SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
 
A Biblia Kennikott: a Biblia xudía galega
Na Idade Media vivía na cidade d´A Coruña unha familia xudía chamada Mordechai. Esta familia posuía, dende o ano 1300, un fermoso exemplar da Biblia, a coñecida como Biblia de Cervera, que actualmente se conserva na Biblioteca Nacional de Lisboa.
Salomón de Braga, un xudeu coruñés amigo da familia, devecía por ter un exemplar da Biblia tan fermoso coma o da familia Mordechai. Para elo, no ano 1475 contratou ó calígrafo Moisés Ibn Zabarah e ó iluminador Joseph Ibn Hayyim, co encargo de realizar unha a semellanza da que tiñan os seus amigos.
O calígrafo Moises traballou nela a ritmo de dous folios diarios. O texto, para o que empregou tinta castaña, foi escrito en letra cursiva sefardí.  Ademáis dos cinco libros da Torá (Xénese, Éxodo, Levítico, Números e Deuteromonio), o exemplar foi completado cos libros dos Profetas e Haxiógrafos, e cun tratado gramatical. Con respecto ó seu tamaño, cada unha das 922 páxinas mide 30 centímetros de alto por 23,5 de ancho.
 
As ilustracións, obra de Joseph, ocupan 238 páxinas enteiras, a maiores dos debuxos que adornan as adicadas a texto. Destacan pola súa beleza as representacións do Rei David sentado no seu trono, de Xonás tragado pola balea, ou do astrólogo Balaam consultando o seu astrolabio.
 
Coma tanto o calígrafo coma o iluminador tiñan nomes bíblicos, os artistas aproveitaron para facerse mútuos agasallos. Así, Moises destaca os feitos referentes a Joseph, fillo de Xacob, e Joseph, pola súa banda, detense máis no debuxo do Salmo 90, o adicado a Moises.
 
O 24 de Xullo de 1476, logo de dez meses de traballo, o exemplar foille entregado a Isaac, o fillo de Salomón, que morrera antes de ver rematada a tarefa. Isaac, ao recibir o libro, encargou unha caixa para protexelo, na cal vai grabado o seu nome .
 
Moisés era un dos máis afamados calígrafos do seu tempo. Os seus contemporáneos falaban del neste termos: “ Un grande calígrafo, o seu nome é grande en Israel,... ” O seu traballo na Biblia d´A Coruña axiña acadou gran sona. Naquel tempo díxose do manuscrito que “ non foi feito por un home, senón polo Anxo de Deus, un perfecto sabio, piadoso e santo ”.
Sábese que a Biblia saíu de Galicia logo do Edito de Expulsión dos Reis Católicos, no 1492. Sen embargo, o seu rastro pérdese ata que é mercada en Inglaterra, no 1711, por Benjamin Kennicott, hebreísta, bibliotecario e párroco da Universidade de Oxford. Alí é onde permanece, a día de hoxe, a Biblia xudía galega.
A Biblia Kennicott é o manuscrito relixioso máis importante do Medievo galego, e unha das mellores Biblias hebrea medievais que se conservan na actualidade.  Dende a  Asociación Galega de Amizade con Israel  queremos facer un chamamento a recuperar a memoria dunha obra capital na Historia do noso País, e a ubicala no lugar central que na mesma lle corresponde.
O texto desta presentación foi tomado do artigo de Carlos Barros, profesor da USC, “ A BIBLIA KENNICOTT: unha Biblia xudea na Galiza do século XV ”
A.G.A.I. Máis información en   www.amizadeconisrael.org

More Related Content

Viewers also liked

T E L A V I V 1920 1940
T E L  A V I V 1920 1940T E L  A V I V 1920 1940
T E L A V I V 1920 1940GZ-Israel
 
1 Presentation osmscard.net
1 Presentation osmscard.net1 Presentation osmscard.net
1 Presentation osmscard.netosmscard
 
T E L A V I V 1920 1940
T E L  A V I V 1920 1940T E L  A V I V 1920 1940
T E L A V I V 1920 1940GZ-Israel
 
Beautiful Nature In Israel 1217427099780710 9
Beautiful Nature In Israel 1217427099780710 9Beautiful Nature In Israel 1217427099780710 9
Beautiful Nature In Israel 1217427099780710 9GZ-Israel
 
