SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Programa de emprendemento e talento
para mozos e mozas
Xuventude Promete
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha Xuventude Promete,
programa que promove e estimula o emprendemento e o autoemprego nos mozos e
mozas de 14 a 18 anos. Este xeito de pensar e actuar orientado cara á creación de
riqueza terá lugar dentro dun marco de actividades que lle permitirá á persoa
participante expandir a súa creatividade e innovación.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado crea, a partir deste proxecto piloto, un
programa de estadías emprendedoras (living lab) no que a persoa, a través de
escenarios reais e cunha innovación aberta e creativa, atopa nese escenario vías de
creación, validación e perfeccionamento para axudarlle a aplicar no seu futuro.
Obxecto e finalidade da convocatoria:
O obxectivo principal é crear unha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que
desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal. Deste xeito, a
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado apoia o sistema educativo e axúdalle á
mocidade participante a descubrir a súa vocación e talento dende a educación non
formal activa.
Esta experiencia permitiralle á persoa coñecer novas fórmulas que fornezan a súa
iniciativa, sentido crítico e autonomía; amais de fomentar as ideas innovadoras a
través da creatividade e lograr un coñecemento e sentido autocrítico que a prepare
para a súa función no mundo laboral.
En resumo, a finalidade desta convocatoria é promover e estimular o espírito
emprendedor xa dende o inicio da adolescencia, a través de novos métodos educativos
de autoestima baseados en “aprender facendo”.
Metodoloxía:
Os contidos propostos implican un troco na metodoloxía en beneficio dun novo
método de “aprender facendo”, coa finalidade de que a participación no programa
sexa unha canle que lles permita ás rapazas e aos rapaces descubrir as súas paixóns, os
seus ideais, para que interactúen entre todas e todos e poidan desenvolver traballos
de vida.
É moi importante que experimenten, pero que tamén teñan ferramentas para poder
levar a cabo os seus proxectos e que o fagan dun xeito metodolóxico novo e activo,
creando así no programa un espazo cristalizador de vocacións ou, cando menos,
direccións cara a un proxecto.
O programa ten como principios básicos a posta en valor da iniciativa, a creatividade,
o sentido crítico, a innovación, a autonomía, a capacidade de reacción ante un fracaso,
a adaptación ao cambio, a capacidade de comunicación, o traballo en equipo e a
solidariedade, así como a sensibilidade ante os problemas dos demais e o esforzo.
Destinatarios/as:
Xuventude Promete vai dirixido a mozas e mozos galegos de entre 14 e 18 anos de
idade. Existen dúas modalidades de participación:
- Individual: dirixida á persoa comprendida dentro dos extremos das idades
deste programa.
- Centros escolares: dirixida ao alumnado de educación secundaria obrigatoria
(ESO), bacharelato e ciclo de grao medio, que curse os seus estudos nos centros
de ensino galegos, co mesmo límite de idades e ata un máximo de 8 prazas por
centro.
Prazo de inscrición:
O prazo de inscrición comezará o xoves 15 de xaneiro, ás 10.00 h, e rematará o luns 9
de febreiro, ás 14.00 h.
O formulario está dispoñible na páxina web: www.xuventude.net
Quendas:
O programa desenvolverase en catro quendas de participación, de 3 días de duración
cada unha, cun máximo de 16 participantes por quenda.
LUNS MARTES MÉRCORES
FEBREIRO 16 17 18
23 24 25
LUNS MARTES MÉRCORES
MARZO 2 3 4
23 24 25
Entrada: día 1 da actividade a partir das 9:30 h
Saída: día 3 da actividade antes das 14:00 h
Contidos e programación:
CRONOGRAMA
DÍA 1 DÍA 2 DÍA 3
MAÑÁ
WORKSHOP:
“O marabilloso mundo
das ideas”
WORKSHOP: “Aprender a
emprender”
VISITA
“A incubadora”
TARDE
MEETING:
“Full Team”
WORKSHOP:
“Xogamos con wiffi”
NOITE VELADA VELADA
Descrición dos workshops:
“O marabilloso mundo das ideas”
As ideas poden saír en calquera momento, por iso tes que estar alerta. Se te desprazas
a gran velocidade, a túa mente móvese máis rápida e as túas ideas saen e
interrelaciónanse con maior facilidade. Se realizas o teu proceso de relaxación, a túa
mente tranquilízase. Pecha os ollos e... benvido ao mundo das ideas.
Este workshop tenta dinamizar o mundo das ideas a través de técnicas e dinámicas
moi activas que teñen que ver coa creatividade:
- A palabra
- A música
- A natureza
- O xogo
“Full Team”
O equipo é moi importante na nosa vida: os equipos deportivos, o traballo en equipo,
equiparse, equipo de investigación, equipo cirúrxico… Este é un gran xogo de rol no
que teremos que converternos en grandes investigadores e xogar unha partida pola
cidade de Lugo, na que cada un de nós terá unha personaxe asimilada. Atréveste a
xogar? Apúntate a un equipo.
“Because I’m from Lugo”
A primeira velada é de exterior. Moitas das veces o emprender comprende ter que
viaxar. Hoxe pola noite, nesta velada vas viaxar por Lugo nesta gran xincana. A
condición? Só te podes comunicar con todo o que te atopes en inglés… Hai moitas
probas e moi divertidas!
“Aprender a emprender”
Se non atopamos un espazo onde ser felices, por que non o creamos? Con este
workshop os mozos e mozas recibirán unha morea de ferramentas para comezar un
