1. GRACE CHISHOLM YOUNG
Grace Chisholm Young naceu en 1868, en Inglaterra, durante o reinado da
Raíña Vitoria. Era a máis nova e única muller entre catro irmáns. O seu pai era
un dos responsables do Departamento de Pesas e Medidas do Goberno e a nai
era unha consumada pianista.
Só lle ensinaban o que quería aprender, que era cálculo mental e música.Con
dezasete anos pasou os exames de Cambridge, pero non puido seguir
estudando por ser muller.
Escribiu Primeiro libro de Xeometría, no que opinaba sobre o interese que tiña
ensinar xeometría utilizando corpos xeométricos en tres dimensións. Quixo
estudar medicina pero a súa nai non aprobou esa elección polo que, co apoio
do pai comezou a estudar matemáticas. Finalmente entrou en Cambridge,
asistiu a clases de Arthur Cayley e obtivo a súa licenciatura. Para proseguir
unha carreira como matemática debeu abandonar o país, pois nel non era
posible que unha muller se doutorase, e ir a Göttingen. Alí Grace obtivo o
doutoramento, converténdose así na primeira muller doutora en matemáticas
seguindo un proceso "normal".
De volta a Inglaterra, a súa tese foi enviada a aquelas personas que puidesen
ter interese; entre elas estaba William Young con quen casou e colaborou na
elaboración dun libro de astronomía. As obrigas familiares (tiveron seis fillos)
impedíronlle desenvolver actividades fóra da casa. Con todo, fixo aportacións á
Integral de Lebesque e ao estudio das Derivadas das funcións reais.