SlideShare a Scribd company logo
1 of 15
Download to read offline
Infórmate
aFondo
Número 136 4º trimestre 2014
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa
www.fondogalego.org
Os Obxectivos do Milenio
a debate nas IX Xornadas
Felipe Carnotto gaña o
concurso Imaxes con Fondo
‘Comunicando comunidades’
nos institutos
Obradoiro de compostaxe
en Manzaneda
2 84
A OLLADA EXTERNA:
Entrevista con Irene Lourido
“Os medios deben axudar
a crear cidadáns críticos,
comprometidos e activos”
12
8
FONDO DE ARMARIO
8
OS PROXECTOS EN TERREO:
Cooperación con ONGD na
India e Latinoamérica
10
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
ACTUALIDADE DO FONDO
O futuro dos Obxectivos do Milenio a
debate nas IX Xornadas
Especialistas internacionais debateron sobre a futura axenda da coo-
peración nas IX Xornadas do Fondo Galego, que se celebraron en Vigo
o 10 de decembro, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos. Baixo
o epígrafe ‘#Alén2015: Os Obxectivos do Milenio, fin e principios’
a Casa Galega da Cultura acolleu os debates sobre o horizonte que se
abre despois dos ODM, que este ano darán paso aos Obxectivos de
Desenvolvemento Sostible (ODS).
A inauguración do encontro contou coa presidenta do Fondo Galego e
concelleira en Redondela, Teresa París, a vicepresidenta e concelleira
en Vigo, Isaura Abelairas, e mais a tesoureira da entidade e concellei-
ra en Allariz, Pilar Gallego. Marta Pedrajas, asesora do Ministerio de
Asuntos Exteriores, abordou a continuación os resultados dos Obxec-
tivos de Desenvolvemento do Milenio e, aínda que non se vaian acadar
as oito metas, considerou que “ten habido avances espectaculares”.
Explicou asemade que os 17 ODS que integran a nova proposta
inclúen a sostibilidade social, económica e medioambiental. No
entanto, a posición española seguirá defendendo no ano de negocia-
cións que queda por diante que a desigualdade non se contemple só
desde o punto de vista da renda e que o enfoque de dereitos sexa
unha prioridade.
O xefe da Oficina do Programa Mundial de Alimentos en Madrid, An-
tonio Salort, interveu a seguir para explicar o labor desta axencia da
ONU, que ve con bos ollos os ODS “porque protexen o concepto de
seguridade alimentaria e nutricional”. Estímase que uns 800 millóns
de persoas sofren fame no mundo, unha cifra que se reduce ano a
ano. Segundo Salort, ‘podemos rematar coa fame na nosa xeración’ e
nesta liña o PMA vén de pór en marcha o Reto da Fame Cero.
A Rede Mundial de Cidades e Gobernos Locais e Rexionais tamén estivo
representada nas xornadas por Kate Baird, quen lembrou que moitas
das metas da axenda internacional han de ser implementadas po-
las administracións municipais e autonómicas (saneamento, auga,
educación...). Se ben para fixar os ODM non se lles consultou, no caso
dos ODS si están moi activos para que se teña en conta aos territorios
que forman parte de cada país. Mesmo se mantén un Obxectivo de
Desenvolvemento Sostible para facer as cidades e os asentamentos
humanos inclusivos, seguros, resilientes e sustentables.
As representantes da Comisión Executiva abriron as xornadas.
1
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
Perspectiva crítica
A visión crítica chegou da man de
David Llistar, para quen ‘Norte e
Sur xa non son conceptos xeográ-
ficos, senón económicos ou so-
ciais’ e hai redes de intereses que
interaccionan a través de grupos
de poder. O fundador do Observa-
torio da Débeda na Globalización,
denuncia “a anticooperación, as
interferencias negativas que xeran
as nosas sociedades sobre os paí-
ses do Sur”. Pola contra, no canto
dos ODS defende un cambio de
modelo cara unha coherencia de
políticas para o desenvolvemen-
to.
Tamén a fundadora da ONGD Im-
plicadas no Desenvolvemento, Ma-
ría Reimóndez, considera que o
dos ODM “xa non é un marco de
debate axeitado, pois a pobreza é
algo político, ten que ver con dere-
itos, con desigualdade e coa repre-
sentación”. Ao tempo, esixe que se recoñeza as mulleres como su-
xeitos de dereitos e que se actúe para alterar as relacións de xénero
tamén no ámbito do privado. Denuncia a existencia dun “patriarcado
global” reforzado polo capitalismo e reclama que se teñan en conta
os espazos nos que as mulleres están a participar para definir as súas
prioridades.
As gravacións dos debates están dispoñibles nas canles do Fondo Ga-
lego en Youtube e Ivoox, e tamén se pode acceder a un resumo en
Twitter a través do hashtag #XornadasFondo14. Amais dos relatorios,
no transcurso das xornadas entregáronse os galardóns do concurso
fotográfico Imaxes con Fondo II e expúxose a mostra ‘Galicia-Cabo
Verde: unha irmandade’, coas instantáneas tomadas no país africano
por Rober Amado, gañador da primeira edición do certame.
Especialistas internacionais analizaron a axenda post 2015.
1
ACTUALIDADE DO FONDO
Felipe Carnotto gaña o
concurso Imaxes con
Fondo retratando a
pesca artesanal
O fotoxornalista Felipe Carnotto gañou a
segunda edición do concurso de fotografía
Imaxes con Fondo, convocado polo Fondo
Galego. Unha instantánea sobre a pesca ar-
tesanal, acompañada dun ‘tweet’ en defensa
desta actividade sostible, mereceulle ao au-
tor de orixe brasileira afincado en Vigo unha
viaxe a Nicaragua para realizar un traba-
llo fotográfico sobre os proxectos apoia-
dos pola entidade organizadora. A moza vi-
lagarciá María Goretti Dorgambide venceu
na categoría xuvenil cunha imaxe a prol da
solidariedade, pola que obtén unha cámara
réflex.
Reflexionar sobre a nosa responsabilidade
na construción dun mundo máis xusto era
o principal obxectivo do do certame, que no
apartado para persoas adultas levaba o lema
‘Cambia, reivindica e constrúe’. Manuel Cos-
ta (Moaña) obtivo o segundo posto cunha
enxeñosa obra sobre a pobreza mentres que
Borja Blanco (Ferrol) denunciaba no traballo
que quedou terceiro o baixo prezo que cobra
quen produce os alimentos.
‘A solidariedade dá sentido ás nosas vidas’
era o enunciado da categoría xuvenil, na que
Laura Díaz Martínez (Ferrol) acadou o se-
gundo premio cunha crítica á contaminación
dos mares e María Rodríguez Vila (Oleiros)
ficou co terceiro, animando a compartir coa
súa fotografía e o seu ‘chío’. Os segundos
postos estaban dotados cunha cesta de pro-
dutos de comercio xusto e os terceiros cun
lote de películas de temática social.
Ata 95 obras e 58 participantes
Un total de 95 fotografías presentadas por
58 participantes -44 na categoría adulta e 14
na xuvenil- concorreron á segunda edición
de Imaxes con Fondo. As e os internautas
puideron votar as imaxes en Facebook e as
quince obras mellor valoradas en cada sec-
ción foron logo avaliadas polo xurado. Este
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
Premiadas e premiados recolleron os galardóns en Vigo.
2
estaba integrado por María Jesús
González e Esther López, vogais
da Comisión Executiva do Fondo
Galego polo Concello de Cambre e
pola Deputación de Lugo, respec-
tivamente; Helena Capera, repre-
sentante da Coordinadora Gale-
ga de ONGD, e os fotoxornalistas
Rober Amado e Marcos Míguez.
O xurado valorou non só as ima-
xes presentadas, senón tamén a
pertinencia das mensaxes que as
acompañaban.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
‘A pesca artesanal permite un equilibrio no ecosistema mariño.
Fomenta a economía local e supón arredor do 80% da flota galega’, Felipe Carnotto.
‘Baixo unha coiraza de illamento afóganse berros de axuda’, María Goretti Dorgambide.
1
ACTUALIDADE DO FONDO
O ébola centra o último
dos doce encontros
dixitais #Alén2015
O responsable de Relacións Externas de Mé-
dicos Sin Fronteras,  Carlos Ugarte, prota-
gonizou o derradeiro dos ciberencontros
mensuais #Alén2015 organizados polo Fon-
do Galego de Cooperación coa finalidade
de crear un espazo de debate e reflexión
en torno a distintos temas relacionados cos
Obxectivos de Desenvolvemento do Mi-
lenio, así como coñecer as propostas das
convidadas e convidados para a axenda
post 2015.
O esquecemento no que caeu a crise do
ébola e os problemas derivados da mesma
en África Occidental, a enorme magnitude da
epidemia e a insuficiente e tardía resposta
da comunidade internacional, o traballo
de MSF en Siria e outros países en confli-
to, os problemas aos que se enfrontan para
levar a cabo o seu labor en terreo ou como
lle están a afectar á organización os recortes
en axuda humanitaria foron algúns dos te-
mas abordados na conversa con Médicos sin
Fronteras.
No primeiro dos encontros dixitais, realizado
en xaneiro, participou o cofundador do Ob-
servatorio da Débeda na Globalización, Da-
vid Llistar, e versou sobre a anticoopera-
ción, título homónimo dun dos seus libros.
En febreiro estivo nas redes sociais do Fon-
do Galego Sarsur, un colectivo coruñés
que aportou unha interesante visión sobre
a situación do Sáhara Occidental. Hele-
na Maleno, investigadora e integrante da
rede de apoio Caminando Fronteras/Walking
Borders, abordou en marzo os fenómenos
migratorios e fronteiras.  Tom Kucharz,
membro de Ecoloxistas en Acción, ofreceu en
abril unha pormenorizada reflexión sobre o
declive enerxético, o consumo ou o cambio
climático, entre outros temas. Nacho Martí-
nez, da Plataforma 2015 y más, falou en maio
