SlideShare a Scribd company logo
1 of 76
07. O NACEMENTO DO MUNDO MODERNO
Época de grandes novidades:
Mirar cara o pasado para
comprender o
presente
Copia este eixo cronolóxico
Que é a Idade Moderna?
Situación temporal
► É unha etapa histórica que se iniciou en Europa
occidental a finais do s. XV e cerrouse cara finais
do s. XVIII, con feitos como a Revolución
Industrial e as revolucións liberais que deron paso
á Idade Contemporánea.
► Exténdese dende a Toma de Constantinopla polos
turcos en 1453 (Descubrimento de América en
1492)
► Ata a Revolución Francesa en 1789, é un período
de case 350 anos.
EUROPA DURANTE O S. XVI e XVII
Gobernábase
mediante
Lanzouse
a colonización
Viviu
unha época
Dividiuse
a causa da
MONARQUÍAS
AUTORITARIAS
EXPLORACIÓN
E COLONIZACIÓN
DE NOVOS
CONTINENTES
GRANDE
ESPLENDOR
CULTURAL E
CIENTÍFICO:
REFORMA
PROTESTANTE
Centralización do poder
na
Figura do rei:
Coa finalidade:
Buscar novas rutas.
Coñecer o mundo.
Explotar recursos: metais
preciosos, materias primas.
Aparición da
imprenta:
Provocou:
Crise da Igrexa
Guerras de relixión
Exemplos:
Reis Católicos e Austrias
en España.
Francisco I en Francia.
Henrique VIII en Inglaterra
RENACEMENTO,
HUMANISMO,
HELIOCENTRISMO
,
BARROCO
Nacemento do
Luteranismo.
Calvinismo.
Anglicanismo.
Contrarreforma Católica
Que é a Idade Moderna?
Que aporta á historia?
►Logo da crise da Baixa Idade Media (XIV-
XV), Europa rexurdiu, renovando o seu
pensamento (Humanismo) e abrindo novos
camiños á arte (Renacemento e Barroco).
►Ampliouse o mundo coñecido: búsqueda de
novas grandes rutas cara Asia que abriron
as portas dun novo continente: América.
Tamén se realizou a primeira volta ao
mundo (Magallanes e Elcano)
Que é a Idade Moderna?
Que aporta á historia?
►Produciuse unha renovación da Igrexa, coa
aparición de novas correntes relixiosas
(protestantismo) e coa revisión de moitos
principios da doutrina católica.
►A monarquía hispana dos Austria, iniciada
polos Reis Católicos, construíu un enorme
imperio, que se estendeu por gran parte de
Europa e por América, descuberta por
Colón en 1492.
Qué é a Idade Moderna?
Que aporta á historia?
►O imperio hispánico tivo o
seu máximo esplendor no s.
XVI, para entrar en grave
decadencia no século
seguinte.
Por que a Idade Moderna se inicia no século XV?
► Pola recuperación demográfica (desaparición
das grandes epidemias e aumento da
natalidade. A finais do XV Europa conta cuns 70
millóns de habitantes.
► Crecemento económico:
a) Melloras no rendemento agrícola.
b) Desenvolvemento da actividade comercial: rutas
marítimas no Báltico e Mediterráneo. Incremento
da produción artesanal.
c) Crecemento da banca na financiación do
comercio.
O comercio con Oriente
► Ruta da seda: era un camiño transitado
por mercadores de diversos territorios:
chineses, árabes, venecianos...
► Había dous camiños posibles para chegar
á India en busca das apreciadas especias
partindo desde Xénova e pasando por
Tunisia, Alexandría e Adén ata chegar a
Calcuta.
► Outra opción era desde Venecia pasando
por Istambul, Damasco, Bagdad e Ormuz
ata Calculta.
O comercio con Oriente
Importancia das especias
► Da parte máis oriental da ruta
chegaba o cravo e a noz moscada,
de Ceilán proviña a canela, da India a
pementa.
► As especias de Oriente eran
importante porque era necesarias
para conservar os alimentos e moi
apreciadas na cociña e na cosmética.
Porto de Lisboa. 1592
Quentin Masays. Cambiadores de moeda. 1515
Papel da burguesía no s. XV
► Diferenciase da nobreza en que o poder
desta última baseábase na propiedade da
terra. O poder da burguesía radicaba na
posesión do capital que xestionaba e
investía para aumentar os seus beneficios
a partir do comercio. Parécese ao
campesiñado en que non é un estamento
privilexiado.
► A burguesía tivo un notable auxe a partir
do século XV grazas ao crecemento do
comercio e as manufacturas.
Que é a monarquía autoritaria?
► Foi un modelo de organización do poder
político que xurde en Europa a finais do
século XV e principios do XVI onde os reis
concentran todo o poder na súa persoa.
► Diferénciase da monarquía feudal (Idade
Media) en que nesta etapa o rei compartía
o poder coa nobreza.
► Exemplos de monarcas autoritarios foron:
Reis Católicos, Henrique VIII, Francisco
I...
Estados e imperios no século XVI
► Reinos: Portugal, Coroa de
Castela, Coroa de Aragón,
Francia e Inglaterra.
► Imperios: Sacro Imperio Romano
Xermánico, Imperio Otomán.
Renacemento: o humanismo
► A expansión económica do s. XV e XVI estivo
acompañada do xurdimento dunha nova forma de
comprender o mundo: o humanismo.
► Os humanistas reivindicaron a herdanza cultural e
artística da antigüidade grecorromana e situaron
ao ser humano no centro de todas as súas
reflexións.
► Este converteuse en dono do seu propio destino
antropocentrismo e sentiuse capaz de transformar
o mundo a través das letras e as ciencias.
Orixe do Humanismo
► Rexeita a mentalidade medieval centrada na
idea de Deus (teocentrismo).
► Exalta ao ser humano (antropocentrismo), ao
que consideraron como o único dotado de
razón e liberdade.
► Ten como antecedentes en Italia no s. XIII-XIV
a Dante Alighieri, Francisco Petrarca e Xoán
Bocaccio, todos literatos, poetas e críticos
sociais.
► O humanismo ten un gran impulso no s. XV-
XVI e transmítese dende Italia ao resto de
Europa.
Dante Alighieri.
(1265-1321)
Poeta e político
florentino.
“A Divina Comedia”
Francisco Petrarca.
(1304-1374).
Poeta, historiador,
arqueólogo.
Primeir Gran
Humanista.
“Triunfos”
Xoán Boccaccio.
(1313-1375).
Escritor florentino.
“O Decameron”.
Representantes do
Humanismo.
Orixe do Humanismo
►As cidades onde xurdiu foron:
Venecia, Padua, Boloña,
Florencia e máis Roma.
►Desde estes focos estableceuse
logo a Alcalá de Henares, Lión,
Basilea, Londres, Maguncia,
Estrasburgo, París e Lovaina.
Orixe do Humanismo
► O humanismo pretendía unir: herdanza
clásica, interese polos descubrimentos
científicos e os valores cristianos transmitidos
na Biblia. Síntese:
► Home novo: antropocentrismo.
► Liberdade e a razón (búsqueda da verdade)
► Interese científico (espírito crítico)
► Redescubrimento da Antigüidade (Platón e
Aristóteles)
► Progreso humano (construción mundo mellor)
► Educación (favorecer o progreso. Pedagoxía)
As proporcións do corpo humano
► O embigo é o punto
central do corpo humano.
Se se coloca un home
boca arriba, coas súas
mans e os seus pés
estirados, situando o
centro do compás no seu
embigo e trazando unha
circunferencia, esta tocaría
a punta de ambas mans e
os dedos dos pés.
As proporcións do corpo humano
► A natureza formou o
corpo humano de
modo que os seus
membros gardan unha
exacta proporción
respecto a todo o
corpo.
► Vitruvio: Da arquitectura.
s. I a.C.
As proporcións do corpo humano
► Segundo Vitruvio o
punto central do corpo
humano é o embigo.
► A natureza formou o
corpo humano perfecto
no cal todos os
membros garda unha
exacta proporción.
As proporcións do corpo humano
► No debuxo de Leonardo
da Vinci: O home de
Vitrubio, represéntase
unha figura masculina
espida cos brazos e as
pernas estirados inserida
nun cadrado en un círculo.
Este círculo trazouse
situando o centro do
compás no embigo.
As proporcións do corpo humano
► A nudez desta figura,
as súas proporcións e
máis o estudo
anatómico do corpo
móstrannos que
Leonardo da Vinci fou
un grande estudoso da
Antigüidade Clásica.
Función das academias,
universidades. Os mecenas
► As academias foron as impulsoras do pensamento
humanista.
