SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
VISITAS ESCOLARES AO  COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA (A CORUÑA)  Servizo prestado por   U.T.E. APPLUS NORCONTROL & GALICIA COMUNICACIÓN  ES0 www.sogama.es
[object Object],[object Object],PRESENTACIÓN
Por que hai residuos urbanos Na actividade diaria xeramos unha ampla variedade de residuos urbanos. Solución:  Compra responsable
Que facer cos residuos urbanos REDUCIR = “Diminuír” a   cantidade de residuos e/ou as substancias perigosas. REUTILIZAR = “Utilizar algo, ben coa función que desempeñaba anteriormente ou con outros fins” antes de converterse nun residuo RECICLAR = “Someter un material usado a un proceso para que se poida volver a utilizar” para fabricar novos produtos.
Como separamos estes residuos
[object Object],Colector verde NON DEPOSITAR:   materiais que dispoñen dunha recollida específica, nin residuos voluminosos. ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],NON DEPOSITAR:   restos de comidas, envases de medicamentos, vidros, cartóns, obxectos plásticos que non sexan envases. Como separamos estes residuos Colector amarelo
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],Papel e cartón ,[object Object],[object Object],[object Object],NON DEPOSITAR: envases de medicamentos, nin vasos, fiestras ou lámpadas, nin cerámica, porcelana, ladrillos ou  pedras, nin cortizas, nin tapas e tapóns metálicos. NON DEPOSITAR: bolsas de plástico, nin papeis sucios. Envases de vidro Como separamos estes residuos
A onde van estes residuos A estas instalacións ven a bolsa amarela de 278 concellos galegos e a bolsa negra de 294. Bolsa amarela Bolsa negra Rede eléctrica Planta termoeléctrica Planta de elaboración de combustible Centros recicladores Planta de clasificación
Fosos Almacén CDR Planta Termoeléctrica Que se fai aquí coa bolsa negra A esta instalación chega a “bolsa negra” que contén os residuos que, en principio, non poden ser reciclados por outras vías e que son susceptibles de ser valorizados como opción preferible a súa eliminación ou vertido.
Que se fai coa bolsa amarela A través de procesos mecánicos e manuais sepáranse os distintos tipos de envases, empaquetándoos para ser enviados aos centros recicladores. Planta de Clasificación Paquetes materiais
VISITA ÁS INSTALACIÓNS Fosos Bolsa Negra Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros
[object Object],[object Object],Servizo prestado por   U.T.E. APPLUS NORCONTROL & GALICIA COMUNICACIÓN

More Related Content

Similar to Presentación Sogama Escolares ESO (2010)

Similar to Presentación Sogama Escolares ESO (2010) (20)

Presentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anosPresentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
 
As 3R
As 3RAs 3R
As 3R
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Xestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursosXestión responsable dos recursos
Xestión responsable dos recursos
 
Pp acolloante 3º trim.
Pp acolloante 3º trim.Pp acolloante 3º trim.
Pp acolloante 3º trim.
 
Manual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas galManual de boas prácticas gal
Manual de boas prácticas gal
 
Boas prácticas ambientais en Nadal
Boas prácticas ambientais en NadalBoas prácticas ambientais en Nadal
Boas prácticas ambientais en Nadal
 
Rs Lixo2
Rs Lixo2Rs Lixo2
Rs Lixo2
 
Ru, papel da cidadania
Ru, papel da cidadaniaRu, papel da cidadania
Ru, papel da cidadania
 
Os bolechas
Os bolechasOs bolechas
Os bolechas
 
En Tempos De Crise... Aforro no fogar
En Tempos De Crise... Aforro no fogarEn Tempos De Crise... Aforro no fogar
En Tempos De Crise... Aforro no fogar
 
En tempos de crise
En tempos de criseEn tempos de crise
En tempos de crise
 
Reducir.pdf
Reducir.pdfReducir.pdf
Reducir.pdf
 
Decálogo consellos para un nadal sostible gal
Decálogo consellos para un nadal sostible galDecálogo consellos para un nadal sostible gal
Decálogo consellos para un nadal sostible gal
 
RRR Educación Secundaria
RRR Educación SecundariaRRR Educación Secundaria
RRR Educación Secundaria
 
Reduce residuos
Reduce residuosReduce residuos
Reduce residuos
 
C.C
C.CC.C
C.C
 

More from Educación Medioambiental Sogama

More from Educación Medioambiental Sogama (7)

Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010
 
Consellos redución residuos
Consellos redución residuosConsellos redución residuos
Consellos redución residuos
 
Conto limpiña, a praia máis bonitiña
Conto limpiña, a praia máis bonitiñaConto limpiña, a praia máis bonitiña
Conto limpiña, a praia máis bonitiña
 
Conto da papeleira feliz
Conto da papeleira felizConto da papeleira feliz
Conto da papeleira feliz
 
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)
 
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
Guia didáctica reciclaxe bacharelato (2010)
 
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
Guía didáctica reciclaxe educación primaria (2010)
 

Presentación Sogama Escolares ESO (2010)

  • 1. VISITAS ESCOLARES AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA (A CORUÑA) Servizo prestado por U.T.E. APPLUS NORCONTROL & GALICIA COMUNICACIÓN ES0 www.sogama.es
  • 2.
  • 3. Por que hai residuos urbanos Na actividade diaria xeramos unha ampla variedade de residuos urbanos. Solución: Compra responsable
  • 4. Que facer cos residuos urbanos REDUCIR = “Diminuír” a cantidade de residuos e/ou as substancias perigosas. REUTILIZAR = “Utilizar algo, ben coa función que desempeñaba anteriormente ou con outros fins” antes de converterse nun residuo RECICLAR = “Someter un material usado a un proceso para que se poida volver a utilizar” para fabricar novos produtos.
  • 6.
  • 7.
  • 8. A onde van estes residuos A estas instalacións ven a bolsa amarela de 278 concellos galegos e a bolsa negra de 294. Bolsa amarela Bolsa negra Rede eléctrica Planta termoeléctrica Planta de elaboración de combustible Centros recicladores Planta de clasificación
  • 9. Fosos Almacén CDR Planta Termoeléctrica Que se fai aquí coa bolsa negra A esta instalación chega a “bolsa negra” que contén os residuos que, en principio, non poden ser reciclados por outras vías e que son susceptibles de ser valorizados como opción preferible a súa eliminación ou vertido.
  • 10. Que se fai coa bolsa amarela A través de procesos mecánicos e manuais sepáranse os distintos tipos de envases, empaquetándoos para ser enviados aos centros recicladores. Planta de Clasificación Paquetes materiais
  • 11. VISITA ÁS INSTALACIÓNS Fosos Bolsa Negra Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros
  • 12.