sobre os ODM e a axenda post 2015.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
Carlos Ugarte, de Médicos sen Fronteiras, pechou os ciberencontros.
3
En xuño, Amaia Celorrio, de ACNUR, fixo unha
análise da situación que están a vivir persoas
refuxiadas de todo o mundo. Margarita Gon-
zález, do grupo local de Amnistía Internacional
na Coruña, centrou en xullo o seu discurso nos
protocolos de actuación e intervencións de
AI en países en conflito. María Reimóndez,
fundadora e vicepresidenta de Implicadas no
Desenvolvemento, amosou algunhas  “alter-
nativas” ao sistema de cooperación tradicio-
nal, ademais de tratar cuestións tan interesan-
tes como os criterios de selección de países
prioritarios para a realización de proxectos de
cooperación.
En setembro contamos con Pablo Rodríguez,
que representou á Coordinadora Galega de
ONGD e tratou, entre outras cuestións, o labor
das organizacións galegas, o seu papel na
sociedade e as dificultades ás que se enfron-
tan produto da crise. O convidado de outubro,
Marco Gordillo, coordinador de campañas de
Manos Unidas, defendeu a cooperación local
como un valor para a cidadanía, e sinalou a
importancia do cambio climático e da seguri-
dade alimentaria na erradicación da pobreza.
En novembro estivo nas redes sociais do Fondo
Galego Nanda Couñago, directora de Amaran-
te Setem, que abordou temas como a compra
pública responsable, o comercio xusto ou a
defensa dos dereitos laborais das traballa-
doras do téxtil.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
Pablo Rodríguez representou á Coordinadora Galega de ONGD en setembro. A directora de Amarante avogou en novembro polo consumo responsable.
3
‘Comunicando comunidades’ nos institutos
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) animou a
máis de 500 estudantes a implicarse para mellorar a súa comunida-
de cun documental gravado en El Salvador no marco do proxecto fi-
nanciado polo Fondo Galego para reducir a vulnerabilidade ante o ris-
co de inundacións. Centros educativos de Bergondo, Boiro, Cabanas,
A Estrada, Fene, A Pobra do Caramiñal, Poio, Pontecesures e Vigo aco-
lleron a actividade de sensibilización, que se completaba cunha charla
previa para contextualizar o audiovisual e un debate posterior no que
se impulsa á mocidade a participar na resolución das problemáticas
sociais que afectan a súa contorna. A través de testemuños directos,
‘Comunicando comunidades’ pon de relevo como as cooperativas, os
movementos de base e as organizacións comunitarias permiten afron-
tar cuestións como a contaminación, a violencia, a falta de información
ou a carencia de traballo.
Obradoiro de compostaxe en Manzaneda
Amigos da Terra desenvolveu en Manzaneda un obradoiro de com-
postaxe promovido polo Fondo Galego de Cooperación. Dar a coñe-
cer esta alternativa como modelo doméstico e municipal de xestión
dos refugallos económica, ecolóxica e socialmente sustentable era o
obxectivo da actividade de sensibilización, na que mesmo se mon-
tou un composteiro artesán que foi instalado no CEIP para uso do
alumnado. A metodoloxía teórico-práctica permitiu reflexionar sobre
a situación actual dos residuos en Galicia, as problemáticas asociadas
a súa xestión e as alternativas existentes. Explicouse asemade o pro-
ceso da compostaxe, a súa implantación nos fogares e o sistema e
extracción e aplicación do compost, un abono natural que substitúe
os agroquímicos. Este método reduce á metade a materia orgánica
desbotada e, polo tanto, os seus efectos contaminantes e os custos do
seu tratamento.
FONDO DE ARMARIO
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
*
Presentación ante a rede portuguesa
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presentouse na
Asemblea Xeral da Rede Intermunicipal de Cooperação para o Desen-
volvimento, creada por 15 municipios portugueses co asesoramen-
to da entidade galega no marco do proxecto europeo Redes para o
Desenvolvemento. A delegación desprazada ata a cidade lusa de Maia
explicou a evolución da asociación, os seus obxectivos e a súa estru-
tura e funcións, amais de responder as preguntas das e dos asisten-
tes, especialmente interesados no sistema de cotas mínimas que
permite a todos os concellos participar na loita contra a pobreza e as
desigualdades. No encontro púxose de relevo o papel dos municipios
europeos na cooperación internacional para fortalecer as capacidades
dos gobernos locais de países parceiros, facilitar os procesos de des-
centralización e desenvolvemento local e contribuír ao cumprimento
dos Obxectivos do Milenio.
Debate sobre as novas competencias
As xornadas ‘As novas competencias de municipios e comunidades au-
tónomas en materia de cooperación para o desenvolvemento’, organi-
zadas pola Fundación Musol en Santiago de Compostela, contaron coa
participación do secretario do Fondo Galego, que presentou o modelo
da entidade e os distintos escenarios posibles para o futuro inmediato
en Galicia. No encontro, celebrado na Facultade de Dereito a finais
de novembro, debateuse sobre a recente Lei de acción exterior do
Estado e a súa incidencia sobre a cooperación, a posición dos en-
tes locais tras a reforma lexislativa ou o papel das ONGD no marco
da cooperación local. Profesoras da USC protagonizaron os relatorios
canda representantes da entidade organizadora e da Coordinadora
Galega de ONGD. A actividade encádrase nun proxecto máis amplo
para a formación de persoal político e técnico da administración local
e autonómica.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
*
OS PROXECTOS EN
TERREO: Cooperación
con ONGD na India e
Latinoamérica
Nas últimas semanas botaron a andar a
maior parte os proxectos de cooperación
para o desenvolvemento financiados polo
Fondo Galego a seis ONGD como resultado
da última convocatoria de axudas, e os que
faltan arrincarán no mes de xaneiro.
Facilitarlle o acceso a auga a máis dun
milleiro de persoas é o obxectivo da inicia-
tiva que Amigos da Terra puxo en marcha a
mediados de novembro cunha subvención
de 29.918 euros e co Instituto de Promoción
Humana (Inprhu) como parceiro local. En cin-
co comunidades dos municipios de Somoto
e San Lucas mellorarase a infraestrutura e o
manexo das fontes. Para conseguilo, realiza-
ranse capacitacións sobre a xestión da auga
e o saneamento, rehabilitación de estrutu-
ras, reforestación e tratamento das augas
grises. Ao mesmo tempo, achegaranse so-
lucións tecnolóxicas como as bioxardineiras
que permiten depurar as augas residuais e
reutilizalas para o rego. A actividade de sen-
sibilización que se levará a cabo en Galicia
consistirá precisamente na fitodepuración
e irá dirixida prioritariamente a persoal téc-
nico municipal, comunidades de montes e
outras organizacións interesadas.
A comezos de decembro iniciábanse tres
proxectos, un deles o impulsado por Impli-
cadas no Desenvolvemento na India canda a
ONG People’s Development Initiatives (PDI),
para o que recibiu 6.736 euros. A actuación
promove a participación social e política
dunhas 1.500 mulleres no distrito de Tiru-
chipalli, no marco dun programa de empo-
deramento máis amplo que xa contara ante-
riormente co apoio do Fondo Galego. Se ben
daquela se centrara na zona urbana, agora
intervirase en dez aldeas do rural co fin de
aumentar a autoestima e contribuír ao em-
poderamento económico e social das mulle-
res, amais de reducir as barreiras de partici-
pación e formalas no marco político. Unha
responsable local do proxecto visitará Ga-
licia para trasladarlle a experiencia á cidada-
nía e nos concellos tamén se informará sobre
a metodoloxía dos Grupos de Axuda Mutua.
Arquitectos sen Fronteiras, pola súa banda,
recibiu 28.442 euros para colaborar en Gua-
temala coa Asociación indíxena agropecuaria
pro desenvolvemento rural. Trátase de for-
talecer os procesos autónomos de desenvol-
vemento en 16 comunidades, campesiñas e
maioritariamente indíxenas, do municipio de
Champerico, a través do impulso dunha coo-
perativa dedicada a elaborar materiais de
construción, onde ademais os beneficios se
invisten en necesidades comunitarias. Pre-
téndese mellorar a xestión e a produtividade
a través de capacitacións, ampliar o abano
da oferta, realizar campañas para ampliar
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
Amigos da Terra promove a bioxardinería en Nicaragua.
As mulleres protagonizan o traballo de Implicadas na India.
*
mercado, visitas de intercambio, mellora de
instalacións, etc. Ao tempo reactívase a orga-
nización e participación da veciñanza, sobre
todo das mulleres. A actividade de sensibili-
zación consistirá en dar a coñecer este traba-
llo, establecendo paralelismos co cooperati-
vismo galego.
Un total de 28.443 euros obtivo Enxeñería
sen Fronteiras para ampliar o acceso á auga
potable e ao saneamento en sete munici-
pios rurais da parte hondureña do Golfo de
Fonseca. Para fortalecer as capacidades lo-
cais neste senso, impartiranse capacitacións
sobre a elaboración de plans de xestión inte-
gral do recurso hídrico, formarase en hixiene
e saúde, realizaranse estudos hidrolóxicos,
formacións en software libre, etc. Para a sen-
sibilización en Galicia realizarase un vídeo so-
bre a actuación e mais un panel con fotogra-
fías do proxecto, que se exhibirán ao tempo