Cronoloxía da vida de Itzjak Rabin
Cronoloxía da vida de Itzjak RabinCronoloxía da vida de Itzjak Rabin
Cronoloxía da vida de Itzjak RabinGZ-Israel
 
O Sionismo En Prespectiva Historica 02
O Sionismo  En Prespectiva Historica 02O Sionismo  En Prespectiva Historica 02
O Sionismo En Prespectiva Historica 02GZ-Israel
 
TEXTO ÍNTEGRO EN GALEGO DISCURSO DE BENJAMÍN NETANYAHU (14.06.09)
TEXTO ÍNTEGRO EN GALEGO DISCURSO DE BENJAMÍN NETANYAHU (14.06.09)TEXTO ÍNTEGRO EN GALEGO DISCURSO DE BENJAMÍN NETANYAHU (14.06.09)
TEXTO ÍNTEGRO EN GALEGO DISCURSO DE BENJAMÍN NETANYAHU (14.06.09)GZ-Israel
 

Viewers also liked (11)

Gdi
GdiGdi
Gdi
 
T E L A V I V 1920 1940
T E L  A V I V 1920 1940T E L  A V I V 1920 1940
T E L A V I V 1920 1940
 
1 Presentation osmscard.net
1 Presentation osmscard.net1 Presentation osmscard.net
1 Presentation osmscard.net
 
T E L A V I V 1920 1940
T E L  A V I V 1920 1940T E L  A V I V 1920 1940
T E L A V I V 1920 1940
 
Beautiful Nature In Israel 1217427099780710 9
Beautiful Nature In Israel 1217427099780710 9Beautiful Nature In Israel 1217427099780710 9
Beautiful Nature In Israel 1217427099780710 9
 
Cronoloxía da vida de Itzjak Rabin
Cronoloxía da vida de Itzjak RabinCronoloxía da vida de Itzjak Rabin
Cronoloxía da vida de Itzjak Rabin
 
The Missing Piece
The Missing PieceThe Missing Piece
The Missing Piece
 
Attitude
AttitudeAttitude
Attitude
 
Gizarteratzeko ibilbideetarako tresnak
Gizarteratzeko ibilbideetarako tresnakGizarteratzeko ibilbideetarako tresnak
Gizarteratzeko ibilbideetarako tresnak
 
O Sionismo En Prespectiva Historica 02
O Sionismo  En Prespectiva Historica 02O Sionismo  En Prespectiva Historica 02
O Sionismo En Prespectiva Historica 02
 
TEXTO ÍNTEGRO EN GALEGO DISCURSO DE BENJAMÍN NETANYAHU (14.06.09)
TEXTO ÍNTEGRO EN GALEGO DISCURSO DE BENJAMÍN NETANYAHU (14.06.09)TEXTO ÍNTEGRO EN GALEGO DISCURSO DE BENJAMÍN NETANYAHU (14.06.09)
TEXTO ÍNTEGRO EN GALEGO DISCURSO DE BENJAMÍN NETANYAHU (14.06.09)
 

Similar to Biblia Kennicott

Similar to Biblia Kennicott (7)

Como se formou a biblia
Como se formou a bibliaComo se formou a biblia
Como se formou a biblia
 
A biblia a escritura
A biblia  a escrituraA biblia  a escritura
A biblia a escritura
 
Iter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm TextvvmIter Classicorvm Textvvm
Iter Classicorvm Textvvm
 
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado) Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)
Santo Cristo de Ourense (Prancha de Gravado)
 
Historia do libro
Historia do libroHistoria do libro
Historia do libro
 
Evolución da escrita
Evolución da escritaEvolución da escrita
Evolución da escrita
 