► Centraron os seus estudos na Lingua, Literatura e
Filosofía.
► Dedicáronse a tradución de manuscritos e ao
intercambio de teoría e ideas.
► As universidades tiveron un papel importante na creación
e na difusión de novos coñecementos.
► Os mecenas eran membros adiñeirados da burguesía
que se interesaban pola cultura e máis a arte. Foron
grandes coleccionistas e protectores de artistas. A
palabra mecenas vén dun personaxe adiñeirado de orixe
etrusca, Caio Clinio Mecenas.
Erasmo de Rotterdam
a súa importancia
► É considerado o príncipe do humanismo.
► 1466-1536. Naceu en Rotterdam. Ordenouse
sacerdote, aínda que degustado, polas malas
prácticas e os erros das autoridades
eclesiásticas, pediu unha dispensa papal para
vivir como un laico e dedicarse a investigar
manuscritos antigos.
► Opúxose ao pensamento medieval cheo de
ignorancia e superstición.
► Defendeu a liberdade de ler, reflexionar e
investigar para coñecer a verdade.
► Propuxo a compatibilidade do cristianismo coa
cultura clásica. Avogou por unha reforma moral
da Igrexa pero dentro da observancia católica.
Erasmo de Rotterdam
a súa importancia
► A actitude crítica coa
Igrexa valeulle que o
acusasen de luterano.
► Non foi ben visto nin por
uns nin por outros. As
súas obras foron
prohibidas pola Igrexa
Católica e denunciadas
por moitos protestantes.
► O seu pensamento
estendeuse por toda
Europa.
Erasmo de Rotterdam, 1517
O erasmismo en España
► As ideas de Erasmo tiveron unha gran difusión
España, especialmente entre o foco humanista
da Universidade de Alcalá de Henares.
► Luís Vives foi un discípulo directo de Erasmo. A
súa obra destaca en disciplinas como a filosofía,
pedagoxía, teoloxía. Defende a paz
internacional, a unidade dos europeos e da
atención aos necesitados.
► Erasmistas foron: os irmáns Valdés, Frei Luís de
León, Bartolomé de las Casas. Miguel de
Cervantes tamén estivo influenciado polo
erasmismo.
Luís Vives (1492-1540)
Ideas fundamentais de Erasmo
► Relixiosidade e fe: a auténtica actitude relixiosa
áchase no interior da alma. Propón un exemplo
de boa vida e caridade. Resta importancia á
cerimonia.
► Lectura da Biblia: defende a tradución da Biblia
ás linguas vernáculas, para que fose entendida
por tódolos cristiáns.
► Educación: moi importante. O que diferencia ao
ser humano do resto dos seres vivos.
► Bo goberno: as leis responderán á xustiza e a
honestidade. Leis que serán respectadas
mesmo por un bo gobernante. Clave para a
felicidade do Estado.
Viaxes de Erasmo
por Europa
► Visitou países
como Italia,
Francia,
Alemaña,
Inglaterra e
mantivo
correspondencia
coa maioría dos
humanistas da
súa época.
Bolsa erasmus
► Programa
educativo da
UE para a
mobilidade
espacial dos
estudantes
universitarios
por distintos
campus
europeos.
O inventor da imprenta
Johannes Gutenberg
► Alemán.
► Construiu a primeira
imprenta moderna.
► Consiguíu os
primeiros libros
impresos da
civilización
occidental.
► 1455 en Maguncia: A
Biblia.
Como é o proceso de impresión?
1. Os tipógrafos compoñen o
texto cos tipos móbiles sobre
unha placa.
2. A placa cóbrese de tinta cun
tampón.
3. Sitúase a placa na prensa
para imprimir unha páxina.
4. As follas imprimidas déixanse
secar.
5. Un corrector le as páxinas
imprimidas para detectar os
erros.
Os tipos móbiles
 Moldes de madeira ou metal
coas distintas letras do
alfabeto e que podía ser
reempregado numerosas
veces.
 Cada un deles colocábase
nunha matriz para compoñer
a páxina.
 Este novo sistema
(tipografía) baseado nos tipos
móbiles permitía a impresión
de libros de forma mecánica,
máis rápida e cun prezo
accesible.
► Aínda que dende polo menos
seiscentos anos antes
imprimianse libros en Asia, o
sistema de tipos móviles
inventado por Gutenberg a
mediados do s. XV revolucionou
os sistemas de impresión,
facendo posible a produción
masiva de libros.
Só quedan tres
exemplares perfectos
da Biblia de Gutenberg
impresos. Dúas das
copias se atopan na
Biblioteca Británica, a
outra, pertence á
Biblioteca do Congreso
de EE.UU.
Ao principio, debido ao seu
elevado custo, as edicións
dos libros só se facín en
cidades importantes: Venecia,
París..., pero axiña se
Estenderon a outras cidades.
Ao longo do XVI publicáronse
perto de 200.000 títulos en
Europa.
Chegada da imprenta a España
► En 1470.
► A Biblia políglota
complutense foi un dos
libros de maíor difusión
en toda Europa.
► Imprimiuse en Alcalá de
Henares e contiña
textos en hebreo, latín e
grego.
► O nome débese a que
está escrita en diversos
idiomas.
A imprenta unha revolución para a humanidade
► Ata a chegada da imprenta os libros eran difundidos a
través de copias que monxes e frades escribían a man nos
mosteiros.
► A impernta supuxo a mecanización na impresión de libros:
máis exemplares en menos tempo a un custo menor.
► Supuxo un perigo para Igrexa e para os poderes políticos,
porque tiña o poder de difundir con rapidez ideas contrarias
ao pensamento relixioso ou aos ideais políticos.
► O Papa Inocencio VII prohibía, baixo pena de excomuñón,
imprimir calquera libro cuxa publicación non fose autorizada
pola Igrexa.
► Pódese considerar unha auténtica revolución paracida a
internet hoxe en día.
LIBROS IMPRESOS EN EUROPA
(s. XV-XVI)
Cronoloxía 1450-1500 1500-1600
Nº de títulos 30.000 150.000-
200.000
Nº de
exemplares
15-20
millóns
150-200
millóns
En Latín 75% 60%
En linguas
vernáculas
25% 40%
A reforma protestante
Que é?
► Movemento crítico contra certos vicios da Igrexa Católica
que se produce a principio do século XVI motivado por:
► Malestar en amplas capas da sociedade polo rumbo que
tomara a Igrexa.
► Luxo esaxerado.
► Escasa cultura e relaxación dos costumes do clero.
► Compravenda de cargos eclesiásticos non por vocación
relixiosa senón para obter unha serie de beneficios
económicos ou políticos.
► Venda de bulas e indulxencias para obter o perdón dos
pecados.
As indulxencias: que son?
► Son certificados que perdoaban a quen os
comprara calquera percado.
► No gravado observamos o Papa que sostén nas
súas mans uns documentos (indulxencias), que
vende aos fieis a cambio do perdón dos seus
pecados.
► Esta práctica enriquecía a Igrexa é criticada polas
novas ideas luteranas que negan o seu valor, xa
que o seu único fin era o enriquecemento da
Igrexa.
Gravado de Lucas Cranach o Vello
que mostra
A venda de indulxencias
por parte do Papa 1521
Martín Lutero
► Causas de Lutero para
a ruptura coa Igrexa
Católica:
► Luxo esaxerado da
xerarquía eclesiástica.
► Relaxación dos
costumes do clero, que
non son un bo exemplo
de comportamento.
► Compravenda de
cargos eclesiásticos,
non por vocación,
senón por obter
beneficios económicos.
► Venda de bulas e
indulxencias, que
enriquecía a Igrexa coa
escusa de outorgar o
perdon dos pecados.
Principios do luteranismo
e a súa difusión
► Salvación pola fe. Crer en
Deus permite a salvación
eterna.
► Autoridade da Biblia. Debía
ser lida e interpretada
directamente polos crentes
sen intermediación dos
sacerdotes.
► Sacerdocio universal.
Tódolos bautizados son
sacerdotes (acceso ao
sagrado).
► Os pastores poden contraer
matrimonio e traballar para
obter os seus ingresos.
Bula papal
Difundiuse por gran parte de Alemaña
e países nórdicos.
As 95 teses de Martín
Lutero contra
as indulxencias colgadas
na porta
Desta capela de
Wittenberg (Saxonia)
En 1517
Importancia para Lutero de traducir
a Biblia ao alemán
► Para Lutero a Biblia
debía ser traducida ao
alemán e a outras
linguas vernánculas
para que tódolos fieis
puidesen entendela,
xa que a lectura e a
interpretación da biblia