que se imparten charlas para promocionar
o voluntariado. Ofertan asemade unha pra-
za para Vacacións con Traballo, o progra-
ma de voluntariado internacional dirixido ao
persoal técnico das administracións locais e
provinciais socias do Fondo Galego.
No mes de xaneiro póñense en andamen-
to os outros dous proxectos cofinanciados
pola asociación municipalista. Un deles é o
impulsado por Intered co Movemento Ma-
nuela Ramos en Perú, que recibiu 29.343
euros. A iniciativa promove a participación
e implicación das mulleres quechuas e
aimaras organizadas na rexión de Puno,
como estratexia para mellorar a efectividade
da ruta de atención ás vítimas de violencia
familiar e sexual en tres distritos. Os piares
do proxecto serán o desenvolvemento das
capacidades necesarias e mais un programa
de sensibilización e promoción articulado
cos operadores policiais, xudiciais e fiscais.
Alén diso, porase en contacto a realidade das
mulleres peruanas coas galegas a través de
cinco encontros ‘Entretecendo’ para tecer e
reflexionar arredor da economía feminis-
ta, rematando cun acto final de yarn bom-
bing, ou arte urbana de la, en torno ao mo-
numento dunha muller destacada.
Por último, dedicaranse 29.461 euros a po-
tenciar en Nicaragua o turismo sustentable
da man de Taller de Solidaridad e o Inprhu-
Somoto. Búscase mellorar os ingresos e a ca-
pacidade financeira do centro de educación
alternativa rural Telpolchalli fortalecendo a
produción e venda de servizos agroturísti-
cos, para o que se poden aproveitar os atrac-
tivos naturais e culturais existentes na zona
co fin de promocionar e posicionar Totogal-
pa como destino. Mediante a implicación do
centro, búscase resolver o problema da de-
ficiente estrutura para a prestación de ser-
vizos de información turística, aloxamento e
animación, polo que se financiarán melloras
na oficina e as habitacións, equipos agrope-
cuarios sementes e outros insumos agrícolas
necesarios. Unha exposición fotográfica visi-
bilizará o proxecto en Galicia.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
Río Grande é unha da comunidades implicadas no proxecto
con Enxeñería sen Fronteiras. FOTO: Srta Eve/ESF
Arquitectos sen Fronteiras apoia unha cooperativa guatemalteca.
*
A OLLADA
EXTERNA
Irene Lourido: “Os
medios deben
axudar a crear
cidadáns críticos,
comprometidos e
activos”
Irene Lourido é un dos rostros
máis recoñecibles da Televisión
de Galicia, ao principio rachan-
do co monopolio masculino no
espazo deportivo ‘En xogo’ e
hoxe á fronte do Telexornal Fin
de Semana. Afeccionada a tocar
o piano e mesmo á interpreta-
ción teatral, a súa traxectoria
está salpicada de colaboracións
solidarias dentro e fóra da pan-
talla. Prácticas de consumo res-
ponsable e de participación ve-
ciñal sorprenden tamén na cara
máis descoñecida da xornalista
pontevedresa.
Como viviches a túa incor-
poración ao xornalismo
deportivo, un eido da pro-
fesión onde daquela predo-
minaban os compañeiros
homes?
Foi unha etapa moi boa na miña
carreira, de moita aprendizaxe.
Tiven compañeiros, hoxe ami-
gos, que me axudaron moito. E
foi a mostra de que as mulleres
podemos traballar en calquera
ámbito. Nin o departamento de
deportes nin calquera outro son
exclusividade dos homes.
Botas en falta que se fale
máis das categorías femini-
nas ou dos deportes minori-
tarios?
Claro que si. Aínda que se están
facendo esforzos por ampliar o
que se conta, nunca debemos
estar conformes. Debemos re-
buscar para non deixar temas
importantes sen contar, máis
“Os medios son unha das
bases, pero a cidadanía
tamén debe implicarse
socialmente”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
*
A xornalista Irene Lourido.
aqueles que non acostuman ter
tanta visibilidade e que se ven
solapados polos temas habi-
tuais no día a día.
Onde situarías a responsa-
bilidade dos medios na con-
figuración dunha cidadanía
crítica e activa, que partici-
pe no cambio cara unha so-
ciedade máis xusta e inclu-
siva?
Os medios teñen a función non
só de entreter, tamén de formar
e informar. Así que a súa res-
ponsabilidade é total. Os me-
dios son unha das bases pero os
cidadáns tamén deben implicar-
se socialmente. Os medios de-
ben axudar a crear cidadáns crí-
ticos, comprometidos e activos,
por suposto. Pero se non o fan,
e esa parece ser a tendencia, os
cidadáns debemos reinventar-
nos igualmente. E hoxe en día é
máis doado facelo. Internet está
cambiando xeitos, tanto de co-
municarse como de implicarse.
Fuches un dos rostros da Se-
mana TVG coa Infancia impul-
sada canda Unicef. É tarefa
dos medios públicos impli-
carse neste tipo de campa-
ñas?
Si, dos medios públicos, non pú-
blicos e de todas aquelas em-
presas ou institucións que teñan
un mínimo de sensibilidade co
que nos rodea. Se todos estivé-
semos máis concienciados con-
seguiriamos ir cambiando tanta
desigualdade aínda que fose
moi pouco a pouco.
A promoción da lingua ga-
lega é un dos principais
obxectivos establecidos na
creación da CRTVG, dirías
que esta misión é hoxe máis
necesaria ca nunca?
Si, máis tendo en conta os últi-
mos datos do Instituto Galego
de Estatística. Hai unha tenden-
cia que debe mudar se non que-
remos que a nosa lingua quede
relegada. E, de novo, todos te-
mos responsabilidade, cada un
dentro do seu ámbito.
Consideras que os medios
prestan suficiente aten-
ción a cuestións coma a so-
lidariedade, a cooperación
internacional ou a defensa
dos dereitos humanos?
Non. Nunca é dabondo. Fala-
mos da defensa dos dereitos
humanos. Todo o que se diga
sobre iso é pouco.
Gústache viaxar e mesmo
fuches cunha ONG a Guate-
mala. Recomendarías este
tipo de experiencias para
coñecer outras realidades?
Por suposto, ás veces non nos
damos conta de que a nosa
contorna non é o habitual. Nós
somos privilexiados. E cando
“A tendencia debe mudar
se non queremos
que a lingua quede
relegada, e todos temos
responsabilidade”
“Cando coñeces outras
vidas é cando comprendes
que non precisas de tantas
cousas”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
*
Irene Lourido no lago Atitlán durante unhas vacacións solidarias en Guatemala.
coñeces outras vidas é cando
comprendes que non precisas
de tantas cousas, que temos
unha sociedade pervertida en
moitos sentidos.
Vives nun barrio composte-
lán con certa vida asociati-
va, participas dos colectivos
veciñais?
Participo, si. E creo que é un xei-
to fantástico de coñecer xente,
de implicarte na túa veciñanza e
de ser un pouco máis humanos,
máis sociais. Tendemos a illar-
nos, a ir por libre. Nas cidades
case nin sabemos como se cha-
ma esa persoa coa que coincidi-
mos cinco veces ao mes no as-
censor. E as asociacións veciñais
son fundamentais, axudan a
que fagamos barrio, a sentirnos
parte de algo e a dar pequenos
pasos polo benestar común.
Tes impulsado iniciativas
persoais como mercadiños
de roupa de segunda man,
ata que punto crees que un
consumo responsable é cla-
ve para acadarmos un futu-
ro sostible?
É absoltuamente chave. Temos
un consumismo atroz, totalmen-
te dirixido. Non o precisamos.
E aínda que nolo queiran facer
crer, non nos fai máis felices,
máis ben todo o contrario. Po-
demos reciclar, reutilizar, darlle
vida a prendas e obxectos que a
industria quere que enterremos
pensando só no seu propio be-
neficio, non no noso, claro.
O curso pasado postulá-
cheste como madriña da Se-
mana Solidaria do IES Félix
Muriel (Rianxo), por que de-
cidiches prestar o teu apoio
a este proxecto?
Se podes colaborar, compartes
ideas e proxectos... por que non
facelo?
Cres niso de que “unha
imaxe vale máis ca mil pa-
labras”?
As palabras poden ser mentiro-
sas. As imaxes, sobre todo se as
ves ti mesmo, non.
Cal é a nova coa que che
gustaría abrir o vindeiro te-
lexornal?
Gustaríame acabar o ano e que
no balance da violencia machis-
ta non houbera nin unha soa
morte.
“As asociacións veciñais
axudan a facer barrio,
a dar pequenos pasos polo
benestar común”
“Temos un consumismo
atroz. E aínda que nolo
queiran facer crer,
non nos fai máis felices”
“Gustaríame acabar o ano
e que no balance da
violencia machista non
houbera nin unha soa
morte”
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
*
A presentadora postulouse como madriña da Semana Solidaria do IES Félix Muriel.
INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org
Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de
Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo,
Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo
de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol,
Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda,
Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo,
O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures,
Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro,
Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior,
Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove
Deputacións: A Coruña, Lugo.
Infórmate
aFondo
Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Redacción e Administración: Avda. Joselín 7 P3 4B
36300 Baiona (Pontevedra)
Tel/Fax: 986 357 238 / 698 144 536
Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org
Depósito Legal: VG-473-2007
Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

