SlideShare a Scribd company logo
1 of 24
MICRORRELATOS, TEMPOS MAIORES
XII EDICIÓN
MICRORRELATOS XII, TEMPOS MAIORES
RELATO CURTO E POESÍA
Biblioiesfranciscoasorey, 2021
Coordina: Atala Paredes
Equipo da biblioteca: Aurora Souto, Rocío Fondevila, Alejandro Nogueira, Inma Castro,
Atala Paredes e a colaboración de Domingo Tabuyo e Sara Vidal
Equipo de Dinamización: Aurora Souto, Alberto Nogueira, Santiago Rey
Portada:
Imprime: Ramón Núñez Castro
Encaderna: Ramón Núñez Castro
Edita:
IES Francisco Asorey
Edicións Do Serrido
Rúa os Cairos, 25
36630 Cambados
Ies.francisco.asorey@edu.xunta.es
Depósito legal: PO 32-2019
PALABRAS ENGURRADAS
Recordo que na miña derradeira viaxe a Xapón contáronme a historia do ancián que vivía
como un ermitán no bosque que está preto do monte Fuji, sen máis compaña que a
natureza e un estanque con oito peixes. Chamábase Komoreli, ou iso era o que dicían as
súas enrugas, pois el comunicábase a través delas.
Os que chegaron a coñecelo, antes de refuxiase na soidade, din que na xuventude era un
home do máis falandeiro, e que coa chegada da vellez, decidiu que xa non tiña máis que
dicir. Así foi como comezou co seu ” voto de silencio”, sen abrir a boca máis que para
suspirar e darlle un sorbo ao té.
Contan que durante os primeiros anos a súa pel non dicía nada, pero que un día, a
natureza decidiu concederlle o don da comunicación cutánea para poderlle recitar algún
poema aos paxaros e saudar a unha velliña que lle traía doces de pexego.
Outros din que Komoreli non era o seu verdadeiro nome, que ese llo puxeran por un día
que mirou cara ás árbores e as súas enrugas formaron esa palabra.
As malas linguas din que ese vello non existe, pero eu creo que si é real. Miña avoa ten nas
meixelas a palabra “bico” escrita…
Paula Hernández Platero 1º Bac B
O AVÓ QUE MIROU CARA ATRÁS
Todo o tempo do mundo. Todo o tempo do mundo tivo aquel avó que agora, sentado no seu
sofá, miraba cara atrás, cara ao pasado. Tempos nos que xogaba cos seus amigos debaixo dos
carballos e onde coñecería o amor que máis tarde lle abriría unha ferida. Eran tempos de
traballo, de esforzo continuo.
O tempo pasara e con el as súas esperanzas. O seu corpo murchara. Os ollos xa non vían. As
mans xa non tocaban.
Non moi lonxe, o mundo comezará a olvidalo. A soidade desaparecerá e regresará aquel
tempo aínda non de todo esquecido.
Xaquín Arenaz Fole, 3º ESO B
VOAR
Madurar é perderse nun reloxo, no sentir e na sabedoría. A nosa historia é o andar dos nosos
maiores que viviron namorados, loitando e soñando. Eles son pombas que saíron das gaiolas
para abrir a xanela dos soños. Eu pido poder seguir o rumbo das súas ás cara a fin dos
tempos. Eu pido madurar sen medos. Eu pido voar.
Lucía Boullosa Álvarez, 3º ESO B
LLUVIA
Comenzó a llover. El agua repitequeaba contra las ventanas, rompiendo el silencio del asilo.
-¿Sabéis que hoy es el día de la Tierra?
Y entonces cerró los ojos y dejó de llover.
-¿Lo oyen? Es el silencio
al día siguiente apareció muerto, su corazón había dejado de latir.
Érika Sineiro, 1º Bac B
Quedáronme tantas cousas por facer…
Non sei cando se esvaecerá o meu último suspiro, pero sei que non tardará .
Teño setenta anos, pero levo desde os sesenta atada á cama, inxerindo cantidades inxentes
de pílulas. E, isto é vida? Porque se o é, non paga a pena.
Carla Núñez Castro, 1º Bac B
E agora só sei que xa non me lembro. Xa non teño respostas, non me saen as palabras para
este mar de preguntas que me fas.
Uxía Sande Vázquez, 1º Bac B
Ela non sabía nin ler nin escribir, mais todas as noites me lía o mesmo conto.
Nerea Arosa Riveiro, 4º ESO A
Tan só cun leve chispazo a pequena liña reapareceu, e con ela, a face alporizada dunha
velliña.
A miña avoa, a miles de quilómetros de min non comprendía o que acontecerá, e eu, non
sabía explicarlle que quedaramos un intre sen wifi. Seica cando vai mal tempo, no hai boa
conexión co ceo.
Noa Rial Domíngez, 4º ESO C
ARROLANDO O MAR
Todo ía facéndose máis e máis pequeno... Os anos non perduran, dicía o meu avó. Eu miraba
o ceo tinguido do azul máis intenso e pensaba. Sentado naquela cadeira gastada polo tempo,
o meu avó semellaba un recén nado. Que tempo traizoeiro, pensaba eu mentres o obervaba.
Vellos retratos e imaxes amarelas cubrían os estantes da súa casa. Eu, co meu dedo, limpaba
o po da ventá que eclipsaba a luz da estancia. Bendito tempo, pensaba eu. Nunca fora quen
de preguntar polo pasado da súa vida, mais semellaba sorprendente e pensaba en qué
estaría el a pensar nese intre. Que sorte a súa!.
Julia Boullosa Álvarez, 3º ESO B
Era un vello velliño que vivía nas montañas. Vivía cos seus animais nunha cabana de madeira.
Non tiña moitos recursos pero era feliz co que tiña. Vivía nun lugar fermoso que tiña un lago,
inmensos montes e moita tranquilidade. Aos pés da montaña había unha pequena aldea
onde o ancián non era moi ben visto, pero a el dáballe igual. Era feliz.
Alba Vázquez Lafuente, 1º ESO A
HISTORIAS OLVIDADAS
Recordo a miña nenez, as flores color turquesa, a miña nai, o meu pai, os campos a carón da
miña casa... Pero o que máis lembro é aquela cara, aquela cara de expresión senlleira, a
intensidade dos seus ollos, o perfil do seu nariz e as verbas que saían da súa boca. Eu sentaba
ao seu carón e escoitaba unha e outra vez o que o meu avó me contaba, momentos terribles
que me alporizaban. Tamén había momentos doces e alegres, pero eu ben sabía que a
escuridade o atormentaba coa precisión dun martelo golpeando na fragua. Eu observaba
