SlideShare a Scribd company logo
1 of 24
A nosa aventura animadora partiu aló polo mes de febreiro,
convocábase a 2º edición de curtametraxe de animación:
“nós tamén creamos”.
As ganas de aprender e a necesidade de novos retos, levou a parte
de equipo TIC a propoñer ao claustro a participación nesta edición.
Co apoio do claustro, a titora de 2º B Judit e Pilar titora de 5º
Educación Infantil prestáronse a traballar co seu grupo.
Entre as catro ( Judit, Pilar, Ana e Vanesa) decidimos traballar co
grupo de 2º por dous motivos fundamentais:
-O número de alumnos/as, que sendo menor en 2º, facilitaría unha
participación máis activa na animación da curtametraxe.
- A idade do grupo, dada a nosa inexperiencia, consideramos que
un grupo de maior idade nos axudaría máis no traballo.
Presentamos a nosa solucitude e no mes de marzo e fomos
aceptados xunto con 60 centros de toda Galicia.
Neste mes recibimos unha xornada de formación por parte da
editora OQO onde explicáronnos brevemente o
funcionamento do programa informático co que
traballariamos e deixáronnos 14 contos, dos que tiñamos que
elixir un, para a realización da curtametraxe.
Dende este punto de partida establecemos o seguinte plan de
traballo.
1. Elección do conto
2. Elaboración do Story Movie, adaptación do conto, elaboración do
guión.
3. Creación plástica das personaxes.
4. Preparación dos materiais técnicos e plásticos, probas de
gravación e audio. Familiarización co programa de animación.
5. Animación, gravación , rodaxe.
6. Montaxe da curta, gravación definitiva do audio.
7. Presentación da curtametraxe e exposición dos materiais.
1.Elección do conto.
Dos 14 contos cos que contabamos, as mestras fixemos unha primeira selección
de 5 contos en función dos seguintes criterios: idade a que ían dirixidos, número
de personaxes e linguaxe (narrada ou dialogada).
A titora leu detidamente cada un deles aos nenos e nenas, e sen lugar a dúbidas
do que máis gustaron foi:
A N O I T E D A S
M U D A N Z A S
2. Elaboración do Story Movie, adaptación do conto e elaboración
do guión.
O Story Movie é a proposta gráfica onde
se vai dividindo o conto en escenas, coma
un cómic, o noso conto foi fragmentado en
26 escenas.
Nunha viñeta faixe un debuxo esquemático
da escena e anotacións de:
-Plano no que se vai gravar.
-Escenografía e materias necesarios.
-Personaxes , movementos e sons.
-Tempos dos diálogos.
Esta primeira proposta gráfica serviunos
ademais para elaborar a adaptación e guión
do conto, así como para aclarar as
ilustracións e efectos de sons que íamos
pedirlle aos nenos e nenas que realizaran.
3. Creación plástica das personaxes.
A titora , propúxolle aos nenos e nenas que imaxinaran e crearan as personaxes do conto.
Nun primeiro momento os nenos crearon ao protagonista en volume con diversos materiais ,
logo decidimos que a nosa curta iría gravada en horizontal, así que os nenos e nenas pasaron
as súas creacións a debuxos. A titora tivo moito coidado de que os nenos e nenas non
mirasen as ilustracións do conto, co fin de que as súas creacións foran o máis orixinais
posibles.
Os nenos e nenas debuxaron e debuxaron
personaxes ,segundo a proposta do “Story
Movie”, que se as galiñas co perfil
esquerdo, que se o granxeiro dun perfil e do
outro, e de fronte…..
o can de pé apoiado nunha
cancela, o cu do burro, a
vaca, o porco nun tellado co
perfil esquerdo …
Todas estas ilustracións foron escaneadas, pasadas a imaxes , dixitalizadas. Coa axuda
do programa Power Point démoslle o tamaño desexado, e recontámolas co fin de
separarlle aquelas partes que queriamos que se moveran, para poder logo animalas.
Partimos cabezas, para ter moitas expresións da cara, ás para
movelas, rabos, brazos etc.. Por fin, imprimimos e montamos as
ilustracións en cartolina branca.
4. Preparación dos materiais técnicos e plásticos, probas de
gravación e audio, familiarización co programa de animación.
Neste apartado comezamos a probar os distintos programas
e os elementos que deberían de estar a punto para a rodaxe.
Tivemos que decidir onde instalariamos o noso “estudo de
gravación” e fomos cos trebellos dun lado a outro da escola,
na busca dun lugar no que puideramos estar completamente
a escuras, para poder traballar con luz artificial. A luz
precisamente, foi o noso maior atranco nestes preparativos,
reflectía, era pouca, as ilustracións brillaban cunha contorna
azulada.. Por outra banda, os nenos e nenas gravaban coa
súa titora a primeira proba de son, ensaiaban o seu papel e
investigaban sobre os efectos de son.
Pili a coordinadora do EDL e mestra de infantil, preparaba
fondos e escenas para situar os personaxes.
Materiais e programas necesarios para comezar a rodaxe.
Cámara WEB
Trípode
Ordenador
portátil
Foco ( luz artificial)
Programa libre de
animación (stop
motion). Captura as
imaxes que logo
extráense en vídeo
dende o programa.
Programa libre
para gravación e
tratamento do
audio. Gravación
en varias pistas,
recorte, efectos…
5. Animación, gravación , rodaxe.
O proceso de animación foi longo,
laborioso e apaixonante.
Os nenos e nenas ían baixando en
parellas ao “estudo de gravación”
cunha mestra do proxecto, para
dar vida as súas ilustracións.
Cada un de nós tiña unha tarefa:
movementos do protagonista ou de
outro personaxe e manexo do
programa. Día tras día, todos os
compañeiros/as animaron, e
comprenderon cada unha das tarefas.
A gravación das 26 escenas levou 3
semanas de traballo intenso.
Cada segundo de película precisa de 24 fotografías ou capturas.
As fotografías repítense un número
determinado de veces, dependendo da
velocidade de de movemento
desexado. A maior número de
repeticións conséguense movementos
máis lentos e viceversa.
Fixemos cantidade cálculos!
Foi necesario ter moito
coidadiño ao mover as
personaxes e houbo
escenas que tivemos
que repetir en varias
ocasións.
6. Montaxe da curta, gravación definitiva do audio.
A montaxe da curta foi
realizada co programa
Movie Maker e o audio
co programa libre
Audacity
7. Presentación da curtametraxe e exposición dos materiais.
A curtametraxe estreouse o 16 de Maio na aula de audiovisuais do centro.
As mestras temos o costume de
valorar todo o que facemos cos
nenos e nenas. Este traballo
pareceunos moi interesante dende
o inicio por todo o que implicaba:
linguaxe plástica e audiovisual,
interpretación, animación á lectura,
tratamento dixital …
Ao seu remate a nosa valoración é moito máis simple pero non menos importante:
TODOS E TODAS AS PARTICIPANTES VEREMOS
OS DEBUXOS ANIMADOS CON OUTROS OLLOS!
CEIP CARLOS CASARES
NIGRÁN
2013