More Related Content

Viewers also liked

Identifying emerging risks
Identifying emerging risksIdentifying emerging risks
Identifying emerging risksDon Willems
 
Urban Permaculture for the Austin Permaculture Guild
Urban Permaculture for the Austin Permaculture GuildUrban Permaculture for the Austin Permaculture Guild
Urban Permaculture for the Austin Permaculture GuildSelwyn Polit
 
Raport księgowość w Polsce 2011
Raport księgowość w Polsce 2011Raport księgowość w Polsce 2011
Raport księgowość w Polsce 2011infakt
 
Jak więcej zarabiać będąc programistą, czyli o samozatrudnieniu.
Jak więcej zarabiać będąc programistą, czyli o samozatrudnieniu.Jak więcej zarabiać będąc programistą, czyli o samozatrudnieniu.
Jak więcej zarabiać będąc programistą, czyli o samozatrudnieniu.infakt
 
Genericlicensing available european granted licenses march 2011
Genericlicensing available european granted licenses march 2011Genericlicensing available european granted licenses march 2011
Genericlicensing available european granted licenses march 2011Genericlicensing.com
 
мат 2
мат 2мат 2
мат 2zayts
 
הערות הקואליציה לדיור בר השגה לתזכיר חוק התכנית הכלכלית לשנת
הערות הקואליציה לדיור בר השגה לתזכיר חוק התכנית הכלכלית לשנתהערות הקואליציה לדיור בר השגה לתזכיר חוק התכנית הכלכלית לשנת
הערות הקואליציה לדיור בר השגה לתזכיר חוק התכנית הכלכלית לשנתacri009
 
дом. задания2
дом. задания2дом. задания2
дом. задания2tulga0513
 
I believe vod showcase
I believe vod showcaseI believe vod showcase
I believe vod showcaseibelievedublin
 
Top Drupal Modules
Top Drupal ModulesTop Drupal Modules
Top Drupal ModulesIgor Știrbu
 
мой люб
мой любмой люб
мой любtulga0513
 
Presentatie koken met de k van kortrijk
Presentatie koken met de k van kortrijkPresentatie koken met de k van kortrijk
Presentatie koken met de k van kortrijkSamory De Zitter
 
Presentatie koken met de k van kortrijk
Presentatie koken met de k van kortrijkPresentatie koken met de k van kortrijk
Presentatie koken met de k van kortrijkSamory De Zitter
 

Viewers also liked (20)

Identifying emerging risks
Identifying emerging risksIdentifying emerging risks
Identifying emerging risks
 
Urban Permaculture for the Austin Permaculture Guild
Urban Permaculture for the Austin Permaculture GuildUrban Permaculture for the Austin Permaculture Guild
Urban Permaculture for the Austin Permaculture Guild
 
Raport księgowość w Polsce 2011
Raport księgowość w Polsce 2011Raport księgowość w Polsce 2011
Raport księgowość w Polsce 2011
 
Talkport i believe
Talkport i believeTalkport i believe
Talkport i believe
 
Jak więcej zarabiać będąc programistą, czyli o samozatrudnieniu.
Jak więcej zarabiać będąc programistą, czyli o samozatrudnieniu.Jak więcej zarabiać będąc programistą, czyli o samozatrudnieniu.
Jak więcej zarabiać będąc programistą, czyli o samozatrudnieniu.
 