tranquilamente as súas cicatrices, a ferida latente na única perna que conservaba. A outra
perna repousaba nalgún val sen nome.
Marcos Boullosa Álvarez, 3º ESO B
QUERIDO ASASINO
59 anos de amor. 59 anos de felicidade. 59 anos de vida. 59 anos de momentos xuntos, de
choros, de agarimos, de enfados, de reconciliacións, de viaxes, de historia. 59 golpes, berros,
medo, angustia. 59 pingas de sangue no chan. Porque me matou, matoume de amor.
Diego Luezas Trigo, 1º Bach B
Relato 1
El era vello, e xa.
Relato 2
El, alegre e sorrinte ao principio. Ninguén se imaxinaría que se
demacraría de tal modo por culpa dela, traizoeira e rastreira,
enguliulle a vida ata arrebatarlla de todo.
Mariña Chaves Rodríguez, 1º Bac B
ÚLTIMA OPORTUNIDADE
Cando viñen visitar os meus fillos non tiña nin idea do que me ía ocorrer. Como pode ser que
unha criatura tan pequena me causara tanta felicidade? Dende o momento no que o vin sentín
a desexo e darlle cariño e de protexelo. O fillo do meu fillo, o meu neto! Isto fixo que me dera
de conta de que xa non son novo e de que quizais sexa a miña última oportunidade de darlle
amor a alguén. Tamén podería ser a derradeira ocasión para, independentemente do que
ocorra, seguir vivindo nos recordos da xente, sobre todo, nas lembranzas do meu máis novo
descendente, o meu neto.
Sabela Padín Baúlo, 1º Bac A
Son as catro da mañá. A maioría da xente xa marchou, pero nós seguimos na pista de baile.
Agarra o meu van con delicadeza e eu paso os dedos polo seu longo pelo dourado. En
momentos coma este é cando me dou de conta de canto a quero e a necesito. As nosas saias
rózanse con cada volta que damos. Rimos xuntas cando alguna tropeza. O baile está
terminando e xa imos ter que marchar. Antes de abandonar o salón, doulle un lixeiro bico
que fai que se ruborice. Despois de sesenta anos xuntas, aínda se sorprende cando lle dou
bicos inesperados.
Uxía Sineiro González, 4º ESO C
Despois de vinte anos eu xa non podía facer nada. Ía descubrir un mundo novo; adeus á miña
familia, non os ía ver máis polo momento…
Carlos Rubín Pérez, 4º ESO C
LEMBRAZAS ESQUECIDAS
E tremía. Tremía recordando o esquecido. Recuperando a dor que os anos ocultaran
paseniñamente. Pasara a vida tapando cun doce, pero falso sorriso aquilo que se obrigaba a
esquecer, para que a dor non se abalanzara sobre el. Ata que comezou a esquecer e o olvido
foino consumindo, como un parasito. Xa non lembraba o nome de quen lle estaba a falar,
mais o pouso da guerra estaba alí, pese a todos os nomes que lle quixeron poner: amnesia
temporal, demencia senil, alzheimer…
Ese era o meu bisavó, ao que miro doutro xeito dende que descifrei o enigma da súa mirada
fría, ollándome dende o leito de morte.
Uxía Gestodo Cancela 1º Bac B
As quedadas coas amigas, as risas coa familia, as rifas cos mozos…Sempre coas ganas de
saber o futuro, e agora, só teño ganas de volver ao pasado.
Nerea Aragunde Pintos, 1º Bac B
Sentei diante del, vendo como cada día se apagaba máis ese brillo que tiña nos seus ollos,
como ía desvanecendo o lume que levaba prendido no seu interior. Vendo como cada vez se
lembraba menos das cousas, ata chegar a non recoñecer á súa familia
Mirian Otero Rodríguez (non puxo curso)
ETERNO
Como nas páxinas dun libro vello, eu pérdome nos laberintos da túa pel.
Como un neno pequeno, eu podería pasar os días contando os teus lunares.
Todos os segredos que agocha o teu sorriso, todas as bágoas que tiveches que sufrir.
Agora dásme ledicia, dásme vida. Dásme recordos cos que sorrir.
Os teus ollos alumean máis que cen estrelas no ceo, porque para min, sempre serás eterno.
Nunca foi fácil despedirse, mais menos fácil foi desprenderme de ti.
Ángela Costa, 2º ESO A
VELLA
Eu son vella. Vella como a terra, como os montes. Como un trapo despois de moito uso.
Xa non son unha moza. As miñas pernas empezan a derrubarse cando subo á miña vella casa.
Os meus brazos non soportan o peso da miña neta no colo, non soportan o peso da vida, o
paso da vida.
Cando era moza, pensaba que era inmortal, indestructible. Percorría os campos de flores
agora murchas como o meu corpo.
A miña avoa é vella. Vella como a terra, como os montes. Coma un templo, que aínda que
forte,o paso do tempo lle augura unha inevitable caída.
O seu corpo é vello, mias o seu espírito continúa xove, ardente.
Xa non é unha moza.
Máis non deixou de vivir, de chorara, de rir.
A miña avoa é vella, si, e moi viva.
Alaitz Otero Gómez 2º ESO A
Un día abrín a porta e sentei ao seu carón. Miroume desconcertado e reproduciu unhas
palabras que se gravaron en min: “E ti, quen es?
Luis Rey Abollo, 4º ESO C
Somos os recordos das nosas vidas. Aqueles que nunca se olvidan. Todas as historias bonitas
coas que nos emocionamos ao contalas. Nunca esqueceremos as lembranzas vividas todos
xuntos. Sen rancores, pero con memoria.
Sara Gallego Cores, 1º ESO C
Érase unha vez un avó, pero non un avó calquera. Para todos, para os seus netos, era
especial; intrépido, aventureiro, valente… O que non sabían os netos é que o tempo corre e
que na maioría dos casos, pasa voando. Dun día para outro, as persoas poden desaparecer.
Iso, Alberto, o avó, sabíao, e por iso quería pasar o maior tempo posible con eles. Un día
decidiu marchar con todos ao monte para mostrarlles o que vivira de pequeno e que seguía
igual de preparado .
Despois daquela experiencia inolvidable, Alberto xa estaba moi agotado e sabía que non lle
quedaba moito tempo de vida, oitenta un anos xa tiña…Pero, era tan forte que seguía vivindo