More Related Content

Featured

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by HubspotMarius Sescu
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTExpeed Software
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsPixeldarts
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthThinkNow
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfmarketingartwork
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024Neil Kimberley
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)contently
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024Albert Qian
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsKurio // The Social Media Age(ncy)
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Search Engine Journal
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summarySpeakerHub
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Tessa Mero
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentLily Ray
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best PracticesVit Horky
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementMindGenius
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...RachelPearson36
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

Así a fixemos!

  • 1.
  • 2. A nosa aventura animadora partiu aló polo mes de febreiro, convocábase a 2º edición de curtametraxe de animación: “nós tamén creamos”. As ganas de aprender e a necesidade de novos retos, levou a parte de equipo TIC a propoñer ao claustro a participación nesta edición. Co apoio do claustro, a titora de 2º B Judit e Pilar titora de 5º Educación Infantil prestáronse a traballar co seu grupo. Entre as catro ( Judit, Pilar, Ana e Vanesa) decidimos traballar co grupo de 2º por dous motivos fundamentais: -O número de alumnos/as, que sendo menor en 2º, facilitaría unha participación máis activa na animación da curtametraxe. - A idade do grupo, dada a nosa inexperiencia, consideramos que un grupo de maior idade nos axudaría máis no traballo.
  • 3. Presentamos a nosa solucitude e no mes de marzo e fomos aceptados xunto con 60 centros de toda Galicia. Neste mes recibimos unha xornada de formación por parte da editora OQO onde explicáronnos brevemente o funcionamento do programa informático co que traballariamos e deixáronnos 14 contos, dos que tiñamos que elixir un, para a realización da curtametraxe. Dende este punto de partida establecemos o seguinte plan de traballo.
  • 4. 1. Elección do conto 2. Elaboración do Story Movie, adaptación do conto, elaboración do guión. 3. Creación plástica das personaxes. 4. Preparación dos materiais técnicos e plásticos, probas de gravación e audio. Familiarización co programa de animación. 5. Animación, gravación , rodaxe. 6. Montaxe da curta, gravación definitiva do audio. 7. Presentación da curtametraxe e exposición dos materiais.
  • 5. 1.Elección do conto. Dos 14 contos cos que contabamos, as mestras fixemos unha primeira selección de 5 contos en función dos seguintes criterios: idade a que ían dirixidos, número de personaxes e linguaxe (narrada ou dialogada). A titora leu detidamente cada un deles aos nenos e nenas, e sen lugar a dúbidas do que máis gustaron foi: A N O I T E D A S M U D A N Z A S
  • 6. 2. Elaboración do Story Movie, adaptación do conto e elaboración do guión. O Story Movie é a proposta gráfica onde se vai dividindo o conto en escenas, coma un cómic, o noso conto foi fragmentado en 26 escenas. Nunha viñeta faixe un debuxo esquemático da escena e anotacións de: -Plano no que se vai gravar. -Escenografía e materias necesarios. -Personaxes , movementos e sons. -Tempos dos diálogos. Esta primeira proposta gráfica serviunos ademais para elaborar a adaptación e guión do conto, así como para aclarar as ilustracións e efectos de sons que íamos pedirlle aos nenos e nenas que realizaran.