Genericlicensing available european granted licenses march 2011
Genericlicensing available european granted licenses march 2011Genericlicensing available european granted licenses march 2011
Genericlicensing available european granted licenses march 2011
 
мат 2
мат 2мат 2
мат 2
 
Berta & teo
Berta & teoBerta & teo
Berta & teo
 
הערות הקואליציה לדיור בר השגה לתזכיר חוק התכנית הכלכלית לשנת
הערות הקואליציה לדיור בר השגה לתזכיר חוק התכנית הכלכלית לשנתהערות הקואליציה לדיור בר השגה לתזכיר חוק התכנית הכלכלית לשנת
הערות הקואליציה לדיור בר השגה לתזכיר חוק התכנית הכלכלית לשנת
 
Yrittäjien someverkkopaja (id 387951)
Yrittäjien someverkkopaja (id 387951)Yrittäjien someverkkopaja (id 387951)
Yrittäjien someverkkopaja (id 387951)
 
Slide show
Slide showSlide show
Slide show
 
дом. задания2
дом. задания2дом. задания2
дом. задания2
 
Uzuulen2
Uzuulen2Uzuulen2
Uzuulen2
 
I believe vod showcase
I believe vod showcaseI believe vod showcase
I believe vod showcase
 
Top Drupal Modules
Top Drupal ModulesTop Drupal Modules
Top Drupal Modules
 
мой люб
мой любмой люб
мой люб
 
Presentatie koken met de k van kortrijk
Presentatie koken met de k van kortrijkPresentatie koken met de k van kortrijk
Presentatie koken met de k van kortrijk
 
D4A Webinar TAKK presentation
D4A Webinar TAKK presentationD4A Webinar TAKK presentation
D4A Webinar TAKK presentation
 
Hoezo rustig adang van der torre
Hoezo rustig adang van der torreHoezo rustig adang van der torre
Hoezo rustig adang van der torre
 
Presentatie koken met de k van kortrijk
Presentatie koken met de k van kortrijkPresentatie koken met de k van kortrijk
Presentatie koken met de k van kortrijk
 

Similar to IAF136 nº5dixital

Iaf133
Iaf133Iaf133
Iaf133IGADI
 
IAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIGADI
 
IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IGADI
 
IAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIGADI
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIGADI
 
IAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixitalIAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixitalIGADI
 
IAF137 nº6dixital
IAF137 nº6dixitalIAF137 nº6dixital
IAF137 nº6dixitalIGADI
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIGADI
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIGADI
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralsatelite1
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015satelite1
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023acppgalicia
 
As on gs galegas manuel e rocío correx
As on gs galegas   manuel e rocío correxAs on gs galegas   manuel e rocío correx
As on gs galegas manuel e rocío correxmackerel100
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaEncarna Lago
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiroecursocig
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 

Similar to IAF136 nº5dixital (20)

Iaf133
Iaf133Iaf133
Iaf133
 
IAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixitalIAF138 nº7dixital
IAF138 nº7dixital
 
IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital
 
IAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixital
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixital
 
IAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixitalIAF139 nº8dixital
IAF139 nº8dixital
 
IAF137 nº6dixital
IAF137 nº6dixitalIAF137 nº6dixital
IAF137 nº6dixital
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Iaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixitalIaf132nº1dixital
Iaf132nº1dixital
 
Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13
 
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do rural
 
Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015Dossier de prensa_cme2015
Dossier de prensa_cme2015
 
Evolucion da cooperacion ao desenvolvemento
Evolucion da cooperacion ao desenvolvementoEvolucion da cooperacion ao desenvolvemento
Evolucion da cooperacion ao desenvolvemento
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
 
As on gs galegas manuel e rocío correx
As on gs galegas   manuel e rocío correxAs on gs galegas   manuel e rocío correx
As on gs galegas manuel e rocío correx
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
A auga
A augaA auga
A auga
 
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA FerreiroReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
ReflexióN Sobre A Sociedade Da InformacióN.Sandra PeñA Ferreiro
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 

