SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
Concurso de fotografía
Rosalía en A Estrada
Convocado polas bibliotecas escolares dos tres institutos de A Estrada
(IES Antón Losada Diéguez, IES n.º 1 e IES Manuel García Barros)
Este concurso conmemora o día de Rosalía, 24 de febreiro, e as fotografías versarán sobre a obra da autora.
Bases do concurso
1.Tema
A fotografía servirá para ilustrar un poema de
Rosalía de Castro. En cada categoría haberá dous
poemas, dos que o participante escollerá un
para relacionalo coa súa fotografía.
2.Participantes
O concurso vai dirixido ao alumnado de
Educación Secundaria, Bacharelato, Formación
Profesional e Educación de adultos que estea
actualmente matriculado nun dos tres
institutos convocantes, e que non teña máis de
20 anos. Non poderán presentarse profesores,
exalumnos, persoal non docente, nin persoas
alleas aos centros convocantes.
3.Características técnicas
●As fotografías presentaránse só en formato
dixital (jpg), cun tamaño máximo de 2400 px no
lado maior e unha resolución de 150 ppp, en cor
ou B/N, e non poderán levar marcas de auga.
●Cada participante poderá presentar só unha
fotografía cun título identificativo: esta será
orixinal e inédita (non publicada, tanto en
soporte dixital coma analóxico); ademais, non
estará suxeita a compromisos editoriais nin
pasados nin futuros.
●Todos os participantes ceden os dereitos de
imaxe da súa obra (sen remuneración económica
algunha) ás bibliotecas organizadoras do
concurso para a súa edición e difusión en
distintos soportes, comprometéndose os
organizadores a citar a autoría.
4.Presentación
●Os participantes enviarán o arquivo coa
fotografía titulada ao enderezo electrónico
biblioeses@gmail.com, e indicarán nese correo
(i) o seu pseudónimo, (ii) o título da fotografía,
(iii) o poema escollido, e (iv) a categoría na que
participa.
●A continuación, entregarán na secretaría de
calquera dos tres centros convocantes un sobre
pechado, indicando no exterior o seu
pseudónimo e o título da fotografía. Dentro do
sobre introducirán o seu nome real completo, o
seu teléfono e o pseudónimo e fotografía cos
que se presentan.
●O prazo de entrega remata o 24 de febreiro de
2016. O premio fallarase o mércores 2 de marzo.
5.Xurado
O xurado estará composto por tres profesores,
un de cada instituto convocante. Actuará de
secretario do xurado, con voz pero sen voto, o
coordinador dunha das bibliotecas escolares de
A Estrada.
6. Premios
Haberá tres categorías con cadanseu premio (un
libro e unha película):
—Primeiro ciclo de ESO. Poemas: “Lúa
descolorida” e “Chirrar dos carros da Ponte.”
—Segundo ciclo de ESO. Poemas: “Como chove
miudiño” e “Calade.”
—Bacharelato, ciclos superiores de FP e
educación de adultos. Poemas: “Tecín soíña a
miña tea” e “Para A Habana.”

More Related Content

What's hot

Palabras e imaxes
Palabras e imaxesPalabras e imaxes
Palabras e imaxesPlastilina3
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Basescenlf
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxecenlf
 
Ii bases-poesia-marumasat
Ii bases-poesia-marumasatIi bases-poesia-marumasat
Ii bases-poesia-marumasatsatelite1
 
Bases del concurso fotográfico (1)
Bases del concurso fotográfico (1)Bases del concurso fotográfico (1)
Bases del concurso fotográfico (1)iriabiologia
 
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallegomarelatarabela
 
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"cenlf
 
Bases II certame
Bases II certameBases II certame
Bases II certamecenlf
 
Bases Carmela V
Bases Carmela VBases Carmela V
Bases Carmela Vcenlf
 
Bases concurso o_monte_nosa_vida
Bases concurso o_monte_nosa_vidaBases concurso o_monte_nosa_vida
Bases concurso o_monte_nosa_vidasatelite1
 
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROBases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da Coruña
3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da Coruña3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da Coruña
3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da CoruñaBibliotecadicoruna
 

