1. Campo de refuxiados
en Nepal
9 de Maio de 2015
Sofía Pena Freire (4º ESO). Ética
CPI Virxe da Cela. Monfero.
2. 1.- NOME DA ORGANIZACIÓN: Luz verde
2.- COORDINADOR/A DO PROXECTO: Sofía Pena Freire
3.- INTEGRANTES: Sofía Pena Freire, voluntarios e demais
especialistas.
4.- LOCALIZACIÓN DO PROXECTO: Thoksila (Nepal).
3.
4. 5.- XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO: O pasado 25 de abril, o Nepal
sufriu un terremoto de 7.8 puntos na escala sismolóxica de
magnitude do momento. Posteriormente sufriu réplicas como é
habitual, pero o pequeno país (147 181 km²) quedou devastado
(cidades sepultadas na terra, pobos arruinados, etc…). Por iso,
quero construír un campo de refuxiados alí, para axudar a toda
esa xente que quedou sen casa, sen bens ou sen familia
directamente. O campo terá unha capacidade máxima de 300
persoas.
6.- RECURSOS HUMANOS: Contarei cun equipo contratado que
constará dos seguintes grupos: persoal médico (enfermeiros,
médicos e cirurxiáns), persoal de atención psicolóxica,
educadores e persoal con experiencia no campo da
reconstrución de vivendas ou na fabricación de casas
provisionais. Doutra banda, tamén aceptaremos persoal
voluntario con distintas capacidades ou titulacións que poidan
aportar calquera tipo de recurso ao campamento.
5. 7.- RECURSOS MATERIAIS: Na situación xeográfica escollida,
dispoñemos de auga corrente do río Koshi, só necesitariamos
potabilizala. Ademais, o terreo non está moi alto e non é moi
escarpado. Doutra banda, teremos que construír unha
depuradora, as instalacións e conseguir todos os materiais
necesarios.
8.- TEMPORALIZACIÓN DO PROXECTO: O proxecto está pensado
para realizarse entre 2 meses e 3 meses (4 de maio - 4 de xullo).
Dividiríase nas seguintes fases: adecuación do terreo,
construción das instalacións principais (médico, escola,
depuradora,...) e das fronteiras de proteción, e construción das
vivendas e alugueres para os refuxiados.
9.- DOTACIÓN ECONÓMICA NECESARIA:
Previsión de gastos iniciais:
Planta potabilizadora: 50 000 euros
Depuradora: 25 000 euros
Hospital: 75 000 euros
Escola: 45 000 euros
Vivendas (200): 30 000 euros
Cierre: 1 000 euros
Total: 226 000
6. Previsión de gastos mensuais:
Salarios: 10 000 euros
Alimentación: 10 000 euros
Abastecementos médicos: 20 000 euros
Mantas/roupa: 500 euros
Hixiene/aseo: 1 000 euros
Material escolar: 100 euros
Outros (avarías, imprevistos, horta,...): 1 000 euros
Total: 42 600 euros
Nota: contariamos con doazóns, voluntarios, prestacións, ...
10.- VÍAS PARA O FINANCIAMENTO DO PROXECTO:
Para o financiamento tiraremos dos cartos recibidos de ONGs,
institucións públicas e aportacións voluntarias dos civís. Por
exemplo, subvencións, aportacións anónimas, rastros
solidarios,...
Para conseguilo, realizaremos campañas publicitarias e
expoñeremos o noso proxecto a diversas autoridades e
entidades, como por exemplo un anuncio nunha canle de
televisión ou na radio.
7. 11.- DESEÑO DO CAMPO DE REFUXIADOS:
ESPAZO (Axúntase mapa)
TIPO DE ALOXAMENTO, MATERIAIS, DIMENSIÓNS,
DISTRIBUCIÓN NO ESPAZO. O aloxamento será completo
(escola, médico, comida,...) Os materiais utilizados para as
vivendas será chapa e/ou madeira. Para a depuradora e
demais instalacións utilizarase bloque, ladrillo, formigón,...
As dimensións serán de 11 250 m² en total. (Axúntase
plano da distribución)
8. ELECTRICIDADE. A electricidade está dispoñible alí, co cal,
so hai que realizar as instalacións.
ESQUIPO DE COMUNICACIÓNS. Dentro do campo haberá 3
persoas encargadas das comunicacións por radio, etc...
AUGA POTABLE. Para conseguir auga potable,
construiremos unha planta potabilizadora que aproveitará
a auga do río lindante.
HIXIENE E ASEO. Todas as vivendas contarán con un aseo.
As duchas serán comúns.
ALIMENTACIÓN. As vivendas contarán cunha cociña común
para todos os habitantes da mesma. Proporcionaránselles
alimentos básicos (sacados dunhos campos de cultivos
comúns ou mercados).
EDUCACIÓN. No campo contaremos con escola aberta 5
días á semana. No edificio escolar situarase tamén o
persoal de axuda psicolóxica tanto para adultos como para
nenos.
SANIDADE, ABASTECEMENTOS MÉDICOS. No campo de
refuxiados contaremos con un hospital. Os abastecementos
médicos traerémolos tanto de poboacións veciñas, da
capital ou mesmo de outros países.
ACTIVIDADES. Entre todos os habitantes do campo
realizarase un horto en común do que sacaremos
alimentos. Tamén contaremos con gando.
9. PROTECCIÓNS (barreiras, postos de control, tropas de
mantemento da paz). Cerraremos o campo de refuxiados
para evitar que se escape o gando, evitar “ataques”
exteriores, etc. Doutra banda, tamén contaremos con
autoridades para garantir a orde e con postos de vixiancia e
control.
SUPERVISIÓN E CONTROL. Todas as obras e xestións
estarán supervisadas e baixo as normas do goberno nepalí.
Por outro lado, tamén contaremos con inspeccións
regulares da ONU para garantir a eficacia do campo de
refuxiados e velar pola seguridade dos integrantes.
Sofía Pena Freire. 9 maio 2015