IAF136 nº5dixital

  • 1. Infórmate aFondo Número 136 4º trimestre 2014 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa www.fondogalego.org Os Obxectivos do Milenio a debate nas IX Xornadas Felipe Carnotto gaña o concurso Imaxes con Fondo ‘Comunicando comunidades’ nos institutos Obradoiro de compostaxe en Manzaneda 2 84 A OLLADA EXTERNA: Entrevista con Irene Lourido “Os medios deben axudar a crear cidadáns críticos, comprometidos e activos” 12 8 FONDO DE ARMARIO 8 OS PROXECTOS EN TERREO: Cooperación con ONGD na India e Latinoamérica 10
  • 2. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 2] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org ACTUALIDADE DO FONDO O futuro dos Obxectivos do Milenio a debate nas IX Xornadas Especialistas internacionais debateron sobre a futura axenda da coo- peración nas IX Xornadas do Fondo Galego, que se celebraron en Vigo o 10 de decembro, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos. Baixo o epígrafe ‘#Alén2015: Os Obxectivos do Milenio, fin e principios’ a Casa Galega da Cultura acolleu os debates sobre o horizonte que se abre despois dos ODM, que este ano darán paso aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A inauguración do encontro contou coa presidenta do Fondo Galego e concelleira en Redondela, Teresa París, a vicepresidenta e concelleira en Vigo, Isaura Abelairas, e mais a tesoureira da entidade e concellei- ra en Allariz, Pilar Gallego. Marta Pedrajas, asesora do Ministerio de Asuntos Exteriores, abordou a continuación os resultados dos Obxec- tivos de Desenvolvemento do Milenio e, aínda que non se vaian acadar as oito metas, considerou que “ten habido avances espectaculares”. Explicou asemade que os 17 ODS que integran a nova proposta inclúen a sostibilidade social, económica e medioambiental. No entanto, a posición española seguirá defendendo no ano de negocia- cións que queda por diante que a desigualdade non se contemple só desde o punto de vista da renda e que o enfoque de dereitos sexa unha prioridade. O xefe da Oficina do Programa Mundial de Alimentos en Madrid, An- tonio Salort, interveu a seguir para explicar o labor desta axencia da ONU, que ve con bos ollos os ODS “porque protexen o concepto de seguridade alimentaria e nutricional”. Estímase que uns 800 millóns de persoas sofren fame no mundo, unha cifra que se reduce ano a ano. Segundo Salort, ‘podemos rematar coa fame na nosa xeración’ e nesta liña o PMA vén de pór en marcha o Reto da Fame Cero. A Rede Mundial de Cidades e Gobernos Locais e Rexionais tamén estivo representada nas xornadas por Kate Baird, quen lembrou que moitas das metas da axenda internacional han de ser implementadas po- las administracións municipais e autonómicas (saneamento, auga, educación...). Se ben para fixar os ODM non se lles consultou, no caso dos ODS si están moi activos para que se teña en conta aos territorios que forman parte de cada país. Mesmo se mantén un Obxectivo de Desenvolvemento Sostible para facer as cidades e os asentamentos humanos inclusivos, seguros, resilientes e sustentables. As representantes da Comisión Executiva abriron as xornadas. 1
  • 3. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 3] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org Perspectiva crítica A visión crítica chegou da man de David Llistar, para quen ‘Norte e Sur xa non son conceptos xeográ- ficos, senón económicos ou so- ciais’ e hai redes de intereses que interaccionan a través de grupos de poder. O fundador do Observa- torio da Débeda na Globalización, denuncia “a anticooperación, as interferencias negativas que xeran as nosas sociedades sobre os paí- ses do Sur”. Pola contra, no canto dos ODS defende un cambio de modelo cara unha coherencia de políticas para o desenvolvemen- to. Tamén a fundadora da ONGD Im- plicadas no Desenvolvemento, Ma- ría Reimóndez, considera que o dos ODM “xa non é un marco de debate axeitado, pois a pobreza é algo político, ten que ver con dere- itos, con desigualdade e coa repre- sentación”. Ao tempo, esixe que se recoñeza as mulleres como su- xeitos de dereitos e que se actúe para alterar as relacións de xénero tamén no ámbito do privado. Denuncia a existencia dun “patriarcado global” reforzado polo capitalismo e reclama que se teñan en conta os espazos nos que as mulleres están a participar para definir as súas prioridades. As gravacións dos debates están dispoñibles nas canles do Fondo Ga- lego en Youtube e Ivoox, e tamén se pode acceder a un resumo en Twitter a través do hashtag #XornadasFondo14. Amais dos relatorios, no transcurso das xornadas entregáronse os galardóns do concurso fotográfico Imaxes con Fondo II e expúxose a mostra ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’, coas instantáneas tomadas no país africano por Rober Amado, gañador da primeira edición do certame. Especialistas internacionais analizaron a axenda post 2015. 1
  • 4. ACTUALIDADE DO FONDO Felipe Carnotto gaña o concurso Imaxes con Fondo retratando a pesca artesanal O fotoxornalista Felipe Carnotto gañou a segunda edición do concurso de fotografía Imaxes con Fondo, convocado polo Fondo Galego. Unha instantánea sobre a pesca ar- tesanal, acompañada dun ‘tweet’ en defensa desta actividade sostible, mereceulle ao au- tor de orixe brasileira afincado en Vigo unha viaxe a Nicaragua para realizar un traba- llo fotográfico sobre os proxectos apoia- dos pola entidade organizadora. A moza vi- lagarciá María Goretti Dorgambide venceu na categoría xuvenil cunha imaxe a prol da solidariedade, pola que obtén unha cámara réflex. Reflexionar sobre a nosa responsabilidade na construción dun mundo máis xusto era o principal obxectivo do do certame, que no apartado para persoas adultas levaba o lema ‘Cambia, reivindica e constrúe’. Manuel Cos- ta (Moaña) obtivo o segundo posto cunha enxeñosa obra sobre a pobreza mentres que Borja Blanco (Ferrol) denunciaba no traballo que quedou terceiro o baixo prezo que cobra quen produce os alimentos. ‘A solidariedade dá sentido ás nosas vidas’ era o enunciado da categoría xuvenil, na que Laura Díaz Martínez (Ferrol) acadou o se- gundo premio cunha crítica á contaminación dos mares e María Rodríguez Vila (Oleiros) ficou co terceiro, animando a compartir coa súa fotografía e o seu ‘chío’. Os segundos postos estaban dotados cunha cesta de pro- dutos de comercio xusto e os terceiros cun lote de películas de temática social. Ata 95 obras e 58 participantes Un total de 95 fotografías presentadas por 58 participantes -44 na categoría adulta e 14 na xuvenil- concorreron á segunda edición de Imaxes con Fondo. As e os internautas puideron votar as imaxes en Facebook e as quince obras mellor valoradas en cada sec- ción foron logo avaliadas polo xurado. Este Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 4] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org Premiadas e premiados recolleron os galardóns en Vigo. 2
  • 5. estaba integrado por María Jesús González e Esther López, vogais da Comisión Executiva do Fondo Galego polo Concello de Cambre e pola Deputación de Lugo, respec- tivamente; Helena Capera, repre- sentante da Coordinadora Gale- ga de ONGD, e os fotoxornalistas Rober Amado e Marcos Míguez. O xurado valorou non só as ima- xes presentadas, senón tamén a pertinencia das mensaxes que as acompañaban. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 5] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org ‘A pesca artesanal permite un equilibrio no ecosistema mariño. Fomenta a economía local e supón arredor do 80% da flota galega’, Felipe Carnotto. ‘Baixo unha coiraza de illamento afóganse berros de axuda’, María Goretti Dorgambide. 1
  • 6. ACTUALIDADE DO FONDO O ébola centra o último dos doce encontros dixitais #Alén2015 O responsable de Relacións Externas de Mé- dicos Sin Fronteras,  Carlos Ugarte, prota- gonizou o derradeiro dos ciberencontros mensuais #Alén2015 organizados polo Fon- do Galego de Cooperación coa finalidade de crear un espazo de debate e reflexión en torno a distintos temas relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento do Mi- lenio, así como coñecer as propostas das convidadas e convidados para a axenda post 2015. O esquecemento no que caeu a crise do ébola e os problemas derivados da mesma en África Occidental, a enorme magnitude da epidemia e a insuficiente e tardía resposta da comunidade internacional, o traballo de MSF en Siria e outros países en confli- to, os problemas aos que se enfrontan para levar a cabo o seu labor en terreo ou como lle están a afectar á organización os recortes en axuda humanitaria foron algúns dos te- mas abordados na conversa con Médicos sin Fronteras. No primeiro dos encontros dixitais, realizado en xaneiro, participou o cofundador do Ob- servatorio da Débeda na Globalización, Da- vid Llistar, e versou sobre a anticoopera- ción, título homónimo dun dos seus libros. En febreiro estivo nas redes sociais do Fon- do Galego Sarsur, un colectivo coruñés que aportou unha interesante visión sobre a situación do Sáhara Occidental. Hele- na Maleno, investigadora e integrante da rede de apoio Caminando Fronteras/Walking Borders, abordou en marzo os fenómenos migratorios e fronteiras.  Tom Kucharz, membro de Ecoloxistas en Acción, ofreceu en abril unha pormenorizada reflexión sobre o declive enerxético, o consumo ou o cambio climático, entre outros temas. Nacho Martí- nez, da Plataforma 2015 y más, falou en maio sobre os ODM e a axenda post 2015. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 6] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org Carlos Ugarte, de Médicos sen Fronteiras, pechou os ciberencontros. 3