por parte dos crentes,
sen necesidade dos
sacerdotes, era un dos
principios básicos do
luteranismo.
Bula papal
De onde ven a palabra protestante?
► O termo protestante xurdiu
como un alcume pexorativo
cara aos príncipes e
representantes das cidades
alemás, que na Dieta de
Spira do ano 1529
protestaron contra o Edito
de Worms, o cal prohibía as
doutrinas luteranas e
autorizaba ao clero romano
a rebatelas e perseguilas.
Os luteranos rexeitaron este
termo e autodenomináronse
“evanxélicos ou reformados”
Anglicanismo
► O anglicanismo xurdiu en
Inglaterra da man do monarca
Henrique VIII, cando o papa
Clemente VII negouse a lle
conceder a anulación do seu
matrimonio con Catarina de
Aragón.
► Mediante a Acta de
Supremacía (1534), o monarca
separouse de Roma e
autoproclamouse xefe
supremo da Igrexa en
Inglaterra.
► A xerarquía eclesiástica
quedou sometida ao Estado,
pero mantivéronse moitos dos
dogmas católicos e
conservouse o culto solemne.
Calvinismo
► En paralelo ao luteranismo xurdiu o
calvinismo.
► Calvinismo: propagouse por Suíza da man
de Xoán Calvino. Era máis radical que o
luteranismo e defende que só algunhas
persoas están predestinadas para a acadar a
salvación, mentres todos os demais serán
condenados: doutrina na predestinación
(Deus escolleu os fillos que se ían a salvar
antes da creación do mundo)
► Para Calvino, o traballo forma parte da
virtude moral e o éxito nos negocios
asóciase á graza divina.
► O calvinismo difundiuse por Francia
(hugonotes) e Escocia (puritanos). En
Escocia John Knox fundou a igrexa
presbiteriana, baseada nas ideas calvinistas
da predestinación.
Templo calvinista
Os sacramentos
Para os reformistas
Que estados
se converteron
completamente
ao luteranismo?
En que estados
se expandiu o
cal-
vinismo?
Por onde se
espallou
o anglicanismo
Que estados
mantivéronse
Católicos?
Lucas Cranach O Mozo
A verdadeira e falsa e Igrexa
Contrarreforma Católica
►A rápida difusión da Reforma protestante
por Europa convenceu as autoridades
relixiosas da necesidade de frear a súa
expansión.
►Para iso seguiuse un dobre camiño: a
persecución dos protestantes e reforma
interna da Igrexa católica.
►Estes feitos coñecense como
contrarreforma.
Loita contra os protestantes
► Para perseguir os que se desviaban dos dogmas da
Igrexa, en 1542, o Papa restableceu a Inquisición.
► Sobre todo en España (xa funcionaba dende finais do
século pasado, pero vai ter un papel máis activo) e Italia.
► A Inquisición era un tribunal eclesiástico encargado de
perseguir e castigar aos herexes.
► Creouse a Congregación do Índice, que se encargaba de
publicar a listaxe dos libros contrarios á doutrina católica e
cuxa lectura era prohibida para os crentes.
► Sospeitos de herexía eran sometidos a un xuízo, chamado
auto de fe. Nesta cerimonia os condenados debían abxurar
publicamente das súas crenzas e daquela podían retornar
ao seo da Igrexa. Os que non o facían eran condenados,
nalgúns casos, á fogueira.
► Os autos de fe eran públicos porque servían de exemplo
ao resto dos crentes.
Inquisición
Auto de fe en España durante o reinado de Carlos II
O Concilio de Trento
► A xerarquía eclesiástica dirixida polo papa Paulo III
impulsou no interior da Igrexa un movemento de
renovación coñecido co nome de Contrarreforma.
O seu obxectivo era a corrección dos propios erros
e, sobre todo, a defensa dos dogmas da fe
católica.
► A Contrarreforma levouse a cabo no Concilio de
Trento, cuxas sesións se desenvolveron entre
1545 e 1563. Asistiriron as máis altas xerarquías
eclesiásticas, e tamén algúns monarcas, como o
emperador Carlos V.
Concilio de Trento
O Concilio de Trento
►O concilio reafirmou os principais dogmas
da doutrina católica. Proclamou que a fe era
importante, pero a salvación se debía
conseguir tamén mediante as boas obras.
Reafrimou os sete sacramentos, o carácter
sagrado da misa e o culto á Virxe e aos
santos. Tamén declarou como a única
interpretación válida da Biblia a Vulgata,
tradución de San Xerome en latín.
O Concilio de Trento
► Amosou ademais unha clara vontade de reformar
a aadministración e a disciplina eclesiásticas.
Prohibiuse a venda de indulxencias, creáronse os
seminarios para garantir a correcta formación do
clero, obrigóuselles aos bispos a residir na súa
diócese e aos sacerdotes nas súas parroquias; e,
por último, instouse ao clero a levar unha vida
exemplar e gardar o celibato.
► A necesidade de instruir a infancia na correcta
doutrina implicou a publicación do catecismo que
recompila as crenzas fundamentais da Igrexa.
Difusión da Contrarreforma
► A difusión do novo espírito relixioso fíxose, a mediados do
século XVI coa reforma de moitas ordes relixiosas, nas
cales a disciplina se relaxara, como a que levou a cabo
Santa Teresa de Xesús na orde do Carmelo.
► Tamén se crearon novas ordes como a Compañía de
Xesús fundada por San Ignacio de Loiola en 1537.
► Esta orde relixiosa tiña unha ríxida disciplina e dependía
directamente do Papa. Converteuse no maior instrumento
de expansión do espírito da Contrarreforma grazas a un
importante labor educativo en colexios, a predicación e
misións a outros países.
S. Ignacio de Loyola Sta. Teresa de Xesús
CATÓLICOS E OUTRAS IGREXAS CRISTIANAS
CATÓLICOS LUTERANOS
E CALVINISTAS
ANGLICANOS
D
O
U
T
R
I
N
A
A salvación conséguese mediante a fe e as
boas obras.
Xustificación pola fe
(luteranos)
Predestinación (calvinistas)
Xustificación pola fe.
7 sacramentos: bautismo, comuñón,
confesión, confirmación, matrimonio, orde
sacerdotal, unción de enfermos.
2 sacramentos: bautismo e comuñón
Veneración da Virxe e dos Santos. Cuestionan a virxinidade de María. Non veneran aos santos
C
U
L
T
O
A misa principal cerimonia do culto.
Transubstanciación
Misa: memorial da morte e resurrección.
Importancia da liturxia da palabra: lectura da biblia, sermóns e
cantos.
Cerimonias relixiosas fastosas
Actos de piedade: procesións..
Cerimonias sinxelas Manteñen a fastosidade
das cerimonias
Cerimonias en igrexas presididas por un
altar. Venéranse imaxes.
Cerimonias en templos
austeros, sen imaxes,
sen altar.
Templos sen imaxes e altar pero non
austeros.
O culto está en mans de sacerdotes que
deben ser célibes.
Os fieis son guados por un pastor que pode contraer matrimonio.
OR
GA
NI
ZA
CIÓN
O Papa de Roma é o xefe supremo da
Igrexa
Non obediencia ao Papa. Rei de Inglaterra máxima autoridade
relixiosa.
Xerarquía eclesiástica: bispos e cardeais. Non existen nin bispos ,
nin cardenais
Mantemento de bispos.
Difusión da Contrarreforma
a arte Barroca
►A arte Barroca foi un instrumento
de propaganda ao servizo da fe.
►O novo estilo caracterízase pola
emotividade e a teatralidade desta
maneira, a través das emocións, a
arte estimula a piedade e a
devoción dos fieis.
Queima de Santos
Nunha Igrexa en Suíza
Queima de imaxes de santos
intolerancia relixiosa
►No debuxo reflíctese a situación de
intolerancia relixiosa que se vive en
Europa.
►Nos países protestantes saquéanse
igrexas, quéimanse cadros e
exprópiase a igrexa.
►É posible que sexa ordenado polos
propios príncipes contrarios a Roma.
Interpretar o mapa anterior
►A: Wittenberg. Cidade de Lutero. Orixe
da súa nova Igrexa.
►B: Trento. Concilio da Contrarreforma.
►C: Xenebra: Calvino e o calvinismo.
►D: Roma. Sé do Papa católico.
►E: Londres. Fundación do
anglicanismo.
Define: conceptos clave
►Antropocentrismo: corrente de
pensamento que sitúa ao ser humano
no centro do mundo.
►Tipo móbil: moldes de madeira con
cada unha das letras do alfabeto.