proxecto, para transformar unha idea nun proxecto a través de dinámicas moi activas.
Tamén analizaremos as novas linguaxes que teñen que ver co emprendemento (start
up, living lab, pitch…). Amais, a través de dinámicas relacionadas coas artes escénicas
perderemos medos para falar en público.
“Xogamos con wiffi”
Analizaremos todas as ferramentas que precisaremos a través das novas tecnoloxías,
traballaremos no mundo do audiovisual, na creación de webs, na conformación de
videocurrículos, nas presentacións máis innovadoras… Un gran mundo por descubrir!
“Party”
Imos facer un lipdub nocturno no centro de Lugo, se o damos convertido nun flashmob
sería ideal! Imos tentalo!
“A incubadora”
Esta é a mañá das visitas. Recibiremos no Complexo visitas de emprendedores ou
iremos visitalos ao seu viveiro para que nos amosen o que están a facer e nos
expliquen porqué emprenderon nun momento dado da súa vida: experiencias de vida
e de traballo no emprendemento.
Cota de participación:
Sen Carné Xove: 50 €
Con Carné Xove: 25 € (-50%)
Na modalidade aberta a centros educativos inclúese, de balde, a praza de docente
acompañante.
Servizos incluídos:
- Aloxamento en réxime de pensión completa no Complexo Residencial de Lugo
Lug2 (habitación dobre con baño).
- Programa de actividades, equipo
técnico e material necesario para o
desenvolvemento correcto da
actividade.
- Unha praza de docente cada 8
participantes (modalidade aberta aos
centros).
- Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Non se inclúe:
O desprazamento de ida dende o centro escolar ata o albergue nin o de volta dende o
albergue ata o centro escolar.
Devolución da cota de participación:
Só se procederá á devolución da cota de participación cando, por causas non
imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou a Administración cancele
a actividade.
Equipamento dos e das participantes:
- Roupa cómoda
- Toallas (non é preciso levar saco de durmir)
- Bolsa de aseo persoal
- Un disfrace calquera
- Tarxeta sanitaria orixinal
Inscricións e reservas:
A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña, desde a páxina web da
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: www.xuventude.net
Na modalidade de convocatoria aberta a centros, a inscrición deberá realizala o
centro de ensino correspondente. Neste caso, non se admitirán inscricións individuais
daquelas mozas e mozos xa incluídos na solicitude realizada polo centro de ensino.
Adxudicación das prazas:
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
No prazo de 7 días dende o envío da solicitude, enviaráselle ao enderezo electrónico
que figure no formulario de inscrición unha mensaxe na que se confirmará, de ser o
caso, a adxudicación da praza. De non recibir a comunicación de admisión no prazo de
7 días, entenderase que non se obtivo a praza.
Unha vez comunicada a adxudicación de prazas por correo electrónico, a persoa
solicitante ou o centro educativo (na modalidade aberta a centros), disporá dun prazo
máximo de 5 días para enviar a documentación correspondente, que se lle indique na
comunicación de adxudicación, á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No
caso contrario, poderá ser excluída do programa.
Propiedade intelectual:
A participación neste programa implicará por parte das persoas solicitantes finalmente
seleccionadas, a cesión non privativa do material ás entidades organizadoras para o
seu uso divulgativo sen ánimo de lucro.
Condicións de participación:
A participación nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases e das
resolucións que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado adopte para o seu
desenvolvemento, así como as normas e recomendacións que se sinalen para o
desenvolvemento do programa:
- Débense respectar os horarios establecidos polas persoas responsables do
programa e deberá manterse un comportamento acorde coas normas de
convivencia e un trato correcto cos demais participantes e co persoal da
organización.
- Durante a estadía nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización
interna do centro.
- As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do
programa ou servizo. Poderá tamén cancelarse, no caso de que sexa necesario
por seguridade das persoas participantes.
- A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar o programa, no
caso de que non exista un número mínimo de participantes.
- Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais ou altera o
desenvolvemento normal da actividade, poderá ser expulsada do programa.
Neste caso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se fará
responsable da viaxe de volta da devandita persoa, nin reembolsará ningunha
cantidade económica.
- Será necesario levar a tarxeta sanitaria orixinal durante a estadía.
Protección de datos:
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de
datos de carácter persoal, os datos persoais facilitados polas persoas participantes
para esta convocatoria serán incluídas nun ficheiro coa finalidade de xestión da
actividade. O responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Traballo e Benestar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e
Benestar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio
administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou por
correo electrónico ao enderezo: sx.traballo.benestar@xunta.es.