  • 7. En xuño, Amaia Celorrio, de ACNUR, fixo unha análise da situación que están a vivir persoas refuxiadas de todo o mundo. Margarita Gon- zález, do grupo local de Amnistía Internacional na Coruña, centrou en xullo o seu discurso nos protocolos de actuación e intervencións de AI en países en conflito. María Reimóndez, fundadora e vicepresidenta de Implicadas no Desenvolvemento, amosou algunhas  “alter- nativas” ao sistema de cooperación tradicio- nal, ademais de tratar cuestións tan interesan- tes como os criterios de selección de países prioritarios para a realización de proxectos de cooperación. En setembro contamos con Pablo Rodríguez, que representou á Coordinadora Galega de ONGD e tratou, entre outras cuestións, o labor das organizacións galegas, o seu papel na sociedade e as dificultades ás que se enfron- tan produto da crise. O convidado de outubro, Marco Gordillo, coordinador de campañas de Manos Unidas, defendeu a cooperación local como un valor para a cidadanía, e sinalou a importancia do cambio climático e da seguri- dade alimentaria na erradicación da pobreza. En novembro estivo nas redes sociais do Fondo Galego Nanda Couñago, directora de Amaran- te Setem, que abordou temas como a compra pública responsable, o comercio xusto ou a defensa dos dereitos laborais das traballa- doras do téxtil. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 7] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org Pablo Rodríguez representou á Coordinadora Galega de ONGD en setembro. A directora de Amarante avogou en novembro polo consumo responsable. 3
  • 8. ‘Comunicando comunidades’ nos institutos A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) animou a máis de 500 estudantes a implicarse para mellorar a súa comunida- de cun documental gravado en El Salvador no marco do proxecto fi- nanciado polo Fondo Galego para reducir a vulnerabilidade ante o ris- co de inundacións. Centros educativos de Bergondo, Boiro, Cabanas, A Estrada, Fene, A Pobra do Caramiñal, Poio, Pontecesures e Vigo aco- lleron a actividade de sensibilización, que se completaba cunha charla previa para contextualizar o audiovisual e un debate posterior no que se impulsa á mocidade a participar na resolución das problemáticas sociais que afectan a súa contorna. A través de testemuños directos, ‘Comunicando comunidades’ pon de relevo como as cooperativas, os movementos de base e as organizacións comunitarias permiten afron- tar cuestións como a contaminación, a violencia, a falta de información ou a carencia de traballo. Obradoiro de compostaxe en Manzaneda Amigos da Terra desenvolveu en Manzaneda un obradoiro de com- postaxe promovido polo Fondo Galego de Cooperación. Dar a coñe- cer esta alternativa como modelo doméstico e municipal de xestión dos refugallos económica, ecolóxica e socialmente sustentable era o obxectivo da actividade de sensibilización, na que mesmo se mon- tou un composteiro artesán que foi instalado no CEIP para uso do alumnado. A metodoloxía teórico-práctica permitiu reflexionar sobre a situación actual dos residuos en Galicia, as problemáticas asociadas a súa xestión e as alternativas existentes. Explicouse asemade o pro- ceso da compostaxe, a súa implantación nos fogares e o sistema e extracción e aplicación do compost, un abono natural que substitúe os agroquímicos. Este método reduce á metade a materia orgánica desbotada e, polo tanto, os seus efectos contaminantes e os custos do seu tratamento. FONDO DE ARMARIO Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 8] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org *
  • 9. Presentación ante a rede portuguesa O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presentouse na Asemblea Xeral da Rede Intermunicipal de Cooperação para o Desen- volvimento, creada por 15 municipios portugueses co asesoramen- to da entidade galega no marco do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento. A delegación desprazada ata a cidade lusa de Maia explicou a evolución da asociación, os seus obxectivos e a súa estru- tura e funcións, amais de responder as preguntas das e dos asisten- tes, especialmente interesados no sistema de cotas mínimas que permite a todos os concellos participar na loita contra a pobreza e as desigualdades. No encontro púxose de relevo o papel dos municipios europeos na cooperación internacional para fortalecer as capacidades dos gobernos locais de países parceiros, facilitar os procesos de des- centralización e desenvolvemento local e contribuír ao cumprimento dos Obxectivos do Milenio. Debate sobre as novas competencias As xornadas ‘As novas competencias de municipios e comunidades au- tónomas en materia de cooperación para o desenvolvemento’, organi- zadas pola Fundación Musol en Santiago de Compostela, contaron coa participación do secretario do Fondo Galego, que presentou o modelo da entidade e os distintos escenarios posibles para o futuro inmediato en Galicia. No encontro, celebrado na Facultade de Dereito a finais de novembro, debateuse sobre a recente Lei de acción exterior do Estado e a súa incidencia sobre a cooperación, a posición dos en- tes locais tras a reforma lexislativa ou o papel das ONGD no marco da cooperación local. Profesoras da USC protagonizaron os relatorios canda representantes da entidade organizadora e da Coordinadora Galega de ONGD. A actividade encádrase nun proxecto máis amplo para a formación de persoal político e técnico da administración local e autonómica. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 9] N o Fon do fu nciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org *
  • 10. OS PROXECTOS EN TERREO: Cooperación con ONGD na India e Latinoamérica Nas últimas semanas botaron a andar a maior parte os proxectos de cooperación para o desenvolvemento financiados polo Fondo Galego a seis ONGD como resultado da última convocatoria de axudas, e os que faltan arrincarán no mes de xaneiro. Facilitarlle o acceso a auga a máis dun milleiro de persoas é o obxectivo da inicia- tiva que Amigos da Terra puxo en marcha a mediados de novembro cunha subvención de 29.918 euros e co Instituto de Promoción Humana (Inprhu) como parceiro local. En cin- co comunidades dos municipios de Somoto e San Lucas mellorarase a infraestrutura e o manexo das fontes. Para conseguilo, realiza- ranse capacitacións sobre a xestión da auga e o saneamento, rehabilitación de estrutu- ras, reforestación e tratamento das augas grises. Ao mesmo tempo, achegaranse so- lucións tecnolóxicas como as bioxardineiras que permiten depurar as augas residuais e reutilizalas para o rego. A actividade de sen- sibilización que se levará a cabo en Galicia consistirá precisamente na fitodepuración e irá dirixida prioritariamente a persoal téc- nico municipal, comunidades de montes e outras organizacións interesadas. A comezos de decembro iniciábanse tres proxectos, un deles o impulsado por Impli- cadas no Desenvolvemento na India canda a ONG People’s Development Initiatives (PDI), para o que recibiu 6.736 euros. A actuación promove a participación social e política dunhas 1.500 mulleres no distrito de Tiru- chipalli, no marco dun programa de empo- deramento máis amplo que xa contara ante- riormente co apoio do Fondo Galego. Se ben daquela se centrara na zona urbana, agora intervirase en dez aldeas do rural co fin de aumentar a autoestima e contribuír ao em- poderamento económico e social das mulle- res, amais de reducir as barreiras de partici- pación e formalas no marco político. Unha responsable local do proxecto visitará Ga- licia para trasladarlle a experiencia á cidada- nía e nos concellos tamén se informará sobre a metodoloxía dos Grupos de Axuda Mutua. Arquitectos sen Fronteiras, pola súa banda, recibiu 28.442 euros para colaborar en Gua- temala coa Asociación indíxena agropecuaria pro desenvolvemento rural. Trátase de for- talecer os procesos autónomos de desenvol- vemento en 16 comunidades, campesiñas e maioritariamente indíxenas, do municipio de Champerico, a través do impulso dunha coo- perativa dedicada a elaborar materiais de construción, onde ademais os beneficios se invisten en necesidades comunitarias. Pre- téndese mellorar a xestión e a produtividade a través de capacitacións, ampliar o abano da oferta, realizar campañas para ampliar Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 10] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org Amigos da Terra promove a bioxardinería en Nicaragua. As mulleres protagonizan o traballo de Implicadas na India. *