What's hot (16)

Palabras e imaxes
Palabras e imaxesPalabras e imaxes
Palabras e imaxes
 
Cartel v premio poesía
Cartel v premio poesíaCartel v premio poesía
Cartel v premio poesía
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxe
 
Ii bases-poesia-marumasat
Ii bases-poesia-marumasatIi bases-poesia-marumasat
Ii bases-poesia-marumasat
 
Cartel iv premio poesía
Cartel iv premio poesíaCartel iv premio poesía
Cartel iv premio poesía
 
Concurso Cartas de amor
Concurso Cartas de amorConcurso Cartas de amor
Concurso Cartas de amor
 
Bases del concurso fotográfico (1)
Bases del concurso fotográfico (1)Bases del concurso fotográfico (1)
Bases del concurso fotográfico (1)
 
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
2º concurso ies ramón maría aller ulloa. gallego
 
Bases cl 14
Bases cl 14Bases cl 14
Bases cl 14
 
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
Bases III Certame Literario "Carmela Loureiro"
 
Bases II certame
Bases II certameBases II certame
Bases II certame
 
Bases Carmela V
Bases Carmela VBases Carmela V
Bases Carmela V
 
Bases concurso o_monte_nosa_vida
Bases concurso o_monte_nosa_vidaBases concurso o_monte_nosa_vida
Bases concurso o_monte_nosa_vida
 
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROBases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Bases XIX CERTAME POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da Coruña
3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da Coruña3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da Coruña
3ª edición concurso palabras de amor. Biblioteca Provincial da Coruña
 

Viewers also liked

Soc 331 week 5 dq 1 retributive justice and mandatory life imprisonment for j...
Soc 331 week 5 dq 1 retributive justice and mandatory life imprisonment for j...Soc 331 week 5 dq 1 retributive justice and mandatory life imprisonment for j...
Soc 331 week 5 dq 1 retributive justice and mandatory life imprisonment for j...superbessaywriters.com
 
Announcements Fri Feb. 5
Announcements Fri Feb. 5  Announcements Fri Feb. 5
Announcements Fri Feb. 5 Pine River
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaIes Numeroun
 
Startup Budgeting 101 - The Grind Bootcamp @ OCAD University
Startup Budgeting 101 - The Grind Bootcamp @ OCAD UniversityStartup Budgeting 101 - The Grind Bootcamp @ OCAD University
Startup Budgeting 101 - The Grind Bootcamp @ OCAD UniversityCory Rosenfield
 
Differentation instruction workshop
Differentation instruction workshopDifferentation instruction workshop
Differentation instruction workshopileonardgalan
 
12th_Passing_Certificate
12th_Passing_Certificate12th_Passing_Certificate
12th_Passing_CertificatePrashant Kumar
 
Der Banker Klaus
Der Banker KlausDer Banker Klaus
Der Banker KlausBoris Janek
 
Los Tres Chiflados
Los Tres ChifladosLos Tres Chiflados
Los Tres ChifladosJorgeTeresco
 
Trabajo De Sociedadale
Trabajo De SociedadaleTrabajo De Sociedadale
Trabajo De Sociedadaleguestfecb3d
 

Viewers also liked (17)

Soc 331 week 5 dq 1 retributive justice and mandatory life imprisonment for j...
Soc 331 week 5 dq 1 retributive justice and mandatory life imprisonment for j...Soc 331 week 5 dq 1 retributive justice and mandatory life imprisonment for j...
Soc 331 week 5 dq 1 retributive justice and mandatory life imprisonment for j...
 