Editor's Notes

  1. Presentación para escolares de Educación Secundaria Obrigatoria. Esta diapositiva móstrase na pantalla mentres non se inicia a exposición.
  2. O monitor preséntase e da a benvida ás instalacións, confirmando cos participantes que coñecen o que significa o acrónimo SOGAMA e indica que é unha empresa pública dedicada á xestión e tratamento dos residuos urbanos producidos no territorio galego. Confírmase que os participantes coñecen o que é un residuo e, en concreto, un residuo urbano, definido como aquel obxecto que temos na nosa vivenda, que nos desprendemos dela porque xa non ten valor para nós. Aquilo que coloquialmente coñecemos como lixo ou “basura”. O monitor explica que cada persoa xera máis dun quilogramo de lixo por día, que o longo dun ano son 438 quilos; o que equivale ao peso de 8-12 rapaces da súa idade.
  3. Con esta transparencia o monitor comenta, de forma interactiva cos rapaces, de onde saen o lixo que xeramos diariamente e os distintos tipos (orgánicos, plásticos, metálicos...). O monitor explica que o consumo cada vez crece máis, polo que temos que ser responsables á hora de consumir e de facer a compra, xa que con iso podemos xerar menos residuos urbanos (comprando a granel ou envases aforro, empregando bolsas reutilizables ou o carriño da compra, comprando e cociñando as cantidades que vamos a consumir...
  4. Cando xa temos un obxecto para tirar á “basura”, temos que preguntarnos si ese obxecto se pode aproveitar ou reutilizar. O monitor lémbralle aos rapaces que reutilizar é empregar algo, ben coa función que desempeñaba anteriormente ou con outros fins; e pregúntalles por distintos tipos de reutilizacións (un tarro de vidro, unha caixa de cartón, unha lata de conservas...) e lémbralles a posibilidade de aproveitar obxectos doutras persoas ou que outras persoas poidan aproveitar os propios (libros, roupa, xoguetes...). Se non encontramos unha forma de re-empregar ese obxecto, temos si se pode reciclar. Lémbrase aos rapaces que reciclaxe é someter un material usado a un proceso para que se poida volver a utilizar como materia prima. Nas vivendas só podemos reciclar papel e cartón (pregúntaselle aos rapaces si algunha vez fixeron papel reciclado) , pero o resto de materiais requiren de procesos máis complexos que comezan coa recollida selectiva. Pregúntaselle aos rapaces polos colectores que teñen no seu Concello para a recollida selectiva dos residuos urbanos. Si veñen de Concellos non adheridos á SOGAMA explícaselle a que instalación de tratamento van (Planta de Nostián, Planta do Lousame).
  5. Con esta transparencia preténdese explicar a separación básica dos residuos domésticos, pero farase dunha forma dinámica, preguntando aos rapaces sobre a onde van os diversos obxectos que aparecen na pantalla. Explícase que vamos a comprobar como é a correcta separación e para iso necesitamos a súa axuda. Así, segundo van aparecendo as imaxes eles van dicindo a que colector creen que pertencen e faise a respectiva comprobación.
  6. Nesta diapositiva o monitor explica que residuos se tiran ao colector amarelo e ao colector verde. Materiais a depositar no colector amarelo : Botellas de plástico que contiveran alimentos (aceite vexetal, refrescos, auga, leite, salsas...). Botes de plástico de produtos de aseo ou limpeza (xel de baño, xampú, xabón líquido, lavavaixelas, limpadores do fogar, suavizante...). Latas de conservas e de refrescos. Briks de leite, viño, zumes... Papel de aluminio. Bandexas de porexpan ou cortiza branca. Redes de envoltorio de froitas ou verduras. Plástico filme (plástico de cociña para envolver). Bolsas de plástico. Bolsas plásticas de aperitivos. Bolsas plásticas de panadería industrial. De forma xeral todos os envases de plástico, latas e briks que leven impreso o punto verde Materiais a depositar no colector xenérico: Restos orgánicos. Cueiros, compresas. Papel e cartón manchado de graxas. Lámpadas, espellos e louza rota. Cintas, disquetes e CD. Bolígrafos. Xoguetes de plástico.
  7. O monitor explica que o papel e cartón, vidro e pilas van directamente aos centros recicladores e non pasan polo CMC. Ademais débese mencionar que materiais se depositan en cada colector. No colector azul depositar: Envases / caixas de cartón. Bolsas de papel. Papel de envolver. Follas, xornais, revistas, cadernos, etc. No iglú verde depositar: botellas de vidro. tarros e frascos de vidro.
  8. A botella e o resto de mazá non sabían e que ambas rematarían en SOGAMA, pero non mesturadas. Un camión recolle os colectores amarelos (coa bolsa amarela), leva o seu contido a unha planta de transferencia (o monitor sinala a de referencia para a visita) desde onde a bolsa amarela de varios concellos viaxa a estas instalacións en tráiler ou en tren; en concreto, á unha nave que é a planta de clasificación. Outro camión diferente recolle os colectores “xenéricos” (xeralmente verdes ou con tapa verde), coa bolsa negra... Xúntaos na planta de transferencia coa bolsa negra doutros concellos e toda xunta viaxa a estas instalacións; en concreto, a unha nave onde hai dous grandes fosos para recibir a bolsa negra. Trataremos de visitar estas dúas naves ao finalizar esta exposición.
  9. Cando chega ao CMC, a bolsa negra é depositada en dous fosos. Pasa por varios procesos (triturado, secado...) e convértese en Combustible Derivado de residuos (CDR) que é empregado na Planta Termoeléctrica para xerar enerxía eléctrica, empregando produtos respetuosos co medio ambiente. Nestas instalacións xérase enerxía eléctrica suficiente como para abastecer 100.000 fogares. Podemos sinalar que da bolsa negra se recuperar materiais de aceiro e de aluminio que, se ben non foron recollidos selectivamente, se envían a recicladores.
  10. A bolsa amarilla sepáranse os diferentes tipos de plástico, latas ou briks automaticamente. Despois esta supervisión é revisada manualmente. Os materiais son empaquetados e enviados a empresas que se adican a súa recicaxe. Exemplo: ¿En que se pode converter unha botella? Nunha alfombra, nun saco de durmir, nun anorak, nun forro polar, nun tubo, en sacos industriais...
  11. Con esta transparencia anunciase o inicio da visita ás instalacións. Lémbraselles ao grupo que é preciso: Ter calzado pechado. Ter colocado o casco, a mascarilla e o chaleco. Non tocar ningún elemento das instalacións. Seguir as instruccións dos monitores.