More Related Content

What's hot

4 El Relleu Insular
4 El Relleu Insular4 El Relleu Insular
4 El Relleu Insularmalbert1
 
Vegetación Atlántica
Vegetación AtlánticaVegetación Atlántica
Vegetación AtlánticaIES Las Musas
 
Dominios y paisajes agrarios en España
Dominios y paisajes agrarios en EspañaDominios y paisajes agrarios en España
Dominios y paisajes agrarios en EspañaMartaBarbudo
 
L'Edat Mitjana
L'Edat MitjanaL'Edat Mitjana
L'Edat Mitjanacimioms
 
Los Suelos de Canarias
Los Suelos de CanariasLos Suelos de Canarias
Los Suelos de CanariasDevon Warren
 
ελληνική παραδοσιακή κατοικία 2
ελληνική παραδοσιακή κατοικία 2ελληνική παραδοσιακή κατοικία 2
ελληνική παραδοσιακή κατοικία 24Gym Glyfadas
 
2 Parque natural de la Sierra de Espadán
2  Parque natural de la Sierra de Espadán2  Parque natural de la Sierra de Espadán
2 Parque natural de la Sierra de EspadánAlicia López Palomera
 
Καμαραϊκά αγγεία
Καμαραϊκά αγγείαΚαμαραϊκά αγγεία
Καμαραϊκά αγγείαfruta5
 
REGNE DE MALLORCA
REGNE DE MALLORCA REGNE DE MALLORCA
REGNE DE MALLORCA joanet83
 
Espacios naturales protegidos de España
Espacios naturales protegidos de EspañaEspacios naturales protegidos de España
Espacios naturales protegidos de EspañaAlfredo García
 
Diversidad biogeográfica en España
Diversidad biogeográfica en EspañaDiversidad biogeográfica en España
Diversidad biogeográfica en EspañaManolo Ibáñez
 
ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΑ ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΙΚΕΣ ΠΛΑΚΕΣ
ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΑ ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΙΚΕΣ ΠΛΑΚΕΣΛΙΘΟΣΦΑΙΡΑ ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΙΚΕΣ ΠΛΑΚΕΣ
ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΑ ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΙΚΕΣ ΠΛΑΚΕΣmary nastakou
 
La societat feudal
La societat feudalLa societat feudal
La societat feudalSILOCOS
 
Achanakmar sanctuary
Achanakmar sanctuaryAchanakmar sanctuary
Achanakmar sanctuaryshweta tiwari
 
ΣΤΑΔΙΑ ΕΞΕΛΙΞΗΣ ΤΗΣ ΤΕΧΝΟΛΟΓΙΑΣ
ΣΤΑΔΙΑ ΕΞΕΛΙΞΗΣ ΤΗΣ ΤΕΧΝΟΛΟΓΙΑΣΣΤΑΔΙΑ ΕΞΕΛΙΞΗΣ ΤΗΣ ΤΕΧΝΟΛΟΓΙΑΣ
ΣΤΑΔΙΑ ΕΞΕΛΙΞΗΣ ΤΗΣ ΤΕΧΝΟΛΟΓΙΑΣAggeliki Nikolaou
 
Formaciones vegetales en España
Formaciones vegetales en EspañaFormaciones vegetales en España
Formaciones vegetales en EspañaDidacus2011
 

What's hot (20)

4 El Relleu Insular
4 El Relleu Insular4 El Relleu Insular
4 El Relleu Insular
 
Vegetación Atlántica
Vegetación AtlánticaVegetación Atlántica
Vegetación Atlántica
 
Dominios y paisajes agrarios en España
Dominios y paisajes agrarios en EspañaDominios y paisajes agrarios en España
Dominios y paisajes agrarios en España
 
L'Edat Mitjana
L'Edat MitjanaL'Edat Mitjana
L'Edat Mitjana
 
Los Suelos de Canarias
Los Suelos de CanariasLos Suelos de Canarias
Los Suelos de Canarias
 
ελληνική παραδοσιακή κατοικία 2
ελληνική παραδοσιακή κατοικία 2ελληνική παραδοσιακή κατοικία 2
ελληνική παραδοσιακή κατοικία 2
 
2 Parque natural de la Sierra de Espadán
2  Parque natural de la Sierra de Espadán2  Parque natural de la Sierra de Espadán
2 Parque natural de la Sierra de Espadán
 
Καμαραϊκά αγγεία
Καμαραϊκά αγγείαΚαμαραϊκά αγγεία
Καμαραϊκά αγγεία
 
Grabados españoles siglo XIX
Grabados españoles siglo XIXGrabados españoles siglo XIX
Grabados españoles siglo XIX
 