More Related Content

Viewers also liked

Verónica dopico rces memoria proxecta 2013 2014]
Verónica dopico rces memoria proxecta 2013 2014]Verónica dopico rces memoria proxecta 2013 2014]
Verónica dopico rces memoria proxecta 2013 2014]satelite1
 
Crónica pavani maio 2015
Crónica pavani maio 2015Crónica pavani maio 2015
Crónica pavani maio 2015satelite1
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015satelite1
 
Crónica diana rces
Crónica diana rcesCrónica diana rces
Crónica diana rcessatelite1
 
Cartel a3 nepal
Cartel a3 nepalCartel a3 nepal
Cartel a3 nepalsatelite1
 
Folleto todo por un fin
Folleto todo por un finFolleto todo por un fin
Folleto todo por un finsatelite1
 
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidario
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidarioCrónica presentación radiofónica pasaporte solidario
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidariosatelite1
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego finalsatelite1
 
Proxecto unha montaña de lixo
Proxecto unha montaña de lixoProxecto unha montaña de lixo
Proxecto unha montaña de lixosatelite1
 
Crónica paula deive campaña recogida gafas
Crónica paula deive campaña recogida gafasCrónica paula deive campaña recogida gafas
Crónica paula deive campaña recogida gafassatelite1
 
Crónica erea entreculturas
Crónica erea entreculturasCrónica erea entreculturas
Crónica erea entreculturassatelite1
 
María vázquez corregido el niño del pijama de rayas (2)
María vázquez corregido el niño del pijama de rayas (2)María vázquez corregido el niño del pijama de rayas (2)
María vázquez corregido el niño del pijama de rayas (2)satelite1
 
Crónica a viaxe ao norte de lancy dodem
Crónica a viaxe ao norte de lancy dodemCrónica a viaxe ao norte de lancy dodem
Crónica a viaxe ao norte de lancy dodemsatelite1
 
A rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novA rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novsatelite1
 
Circular rastro solidario marzo 2014 rev
Circular rastro solidario marzo 2014 revCircular rastro solidario marzo 2014 rev
Circular rastro solidario marzo 2014 revsatelite1
 
Circular familias sos nepal
Circular familias sos nepalCircular familias sos nepal
Circular familias sos nepalsatelite1
 
Cartel xornada fi 30 de novembro
Cartel xornada fi 30 de novembroCartel xornada fi 30 de novembro
Cartel xornada fi 30 de novembrosatelite1
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariasatelite1
 

Viewers also liked (20)

Verónica dopico rces memoria proxecta 2013 2014]
Verónica dopico rces memoria proxecta 2013 2014]Verónica dopico rces memoria proxecta 2013 2014]
Verónica dopico rces memoria proxecta 2013 2014]
 
Crónica pavani maio 2015
Crónica pavani maio 2015Crónica pavani maio 2015
Crónica pavani maio 2015
 
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
Circular glorr campaña recollida de roupa familias outubro 2015
 
