investigación un pouco diferente facemos outra proposta bibliográfica: a do grupo Albor-Cohs: García Pérez e Magaz Lago: GARCIA PEREZ, E.M. (2008): Adaptaciones Curriculares Metodológicas para Niños con Déficit de Atención: Hiperactivos e Inatentos. Bilbao:COHS. Consultores. Para Niños y Adolescentes: GARCIA PEREZ, E.M. (1997): Rubén, el Niño Hiperactivo. Bilbao: COHS. Consultores. (Para que niños de seis a ocho años puedan leer sobre sus dificultades y soluciones) GARCIA PEREZ, E.M. (1997): ¡Soy Hiperactivo!¿Qué Puedo Hacer?. Bilbao: COHS. Consultores. (Para que niños de nueve a catorce años puedan leer sobre sus dificultades y soluciones) Recomendados para Padres y Público en general: BAUERMEISTER, J.J. (2002): Hiperactivo, Impulsivo, Distraído. ¿Me Conoces?. Bilbao: COHS. Consultores. GARCIA PEREZ, E.M. y MAGAZ, A. (2003): Mitos, Errores y Realidades sobre la Hiperactividad, Guía para Padres y Profesionales. Bilbao:COHS. Consultores. GARCIA PEREZ, E.M. y MAGAZ, A. (2003): HIPERACTIVIDAD. Guía para Padres. Bilbao:COHS. Consultores.
  • 27. -Para traballar a atención: -PEMPA. (Para, escucha, mira, piensa, actúa) Programa para o desenrolo da reflexividade e o autocontrol (de 4 a 8 anos). X.Bornas, M. Servera e Mª R. Galván- Grupo Albor Cohs. -ENFÓCATE. Programa e entrenamento en Habilidades Atencionais. De 6 a 14 anos. -ESCUCHA. Programa para a mellora da atención auditiva. De 6 a 14 anos -PIAAR. Nivel 1, de 7 a 11 anos. Nivel 2, de 12 a 14 anos. -Programa de adestramento para descifrar instruccións escritas. Comprensión lectora para estes nenos. A partir de 6 anos. - Programas de intervención cognitivo-conductual para niños con déficit de atención con hiperactividad. Isabel Orjales e Polaino Lorente Para nenos de 6 a 12 anos. -Para traballar as relación interpersoais e sociais: -Programa de resolución de problema para nenos: “PENSA EN VOZ ALTA”. Habilidades cognitivas e sociais na infancia. Promolibro Valencia- Bonni W. Camp e Mari Ann S. Bash. -Niños Hiperactivos- Guía para a familia e a escola- Robert E. Valett- Edit: Cincel-Kapelusz. -ESCEPI. Programa de mellora das habilidades cognitivas en relacións interpersoais. -AVANCEMOS. Programa de habilidades sociais. -PEHIS. Programa de habilidades sociais.
  • 28. 1-Guía práctica para educadores- El alumno con TDAH- Trastorno por déficit de atención con o sin hiperactividad- B. Mena Pujol, R. Nicolau Palou e outros. Ediciones Mayo ADANA FUNDACIÓ, 2006. 2-A hiperactividade na escola Materiais de Aula 4 Xunta de Galicia, 2001 3-Como vivir con un niño hiperactivo C. Ávila e A. Polaino Lorente, 1999 Narcea: Madrid 4-Estrategias de intervención en la Hiperactividad Infantil y sus consecuencias en el rendimiento académico. C. Ávila e colaboradores, 1991 Narcea: Madrid 5-Déficit de atención con hiperactividad Manuel para padres y educadores Isabel Orjales Villar CEPE, 1998. 6-Niños hiperactivos: como comprender y atender sus necesidades especiales Edt. Paidós: Barcelona, 1999 7-Programas de intervención cognitivo-conductual para niños con déficit de atención con hiperactividad. Isabel Orjales e Polaino Lorente CEPE, 2000 8-Madres de niños con TDAH. Testimonios de madres con hijos hiperactivos. J de J editores, 2005. 9-S.O.S. en el aula. Ayudas para profesores de niños hiperactivos e inatentos. E. Manuel García Pérez Editorial: Grupo Albor-Cohs.
  • 29. 10-GARCIA PEREZ, E.M. y MAGAZ, A. (2003): Mitos, Errores y Realidades sobre la Hiperactividad, Guía para Padres y Profesionales. Bilbao: COHS. Consultores. www.aportodas.org www.tda-h.com www.gac.com.es www.f-adana.org www.aesi-tda.org www.adhd.com.ar www.cpye.com www.anhida.org www.tda-h.com/dedalo.htm