REGNE DE MALLORCA
REGNE DE MALLORCA REGNE DE MALLORCA
REGNE DE MALLORCA
 
Paisatge oceànic
Paisatge oceànicPaisatge oceànic
Paisatge oceànic
 
Espacios naturales protegidos de España
Espacios naturales protegidos de EspañaEspacios naturales protegidos de España
Espacios naturales protegidos de España
 
ινδια
ινδιαινδια
ινδια
 
Diversidad biogeográfica en España
Diversidad biogeográfica en EspañaDiversidad biogeográfica en España
Diversidad biogeográfica en España
 
ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΑ ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΙΚΕΣ ΠΛΑΚΕΣ
ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΑ ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΙΚΕΣ ΠΛΑΚΕΣΛΙΘΟΣΦΑΙΡΑ ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΙΚΕΣ ΠΛΑΚΕΣ
ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΑ ΛΙΘΟΣΦΑΙΡΙΚΕΣ ΠΛΑΚΕΣ
 
La societat feudal
La societat feudalLa societat feudal
La societat feudal
 
Achanakmar sanctuary
Achanakmar sanctuaryAchanakmar sanctuary
Achanakmar sanctuary
 
Clima
ClimaClima
Clima
 
ΣΤΑΔΙΑ ΕΞΕΛΙΞΗΣ ΤΗΣ ΤΕΧΝΟΛΟΓΙΑΣ
ΣΤΑΔΙΑ ΕΞΕΛΙΞΗΣ ΤΗΣ ΤΕΧΝΟΛΟΓΙΑΣΣΤΑΔΙΑ ΕΞΕΛΙΞΗΣ ΤΗΣ ΤΕΧΝΟΛΟΓΙΑΣ
ΣΤΑΔΙΑ ΕΞΕΛΙΞΗΣ ΤΗΣ ΤΕΧΝΟΛΟΓΙΑΣ
 
Formaciones vegetales en España
Formaciones vegetales en EspañaFormaciones vegetales en España
Formaciones vegetales en España
 

Similar to A Idade Moderna

Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
O renacimiento literario
O renacimiento literarioO renacimiento literario
O renacimiento literariorcms9
 
O Renacimiento na literatura
O Renacimiento na literaturaO Renacimiento na literatura
O Renacimiento na literaturarcms9
 
O Renacemento literario
O Renacemento literarioO Renacemento literario
O Renacemento literariorcms9
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino nieveslopez
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino nieveslopez
 
09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma09c renacemento e reforma
09c renacemento e reformaroberto
 
A idade moderna en europa (s. xvi)
A idade moderna en europa (s. xvi)A idade moderna en europa (s. xvi)
A idade moderna en europa (s. xvi)masinisa
 
O cambio cultural: Renacemento e Reforma
O cambio cultural: Renacemento e ReformaO cambio cultural: Renacemento e Reforma
O cambio cultural: Renacemento e Reformaroberto
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementocamposseijo
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaAgrela Elvixeo
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaDudas-Historia
 
Tema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaTema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaSanti Pazos
 
Tema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoTema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoagreloroberto
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacementorubempaul
 

Similar to A Idade Moderna (20)

Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade ModernaTema 1. O Inicio da Idade Moderna
Tema 1. O Inicio da Idade Moderna
 
O renacimiento literario
O renacimiento literarioO renacimiento literario
O renacimiento literario
 
O Renacimiento na literatura
O Renacimiento na literaturaO Renacimiento na literatura
O Renacimiento na literatura
 
Música no Renacemento
Música no RenacementoMúsica no Renacemento
Música no Renacemento
 
O Renacemento literario
O Renacemento literarioO Renacemento literario
O Renacemento literario
 
Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino Power-point Tomé de Aquino
Power-point Tomé de Aquino
 
Tomé de Aquino
Tomé de Aquino Tomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
Humanismo e reforma
Humanismo e reformaHumanismo e reforma
Humanismo e reforma
 
09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma09c renacemento e reforma
09c renacemento e reforma
 
Tomé de Aquino
Tomé de AquinoTomé de Aquino
Tomé de Aquino
 
A idade moderna en europa (s. xvi)
A idade moderna en europa (s. xvi)A idade moderna en europa (s. xvi)
A idade moderna en europa (s. xvi)
 
O cambio cultural: Renacemento e Reforma
O cambio cultural: Renacemento e ReformaO cambio cultural: Renacemento e Reforma
O cambio cultural: Renacemento e Reforma
 
A idade moderna
A idade modernaA idade moderna
A idade moderna
 
A arte do Renacemento
A arte do RenacementoA arte do Renacemento
A arte do Renacemento
 
Unidade 8 renacemento
Unidade 8 renacementoUnidade 8 renacemento
Unidade 8 renacemento
 
Arquitectura renacentista
Arquitectura renacentistaArquitectura renacentista
Arquitectura renacentista
 
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade ModernaTema 1. O inicio da Idade Moderna
Tema 1. O inicio da Idade Moderna
 
Tema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e ReformaTema 7: Renacemento e Reforma
Tema 7: Renacemento e Reforma
 
Tema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacementoTema 8 arte renacemento
Tema 8 arte renacemento
 
Tema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do RenacementoTema 7. A época do Renacemento
Tema 7. A época do Renacemento
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

