SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
Download to read offline
GUÍA DIDÁCTICA ESO
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA




                                    VISITAS ÁS INSTALACIÓNS
                                                  DE SOGAMA




                          www.sogama.es
ÍNDICE
INTRODUCIÓN

    PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS            3

    A QUEN VAI DIRIXIDA        4

    METODOLOXÍA       4

    SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN               4

    AVALIACIÓN    4

CONTIDOS

    CONCEPTOS BÁSICOS           5

    MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO
    DE RESIDUOS EN GALICIA 7

    MODELO SOGAMA         8

    REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA               9

    COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA                 10

    RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS           11

    MATERIAIS E RECURSOS            12

ACTIVIDADES

    ACTIVIDADES 1-2-3         13-14

GLOSARIO DE TERMOS        15

RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA            16




                                                   www.sogama.es
INTRODUCCIÓN




      PRESENTACIÓN
      O aumento do nivel de vida e o cambio nos
      nosos hábitos de consumo constitúen unha
      ameaza para o medio ambiente, especialmente
      no eido do esgotamento de recursos naturais e
      na elevada xeración de residuos.

      Un dos maiores retos actuais é atopar unha
      solución á acumulación e eliminación dos
      residuos, para deter e tornar a tendencia
      crecente dos últimos anos. A estratexia das
      tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar)
      resulta neste sentido fundamental.

      A Sociedade Galega do Medio Ambiente (en
      diante SOGAMA) é unha empresa pública
      autonómica que xestiona e trata a maior parte
      dos residuos domésticos producidos en Galicia.

      A finalidade básica da guía é dar unha
      formación previa aos escolares de Educación
      Secundaria Obrigatoria (ESO) antes da súa           OBXECTIVOS PERSEGUIDOS
      visita a SOGAMA, tanto no relativo á xestión
      dos residuos urbanos como no funcionamento          Os obxectivos específicos desta guía didáctica
      do Complexo Medioambiental de Cerceda e da          son os seguintes:
      rede de Plantas de Transferencia.
                                                          - Contribuír ao coñecemento e sensibilización
                                                          do alumnado en materia de residuos.

                                                          - Orientar aos alumnos e alumnas cara a
                                                          actitudes persoais máis positivas e correctas
                                                          no referente á xestión dos residuos.

                                                          - Contribuír a aumentar os coñecementos dos
                                                          escolares sobre as instalacións de SOGAMA e
                                                          o traballo que nelas se realiza.

                                                          - Concienciar ao alumnado sobre a importancia
                                                          do consumo responsable, a redución da
                                                          produción de lixo e a recollida selectiva,
                                                          fomentando hábitos de selección de residuos
                                                          en orixe e depósito correcto dos mesmos nos
                                                          diferentes colectores.




                                                       www.sogama.es
INTRODUCCIÓN




      A QUEN VAI DIRIXIDA                                  SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN
      Os contidos da guía están dirixidos ao               A guía didáctica presenta unha sinxela
      alumnado que cursa a ESO.                            estrutura onde se introducen diversos contidos
                                                           tales como conceptos básicos de residuos,
      A guía ofrece ao equipo docente material para        modelos de xestión de residuos urbanos
      a formación básica dos estudantes, tanto en          existentes en Galicia e operativa do Complexo
      conceptos xerais de residuos como na xestión         Medioambiental de Cerceda e da rede de
      dos mesmos acometida por SOGAMA. Débese              Plantas de Transferencia. A primeira etapa, de
      ter en conta que esta guía didáctica e a             lectura comprensiva, levarase a cabo no
      temática que aborda, dado o seu carácter             horario dunha clase (50 minutos); mentres a
      transversal, pode ser tratada en calquera área       segunda etapa, de actividades orientadas ao
      do currículo formativo, polo que sería               afianzamento dos conceptos adquiridos polo
      interesante a implicación de todo o                  alumnado, realizarase no tempo equivalente a
      profesorado.                                         outra clase (50 minutos).

      É importante tamén mencionar que a
      formación en canto á axeitada xestión de             AVALIACIÓN
      residuos non é unha cuestión específica da
      escola, polo que a información e participación       A través das actividades propostas, o
      do ámbito familiar será de gran apoio para que       profesorado poderá avaliar os coñecementos
      os escolares interioricen as boas prácticas          cos que contan os alumnos en materia de
      medioambientais.                                     xestión e tratamento de residuos por parte de
                                                           SOGAMA.

      METODOLOXÍA
      A presente guía está deseñada e enfocada
      cara a formación previa do alumnado antes da
      visita á infraestrutura industrial de Sogama. O
      emprego da mesma permitirá que os escolares
      afiancen coñecementos básicos sobre os
      residuos e a súa axeitada separación, así como
      sobre o labor de Sogama.

      A guía débese abordar mediante unha lectura
      comprensiva da mesma na que participen
      profesor e alumnos, constituíndose no primeiro
      achegamento ás instalacións desta entidade
      pública.

      A realización das actividades propostas na
      última parte deste documento servirá para
      asimilar e relacionar a información aportada.




                                                        www.sogama.es
CONTIDOS




     CONCEPTOS BÁSICOS                                    ¿Cantos residuos urbanos se producen e de
                                                          que están compostos?
     ¿Que é SOGAMA?                                       O aumento do nivel de vida e as prácticas de
     SOGAMA é unha empresa pública autonómica,            consumo vinculadas á adquisición de produtos
     creada no ano 1992 e participada nun 51% pola        de “usar e tirar” supuxeron a transformación
     Xunta de Galicia e no 49% restante polo grupo        dos hábitos de comportamento da poboación,
     Gas Natural.                                         sen ter en conta a repercusión sobre o medio
                                                          ambiente (contaminación, esgotamento de
     A prioridade de SOGAMA é a xestión e o               recursos naturais...), dando lugar a
     tratamento sostibles dos residuos urbanos            modificacións na xeración e composición dos
     producidos en Galicia.                               residuos urbanos.


     SOGAMA participa tamén en actividades                Segundo o novo Plan de Xestión de Residuos
     destinadas á protección e conservación do            Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición
     medio ambiente en xeral.                             pública), en Galicia xéranse 1,216 quilogramos
                                                          de residuos urbanos por habitante e día, o que
     ¿Que son os residuos?                                supón que cada un de nós orixina unha media
                                                          de 444 quilogramos ao ano de residuos.
     Un residuo é “calquera substancia ou obxecto
     do que o seu posuidor se desprenda ou teña a
                                                          A composición media dos residuos urbanos en
     intención ou obriga de desprenderse”.
                                                          Galicia, segundo o citado Plan, é a reflectida
                                                          no seguinte gráfico.
     ¿Que son os residuos urbanos?
     Os residuos urbanos son “aqueles xerados nos
     domicilios particulares, comercios, oficinas e
                                                                        OUTROS                      FRACCIÓN ORGÁNICA
     servizos, así como todos aqueles que non                           15,43%                      41,63%

     teñan a cualificación de perigosos e que, pola    VOLUMINOSOS
     súa natureza ou composición, sexan                4,22%

     asimilables aos producidos nos anteriores          VIDRO
                                                        6,35%
     lugares ou actividades”.

