SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
TÍTULO: O Corazón de Xúpiter
AUTOR: Ledicia Costas
O corazón de Xúpiter é unha novela publicada orixinalmente en setembro
do 2012 por Ledicia Costas Álvarez. Ledicia naceu en Vigo no verán de
1979. É neta e filla de escritores e escribe dende que ten memoria.
Debutou en 1999 coa novela Unha estrela no vento. Como poeta, o seu
primeiro libro é Xardín de inverno. O corazón de Xúpiter recibiu o premio
Neira Vilas ao mellor libro infanto-xuvenil na súa VIII edición e o premio
AELG ao mellor libro infanto-xuvenil do 2012.
Nesta novela nárrase a historia de Isla, unha rapaza apaixonada da
astronomía que, por decisión dos seus pais, se debe mudar e empezar de
cero nunha vila mariñeira chamada a Rexión. Casiopea é o nome que
emprega nos foros de astronomía, onde coñecerá a Xúpiter. Isla sentíase
soa e pensaba que ninguén a comprendía. Peor se sentiu cando coñeceu a
Carballo, o seu veciño e compañeiro de clase, pois faralle a vida imposible.
Máis adiante, coñece a Mar, unha rapaza homosexual que se fará a súa
mellor amiga; e a Anxo que será amigo seu, a pesar de estar namorado
dela.
Despois de once meses de longas conversas ata a madrugada con Xúpiter,
Isla namórase del e deciden quedar para coñecérense na noite de San
Xoán. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar e das súas
advertencias, cando a vida de Isla cambiou para sempre.
Esta novela está narrada en 1ª persoa pola protagonista, Isla, en tempo
actual, e situada nunha vila mariñeira de nome a Rexión, espazo
imaxinario, pois non existe ningún lugar aos que se fai referencia. A
historia comenza en agosto e remata en xuño do ano seguinte. Non se
menciona o ano exacto, pero sabemos que é actual pola existencia dos
foros, os móbiles etc. . Tamén se presenta de xeito lineal.
Canto aos personaxes, son case todos da mesma idade, 17 anos; agás os
pais de Isla e os profesores. Todos son imaxinarios, por canto non hai
ningunha referencia a unha persoa real.
O corazón de Xúpiter aborda temas como a amizade (perigos e
ensinanzas, oportunidades...), o amor, os celos (de Anxo e Xúpiter, incluso
de Carballo por Mar), entre outros. De feito, considero que está ben que
mencione temas como a homosexualidade e o bulling, o maltrato entre
iguais; pero penso que o final é moi previsible e hai aspectos aos que non
lles dá moita importancia, os cales debería explicar máis: como as razóns
de Xúpiter polas que se encariñou de Isla, o porqué de Carballo e Mar non
se falaren, etc.
Alba Viqueira Nouche, 3º ESO B

More Related Content

What's hot

fauvismo.pptx
fauvismo.pptxfauvismo.pptx
fauvismo.pptxfelixh6
 
Pintura del Siglo XX
Pintura del Siglo XXPintura del Siglo XX
Pintura del Siglo XXE. La Banda
 
EBAU. APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II: LA OBRA PICTÓRICA DE GOYA: CARACTERÍST...
EBAU. APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II: LA OBRA PICTÓRICA DE GOYA: CARACTERÍST...EBAU. APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II: LA OBRA PICTÓRICA DE GOYA: CARACTERÍST...
EBAU. APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II: LA OBRA PICTÓRICA DE GOYA: CARACTERÍST...ANA GALVAN ROMARATE-ZABALA
 
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. IMPRESIONISMO
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. IMPRESIONISMOEBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. IMPRESIONISMO
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. IMPRESIONISMOANA GALVAN ROMARATE-ZABALA
 
Various Solutions to the Problem of Points
Various Solutions to the Problem of PointsVarious Solutions to the Problem of Points
Various Solutions to the Problem of Pointswgyn
 
First Nations Star Stories
First Nations Star StoriesFirst Nations Star Stories
First Nations Star Storiesguesta6856e
 