A Idade Moderna

  • 1. 07. O NACEMENTO DO MUNDO MODERNO
  • 2. Época de grandes novidades: Mirar cara o pasado para comprender o presente
  • 3. Copia este eixo cronolóxico
  • 4. Que é a Idade Moderna? Situación temporal ► É unha etapa histórica que se iniciou en Europa occidental a finais do s. XV e cerrouse cara finais do s. XVIII, con feitos como a Revolución Industrial e as revolucións liberais que deron paso á Idade Contemporánea. ► Exténdese dende a Toma de Constantinopla polos turcos en 1453 (Descubrimento de América en 1492) ► Ata a Revolución Francesa en 1789, é un período de case 350 anos.
  • 5. EUROPA DURANTE O S. XVI e XVII Gobernábase mediante Lanzouse a colonización Viviu unha época Dividiuse a causa da MONARQUÍAS AUTORITARIAS EXPLORACIÓN E COLONIZACIÓN DE NOVOS CONTINENTES GRANDE ESPLENDOR CULTURAL E CIENTÍFICO: REFORMA PROTESTANTE Centralización do poder na Figura do rei: Coa finalidade: Buscar novas rutas. Coñecer o mundo. Explotar recursos: metais preciosos, materias primas. Aparición da imprenta: Provocou: Crise da Igrexa Guerras de relixión Exemplos: Reis Católicos e Austrias en España. Francisco I en Francia. Henrique VIII en Inglaterra RENACEMENTO, HUMANISMO, HELIOCENTRISMO , BARROCO Nacemento do Luteranismo. Calvinismo. Anglicanismo. Contrarreforma Católica
  • 6. Que é a Idade Moderna? Que aporta á historia? ►Logo da crise da Baixa Idade Media (XIV- XV), Europa rexurdiu, renovando o seu pensamento (Humanismo) e abrindo novos camiños á arte (Renacemento e Barroco). ►Ampliouse o mundo coñecido: búsqueda de novas grandes rutas cara Asia que abriron as portas dun novo continente: América. Tamén se realizou a primeira volta ao mundo (Magallanes e Elcano)
  • 7. Que é a Idade Moderna? Que aporta á historia? ►Produciuse unha renovación da Igrexa, coa aparición de novas correntes relixiosas (protestantismo) e coa revisión de moitos principios da doutrina católica. ►A monarquía hispana dos Austria, iniciada polos Reis Católicos, construíu un enorme imperio, que se estendeu por gran parte de Europa e por América, descuberta por Colón en 1492.
  • 8. Qué é a Idade Moderna? Que aporta á historia? ►O imperio hispánico tivo o seu máximo esplendor no s. XVI, para entrar en grave decadencia no século seguinte.
  • 9. Por que a Idade Moderna se inicia no século XV? ► Pola recuperación demográfica (desaparición das grandes epidemias e aumento da natalidade. A finais do XV Europa conta cuns 70 millóns de habitantes. ► Crecemento económico: a) Melloras no rendemento agrícola. b) Desenvolvemento da actividade comercial: rutas marítimas no Báltico e Mediterráneo. Incremento da produción artesanal. c) Crecemento da banca na financiación do comercio.
  • 10.
  • 11. O comercio con Oriente ► Ruta da seda: era un camiño transitado por mercadores de diversos territorios: chineses, árabes, venecianos... ► Había dous camiños posibles para chegar á India en busca das apreciadas especias partindo desde Xénova e pasando por Tunisia, Alexandría e Adén ata chegar a Calcuta. ► Outra opción era desde Venecia pasando por Istambul, Damasco, Bagdad e Ormuz ata Calculta.
  • 12. O comercio con Oriente Importancia das especias ► Da parte máis oriental da ruta chegaba o cravo e a noz moscada, de Ceilán proviña a canela, da India a pementa. ► As especias de Oriente eran importante porque era necesarias para conservar os alimentos e moi apreciadas na cociña e na cosmética.
  • 14. Quentin Masays. Cambiadores de moeda. 1515
  • 15. Papel da burguesía no s. XV ► Diferenciase da nobreza en que o poder desta última baseábase na propiedade da terra. O poder da burguesía radicaba na posesión do capital que xestionaba e investía para aumentar os seus beneficios a partir do comercio. Parécese ao campesiñado en que non é un estamento privilexiado. ► A burguesía tivo un notable auxe a partir do século XV grazas ao crecemento do comercio e as manufacturas.
  • 16. Que é a monarquía autoritaria? ► Foi un modelo de organización do poder político que xurde en Europa a finais do século XV e principios do XVI onde os reis concentran todo o poder na súa persoa. ► Diferénciase da monarquía feudal (Idade Media) en que nesta etapa o rei compartía o poder coa nobreza. ► Exemplos de monarcas autoritarios foron: Reis Católicos, Henrique VIII, Francisco I...
  • 17.
  • 18. Estados e imperios no século XVI ► Reinos: Portugal, Coroa de Castela, Coroa de Aragón, Francia e Inglaterra. ► Imperios: Sacro Imperio Romano Xermánico, Imperio Otomán.
  • 19. Renacemento: o humanismo ► A expansión económica do s. XV e XVI estivo acompañada do xurdimento dunha nova forma de comprender o mundo: o humanismo. ► Os humanistas reivindicaron a herdanza cultural e artística da antigüidade grecorromana e situaron ao ser humano no centro de todas as súas reflexións. ► Este converteuse en dono do seu propio destino antropocentrismo e sentiuse capaz de transformar o mundo a través das letras e as ciencias.
  • 20. Orixe do Humanismo ► Rexeita a mentalidade medieval centrada na idea de Deus (teocentrismo). ► Exalta ao ser humano (antropocentrismo), ao que consideraron como o único dotado de razón e liberdade. ► Ten como antecedentes en Italia no s. XIII-XIV a Dante Alighieri, Francisco Petrarca e Xoán Bocaccio, todos literatos, poetas e críticos sociais. ► O humanismo ten un gran impulso no s. XV- XVI e transmítese dende Italia ao resto de Europa.
  • 21. Dante Alighieri. (1265-1321) Poeta e político florentino. “A Divina Comedia” Francisco Petrarca. (1304-1374). Poeta, historiador, arqueólogo. Primeir Gran Humanista. “Triunfos” Xoán Boccaccio. (1313-1375). Escritor florentino. “O Decameron”. Representantes do Humanismo.
  • 22. Orixe do Humanismo ►As cidades onde xurdiu foron: Venecia, Padua, Boloña, Florencia e máis Roma. ►Desde estes focos estableceuse logo a Alcalá de Henares, Lión, Basilea, Londres, Maguncia, Estrasburgo, París e Lovaina.
  • 23.
  • 24. Orixe do Humanismo ► O humanismo pretendía unir: herdanza clásica, interese polos descubrimentos científicos e os valores cristianos transmitidos na Biblia. Síntese: ► Home novo: antropocentrismo. ► Liberdade e a razón (búsqueda da verdade) ► Interese científico (espírito crítico) ► Redescubrimento da Antigüidade (Platón e Aristóteles) ► Progreso humano (construción mundo mellor) ► Educación (favorecer o progreso. Pedagoxía)
  • 25.
  • 26. As proporcións do corpo humano ► O embigo é o punto central do corpo humano. Se se coloca un home boca arriba, coas súas mans e os seus pés estirados, situando o centro do compás no seu embigo e trazando unha circunferencia, esta tocaría a punta de ambas mans e os dedos dos pés.
  • 27. As proporcións do corpo humano ► A natureza formou o corpo humano de modo que os seus membros gardan unha exacta proporción respecto a todo o corpo. ► Vitruvio: Da arquitectura. s. I a.C.
  • 28. As proporcións do corpo humano ► Segundo Vitruvio o punto central do corpo humano é o embigo. ► A natureza formou o corpo humano perfecto no cal todos os membros garda unha exacta proporción.
  • 29. As proporcións do corpo humano ► No debuxo de Leonardo da Vinci: O home de Vitrubio, represéntase unha figura masculina espida cos brazos e as pernas estirados inserida nun cadrado en un círculo. Este círculo trazouse situando o centro do compás no embigo.
  • 30. As proporcións do corpo humano ► A nudez desta figura, as súas proporcións e máis o estudo anatómico do corpo móstrannos que Leonardo da Vinci fou un grande estudoso da Antigüidade Clásica.