só pola súa familia. Dixo: “Seguirei vivindo o que necesite para morrer en paz”.
Enol Ruíz Hernández, 1º ESO C
CINZAS NO MAR
Foi nese xusto momento no que pechou os ollos por última vez.
Apaguei a lámpada mentres unha bágoa percorría o meu rostro e saín do cuarto.
A casa inúndarase dunha escuridade e dunha friaxe que xamais sentira. Sentei na cadeira na
que ela adoitaba sentar e deixei correr as horas.
Atrás quedaban meses de sufrimento e unha intensa dor que todos levabamos arrastrando.
Ao día seguinte levaron o corpo. Só eu estaba presente, observando como abandonaba a
casa para xamais volver. A casa quedara muda. Percorrina por última vez e marchei.
Xa só me quedaba unha cousa por facer, cumprir o seu último desexo. Achegueime ao mar,
abrín a urna e deille a volta, deixando que o vento a levara.
Fabio Fraga 2º ESO C
EL
A mediados do século XX, Amanda aínda estaba á espera do seu querido amor, Bartolo.
Na Segunda Guerra Mundial moitos homes da súa vila foran a ela, incluído o seu marido.
Un ano e oito meses levaba mirando cada día pola fiestra esperando volver a ver algún día
aquel fermoso sorriso que lle daba folgos para vivir.
Ángela López, 2º ESO C
2 de abril de 1943: Hoxe comeza a miña travesía no meu querido “Merry 12”. Este
marabilloso barco é herdanza dos meus antepasados.
Vide comigo a percorrer os sete mares.
3 de abril de 1943: Este é o primeiro día no mar desta travesía. Tres arroases viaxan comigo
ao lado do barco. Non queda moito tempo para a noite. Irei descandsar o corpo. O mar é
agotador.
5 de abril de 1943: onte, 4 de abril, non puiden escribir. O mar estaba tan revolto que me
ocupou todo o día manexalo.
6 de abril de 1943: Hoxe atopei catro illas. A número tres é a máis grande. Vouna explorar.
Voume preparar para explorala mañá.
8 de abril de 1943: Onte pasou unha cousa aterradora. O meu barco soltouse e co bater das
olas, o meu barco marchou.
10 de abril de 1943: Necesito volver á miña illa, á illa onde eu nacín chamada “Ruz”.
Fabricarei unhas ás para voar.
Aquí é onde termina o diario de meu pai, aquel que morreu na terceira illa. Eu, de miragre,
encontreino morto cunhas ás e co seu diario un pouco afastado. Morreu desangrado. Unha
morte espantosa e moi violenta.
Ace, así me chamo eu
Se o vello Simbada volvese ás illas
Iris García Rey, 3º ESO A
Despois de moitos anos, a miña avoa mirouse ao espello e decatouse de que xa non era a
mesma. Xa era vella, xa tiña engurras.
Alberto Pérez, 3º ESO A
EL VIEJO Y LA MUERTE
Mis tiempos de felicidad habían acabado. Solo estaba acompañado de la brisa del mar y los
llantos delas olas al romper en las grandes piedras del acantilado. Las noches eran una
agonía. Oscuros recuerdos penetraban en mi cabeza… Pero todo cambió un día de invierno
cuando abrí mi pequeño armario y encontré a la muerte, esa bella dama vestida de negro,
acompañada de dulces susurros, el viento.
Luis Piquín Rey, 3º ESO B
Somos os recordos das nosas vidas. Aqueles que nunca se olvidan. Todas as historias bonitas
coas que nos emocionamos ao contalas forman parte de nós. Nunca esqueceremos as
lembranzas vividas. Sen rancor, pero con memoria.
Sara Gallego Cores, 1º ESO C
ENFERMIDADE
Aínda recordo aqueles anos cando camiñaba da túa man.
María Jesús Rial Trigo, 3º ESO C
Cando era pequena era máis difícil que agora. Vivir era máis difícil. Malia todo, prefiro aqueles
tempos a estes.
Carla Castro Puga, 3º ESO C
O VELLO REFLEXO
Cando era pequeño quería semellarme ao meu avó, agora que son avó quero semellarme ao
meu neto…
Carlota Ribadomar Rodiño. 3º ESO C.
AS VELLAS COSTUREIRAS
As vellas costureiras eran catro: Matilda, Anita, Pepa e Carme. Todas elas facían vestidos
máxicos.Cando te poñías un vestido de Matilda, podías voar coma se foses unha pomba,
libre. Cando te poñías un vestido de Anita, podías ser invisible, invisible ante o mundo,
ninguén se fixaba en ti. Cando te poñías un vestido de Pepa, á noite collía outra cor, unha
cor máis viva, e sentíaste sereno e feliz. E cando te poñías un vestido de Carme as bruxas
malas e repugnantes volvíanse boas e agradables.
Dependendo do día que tiveras, había unha prenda ideal para ti.
Martín Nogueira Vieites, 3º ESO C
Aquiles ollos escuros como a noite, aquelas pequenas pero cuantiosas enrugas, e as mans
que levan os sinais de toda unha vida.
Así era agora aquela muller que o vira medrar.
Marina Salgueiro Peiteado, 1º Bac B
Dura pena,
dura vida
duro ese día,
que xa non chovía.
Sergio Reboeiras Paz, 1º Bac
CORAZÓN DE CARBALLO
Nun futuro onde a nosa Terra mudara a tons marróns e caobas, no medio da aridez,
sobrevivía unha única árbore: un carballo centenario. Era coidado po unha ancián, de idade
similar, que desfalecía por mantelo con vida e acabou finando ós seus pés. Finalmente, o
vello carballo secou, mais por onde as raíces cubriron o corpo do home, comezou a brotar
una nova vida verde.
A Terra tiña futuro.
Sheila Parcero Bugallo, 1º Bac
DESACOUGO
A miña infancia, un recordo feliz e abrumador á vez. Transcorría a guerra na súa plenitude. O
meu avó foi o héroe da miña nenez. Con el, as horas eran coma minutos. Facíame rir coma
ninguén. Acendeu unha luz en min que se apagou coa súa marcha. Agora todo é escuridade.
Dor. Tristura. Desacougo.
Aida Otero Álvarez, 1º Bac
Venme o recordo dos seus ollos,
Cada vez que vexo o mar.
Venme o recordo da súa boca,
Cada vez que vexo unha rosa.
Vexo sempre o seu recordo
acompañándome ata o final.
Sara Santorum Santos, 1º Bac A
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx

More Related Content

Similar to MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx

Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17luis425
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
 
Triptico recomend verán 16
Triptico recomend verán 16Triptico recomend verán 16
Triptico recomend verán 16maria
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimentalisabelcota
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemascenlf
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadasvorusky
 
Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 NEDIBIBLIOTECA
 
GUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADALGUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADALboello
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Veran 15
Veran 15Veran 15
Veran 15maria
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016Diana Sánchez
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17soigca
 

Similar to MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx (20)

Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17Guía nadal 16 17
Guía nadal 16 17
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Triptico recomend verán 16
Triptico recomend verán 16Triptico recomend verán 16
Triptico recomend verán 16
 
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 9 - Abril 2013 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
Lecturas recomendadas
Lecturas recomendadasLecturas recomendadas
Lecturas recomendadas
 
Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014
 
GUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADALGUIAS DE NADAL
GUIAS DE NADAL
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Veran 15
Veran 15Veran 15
Veran 15
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
Novidades en galego na biblioteca Xaquín Yebra curso 2016-17
 
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
 

More from AtalaParedes1

MICRORRELATOS XI.pdf
MICRORRELATOS XI.pdfMICRORRELATOS XI.pdf
MICRORRELATOS XI.pdfAtalaParedes1
 
Microrrelatos camiños e encrucilladas. mostra.pdf
Microrrelatos camiños e encrucilladas. mostra.pdfMicrorrelatos camiños e encrucilladas. mostra.pdf
Microrrelatos camiños e encrucilladas. mostra.pdfAtalaParedes1
 
presentacion fotos.pdf
presentacion fotos.pdfpresentacion fotos.pdf
presentacion fotos.pdfAtalaParedes1
 
DÍA DO LIBRO...DE FAMILIA
DÍA DO LIBRO...DE FAMILIADÍA DO LIBRO...DE FAMILIA
DÍA DO LIBRO...DE FAMILIAAtalaParedes1
 
DÍA DO LIBRO...de familia
DÍA DO LIBRO...de familiaDÍA DO LIBRO...de familia
DÍA DO LIBRO...de familiaAtalaParedes1
 
