1. Escribe verdadeiro ou falso:
A sociedade galega nos primeiros anos do século XX seguía tendo moita emigración.
As Irmandades da Fala nacen cunha clara intención, a recuperación do idioma galego.
No 1936 fundouse o Partido Galeguista.
O primeiro libro de poesía publicado despois da Guerra Civil A gaita gallega de
Vicente Turnes.
O Partido Galeguista consegue a aprobación do Estatuto de Autonomía.
As Irmandades promoveron a elaboración de dicionarios e gramáticas xunto con
estudos lingüísticos.
O Estatuto de Autonomía non chegou a aplicarse por mor da Guerra Civil.
Castelao é un dos autores máis representativos do vangardismo en Galicia.