Crónica diana rces
Crónica diana rcesCrónica diana rces
Crónica diana rces
 
Cartel a3 nepal
Cartel a3 nepalCartel a3 nepal
Cartel a3 nepal
 
Folleto todo por un fin
Folleto todo por un finFolleto todo por un fin
Folleto todo por un fin
 
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidario
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidarioCrónica presentación radiofónica pasaporte solidario
Crónica presentación radiofónica pasaporte solidario
 
Xornada RECES
Xornada RECESXornada RECES
Xornada RECES
 
Primaria galego final
Primaria galego finalPrimaria galego final
Primaria galego final
 
Proxecto unha montaña de lixo
Proxecto unha montaña de lixoProxecto unha montaña de lixo
Proxecto unha montaña de lixo
 
Crónica paula deive campaña recogida gafas
Crónica paula deive campaña recogida gafasCrónica paula deive campaña recogida gafas
Crónica paula deive campaña recogida gafas
 
Crónica erea entreculturas
Crónica erea entreculturasCrónica erea entreculturas
Crónica erea entreculturas
 
Axenda rsm 14_15
Axenda rsm 14_15Axenda rsm 14_15
Axenda rsm 14_15
 
María vázquez corregido el niño del pijama de rayas (2)
María vázquez corregido el niño del pijama de rayas (2)María vázquez corregido el niño del pijama de rayas (2)
María vázquez corregido el niño del pijama de rayas (2)
 
Crónica a viaxe ao norte de lancy dodem
Crónica a viaxe ao norte de lancy dodemCrónica a viaxe ao norte de lancy dodem
Crónica a viaxe ao norte de lancy dodem
 
A rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 novA rces formacion plan proxecta 30 nov
A rces formacion plan proxecta 30 nov
 
Circular rastro solidario marzo 2014 rev
Circular rastro solidario marzo 2014 revCircular rastro solidario marzo 2014 rev
Circular rastro solidario marzo 2014 rev
 
Circular familias sos nepal
Circular familias sos nepalCircular familias sos nepal
Circular familias sos nepal
 
Cartel xornada fi 30 de novembro
Cartel xornada fi 30 de novembroCartel xornada fi 30 de novembro
Cartel xornada fi 30 de novembro
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundaria
 

Similar to Programa xuventude promete defini

Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)teteg662
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventudeomixboiro
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfCEIPN1TUI
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1odesvanmarita
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 
Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Charo García
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Charo García
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024CEIPN1TUI
 
Micromovies fases
Micromovies fasesMicromovies fases
Micromovies fasessatelite1
 
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeirosUnicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeirossatelite1
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Similar to Programa xuventude promete defini (20)

Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)Presentación do proxecto (2)
Presentación do proxecto (2)
 
Informe de ocupación andrea oliveira
Informe de ocupación andrea oliveiraInforme de ocupación andrea oliveira
Informe de ocupación andrea oliveira
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventude
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13Boletinxuventude 09 12_13
Boletinxuventude 09 12_13
 
Institutional Informative NoNEETs brochures Galician
Institutional Informative NoNEETs brochures GalicianInstitutional Informative NoNEETs brochures Galician
Institutional Informative NoNEETs brochures Galician
 
Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1Boletinxuventude 24 11-2014-1
Boletinxuventude 24 11-2014-1
 
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1Boletinxuventude 20 01_14-1
Boletinxuventude 20 01_14-1
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016
 
Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14Boletinxuventude 06 01_14
Boletinxuventude 06 01_14
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
Micromovies fases
Micromovies fasesMicromovies fases
Micromovies fases
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
 
Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeirosUnicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
Unicef educa-edag-actividade-por-todos-os-meus-companeiros
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Programa xuventude promete defini