Neoclasicismo, romanticismo y Realismo
Neoclasicismo, romanticismo y RealismoNeoclasicismo, romanticismo y Realismo
Neoclasicismo, romanticismo y RealismoAtala Nebot
 
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. SURREALISMO
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. SURREALISMOEBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. SURREALISMO
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. SURREALISMOANA GALVAN ROMARATE-ZABALA
 

What's hot (20)

Futurismo
FuturismoFuturismo
Futurismo
 
fauvismo.pptx
fauvismo.pptxfauvismo.pptx
fauvismo.pptx
 
Surrealismo
SurrealismoSurrealismo
Surrealismo
 
Gauguin
GauguinGauguin
Gauguin
 
Pintura del Siglo XX
Pintura del Siglo XXPintura del Siglo XX
Pintura del Siglo XX
 
Auguste Rodin
Auguste RodinAuguste Rodin
Auguste Rodin
 
EBAU. APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II: LA OBRA PICTÓRICA DE GOYA: CARACTERÍST...
EBAU. APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II: LA OBRA PICTÓRICA DE GOYA: CARACTERÍST...EBAU. APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II: LA OBRA PICTÓRICA DE GOYA: CARACTERÍST...
EBAU. APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II: LA OBRA PICTÓRICA DE GOYA: CARACTERÍST...
 
Lo Grotesco
Lo GrotescoLo Grotesco
Lo Grotesco
 
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. IMPRESIONISMO
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. IMPRESIONISMOEBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. IMPRESIONISMO
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. IMPRESIONISMO
 
Post impressionismo
Post impressionismoPost impressionismo
Post impressionismo
 
Various Solutions to the Problem of Points
Various Solutions to the Problem of PointsVarious Solutions to the Problem of Points
Various Solutions to the Problem of Points
 
Art nouveau
Art nouveauArt nouveau
Art nouveau
 
II PAUTAS PARA COMENTAR LA ESCULTURA
II PAUTAS PARA COMENTAR LA ESCULTURAII PAUTAS PARA COMENTAR LA ESCULTURA
II PAUTAS PARA COMENTAR LA ESCULTURA
 
Tres sombreros de copa
Tres sombreros de copa Tres sombreros de copa
Tres sombreros de copa
 
Fauvismo resumido
Fauvismo resumidoFauvismo resumido
Fauvismo resumido
 
First Nations Star Stories
First Nations Star StoriesFirst Nations Star Stories
First Nations Star Stories
 
Neoclasicismo, romanticismo y Realismo
Neoclasicismo, romanticismo y RealismoNeoclasicismo, romanticismo y Realismo
Neoclasicismo, romanticismo y Realismo
 
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. SURREALISMO
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. SURREALISMOEBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. SURREALISMO
EBAU APUNTES FUNDAMENTOS DEL ARTE II. SURREALISMO
 
Giorgio de Chirico
Giorgio de ChiricoGiorgio de Chirico
Giorgio de Chirico
 
La tira comica
La tira comicaLa tira comica
La tira comica
 

Similar to O corazon de xupiter

O corazon de x upiter helena santos
O corazon de x upiter  helena santosO corazon de x upiter  helena santos
O corazon de x upiter helena santosRemoeaLinguaLinguaGa
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
 
Dia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematadaDia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematadaceeabarcia
 
Guía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- SecundariaGuía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- Secundariapazlorenzo
 
Rocioepablo
RocioepabloRocioepablo
RocioepabloCCMC
 
Recomendacións verán
Recomendacións veránRecomendacións verán
Recomendacións veránana alvarez
 
Boslectores
BoslectoresBoslectores
BoslectoresCCMC
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012aesperela
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosIES Eduardo Blanco Amor
 
Gozando no Laxeiro 1ª avaliación
Gozando no Laxeiro 1ª avaliaciónGozando no Laxeiro 1ª avaliación
Gozando no Laxeiro 1ª avaliacióntrafegandoronseis
 

Similar to O corazon de xupiter (20)

O corazon de x upiter helena santos
O corazon de x upiter  helena santosO corazon de x upiter  helena santos
O corazon de x upiter helena santos
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Tes ata as dez
Tes ata as dezTes ata as dez
Tes ata as dez
 