Galician - The First Gospel of the Infancy of Jesus Christ.pdf
Galician - The First Gospel of the Infancy of Jesus Christ.pdfGalician - The First Gospel of the Infancy of Jesus Christ.pdf
Galician - The First Gospel of the Infancy of Jesus Christ.pdf
 

More from GZ-Israel

Declaración institucional día holocausto 2012
Declaración institucional día holocausto 2012Declaración institucional día holocausto 2012
Declaración institucional día holocausto 2012GZ-Israel
 
No matarás al que lleve tu sangre
No matarás al que lleve tu sangreNo matarás al que lleve tu sangre
No matarás al que lleve tu sangreGZ-Israel
 
Que representa Israel para min
Que representa Israel para minQue representa Israel para min
Que representa Israel para minGZ-Israel
 
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín Fanjul
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín FanjulIslamismo e democracia. Entrevista con Sefafín Fanjul
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín FanjulGZ-Israel
 
La cuestion nacional . Dov Ber Borojov
La cuestion nacional . Dov Ber BorojovLa cuestion nacional . Dov Ber Borojov
La cuestion nacional . Dov Ber BorojovGZ-Israel
 
Seica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compañaSeica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compañaGZ-Israel
 
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesJordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesGZ-Israel
 
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01GZ-Israel
 
Francis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísFrancis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísGZ-Israel
 
Tui xudeu 2011
 Tui xudeu 2011 Tui xudeu 2011
Tui xudeu 2011GZ-Israel
 
Sehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioSehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioGZ-Israel
 
Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga   Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga GZ-Israel
 
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2GZ-Israel
 
Shabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaShabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaGZ-Israel
 
Shabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoShabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoGZ-Israel
 
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...GZ-Israel
 
Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011GZ-Israel
 
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04GZ-Israel
 

More from GZ-Israel (20)

Declaración institucional día holocausto 2012
Declaración institucional día holocausto 2012Declaración institucional día holocausto 2012
Declaración institucional día holocausto 2012
 
No matarás al que lleve tu sangre
No matarás al que lleve tu sangreNo matarás al que lleve tu sangre
No matarás al que lleve tu sangre
 
Que representa Israel para min
Que representa Israel para minQue representa Israel para min
Que representa Israel para min
 
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín Fanjul
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín FanjulIslamismo e democracia. Entrevista con Sefafín Fanjul
Islamismo e democracia. Entrevista con Sefafín Fanjul
 
Viena xudia
Viena xudiaViena xudia
Viena xudia
 
La cuestion nacional . Dov Ber Borojov
La cuestion nacional . Dov Ber BorojovLa cuestion nacional . Dov Ber Borojov
La cuestion nacional . Dov Ber Borojov
 
Pin AGAI
Pin AGAIPin AGAI
Pin AGAI
 
Seica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compañaSeica o basilisco é animal de compaña
Seica o basilisco é animal de compaña
 
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres paginesJordi Pujol i els jueus primeres pagines
Jordi Pujol i els jueus primeres pagines
 
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
Vida - Atlantico diario . 11.09.2011.01
 
Francis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso PaísFrancis Papiernik na revista O Noso País
Francis Papiernik na revista O Noso País
 
Tui xudeu 2011
 Tui xudeu 2011 Tui xudeu 2011
Tui xudeu 2011
 
Sehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diarioSehudat Shabat en Atlantico diario
Sehudat Shabat en Atlantico diario
 
Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga   Destino Israel. Por Pablo Veiga
Destino Israel. Por Pablo Veiga
 
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
Shabat Monforte La Voz de Galicia 2
 
Shabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de GaliciaShabat Monforte Voz de Galicia
Shabat Monforte Voz de Galicia
 
Shabat monforte el progreso
Shabat monforte el progresoShabat monforte el progreso
Shabat monforte el progreso
 
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
Boicot a China, Irán, Siria, Corea...
 
Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011Aurora . 21.04.2011
Aurora . 21.04.2011
 
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
Boicot israel. xornal de galicia . 18.04
 

Biblia Kennicott

  • 1.  
  • 2. A Biblia Kennikott: a Biblia xudía galega
  • 3. Na Idade Media vivía na cidade d´A Coruña unha familia xudía chamada Mordechai. Esta familia posuía, dende o ano 1300, un fermoso exemplar da Biblia, a coñecida como Biblia de Cervera, que actualmente se conserva na Biblioteca Nacional de Lisboa.
  • 4. Salomón de Braga, un xudeu coruñés amigo da familia, devecía por ter un exemplar da Biblia tan fermoso coma o da familia Mordechai. Para elo, no ano 1475 contratou ó calígrafo Moisés Ibn Zabarah e ó iluminador Joseph Ibn Hayyim, co encargo de realizar unha a semellanza da que tiñan os seus amigos.
  • 5. O calígrafo Moises traballou nela a ritmo de dous folios diarios. O texto, para o que empregou tinta castaña, foi escrito en letra cursiva sefardí. Ademáis dos cinco libros da Torá (Xénese, Éxodo, Levítico, Números e Deuteromonio), o exemplar foi completado cos libros dos Profetas e Haxiógrafos, e cun tratado gramatical. Con respecto ó seu tamaño, cada unha das 922 páxinas mide 30 centímetros de alto por 23,5 de ancho.
  • 6.  
  • 7. As ilustracións, obra de Joseph, ocupan 238 páxinas enteiras, a maiores dos debuxos que adornan as adicadas a texto. Destacan pola súa beleza as representacións do Rei David sentado no seu trono, de Xonás tragado pola balea, ou do astrólogo Balaam consultando o seu astrolabio.
  • 8.  
  • 9. Coma tanto o calígrafo coma o iluminador tiñan nomes bíblicos, os artistas aproveitaron para facerse mútuos agasallos. Así, Moises destaca os feitos referentes a Joseph, fillo de Xacob, e Joseph, pola súa banda, detense máis no debuxo do Salmo 90, o adicado a Moises.
  • 10.  
  • 11. O 24 de Xullo de 1476, logo de dez meses de traballo, o exemplar foille entregado a Isaac, o fillo de Salomón, que morrera antes de ver rematada a tarefa. Isaac, ao recibir o libro, encargou unha caixa para protexelo, na cal vai grabado o seu nome .
  • 12.  
  • 13. Moisés era un dos máis afamados calígrafos do seu tempo. Os seus contemporáneos falaban del neste termos: “ Un grande calígrafo, o seu nome é grande en Israel,... ” O seu traballo na Biblia d´A Coruña axiña acadou gran sona. Naquel tempo díxose do manuscrito que “ non foi feito por un home, senón polo Anxo de Deus, un perfecto sabio, piadoso e santo ”.
  • 14. Sábese que a Biblia saíu de Galicia logo do Edito de Expulsión dos Reis Católicos, no 1492. Sen embargo, o seu rastro pérdese ata que é mercada en Inglaterra, no 1711, por Benjamin Kennicott, hebreísta, bibliotecario e párroco da Universidade de Oxford. Alí é onde permanece, a día de hoxe, a Biblia xudía galega.
  • 15. A Biblia Kennicott é o manuscrito relixioso máis importante do Medievo galego, e unha das mellores Biblias hebrea medievais que se conservan na actualidade. Dende a Asociación Galega de Amizade con Israel queremos facer un chamamento a recuperar a memoria dunha obra capital na Historia do noso País, e a ubicala no lugar central que na mesma lle corresponde.
  • 16. O texto desta presentación foi tomado do artigo de Carlos Barros, profesor da USC, “ A BIBLIA KENNICOTT: unha Biblia xudea na Galiza do século XV ”
  • 17. A.G.A.I. Máis información en www.amizadeconisrael.org