  • 31. Función das academias, universidades. Os mecenas ► As academias foron as impulsoras do pensamento humanista. ► Centraron os seus estudos na Lingua, Literatura e Filosofía. ► Dedicáronse a tradución de manuscritos e ao intercambio de teoría e ideas. ► As universidades tiveron un papel importante na creación e na difusión de novos coñecementos. ► Os mecenas eran membros adiñeirados da burguesía que se interesaban pola cultura e máis a arte. Foron grandes coleccionistas e protectores de artistas. A palabra mecenas vén dun personaxe adiñeirado de orixe etrusca, Caio Clinio Mecenas.
  • 32. Erasmo de Rotterdam a súa importancia ► É considerado o príncipe do humanismo. ► 1466-1536. Naceu en Rotterdam. Ordenouse sacerdote, aínda que degustado, polas malas prácticas e os erros das autoridades eclesiásticas, pediu unha dispensa papal para vivir como un laico e dedicarse a investigar manuscritos antigos. ► Opúxose ao pensamento medieval cheo de ignorancia e superstición. ► Defendeu a liberdade de ler, reflexionar e investigar para coñecer a verdade. ► Propuxo a compatibilidade do cristianismo coa cultura clásica. Avogou por unha reforma moral da Igrexa pero dentro da observancia católica.
  • 33. Erasmo de Rotterdam a súa importancia ► A actitude crítica coa Igrexa valeulle que o acusasen de luterano. ► Non foi ben visto nin por uns nin por outros. As súas obras foron prohibidas pola Igrexa Católica e denunciadas por moitos protestantes. ► O seu pensamento estendeuse por toda Europa. Erasmo de Rotterdam, 1517
  • 34. O erasmismo en España ► As ideas de Erasmo tiveron unha gran difusión España, especialmente entre o foco humanista da Universidade de Alcalá de Henares. ► Luís Vives foi un discípulo directo de Erasmo. A súa obra destaca en disciplinas como a filosofía, pedagoxía, teoloxía. Defende a paz internacional, a unidade dos europeos e da atención aos necesitados. ► Erasmistas foron: os irmáns Valdés, Frei Luís de León, Bartolomé de las Casas. Miguel de Cervantes tamén estivo influenciado polo erasmismo.
  • 36. Ideas fundamentais de Erasmo ► Relixiosidade e fe: a auténtica actitude relixiosa áchase no interior da alma. Propón un exemplo de boa vida e caridade. Resta importancia á cerimonia. ► Lectura da Biblia: defende a tradución da Biblia ás linguas vernáculas, para que fose entendida por tódolos cristiáns. ► Educación: moi importante. O que diferencia ao ser humano do resto dos seres vivos. ► Bo goberno: as leis responderán á xustiza e a honestidade. Leis que serán respectadas mesmo por un bo gobernante. Clave para a felicidade do Estado.
  • 37. Viaxes de Erasmo por Europa ► Visitou países como Italia, Francia, Alemaña, Inglaterra e mantivo correspondencia coa maioría dos humanistas da súa época.
  • 38. Bolsa erasmus ► Programa educativo da UE para a mobilidade espacial dos estudantes universitarios por distintos campus europeos.
  • 39. O inventor da imprenta Johannes Gutenberg ► Alemán. ► Construiu a primeira imprenta moderna. ► Consiguíu os primeiros libros impresos da civilización occidental. ► 1455 en Maguncia: A Biblia.
  • 40. Como é o proceso de impresión? 1. Os tipógrafos compoñen o texto cos tipos móbiles sobre unha placa. 2. A placa cóbrese de tinta cun tampón. 3. Sitúase a placa na prensa para imprimir unha páxina. 4. As follas imprimidas déixanse secar. 5. Un corrector le as páxinas imprimidas para detectar os erros.
  • 41.
  • 42. Os tipos móbiles  Moldes de madeira ou metal coas distintas letras do alfabeto e que podía ser reempregado numerosas veces.  Cada un deles colocábase nunha matriz para compoñer a páxina.  Este novo sistema (tipografía) baseado nos tipos móbiles permitía a impresión de libros de forma mecánica, máis rápida e cun prezo accesible.
  • 43. ► Aínda que dende polo menos seiscentos anos antes imprimianse libros en Asia, o sistema de tipos móviles inventado por Gutenberg a mediados do s. XV revolucionou os sistemas de impresión, facendo posible a produción masiva de libros. Só quedan tres exemplares perfectos da Biblia de Gutenberg impresos. Dúas das copias se atopan na Biblioteca Británica, a outra, pertence á Biblioteca do Congreso de EE.UU. Ao principio, debido ao seu elevado custo, as edicións dos libros só se facín en cidades importantes: Venecia, París..., pero axiña se Estenderon a outras cidades. Ao longo do XVI publicáronse perto de 200.000 títulos en Europa.
  • 44. Chegada da imprenta a España ► En 1470. ► A Biblia políglota complutense foi un dos libros de maíor difusión en toda Europa. ► Imprimiuse en Alcalá de Henares e contiña textos en hebreo, latín e grego. ► O nome débese a que está escrita en diversos idiomas.
  • 45. A imprenta unha revolución para a humanidade ► Ata a chegada da imprenta os libros eran difundidos a través de copias que monxes e frades escribían a man nos mosteiros. ► A impernta supuxo a mecanización na impresión de libros: máis exemplares en menos tempo a un custo menor. ► Supuxo un perigo para Igrexa e para os poderes políticos, porque tiña o poder de difundir con rapidez ideas contrarias ao pensamento relixioso ou aos ideais políticos. ► O Papa Inocencio VII prohibía, baixo pena de excomuñón, imprimir calquera libro cuxa publicación non fose autorizada pola Igrexa. ► Pódese considerar unha auténtica revolución paracida a internet hoxe en día.
  • 46. LIBROS IMPRESOS EN EUROPA (s. XV-XVI) Cronoloxía 1450-1500 1500-1600 Nº de títulos 30.000 150.000- 200.000 Nº de exemplares 15-20 millóns 150-200 millóns En Latín 75% 60% En linguas vernáculas 25% 40%
  • 47. A reforma protestante Que é? ► Movemento crítico contra certos vicios da Igrexa Católica que se produce a principio do século XVI motivado por: ► Malestar en amplas capas da sociedade polo rumbo que tomara a Igrexa. ► Luxo esaxerado. ► Escasa cultura e relaxación dos costumes do clero. ► Compravenda de cargos eclesiásticos non por vocación relixiosa senón para obter unha serie de beneficios económicos ou políticos. ► Venda de bulas e indulxencias para obter o perdón dos pecados.
  • 48. As indulxencias: que son? ► Son certificados que perdoaban a quen os comprara calquera percado. ► No gravado observamos o Papa que sostén nas súas mans uns documentos (indulxencias), que vende aos fieis a cambio do perdón dos seus pecados. ► Esta práctica enriquecía a Igrexa é criticada polas novas ideas luteranas que negan o seu valor, xa que o seu único fin era o enriquecemento da Igrexa.
  • 49. Gravado de Lucas Cranach o Vello que mostra A venda de indulxencias por parte do Papa 1521
  • 50. Martín Lutero ► Causas de Lutero para a ruptura coa Igrexa Católica: ► Luxo esaxerado da xerarquía eclesiástica. ► Relaxación dos costumes do clero, que non son un bo exemplo de comportamento. ► Compravenda de cargos eclesiásticos, non por vocación, senón por obter beneficios económicos. ► Venda de bulas e indulxencias, que enriquecía a Igrexa coa escusa de outorgar o perdon dos pecados.
  • 51. Principios do luteranismo e a súa difusión ► Salvación pola fe. Crer en Deus permite a salvación eterna. ► Autoridade da Biblia. Debía ser lida e interpretada directamente polos crentes sen intermediación dos sacerdotes. ► Sacerdocio universal. Tódolos bautizados son sacerdotes (acceso ao sagrado). ► Os pastores poden contraer matrimonio e traballar para obter os seus ingresos. Bula papal Difundiuse por gran parte de Alemaña e países nórdicos.
  • 52. As 95 teses de Martín Lutero contra as indulxencias colgadas na porta Desta capela de Wittenberg (Saxonia) En 1517
  • 53. Importancia para Lutero de traducir a Biblia ao alemán ► Para Lutero a Biblia debía ser traducida ao alemán e a outras linguas vernánculas para que tódolos fieis puidesen entendela, xa que a lectura e a interpretación da biblia por parte dos crentes, sen necesidade dos sacerdotes, era un dos principios básicos do luteranismo. Bula papal