     Teñen tamén a consideración de residuos
     urbanos os seguintes:
                                                      PAPEL E CARTÓN
                                                      17,65%
     · Os residuos procedentes da limpeza de vías                                ENVASES LIXEIROS
     públicas, zonas verdes, áreas recreativas e                                 14,72%

     praias.
     · Animais domésticos mortos, así como mobles,
     utensilios e vehículos abandonados.
     · Residuos e escombros procedentes de obras
     menores de construción e reparación
     domiciliaria.




                                                      www.sogama.es
CONTIDOS



     Os “tres erres”
     Un dos maiores retos que existen na actualidade é atopar unha solución á acumulación e eliminación
     dos residuos, para deter e cambiar a tendencia crecente dos últimos anos caracterizada pola excesiva
     produción dos mesmos. O principal instrumento neste sentido é a aplicación da estratexia dos “3 erres”:


                                    - REDUCIR: implica cambiar a conduta cotiá para
                                      xerar unha menor cantidade de lixo. Debemos
                                        adoptar hábitos de “non desperdicio”,
                                          incrementando o emprego de envases
                                            retornables, rexeitando as bolsas plásticas da
                                              compra non biodegradables, evitando
                                                produtos de usar e tirar...


                      - REUTILIZAR: consiste en empregar as cousas en
                      varias ocasións tentando darlles a máxima utilidade
                      antes de convertelas nun residuo. Hai obxectos que
                      poden ser empregados por outras persoas (libros,
                      roupa...), e outros teñen usos alternativos (botellas,
                      tarros, caixas de cartón...), o que supón utilizalas
                      para usos non previstos nun primeiro momento.


                             - RECICLAR: significa aproveitar os materiais contidos nos
                                      residuos para fabricar novos produtos,
                                      contribuíndo deste xeito á preservación dos
                                      recursos naturais e ao aforro do consumo de auga
                                      e enerxía. A reciclaxe dos residuos urbanos
                                      precisa da colaboración previa dos cidadáns nos
                                      mecanismos de recollida selectiva, separándoos por
                                      tipoloxías e depositándoos nos diferentes colectores.

     SOGAMA engade un cuarto “R”, que é a Recuperación enerxética da parte non reciclable dos residuos,
     permitindo transformala, dunha forma limpa e respectuosa co medio ambiente, en enerxía eléctrica.




                                                                               Planta Termoeléctrica




                                                            www.sogama.es
CONTIDOS




      MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO                        Neste modelo, os envases lixeiros sepáranse
                                                             para enviar aos centros recicladores, e os
      DE RESIDUOS EN GALICIA                                 residuos que non poden ser reciclados
                                                             aprovéitanse para xerar enerxía eléctrica
      O sistema de xestión e tratamento de residuos          renovable (valorización enerxética).
      urbanos maioritario en Galicia é o modelo
      SOGAMA, asociado ao Complexo                           En Galicia existen ademais outras dúas plantas
      Medioambiental de Cerceda e á rede de                  de tratamento que están orientadas a un
      Plantas de Transferencia distribuídas polo             modelo de recollida diferenciada de residuos
      conxunto do territorio galego. A este sistema          orgánicos e residuos inorgánicos. Trátase das
      están adheridos 294 concellos galegos, que             plantas de:
      supoñen arredor do 82% dos residuos urbanos
      producidos na nosa Comunidade.                         · Nostián, que xestiona os residuos urbanos da
                                                             cidade de A Coruña e área metropolitana
      Este modelo supón a recollida diferenciada dos         (Consorcio de As Mariñas), aglutinando a un
      envases lixeiros (colector amarelo) e da               total de 9 concellos.
      fracción resto (colector xenérico), a maiores da
      recollida selectiva doutros materiais (envases         · Lousame, que xestiona os residuos urbanos
      de vidro, papel e cartón, pilas, voluminosos...).      de 9 concellos que constitúen a
                                                             Mancomunidade de Concellos da Serra do
                                                             Barbanza.




             1· Modelo SOGAMA

             2· Modelo Nostián

             3· Modelo Lousame




                                                          www.sogama.es
CONTIDOS




     MODELO SOGAMA
     Os concellos participantes no modelo SOGAMA dispoñen de distintos colectores para a recollida selectiva:

              COLECTORES                             RESIDUOS                       CONDICIÓNS DE DEPÓSITO




                                      ENVASES DE VIDRO                              Sen tapóns, cortizas ou tapas
                                       - Botellas de vidro                          Non depositar lámpadas, espellos,
                                       - Tarros e frascos de vidro                  cristais de ventás, louza ou vasos


                 Colector vidro




                                      PAPEL E CARTÓN
                                       - Envases / caixas de cartón                 Sen bolsas de plástico
                                       - Bolsas de papel                            Sen papeis ou cartóns sucios
                                       - Papel de envolver limpo                    Sen grapas, espirais...
                                       - Follas, xornais, revistas, cadernos...
              Colector papel/cartón




                                      ENVASES LIXEIROS                              Non depositar residuos que non sexan
                                       - Botellas e botes de plástico               envases (bolígrafos, xoguetes...)
                                       - Envoltorios de plástico ou aluminio        nin envases de residuos industriais,
                                       - Latas de conserva e bebida                 hospitalarios ou perigosos (botes de
                                       - Briks de zume, leite...                    pintura, medicamentos, latas de
                                       - Bandexas de porexpan ou cortiza branca     aceites de coche.)
               Colector amarelo




                                      RESTO
                                       - Residuos orgánicos                         Non depositar materiais que dispoñen
                                       - Cueiros, compresas ou papeis sucios        dun proceso de recollida selectiva
                                       - Outros residuos sen un proceso             nin residuos voluminosos
                                         de recollida selectiva


                Colector xenérico




     Os residuos que os cidadáns depositan nos                          tren ou camión, e en axeitadas condicións
     colectores habilitados na vía pública son                          hixiénicas e de seguridade, ao Complexo
     recollidos de xeito separado polos propios                         Medioambiental de Cerceda.
     concellos ou empresas designadas,
     transportando os envases de vidro e o papel e                      Ademais dos colectores instalados na rúa,
     cartón directamente aos centros de reciclaxe.                      moitos dos Concellos contan cunhas
                                                                        instalacións chamadas “puntos limpos”, nas
     Os residuos dos colectores amarelos e                              cales os cidadáns poden depositar residuos
     xenéricos (estes últimos habitualmente de cor                      que precisan dunha xestión específica, ben
     verde) trasládanse por parte dos servizos de                       polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou
     recollida municipal á planta de transferencia                      pola súa composición (pilas, fluorescentes,
     máis próxima, onde se traspasan a colectores                       aceites, disolventes e outros residuos
     de maior capacidade para desprazalos, por                          perigosos).




                                                                  www.sogama.es
CONTIDOS



     REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA
     Actualmente, o territorio galego conta con 37 plantas de transferencias, das cales un total de 20
     están baixo a titularidade de SOGAMA.




     As plantas de transferencia son instalacións de funcionamento moi sinxelo. A súa operación realízase
     en catro fases:

     Fase I: O camión de recollida domiciliaria            Fase II: Unha vez situado na posición correcta,
     accede ao recinto e, despois de ser pesado,           realiza a descarga dos residuos sobre a tolva.
     sobe ata un andar superior.




     Fase III: Un sinxelo émbolo introduce os RU no        Fase IV: Finalizada a descarga a instalación
     colector, sen empacamento nin apertura de             queda pechada esperando a chegada do
     bolsas ou calquera outra manipulación.                seguinte camión de recollida.




                                                      www.sogama.es
CONTIDOS



     COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA
     O Complexo Medioambiental de SOGAMA en
     Cerceda ten unha capacidade de tratamento
     de entre 500.000 e 550.000 toneladas de
     residuos ao ano, contando -entre outras- coas
     seguintes instalacións:

     · Planta automatizada de clasificación de              · Planta Termoeléctrica:
     envases lixeiros:                                      Nesta instalación aprovéitase o CDR obtido
     É a única instalación do Complexo onde se              para a xeración de enerxía eléctrica. A
     xestiona a bolsa amarela. Os residuos                  tecnoloxía empregada é de alta eficiencia e
     procedentes dos colectores amarelos (bolsa             garante que os niveis de emisión á atmosfera
     amarela) descárganse e son clasificados                estean moi por debaixo dos límites legais,
     mecanicamente segundo os diferentes tipos de           garantindo un proceso totalmente respectuoso
     materiais: aluminio, ferro, briks e os diferentes      co medio ambiente e a saúde das persoas.
     plásticos. Unha vez separados, pasan pola
     inspección dos traballadores para corrixir             Esta instalación conta cunha potencia
     posibles erros, sendo inmediatamente                   instalada de 50 MW, e produce enerxía
     prensados e embalados para remitir aos                 eléctrica suficiente para abastecer 100.000
     centros de reciclado.                                  vivendas.

     · Planta de Elaboración de Combustible                 Ademais, o Complexo conta cunha serie de
     Derivado de Residuos:                                  instalacións auxiliares como a planta de
     É onde se reciben os residuos depositados              coxeración, as balsas de pluviais, tres
     pola cidadanía nos colectores xenéricos (bolsa         depuradoras, un depósito controlado para as
     negra), introducíndoos nuns fosos de grandes           cinzas resultantes da valorización enerxética, e
     dimensións. Aquí, tras separar mecanicamente           outro depósito para as escouras.
     os metais (ferro e aluminio), comeza un
     proceso de acondicionamento (triturado e
     secado) dos residuos non reciclables para
     convertelos nun combustible, o Combustible
     Derivado de Residuos (CDR), que se emprega
     despois na Planta Termoeléctrica.




                                                         www.sogama.es
CONTIDOS




     RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS
     Para acadar unha boa reciclaxe dos envases                O plástico é un material altamente reciclable,
     lixeiros (bolsa amarela) é moi importante a               permitindo un aforro considerable de petróleo,
     correcta separación en orixe, pois o proceso de           aínda que non todos os plásticos son iguais. Na
     reciclaxe realízase segundo os distintos tipos            seguinte táboa recóllense os principais tipos
     de materiais.                                             de plástico de uso doméstico e os seus usos.

                                 PRINCIPAIS TIPOS DE PLÁSTICO DE USO DOMÉSTICO


       SÍMBOLO           DENOMINACIÓN               OBXECTOS ORIXINAIS              OBXECTOS RECICLADOS



                                                                                     Sacos de durmir, anoraks,
            1                                                Botellas de
                       Polietileno Tereftalato                                          alfombras, caixas,
                                                         bebidas carbónicas
                                                                                        solas de zapatos...
           PET


                                                                                         Sacos industriais,
            2                                         Produtos de limpeza
                    Polietileno de Alta Densidade                                     envases de deterxentes,
                                                    e envases de cosméticos
                                                                                          cubos, bidóns...
           PEAD


                                                        Botellas de produtos de
            3                                                                          Canalizacións, fibras,
                        Policloruro de vinilo          limpeza, xampú, aceites,
                                                                                         solas e perfís...
                                                              embalaxes...
           PVC



            4               Polietileno                   Bolsas, películas,             Bolsas para o lixo,
                        de Baixa Densidade                 sacos, bidóns...        canalizacións de rego, perfís...
           PEBD



            5
                            Polipropileno                     Tapóns                           Caixas

            PP



            6               Poliestireno            Vasos, tarros e embalaxe           Bandexas, papeleiras

            PS


     O aceiro e o aluminio, que conteñen os                    Os briks son envases formados por unha
     envases metálicos, son materiais reciclables              lámina múltiple que pode combinar tres tipos
     polo que se envían aos centros recicladores               de materiais (plástico, cartón e aluminio) e que
     onde se transforman en materia prima. O                   se poden aproveitar conxuntamente (para a
     aproveitamento destes metais é amplo e deles              fabricación de aglomerado para mobiliario) ou
     pódense obter tubos de escape, bombonas de                de forma separada (aproveitando o cartón para
     gas, estantes, novas latas, parafusos,                    fabricar bolsas, sacos e cartón ondulado).
     bicicletas, motores...




                                                         www.sogama.es
CONTIDOS




     MATERIAIS E RECURSOS
     Nos seguintes enlaces pódese ampliar a información tratada na presente guía:


     www.sogama.es          http://sirga.medioambiente.xunta.es
     www.ecoembes.com       www.ecovidrio.com
     www.ecopilas.es        www.marm.es
     www.sigre.es           www.sogarisa.es/



     Únete á rede social de Sogama no eido da educación ambiental.
     Interésanos a túa opinión.
     Apúntate aquí.




                                                    www.sogama.es
ACTIVIDADES




     ACTIVIDADE 1
     Nome da actividade:
     Revisando o barrio

     Lugar de realización:
     Contorno do alumno

     Explicación da actividade:
     ¿Reparaches algunha vez na cantidade e variedade de
     medios que son necesarios para recoller o noso lixo?      Na clase comentaredes o atopado por cada un,
     ¿E na mala utilización que se fai deles?                  analizando a situación. ¿Son moitos medios? ¿Utilízaos
                                                               todo o mundo? ¿Cantos colectores diferentes
     Fai un esquema das rúas que hai en torno á túa casa       atopáchedes?
     no teu caderno. Mentres camiñas por elas, sitúa no
     plano cada un dos elementos relacionados cos              Facede unha recompilación das novas que aparezan
     residuos que atopes. Ademais, anota nunha lista que       nos xornais relacionadas cos residuos. ¿Cales son as
     residuos atopas fóra dos colectores ou tirados polo       problemáticas detectadas?
     chan

                                  ASPECTO                                    CANTIDADE

                                   Papeleiras

                              Colectores amarelos

                              Colectores xenéricos

                                Colectores azuis

                          Colectores verdes tipo iglú

                                Outros colectores

                             Lixo fora dos colectores

                                  Lixo no chan

                           Vertedoiros incontrolados

                      Traballadores do servizo de limpeza

                              Camións de recollida

                                        ...




                                                            www.sogama.es
ACTIVIDADES




     ACTIVIDADE 2
     Nome da actividade:
     ¿Cal é a vida dos residuos?

     Lugar de realización:
     Aula

     Explicación da actividade:
     ¿Por que son un problema os residuos? ¿Sabes o             Deixade as caixas nalgún lugar da aula durante polo
     que é un residuo biodegradable? ¿Canto tarda un            menos un mes. Pasado este tempo, desenterrade os
     plástico en degradarse dende que o tiras? ¿E un            residuos para comprobar o seu estado e comparalos
     papel?                                                     co momento no que foron enterrados.

     Preparade coa axuda do profesor unhas caixas de            ¿Por que se transforman de xeito diferente?
     zapatos ou macetas cheas de terra húmida.                  Deixádeos algún tempo máis para avaliar a súa
     Enterrade en cada unha un residuo diferente: un            evolución.
     envase de iogur plástico, unha monda de plátano, a
     folla dunha revista, un tarro de vidro e unha lata de      Finalmente, buscade en internet o tempo que precisa
     refresco. Podedes fotografar os residuos antes de          cada un dos residuos enterrados para degradarse
     enterralos.                                                completamente.




     ACTIVIDADE 3
     Nome da actividade:                                        Lugar de realización:
     Consumimos residuos                                        Casa e aula
     Explicación da actividade:                                 Facede unha posta en común cos datos de toda a
     Como puideches comprobar, debido ao noso cambio            clase. ¿Cantos envases dos que mercaches eran
     de vida e de hábitos de consumo cada vez xeramos           realmente necesarios? ¿Cales son os materiais máis
     máis residuos. ¿Cales cres que son os residuos que         habituais? ¿Son biodegradables ou de longa
     máis xeramos? ¿Cal é a causa?                              descomposición? ¿Que podes facer para evitar eses
                                                                residuos? ¿Cales son as materias primas?
     Acompaña ós teus pais a facer a compra. Ao chegar
     á casa e sacar as cousas das bolsas, anota para            A partir do anterior, fai unha redacción na que
     cada produto:                                              expoñas a problemática que supón o consumo de
      -Os residuos que se xeran nada máis chegar á casa.        envases, tanto pola súa fabricación como pola súa
      -Outros residuos que se xerarán no momento do seu         abundancia e posterior xestión como residuo.
     consumo.




                                                             www.sogama.es
GLOSARIO DE TERMOS




     · Biodegradable:                                     · Recollida selectiva:
     Que pode ser descomposto polas bacterias e           Sistema de recollida separada dun
     outros organismos da natureza.                       determinado tipo de residuo susceptible de
                                                          reciclar ou valorizar independentemente do
     · Cinza:                                             resto.
     Residuo pulverulento dunha combustión
     formado polas substancias minerais non               · Residuo perigoso:
     volátiles presentes no combustible.                  Residuo sólido, líquido ou gasoso que conteña
                                                          algunha substancia que pola súa composición,
     · Colector:                                          presentación ou posible mestura ou
     Recipiente de metal ou plástico disposto para o
                                                          combinación poida significar un perigo
     depósito de residuos e a súa recollida.
                                                          presente ou futuro, directo ou indirecto, para a
     · Escouras:                                          saúde humana e o entorno.
     Referido á incineración de residuos, son os
     residuos sólidos (pedras, vidros, cerámica...)
                                                          · Retornable:
                                                          Que se pode volver a levar ao sitio de onde
     que non arden na caldeira.
                                                          saíu.
     · Foso:                                              · Tratamento de residuos:
     Concavidade ou fondura que serve de almacén
                                                          Operación ou conxunto de operacións de
     temporal dos residuos procedentes da bolsa
                                                          cambio das características físicas, químicas ou
     negra.
                                                          biolóxicas dun residuo para reducir ou
     · Hábito:                                            neutralizar as substancias perigosas que
     Acción que se realiza de xeito regular e por         contén, recuperar materias ou substancias
     costume, normalmente pola frecuente                  valorizables, facilitar o uso como fonte de
     repetición da mesma.                                 enerxía ou favorecer a súa eliminación.

     · Materiais férricos e materiais alumínicos:         · Valorización:
     Son aqueles nos que o ferro ou o aluminio            Considérase o procedemento que permite o
     constitúen o seu elemento principal, podendo         aproveitamento dos recursos contidos nos
     presentar ademais outros elementos.                  residuos sen poñer en perigo a saúde humana
                                                          e sen empregar métodos que poidan causar
     · Materia orgánica:                                  dano ao medio ambiente.
     En relación cos residuos, restos de alimentos
     de orixe animal ou vexetal facilmente                · Vertedoiro:
     fermentables e susceptibles de compostar, é          Lugar final de disposición dos residuos, ao cal
     dicir, de transformar en abono natural.              só deberían chegar residuos que non puideran
                                                          ser reutilizados, reciclados ou valorizados.
     · Medio ambiente:
     Conxunto de circunstancias físicas, culturais,       · Xestión de residuos:
     económicas e sociais nas que vive unha persoa        Conxunto de operacións encamiñadas a dar
     ou unha poboación.                                   aos residuos xerados o destino global máis
                                                          adecuado desde a dimensión ambiental,
                                                          económica e social. Comprende as operacións
                                                          de depósito previo, recollida, transporte,
                                                          almacenamento temporal, aproveitamento,
                                                          valorización e eliminación.




                                                       www.sogama.es
RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA



     As principais indicacións que debedes ter en         Ademais:
     conta á hora de visitar as instalacións de
     Sogama son as seguintes:                             · O condutor do autobús debe aparcar o
                                                          vehículo fronte ás oficinas do Complexo, sen
     · Traede calzado pechado, senón non                  molestar ao tránsito doutros vehículos. No
     poderiades acceder ás mesmas.                        recinto do Complexo, o autobús non pode
                                                          circular a máis de 30 km/h.
     · Apagade os móbiles, pódense deteriorar.
                                                          · Non está permitido fumar na visita ás
     · No percorrido polas instalacións non podedes
                                                          instalacións
     comer, nin beber, nin fumar.
                                                          · En caso de que algunha persoa portase
     · Seguide en todo momento as instrucións dos
                                                          marcapasos e/ou aparatos similares, ten que
     guías de Sogama.
                                                          comunicarllo ao guía da visita antes do inicio
     · Daránsevos medidas de protección, que tedes        desta e seguir as súas indicacións.
     que empregar e devolver en bo estado. Nas
     instalacións é obrigatorio o uso de casco e
     chaleco, agás dentro do autobús.

     · Se no percorrido vos perdedes e desligades
     do grupo, comunicádeo ao primeiro traballador
     que encontredes.

     · Non toquedes/manipuledes ningún obxecto
     das instalacións. Está prohibido tocar residuos
     ou sacar estes fóra do Complexo.

     · Non toquedes nin vos acheguedes a equipos
     e vehículos en movemento.

     · Non vos situedes baixo cargas suspendidas.




                                                       www.sogama.es

More Related Content

Similar to Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)

Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Que (non) é A21EG
Que (non) é A21EGQue (non) é A21EG
Que (non) é A21EGFende Testas
 
Presentacion ABALAR OFICIAL
 Presentacion ABALAR OFICIAL Presentacion ABALAR OFICIAL
Presentacion ABALAR OFICIALEDEVN
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficialLuis Miguel
 
Presentacion abalar ies xilgueiro
 Presentacion abalar ies xilgueiro Presentacion abalar ies xilgueiro
Presentacion abalar ies xilgueirojaimerodal
 
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalarIntegración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalarceipirmansvillar
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficialjaimerodal
 
Presentacion Proxecto Abalar
 Presentacion Proxecto Abalar Presentacion Proxecto Abalar
Presentacion Proxecto AbalarMiguel Varela
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaEncarna Lago
 
Plan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónPlan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónmmbarros
 
Presentación proxecto abalar
Presentación proxecto abalarPresentación proxecto abalar
Presentación proxecto abalarjlopez766
 
Guía didáctica recíclate con sogama (1)
Guía didáctica recíclate con sogama (1)Guía didáctica recíclate con sogama (1)
Guía didáctica recíclate con sogama (1)ceipcoiron
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 

Similar to Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010) (20)

Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Visita a SOGAMA
Visita a SOGAMAVisita a SOGAMA
Visita a SOGAMA
 
Que (non) é A21EG
Que (non) é A21EGQue (non) é A21EG
Que (non) é A21EG
 
Presentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais AmbientePresentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais Ambiente
 
Presentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais AmbientePresentacion Mais Ambiente
Presentacion Mais Ambiente
 
Presentacion ABALAR OFICIAL
 Presentacion ABALAR OFICIAL Presentacion ABALAR OFICIAL
Presentacion ABALAR OFICIAL
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficial
 
Presentacion abalar ies xilgueiro
 Presentacion abalar ies xilgueiro Presentacion abalar ies xilgueiro
Presentacion abalar ies xilgueiro
 
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalarIntegración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
Integración das tic abalar-20100308 presentacion-abalar
 
Presentacion Espazo Abalar
 Presentacion Espazo Abalar Presentacion Espazo Abalar
Presentacion Espazo Abalar
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficial
 
Presentacion abalar_oficial
 Presentacion abalar_oficial Presentacion abalar_oficial
Presentacion abalar_oficial
 
Presentacion Proxecto Abalar
 Presentacion Proxecto Abalar Presentacion Proxecto Abalar
Presentacion Proxecto Abalar
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
Plan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organizaciónPlan proxecta parte 3 organización
Plan proxecta parte 3 organización
 
Presentación proxecto abalar
Presentación proxecto abalarPresentación proxecto abalar
Presentación proxecto abalar
 
Guía didáctica recíclate con sogama (1)
Guía didáctica recíclate con sogama (1)Guía didáctica recíclate con sogama (1)
Guía didáctica recíclate con sogama (1)
 
PAT ESCRBCG
PAT ESCRBCGPAT ESCRBCG
PAT ESCRBCG
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 

More from Educación Medioambiental Sogama (6)

Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010Libro receitas sobras comida def nov 2010
Libro receitas sobras comida def nov 2010
 
Os bolechas
Os bolechasOs bolechas
Os bolechas
 
Conto limpiña, a praia máis bonitiña
Conto limpiña, a praia máis bonitiñaConto limpiña, a praia máis bonitiña
Conto limpiña, a praia máis bonitiña
 
Conto da papeleira feliz
Conto da papeleira felizConto da papeleira feliz
Conto da papeleira feliz
 
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
Presentación Sogama Escolares ESO (2010)
 
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anosPresentación Sogama escolares 9-11 anos
Presentación Sogama escolares 9-11 anos
 

Guía didáctica reciclaxe Educación Secundaria (2010)

