2. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA
NORMAS XERAIS:
A biblioteca é un lugar para ler, traballar, aprender, investigar, xogar
e gozar. Pero é necesario cumprir unhas normas de comportamento
axeitadas ao lugar no que te atopas.
- Debes permanecer en silencio ou falar en voz baixiña para
non molestar aos demais.
- Queda totalmente prohibido comer e beber na biblioteca.
- Podes acudir a biblioteca no horario establecido para a túa
aula e nos recreos, ata completar un máximo de 25
alumnos/as.
- Se decides acudir a biblioteca no recreo, primeiro deberás
baixar ao patio a merendar. O mestre de garda da biblioteca
recollera no patio aos alumnos que desexen subir, para facelo
de forma ordenada. Se decides saír da biblioteca e baixar ao
patio, non poderás volver a subir.
- Se colles un libro dos andeis emprega un marcador para
lembrar de onde o sacaches. Cando acabes de consultalo
devolve o libro ao seu sitio. Se non sabes onde debes
colocalo, pide axuda a un encargado/a de biblioteca ou déixao
no caixón de devolucións.
- Coida os libros e todo o material da biblioteca. Así todos
poderemos gozar deles.
- Se atopas algún libro deteriorado ou roto déixao no Hospital
de Libroreta para que poidamos arranxalo.
3. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA
EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS DE LIBROS:
- O alumnado de Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria terán
un día e unha hora do seu horario semanal para o empréstito
de libros da Biblioteca. O titor/a organizará ao seu grupo para
facer o préstamo de forma ordenada.
- O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria farán o préstamo
de libros na hora do recreo (excepto os luns) e de forma
completamente voluntaria. Cada neno poderá cambiar de libro
cando o desexe respectando os prazos establecidos.
- Podes levar un só libro de cada vez. A duración de cada
préstamo será de 1 semana como máximo.
- Cando remate o período de préstamo tes que devolver o libro.
Se non o remataches de ler, debes presentalo igual a
mestra/e de biblioteca e ampliar o prazo de préstamo outra
semana máis se queres. Pasadas as dúas semanas é
obrigatorio devolver o libro de forma definitiva para que outros
nenos/as poidan collelo.
- As revistas non se prestan. Só podes consultalas na
biblioteca.
- Se non devolves o libro no prazo correspondente serás
sancionado sen poder coller máis libros ata que o devolvas.
- Cando leves un libro comprométeste a devolvelo en perfecto
estado. Se deterioras ou perdes un libro deberás de repoñelo
mercando outro igual. Se non fose posible por tratarse dun
libro antigo, mandaráseche mercar un de similares
características e valor.
- Se non cumpres estas normas quedarás eliminado do servizo
de préstamo da biblioteca.
4. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA
USO DOS ORDENADORES DA BIBLIOTECA
Na Biblioteca existen catro ordenadores para o uso do alumnado.
Neles poderás:
- Buscar e consultar información.
- Facer os teus traballos e gardalos nunha memoria externa
USB (pen drive). As memorias USB soamente poderás
empregalas nos ordenadores 1 e 2.
- Acceder a prensa dixital a través do blogue da biblioteca:
orecunchodelibroreta.blogspot.com.es
Toda a información que desexes gardar deberás facelo nunha
memoria externa USB (pen drive).
Os alumnos que precisen os ordenadores para facer as anteriores
tarefas terán preferencia no seu uso.
Queda totalmente prohibido:
- Facer descargas ( xogos, programas, música, vídeos, …).
- Consultar o correo electrónico.
- Acceder a redes sociais (Facebook, tuenti…).
Se queres xogar, só podes facelo cos xogos educativos incluídos no
blogue da biblioteca: http://orecunchodelibroreta.blogspot.com.es.
Se non cumpres as normas terás prohibido o acceso aos
ordenadores.
5. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA
USO DOS XOGOS DE MESA:
Podes facer uso dos xogos de mesa da biblioteca, pero sempre
mantendo un comportamento axeitado ao lugar onde estas. Lembra
que se falas debes facelo en voz baixiña para non molestar.
Cando remates de usalos debes recollelos na súa caixa e colocalos
no seu sitio igual que os atopaches.
USO DA BIBLIOTECA POLAS TARDES
Podes acudir a Biblioteca do cole polas tardes (excepto os
martes) en horario de 15:45h a 17:15h.
Nese horario podes:
- Facer consultas e buscar información nos libros ou nos
ordenadores.
Non podes:
- Vir a xogar nin a facer servizo de préstamo de libros.
Os alumnos de educación infantil deberán estar acompañados dun
dos seus pais ou titores legais.
CLUBE DE LECTURA:
O Clube de Lectura está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Ed.
Primaria. A participación nel ten carácter voluntario.
Levarase a cabo os luns en horario de 12:00h a 12:35h (Hora do
recreo mais a Hora de ler). Será coordinado pola profe Lorena.