DÍA DO LIBRO... de familia
DÍA DO LIBRO... de familiaDÍA DO LIBRO... de familia
DÍA DO LIBRO... de familiaAtalaParedes1
 
Fotos blog redeiras
Fotos blog redeiras Fotos blog redeiras
Fotos blog redeiras AtalaParedes1
 
Presentacion fotos blog
Presentacion fotos blogPresentacion fotos blog
Presentacion fotos blogAtalaParedes1
 

More from AtalaParedes1 (15)

MICRORRELATOS XI.pdf
MICRORRELATOS XI.pdfMICRORRELATOS XI.pdf
MICRORRELATOS XI.pdf
 
Microrrelatos camiños e encrucilladas. mostra.pdf
Microrrelatos camiños e encrucilladas. mostra.pdfMicrorrelatos camiños e encrucilladas. mostra.pdf
Microrrelatos camiños e encrucilladas. mostra.pdf
 
FOTOS BIBLIO.pdf
FOTOS BIBLIO.pdfFOTOS BIBLIO.pdf
FOTOS BIBLIO.pdf
 
FOTOS BIBLIO.pdf
FOTOS BIBLIO.pdfFOTOS BIBLIO.pdf
FOTOS BIBLIO.pdf
 
GUIA DE LECTURA.pdf
GUIA DE LECTURA.pdfGUIA DE LECTURA.pdf
GUIA DE LECTURA.pdf
 
presentacion fotos.pdf
presentacion fotos.pdfpresentacion fotos.pdf
presentacion fotos.pdf
 
DÍA DO LIBRO...DE FAMILIA
DÍA DO LIBRO...DE FAMILIADÍA DO LIBRO...DE FAMILIA
DÍA DO LIBRO...DE FAMILIA
 
DÍA DO LIBRO...de familia
DÍA DO LIBRO...de familiaDÍA DO LIBRO...de familia
DÍA DO LIBRO...de familia
 
DÍA DO LIBRO... de familia
DÍA DO LIBRO... de familiaDÍA DO LIBRO... de familia
DÍA DO LIBRO... de familia
 
Album fotos
Album fotosAlbum fotos
Album fotos
 
Album de fotos
Album de fotosAlbum de fotos
Album de fotos
 
Fotos blog redeiras
Fotos blog redeiras Fotos blog redeiras
Fotos blog redeiras
 
Fotos para blog
Fotos para blogFotos para blog
Fotos para blog
 
Fotos blog redeiras
Fotos blog redeirasFotos blog redeiras
Fotos blog redeiras
 
Presentacion fotos blog
Presentacion fotos blogPresentacion fotos blog
Presentacion fotos blog
 

MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx

  • 1.
  • 3.
  • 4. MICRORRELATOS XII, TEMPOS MAIORES RELATO CURTO E POESÍA Biblioiesfranciscoasorey, 2021 Coordina: Atala Paredes Equipo da biblioteca: Aurora Souto, Rocío Fondevila, Alejandro Nogueira, Inma Castro, Atala Paredes e a colaboración de Domingo Tabuyo e Sara Vidal Equipo de Dinamización: Aurora Souto, Alberto Nogueira, Santiago Rey Portada: Imprime: Ramón Núñez Castro Encaderna: Ramón Núñez Castro Edita: IES Francisco Asorey Edicións Do Serrido Rúa os Cairos, 25 36630 Cambados Ies.francisco.asorey@edu.xunta.es Depósito legal: PO 32-2019
  • 5. PALABRAS ENGURRADAS Recordo que na miña derradeira viaxe a Xapón contáronme a historia do ancián que vivía como un ermitán no bosque que está preto do monte Fuji, sen máis compaña que a natureza e un estanque con oito peixes. Chamábase Komoreli, ou iso era o que dicían as súas enrugas, pois el comunicábase a través delas. Os que chegaron a coñecelo, antes de refuxiase na soidade, din que na xuventude era un home do máis falandeiro, e que coa chegada da vellez, decidiu que xa non tiña máis que dicir. Así foi como comezou co seu ” voto de silencio”, sen abrir a boca máis que para suspirar e darlle un sorbo ao té. Contan que durante os primeiros anos a súa pel non dicía nada, pero que un día, a natureza decidiu concederlle o don da comunicación cutánea para poderlle recitar algún poema aos paxaros e saudar a unha velliña que lle traía doces de pexego. Outros din que Komoreli non era o seu verdadeiro nome, que ese llo puxeran por un día que mirou cara ás árbores e as súas enrugas formaron esa palabra. As malas linguas din que ese vello non existe, pero eu creo que si é real. Miña avoa ten nas meixelas a palabra “bico” escrita… Paula Hernández Platero 1º Bac B
  • 6. O AVÓ QUE MIROU CARA ATRÁS Todo o tempo do mundo. Todo o tempo do mundo tivo aquel avó que agora, sentado no seu sofá, miraba cara atrás, cara ao pasado. Tempos nos que xogaba cos seus amigos debaixo dos carballos e onde coñecería o amor que máis tarde lle abriría unha ferida. Eran tempos de traballo, de esforzo continuo. O tempo pasara e con el as súas esperanzas. O seu corpo murchara. Os ollos xa non vían. As mans xa non tocaban. Non moi lonxe, o mundo comezará a olvidalo. A soidade desaparecerá e regresará aquel tempo aínda non de todo esquecido. Xaquín Arenaz Fole, 3º ESO B VOAR Madurar é perderse nun reloxo, no sentir e na sabedoría. A nosa historia é o andar dos nosos maiores que viviron namorados, loitando e soñando. Eles son pombas que saíron das gaiolas para abrir a xanela dos soños. Eu pido poder seguir o rumbo das súas ás cara a fin dos tempos. Eu pido madurar sen medos. Eu pido voar. Lucía Boullosa Álvarez, 3º ESO B
  • 7. LLUVIA Comenzó a llover. El agua repitequeaba contra las ventanas, rompiendo el silencio del asilo. -¿Sabéis que hoy es el día de la Tierra? Y entonces cerró los ojos y dejó de llover. -¿Lo oyen? Es el silencio al día siguiente apareció muerto, su corazón había dejado de latir. Érika Sineiro, 1º Bac B Quedáronme tantas cousas por facer… Non sei cando se esvaecerá o meu último suspiro, pero sei que non tardará . Teño setenta anos, pero levo desde os sesenta atada á cama, inxerindo cantidades inxentes de pílulas. E, isto é vida? Porque se o é, non paga a pena. Carla Núñez Castro, 1º Bac B
  • 8. E agora só sei que xa non me lembro. Xa non teño respostas, non me saen as palabras para este mar de preguntas que me fas. Uxía Sande Vázquez, 1º Bac B Ela non sabía nin ler nin escribir, mais todas as noites me lía o mesmo conto. Nerea Arosa Riveiro, 4º ESO A Tan só cun leve chispazo a pequena liña reapareceu, e con ela, a face alporizada dunha velliña. A miña avoa, a miles de quilómetros de min non comprendía o que acontecerá, e eu, non sabía explicarlle que quedaramos un intre sen wifi. Seica cando vai mal tempo, no hai boa conexión co ceo. Noa Rial Domíngez, 4º ESO C
  • 9. ARROLANDO O MAR Todo ía facéndose máis e máis pequeno... Os anos non perduran, dicía o meu avó. Eu miraba o ceo tinguido do azul máis intenso e pensaba. Sentado naquela cadeira gastada polo tempo, o meu avó semellaba un recén nado. Que tempo traizoeiro, pensaba eu mentres o obervaba. Vellos retratos e imaxes amarelas cubrían os estantes da súa casa. Eu, co meu dedo, limpaba o po da ventá que eclipsaba a luz da estancia. Bendito tempo, pensaba eu. Nunca fora quen de preguntar polo pasado da súa vida, mais semellaba sorprendente e pensaba en qué estaría el a pensar nese intre. Que sorte a súa!. Julia Boullosa Álvarez, 3º ESO B Era un vello velliño que vivía nas montañas. Vivía cos seus animais nunha cabana de madeira. Non tiña moitos recursos pero era feliz co que tiña. Vivía nun lugar fermoso que tiña un lago, inmensos montes e moita tranquilidade. Aos pés da montaña había unha pequena aldea onde o ancián non era moi ben visto, pero a el dáballe igual. Era feliz. Alba Vázquez Lafuente, 1º ESO A
  • 10. HISTORIAS OLVIDADAS Recordo a miña nenez, as flores color turquesa, a miña nai, o meu pai, os campos a carón da miña casa... Pero o que máis lembro é aquela cara, aquela cara de expresión senlleira, a intensidade dos seus ollos, o perfil do seu nariz e as verbas que saían da súa boca. Eu sentaba ao seu carón e escoitaba unha e outra vez o que o meu avó me contaba, momentos terribles que me alporizaban. Tamén había momentos doces e alegres, pero eu ben sabía que a escuridade o atormentaba coa precisión dun martelo golpeando na fragua. Eu observaba tranquilamente as súas cicatrices, a ferida latente na única perna que conservaba. A outra perna repousaba nalgún val sen nome. Marcos Boullosa Álvarez, 3º ESO B QUERIDO ASASINO 59 anos de amor. 59 anos de felicidade. 59 anos de vida. 59 anos de momentos xuntos, de choros, de agarimos, de enfados, de reconciliacións, de viaxes, de historia. 59 golpes, berros, medo, angustia. 59 pingas de sangue no chan. Porque me matou, matoume de amor. Diego Luezas Trigo, 1º Bach B