  • 1. GUÍA DIDÁCTICA ESO EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA VISITAS ÁS INSTALACIÓNS DE SOGAMA www.sogama.es
  • 2. ÍNDICE INTRODUCIÓN PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS 3 A QUEN VAI DIRIXIDA 4 METODOLOXÍA 4 SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN 4 AVALIACIÓN 4 CONTIDOS CONCEPTOS BÁSICOS 5 MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO DE RESIDUOS EN GALICIA 7 MODELO SOGAMA 8 REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA 9 COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA 10 RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS 11 MATERIAIS E RECURSOS 12 ACTIVIDADES ACTIVIDADES 1-2-3 13-14 GLOSARIO DE TERMOS 15 RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA 16 www.sogama.es
  • 3. INTRODUCCIÓN PRESENTACIÓN O aumento do nivel de vida e o cambio nos nosos hábitos de consumo constitúen unha ameaza para o medio ambiente, especialmente no eido do esgotamento de recursos naturais e na elevada xeración de residuos. Un dos maiores retos actuais é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e tornar a tendencia crecente dos últimos anos. A estratexia das tres erres (Reducir, Reutilizar e Reciclar) resulta neste sentido fundamental. A Sociedade Galega do Medio Ambiente (en diante SOGAMA) é unha empresa pública autonómica que xestiona e trata a maior parte dos residuos domésticos producidos en Galicia. A finalidade básica da guía é dar unha formación previa aos escolares de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) antes da súa OBXECTIVOS PERSEGUIDOS visita a SOGAMA, tanto no relativo á xestión dos residuos urbanos como no funcionamento Os obxectivos específicos desta guía didáctica do Complexo Medioambiental de Cerceda e da son os seguintes: rede de Plantas de Transferencia. - Contribuír ao coñecemento e sensibilización do alumnado en materia de residuos. - Orientar aos alumnos e alumnas cara a actitudes persoais máis positivas e correctas no referente á xestión dos residuos. - Contribuír a aumentar os coñecementos dos escolares sobre as instalacións de SOGAMA e o traballo que nelas se realiza. - Concienciar ao alumnado sobre a importancia do consumo responsable, a redución da produción de lixo e a recollida selectiva, fomentando hábitos de selección de residuos en orixe e depósito correcto dos mesmos nos diferentes colectores. www.sogama.es
  • 4. INTRODUCCIÓN A QUEN VAI DIRIXIDA SECUENCIACIÓN E TEMPO DE REALIZACIÓN Os contidos da guía están dirixidos ao A guía didáctica presenta unha sinxela alumnado que cursa a ESO. estrutura onde se introducen diversos contidos tales como conceptos básicos de residuos, A guía ofrece ao equipo docente material para modelos de xestión de residuos urbanos a formación básica dos estudantes, tanto en existentes en Galicia e operativa do Complexo conceptos xerais de residuos como na xestión Medioambiental de Cerceda e da rede de dos mesmos acometida por SOGAMA. Débese Plantas de Transferencia. A primeira etapa, de ter en conta que esta guía didáctica e a lectura comprensiva, levarase a cabo no temática que aborda, dado o seu carácter horario dunha clase (50 minutos); mentres a transversal, pode ser tratada en calquera área segunda etapa, de actividades orientadas ao do currículo formativo, polo que sería afianzamento dos conceptos adquiridos polo interesante a implicación de todo o alumnado, realizarase no tempo equivalente a profesorado. outra clase (50 minutos). É importante tamén mencionar que a formación en canto á axeitada xestión de AVALIACIÓN residuos non é unha cuestión específica da escola, polo que a información e participación A través das actividades propostas, o do ámbito familiar será de gran apoio para que profesorado poderá avaliar os coñecementos os escolares interioricen as boas prácticas cos que contan os alumnos en materia de medioambientais. xestión e tratamento de residuos por parte de SOGAMA. METODOLOXÍA A presente guía está deseñada e enfocada cara a formación previa do alumnado antes da visita á infraestrutura industrial de Sogama. O emprego da mesma permitirá que os escolares afiancen coñecementos básicos sobre os residuos e a súa axeitada separación, así como sobre o labor de Sogama. A guía débese abordar mediante unha lectura comprensiva da mesma na que participen profesor e alumnos, constituíndose no primeiro achegamento ás instalacións desta entidade pública. A realización das actividades propostas na última parte deste documento servirá para asimilar e relacionar a información aportada. www.sogama.es
  • 5. CONTIDOS CONCEPTOS BÁSICOS ¿Cantos residuos urbanos se producen e de que están compostos? ¿Que é SOGAMA? O aumento do nivel de vida e as prácticas de SOGAMA é unha empresa pública autonómica, consumo vinculadas á adquisición de produtos creada no ano 1992 e participada nun 51% pola de “usar e tirar” supuxeron a transformación Xunta de Galicia e no 49% restante polo grupo dos hábitos de comportamento da poboación, Gas Natural. sen ter en conta a repercusión sobre o medio ambiente (contaminación, esgotamento de A prioridade de SOGAMA é a xestión e o recursos naturais...), dando lugar a tratamento sostibles dos residuos urbanos modificacións na xeración e composición dos producidos en Galicia. residuos urbanos. SOGAMA participa tamén en actividades Segundo o novo Plan de Xestión de Residuos destinadas á protección e conservación do Urbanos de Galicia 2010-2020 (en exposición medio ambiente en xeral. pública), en Galicia xéranse 1,216 quilogramos de residuos urbanos por habitante e día, o que ¿Que son os residuos? supón que cada un de nós orixina unha media de 444 quilogramos ao ano de residuos. Un residuo é “calquera substancia ou obxecto do que o seu posuidor se desprenda ou teña a A composición media dos residuos urbanos en intención ou obriga de desprenderse”. Galicia, segundo o citado Plan, é a reflectida no seguinte gráfico. ¿Que son os residuos urbanos? Os residuos urbanos son “aqueles xerados nos domicilios particulares, comercios, oficinas e OUTROS FRACCIÓN ORGÁNICA servizos, así como todos aqueles que non 15,43% 41,63% teñan a cualificación de perigosos e que, pola VOLUMINOSOS súa natureza ou composición, sexan 4,22% asimilables aos producidos nos anteriores VIDRO 6,35% lugares ou actividades”. Teñen tamén a consideración de residuos urbanos os seguintes: PAPEL E CARTÓN 17,65% · Os residuos procedentes da limpeza de vías ENVASES LIXEIROS públicas, zonas verdes, áreas recreativas e 14,72% praias. · Animais domésticos mortos, así como mobles, utensilios e vehículos abandonados. · Residuos e escombros procedentes de obras menores de construción e reparación domiciliaria. www.sogama.es
  • 6. CONTIDOS Os “tres erres” Un dos maiores retos que existen na actualidade é atopar unha solución á acumulación e eliminación dos residuos, para deter e cambiar a tendencia crecente dos últimos anos caracterizada pola excesiva produción dos mesmos. O principal instrumento neste sentido é a aplicación da estratexia dos “3 erres”: - REDUCIR: implica cambiar a conduta cotiá para xerar unha menor cantidade de lixo. Debemos adoptar hábitos de “non desperdicio”, incrementando o emprego de envases retornables, rexeitando as bolsas plásticas da compra non biodegradables, evitando produtos de usar e tirar... - REUTILIZAR: consiste en empregar as cousas en varias ocasións tentando darlles a máxima utilidade antes de convertelas nun residuo. Hai obxectos que poden ser empregados por outras persoas (libros, roupa...), e outros teñen usos alternativos (botellas, tarros, caixas de cartón...), o que supón utilizalas para usos non previstos nun primeiro momento. - RECICLAR: significa aproveitar os materiais contidos nos residuos para fabricar novos produtos, contribuíndo deste xeito á preservación dos recursos naturais e ao aforro do consumo de auga e enerxía. A reciclaxe dos residuos urbanos precisa da colaboración previa dos cidadáns nos mecanismos de recollida selectiva, separándoos por tipoloxías e depositándoos nos diferentes colectores. SOGAMA engade un cuarto “R”, que é a Recuperación enerxética da parte non reciclable dos residuos, permitindo transformala, dunha forma limpa e respectuosa co medio ambiente, en enerxía eléctrica. Planta Termoeléctrica www.sogama.es