  • 11. mercado, visitas de intercambio, mellora de instalacións, etc. Ao tempo reactívase a orga- nización e participación da veciñanza, sobre todo das mulleres. A actividade de sensibili- zación consistirá en dar a coñecer este traba- llo, establecendo paralelismos co cooperati- vismo galego. Un total de 28.443 euros obtivo Enxeñería sen Fronteiras para ampliar o acceso á auga potable e ao saneamento en sete munici- pios rurais da parte hondureña do Golfo de Fonseca. Para fortalecer as capacidades lo- cais neste senso, impartiranse capacitacións sobre a elaboración de plans de xestión inte- gral do recurso hídrico, formarase en hixiene e saúde, realizaranse estudos hidrolóxicos, formacións en software libre, etc. Para a sen- sibilización en Galicia realizarase un vídeo so- bre a actuación e mais un panel con fotogra- fías do proxecto, que se exhibirán ao tempo que se imparten charlas para promocionar o voluntariado. Ofertan asemade unha pra- za para Vacacións con Traballo, o progra- ma de voluntariado internacional dirixido ao persoal técnico das administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego. No mes de xaneiro póñense en andamen- to os outros dous proxectos cofinanciados pola asociación municipalista. Un deles é o impulsado por Intered co Movemento Ma- nuela Ramos en Perú, que recibiu 29.343 euros. A iniciativa promove a participación e implicación das mulleres quechuas e aimaras organizadas na rexión de Puno, como estratexia para mellorar a efectividade da ruta de atención ás vítimas de violencia familiar e sexual en tres distritos. Os piares do proxecto serán o desenvolvemento das capacidades necesarias e mais un programa de sensibilización e promoción articulado cos operadores policiais, xudiciais e fiscais. Alén diso, porase en contacto a realidade das mulleres peruanas coas galegas a través de cinco encontros ‘Entretecendo’ para tecer e reflexionar arredor da economía feminis- ta, rematando cun acto final de yarn bom- bing, ou arte urbana de la, en torno ao mo- numento dunha muller destacada. Por último, dedicaranse 29.461 euros a po- tenciar en Nicaragua o turismo sustentable da man de Taller de Solidaridad e o Inprhu- Somoto. Búscase mellorar os ingresos e a ca- pacidade financeira do centro de educación alternativa rural Telpolchalli fortalecendo a produción e venda de servizos agroturísti- cos, para o que se poden aproveitar os atrac- tivos naturais e culturais existentes na zona co fin de promocionar e posicionar Totogal- pa como destino. Mediante a implicación do centro, búscase resolver o problema da de- ficiente estrutura para a prestación de ser- vizos de información turística, aloxamento e animación, polo que se financiarán melloras na oficina e as habitacións, equipos agrope- cuarios sementes e outros insumos agrícolas necesarios. Unha exposición fotográfica visi- bilizará o proxecto en Galicia. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 11] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org Río Grande é unha da comunidades implicadas no proxecto con Enxeñería sen Fronteiras. FOTO: Srta Eve/ESF Arquitectos sen Fronteiras apoia unha cooperativa guatemalteca. *
  • 12. A OLLADA EXTERNA Irene Lourido: “Os medios deben axudar a crear cidadáns críticos, comprometidos e activos” Irene Lourido é un dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia, ao principio rachan- do co monopolio masculino no espazo deportivo ‘En xogo’ e hoxe á fronte do Telexornal Fin de Semana. Afeccionada a tocar o piano e mesmo á interpreta- ción teatral, a súa traxectoria está salpicada de colaboracións solidarias dentro e fóra da pan- talla. Prácticas de consumo res- ponsable e de participación ve- ciñal sorprenden tamén na cara máis descoñecida da xornalista pontevedresa. Como viviches a túa incor- poración ao xornalismo deportivo, un eido da pro- fesión onde daquela predo- minaban os compañeiros homes? Foi unha etapa moi boa na miña carreira, de moita aprendizaxe. Tiven compañeiros, hoxe ami- gos, que me axudaron moito. E foi a mostra de que as mulleres podemos traballar en calquera ámbito. Nin o departamento de deportes nin calquera outro son exclusividade dos homes. Botas en falta que se fale máis das categorías femini- nas ou dos deportes minori- tarios? Claro que si. Aínda que se están facendo esforzos por ampliar o que se conta, nunca debemos estar conformes. Debemos re- buscar para non deixar temas importantes sen contar, máis “Os medios son unha das bases, pero a cidadanía tamén debe implicarse socialmente” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 12] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org * A xornalista Irene Lourido.
  • 13. aqueles que non acostuman ter tanta visibilidade e que se ven solapados polos temas habi- tuais no día a día. Onde situarías a responsa- bilidade dos medios na con- figuración dunha cidadanía crítica e activa, que partici- pe no cambio cara unha so- ciedade máis xusta e inclu- siva? Os medios teñen a función non só de entreter, tamén de formar e informar. Así que a súa res- ponsabilidade é total. Os me- dios son unha das bases pero os cidadáns tamén deben implicar- se socialmente. Os medios de- ben axudar a crear cidadáns crí- ticos, comprometidos e activos, por suposto. Pero se non o fan, e esa parece ser a tendencia, os cidadáns debemos reinventar- nos igualmente. E hoxe en día é máis doado facelo. Internet está cambiando xeitos, tanto de co- municarse como de implicarse. Fuches un dos rostros da Se- mana TVG coa Infancia impul- sada canda Unicef. É tarefa dos medios públicos impli- carse neste tipo de campa- ñas? Si, dos medios públicos, non pú- blicos e de todas aquelas em- presas ou institucións que teñan un mínimo de sensibilidade co que nos rodea. Se todos estivé- semos máis concienciados con- seguiriamos ir cambiando tanta desigualdade aínda que fose moi pouco a pouco. A promoción da lingua ga- lega é un dos principais obxectivos establecidos na creación da CRTVG, dirías que esta misión é hoxe máis necesaria ca nunca? Si, máis tendo en conta os últi- mos datos do Instituto Galego de Estatística. Hai unha tenden- cia que debe mudar se non que- remos que a nosa lingua quede relegada. E, de novo, todos te- mos responsabilidade, cada un dentro do seu ámbito. Consideras que os medios prestan suficiente aten- ción a cuestións coma a so- lidariedade, a cooperación internacional ou a defensa dos dereitos humanos? Non. Nunca é dabondo. Fala- mos da defensa dos dereitos humanos. Todo o que se diga sobre iso é pouco. Gústache viaxar e mesmo fuches cunha ONG a Guate- mala. Recomendarías este tipo de experiencias para coñecer outras realidades? Por suposto, ás veces non nos damos conta de que a nosa contorna non é o habitual. Nós somos privilexiados. E cando “A tendencia debe mudar se non queremos que a lingua quede relegada, e todos temos responsabilidade” “Cando coñeces outras vidas é cando comprendes que non precisas de tantas cousas” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 13] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org * Irene Lourido no lago Atitlán durante unhas vacacións solidarias en Guatemala.
  • 14. coñeces outras vidas é cando comprendes que non precisas de tantas cousas, que temos unha sociedade pervertida en moitos sentidos. Vives nun barrio composte- lán con certa vida asociati- va, participas dos colectivos veciñais? Participo, si. E creo que é un xei- to fantástico de coñecer xente, de implicarte na túa veciñanza e de ser un pouco máis humanos, máis sociais. Tendemos a illar- nos, a ir por libre. Nas cidades case nin sabemos como se cha- ma esa persoa coa que coincidi- mos cinco veces ao mes no as- censor. E as asociacións veciñais son fundamentais, axudan a que fagamos barrio, a sentirnos parte de algo e a dar pequenos pasos polo benestar común. Tes impulsado iniciativas persoais como mercadiños de roupa de segunda man, ata que punto crees que un consumo responsable é cla- ve para acadarmos un futu- ro sostible? É absoltuamente chave. Temos un consumismo atroz, totalmen- te dirixido. Non o precisamos. E aínda que nolo queiran facer crer, non nos fai máis felices, máis ben todo o contrario. Po- demos reciclar, reutilizar, darlle vida a prendas e obxectos que a industria quere que enterremos pensando só no seu propio be- neficio, non no noso, claro. O curso pasado postulá- cheste como madriña da Se- mana Solidaria do IES Félix Muriel (Rianxo), por que de- cidiches prestar o teu apoio a este proxecto? Se podes colaborar, compartes ideas e proxectos... por que non facelo? Cres niso de que “unha imaxe vale máis ca mil pa- labras”? As palabras poden ser mentiro- sas. As imaxes, sobre todo se as ves ti mesmo, non. Cal é a nova coa que che gustaría abrir o vindeiro te- lexornal? Gustaríame acabar o ano e que no balance da violencia machis- ta non houbera nin unha soa morte. “As asociacións veciñais axudan a facer barrio, a dar pequenos pasos polo benestar común” “Temos un consumismo atroz. E aínda que nolo queiran facer crer, non nos fai máis felices” “Gustaríame acabar o ano e que no balance da violencia machista non houbera nin unha soa morte” Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade [ 14] N o Fon do funciona a solidariedade INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org * A presentadora postulouse como madriña da Semana Solidaria do IES Félix Muriel.
  • 15. INFÓRMATEAFONDO:136º·www.fondogalego.org Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo. Infórmate aFondo Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Avda. Joselín 7 P3 4B 36300 Baiona (Pontevedra) Tel/Fax: 986 357 238 / 698 144 536 Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org Depósito Legal: VG-473-2007 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa