SlideShare a Scribd company logo
1 of 208
UNIDADE 5. SECTOR SECUNDARIO
SECTOR TERCIARIO
Zona Franca de Barcelona
Marineda City. A Coruña
SECTOR SECUNDARIO
Zona Franca de Barcelona
4.0. O SECTOR SECUNDARIO: DEFINICIÓN
TIPO DE ACTIVIDADES QUE O COMPOÑEN
► As actividades económicas que transforman as
materias primas en produtos elaborados ou en
semielaborados forman parte do sector secundario.
A actividade máis importante deste sector é a
industria e é o tipo de actividade que máis encaixa
coa definición anterior.
► A minería, aínda que é unha actividade extractiva e
non transformadora, forma tamén parte deste sector
aos que se suman a produción enerxética e a
construción.
► En resume as actividades económicas que
comprende o sector secundario son a industria,
minería, fontes de enerxía e construción.
SECTORES EN ESPAÑA S.1º S. 2º S. 3º
1900 68,0% 15,0% 17,0%
1910 64,0% 16,0% 20,0%
1920 59,0% 22,0% 19,0%
1930 48,0% 31,0% 21,0%
1940 51,0% 24,0% 25,0%
1950 50,0% 25,0% 25,0%
1960 41,7% 31,8% 26,5%
1965 33,2% 35,5% 31,3%
1970 29,0% 37,3% 33,6%
1975 21,0% 38,1% 40,9%
1980 19,5% 37,1% 43,4%
1989 12,3% 30,4% 57,3%
1996 8,1% 30,0% 61,9%
2000 6,6% 31,3% 62,2%
2005 5,2% 29,6% 65,2%
2011 4,54% 21,36% 74,1%
Fte. Instituto Nacional de Estadística
4.1. As materias primas.
As materias primas de orixe mineral
► Chamamos materias primas a aqueles recursos
extraídos da natureza que nos serven para
transformar en produtos elaborados ou
semielaborados. Éstas clasifícanse segundo a súa
orixe como orgánicas (de orixe vexetal ou animal) ou
mineral.
► Xa se falou na unidade dedicada ao sector primario
sobre as materias de orixe orgánica. Neste apartado
falarase daquelas materias primas de orixe mineral
(ver cadro).
CLASIFICACIÓN DAS MATERIAS PRIMAS
MATERIAS PRIMAS MINERAIS
METÁLICOS
FÉRRICOS
- Ferro.
- Cromo.
- Manganeso.
- Niquel.
- Pirita.
- Volframio...
NON FERRICOS - Cobre.
- Chumbo.
- Aluminio (Bauxita).
- Mercurio...
NON METÁLICOS
ROCHAS INDUSTRIAIS
- Fosfatos.
- Potasas.
- Cuarzo.
- Lousas.
- Granito.
- Mármore.
- Arxilas.
- Caolín...
PRECIOSOS - Ouro.
- Prata.
- Platino.
ORGÁNICAS
ORIXE VEXETAL - Algodón.
- Liño...
ORIXE ANIMAL - Pel.
-Lá...
MINA A CEO ABERTO
MINAS DE RIO TINTO
Instituto Xeolóxico Mineiro
MTI.Blog
MINA ESCAVADA
4.1. Minerais: metálicos e non metálicos
► A primeira división que se fai sobre os minerais é se estes
son metálicos ou non.
► Os primeiros son necesarios para elaborar metais,
atópanse en pequenas cantidades na natureza polo que é
necesario facer minas subterráneas ou a ceo aberto para
chegar a eles. Dentro destes os dividiremos en férricos
(se existe unha porcentaxe importante deste metal) e non
férricos (se non hai presenza deste).
► O segundos teñen unha finalidade distinta á obtención de
metais. Denomínanse tamén como minerais industriais
posto que se utilizan na química, construción... Dentro
destes destacan as rochas industriais (áridos,
aglomerados, rochas de construción, vidro e produtos
cerámicos) que se extraen, xeralmente, en canteiras ou
minas a ceo aberto.
Os minerais metálicos
 Son os máis utilizados na transformación industrial sobre
todo na industria de base como a siderurxia[1] ou
metalurxia. Ata hai moi poucos anos existían bastantes
minas de ferro, pirita, chumbo, cinc, cobre, mercurio,
volframio e estaño que foron rematando a súa actividade
recentemente.
 O ferro é un mineral básico na industria siderúrxica. Foi a
materia prima clave da primeira revolución industrial. Na
actualidade sigue sendo o mineral estrela na industria.
España pasou do autoabastecemento e exportación a
importación do 100% deste mineral (peche das minas das
Encartaciones en Vizcaya ou de pirita en Riotinto).

[1] Chámase siderurxia a metalurxia relacionada coa fundición do
ferro.
Os minerais metálicos
► O chumbo emprégase fundamentalmente nos acumuladores de
enerxía. Os xacementos máis importantes estaban situados en
Linares-La Carolina (Jaén). O cinc utilízase nas aliaxes, anticorrosivo
e na industria eléctrica. O xacemento máis importante pechou no 2003
(Reocín, Cantabria). O cobre úsase para material eléctrico. As
reservas máis importantes atópase en Riotinto (Huelva). O mercurio
utilizouse para instrumentos de precisión, pilas ou pinturas. As minas
de Almadén (Ciudad Real) (pechadas no 2001) eran as máis
importantes do Mundo. O volframio utilizouse para os carburos,
química, mecánica ferroaliaxes e compoñentes eléctricos.
Actualmente todas as minas están pechadas. Na provincia da Coruña
era onde se situaban as minas máis importantes.
► Se observas a táboa anterior observarás que actividade mineira de
produtos metálicos practicamente está paralizada na actualidade
importándose o 100% destas materias primas.
► Outros minerais dos que España non ten reservas pero que son moi
importantes para a produción de bens industriais e ten que importar na
súa totalidade son a bauxita, para elaborar aluminio; titanio, na
industria química; manganeso, como ferroaliaxe e na industria
química; o níquel, para producir aceiros inoxidables e o cromo, na
industria metalúrxica.
Minerais non metálicos
► Estes minerais utilízanse basicamente na construción e na industria
química. Os xacementos están moi dispersos por todo o territorio.
► Como exemplo, as potasas (os seus xacementos atópanse en concas
terciarias de orixe lacustre e estes van dende Navarra á provincia
de Barcelona) empréganse na agricultura como abono e na industria
química como colorante para xabóns, medicamentos ou vidros. A súa
produción diminuíu por ser pouco rendibles. A produción de sal
(tanto sal xema como mariño) é moi alta. Cantabria sitúase á cabeza
da extracción de sal xema utilizada para a fabricación de sosa e
noutras industrias químicas. O sal mariño extraese de salinas
situadas na rexión suratlántica e mediterránea. O seu uso é
fundamentalmente alimentario. As salinas máis antigas sitúanse en
San Fernando (Cádiz) e Torrevieja (Alicante). O espato fluor, úsase
na industria química e metalúrxica o xacemento máis importante
está en Asturias. A magnesita utilízase para a produción de
cementos, pasta de papel e pensos compostos. O caolín serve para a
produción de cerámica e sanitarios, as arxilas especiais como a
sepiolita ou a bentonita destínase fundamentalmente a construción.
Co cuarzo elabóranse cristais para óptica e industria de precisión
(reloxos...). O feldespato utilízase na industria química e como
fertilizante agrícola.
ANTIGA MINA DE VOLFRAMIO
MONTE NEME (CARBALLO)
MINA DE CAOLÍN
CASTRELO (VIMIANZO)
MAGNESITA
RUBIÁN (BÓVEDA)
Canteira de granito. Porriño
Canteira de lousa. Valdeorras
Canteira de mármore. Macael (Almería)
 As fontes de enerxía son recursos naturais a partir dos cales é
posible obter formas de enerxía necesarias para o funcionamento
de industrias, transportes e para usos domésticos.
 As fontes de enerxía pódense clasificar en catro grupos:
 Primarias ou finais.
 Segundo a posibilidade de que se esgoten, as fontes de enerxía
poden ser renovables e non renovables.
 En función da súa importancia económica, as fontes de enerxía
clasifícanse en tradicionais e alternativas.
 Desde un punto de vista ambiental: contaminantes e non
contaminantes.
4.2. Fontes de enerxía: definición e
clasificación
4.2.Fontes de enerxía non renovables
 O carbón. Na actualidade, emprégase
principalmente como combustible para a
produción de enerxía térmica.
 O petróleo. É a fonte de enerxía máis utilizada, xa
que posúe un gran poder calorífico, e é doado de
extraer e de transportar.
 Gas natural. Emprégase como combustible ou
como materia prima na industria química. O seu
consumo é cada vez maior.
 Enerxía nuclear. Os combustibles nucleares son
unha fonte de enerxía. Nas centrais nucleares, un
reactor xera a calor necesaria para obter
electricidade.
4.2. O carbón

Rocha sedimentaria fósil e combustible.

Existen tres tipos de carbón: antracita, hulla formado na era
primaria durante o período Carbonífero e lignito entre finais da era
secundaria e principios da terciaria.

Estes carbóns diferéncianse, ademais do momento da súa
formación, polo seu poder calorífico, contido en carbono e grao de
pureza.

A hulla destilada denomínase coque e utilízase para fundición
siderúrxica. Ademais do anterior, os principais usos do carbón é
para a fundición en metalurxias e e a produción (térmica) de
enerxía eléctrica. O lignito só se usa para a produción de enerxía
eléctrica. O 80% do carbón utilízase para a produción
termoeléctrica e o 20% restante para industria siderúrxica e
cemento.

Salientan pola súa produción China, Estados Unidos, India e
Australia (ver táboa)
CARBÓN 2011 (Tm)
PAÍS PRODUCIÓN %
CHINA 3.520.000.000 45%
USA 992.750.000 13%
INDIA 627.570.000 8%
AUSTRALIA 425.751.000 5%
INDONESIA 350.000.000 5%
RUSIA 334.000.000 4%
SUDÁFRICA 252.756.844 3%
ALEMAÑA 189.462.000 2%
POLONIA 139.295.700 2%
KAZAKHASTÁN 101.044.958 1%
RESTO DO MUNDO 818.503.429 11%
EL BUSTIELLO
POBOADO MINEIRO
CONCA DO ALLER. ASTURIAS
EL BUSTIELLO
POBOADO MINEIRO
CONCA DO ALLER. ASTURIAS
MUMI
Concas mineiras es España
►
Rexión astur-leonesa: É a rexión máis importante. Explótanse as minas de
hulla e antracita. Os xacementos asturianos son os que máis sobresaen xa
dende 1/3 do s. XIX ata os nosos días. A conca central comprende as minas
hulleras do val do Nalón con centro en Langreo e do Caudal con centro en
Mieres. No conxunto de León e Palencia ten unha producción predominante a
antracita. En León os principais distritos produtores son os do val do Bierzo,
Fabero, Villablino, e La Robla.
► Rexión de Serra Morena e proximidades: Comprende as provincias de
Badajoz, Ciudad Real, Córdoba e Sevilla. Os xacementos de Puertollano
(Ciudad Real) que abastecen a central térmica e complexo industrial desta
localidade. En Córdoba existen núcleos carboníferos en Bélmez e
Peñarroya-Pueblonuevo.
► Zona de Cataluña e Aragón: produción de lignito en Cataluña as concas de
Figols e Alto Llobregat. Aragón: Utrillas e Teruel.
► Outras áreas: Galicia esgotouse a explotación de lignito nos xacementos de
As Pontes e Meirama (A Coruña). Baleares: en Mallorca hai xacementos que
se explotaban (Alaró, Benisalem e Alcudia) cunha central térmica nesta última
localidade que sirve para subministrar combustible á illa.
► Lago das Pontes. Xaneiro 2011
Central térmica
de As Pontes
Mina de lignito das Pontes
Antes e despois
4.2. O petróleo

O petróleo é un aceite mineral composto por unha mestura de
hidrocarburos formado pola descomposición de restos animais e
plantas que quedaron almacenados en capas xeolóxicas.

O petróleo utilízase como fonte de enerxía. E doado de extraer e
transportar. Tamén pode ser utilizado como materia prima
(plásticos, pinturas, deterxentes...).

Ten un problema de reserva (ao ritmo de produción e consumo
actual esgotarase entre 30 e 40 anos).

Os máximos produtores son: Arabia Saudí, Rusia, USA, Irán e
China.

A produción española é escasa. As sondaxes que se levaron a
cabo dende 1958, tanto en terra como en zonas mariñas, deron
resultados mediocres, e actualmente tan só están en explotación
as plataformas da costa de Tarragona Amposta e Ayoluengo
(Burgos) (a punto de pechar ou semipechada), cunha producción
de 0,13 millóns de toneladas ao ano.

Esta produción non cubre máis que o 0,19% do consumo
interno español.
PRODUCIÓN DE PETRÓLEO NO MUNDO 2011 (Tm)
PAÍS PRODUCIÓN %
ARABIA SAUDÍ 525.800.000 13%
RUSIA 509.000.000 13%
USA 360.155.048 9%
IRÁN 205.800.000 5%
CHINA 203.646.000 5%
MÉXICO 151.687.000 4%
EAU 150.100.000 4%
CANADÁ 145.000.000 4%
KUWAIT 140.000.000 4%
VENEZUELA 139.600.000 4%
IRAK 136.900.000 3%
NIXERIA 117.400.000 3%
BRASIL 113.400.000 3%
NORUEGA 100.289.000 3%
ANGOLA 85.200.000 2%
KAZAKHASTÁN 80.060.900 2%
ALXERIA 74.300.000 2%
QATAR 71.100.000 2%
REÍNO UNIDO 63.498.000 2%
COLOMBIA 45.433.683 1%
INDONESIA 45.150.000 1%
OMAN 44.100.000 1%
AZERBAIAN 43.195.200 1%
RESTO DO MUNDO 429.000.044 11%
Petróleo en Ayoluengo (Burgos)

En xuño de 1964 brotou por
primeira vez o petróleo da
Lora, na provincia de
Burgos.

Ayoluengo, Valdeajos e
Sargentes, tres pequenos
pobos do páramo, adicados
por aquel entón á pataca de
semente, atopáronse de
repente rodeados de
xornalistas, políticos,
enxeñeiros e especuladores.

Todos buscaban a súa parte
do pastel negro, todos
querían ser protagonistas da
nova Texas española. Bienvenido Mr. Marshall
James Dean. Xigante
A historia repítese
Pozo petrolífero en Ayoluengo (Burgos)
Plataforma petrolífera na costa de Tarragona
Oleoduto
Procedencia do petróleo

O petróleo representa en España 48% da
demanda enerxética.

A principal fonte de enerxía, o que obriga a
importar o 99,80% do cru procedente no 2005 de
México (15,2%), Rusia (12,3%), Nixeria (11,8%),
Libia (10,3%), Arabia Saudí (9,4%), Irán (8,4%),
Irak (6%), Alxeria (5%), Noruega (4,6%), Guinea
Ecuatorial (3,2%), Angola (2,8%), Camerún (2,5%),
Kazastán (2,1%), Venezuela (1,8%), Resto (4,6%).
Refinerías de petróleo
► Se a produción é escasa, non o é no seu
refinado. A variedade de produtos petrolíferos
e as súas aplicacións son numerosas,
especialmente para o transporte e a industria
(gasóleo, gasolinas para o transporte; naftas
e queroseno para a petroquímica que
produce xofre, amoníaco, acetona, plásticos,
fertilizantes; asfaltos, aceites lubricantes,
produción de electricidade...). En España hai
un total de nove refinarías (oito situadas na
costa e unha no interior.
EMPRESA LOCALIDADE CAPACIDADE DE
REFINADO (millóns
de t de cru/ano)
CEPSA San Roque (Cádiz) 12
La Rábida (Huelva) 5
Sta. Cruz Tenerife 4,5
Meicende (A Coruña) 6
Puertollano (C. Real) 7,5
Cartagena 5,5
Tarragona 9,4
Castellón 6
Somorrostro (Vizcaya) 11
TOTAL 66,9
Ler artigo
4.2. O gas natural
► Fonte de enerxía cunha orixe similar á do petróleo, xa que é un hidrocarburo
gasoso composto por etano e metano e que se atopa na codia terrestre, ás
veces ao lado do petróleo. O consumo pasou dun 2,4% en 1980 da demanda
final enerxética a un 21,3% no ano 2007 en España. Utilízase como
combustible (calefacción e electricidade) ou materia prima (industria química).
Úsase cada vez máis que o petróleo e o carbón posto que contamina menos.
► Rusia, USA e Países Árabes son os principais produtores.
► España só produce o 0,5% da súa demanda os xacementos localízanse nas
marismas do Guadalquivir, Golfo de Vizcaya (La Gaviota) e o Serrablo no
Pireneo aragonés. O 99,5% hai que importalo. Ata 1979 o principal país
importador era Libia. Actualmente (datos do ano 2005) é Alxeria (43,3% do
total de importacións). Outros países son Nixeria (15,2%), Qatar (14,8%),
Exipto (9%), Noruega (5,3%).
► Transporte por gasoductos: gasoducto Mogreb-Europa (entrada por
Xibraltar) e barcos metaneiros (plantas de regasificación): Mugardos-
Ferrol, Musel Gijón, Bilbao, Barcelona, Sagunto-Valencia, Cartagena, Huelva,
Tenerife e Gran Canarias cada unha. A rede de gasoductos, dada a forte
demanda destes últimos anos, e moito máis ampla e complexa que a de
oleoductos.
PRODUCIÓN DE GAS NATURAL 2011 (m3)
PAÍS PRODUCIÓN %
RUSIA 669.000 20%
USA 651.292 19%
IRÁN 151.800 4%
QATAR 146.800 4%
CANADÁ 145.285 4%
CHINA 102.500 3%
NORUEGA 101.376 3%
ARABIA SAUDÍ 99.200 3%
ALXERIA 78.000 2%
PAÍSES BAIXOS 76.431 2%
INDONESIA 75.555 2%
EXIPTO 61.300 2%
MALAISIA 61.260 2%
TURKMENISTÁN 59.500 2%
UZBEKISTÁN 57.000 2%
MÉXICO 52.500 2%
EAU 51.700 2%
AUSTRALIA 51.268 2%
REÍNO UNIDO 47.790 1%
RESTO DO MUNDO 663.408 19%
Novo gasoducto
Alxeria-Almería
Planta regasificadora (Mugardos)
4.2. A enerxía nuclear
 Obtense actualmente por fisión (separación de
átomos pesados de uranio), aínda que está en
experimentación a súa produción por fusión (unión
de isótopos lixeiros de hidróxeno (deuterio ou
tritio), que produce helio e grandes cantidades de
enerxía). A fusión nuclear é moi complicada de
producir posto que reacción prodúcese a
temperaturas de cen millóns de graos centígrados
e non se conseguiu probar o inicio nin o control da
reacción nuclear. España colabora no proxecto
internacional ITER con sede en Cadarache
(Francia) para construír un reactor capaz de
producir este tipo de enerxía e que sexa rendible
economicamente.
PRODUCIÓN ENERXÍA NUCLEAR MUNDO
País Reactores Potencia (Mw)
Potencia media
por reactor
EEUU 104 100.747 969
Francia 58 63.610 1097
Xapón 54 46.821 867
Rusia 32 22.693 709
Corea do Sur 21 18.698 890
India 20 4.391 220
Reino Unido 19 10.137 534
Canadá 18 12.565 698
Alemaña 17 20.490 1205
Ucraína 15 13.107 874
China 13 10.058 774
Suecia 10 9.298 930
España 8 7.514 939
REACTORES NUCLEARES NO MUNDO
2014
URANIO 2011
PAÍS PRODUCIÓN %
KAZAKHASTÁN 19.451 35,79%
CANADÁ 8.923 16,42%
AUSTRALIA 5.886 10,83%
NÍXER 4.159 7,65%
NAMIBIA 3.262 6,00%
UZBEKISTÁN 3.000 5,52%
RUSIA 2.993 5,51%
USA 1.537 2,83%
CHINA 1.500 2,76%
MALAWI 998 1,84%
UCRAÍNA 890 1,64%
SUDÁFRICA 656 1,21%
INDIA 400 0,74%
BRASIL 265 0,49%
R. CHECA 252 0,46%
ROMANÍA 77 0,14%
ALEMAÑA 51 0,09%
PAQUISTÁN 45 0,08%
TOTAL 54.345 Toneladas m.
Central nuclear
de Trillo (Guadalajara)
4.2. A enerxía nuclear
 Na actualidade, os grupos de presión económica favorables a
esta enerxía están intentando defender este modelo mediante
os seguintes argumentos: as centrais nucleares melloraron
moito en tecnoloxía, son moi seguras e non emiten de CO2 .
 O principal problema que presenta a enerxía de fisión é: a
dependencia externa no enriquecemento de uranio e na
tecnoloxía; os riscos, a pesar dos sistemas de seguridade
existente; e, sobre todo, o almacenamento de residuos
radioactivos. Actualmente se realiza na mina de El Cabril
(Córdoba).
 A produción de uranio obtíñase dos xacementos de Saelices el
Chico (Salamanca) e Don Benito (Badajoz) paralizados no ano
2002. Actualmente impórtase o 100% de uranio. A maioría
provén de Níxer.
 Por último sinalar que mentres na actualidade España ten oito
reactores nucleares activos, Francia ten 58. A cantidade de
enerxía que aporta ao sistema eléctrico español é do 20%
fronte ao 80% francés.
NUCLEARES FUNC. CESE MW
ZORITA-GUADALAJARA 1968 2006 160
GAROÑA-BURGOS 1971 2009[1] 466
ASCÓ I-TARRAGONA 1982 1.033
ASCÓ II-TARRAGONA 1985 1.027
VANDELLÓS-I TARRAGONA 1972 1989 480
VANDELLÓS-II TARRAGONA 1988 1.087
COFRENTES-VALENCIA 1984 1.092
ALMARAZ I-CÁCERES 1980 980
ALMARAZ II-CÁCERES 1983 984
TRILLO I-GUADALAJARA 1987 1.043
TRILLO II-GUADALAJARA MORATORIA
VALDECABALLEROS I-BADAJOZ MORATORIA
VALDECABALLEROS II-BADAJOZ MORATORIA
LEMÓNIZ I-VIZCAYA MORATORIA
LEMÓNIZ II-VICAYA MORATORIA
Central nuclear
en activo
Central nuclear
parada ou desmantelada
Almaraz I e II
Valdecaballeros I e II
Lemóniz I e II
Garoña
Zorita
Trillo I e II
Cofrentes
Ascó I e II
Vandellós I e II
Cementerio nuclear
El Cabril
ENERXÍA NUCLEAR
Petróleo
Carbón
Refinerías petróleo
Gas natural
Reservas de uranio
Oleoducto
Gasoducto
LOCALIZACIÓN DE XACEMENTOS, TRANSPORTE E TRANSFORMACIÓN DE COMBUSTIBLES FÓSILES
Regasificadora
4.3. Enerxías renovables
• O esgotamento das enerxías tradicionais non
renovables como o carbón ou o petróleo e a
contaminación que xeran fan desexable a súa
substitución por outras fontes de enerxía.
• Na actualidade hai un grande interese por
desenvolver fontes de enerxía alternativas que son,
polo xeral, renovables e pouco contaminantes.
• As fontes de enerxía alternativas máis desenvoltas
son a enerxía solar e a enerxía eólica.
• Son: hidroeléctrica, eólica, biomasa, solar,
xeotérmica e maremotriz
% de
consumo
de enerxías
renovables
en España
4.3. A enerxía hidroeléctrica
• Salientan pola súa produción de hidroelectricidade Canadá,
China, Estados Unidos, Noruega e Xapón.
• España contaba ao redor de 1300 centrais hidroeléctricas
(2006) con 18.466 MW (23,4% da potencia eléctrica) 8,4%
da produción enerxética do Estado.
• A distribución por bacías sería a seguinte:
• 1º Vertente cantábrica e galaica: subministra moita enerxía
grazas ao réxime regular dos ríos e á forza das augas que
salvan niveis considerables. É de destacar o sistema
hidraúlico da cunca do Miño-Sil. As empresas eléctricas
están estudiando na actualidade a creación de proxectos de
microcentrais[1]. No 2011 esta vertente xerou o 33% da
enerxía hidroeléctrica española da que o 22% correspondeu
a Galicia.
•
[1] Microcentral: central hidráulica con menos de 10 Mwh de potencia. A produción enerxética compútase pola Rede
Eléctrica de España como réxime especial, non como réxime ordinario.
Encoro de Aldeávila (Salamanca)
o de maior potencia en España
A enerxía hidráulica
• 2º Bacía do Duero: Sobre todo na área
fronteiriza con Portugal. Destaca o encoro de
Aldeávila (Salamanca), inaugurado en 1962,
que é a central de maior potencia da de toda
Europa Occidental e o encoro da Almendra
(río Tormes) que é o de maior vaso de toda a
Península. Tamén destaca o sistema
hidraúlico de Ricobayo (Zamora). No 2011
xerou o 26,1% da produción hidroeléctica do
estado. Aínda que é habitual na maioría dos
anos que sexa a principal conca produtora.
A enerxía hidráulica
• 3º Bacía do Ebro As características físicas o
permiten (afluentes da marxe esquerda que teñen o
nacemento nos Pireneos: precipitacións regulares,
fortes pendentes que fomentan a creación de
saltos) e pola demanda de enerxía da zona
industrial de Barcelona á que hai que sumarlle, a
partir dos anos sesenta, Zaragoza. Os pantanos dos
ríos Noguera-Pallaresa (Tremp e Camarasa),
Noguera-Ribagorzana, Segre, Aragón xunto coa
presa de Flix no mesmo Ebro, son as realizacións
máis importantes deste conxunto. Xerou no 2011 o
18,7% de España.
Encoro de Belesar
no río Miño
A enerxía hidráulica
• 4ºCuncas suratlánticas: bacías do Tajo, Guadiana e
Guadalquivir: Empezouse a explotar tardiamente.
Os pantanos de Buendía e Entrepeñas, no Tajo,
embalsan grande cantidade de auga e o pantano de
Cíjara é o máis importante do Guadiana. Os
pantanos do Guadalquivir alimentan centrais de
pouca potencia. 22% da produción.
• 5º Os ríos levantinos e sudorientais precisan
encoros para regular as súas augas escasas e
torrenciais. O encoro de Alarcón no Júcar e o máis
importante. A produción hidroeléctrica é moi
pequena (0,3%)
• O aproveitamento dos saltos de auga en España
está acercándose ao seu límite.
4.3. Eólica
• Actualmente é a fonte de enerxía máis importante
dentro das renovables o seu crecemento foi moi
importante na última década debido a dúas causas:
redución dos custos e incremento da potencia
instalada nos parques eólicos. A produción eléctrica
xeraba o 75,25% da enerxía eléctrica de todas as
renovabeis no 2007 se exceptuamos a enerxía
hidráulica) e produciu ese mesmo ano o 9,2% de
toda a demanda de enerxía eléctrica do país. As
principais áreas xeradoras son as dúas Castelas,
Galicia, Andalucía e Aragón.
Parque eólico do cabo
Vilaño (Camariñas)
Enerxía eólica: potencia instalada (MW) a 01/01/2009
Castilla-La Mancha 3.415,61 20,40%
Castilla-León 3.334,04 19,92%
Galicia 3.145,24 18,79%
Andalucía 1.794,99 10,72%
Aragón 1.749,31 10,45%
Navarra 958,77 5,73%
C. Valenciana 710,34 4,24%
La Rioja 446,62 2,67%
Cataluña 420,44 2,51%
Asturias 304,30 1,82%
País Vasco 152,77 0,91%
Murcia 152,31 0,91%
Canarias 134,09 0,80%
Cantabria 17,85 0,11%
Baleares 3,65 0,02%
Extremadura 0,00 0,00%
Madrid 0,00 0,00%
TOTAL 16.740,33 100%
Fte. Observatorio da Asociación Empresarial Eólica.
ENERXÍA EÓLICA: POTENCIA ELÉCTRICA INSTALADA (MW)
1980 1998 2000 2004 2008 2011
6 835 2.292 8.317 16.740 21.091
Fte. IDAE. REE. Elaboración propia. *Superouso a previsión do PER 2005-2010 en máis de 1000 MW..
4.3.. Biomasa e biogás
• Obtense da combustión e fermentación de
materia orgánica de orixe agrícola, gandeira,
forestal. Xera enerxía por combustión directa
ou por transformación en biogás ao
fermentar. Destacan en produción Andalucía
e as dúas Castelas. Está en fase
embrionaria a denominada biomasa verde,
cultivo de plantas ricas en azucres (cereais e
remolacha) ou en graxas (xirasol e colza)
destinadas a produción de hidrocarburos
líquidos destinados ao transporte
(biocombustible).
Biodiesel
Planta de biodiesel
Sarrión (Teruel)
4.3. Solar
• Obtense a partir da radiación solar. España ten o potencial enerxético
máis alto de Europa dado que o 70% do seu territorio conta con máis
de 2.500 horas anuais de sol. A enerxía solar clasifícase como térmica
(pasiva e activa), fotovoltaica e termoeléctrica. Chamamos térmico
pasivo ao aforro enerxético dos edificios en función ao illamento e
orientación. A enerxía solar térmica activa precisa de paneis solares
para quentar a auga e as calefaccións das vivendas. As Comunidades
Autónomas que máis equipos teñen instalados son Andalucía,
Cataluña, Canarias e Baleares.
• As centrais fotovoltaicas utilizan paneis de silicio para transformar a
enerxía solar en electricidade. Existen grandes centrais en provincias
como Toledo, Madrid e Alicante. Tamén estase difundindo cada vez
máis na paisaxe as denominadas hortas solares (agrupacións en
parcelas de pequenas instalacións fotovoltaicas).
• A enerxía solar termoeléctrica, tanto de media como alta
temperatura, utiliza grandes paneis de espellos para producir vapor
que se transformará en enerxía eléctrica. A central máis importante
está en Sanlúcar la Mayor (Sevilla). A enerxía solar só cubre na
actualidade o 3% da demanda de electricidade en España (2011).
Aínda que se incrementou notablmente no último cuatrienio
(representaba o 0,2% no 2007)
Térmica pasiva
a construción como eficiencia enerxética
Térmica activa
paneis solares para quentar auga
Grupo Carme
Antes
da rehabilitación
Centrais fotovoltaicas
Central fotovoltaica
hortas solares
Enerxía solar termoeléctrica
Enerxía solar termoeléctrica
Planta de Sanlúcar la Mayor (Sevilla)
4.2. Outras enerxías renovables
• Xeotérmica: utiliza a auga quente ou vapor
subterráneo. Úsase a calefacción de
invernadoiros (Murcia, Granada, Tarragona)
ou uso doméstico e balnearios (Ourense e
Lleida), ou para a obtención eléctrica.
• Maremotriz: utilización da forza das ondas
do mar para a produción de enerxía.
Actualmente está en fase experimental en
Santoña (Cantabria) e Mutriku (Guipúzcoa).
Islandia. 1º país produtor de enerxía xeotérmica
Países con maior consumo de enerxía no mundo
5.1. A INDUSTRIA
1. Un pouco de historia
 O traballo artesanal. Con anterioridade á industria, os
artesáns elaboraban os seus produtos manualmente,
aínda que se axudaban das ferramentas propias do
seu oficio.
 Os inicios da industrialización. No século XVIII
substitúense o traballo manual e as ferramentas pola
máquina-ferramenta. As máquinas aumentaron a
produtividade.
 As máquinas instaláronse en fábricas ou factorías
situadas nas cidades ao utilizar o carbón como fonte
de enerxía.
 A industria actual. Caracterízase pola automatización
e sofisticación dos seus procesos, a redución de man
de obra e a fabricación de produtos cada vez máis
diversos.
ELABORA O ESQUEMA DAS FASES DE
INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO
FASES 1ª 2ª 3ª
Cronoloxía
Principais países que
se incorporan
Fontes de enerxía
Materias primas
Inventos clave
Sectores industriais
Medios de transporte
Organización do
traballo
Capital
Organización obreira
ESQUEMA DAS FASES DE
INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO
FASES 1ª 2ª 3ª
Cronoloxía
Principais países que
se incorporan
Fontes de enerxía
Materias primas
Inventos clave
Sectores industriais
Medios de transporte
Organización do
traballo
Capital
Organización obreira
Finais do XVIII-
mediados do XIX.
Gran Bretaña, Bélxica.
Carbón.
Ferro, algodón.
Máquina de vapor.
Téxtil, siderurxia.
Ferrocarril, barco de
vapor
Aparición da fábrica.
Pequeno e mediano
capital
Ludismo e aparición dos
sindicatos.
1870-1945
Alemaña, EE_UU,
Xapón.
Petróleo, electricidade.
Cobre, bauxita,
fostatos.
Motor de explosión.
Metalurxia, químico,
automoción,
electrodomésticos
Automóbil, avión.
Taylorismo e
Fordismo.
Gran capital.
Concentración
horizontal e vertical:
trust, holding, cartel.
Socialismo. Grandes
sindicatos.
1960 á actualidade.
Novos Países
Industriais asiáticos,
latinoamérica.
Nuclear, enerxías
alternativas.
Novos materiais.
Electrónica, robótica,
informática.
Microelectrónica,
robótica, informática.
Non hai novidades.
Robotización dos
procesos.
Gran capital.
Crise do modelo
socialista. Crise do
modelo sindical.
MODELO FORDISTA
2ª FASE DA
R. INDUSTRIAL
ROBOTIZACIÓN
3ª FASE DA
R. INDUSTRIAL
Tempos Modernos
5.1. A INDUSTRIA
Tipos de industria
 As industrias presentan características diversas e
admiten numerosas clasificacións. Un criterio de
división é segundo o destino dos produtos
fabricados. Pódense distinguir:
 Industrias de bens de produción. Elaboran
produtos que non se consomen directamente senón
que son produtos semielaborados, que serven como
materia prima doutras industrias. Adoita chamarse
tamén industria pesada.
 Industrias de bens de uso e consumo. Producen
artigos que van destinados directamente ao mercado
e aos consumidores. Adoitan denominarse tamén
industrias lixeiras.
T
I
P
O
DE BENS DE PRODUCIÓN
OU PESADAS
(Concentrada
xeograficamente)
BÁSICAS
OU
PRIMEIRA
ELABORACIÓN
EXTRACTIVAS OU
MINEIRAS[1]
Minas e canteiras.
METALURXIA Siderurxia e
metalurxia.
QUÍMICA PESADA Refinerías, celulosas,
explosivo, ácido
sulfúrico..., colorantes,
adubos, corrosivos.
PRODUCIÓN DE ENERXÍA Hidráulica, térmica,
nuclear.
DE EQUIPO CONSTRUCIÓN OU
ASIMILADAS
Productos cerámicos e
vidros.
Material mecánico
construcción, industria
da madeira.
METALURXIA DE
TRANSFORMACIÓN OU
MECÁNICAS
Utillaxe industrial e
agrícola.
Material para
transporte.
Material eléctrico ou
mecánico.
Farmacia, cosmética, perfumería, tinturas,
plásticos...
Confección e moda, coiro (calzado,
marroquinería, guantes...), pel.
Conserveiras, azucreiras, lácteos, etc.
Turismos.
[1] A minería, a pesar de ser un sector extractivo e non transformador, estatisticamente está considerado como unha actividade do sector secundario.
5.4. A INDUSTRIA
Industria punta
• As industrias pódense clasificar segundo o
seu nivel técnico. Denomínanse industrias
punta aquelas que utilizan as tecnoloxías
máis avanzadas e recentes como a
microelectrónica, as telecomunicacións, a
informática, etc.
• Caracterízanse porque requiren un persoal
moi preparado e especializado, e por manter
equipos de investigación numerosos que
implican investir moito capital.
PARQUE TECNOLÓXICO DE ZAMUDIO (VIZCAYA)
EUSKATEL
PARQUE TECNOLÓXICO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS (OURENSE)
PARQUE TECNOLÓXICO
EN ESPAÑA
• A concentración da empresa industrial pode ser
horizontal ou vertical.
• Concentración horizontal. Únense varias empresas
dun mesmo sector, como por exemplo a agrupación
de empresas que explotan o carbón ou o petróleo.
• Concentración vertical. Agrúpanse empresas que
fabrican distintos produtos dun mesmo sector. Por
exemplo, no sector téxtil agrúpanse empresas de
fiados, confección, etc.
• Exemplos: holding, cartel ou pool (oligopolio), trust
(monopolio).
5. A INDUSTRIA
5.4. Concentración empresarial
5.4. FACTORES DE LOCALIZACIÓN
Localización do tecido industrial
FACTORES DE LOCALIZACIÓN EN FUNCIÓN DE ACTIVIDADE REALIZADA
1. Proximidade ás materias primas ou fontes de enerxía.
2. Custo da enerxía.
3. Prezo do terreo.
4. Dispoñibilidade de auga abundante.
5. Dispoñibilidade de moito espacio.
6. Actividade industrial illada de núcleos de poboación.
7. Bos medios de comunicación terrestres ou porto.
8. Proximidade ao centro de consumo do produto.
9. Disposición de man de obra.
10. Custo da man de obra.
CEMENTEIRA (Básica) CONFECCIÓN (Consumo)
1,2,4,6,7: Moi importante.
5,8: Importante.
3,9,10: Pouco importante.
3,9,10 Moi importante.
1,2,4,5,6,7,8 Sen importancia.
5.4. Rexións industriais
Localización e deslocalización industrial
• A informática e as novas tecnoloxías e o transporte e
comunicacións facilitáronlle ás empresas:
• Desconcentración: deixar de producir nunha sola
factoría.
• Desestruturación: separar o proceso produtivo en
fábricas repartidas polo mundo.
• Deslocalización: Europa Occidental, Estados Unidos
e Xapón deixaron de ser as principais rexións
industriais do mundo e orientaron a súa produción
cara China, Corea do Sur, Brasil, Norte de México,
Sur e Sueste de Asia e Europa do Leste.
A rexión máis importante de Europa é a do Rhur en Alemaña, que no século XIX desenvolveu
unha industria siderúrxica moi potente, grazas ás súas minas de carbón. Hoxe es´ta integrada nunha gran
rexión industrial que se estende desde Reino Unido ata o Norte de Italia, pero que desde finais do século
XIX entrou en proceso de decadencia e fonda desconcentración, deslocalización e desestruturación cara os NPI
En EEUU a rexión máis extensa sitúase no Nordés
e o sur dos Grandes Lagos. Zonas ricas en ferro e
carbón.. Desenvolveuse a industria siderúrxica e
mecánica e entraron en crise en 1980. A alta
tecnoloxía atópase no Pacífico en California como
no sur do país
Xapón é unha gran
potencia. Mecánica e
electrónica. Illas do sur:
Tokio, Yokohama, Osaka
e Nagoya.
China: Shangai e
lexte de China.
Investimento
estranxeiro. Man
de obra barata
Taiwan, Corea do
Sur, Filipinas e
Indonesia, Hong
Kong, Singapur,
Bangkok
desenvolveron
maquinaria,
electrónica,
confección e
calzado
India con núcleos
tradicionais
situados no curso
do Ganxes con
centro en Calcuta
e na zona de
Bombai.
Actualmente
centros en
Bangalobre:
tecnoloxía
avanzada.
México
desenvolve
Industria
inducida de
EEUU
América do Sur: Sao
Paulo (automóbiles e
industria química)
No Sueste: relacionado con
EEUU e SE asiático
Menos
industrial.
Sudáfrica
Localización industrial actual
Deslocalización, desconcentración, desestruturación
5.5. Localización industrial en España
Desequilibrios territoriais
• Destaca eixe do val do Ebro e Mediterráneo concentra o 50% do volume de
negocio industrial.
• Val do Ebro: conecta as industrias do País Vasco e Cataluña a través de
Zaragoza e Logroño. Este eixe vincúlase con Madrid.
• Mediterráneo (Murcia, Valencia e Cataluña) prolóngase cara sur de
Francia-val do Ródano e norte de Italia.
• Área industrial de Madrid. Centralidade, alta tecnoloxía e investimentos
estranxeiros.
• Andalucía: 10% do volume de negocio. Localízase no triángulo con
vértices en Sevilla-Huelva-Cádiz.
• Cornixa cantábrica e Galicia: 10% do volume industrial. Siderurxia e
metalurxia. Zonas descontinuas se industrializar.
• Centro peninsular: 40% do territorio, só o 10% do volume de negocio.
Concéntrase en Valladolid e Burgos.
• Baleares e Canarias: peso industrial menor.
INDUSTRIA EN ESPAÑA 2009
SECTOR Ocupados Facturación
Industria extractiva e do petróleo 40.305 1,8% 32.063 € 6,5%
Alimentación, bebida e tabaco 368.190 16,7% 92.443 € 18,6%
Téxtil, confección, coiro, calzado 141.747 6,4% 14.791 € 3,0%
Madeira e cortiza 68.981 3,1% 6.961 € 1,4%
Papel, edición, artes gráficas 123.408 5,6% 18.868 € 3,8%
Industria química 124.273 5,6% 44.694 € 9,0%
Caucho e materias plásticas 99.132 4,5% 16.457 € 3,3%
Produtos minerais non metálicos diversos 145.388 6,6% 23.734 € 4,8%
Metalurxia e fabricación metálica 351.714 16,0% 54.593 € 11,0%
Maquinaria e equipo mecánico 114.056 5,2% 17.514 € 3,5%
Material electrónico e óptico 106.073 4,8% 22.560 € 4,5%
Material de transporte 190.202 8,6% 58.953 € 11,9%
Manufacturas diversas 189.598 8,6% 17.151 € 3,5%
Enerxía, auga e residuos 136.467 6,2% 75.514 € 15,2%
TOTAL 2.199.534 496.296 €
5.6. Multinacionais
• Empresas que teñen presenza en distintos países. Desenvolven unha
estratexia global para obter o máximo beneficio.
• Así compran as materias primas onde lles resultan máis barato, localizan as
súas fábricas en lugares que lles supón vantaxes (económicas, sociais, fiscais,
laborais e ambientais…). e venden os seus produtos en calquera parte do
mundo.
• Carácterísticas:
1. Tamaño grande.
2. Proxección xeográfica plurinacional.
3. Organización moi descentralizada.
4. Moi innovadoras.
5. Gastan moito en márketing.
6. Cadro de persoal administrativo moi importante.
7. A meirande parte da súa produción é para a exportación.
5.6. Empresas do IBEX 35
• O IBEX 35 (índice bolsista español) é
o principal índice de referencia da
bolsa española elaborado por Bolsas
e Mercados Españois (BME).
• Está formado polas 35 empresas que
cotizan nas catro Bolsas Españolas
(Madrid, Barcelona, Bilbao e
Valencia)
5.6. Empresas do IBEX 35 (2015)
Abengoa
(enerxías
alternativas)
Arcelor
Mittal
Siderúrxica
Bankinter
Finanzas
Enagás
Enerxía
Gas Natural
Enerxía
Indra
Sistemas
Telecomu-
nicacións
REE
Transporte
Enerxía
Eléctrica
Albertis
infraestru-
turas
Banco
Popular
Finanzas
BBVA
Finanzas
Endesa
Enerxía
Grifols
Farmacia.
Suministros
hospitala-
rios
Jazztel
Telecomu-
nicacións
Repsol
Combust-
ibles
Acciona
Infraestru-
turas e
servizos
Banco
Sabadell
Finanzas
Bolsas y
Mercados
Españoles
Finanzas
FCC
Construción
e servizos
International
Airlines
Group
Aviación
Mapfre
Seguros
Sacyr
Construción
e servizos
ACS
Construción
e servizos
Banco
Santander
Finanzas
Caixabank
Finanzas
Ferrovial
Construción
e servizos
Iberdrola
Enerxía
Mediaset
España
Comuni-
cación
Técnicas
Reunidas
Enxeñería
Enerxética
Amadeus
Servizos
turísticos
Bankia
Finanzas
DIA
Alimenta-
ción
Gamesa
Corporación
tecnolóxica
Inditex
Confección
moda
Obrascón
Huarte Laín
Construción
Telefónica
Telecomu-
nicacións
5.6. Centro de distribución
• Infrastrutura loxística onde se almacenan os
produtos que posteriormente serán distribuídos.
• Caracterízase por un complexo sistema
automatizado onde o deseño do espazo, a
organización e a incorporación da tecnoloxía
permiten unha rápida e eficiente distribución das
mercadorías.
• Toda a produción, independentemente do lugar
onde se fabrica, recíbese nos centros loxísticos
para ser distribuídos por todo o mundo.
5.6. INDITEX
• É un dos maiores grupos de distribución de moda do
mundo que naceu en 1963 como unha fábrica de roupa
feminina.
• Na actualidade esta empresa conta con oito formatos
comerciais con máis de 6.460 tendas en 88 mercados nos
cinco continentes con máis de 128.000 profesionais (de 130
nacionalidades e 45 idiomas de traballo).
• En 1975 ábrese a primeira tenda Zara. E a finais dos anos
oitenta iníciase a súa expansión internacional con outras
marcas (Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius,
Oysho, Zara Home e Uterqüe)
• Un eficiente sistema loxístico asentado en España, lévalles
a todas as tendas do grupo produtos novos dúas veces por
semana, o que permite manter inalterable o obxectivo de
ofrecerlles moda aos clientes de todo o mundo.
1975: primeira tenda de ZARA
Rúa Xoán Florez (A Coruña)
Presenza internacional de INDITEX no mundo
Loxística de distribución de INDITEX no mundo
O SECTOR TERCIARIO
Introdución
• O sector terciario é un dos tres sectores
económicos que, diferenciándose dos
sectores primario e secundario, non produce
bens materiais senón que lle presta servizos
á poboación
• Nos países máis avanzados medrou de xeito
considerable.
• Hoxe é o sector máis destacado nas
sociedades avanzadas.
31,6%13,0%55,4%Senegal
35,2%20,1%44,7%Paquistán
76,7%20,1%3,2%Francia
78,6%19,9%1,5%EEUU
71,4%24,2%4,4%España
46,2%22,1%31,7%Exipto
52,0%44,5%3,5%China
72,9%25,7%2,2%Alemaña
3º2º1ºPaís
6.2. A diversidade do sector servizos
• O sector terciario caracterízase pola gran diversidade de
actividades que abrangue: sanidade, educación, turismo,
comercio, transportes, etc.
• A máxima expansión do sector terciario acadouse coa
sociedade da información, que produciu o desenvolvemento
técnico e científico, a mundialización da economía, etc. Fálase
de revolución do terciario.
• O conxunto das actividades relacionadas coa técnica e a
ciencia forma parte do sector terciario superior ou cuaternario.
• Hai un sector terciario banal dedicado a traballos que esixen
pouca preparación e están mal remunerados: servizos de
limpeza, venda ambulante, etc.
6.2. Os servizos e os cambios sociais recentes
• Os servizos tamén se multiplican para lles dar resposta
aos cambios sociais recentes.
• O aumento da esperanza de vida fai necesarios unha serie
de servizos relacionados co coidado das persoas maiores
ou dependentes.
• A incorporación da muller ao mundo laboral fai urxente a
creación de escolas infantís e de servizos que faciliten o
traballo doméstico.
• A redución da xornada laboral e as vacacións pagas
explican a oferta de actividades de lecer e a importancia
do sector turístico.
2. Clasificación das actividades terciarias
6.2.
7. O transporte
• O transporte é a actividade mediante a cal
unha persoa ou mercadoría se traslada dun
lugar a outro.
• O transporte aéreo, o terrestre e o marítimo
son os sistemas de transporte que permiten
os desprazamentos.
• As estradas, as vías férreas, os portos e os
aeroportos son as infraestruturas necesarias
para a circulación dos medios de transporte.
MODOS DE TRANSPORTE
S.
Transporte
Terrestre Estradas  Rápido.
 Mercancías variadas.
 Redes diversas.
 Trazado condicionado relevo.
 Transporte intermodal.
Ferroviario
Acuático
Mariño  Condicionamento natural.
 Moita capacidade.
 Mercancías pesadas.
 Lentitude.
 Fletes económicos.
Fluvial
Aéreo
 Pasaxeiros.
 Mercancías escasas e limitadas.
 Transporte caro.
 Pouca capacidade.
 Transporte de risco.
De fluídos Oleoducto (Ver apartado de materias primas e
Ftes. de enerxía)Gasoducto
Rede eléctrica
7.1. A revolución dos transportes
• A revolución nos medios de transporte nos últimos cincuenta
anos tivo como obxectivo transportar maior cantidade de
persoas e de carga, de forma máis rápida, segura e económica.
Os cambios máis significativos foron:
• O aumento de tonelaxe.
• A intermodalidade no transporte de mercadorías.
• O aumento da velocidade.
• A mellora na infraestrutura viaria.
• O aumento da seguridade.
• A redución no prezo do transporte.
• Os avances nas telecomunicacións.
7.1. O transporte terrestre
• O transporte por estrada. A estrada é a infraestrutura máis
utilizada para transportar persoas e mercadorías. Forma
unha rede moi estruturada e densa.
• O transporte por ferrocarril. É óptimo para percorrer
distancias medias e longas, tanto para pasaxeiros como
para mercadorías.
• Actualmente, no transporte por ferrocarril desenvolvéronse
melloras técnicas que permiten maior capacidade de
pasaxeiros e de carga, e máis velocidade:
• Os trens de alta velocidade (TAV).
• Os trens rápidos (TR).
Transportes terrestres
07
7.1. O transporte aéreo
• É o máis axeitado para o desprazamento de
persoas a grandes distancias e para o
transporte de mercadorías lixeiras, grazas á
súa rapidez e seguridade.
• É un transporte caro porque os avións
consomen moito carburante e precisan un
rigoroso mantemento.
• Os aeroportos esixen grandes espazos para
que o transporte aéreo sexa eficaz.
Transporte aéreo
07
7.1. O transporte marítimo
• É a forma máis idónea para desprazar
a moita distancia mercadorías pesadas
ou perigosas a baixo prezo.
• Un dos inconvenientes do transporte
marítimo é que é moi lento. Ademais, a
súa carga é moitas veces perigosa e
pode supoñer un risco para o
ecosistema mariño.
Transporte marítimo
07
7.2. As redes de transporte
• As redes de transporte son un conxunto de infraestruturas
por onde poden circular con facilidade os vehículos.
• Están formadas por eixes ou liñas que unen dous ou máis
puntos conectados entre si e dispostos como unha malla
que se estende sobre un territorio de forma máis ou
menos densa.
• Os lugares centrais destes eixes son os nós de transporte.
• Nas áreas economicamente máis importantes a rede de
transportes é moi densa. Hai un bo funcionamento dos
desprazamentos.
• Os países pouco relacionados cos centros mundiais de
poder teñen redes de transporte escasas e pouco densas.
7.3. O transporte en España
• Rede de estradas. Desde hai décadas, é a infraestrutura de
transporte que máis renovacións e melloras tivo. Pero presenta
algúns inconvenientes:
• Presenta unha densidade moi elevada en certos lugares que
orixina conxestións nos desprazamentos cotiáns e provoca
unha elevada contaminación e moitos accidentes.
• Rede de ferrocarrís. O investimento en infraestruturas
ferroviarias é a grande aposta para os vindeiros anos para
mellorar o transporte por ferrocarril e facelo competitivo.
• Transporte marítimo. Utilízase para o comercio exterior e o
tráfico de pasaxeiros e de mercadorías. Estanse a realizar
investimentos en infraestruturas e equipamentos portuarios.
• Transporte aéreo. O seu desenvolvemento en España é cada
vez maior e obriga a grandes investimentos.
08
Estradas asfaltadas en España
Total Autopistas e autovías Resto da rede
España 165.906 14.552 151.354
Galicia 17.609 993 16.616
Fonte: Ministerio de Fomento. 2011
A-1
A-2
A-3
A-4
A-5
A-6
Alta Velocidade
Xaneiro 2013
Estación do AVE
Sta. Justa (Sevilla)
Viaduto do AVE
no val do Ulla
1,62Pontevedra-Mar. (26)00Pontevedra-Marín
0,91,2Vilagarcía (27)35Vilagarcía
12,211,0Ferrol-S. Cibrao (12)23,1Ferrol-S. Cibrao
3,95,5Vigo (21)1.090147Vigo
11,914,4A Coruña (14)5450A Coruña
17,521,9Huelva791612Málaga
20,524,0Cartaxena1.382674Las Palmas
21,227,6Las Palmas1.1861.120Almería-Motril
31,536,1Tarragona2.1282.581Ceuta
32,140,0Bilbao3.2012.880Barcelona
42,951,4Barcelona4.3444.954Sta. Cruz Tenerife
57,753,5Valencia4.9665.225Baía de Alxeciras
69,974,5Baía Alxeciras4.8015.926Baleares
2009Mercadorías (millóns de t)2009Pasaxeiros (Miles)
TRÁFICO NOS PRINCIPAIS PORTOS (2007-2009)
AEROPORTOS % 2010 / r 2008
Madrid-Barajas 49.866.112 -1,93%
Barcelona.El Prat 29.209.536 -3,51%
Palma de Mallorca 21.117.417 -7,51%
Málaga-Costa del Sol 12.064.521 -5,85%
Gran Canaria 9.486.025 -7,11%
Alicante 9.382.931 -2,04%
Tenerife Sur 7.358.986 -10,82%
Ibiza 5.040.800 8,47%
Lanzarote 4.938.343 -9,19%
Valencia 4.934.268 -14,62%
Girona-Costa Brava 4.863.954 -11,74%
Sevillla 4.224.718 -5,95%
Fuerteventura 4.173.590 -7,09%
Tenerife Norte 4.051.356 -4,37%
Bilbao 3.888.955 -6,80%
Menorca 2.511.629 -3,62%
Santiago (17) 2.172.869 13,32%
A Coruña (21) 1.101.208 -6,28%
Vigo (22) 1.093.576 -14,48%
TOTAL 192.792.595 -5,43%
Pasaxeiros
Pasaxeiros
en aeroportos
españois 2010
2011 Pasaxeiros Voos 2011/2010
Lavacolla 2.464.431 20.812 13,42%
Alvedro 1.012.800 10.945 -8,03%
Peinador 976.152 12.584 -10,74%
Galicia 4.453.383 44.341 1,96%
Oporto 6.004.589 61.647 13,65%
2011
Comparativa aeroportos galegos con Oporto
7.3. Causas do desenvolvemento do turismo
• Unha das actividades do sector terciario que coñeceu un
maior crecemento nos países ricos é o turismo. O
crecemento débese a estes factores:
• A xeneralización da semana laboral de cinco días, que dá
lugar a unha longa fin de semana, e dun período de
vacacións pagas ao ano, polo que aumenta o tempo de
lecer.
• A sociedade do benestar, ao cubrir as necesidades
básicas e asegurarlles aos traballadores pensións de
invalidez e de vellez, liberou os traballadores do aforro de
previsión. Estes, como consecuencia, poden entrar na
sociedade de consumo.
• A xeneralización do uso do automóbil e a mellora da rede
viaria.
POSICIÓN DE ESPAÑA NO TURISMO MUNDIAL
(2010)
PAÍS
Nº
chegadas
(millóns)
%2006 % País
Ingresos
miles de
millóns $
2006
%
Francia 76,8 -2,78% 8,17% EE.UU. 68,2 30,8
EE.UU. 59,8 17,25% 6,36% España 40,7 18
China 55,7 12,30% 5,93% Francia 36,9 15,9
España 52,7 -9,14% 5,61% Italia 30,3 13,3
Italia 43,6 6,34% 4,64% China 27 11
Reino
Unido 28,3 -7,52% 3,01%
Reino
Unido 26,8 11
Turquía 27 42,86% 2,87% Alemaña 26 11
Alemaña 26,9 14,47% 2,86% Australia 14,2 6,8
Malaisia 24,6 s.d. 2,62% Turquía 13,4 6,3
México 22,3 4,69% 2,37% Austria 13,2 5,8
7.3. Os desprazamentos turísticos
• Os centros emisores de turismo adoitan ser as grandes
cidades ou áreas urbanas desde onde as fins de semana
e, sobre todo, durante o verán, saen moitas persoas.
• Os fluxos turísticos diríxense cara a núcleos receptores
que, segundo a distancia, son de diversos tipos:
• Núcleos turísticos próximos, situados nun raio de ata 200
quilómetros de distancia dos centros emisores.
• Núcleos turísticos intermedios, situados nun raio de ata
2000 quilómetros dos centros emisores.
• Núcleos turísticos afastados, situados a partir de 2000
quilómetros dos centros emisores.
O turismo no mundo
06
7.3. A importancia económica do turismo
• O turismo xera a creación e expansión de empresas e
servizos: compañías aéreas, axencias de viaxes, cadeas
hoteleiras, empresas de animación, etc.
• Estas empresas, asemade, proporcionan numerosos e
diversificados postos de traballo: camareiros, guías
turísticos, comerciantes, etc.
• Os turistas adoitan gastar os seus cartos nos lugares de
destino: desprazamentos, aloxamento, actividades de
lecer e diversión…, deixando beneficios no país.
• Nos países pobres, o sector turístico adoita estar en mans
de grandes empresas tour operadoras e de transportes
internacionais, con sedes nos países desenvolvidos.
7.3. Os efectos do turismo
• Factores positivos do turismo. O turismo representa para
un país ingresos elevados, crea moitos postos de
traballo, dinamiza outros sectores económicos, permite o
contacto con outras culturas e facilita a aprendizaxe de
novas linguas.
• Factores negativos do turismo. O turismo tamén
contribúe ao aumento dos prezos, incrementa a
especulación do solo, enriquece a grandes empresas e
moitos dos traballadores que crea son de pouca
cualificación e están mal remunerados.
• O turismo tamén provoca grandes impactos ambientais:
alteración da costa ao construír portos, contaminación da
auga…
7.3. O modelo turístico español actual
• O turismo en España experimentou o seu máximo
empurre na década de 1960 converténdose nun
fenómeno de masas de procedencia basicamente
estranxeira.
• Nas últimas décadas engadiuse o turismo interior
español, que supuxo un aumento das ofertas e das
actividades turísticas.
• Ao mesmo tempo mantense o modelo de vacacións
masivas a uns prezos alcanzables debido á acción
dos tour-operadores, que forzan unhas tarifas
baixas.
08
7.3. Procedencia e destino do turismo exterior
• Os principais puntos de procedencia do
turismo exterior que visita España son:
Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia,
Estados Unidos e Portugal.
• Os destinos preferidos son Cataluña,
Canarias, Illas Baleares, Andalucía e
Comunidade Valenciana.
• Aínda que o turismo predominante é o do
verán, tamén se aprecia un lento
incremento do turismo de temporada baixa.
08
DESTINO 2010
Destinos Nº turistas (miles) %
Cataluña 13.177 25,01%
Baleares 9.178 17,42%
Canarias 8.611 16,35%
Andalucía 7.437 14,12%
C. Valenciana 5.024 9,54%
Madrid 4.634 8,80%
C. León 992 1,88%
Murcia 906 1,72%
País Vasco 689 1,31%
Galicia 677 1,29%
Aragón 333 0,63%
Cantabria 275 0,52%
Navarra 188 0,36%
C. Mancha 179 0,34%
Extremadura 175 0,33%
7.3. Infraestrutura hoteleira
• A maior oferta de hoteis e hostais
sitúase nas Illas Baleares e Cataluña,
onde hai maior concentración de
prazas hoteleiras, seguidas de
Andalucía, Canarias e a Comunidade
Valenciana.
• Isto indícanos que a distribución dos
establecementos hoteleiros aínda
responde ao modelo de turismo masivo
exterior.
08
7.3. Turismo interior e mobilidade temporal
• Actualmente, os servizos vinculados ao
tempo libre implican unha gran mobilidade
da poboación do propio país.
• Na actualidade novas formas de ocio
introducíronse nos costumes dos cidadáns
españois: deportes de aventura, esquí,
golf…
• Estas actividades implican desprazamentos
que xeran, asemade, outros servizos como
os vinculados ao transporte e á hostalaría.
08
Benidorm
anos 60
e imaxe actual
http://www.youtube.com/watch?v=fsScA8U417g&feature=related
Manga do Mar Menor (Murcia)
Altea. Alicante
Teide. Sta. Cruz de Tenerife
Picos de Europa
Lago Enol
Parque de Ordesa-
MontePerdido
Albarracín
(Teruel)
Museo do Prado
Candanchú
(Huesca)
Alhambra
(Granada)
7.3. O turismo en Galicia
• É unha actividade do sector dos servizos que está en
crecemento.
• Trátase dun turismo de nivel medio, procedente
maioritariamente doutras comunidades autónomas
atraído pola riqueza e polo contraste das paisaxes, polo
extenso patrimonio cultural e artístico e pola gastronomía
e os costumes populares.
• Os aloxamentos turísticos localízanse sobre todo nas
provincias da Coruña e Pontevedra: hoteis, hostais,
apartamentos, albergues e balnearios.
• Os puntos de destino tradicionais son as Rías Baixas,
Santiago de Compostela e A Coruña, e en menor medida
as Rías Altas.
09
Zonas protexidas
Principais zonas turísticas
Santiago
8.1. Que é o comercio?
• O comercio consiste na compra e mais na
venda de mercadorías co fin de satisfacer
as necesidades da poboación.
• Inicialmente, a actividade comercial
realizábase mediante o troco, isto é, o
intercambio duns produtos por outros.
• Posteriormente, coa aparición da moeda,
púidoselles dar un valor máis exacto ás
mercadorías e ampliouse o ámbito das
actividades comerciais.
8.2. Comercio interior e comercio exterior
• O comercio interior é o que ten lugar dentro dun país.
• Pode ser almacenista, efectuado polos comerciantes
por xunto que compran grandes cantidades de
mercadorías e llelas venden a comerciantes ou a
empresas, ou retallista, que vende directamente ao
público pequenas cantidades.
• O comercio exterior é o que realiza un país con
outros países. Inclúe tanto as vendas de produtos
nacionais, ou exportacións, como as compras de
produtos do exterior, ou importacións.
CONSUMO
POR FOGARES
EN ESPAÑA
(2007-2013)
8.3. A balanza comercial
• A balanza comercial é a diferenza entre os
bens que un país vende ao exterior e os que
lles merca a outros países:
• Se o valor das compras de bens ao exterior
é inferior ao valor das vendas que se fan a
outros países, dise que a balanza comercial
é positiva.
• Se as importacións superan as
exportacións, a balanza comercial é
negativa.
Balanza
Comercial
8.3. A balanza de pagamentos
• A balanza de pagamentos rexistra todos os
intercambios económicos dun país, tanto de
bens materiais, como de servizos, ou de bens
financeiros.
• Cando na balanza de pagamentos os
ingresos superan os gastos dise que é
excedentaria.
• Cando na balanza de pagamentos os
ingresos son menores que os gastos dise que
é deficitaria.
Balanza
Pagamentos
8.4. As características do comercio actual
• A actividade comercial na actualidade caracterízase por:
• Mover enormes cantidades de produtos moi diferentes.
Para iso precisa duns medios de transporte de gran
capacidade e eficacia, a prezos razoables.
• Crear unha rede de relacións de ámbito mundial.
• Ser unha actividade, xunto ao transporte, que ocupa a
moitas persoas.
• Concentrarse, cada vez máis, nun reducido número de
empresas.
8.4. Intercambios comerciais internacionais
• Desde a segunda metade do século XX, o
comercio internacional experimentou un
desenvolvemento espectacular: abrangue
espazos moi amplos e aumenta
constantemente o seu valor económico.
Relacionado co fenómeno da globalización.
• O maior volume de intercambios realízase
entre a Unión Europea, Xapón, China, Asia
oriental e os Estados Unidos. Comercialízase
sobre todo con produtos manufacturados.
O comercio internacional actual
07
8.4. Os fluxos comerciais
• A denominación de fluxos comerciais refírese ao movemento
entre vendedores e compradores producido polos intercambios
comerciais. Estes fluxos poden ser:
• Fluxos de materias primas. Os países produtores non sempre
consomen todas as materias primas que extraen, pero si que as
venden.
• Fluxos de produtos manufacturados. O 80% dos intercambios
de produtos manufacturados que se fan no mundo proceden dos
países máis desenvolvidos.
• Fluxos de capitais. Mobilizan enormes cantidades de diñeiro que
circulan constantemente por todo o mundo. Con cartos pódense
efectuar préstamos bancarios, investimentos, ou mercar e
vender empresas ou accións en bolsa.
8.5.. Os bloques comerciais
• A mundialización dos intercambios obrigou a moitos
países a agrupárense en bloques comerciais para
eliminar rivalidades e regular os fluxos. Teñen en común:
• Proximidade espacial.
• Unión de alfándegas.
• Redistribución industrial.
• Fronte común.
• Complementariedade e unión de esforzos.
Principais bloques comerciais
07
8.5. O comercio desigual nun mundo global
Débeda
Externa
Acumulada
2010-2014
Países con máis débeda
Índice global da fame 2012
Taxa de alfabetización mundial 2012
Que te suxire esta
fotografía?

More Related Content

Similar to O sector secundario e terciario

Similar to O sector secundario e terciario (20)

3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
Os espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españaOs espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españa
 
Tema 9.
Tema 9.Tema 9.
Tema 9.
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Xeo2 sector secundario.Contidos
Xeo2 sector secundario.ContidosXeo2 sector secundario.Contidos
Xeo2 sector secundario.Contidos
 
Tema 9 - Xeografía.
Tema 9 - Xeografía.Tema 9 - Xeografía.
Tema 9 - Xeografía.
 
Industria
IndustriaIndustria
Industria
 
Tema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos IndustriaisTema 6 Os Espazos Industriais
Tema 6 Os Espazos Industriais
 
Tema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriaisTema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriais
 
Tema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriaisTema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriais
 
Tema 9 traballo xeografía
Tema 9 traballo xeografíaTema 9 traballo xeografía
Tema 9 traballo xeografía
 
Unidade 6 Industria Mac
Unidade 6 Industria MacUnidade 6 Industria Mac
Unidade 6 Industria Mac
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Xeo2-Sector secundario
Xeo2-Sector secundarioXeo2-Sector secundario
Xeo2-Sector secundario
 
U N I D A D E 5 Sector Secundario
U N I D A D E 5  Sector SecundarioU N I D A D E 5  Sector Secundario
U N I D A D E 5 Sector Secundario
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Recursos
RecursosRecursos
Recursos
 
A actividade industrial
A actividade industrialA actividade industrial
A actividade industrial
 

More from Agrela Elvixeo

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (6)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

O sector secundario e terciario

  • 1. UNIDADE 5. SECTOR SECUNDARIO SECTOR TERCIARIO Zona Franca de Barcelona Marineda City. A Coruña
  • 3. 4.0. O SECTOR SECUNDARIO: DEFINICIÓN TIPO DE ACTIVIDADES QUE O COMPOÑEN ► As actividades económicas que transforman as materias primas en produtos elaborados ou en semielaborados forman parte do sector secundario. A actividade máis importante deste sector é a industria e é o tipo de actividade que máis encaixa coa definición anterior. ► A minería, aínda que é unha actividade extractiva e non transformadora, forma tamén parte deste sector aos que se suman a produción enerxética e a construción. ► En resume as actividades económicas que comprende o sector secundario son a industria, minería, fontes de enerxía e construción.
  • 4. SECTORES EN ESPAÑA S.1º S. 2º S. 3º 1900 68,0% 15,0% 17,0% 1910 64,0% 16,0% 20,0% 1920 59,0% 22,0% 19,0% 1930 48,0% 31,0% 21,0% 1940 51,0% 24,0% 25,0% 1950 50,0% 25,0% 25,0% 1960 41,7% 31,8% 26,5% 1965 33,2% 35,5% 31,3% 1970 29,0% 37,3% 33,6% 1975 21,0% 38,1% 40,9% 1980 19,5% 37,1% 43,4% 1989 12,3% 30,4% 57,3% 1996 8,1% 30,0% 61,9% 2000 6,6% 31,3% 62,2% 2005 5,2% 29,6% 65,2% 2011 4,54% 21,36% 74,1% Fte. Instituto Nacional de Estadística
  • 5. 4.1. As materias primas. As materias primas de orixe mineral ► Chamamos materias primas a aqueles recursos extraídos da natureza que nos serven para transformar en produtos elaborados ou semielaborados. Éstas clasifícanse segundo a súa orixe como orgánicas (de orixe vexetal ou animal) ou mineral. ► Xa se falou na unidade dedicada ao sector primario sobre as materias de orixe orgánica. Neste apartado falarase daquelas materias primas de orixe mineral (ver cadro).
  • 6. CLASIFICACIÓN DAS MATERIAS PRIMAS MATERIAS PRIMAS MINERAIS METÁLICOS FÉRRICOS - Ferro. - Cromo. - Manganeso. - Niquel. - Pirita. - Volframio... NON FERRICOS - Cobre. - Chumbo. - Aluminio (Bauxita). - Mercurio... NON METÁLICOS ROCHAS INDUSTRIAIS - Fosfatos. - Potasas. - Cuarzo. - Lousas. - Granito. - Mármore. - Arxilas. - Caolín... PRECIOSOS - Ouro. - Prata. - Platino. ORGÁNICAS ORIXE VEXETAL - Algodón. - Liño... ORIXE ANIMAL - Pel. -Lá...
  • 7. MINA A CEO ABERTO MINAS DE RIO TINTO Instituto Xeolóxico Mineiro MTI.Blog
  • 9. 4.1. Minerais: metálicos e non metálicos ► A primeira división que se fai sobre os minerais é se estes son metálicos ou non. ► Os primeiros son necesarios para elaborar metais, atópanse en pequenas cantidades na natureza polo que é necesario facer minas subterráneas ou a ceo aberto para chegar a eles. Dentro destes os dividiremos en férricos (se existe unha porcentaxe importante deste metal) e non férricos (se non hai presenza deste). ► O segundos teñen unha finalidade distinta á obtención de metais. Denomínanse tamén como minerais industriais posto que se utilizan na química, construción... Dentro destes destacan as rochas industriais (áridos, aglomerados, rochas de construción, vidro e produtos cerámicos) que se extraen, xeralmente, en canteiras ou minas a ceo aberto.
  • 10. Os minerais metálicos  Son os máis utilizados na transformación industrial sobre todo na industria de base como a siderurxia[1] ou metalurxia. Ata hai moi poucos anos existían bastantes minas de ferro, pirita, chumbo, cinc, cobre, mercurio, volframio e estaño que foron rematando a súa actividade recentemente.  O ferro é un mineral básico na industria siderúrxica. Foi a materia prima clave da primeira revolución industrial. Na actualidade sigue sendo o mineral estrela na industria. España pasou do autoabastecemento e exportación a importación do 100% deste mineral (peche das minas das Encartaciones en Vizcaya ou de pirita en Riotinto).  [1] Chámase siderurxia a metalurxia relacionada coa fundición do ferro.
  • 11. Os minerais metálicos ► O chumbo emprégase fundamentalmente nos acumuladores de enerxía. Os xacementos máis importantes estaban situados en Linares-La Carolina (Jaén). O cinc utilízase nas aliaxes, anticorrosivo e na industria eléctrica. O xacemento máis importante pechou no 2003 (Reocín, Cantabria). O cobre úsase para material eléctrico. As reservas máis importantes atópase en Riotinto (Huelva). O mercurio utilizouse para instrumentos de precisión, pilas ou pinturas. As minas de Almadén (Ciudad Real) (pechadas no 2001) eran as máis importantes do Mundo. O volframio utilizouse para os carburos, química, mecánica ferroaliaxes e compoñentes eléctricos. Actualmente todas as minas están pechadas. Na provincia da Coruña era onde se situaban as minas máis importantes. ► Se observas a táboa anterior observarás que actividade mineira de produtos metálicos practicamente está paralizada na actualidade importándose o 100% destas materias primas. ► Outros minerais dos que España non ten reservas pero que son moi importantes para a produción de bens industriais e ten que importar na súa totalidade son a bauxita, para elaborar aluminio; titanio, na industria química; manganeso, como ferroaliaxe e na industria química; o níquel, para producir aceiros inoxidables e o cromo, na industria metalúrxica.
  • 12. Minerais non metálicos ► Estes minerais utilízanse basicamente na construción e na industria química. Os xacementos están moi dispersos por todo o territorio. ► Como exemplo, as potasas (os seus xacementos atópanse en concas terciarias de orixe lacustre e estes van dende Navarra á provincia de Barcelona) empréganse na agricultura como abono e na industria química como colorante para xabóns, medicamentos ou vidros. A súa produción diminuíu por ser pouco rendibles. A produción de sal (tanto sal xema como mariño) é moi alta. Cantabria sitúase á cabeza da extracción de sal xema utilizada para a fabricación de sosa e noutras industrias químicas. O sal mariño extraese de salinas situadas na rexión suratlántica e mediterránea. O seu uso é fundamentalmente alimentario. As salinas máis antigas sitúanse en San Fernando (Cádiz) e Torrevieja (Alicante). O espato fluor, úsase na industria química e metalúrxica o xacemento máis importante está en Asturias. A magnesita utilízase para a produción de cementos, pasta de papel e pensos compostos. O caolín serve para a produción de cerámica e sanitarios, as arxilas especiais como a sepiolita ou a bentonita destínase fundamentalmente a construción. Co cuarzo elabóranse cristais para óptica e industria de precisión (reloxos...). O feldespato utilízase na industria química e como fertilizante agrícola.
  • 13. ANTIGA MINA DE VOLFRAMIO MONTE NEME (CARBALLO)
  • 17. Canteira de lousa. Valdeorras
  • 18. Canteira de mármore. Macael (Almería)
  • 19.
  • 20.  As fontes de enerxía son recursos naturais a partir dos cales é posible obter formas de enerxía necesarias para o funcionamento de industrias, transportes e para usos domésticos.  As fontes de enerxía pódense clasificar en catro grupos:  Primarias ou finais.  Segundo a posibilidade de que se esgoten, as fontes de enerxía poden ser renovables e non renovables.  En función da súa importancia económica, as fontes de enerxía clasifícanse en tradicionais e alternativas.  Desde un punto de vista ambiental: contaminantes e non contaminantes. 4.2. Fontes de enerxía: definición e clasificación
  • 21. 4.2.Fontes de enerxía non renovables  O carbón. Na actualidade, emprégase principalmente como combustible para a produción de enerxía térmica.  O petróleo. É a fonte de enerxía máis utilizada, xa que posúe un gran poder calorífico, e é doado de extraer e de transportar.  Gas natural. Emprégase como combustible ou como materia prima na industria química. O seu consumo é cada vez maior.  Enerxía nuclear. Os combustibles nucleares son unha fonte de enerxía. Nas centrais nucleares, un reactor xera a calor necesaria para obter electricidade.
  • 22.
  • 23. 4.2. O carbón  Rocha sedimentaria fósil e combustible.  Existen tres tipos de carbón: antracita, hulla formado na era primaria durante o período Carbonífero e lignito entre finais da era secundaria e principios da terciaria.  Estes carbóns diferéncianse, ademais do momento da súa formación, polo seu poder calorífico, contido en carbono e grao de pureza.  A hulla destilada denomínase coque e utilízase para fundición siderúrxica. Ademais do anterior, os principais usos do carbón é para a fundición en metalurxias e e a produción (térmica) de enerxía eléctrica. O lignito só se usa para a produción de enerxía eléctrica. O 80% do carbón utilízase para a produción termoeléctrica e o 20% restante para industria siderúrxica e cemento.  Salientan pola súa produción China, Estados Unidos, India e Australia (ver táboa)
  • 24. CARBÓN 2011 (Tm) PAÍS PRODUCIÓN % CHINA 3.520.000.000 45% USA 992.750.000 13% INDIA 627.570.000 8% AUSTRALIA 425.751.000 5% INDONESIA 350.000.000 5% RUSIA 334.000.000 4% SUDÁFRICA 252.756.844 3% ALEMAÑA 189.462.000 2% POLONIA 139.295.700 2% KAZAKHASTÁN 101.044.958 1% RESTO DO MUNDO 818.503.429 11%
  • 27. MUMI
  • 28. Concas mineiras es España ► Rexión astur-leonesa: É a rexión máis importante. Explótanse as minas de hulla e antracita. Os xacementos asturianos son os que máis sobresaen xa dende 1/3 do s. XIX ata os nosos días. A conca central comprende as minas hulleras do val do Nalón con centro en Langreo e do Caudal con centro en Mieres. No conxunto de León e Palencia ten unha producción predominante a antracita. En León os principais distritos produtores son os do val do Bierzo, Fabero, Villablino, e La Robla. ► Rexión de Serra Morena e proximidades: Comprende as provincias de Badajoz, Ciudad Real, Córdoba e Sevilla. Os xacementos de Puertollano (Ciudad Real) que abastecen a central térmica e complexo industrial desta localidade. En Córdoba existen núcleos carboníferos en Bélmez e Peñarroya-Pueblonuevo. ► Zona de Cataluña e Aragón: produción de lignito en Cataluña as concas de Figols e Alto Llobregat. Aragón: Utrillas e Teruel. ► Outras áreas: Galicia esgotouse a explotación de lignito nos xacementos de As Pontes e Meirama (A Coruña). Baleares: en Mallorca hai xacementos que se explotaban (Alaró, Benisalem e Alcudia) cunha central térmica nesta última localidade que sirve para subministrar combustible á illa. ► Lago das Pontes. Xaneiro 2011
  • 30. Mina de lignito das Pontes Antes e despois
  • 31. 4.2. O petróleo  O petróleo é un aceite mineral composto por unha mestura de hidrocarburos formado pola descomposición de restos animais e plantas que quedaron almacenados en capas xeolóxicas.  O petróleo utilízase como fonte de enerxía. E doado de extraer e transportar. Tamén pode ser utilizado como materia prima (plásticos, pinturas, deterxentes...).  Ten un problema de reserva (ao ritmo de produción e consumo actual esgotarase entre 30 e 40 anos).  Os máximos produtores son: Arabia Saudí, Rusia, USA, Irán e China.  A produción española é escasa. As sondaxes que se levaron a cabo dende 1958, tanto en terra como en zonas mariñas, deron resultados mediocres, e actualmente tan só están en explotación as plataformas da costa de Tarragona Amposta e Ayoluengo (Burgos) (a punto de pechar ou semipechada), cunha producción de 0,13 millóns de toneladas ao ano.  Esta produción non cubre máis que o 0,19% do consumo interno español.
  • 32. PRODUCIÓN DE PETRÓLEO NO MUNDO 2011 (Tm) PAÍS PRODUCIÓN % ARABIA SAUDÍ 525.800.000 13% RUSIA 509.000.000 13% USA 360.155.048 9% IRÁN 205.800.000 5% CHINA 203.646.000 5% MÉXICO 151.687.000 4% EAU 150.100.000 4% CANADÁ 145.000.000 4% KUWAIT 140.000.000 4% VENEZUELA 139.600.000 4% IRAK 136.900.000 3% NIXERIA 117.400.000 3% BRASIL 113.400.000 3% NORUEGA 100.289.000 3% ANGOLA 85.200.000 2% KAZAKHASTÁN 80.060.900 2% ALXERIA 74.300.000 2% QATAR 71.100.000 2% REÍNO UNIDO 63.498.000 2% COLOMBIA 45.433.683 1% INDONESIA 45.150.000 1% OMAN 44.100.000 1% AZERBAIAN 43.195.200 1% RESTO DO MUNDO 429.000.044 11%
  • 33.
  • 34. Petróleo en Ayoluengo (Burgos)  En xuño de 1964 brotou por primeira vez o petróleo da Lora, na provincia de Burgos.  Ayoluengo, Valdeajos e Sargentes, tres pequenos pobos do páramo, adicados por aquel entón á pataca de semente, atopáronse de repente rodeados de xornalistas, políticos, enxeñeiros e especuladores.  Todos buscaban a súa parte do pastel negro, todos querían ser protagonistas da nova Texas española. Bienvenido Mr. Marshall James Dean. Xigante A historia repítese
  • 35. Pozo petrolífero en Ayoluengo (Burgos)
  • 36. Plataforma petrolífera na costa de Tarragona
  • 38. Procedencia do petróleo  O petróleo representa en España 48% da demanda enerxética.  A principal fonte de enerxía, o que obriga a importar o 99,80% do cru procedente no 2005 de México (15,2%), Rusia (12,3%), Nixeria (11,8%), Libia (10,3%), Arabia Saudí (9,4%), Irán (8,4%), Irak (6%), Alxeria (5%), Noruega (4,6%), Guinea Ecuatorial (3,2%), Angola (2,8%), Camerún (2,5%), Kazastán (2,1%), Venezuela (1,8%), Resto (4,6%).
  • 39. Refinerías de petróleo ► Se a produción é escasa, non o é no seu refinado. A variedade de produtos petrolíferos e as súas aplicacións son numerosas, especialmente para o transporte e a industria (gasóleo, gasolinas para o transporte; naftas e queroseno para a petroquímica que produce xofre, amoníaco, acetona, plásticos, fertilizantes; asfaltos, aceites lubricantes, produción de electricidade...). En España hai un total de nove refinarías (oito situadas na costa e unha no interior.
  • 40. EMPRESA LOCALIDADE CAPACIDADE DE REFINADO (millóns de t de cru/ano) CEPSA San Roque (Cádiz) 12 La Rábida (Huelva) 5 Sta. Cruz Tenerife 4,5 Meicende (A Coruña) 6 Puertollano (C. Real) 7,5 Cartagena 5,5 Tarragona 9,4 Castellón 6 Somorrostro (Vizcaya) 11 TOTAL 66,9
  • 42.
  • 43. 4.2. O gas natural ► Fonte de enerxía cunha orixe similar á do petróleo, xa que é un hidrocarburo gasoso composto por etano e metano e que se atopa na codia terrestre, ás veces ao lado do petróleo. O consumo pasou dun 2,4% en 1980 da demanda final enerxética a un 21,3% no ano 2007 en España. Utilízase como combustible (calefacción e electricidade) ou materia prima (industria química). Úsase cada vez máis que o petróleo e o carbón posto que contamina menos. ► Rusia, USA e Países Árabes son os principais produtores. ► España só produce o 0,5% da súa demanda os xacementos localízanse nas marismas do Guadalquivir, Golfo de Vizcaya (La Gaviota) e o Serrablo no Pireneo aragonés. O 99,5% hai que importalo. Ata 1979 o principal país importador era Libia. Actualmente (datos do ano 2005) é Alxeria (43,3% do total de importacións). Outros países son Nixeria (15,2%), Qatar (14,8%), Exipto (9%), Noruega (5,3%). ► Transporte por gasoductos: gasoducto Mogreb-Europa (entrada por Xibraltar) e barcos metaneiros (plantas de regasificación): Mugardos- Ferrol, Musel Gijón, Bilbao, Barcelona, Sagunto-Valencia, Cartagena, Huelva, Tenerife e Gran Canarias cada unha. A rede de gasoductos, dada a forte demanda destes últimos anos, e moito máis ampla e complexa que a de oleoductos.
  • 44. PRODUCIÓN DE GAS NATURAL 2011 (m3) PAÍS PRODUCIÓN % RUSIA 669.000 20% USA 651.292 19% IRÁN 151.800 4% QATAR 146.800 4% CANADÁ 145.285 4% CHINA 102.500 3% NORUEGA 101.376 3% ARABIA SAUDÍ 99.200 3% ALXERIA 78.000 2% PAÍSES BAIXOS 76.431 2% INDONESIA 75.555 2% EXIPTO 61.300 2% MALAISIA 61.260 2% TURKMENISTÁN 59.500 2% UZBEKISTÁN 57.000 2% MÉXICO 52.500 2% EAU 51.700 2% AUSTRALIA 51.268 2% REÍNO UNIDO 47.790 1% RESTO DO MUNDO 663.408 19%
  • 45.
  • 48. 4.2. A enerxía nuclear  Obtense actualmente por fisión (separación de átomos pesados de uranio), aínda que está en experimentación a súa produción por fusión (unión de isótopos lixeiros de hidróxeno (deuterio ou tritio), que produce helio e grandes cantidades de enerxía). A fusión nuclear é moi complicada de producir posto que reacción prodúcese a temperaturas de cen millóns de graos centígrados e non se conseguiu probar o inicio nin o control da reacción nuclear. España colabora no proxecto internacional ITER con sede en Cadarache (Francia) para construír un reactor capaz de producir este tipo de enerxía e que sexa rendible economicamente.
  • 49. PRODUCIÓN ENERXÍA NUCLEAR MUNDO País Reactores Potencia (Mw) Potencia media por reactor EEUU 104 100.747 969 Francia 58 63.610 1097 Xapón 54 46.821 867 Rusia 32 22.693 709 Corea do Sur 21 18.698 890 India 20 4.391 220 Reino Unido 19 10.137 534 Canadá 18 12.565 698 Alemaña 17 20.490 1205 Ucraína 15 13.107 874 China 13 10.058 774 Suecia 10 9.298 930 España 8 7.514 939
  • 51. URANIO 2011 PAÍS PRODUCIÓN % KAZAKHASTÁN 19.451 35,79% CANADÁ 8.923 16,42% AUSTRALIA 5.886 10,83% NÍXER 4.159 7,65% NAMIBIA 3.262 6,00% UZBEKISTÁN 3.000 5,52% RUSIA 2.993 5,51% USA 1.537 2,83% CHINA 1.500 2,76% MALAWI 998 1,84% UCRAÍNA 890 1,64% SUDÁFRICA 656 1,21% INDIA 400 0,74% BRASIL 265 0,49% R. CHECA 252 0,46% ROMANÍA 77 0,14% ALEMAÑA 51 0,09% PAQUISTÁN 45 0,08% TOTAL 54.345 Toneladas m.
  • 52. Central nuclear de Trillo (Guadalajara)
  • 53.
  • 54. 4.2. A enerxía nuclear  Na actualidade, os grupos de presión económica favorables a esta enerxía están intentando defender este modelo mediante os seguintes argumentos: as centrais nucleares melloraron moito en tecnoloxía, son moi seguras e non emiten de CO2 .  O principal problema que presenta a enerxía de fisión é: a dependencia externa no enriquecemento de uranio e na tecnoloxía; os riscos, a pesar dos sistemas de seguridade existente; e, sobre todo, o almacenamento de residuos radioactivos. Actualmente se realiza na mina de El Cabril (Córdoba).  A produción de uranio obtíñase dos xacementos de Saelices el Chico (Salamanca) e Don Benito (Badajoz) paralizados no ano 2002. Actualmente impórtase o 100% de uranio. A maioría provén de Níxer.  Por último sinalar que mentres na actualidade España ten oito reactores nucleares activos, Francia ten 58. A cantidade de enerxía que aporta ao sistema eléctrico español é do 20% fronte ao 80% francés.
  • 55. NUCLEARES FUNC. CESE MW ZORITA-GUADALAJARA 1968 2006 160 GAROÑA-BURGOS 1971 2009[1] 466 ASCÓ I-TARRAGONA 1982 1.033 ASCÓ II-TARRAGONA 1985 1.027 VANDELLÓS-I TARRAGONA 1972 1989 480 VANDELLÓS-II TARRAGONA 1988 1.087 COFRENTES-VALENCIA 1984 1.092 ALMARAZ I-CÁCERES 1980 980 ALMARAZ II-CÁCERES 1983 984 TRILLO I-GUADALAJARA 1987 1.043 TRILLO II-GUADALAJARA MORATORIA VALDECABALLEROS I-BADAJOZ MORATORIA VALDECABALLEROS II-BADAJOZ MORATORIA LEMÓNIZ I-VIZCAYA MORATORIA LEMÓNIZ II-VICAYA MORATORIA
  • 56. Central nuclear en activo Central nuclear parada ou desmantelada Almaraz I e II Valdecaballeros I e II Lemóniz I e II Garoña Zorita Trillo I e II Cofrentes Ascó I e II Vandellós I e II Cementerio nuclear El Cabril ENERXÍA NUCLEAR
  • 57. Petróleo Carbón Refinerías petróleo Gas natural Reservas de uranio Oleoducto Gasoducto LOCALIZACIÓN DE XACEMENTOS, TRANSPORTE E TRANSFORMACIÓN DE COMBUSTIBLES FÓSILES Regasificadora
  • 58. 4.3. Enerxías renovables • O esgotamento das enerxías tradicionais non renovables como o carbón ou o petróleo e a contaminación que xeran fan desexable a súa substitución por outras fontes de enerxía. • Na actualidade hai un grande interese por desenvolver fontes de enerxía alternativas que son, polo xeral, renovables e pouco contaminantes. • As fontes de enerxía alternativas máis desenvoltas son a enerxía solar e a enerxía eólica. • Son: hidroeléctrica, eólica, biomasa, solar, xeotérmica e maremotriz
  • 60. 4.3. A enerxía hidroeléctrica • Salientan pola súa produción de hidroelectricidade Canadá, China, Estados Unidos, Noruega e Xapón. • España contaba ao redor de 1300 centrais hidroeléctricas (2006) con 18.466 MW (23,4% da potencia eléctrica) 8,4% da produción enerxética do Estado. • A distribución por bacías sería a seguinte: • 1º Vertente cantábrica e galaica: subministra moita enerxía grazas ao réxime regular dos ríos e á forza das augas que salvan niveis considerables. É de destacar o sistema hidraúlico da cunca do Miño-Sil. As empresas eléctricas están estudiando na actualidade a creación de proxectos de microcentrais[1]. No 2011 esta vertente xerou o 33% da enerxía hidroeléctrica española da que o 22% correspondeu a Galicia. • [1] Microcentral: central hidráulica con menos de 10 Mwh de potencia. A produción enerxética compútase pola Rede Eléctrica de España como réxime especial, non como réxime ordinario.
  • 61. Encoro de Aldeávila (Salamanca) o de maior potencia en España
  • 62. A enerxía hidráulica • 2º Bacía do Duero: Sobre todo na área fronteiriza con Portugal. Destaca o encoro de Aldeávila (Salamanca), inaugurado en 1962, que é a central de maior potencia da de toda Europa Occidental e o encoro da Almendra (río Tormes) que é o de maior vaso de toda a Península. Tamén destaca o sistema hidraúlico de Ricobayo (Zamora). No 2011 xerou o 26,1% da produción hidroeléctica do estado. Aínda que é habitual na maioría dos anos que sexa a principal conca produtora.
  • 63.
  • 64. A enerxía hidráulica • 3º Bacía do Ebro As características físicas o permiten (afluentes da marxe esquerda que teñen o nacemento nos Pireneos: precipitacións regulares, fortes pendentes que fomentan a creación de saltos) e pola demanda de enerxía da zona industrial de Barcelona á que hai que sumarlle, a partir dos anos sesenta, Zaragoza. Os pantanos dos ríos Noguera-Pallaresa (Tremp e Camarasa), Noguera-Ribagorzana, Segre, Aragón xunto coa presa de Flix no mesmo Ebro, son as realizacións máis importantes deste conxunto. Xerou no 2011 o 18,7% de España.
  • 65. Encoro de Belesar no río Miño
  • 66. A enerxía hidráulica • 4ºCuncas suratlánticas: bacías do Tajo, Guadiana e Guadalquivir: Empezouse a explotar tardiamente. Os pantanos de Buendía e Entrepeñas, no Tajo, embalsan grande cantidade de auga e o pantano de Cíjara é o máis importante do Guadiana. Os pantanos do Guadalquivir alimentan centrais de pouca potencia. 22% da produción. • 5º Os ríos levantinos e sudorientais precisan encoros para regular as súas augas escasas e torrenciais. O encoro de Alarcón no Júcar e o máis importante. A produción hidroeléctrica é moi pequena (0,3%) • O aproveitamento dos saltos de auga en España está acercándose ao seu límite.
  • 67. 4.3. Eólica • Actualmente é a fonte de enerxía máis importante dentro das renovables o seu crecemento foi moi importante na última década debido a dúas causas: redución dos custos e incremento da potencia instalada nos parques eólicos. A produción eléctrica xeraba o 75,25% da enerxía eléctrica de todas as renovabeis no 2007 se exceptuamos a enerxía hidráulica) e produciu ese mesmo ano o 9,2% de toda a demanda de enerxía eléctrica do país. As principais áreas xeradoras son as dúas Castelas, Galicia, Andalucía e Aragón.
  • 68. Parque eólico do cabo Vilaño (Camariñas)
  • 69.
  • 70. Enerxía eólica: potencia instalada (MW) a 01/01/2009 Castilla-La Mancha 3.415,61 20,40% Castilla-León 3.334,04 19,92% Galicia 3.145,24 18,79% Andalucía 1.794,99 10,72% Aragón 1.749,31 10,45% Navarra 958,77 5,73% C. Valenciana 710,34 4,24% La Rioja 446,62 2,67% Cataluña 420,44 2,51% Asturias 304,30 1,82% País Vasco 152,77 0,91% Murcia 152,31 0,91% Canarias 134,09 0,80% Cantabria 17,85 0,11% Baleares 3,65 0,02% Extremadura 0,00 0,00% Madrid 0,00 0,00% TOTAL 16.740,33 100% Fte. Observatorio da Asociación Empresarial Eólica.
  • 71. ENERXÍA EÓLICA: POTENCIA ELÉCTRICA INSTALADA (MW) 1980 1998 2000 2004 2008 2011 6 835 2.292 8.317 16.740 21.091 Fte. IDAE. REE. Elaboración propia. *Superouso a previsión do PER 2005-2010 en máis de 1000 MW..
  • 72. 4.3.. Biomasa e biogás • Obtense da combustión e fermentación de materia orgánica de orixe agrícola, gandeira, forestal. Xera enerxía por combustión directa ou por transformación en biogás ao fermentar. Destacan en produción Andalucía e as dúas Castelas. Está en fase embrionaria a denominada biomasa verde, cultivo de plantas ricas en azucres (cereais e remolacha) ou en graxas (xirasol e colza) destinadas a produción de hidrocarburos líquidos destinados ao transporte (biocombustible).
  • 73.
  • 75. 4.3. Solar • Obtense a partir da radiación solar. España ten o potencial enerxético máis alto de Europa dado que o 70% do seu territorio conta con máis de 2.500 horas anuais de sol. A enerxía solar clasifícase como térmica (pasiva e activa), fotovoltaica e termoeléctrica. Chamamos térmico pasivo ao aforro enerxético dos edificios en función ao illamento e orientación. A enerxía solar térmica activa precisa de paneis solares para quentar a auga e as calefaccións das vivendas. As Comunidades Autónomas que máis equipos teñen instalados son Andalucía, Cataluña, Canarias e Baleares. • As centrais fotovoltaicas utilizan paneis de silicio para transformar a enerxía solar en electricidade. Existen grandes centrais en provincias como Toledo, Madrid e Alicante. Tamén estase difundindo cada vez máis na paisaxe as denominadas hortas solares (agrupacións en parcelas de pequenas instalacións fotovoltaicas). • A enerxía solar termoeléctrica, tanto de media como alta temperatura, utiliza grandes paneis de espellos para producir vapor que se transformará en enerxía eléctrica. A central máis importante está en Sanlúcar la Mayor (Sevilla). A enerxía solar só cubre na actualidade o 3% da demanda de electricidade en España (2011). Aínda que se incrementou notablmente no último cuatrienio (representaba o 0,2% no 2007)
  • 76.
  • 77. Térmica pasiva a construción como eficiencia enerxética
  • 78. Térmica activa paneis solares para quentar auga Grupo Carme Antes da rehabilitación
  • 82. Enerxía solar termoeléctrica Planta de Sanlúcar la Mayor (Sevilla)
  • 83. 4.2. Outras enerxías renovables • Xeotérmica: utiliza a auga quente ou vapor subterráneo. Úsase a calefacción de invernadoiros (Murcia, Granada, Tarragona) ou uso doméstico e balnearios (Ourense e Lleida), ou para a obtención eléctrica. • Maremotriz: utilización da forza das ondas do mar para a produción de enerxía. Actualmente está en fase experimental en Santoña (Cantabria) e Mutriku (Guipúzcoa).
  • 84. Islandia. 1º país produtor de enerxía xeotérmica
  • 85. Países con maior consumo de enerxía no mundo
  • 86. 5.1. A INDUSTRIA 1. Un pouco de historia  O traballo artesanal. Con anterioridade á industria, os artesáns elaboraban os seus produtos manualmente, aínda que se axudaban das ferramentas propias do seu oficio.  Os inicios da industrialización. No século XVIII substitúense o traballo manual e as ferramentas pola máquina-ferramenta. As máquinas aumentaron a produtividade.  As máquinas instaláronse en fábricas ou factorías situadas nas cidades ao utilizar o carbón como fonte de enerxía.  A industria actual. Caracterízase pola automatización e sofisticación dos seus procesos, a redución de man de obra e a fabricación de produtos cada vez máis diversos.