  • 1. Programa de emprendemento e talento para mozos e mozas Xuventude Promete A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha Xuventude Promete, programa que promove e estimula o emprendemento e o autoemprego nos mozos e mozas de 14 a 18 anos. Este xeito de pensar e actuar orientado cara á creación de riqueza terá lugar dentro dun marco de actividades que lle permitirá á persoa participante expandir a súa creatividade e innovación. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado crea, a partir deste proxecto piloto, un programa de estadías emprendedoras (living lab) no que a persoa, a través de escenarios reais e cunha innovación aberta e creativa, atopa nese escenario vías de creación, validación e perfeccionamento para axudarlle a aplicar no seu futuro. Obxecto e finalidade da convocatoria: O obxectivo principal é crear unha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal. Deste xeito, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado apoia o sistema educativo e axúdalle á mocidade participante a descubrir a súa vocación e talento dende a educación non formal activa. Esta experiencia permitiralle á persoa coñecer novas fórmulas que fornezan a súa iniciativa, sentido crítico e autonomía; amais de fomentar as ideas innovadoras a través da creatividade e lograr un coñecemento e sentido autocrítico que a prepare para a súa función no mundo laboral. En resumo, a finalidade desta convocatoria é promover e estimular o espírito emprendedor xa dende o inicio da adolescencia, a través de novos métodos educativos de autoestima baseados en “aprender facendo”.
  • 2. Metodoloxía: Os contidos propostos implican un troco na metodoloxía en beneficio dun novo método de “aprender facendo”, coa finalidade de que a participación no programa sexa unha canle que lles permita ás rapazas e aos rapaces descubrir as súas paixóns, os seus ideais, para que interactúen entre todas e todos e poidan desenvolver traballos de vida. É moi importante que experimenten, pero que tamén teñan ferramentas para poder levar a cabo os seus proxectos e que o fagan dun xeito metodolóxico novo e activo, creando así no programa un espazo cristalizador de vocacións ou, cando menos, direccións cara a un proxecto. O programa ten como principios básicos a posta en valor da iniciativa, a creatividade, o sentido crítico, a innovación, a autonomía, a capacidade de reacción ante un fracaso, a adaptación ao cambio, a capacidade de comunicación, o traballo en equipo e a solidariedade, así como a sensibilidade ante os problemas dos demais e o esforzo. Destinatarios/as: Xuventude Promete vai dirixido a mozas e mozos galegos de entre 14 e 18 anos de idade. Existen dúas modalidades de participación: - Individual: dirixida á persoa comprendida dentro dos extremos das idades deste programa. - Centros escolares: dirixida ao alumnado de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ciclo de grao medio, que curse os seus estudos nos centros de ensino galegos, co mesmo límite de idades e ata un máximo de 8 prazas por centro.
  • 3. Prazo de inscrición: O prazo de inscrición comezará o xoves 15 de xaneiro, ás 10.00 h, e rematará o luns 9 de febreiro, ás 14.00 h. O formulario está dispoñible na páxina web: www.xuventude.net Quendas: O programa desenvolverase en catro quendas de participación, de 3 días de duración cada unha, cun máximo de 16 participantes por quenda. LUNS MARTES MÉRCORES FEBREIRO 16 17 18 23 24 25 LUNS MARTES MÉRCORES MARZO 2 3 4 23 24 25 Entrada: día 1 da actividade a partir das 9:30 h Saída: día 3 da actividade antes das 14:00 h
  • 4. Contidos e programación: CRONOGRAMA DÍA 1 DÍA 2 DÍA 3 MAÑÁ WORKSHOP: “O marabilloso mundo das ideas” WORKSHOP: “Aprender a emprender” VISITA “A incubadora” TARDE MEETING: “Full Team” WORKSHOP: “Xogamos con wiffi” NOITE VELADA VELADA Descrición dos workshops: “O marabilloso mundo das ideas” As ideas poden saír en calquera momento, por iso tes que estar alerta. Se te desprazas a gran velocidade, a túa mente móvese máis rápida e as túas ideas saen e interrelaciónanse con maior facilidade. Se realizas o teu proceso de relaxación, a túa mente tranquilízase. Pecha os ollos e... benvido ao mundo das ideas. Este workshop tenta dinamizar o mundo das ideas a través de técnicas e dinámicas moi activas que teñen que ver coa creatividade: - A palabra - A música - A natureza - O xogo “Full Team” O equipo é moi importante na nosa vida: os equipos deportivos, o traballo en equipo, equiparse, equipo de investigación, equipo cirúrxico… Este é un gran xogo de rol no que teremos que converternos en grandes investigadores e xogar unha partida pola cidade de Lugo, na que cada un de nós terá unha personaxe asimilada. Atréveste a xogar? Apúntate a un equipo.