Presentacion columna
Presentacion columnaPresentacion columna
Presentacion columna
 
Announcements Fri Feb. 5
Announcements Fri Feb. 5  Announcements Fri Feb. 5
Announcements Fri Feb. 5
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalía
 
Startup Budgeting 101 - The Grind Bootcamp @ OCAD University
Startup Budgeting 101 - The Grind Bootcamp @ OCAD UniversityStartup Budgeting 101 - The Grind Bootcamp @ OCAD University
Startup Budgeting 101 - The Grind Bootcamp @ OCAD University
 
Differentation instruction workshop
Differentation instruction workshopDifferentation instruction workshop
Differentation instruction workshop
 
SAKAR - BBY ECAP
SAKAR - BBY ECAPSAKAR - BBY ECAP
SAKAR - BBY ECAP
 
O0000
O0000O0000
O0000
 
12th_Passing_Certificate
12th_Passing_Certificate12th_Passing_Certificate
12th_Passing_Certificate
 
Der Banker Klaus
Der Banker KlausDer Banker Klaus
Der Banker Klaus
 
Don Quichotte
Don QuichotteDon Quichotte
Don Quichotte
 
Los Tres Chiflados
Los Tres ChifladosLos Tres Chiflados
Los Tres Chiflados
 
RETINA URBANA
RETINA URBANARETINA URBANA
RETINA URBANA
 
Alyssa Hellard resume
Alyssa Hellard resumeAlyssa Hellard resume
Alyssa Hellard resume
 
Basquet
BasquetBasquet
Basquet
 
Trabajo De Sociedadale
Trabajo De SociedadaleTrabajo De Sociedadale
Trabajo De Sociedadale
 
American Pie
American PieAmerican Pie
American Pie
 

Bases v2 concurso de fotografía rosaliabibliotecas estradenses

  • 1. Concurso de fotografía Rosalía en A Estrada Convocado polas bibliotecas escolares dos tres institutos de A Estrada (IES Antón Losada Diéguez, IES n.º 1 e IES Manuel García Barros) Este concurso conmemora o día de Rosalía, 24 de febreiro, e as fotografías versarán sobre a obra da autora. Bases do concurso 1.Tema A fotografía servirá para ilustrar un poema de Rosalía de Castro. En cada categoría haberá dous poemas, dos que o participante escollerá un para relacionalo coa súa fotografía. 2.Participantes O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Educación de adultos que estea actualmente matriculado nun dos tres institutos convocantes, e que non teña máis de 20 anos. Non poderán presentarse profesores, exalumnos, persoal non docente, nin persoas alleas aos centros convocantes. 3.Características técnicas ●As fotografías presentaránse só en formato dixital (jpg), cun tamaño máximo de 2400 px no lado maior e unha resolución de 150 ppp, en cor ou B/N, e non poderán levar marcas de auga. ●Cada participante poderá presentar só unha fotografía cun título identificativo: esta será orixinal e inédita (non publicada, tanto en soporte dixital coma analóxico); ademais, non estará suxeita a compromisos editoriais nin pasados nin futuros. ●Todos os participantes ceden os dereitos de imaxe da súa obra (sen remuneración económica algunha) ás bibliotecas organizadoras do concurso para a súa edición e difusión en distintos soportes, comprometéndose os organizadores a citar a autoría. 4.Presentación ●Os participantes enviarán o arquivo coa fotografía titulada ao enderezo electrónico biblioeses@gmail.com, e indicarán nese correo (i) o seu pseudónimo, (ii) o título da fotografía, (iii) o poema escollido, e (iv) a categoría na que participa. ●A continuación, entregarán na secretaría de calquera dos tres centros convocantes un sobre pechado, indicando no exterior o seu pseudónimo e o título da fotografía. Dentro do sobre introducirán o seu nome real completo, o seu teléfono e o pseudónimo e fotografía cos que se presentan. ●O prazo de entrega remata o 24 de febreiro de 2016. O premio fallarase o mércores 2 de marzo. 5.Xurado O xurado estará composto por tres profesores, un de cada instituto convocante. Actuará de secretario do xurado, con voz pero sen voto, o coordinador dunha das bibliotecas escolares de A Estrada. 6. Premios Haberá tres categorías con cadanseu premio (un libro e unha película): —Primeiro ciclo de ESO. Poemas: “Lúa descolorida” e “Chirrar dos carros da Ponte.” —Segundo ciclo de ESO. Poemas: “Como chove miudiño” e “Calade.” —Bacharelato, ciclos superiores de FP e educación de adultos. Poemas: “Tecín soíña a miña tea” e “Para A Habana.”