  • 54. De onde ven a palabra protestante? ► O termo protestante xurdiu como un alcume pexorativo cara aos príncipes e representantes das cidades alemás, que na Dieta de Spira do ano 1529 protestaron contra o Edito de Worms, o cal prohibía as doutrinas luteranas e autorizaba ao clero romano a rebatelas e perseguilas. Os luteranos rexeitaron este termo e autodenomináronse “evanxélicos ou reformados”
  • 55. Anglicanismo ► O anglicanismo xurdiu en Inglaterra da man do monarca Henrique VIII, cando o papa Clemente VII negouse a lle conceder a anulación do seu matrimonio con Catarina de Aragón. ► Mediante a Acta de Supremacía (1534), o monarca separouse de Roma e autoproclamouse xefe supremo da Igrexa en Inglaterra. ► A xerarquía eclesiástica quedou sometida ao Estado, pero mantivéronse moitos dos dogmas católicos e conservouse o culto solemne.
  • 56. Calvinismo ► En paralelo ao luteranismo xurdiu o calvinismo. ► Calvinismo: propagouse por Suíza da man de Xoán Calvino. Era máis radical que o luteranismo e defende que só algunhas persoas están predestinadas para a acadar a salvación, mentres todos os demais serán condenados: doutrina na predestinación (Deus escolleu os fillos que se ían a salvar antes da creación do mundo) ► Para Calvino, o traballo forma parte da virtude moral e o éxito nos negocios asóciase á graza divina. ► O calvinismo difundiuse por Francia (hugonotes) e Escocia (puritanos). En Escocia John Knox fundou a igrexa presbiteriana, baseada nas ideas calvinistas da predestinación.
  • 58. Os sacramentos Para os reformistas
  • 59. Que estados se converteron completamente ao luteranismo? En que estados se expandiu o cal- vinismo? Por onde se espallou o anglicanismo Que estados mantivéronse Católicos?
  • 60. Lucas Cranach O Mozo A verdadeira e falsa e Igrexa
  • 61. Contrarreforma Católica ►A rápida difusión da Reforma protestante por Europa convenceu as autoridades relixiosas da necesidade de frear a súa expansión. ►Para iso seguiuse un dobre camiño: a persecución dos protestantes e reforma interna da Igrexa católica. ►Estes feitos coñecense como contrarreforma.
  • 62. Loita contra os protestantes ► Para perseguir os que se desviaban dos dogmas da Igrexa, en 1542, o Papa restableceu a Inquisición. ► Sobre todo en España (xa funcionaba dende finais do século pasado, pero vai ter un papel máis activo) e Italia. ► A Inquisición era un tribunal eclesiástico encargado de perseguir e castigar aos herexes. ► Creouse a Congregación do Índice, que se encargaba de publicar a listaxe dos libros contrarios á doutrina católica e cuxa lectura era prohibida para os crentes. ► Sospeitos de herexía eran sometidos a un xuízo, chamado auto de fe. Nesta cerimonia os condenados debían abxurar publicamente das súas crenzas e daquela podían retornar ao seo da Igrexa. Os que non o facían eran condenados, nalgúns casos, á fogueira. ► Os autos de fe eran públicos porque servían de exemplo ao resto dos crentes.
  • 63. Inquisición Auto de fe en España durante o reinado de Carlos II
  • 64. O Concilio de Trento ► A xerarquía eclesiástica dirixida polo papa Paulo III impulsou no interior da Igrexa un movemento de renovación coñecido co nome de Contrarreforma. O seu obxectivo era a corrección dos propios erros e, sobre todo, a defensa dos dogmas da fe católica. ► A Contrarreforma levouse a cabo no Concilio de Trento, cuxas sesións se desenvolveron entre 1545 e 1563. Asistiriron as máis altas xerarquías eclesiásticas, e tamén algúns monarcas, como o emperador Carlos V.
  • 66. O Concilio de Trento ►O concilio reafirmou os principais dogmas da doutrina católica. Proclamou que a fe era importante, pero a salvación se debía conseguir tamén mediante as boas obras. Reafrimou os sete sacramentos, o carácter sagrado da misa e o culto á Virxe e aos santos. Tamén declarou como a única interpretación válida da Biblia a Vulgata, tradución de San Xerome en latín.
  • 67. O Concilio de Trento ► Amosou ademais unha clara vontade de reformar a aadministración e a disciplina eclesiásticas. Prohibiuse a venda de indulxencias, creáronse os seminarios para garantir a correcta formación do clero, obrigóuselles aos bispos a residir na súa diócese e aos sacerdotes nas súas parroquias; e, por último, instouse ao clero a levar unha vida exemplar e gardar o celibato. ► A necesidade de instruir a infancia na correcta doutrina implicou a publicación do catecismo que recompila as crenzas fundamentais da Igrexa.
  • 68. Difusión da Contrarreforma ► A difusión do novo espírito relixioso fíxose, a mediados do século XVI coa reforma de moitas ordes relixiosas, nas cales a disciplina se relaxara, como a que levou a cabo Santa Teresa de Xesús na orde do Carmelo. ► Tamén se crearon novas ordes como a Compañía de Xesús fundada por San Ignacio de Loiola en 1537. ► Esta orde relixiosa tiña unha ríxida disciplina e dependía directamente do Papa. Converteuse no maior instrumento de expansión do espírito da Contrarreforma grazas a un importante labor educativo en colexios, a predicación e misións a outros países.
  • 69. S. Ignacio de Loyola Sta. Teresa de Xesús
  • 70. CATÓLICOS E OUTRAS IGREXAS CRISTIANAS CATÓLICOS LUTERANOS E CALVINISTAS ANGLICANOS D O U T R I N A A salvación conséguese mediante a fe e as boas obras. Xustificación pola fe (luteranos) Predestinación (calvinistas) Xustificación pola fe. 7 sacramentos: bautismo, comuñón, confesión, confirmación, matrimonio, orde sacerdotal, unción de enfermos. 2 sacramentos: bautismo e comuñón Veneración da Virxe e dos Santos. Cuestionan a virxinidade de María. Non veneran aos santos C U L T O A misa principal cerimonia do culto. Transubstanciación Misa: memorial da morte e resurrección. Importancia da liturxia da palabra: lectura da biblia, sermóns e cantos. Cerimonias relixiosas fastosas Actos de piedade: procesións.. Cerimonias sinxelas Manteñen a fastosidade das cerimonias Cerimonias en igrexas presididas por un altar. Venéranse imaxes. Cerimonias en templos austeros, sen imaxes, sen altar. Templos sen imaxes e altar pero non austeros. O culto está en mans de sacerdotes que deben ser célibes. Os fieis son guados por un pastor que pode contraer matrimonio. OR GA NI ZA CIÓN O Papa de Roma é o xefe supremo da Igrexa Non obediencia ao Papa. Rei de Inglaterra máxima autoridade relixiosa. Xerarquía eclesiástica: bispos e cardeais. Non existen nin bispos , nin cardenais Mantemento de bispos.
  • 71. Difusión da Contrarreforma a arte Barroca ►A arte Barroca foi un instrumento de propaganda ao servizo da fe. ►O novo estilo caracterízase pola emotividade e a teatralidade desta maneira, a través das emocións, a arte estimula a piedade e a devoción dos fieis.
  • 72. Queima de Santos Nunha Igrexa en Suíza
  • 73. Queima de imaxes de santos intolerancia relixiosa ►No debuxo reflíctese a situación de intolerancia relixiosa que se vive en Europa. ►Nos países protestantes saquéanse igrexas, quéimanse cadros e exprópiase a igrexa. ►É posible que sexa ordenado polos propios príncipes contrarios a Roma.
  • 74.
  • 75. Interpretar o mapa anterior ►A: Wittenberg. Cidade de Lutero. Orixe da súa nova Igrexa. ►B: Trento. Concilio da Contrarreforma. ►C: Xenebra: Calvino e o calvinismo. ►D: Roma. Sé do Papa católico. ►E: Londres. Fundación do anglicanismo.
  • 76. Define: conceptos clave ►Antropocentrismo: corrente de pensamento que sitúa ao ser humano no centro do mundo. ►Tipo móbil: moldes de madeira con cada unha das letras do alfabeto.