  • 5. “Because I’m from Lugo” A primeira velada é de exterior. Moitas das veces o emprender comprende ter que viaxar. Hoxe pola noite, nesta velada vas viaxar por Lugo nesta gran xincana. A condición? Só te podes comunicar con todo o que te atopes en inglés… Hai moitas probas e moi divertidas! “Aprender a emprender” Se non atopamos un espazo onde ser felices, por que non o creamos? Con este workshop os mozos e mozas recibirán unha morea de ferramentas para comezar un proxecto, para transformar unha idea nun proxecto a través de dinámicas moi activas. Tamén analizaremos as novas linguaxes que teñen que ver co emprendemento (start up, living lab, pitch…). Amais, a través de dinámicas relacionadas coas artes escénicas perderemos medos para falar en público. “Xogamos con wiffi” Analizaremos todas as ferramentas que precisaremos a través das novas tecnoloxías, traballaremos no mundo do audiovisual, na creación de webs, na conformación de videocurrículos, nas presentacións máis innovadoras… Un gran mundo por descubrir! “Party” Imos facer un lipdub nocturno no centro de Lugo, se o damos convertido nun flashmob sería ideal! Imos tentalo! “A incubadora” Esta é a mañá das visitas. Recibiremos no Complexo visitas de emprendedores ou iremos visitalos ao seu viveiro para que nos amosen o que están a facer e nos expliquen porqué emprenderon nun momento dado da súa vida: experiencias de vida e de traballo no emprendemento.
  • 6. Cota de participación: Sen Carné Xove: 50 € Con Carné Xove: 25 € (-50%) Na modalidade aberta a centros educativos inclúese, de balde, a praza de docente acompañante. Servizos incluídos: - Aloxamento en réxime de pensión completa no Complexo Residencial de Lugo Lug2 (habitación dobre con baño). - Programa de actividades, equipo técnico e material necesario para o desenvolvemento correcto da actividade. - Unha praza de docente cada 8 participantes (modalidade aberta aos centros). - Seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non se inclúe: O desprazamento de ida dende o centro escolar ata o albergue nin o de volta dende o albergue ata o centro escolar. Devolución da cota de participación: Só se procederá á devolución da cota de participación cando, por causas non imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou a Administración cancele a actividade.
  • 7. Equipamento dos e das participantes: - Roupa cómoda - Toallas (non é preciso levar saco de durmir) - Bolsa de aseo persoal - Un disfrace calquera - Tarxeta sanitaria orixinal Inscricións e reservas: A inscrición realizarase unicamente na modalidade en liña, desde a páxina web da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado: www.xuventude.net Na modalidade de convocatoria aberta a centros, a inscrición deberá realizala o centro de ensino correspondente. Neste caso, non se admitirán inscricións individuais daquelas mozas e mozos xa incluídos na solicitude realizada polo centro de ensino. Adxudicación das prazas: As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes. No prazo de 7 días dende o envío da solicitude, enviaráselle ao enderezo electrónico que figure no formulario de inscrición unha mensaxe na que se confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza. De non recibir a comunicación de admisión no prazo de 7 días, entenderase que non se obtivo a praza. Unha vez comunicada a adxudicación de prazas por correo electrónico, a persoa solicitante ou o centro educativo (na modalidade aberta a centros), disporá dun prazo máximo de 5 días para enviar a documentación correspondente, que se lle indique na comunicación de adxudicación, á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No caso contrario, poderá ser excluída do programa.
  • 8. Propiedade intelectual: A participación neste programa implicará por parte das persoas solicitantes finalmente seleccionadas, a cesión non privativa do material ás entidades organizadoras para o seu uso divulgativo sen ánimo de lucro. Condicións de participación: A participación nesta convocatoria implica a aceptación das súas bases e das resolucións que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado adopte para o seu desenvolvemento, así como as normas e recomendacións que se sinalen para o desenvolvemento do programa: - Débense respectar os horarios establecidos polas persoas responsables do programa e deberá manterse un comportamento acorde coas normas de convivencia e un trato correcto cos demais participantes e co persoal da organización. - Durante a estadía nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna do centro. - As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo. Poderá tamén cancelarse, no caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes. - A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar o programa, no caso de que non exista un número mínimo de participantes. - Se calquera das persoas participantes incumpre as normas xerais ou altera o desenvolvemento normal da actividade, poderá ser expulsada do programa. Neste caso, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado non se fará responsable da viaxe de volta da devandita persoa, nin reembolsará ningunha cantidade económica. - Será necesario levar a tarxeta sanitaria orixinal durante a estadía.
  • 9. Protección de datos: De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais facilitados polas persoas participantes para esta convocatoria serán incluídas nun ficheiro coa finalidade de xestión da actividade. O responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou por correo electrónico ao enderezo: sx.traballo.benestar@xunta.es.