SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
Augusta Ada King, Condesa de Lovelace
(1815-1852), única filla lexítima do poeta
romántico Lord Byron, foi unha matemática
inglesa coñecida mundialmente por describir
a máquina analítica de Charles Babbage.
Lady Byron estaba obsesionada con que a súa filla non
herdara nada do seu pai e educou a Ada profundamente nas
matemáticas e na música intentando desa maneira alimentar
a súa parte racional e obxectiva para afastala da parte
emocional e subxectiva que supostamente, alimentan a
poesía. Aínda así, a súa vida foi unha constante loita entre
o raciocinio e a emoción, o obxectivismo e o
subxectivismo, a poesía e a matemática.
Charles Babbage (profesor Lucasiano de matemáticas na Universidade de Cambridge e pai das
computadoras) quedou tan impresionado coa capacidade analítica da xoven Ada que a apodou
como “A encantadora de números”.
En 1834, Babbage tiña plans para a construción dun novo tipo de máquina de cálculo, unha
máquina analítica de carácter xeral. A máquina analítica é o deseño dun computador moderno de
uso xeral que representou un importante paso adiante na historia da computación.
Ada foi a primeira persoa no mundo que describiu unha linguaxe de programación de carácter xeral
ao interpretar as ideas de Babbage mesmo mellor que el mesmo. En 1843 publicou unha serie de
notas sobre a máquina analítica de Babbage que firmou so coas súas iniciais por medo a ser
censurada pola súa condición de muller.
Describiu conceptos como o bucle e a subrutina. Solía definirse a si mesma como analista e
metafísica ou científica e poetisa, algo bastante máis avanzado para a súa época que o pensamento
dos seus primitivos conxéneres.
Ada escribiu un completo plan onde se describiu o algoritmo necesario que permita calcular os
valores dos números de Bernoulli utilizando dous bucles, amosando as capacidades de bifurcación
da máquina analítica. Asimesmo describiu como realizar operacións trigonométricas que facían uso
de variables tamén na máquina analítica de Babbage. Tamén definiu o uso de tarxetas perforadas
para programar a máquina de Babbage.
Lady Ada Lovelace foi outro dos grandes xenios que por unha causa ou
outra morreron de forma prematura -no seu caso por un cancro de útero-
privando ao mundo das súas capacidades e sabiduría. Se a maquina
analítica de Babbage é hoxe recoñecida como un modelo temprano de
ordenador, as notas de Ada serían unha descripción do seu software, polo
que Ada é considerada a primeira programadora da historia.

More Related Content

More from paralaia

Emmy noether
Emmy noetherEmmy noether
Emmy noether
paralaia
 
Grace chisholm young
Grace chisholm youngGrace chisholm young
Grace chisholm young
paralaia
 
Grace murray hopper
Grace murray hopperGrace murray hopper
Grace murray hopper
paralaia
 
Maria wonenburguer
Maria wonenburguerMaria wonenburguer
Maria wonenburguer
paralaia
 
Mary somerville
Mary somervilleMary somerville
Mary somerville
paralaia
 
María gaetana agnesi
María gaetana agnesiMaría gaetana agnesi
María gaetana agnesi
paralaia
 
Sophie germain
Sophie germainSophie germain
Sophie germain
paralaia
 

More from paralaia (7)

Emmy noether
Emmy noetherEmmy noether
Emmy noether
 
Grace chisholm young
Grace chisholm youngGrace chisholm young
Grace chisholm young
 
Grace murray hopper
Grace murray hopperGrace murray hopper
Grace murray hopper
 
Maria wonenburguer
Maria wonenburguerMaria wonenburguer
Maria wonenburguer
 
Mary somerville
Mary somervilleMary somerville
Mary somerville
 
María gaetana agnesi
María gaetana agnesiMaría gaetana agnesi
María gaetana agnesi
 
Sophie germain
Sophie germainSophie germain
Sophie germain
 

Mulleres mat2

  • 1. Augusta Ada King, Condesa de Lovelace (1815-1852), única filla lexítima do poeta romántico Lord Byron, foi unha matemática inglesa coñecida mundialmente por describir a máquina analítica de Charles Babbage. Lady Byron estaba obsesionada con que a súa filla non herdara nada do seu pai e educou a Ada profundamente nas matemáticas e na música intentando desa maneira alimentar a súa parte racional e obxectiva para afastala da parte emocional e subxectiva que supostamente, alimentan a poesía. Aínda así, a súa vida foi unha constante loita entre o raciocinio e a emoción, o obxectivismo e o subxectivismo, a poesía e a matemática. Charles Babbage (profesor Lucasiano de matemáticas na Universidade de Cambridge e pai das computadoras) quedou tan impresionado coa capacidade analítica da xoven Ada que a apodou como “A encantadora de números”. En 1834, Babbage tiña plans para a construción dun novo tipo de máquina de cálculo, unha máquina analítica de carácter xeral. A máquina analítica é o deseño dun computador moderno de uso xeral que representou un importante paso adiante na historia da computación. Ada foi a primeira persoa no mundo que describiu unha linguaxe de programación de carácter xeral ao interpretar as ideas de Babbage mesmo mellor que el mesmo. En 1843 publicou unha serie de notas sobre a máquina analítica de Babbage que firmou so coas súas iniciais por medo a ser censurada pola súa condición de muller. Describiu conceptos como o bucle e a subrutina. Solía definirse a si mesma como analista e metafísica ou científica e poetisa, algo bastante máis avanzado para a súa época que o pensamento dos seus primitivos conxéneres. Ada escribiu un completo plan onde se describiu o algoritmo necesario que permita calcular os valores dos números de Bernoulli utilizando dous bucles, amosando as capacidades de bifurcación da máquina analítica. Asimesmo describiu como realizar operacións trigonométricas que facían uso de variables tamén na máquina analítica de Babbage. Tamén definiu o uso de tarxetas perforadas para programar a máquina de Babbage. Lady Ada Lovelace foi outro dos grandes xenios que por unha causa ou outra morreron de forma prematura -no seu caso por un cancro de útero- privando ao mundo das súas capacidades e sabiduría. Se a maquina analítica de Babbage é hoxe recoñecida como un modelo temprano de ordenador, as notas de Ada serían unha descripción do seu software, polo que Ada é considerada a primeira programadora da historia.