  • 11. Relato 1 El era vello, e xa. Relato 2 El, alegre e sorrinte ao principio. Ninguén se imaxinaría que se demacraría de tal modo por culpa dela, traizoeira e rastreira, enguliulle a vida ata arrebatarlla de todo. Mariña Chaves Rodríguez, 1º Bac B ÚLTIMA OPORTUNIDADE Cando viñen visitar os meus fillos non tiña nin idea do que me ía ocorrer. Como pode ser que unha criatura tan pequena me causara tanta felicidade? Dende o momento no que o vin sentín a desexo e darlle cariño e de protexelo. O fillo do meu fillo, o meu neto! Isto fixo que me dera de conta de que xa non son novo e de que quizais sexa a miña última oportunidade de darlle amor a alguén. Tamén podería ser a derradeira ocasión para, independentemente do que ocorra, seguir vivindo nos recordos da xente, sobre todo, nas lembranzas do meu máis novo descendente, o meu neto. Sabela Padín Baúlo, 1º Bac A
  • 12. Son as catro da mañá. A maioría da xente xa marchou, pero nós seguimos na pista de baile. Agarra o meu van con delicadeza e eu paso os dedos polo seu longo pelo dourado. En momentos coma este é cando me dou de conta de canto a quero e a necesito. As nosas saias rózanse con cada volta que damos. Rimos xuntas cando alguna tropeza. O baile está terminando e xa imos ter que marchar. Antes de abandonar o salón, doulle un lixeiro bico que fai que se ruborice. Despois de sesenta anos xuntas, aínda se sorprende cando lle dou bicos inesperados. Uxía Sineiro González, 4º ESO C Despois de vinte anos eu xa non podía facer nada. Ía descubrir un mundo novo; adeus á miña familia, non os ía ver máis polo momento… Carlos Rubín Pérez, 4º ESO C
  • 13. LEMBRAZAS ESQUECIDAS E tremía. Tremía recordando o esquecido. Recuperando a dor que os anos ocultaran paseniñamente. Pasara a vida tapando cun doce, pero falso sorriso aquilo que se obrigaba a esquecer, para que a dor non se abalanzara sobre el. Ata que comezou a esquecer e o olvido foino consumindo, como un parasito. Xa non lembraba o nome de quen lle estaba a falar, mais o pouso da guerra estaba alí, pese a todos os nomes que lle quixeron poner: amnesia temporal, demencia senil, alzheimer… Ese era o meu bisavó, ao que miro doutro xeito dende que descifrei o enigma da súa mirada fría, ollándome dende o leito de morte. Uxía Gestodo Cancela 1º Bac B As quedadas coas amigas, as risas coa familia, as rifas cos mozos…Sempre coas ganas de saber o futuro, e agora, só teño ganas de volver ao pasado. Nerea Aragunde Pintos, 1º Bac B
  • 14. Sentei diante del, vendo como cada día se apagaba máis ese brillo que tiña nos seus ollos, como ía desvanecendo o lume que levaba prendido no seu interior. Vendo como cada vez se lembraba menos das cousas, ata chegar a non recoñecer á súa familia Mirian Otero Rodríguez (non puxo curso) ETERNO Como nas páxinas dun libro vello, eu pérdome nos laberintos da túa pel. Como un neno pequeno, eu podería pasar os días contando os teus lunares. Todos os segredos que agocha o teu sorriso, todas as bágoas que tiveches que sufrir. Agora dásme ledicia, dásme vida. Dásme recordos cos que sorrir. Os teus ollos alumean máis que cen estrelas no ceo, porque para min, sempre serás eterno. Nunca foi fácil despedirse, mais menos fácil foi desprenderme de ti. Ángela Costa, 2º ESO A
  • 15. VELLA Eu son vella. Vella como a terra, como os montes. Como un trapo despois de moito uso. Xa non son unha moza. As miñas pernas empezan a derrubarse cando subo á miña vella casa. Os meus brazos non soportan o peso da miña neta no colo, non soportan o peso da vida, o paso da vida. Cando era moza, pensaba que era inmortal, indestructible. Percorría os campos de flores agora murchas como o meu corpo. A miña avoa é vella. Vella como a terra, como os montes. Coma un templo, que aínda que forte,o paso do tempo lle augura unha inevitable caída. O seu corpo é vello, mias o seu espírito continúa xove, ardente. Xa non é unha moza. Máis non deixou de vivir, de chorara, de rir. A miña avoa é vella, si, e moi viva. Alaitz Otero Gómez 2º ESO A Un día abrín a porta e sentei ao seu carón. Miroume desconcertado e reproduciu unhas palabras que se gravaron en min: “E ti, quen es? Luis Rey Abollo, 4º ESO C
  • 16. Somos os recordos das nosas vidas. Aqueles que nunca se olvidan. Todas as historias bonitas coas que nos emocionamos ao contalas. Nunca esqueceremos as lembranzas vividas todos xuntos. Sen rancores, pero con memoria. Sara Gallego Cores, 1º ESO C Érase unha vez un avó, pero non un avó calquera. Para todos, para os seus netos, era especial; intrépido, aventureiro, valente… O que non sabían os netos é que o tempo corre e que na maioría dos casos, pasa voando. Dun día para outro, as persoas poden desaparecer. Iso, Alberto, o avó, sabíao, e por iso quería pasar o maior tempo posible con eles. Un día decidiu marchar con todos ao monte para mostrarlles o que vivira de pequeno e que seguía igual de preparado . Despois daquela experiencia inolvidable, Alberto xa estaba moi agotado e sabía que non lle quedaba moito tempo de vida, oitenta un anos xa tiña…Pero, era tan forte que seguía vivindo só pola súa familia. Dixo: “Seguirei vivindo o que necesite para morrer en paz”. Enol Ruíz Hernández, 1º ESO C