O contador de estrelas
O contador de estrelasO contador de estrelas
O contador de estrelas
 
reseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdfreseña amote leo a.pdf
reseña amote leo a.pdf
 
Contador de estrelas
Contador de estrelasContador de estrelas
Contador de estrelas
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
 
Dia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematadaDia das bibliotecas. presentacion rematada
Dia das bibliotecas. presentacion rematada
 
Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Guía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- SecundariaGuía de lectura- Secundaria
Guía de lectura- Secundaria
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
Rocioepablo
RocioepabloRocioepablo
Rocioepablo
 
Recomendacións verán
Recomendacións veránRecomendacións verán
Recomendacións verán
 
Boslectores
BoslectoresBoslectores
Boslectores
 
Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012Guia LECTURAS. VERAN 2012
Guia LECTURAS. VERAN 2012
 
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anosLecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
Lecturas de Nadal para o alumnado entre os 12 e os 15 anos
 
Gozando no Laxeiro 1ª avaliación
Gozando no Laxeiro 1ª avaliaciónGozando no Laxeiro 1ª avaliación
Gozando no Laxeiro 1ª avaliación
 

More from normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 
Cando petan pola noite b
Cando petan pola noite bCando petan pola noite b
Cando petan pola noite b
 

Recently uploaded

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 

Recently uploaded (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

O corazon de xupiter

  • 1. TÍTULO: O Corazón de Xúpiter AUTOR: Ledicia Costas O corazón de Xúpiter é unha novela publicada orixinalmente en setembro do 2012 por Ledicia Costas Álvarez. Ledicia naceu en Vigo no verán de 1979. É neta e filla de escritores e escribe dende que ten memoria. Debutou en 1999 coa novela Unha estrela no vento. Como poeta, o seu primeiro libro é Xardín de inverno. O corazón de Xúpiter recibiu o premio Neira Vilas ao mellor libro infanto-xuvenil na súa VIII edición e o premio AELG ao mellor libro infanto-xuvenil do 2012. Nesta novela nárrase a historia de Isla, unha rapaza apaixonada da astronomía que, por decisión dos seus pais, se debe mudar e empezar de cero nunha vila mariñeira chamada a Rexión. Casiopea é o nome que emprega nos foros de astronomía, onde coñecerá a Xúpiter. Isla sentíase soa e pensaba que ninguén a comprendía. Peor se sentiu cando coñeceu a Carballo, o seu veciño e compañeiro de clase, pois faralle a vida imposible.
  • 2. Máis adiante, coñece a Mar, unha rapaza homosexual que se fará a súa mellor amiga; e a Anxo que será amigo seu, a pesar de estar namorado dela. Despois de once meses de longas conversas ata a madrugada con Xúpiter, Isla namórase del e deciden quedar para coñecérense na noite de San Xoán. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar e das súas advertencias, cando a vida de Isla cambiou para sempre. Esta novela está narrada en 1ª persoa pola protagonista, Isla, en tempo actual, e situada nunha vila mariñeira de nome a Rexión, espazo imaxinario, pois non existe ningún lugar aos que se fai referencia. A historia comenza en agosto e remata en xuño do ano seguinte. Non se menciona o ano exacto, pero sabemos que é actual pola existencia dos foros, os móbiles etc. . Tamén se presenta de xeito lineal. Canto aos personaxes, son case todos da mesma idade, 17 anos; agás os pais de Isla e os profesores. Todos son imaxinarios, por canto non hai ningunha referencia a unha persoa real. O corazón de Xúpiter aborda temas como a amizade (perigos e ensinanzas, oportunidades...), o amor, os celos (de Anxo e Xúpiter, incluso de Carballo por Mar), entre outros. De feito, considero que está ben que mencione temas como a homosexualidade e o bulling, o maltrato entre iguais; pero penso que o final é moi previsible e hai aspectos aos que non lles dá moita importancia, os cales debería explicar máis: como as razóns de Xúpiter polas que se encariñou de Isla, o porqué de Carballo e Mar non se falaren, etc. Alba Viqueira Nouche, 3º ESO B