  • 7. 3. Creación plástica das personaxes. A titora , propúxolle aos nenos e nenas que imaxinaran e crearan as personaxes do conto. Nun primeiro momento os nenos crearon ao protagonista en volume con diversos materiais , logo decidimos que a nosa curta iría gravada en horizontal, así que os nenos e nenas pasaron as súas creacións a debuxos. A titora tivo moito coidado de que os nenos e nenas non mirasen as ilustracións do conto, co fin de que as súas creacións foran o máis orixinais posibles.
  • 8. Os nenos e nenas debuxaron e debuxaron personaxes ,segundo a proposta do “Story Movie”, que se as galiñas co perfil esquerdo, que se o granxeiro dun perfil e do outro, e de fronte…..
  • 9. o can de pé apoiado nunha cancela, o cu do burro, a vaca, o porco nun tellado co perfil esquerdo …
  • 10. Todas estas ilustracións foron escaneadas, pasadas a imaxes , dixitalizadas. Coa axuda do programa Power Point démoslle o tamaño desexado, e recontámolas co fin de separarlle aquelas partes que queriamos que se moveran, para poder logo animalas. Partimos cabezas, para ter moitas expresións da cara, ás para movelas, rabos, brazos etc.. Por fin, imprimimos e montamos as ilustracións en cartolina branca.
  • 11.
  • 12. 4. Preparación dos materiais técnicos e plásticos, probas de gravación e audio, familiarización co programa de animación. Neste apartado comezamos a probar os distintos programas e os elementos que deberían de estar a punto para a rodaxe. Tivemos que decidir onde instalariamos o noso “estudo de gravación” e fomos cos trebellos dun lado a outro da escola, na busca dun lugar no que puideramos estar completamente a escuras, para poder traballar con luz artificial. A luz precisamente, foi o noso maior atranco nestes preparativos, reflectía, era pouca, as ilustracións brillaban cunha contorna azulada.. Por outra banda, os nenos e nenas gravaban coa súa titora a primeira proba de son, ensaiaban o seu papel e investigaban sobre os efectos de son. Pili a coordinadora do EDL e mestra de infantil, preparaba fondos e escenas para situar os personaxes.
  • 13. Materiais e programas necesarios para comezar a rodaxe. Cámara WEB Trípode Ordenador portátil Foco ( luz artificial) Programa libre de animación (stop motion). Captura as imaxes que logo extráense en vídeo dende o programa. Programa libre para gravación e tratamento do audio. Gravación en varias pistas, recorte, efectos…
  • 14. 5. Animación, gravación , rodaxe. O proceso de animación foi longo, laborioso e apaixonante. Os nenos e nenas ían baixando en parellas ao “estudo de gravación” cunha mestra do proxecto, para dar vida as súas ilustracións. Cada un de nós tiña unha tarefa: movementos do protagonista ou de outro personaxe e manexo do programa. Día tras día, todos os compañeiros/as animaron, e comprenderon cada unha das tarefas. A gravación das 26 escenas levou 3 semanas de traballo intenso.
  • 15. Cada segundo de película precisa de 24 fotografías ou capturas. As fotografías repítense un número determinado de veces, dependendo da velocidade de de movemento desexado. A maior número de repeticións conséguense movementos máis lentos e viceversa. Fixemos cantidade cálculos! Foi necesario ter moito coidadiño ao mover as personaxes e houbo escenas que tivemos que repetir en varias ocasións.
  • 16. 6. Montaxe da curta, gravación definitiva do audio. A montaxe da curta foi realizada co programa Movie Maker e o audio co programa libre Audacity
  • 17. 7. Presentación da curtametraxe e exposición dos materiais.
  • 18.
  • 19. A curtametraxe estreouse o 16 de Maio na aula de audiovisuais do centro.
  • 20. As mestras temos o costume de valorar todo o que facemos cos nenos e nenas. Este traballo pareceunos moi interesante dende o inicio por todo o que implicaba: linguaxe plástica e audiovisual, interpretación, animación á lectura, tratamento dixital …
  • 21. Ao seu remate a nosa valoración é moito máis simple pero non menos importante: TODOS E TODAS AS PARTICIPANTES VEREMOS OS DEBUXOS ANIMADOS CON OUTROS OLLOS!
  • 22.
  • 23.