  • 17. CINZAS NO MAR Foi nese xusto momento no que pechou os ollos por última vez. Apaguei a lámpada mentres unha bágoa percorría o meu rostro e saín do cuarto. A casa inúndarase dunha escuridade e dunha friaxe que xamais sentira. Sentei na cadeira na que ela adoitaba sentar e deixei correr as horas. Atrás quedaban meses de sufrimento e unha intensa dor que todos levabamos arrastrando. Ao día seguinte levaron o corpo. Só eu estaba presente, observando como abandonaba a casa para xamais volver. A casa quedara muda. Percorrina por última vez e marchei. Xa só me quedaba unha cousa por facer, cumprir o seu último desexo. Achegueime ao mar, abrín a urna e deille a volta, deixando que o vento a levara. Fabio Fraga 2º ESO C EL A mediados do século XX, Amanda aínda estaba á espera do seu querido amor, Bartolo. Na Segunda Guerra Mundial moitos homes da súa vila foran a ela, incluído o seu marido. Un ano e oito meses levaba mirando cada día pola fiestra esperando volver a ver algún día aquel fermoso sorriso que lle daba folgos para vivir. Ángela López, 2º ESO C
  • 18. 2 de abril de 1943: Hoxe comeza a miña travesía no meu querido “Merry 12”. Este marabilloso barco é herdanza dos meus antepasados. Vide comigo a percorrer os sete mares. 3 de abril de 1943: Este é o primeiro día no mar desta travesía. Tres arroases viaxan comigo ao lado do barco. Non queda moito tempo para a noite. Irei descandsar o corpo. O mar é agotador. 5 de abril de 1943: onte, 4 de abril, non puiden escribir. O mar estaba tan revolto que me ocupou todo o día manexalo. 6 de abril de 1943: Hoxe atopei catro illas. A número tres é a máis grande. Vouna explorar. Voume preparar para explorala mañá. 8 de abril de 1943: Onte pasou unha cousa aterradora. O meu barco soltouse e co bater das olas, o meu barco marchou. 10 de abril de 1943: Necesito volver á miña illa, á illa onde eu nacín chamada “Ruz”. Fabricarei unhas ás para voar. Aquí é onde termina o diario de meu pai, aquel que morreu na terceira illa. Eu, de miragre, encontreino morto cunhas ás e co seu diario un pouco afastado. Morreu desangrado. Unha morte espantosa e moi violenta. Ace, así me chamo eu Se o vello Simbada volvese ás illas Iris García Rey, 3º ESO A
  • 19. Despois de moitos anos, a miña avoa mirouse ao espello e decatouse de que xa non era a mesma. Xa era vella, xa tiña engurras. Alberto Pérez, 3º ESO A EL VIEJO Y LA MUERTE Mis tiempos de felicidad habían acabado. Solo estaba acompañado de la brisa del mar y los llantos delas olas al romper en las grandes piedras del acantilado. Las noches eran una agonía. Oscuros recuerdos penetraban en mi cabeza… Pero todo cambió un día de invierno cuando abrí mi pequeño armario y encontré a la muerte, esa bella dama vestida de negro, acompañada de dulces susurros, el viento. Luis Piquín Rey, 3º ESO B Somos os recordos das nosas vidas. Aqueles que nunca se olvidan. Todas as historias bonitas coas que nos emocionamos ao contalas forman parte de nós. Nunca esqueceremos as lembranzas vividas. Sen rancor, pero con memoria. Sara Gallego Cores, 1º ESO C
  • 20. ENFERMIDADE Aínda recordo aqueles anos cando camiñaba da túa man. María Jesús Rial Trigo, 3º ESO C Cando era pequena era máis difícil que agora. Vivir era máis difícil. Malia todo, prefiro aqueles tempos a estes. Carla Castro Puga, 3º ESO C O VELLO REFLEXO Cando era pequeño quería semellarme ao meu avó, agora que son avó quero semellarme ao meu neto… Carlota Ribadomar Rodiño. 3º ESO C.
  • 21. AS VELLAS COSTUREIRAS As vellas costureiras eran catro: Matilda, Anita, Pepa e Carme. Todas elas facían vestidos máxicos.Cando te poñías un vestido de Matilda, podías voar coma se foses unha pomba, libre. Cando te poñías un vestido de Anita, podías ser invisible, invisible ante o mundo, ninguén se fixaba en ti. Cando te poñías un vestido de Pepa, á noite collía outra cor, unha cor máis viva, e sentíaste sereno e feliz. E cando te poñías un vestido de Carme as bruxas malas e repugnantes volvíanse boas e agradables. Dependendo do día que tiveras, había unha prenda ideal para ti. Martín Nogueira Vieites, 3º ESO C Aquiles ollos escuros como a noite, aquelas pequenas pero cuantiosas enrugas, e as mans que levan os sinais de toda unha vida. Así era agora aquela muller que o vira medrar. Marina Salgueiro Peiteado, 1º Bac B
  • 22. Dura pena, dura vida duro ese día, que xa non chovía. Sergio Reboeiras Paz, 1º Bac CORAZÓN DE CARBALLO Nun futuro onde a nosa Terra mudara a tons marróns e caobas, no medio da aridez, sobrevivía unha única árbore: un carballo centenario. Era coidado po unha ancián, de idade similar, que desfalecía por mantelo con vida e acabou finando ós seus pés. Finalmente, o vello carballo secou, mais por onde as raíces cubriron o corpo do home, comezou a brotar una nova vida verde. A Terra tiña futuro. Sheila Parcero Bugallo, 1º Bac
  • 23. DESACOUGO A miña infancia, un recordo feliz e abrumador á vez. Transcorría a guerra na súa plenitude. O meu avó foi o héroe da miña nenez. Con el, as horas eran coma minutos. Facíame rir coma ninguén. Acendeu unha luz en min que se apagou coa súa marcha. Agora todo é escuridade. Dor. Tristura. Desacougo. Aida Otero Álvarez, 1º Bac Venme o recordo dos seus ollos, Cada vez que vexo o mar. Venme o recordo da súa boca, Cada vez que vexo unha rosa. Vexo sempre o seu recordo acompañándome ata o final. Sara Santorum Santos, 1º Bac A