  • 7. CONTIDOS MODELOS DE XESTIÓN E TRATAMENTO Neste modelo, os envases lixeiros sepáranse para enviar aos centros recicladores, e os DE RESIDUOS EN GALICIA residuos que non poden ser reciclados aprovéitanse para xerar enerxía eléctrica O sistema de xestión e tratamento de residuos renovable (valorización enerxética). urbanos maioritario en Galicia é o modelo SOGAMA, asociado ao Complexo En Galicia existen ademais outras dúas plantas Medioambiental de Cerceda e á rede de de tratamento que están orientadas a un Plantas de Transferencia distribuídas polo modelo de recollida diferenciada de residuos conxunto do territorio galego. A este sistema orgánicos e residuos inorgánicos. Trátase das están adheridos 294 concellos galegos, que plantas de: supoñen arredor do 82% dos residuos urbanos producidos na nosa Comunidade. · Nostián, que xestiona os residuos urbanos da cidade de A Coruña e área metropolitana Este modelo supón a recollida diferenciada dos (Consorcio de As Mariñas), aglutinando a un envases lixeiros (colector amarelo) e da total de 9 concellos. fracción resto (colector xenérico), a maiores da recollida selectiva doutros materiais (envases · Lousame, que xestiona os residuos urbanos de vidro, papel e cartón, pilas, voluminosos...). de 9 concellos que constitúen a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza. 1· Modelo SOGAMA 2· Modelo Nostián 3· Modelo Lousame www.sogama.es
  • 8. CONTIDOS MODELO SOGAMA Os concellos participantes no modelo SOGAMA dispoñen de distintos colectores para a recollida selectiva: COLECTORES RESIDUOS CONDICIÓNS DE DEPÓSITO ENVASES DE VIDRO Sen tapóns, cortizas ou tapas - Botellas de vidro Non depositar lámpadas, espellos, - Tarros e frascos de vidro cristais de ventás, louza ou vasos Colector vidro PAPEL E CARTÓN - Envases / caixas de cartón Sen bolsas de plástico - Bolsas de papel Sen papeis ou cartóns sucios - Papel de envolver limpo Sen grapas, espirais... - Follas, xornais, revistas, cadernos... Colector papel/cartón ENVASES LIXEIROS Non depositar residuos que non sexan - Botellas e botes de plástico envases (bolígrafos, xoguetes...) - Envoltorios de plástico ou aluminio nin envases de residuos industriais, - Latas de conserva e bebida hospitalarios ou perigosos (botes de - Briks de zume, leite... pintura, medicamentos, latas de - Bandexas de porexpan ou cortiza branca aceites de coche.) Colector amarelo RESTO - Residuos orgánicos Non depositar materiais que dispoñen - Cueiros, compresas ou papeis sucios dun proceso de recollida selectiva - Outros residuos sen un proceso nin residuos voluminosos de recollida selectiva Colector xenérico Os residuos que os cidadáns depositan nos tren ou camión, e en axeitadas condicións colectores habilitados na vía pública son hixiénicas e de seguridade, ao Complexo recollidos de xeito separado polos propios Medioambiental de Cerceda. concellos ou empresas designadas, transportando os envases de vidro e o papel e Ademais dos colectores instalados na rúa, cartón directamente aos centros de reciclaxe. moitos dos Concellos contan cunhas instalacións chamadas “puntos limpos”, nas Os residuos dos colectores amarelos e cales os cidadáns poden depositar residuos xenéricos (estes últimos habitualmente de cor que precisan dunha xestión específica, ben verde) trasládanse por parte dos servizos de polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou recollida municipal á planta de transferencia pola súa composición (pilas, fluorescentes, máis próxima, onde se traspasan a colectores aceites, disolventes e outros residuos de maior capacidade para desprazalos, por perigosos). www.sogama.es
  • 9. CONTIDOS REDE DE PLANTAS DE TRANSFERENCIA Actualmente, o territorio galego conta con 37 plantas de transferencias, das cales un total de 20 están baixo a titularidade de SOGAMA. As plantas de transferencia son instalacións de funcionamento moi sinxelo. A súa operación realízase en catro fases: Fase I: O camión de recollida domiciliaria Fase II: Unha vez situado na posición correcta, accede ao recinto e, despois de ser pesado, realiza a descarga dos residuos sobre a tolva. sobe ata un andar superior. Fase III: Un sinxelo émbolo introduce os RU no Fase IV: Finalizada a descarga a instalación colector, sen empacamento nin apertura de queda pechada esperando a chegada do bolsas ou calquera outra manipulación. seguinte camión de recollida. www.sogama.es
  • 10. CONTIDOS COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE CERCEDA O Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda ten unha capacidade de tratamento de entre 500.000 e 550.000 toneladas de residuos ao ano, contando -entre outras- coas seguintes instalacións: · Planta automatizada de clasificación de · Planta Termoeléctrica: envases lixeiros: Nesta instalación aprovéitase o CDR obtido É a única instalación do Complexo onde se para a xeración de enerxía eléctrica. A xestiona a bolsa amarela. Os residuos tecnoloxía empregada é de alta eficiencia e procedentes dos colectores amarelos (bolsa garante que os niveis de emisión á atmosfera amarela) descárganse e son clasificados estean moi por debaixo dos límites legais, mecanicamente segundo os diferentes tipos de garantindo un proceso totalmente respectuoso materiais: aluminio, ferro, briks e os diferentes co medio ambiente e a saúde das persoas. plásticos. Unha vez separados, pasan pola inspección dos traballadores para corrixir Esta instalación conta cunha potencia posibles erros, sendo inmediatamente instalada de 50 MW, e produce enerxía prensados e embalados para remitir aos eléctrica suficiente para abastecer 100.000 centros de reciclado. vivendas. · Planta de Elaboración de Combustible Ademais, o Complexo conta cunha serie de Derivado de Residuos: instalacións auxiliares como a planta de É onde se reciben os residuos depositados coxeración, as balsas de pluviais, tres pola cidadanía nos colectores xenéricos (bolsa depuradoras, un depósito controlado para as negra), introducíndoos nuns fosos de grandes cinzas resultantes da valorización enerxética, e dimensións. Aquí, tras separar mecanicamente outro depósito para as escouras. os metais (ferro e aluminio), comeza un proceso de acondicionamento (triturado e secado) dos residuos non reciclables para convertelos nun combustible, o Combustible Derivado de Residuos (CDR), que se emprega despois na Planta Termoeléctrica. www.sogama.es
  • 11. CONTIDOS RECICLAXE DOS ENVASES LIXEIROS Para acadar unha boa reciclaxe dos envases O plástico é un material altamente reciclable, lixeiros (bolsa amarela) é moi importante a permitindo un aforro considerable de petróleo, correcta separación en orixe, pois o proceso de aínda que non todos os plásticos son iguais. Na reciclaxe realízase segundo os distintos tipos seguinte táboa recóllense os principais tipos de materiais. de plástico de uso doméstico e os seus usos. PRINCIPAIS TIPOS DE PLÁSTICO DE USO DOMÉSTICO SÍMBOLO DENOMINACIÓN OBXECTOS ORIXINAIS OBXECTOS RECICLADOS Sacos de durmir, anoraks, 1 Botellas de Polietileno Tereftalato alfombras, caixas, bebidas carbónicas solas de zapatos... PET Sacos industriais, 2 Produtos de limpeza Polietileno de Alta Densidade envases de deterxentes, e envases de cosméticos cubos, bidóns... PEAD Botellas de produtos de 3 Canalizacións, fibras, Policloruro de vinilo limpeza, xampú, aceites, solas e perfís... embalaxes... PVC 4 Polietileno Bolsas, películas, Bolsas para o lixo, de Baixa Densidade sacos, bidóns... canalizacións de rego, perfís... PEBD 5 Polipropileno Tapóns Caixas PP 6 Poliestireno Vasos, tarros e embalaxe Bandexas, papeleiras PS O aceiro e o aluminio, que conteñen os Os briks son envases formados por unha envases metálicos, son materiais reciclables lámina múltiple que pode combinar tres tipos polo que se envían aos centros recicladores de materiais (plástico, cartón e aluminio) e que onde se transforman en materia prima. O se poden aproveitar conxuntamente (para a aproveitamento destes metais é amplo e deles fabricación de aglomerado para mobiliario) ou pódense obter tubos de escape, bombonas de de forma separada (aproveitando o cartón para gas, estantes, novas latas, parafusos, fabricar bolsas, sacos e cartón ondulado). bicicletas, motores... www.sogama.es
  • 12. CONTIDOS MATERIAIS E RECURSOS Nos seguintes enlaces pódese ampliar a información tratada na presente guía: www.sogama.es http://sirga.medioambiente.xunta.es www.ecoembes.com www.ecovidrio.com www.ecopilas.es www.marm.es www.sigre.es www.sogarisa.es/ Únete á rede social de Sogama no eido da educación ambiental. Interésanos a túa opinión. Apúntate aquí. www.sogama.es
  • 13. ACTIVIDADES ACTIVIDADE 1 Nome da actividade: Revisando o barrio Lugar de realización: Contorno do alumno Explicación da actividade: ¿Reparaches algunha vez na cantidade e variedade de medios que son necesarios para recoller o noso lixo? Na clase comentaredes o atopado por cada un, ¿E na mala utilización que se fai deles? analizando a situación. ¿Son moitos medios? ¿Utilízaos todo o mundo? ¿Cantos colectores diferentes Fai un esquema das rúas que hai en torno á túa casa atopáchedes? no teu caderno. Mentres camiñas por elas, sitúa no plano cada un dos elementos relacionados cos Facede unha recompilación das novas que aparezan residuos que atopes. Ademais, anota nunha lista que nos xornais relacionadas cos residuos. ¿Cales son as residuos atopas fóra dos colectores ou tirados polo problemáticas detectadas? chan ASPECTO CANTIDADE Papeleiras Colectores amarelos Colectores xenéricos Colectores azuis Colectores verdes tipo iglú Outros colectores Lixo fora dos colectores Lixo no chan Vertedoiros incontrolados Traballadores do servizo de limpeza Camións de recollida ... www.sogama.es
  • 14. ACTIVIDADES ACTIVIDADE 2 Nome da actividade: ¿Cal é a vida dos residuos? Lugar de realización: Aula Explicación da actividade: ¿Por que son un problema os residuos? ¿Sabes o Deixade as caixas nalgún lugar da aula durante polo que é un residuo biodegradable? ¿Canto tarda un menos un mes. Pasado este tempo, desenterrade os plástico en degradarse dende que o tiras? ¿E un residuos para comprobar o seu estado e comparalos papel? co momento no que foron enterrados. Preparade coa axuda do profesor unhas caixas de ¿Por que se transforman de xeito diferente? zapatos ou macetas cheas de terra húmida. Deixádeos algún tempo máis para avaliar a súa Enterrade en cada unha un residuo diferente: un evolución. envase de iogur plástico, unha monda de plátano, a folla dunha revista, un tarro de vidro e unha lata de Finalmente, buscade en internet o tempo que precisa refresco. Podedes fotografar os residuos antes de cada un dos residuos enterrados para degradarse enterralos. completamente. ACTIVIDADE 3 Nome da actividade: Lugar de realización: Consumimos residuos Casa e aula Explicación da actividade: Facede unha posta en común cos datos de toda a Como puideches comprobar, debido ao noso cambio clase. ¿Cantos envases dos que mercaches eran de vida e de hábitos de consumo cada vez xeramos realmente necesarios? ¿Cales son os materiais máis máis residuos. ¿Cales cres que son os residuos que habituais? ¿Son biodegradables ou de longa máis xeramos? ¿Cal é a causa? descomposición? ¿Que podes facer para evitar eses residuos? ¿Cales son as materias primas? Acompaña ós teus pais a facer a compra. Ao chegar á casa e sacar as cousas das bolsas, anota para A partir do anterior, fai unha redacción na que cada produto: expoñas a problemática que supón o consumo de -Os residuos que se xeran nada máis chegar á casa. envases, tanto pola súa fabricación como pola súa -Outros residuos que se xerarán no momento do seu abundancia e posterior xestión como residuo. consumo. www.sogama.es
  • 15. GLOSARIO DE TERMOS · Biodegradable: · Recollida selectiva: Que pode ser descomposto polas bacterias e Sistema de recollida separada dun outros organismos da natureza. determinado tipo de residuo susceptible de reciclar ou valorizar independentemente do · Cinza: resto. Residuo pulverulento dunha combustión formado polas substancias minerais non · Residuo perigoso: volátiles presentes no combustible. Residuo sólido, líquido ou gasoso que conteña algunha substancia que pola súa composición, · Colector: presentación ou posible mestura ou Recipiente de metal ou plástico disposto para o combinación poida significar un perigo depósito de residuos e a súa recollida. presente ou futuro, directo ou indirecto, para a · Escouras: saúde humana e o entorno. Referido á incineración de residuos, son os residuos sólidos (pedras, vidros, cerámica...) · Retornable: Que se pode volver a levar ao sitio de onde que non arden na caldeira. saíu. · Foso: · Tratamento de residuos: Concavidade ou fondura que serve de almacén Operación ou conxunto de operacións de temporal dos residuos procedentes da bolsa cambio das características físicas, químicas ou negra. biolóxicas dun residuo para reducir ou · Hábito: neutralizar as substancias perigosas que Acción que se realiza de xeito regular e por contén, recuperar materias ou substancias costume, normalmente pola frecuente valorizables, facilitar o uso como fonte de repetición da mesma. enerxía ou favorecer a súa eliminación. · Materiais férricos e materiais alumínicos: · Valorización: Son aqueles nos que o ferro ou o aluminio Considérase o procedemento que permite o constitúen o seu elemento principal, podendo aproveitamento dos recursos contidos nos presentar ademais outros elementos. residuos sen poñer en perigo a saúde humana e sen empregar métodos que poidan causar · Materia orgánica: dano ao medio ambiente. En relación cos residuos, restos de alimentos de orixe animal ou vexetal facilmente · Vertedoiro: fermentables e susceptibles de compostar, é Lugar final de disposición dos residuos, ao cal dicir, de transformar en abono natural. só deberían chegar residuos que non puideran ser reutilizados, reciclados ou valorizados. · Medio ambiente: Conxunto de circunstancias físicas, culturais, · Xestión de residuos: económicas e sociais nas que vive unha persoa Conxunto de operacións encamiñadas a dar ou unha poboación. aos residuos xerados o destino global máis adecuado desde a dimensión ambiental, económica e social. Comprende as operacións de depósito previo, recollida, transporte, almacenamento temporal, aproveitamento, valorización e eliminación. www.sogama.es
  • 16. RECOMENDACIÓNS PARA VISITAR SOGAMA As principais indicacións que debedes ter en Ademais: conta á hora de visitar as instalacións de Sogama son as seguintes: · O condutor do autobús debe aparcar o vehículo fronte ás oficinas do Complexo, sen · Traede calzado pechado, senón non molestar ao tránsito doutros vehículos. No poderiades acceder ás mesmas. recinto do Complexo, o autobús non pode circular a máis de 30 km/h. · Apagade os móbiles, pódense deteriorar. · Non está permitido fumar na visita ás · No percorrido polas instalacións non podedes instalacións comer, nin beber, nin fumar. · En caso de que algunha persoa portase · Seguide en todo momento as instrucións dos marcapasos e/ou aparatos similares, ten que guías de Sogama. comunicarllo ao guía da visita antes do inicio · Daránsevos medidas de protección, que tedes desta e seguir as súas indicacións. que empregar e devolver en bo estado. Nas instalacións é obrigatorio o uso de casco e chaleco, agás dentro do autobús. · Se no percorrido vos perdedes e desligades do grupo, comunicádeo ao primeiro traballador que encontredes. · Non toquedes/manipuledes ningún obxecto das instalacións. Está prohibido tocar residuos ou sacar estes fóra do Complexo. · Non toquedes nin vos acheguedes a equipos e vehículos en movemento. · Non vos situedes baixo cargas suspendidas. www.sogama.es