  • 87. ELABORA O ESQUEMA DAS FASES DE INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO FASES 1ª 2ª 3ª Cronoloxía Principais países que se incorporan Fontes de enerxía Materias primas Inventos clave Sectores industriais Medios de transporte Organización do traballo Capital Organización obreira
  • 88. ESQUEMA DAS FASES DE INDUSTRIALIZACIÓN NO MUNDO FASES 1ª 2ª 3ª Cronoloxía Principais países que se incorporan Fontes de enerxía Materias primas Inventos clave Sectores industriais Medios de transporte Organización do traballo Capital Organización obreira Finais do XVIII- mediados do XIX. Gran Bretaña, Bélxica. Carbón. Ferro, algodón. Máquina de vapor. Téxtil, siderurxia. Ferrocarril, barco de vapor Aparición da fábrica. Pequeno e mediano capital Ludismo e aparición dos sindicatos. 1870-1945 Alemaña, EE_UU, Xapón. Petróleo, electricidade. Cobre, bauxita, fostatos. Motor de explosión. Metalurxia, químico, automoción, electrodomésticos Automóbil, avión. Taylorismo e Fordismo. Gran capital. Concentración horizontal e vertical: trust, holding, cartel. Socialismo. Grandes sindicatos. 1960 á actualidade. Novos Países Industriais asiáticos, latinoamérica. Nuclear, enerxías alternativas. Novos materiais. Electrónica, robótica, informática. Microelectrónica, robótica, informática. Non hai novidades. Robotización dos procesos. Gran capital. Crise do modelo socialista. Crise do modelo sindical.
  • 89. MODELO FORDISTA 2ª FASE DA R. INDUSTRIAL ROBOTIZACIÓN 3ª FASE DA R. INDUSTRIAL Tempos Modernos
  • 90. 5.1. A INDUSTRIA Tipos de industria  As industrias presentan características diversas e admiten numerosas clasificacións. Un criterio de división é segundo o destino dos produtos fabricados. Pódense distinguir:  Industrias de bens de produción. Elaboran produtos que non se consomen directamente senón que son produtos semielaborados, que serven como materia prima doutras industrias. Adoita chamarse tamén industria pesada.  Industrias de bens de uso e consumo. Producen artigos que van destinados directamente ao mercado e aos consumidores. Adoitan denominarse tamén industrias lixeiras.
  • 91.
  • 92.
  • 93. T I P O DE BENS DE PRODUCIÓN OU PESADAS (Concentrada xeograficamente) BÁSICAS OU PRIMEIRA ELABORACIÓN EXTRACTIVAS OU MINEIRAS[1] Minas e canteiras. METALURXIA Siderurxia e metalurxia. QUÍMICA PESADA Refinerías, celulosas, explosivo, ácido sulfúrico..., colorantes, adubos, corrosivos. PRODUCIÓN DE ENERXÍA Hidráulica, térmica, nuclear. DE EQUIPO CONSTRUCIÓN OU ASIMILADAS Productos cerámicos e vidros. Material mecánico construcción, industria da madeira. METALURXIA DE TRANSFORMACIÓN OU MECÁNICAS Utillaxe industrial e agrícola. Material para transporte. Material eléctrico ou mecánico. Farmacia, cosmética, perfumería, tinturas, plásticos... Confección e moda, coiro (calzado, marroquinería, guantes...), pel. Conserveiras, azucreiras, lácteos, etc. Turismos. [1] A minería, a pesar de ser un sector extractivo e non transformador, estatisticamente está considerado como unha actividade do sector secundario.
  • 94. 5.4. A INDUSTRIA Industria punta • As industrias pódense clasificar segundo o seu nivel técnico. Denomínanse industrias punta aquelas que utilizan as tecnoloxías máis avanzadas e recentes como a microelectrónica, as telecomunicacións, a informática, etc. • Caracterízanse porque requiren un persoal moi preparado e especializado, e por manter equipos de investigación numerosos que implican investir moito capital.
  • 95. PARQUE TECNOLÓXICO DE ZAMUDIO (VIZCAYA) EUSKATEL
  • 96. PARQUE TECNOLÓXICO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS (OURENSE)
  • 98. • A concentración da empresa industrial pode ser horizontal ou vertical. • Concentración horizontal. Únense varias empresas dun mesmo sector, como por exemplo a agrupación de empresas que explotan o carbón ou o petróleo. • Concentración vertical. Agrúpanse empresas que fabrican distintos produtos dun mesmo sector. Por exemplo, no sector téxtil agrúpanse empresas de fiados, confección, etc. • Exemplos: holding, cartel ou pool (oligopolio), trust (monopolio). 5. A INDUSTRIA 5.4. Concentración empresarial
  • 99.
  • 100. 5.4. FACTORES DE LOCALIZACIÓN Localización do tecido industrial FACTORES DE LOCALIZACIÓN EN FUNCIÓN DE ACTIVIDADE REALIZADA 1. Proximidade ás materias primas ou fontes de enerxía. 2. Custo da enerxía. 3. Prezo do terreo. 4. Dispoñibilidade de auga abundante. 5. Dispoñibilidade de moito espacio. 6. Actividade industrial illada de núcleos de poboación. 7. Bos medios de comunicación terrestres ou porto. 8. Proximidade ao centro de consumo do produto. 9. Disposición de man de obra. 10. Custo da man de obra. CEMENTEIRA (Básica) CONFECCIÓN (Consumo) 1,2,4,6,7: Moi importante. 5,8: Importante. 3,9,10: Pouco importante. 3,9,10 Moi importante. 1,2,4,5,6,7,8 Sen importancia.
  • 101. 5.4. Rexións industriais Localización e deslocalización industrial • A informática e as novas tecnoloxías e o transporte e comunicacións facilitáronlle ás empresas: • Desconcentración: deixar de producir nunha sola factoría. • Desestruturación: separar o proceso produtivo en fábricas repartidas polo mundo. • Deslocalización: Europa Occidental, Estados Unidos e Xapón deixaron de ser as principais rexións industriais do mundo e orientaron a súa produción cara China, Corea do Sur, Brasil, Norte de México, Sur e Sueste de Asia e Europa do Leste.
  • 102. A rexión máis importante de Europa é a do Rhur en Alemaña, que no século XIX desenvolveu unha industria siderúrxica moi potente, grazas ás súas minas de carbón. Hoxe es´ta integrada nunha gran rexión industrial que se estende desde Reino Unido ata o Norte de Italia, pero que desde finais do século XIX entrou en proceso de decadencia e fonda desconcentración, deslocalización e desestruturación cara os NPI En EEUU a rexión máis extensa sitúase no Nordés e o sur dos Grandes Lagos. Zonas ricas en ferro e carbón.. Desenvolveuse a industria siderúrxica e mecánica e entraron en crise en 1980. A alta tecnoloxía atópase no Pacífico en California como no sur do país Xapón é unha gran potencia. Mecánica e electrónica. Illas do sur: Tokio, Yokohama, Osaka e Nagoya. China: Shangai e lexte de China. Investimento estranxeiro. Man de obra barata Taiwan, Corea do Sur, Filipinas e Indonesia, Hong Kong, Singapur, Bangkok desenvolveron maquinaria, electrónica, confección e calzado India con núcleos tradicionais situados no curso do Ganxes con centro en Calcuta e na zona de Bombai. Actualmente centros en Bangalobre: tecnoloxía avanzada. México desenvolve Industria inducida de EEUU América do Sur: Sao Paulo (automóbiles e industria química) No Sueste: relacionado con EEUU e SE asiático Menos industrial. Sudáfrica
  • 103. Localización industrial actual Deslocalización, desconcentración, desestruturación
  • 104. 5.5. Localización industrial en España Desequilibrios territoriais • Destaca eixe do val do Ebro e Mediterráneo concentra o 50% do volume de negocio industrial. • Val do Ebro: conecta as industrias do País Vasco e Cataluña a través de Zaragoza e Logroño. Este eixe vincúlase con Madrid. • Mediterráneo (Murcia, Valencia e Cataluña) prolóngase cara sur de Francia-val do Ródano e norte de Italia. • Área industrial de Madrid. Centralidade, alta tecnoloxía e investimentos estranxeiros. • Andalucía: 10% do volume de negocio. Localízase no triángulo con vértices en Sevilla-Huelva-Cádiz. • Cornixa cantábrica e Galicia: 10% do volume industrial. Siderurxia e metalurxia. Zonas descontinuas se industrializar. • Centro peninsular: 40% do territorio, só o 10% do volume de negocio. Concéntrase en Valladolid e Burgos. • Baleares e Canarias: peso industrial menor.
  • 105.
  • 106. INDUSTRIA EN ESPAÑA 2009 SECTOR Ocupados Facturación Industria extractiva e do petróleo 40.305 1,8% 32.063 € 6,5% Alimentación, bebida e tabaco 368.190 16,7% 92.443 € 18,6% Téxtil, confección, coiro, calzado 141.747 6,4% 14.791 € 3,0% Madeira e cortiza 68.981 3,1% 6.961 € 1,4% Papel, edición, artes gráficas 123.408 5,6% 18.868 € 3,8% Industria química 124.273 5,6% 44.694 € 9,0% Caucho e materias plásticas 99.132 4,5% 16.457 € 3,3% Produtos minerais non metálicos diversos 145.388 6,6% 23.734 € 4,8% Metalurxia e fabricación metálica 351.714 16,0% 54.593 € 11,0% Maquinaria e equipo mecánico 114.056 5,2% 17.514 € 3,5% Material electrónico e óptico 106.073 4,8% 22.560 € 4,5% Material de transporte 190.202 8,6% 58.953 € 11,9% Manufacturas diversas 189.598 8,6% 17.151 € 3,5% Enerxía, auga e residuos 136.467 6,2% 75.514 € 15,2% TOTAL 2.199.534 496.296 €
  • 107. 5.6. Multinacionais • Empresas que teñen presenza en distintos países. Desenvolven unha estratexia global para obter o máximo beneficio. • Así compran as materias primas onde lles resultan máis barato, localizan as súas fábricas en lugares que lles supón vantaxes (económicas, sociais, fiscais, laborais e ambientais…). e venden os seus produtos en calquera parte do mundo. • Carácterísticas: 1. Tamaño grande. 2. Proxección xeográfica plurinacional. 3. Organización moi descentralizada. 4. Moi innovadoras. 5. Gastan moito en márketing. 6. Cadro de persoal administrativo moi importante. 7. A meirande parte da súa produción é para a exportación.
  • 108.
  • 109. 5.6. Empresas do IBEX 35 • O IBEX 35 (índice bolsista español) é o principal índice de referencia da bolsa española elaborado por Bolsas e Mercados Españois (BME). • Está formado polas 35 empresas que cotizan nas catro Bolsas Españolas (Madrid, Barcelona, Bilbao e Valencia)
  • 110. 5.6. Empresas do IBEX 35 (2015) Abengoa (enerxías alternativas) Arcelor Mittal Siderúrxica Bankinter Finanzas Enagás Enerxía Gas Natural Enerxía Indra Sistemas Telecomu- nicacións REE Transporte Enerxía Eléctrica Albertis infraestru- turas Banco Popular Finanzas BBVA Finanzas Endesa Enerxía Grifols Farmacia. Suministros hospitala- rios Jazztel Telecomu- nicacións Repsol Combust- ibles Acciona Infraestru- turas e servizos Banco Sabadell Finanzas Bolsas y Mercados Españoles Finanzas FCC Construción e servizos International Airlines Group Aviación Mapfre Seguros Sacyr Construción e servizos ACS Construción e servizos Banco Santander Finanzas Caixabank Finanzas Ferrovial Construción e servizos Iberdrola Enerxía Mediaset España Comuni- cación Técnicas Reunidas Enxeñería Enerxética Amadeus Servizos turísticos Bankia Finanzas DIA Alimenta- ción Gamesa Corporación tecnolóxica Inditex Confección moda Obrascón Huarte Laín Construción Telefónica Telecomu- nicacións
  • 111. 5.6. Centro de distribución • Infrastrutura loxística onde se almacenan os produtos que posteriormente serán distribuídos. • Caracterízase por un complexo sistema automatizado onde o deseño do espazo, a organización e a incorporación da tecnoloxía permiten unha rápida e eficiente distribución das mercadorías. • Toda a produción, independentemente do lugar onde se fabrica, recíbese nos centros loxísticos para ser distribuídos por todo o mundo.
  • 112. 5.6. INDITEX • É un dos maiores grupos de distribución de moda do mundo que naceu en 1963 como unha fábrica de roupa feminina. • Na actualidade esta empresa conta con oito formatos comerciais con máis de 6.460 tendas en 88 mercados nos cinco continentes con máis de 128.000 profesionais (de 130 nacionalidades e 45 idiomas de traballo). • En 1975 ábrese a primeira tenda Zara. E a finais dos anos oitenta iníciase a súa expansión internacional con outras marcas (Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe) • Un eficiente sistema loxístico asentado en España, lévalles a todas as tendas do grupo produtos novos dúas veces por semana, o que permite manter inalterable o obxectivo de ofrecerlles moda aos clientes de todo o mundo.
  • 113.
  • 114.
  • 115.
  • 116. 1975: primeira tenda de ZARA Rúa Xoán Florez (A Coruña)
  • 117. Presenza internacional de INDITEX no mundo
  • 118. Loxística de distribución de INDITEX no mundo
  • 120. Introdución • O sector terciario é un dos tres sectores económicos que, diferenciándose dos sectores primario e secundario, non produce bens materiais senón que lle presta servizos á poboación • Nos países máis avanzados medrou de xeito considerable. • Hoxe é o sector máis destacado nas sociedades avanzadas.
  • 122. 6.2. A diversidade do sector servizos • O sector terciario caracterízase pola gran diversidade de actividades que abrangue: sanidade, educación, turismo, comercio, transportes, etc. • A máxima expansión do sector terciario acadouse coa sociedade da información, que produciu o desenvolvemento técnico e científico, a mundialización da economía, etc. Fálase de revolución do terciario. • O conxunto das actividades relacionadas coa técnica e a ciencia forma parte do sector terciario superior ou cuaternario. • Hai un sector terciario banal dedicado a traballos que esixen pouca preparación e están mal remunerados: servizos de limpeza, venda ambulante, etc.
  • 123. 6.2. Os servizos e os cambios sociais recentes • Os servizos tamén se multiplican para lles dar resposta aos cambios sociais recentes. • O aumento da esperanza de vida fai necesarios unha serie de servizos relacionados co coidado das persoas maiores ou dependentes. • A incorporación da muller ao mundo laboral fai urxente a creación de escolas infantís e de servizos que faciliten o traballo doméstico. • A redución da xornada laboral e as vacacións pagas explican a oferta de actividades de lecer e a importancia do sector turístico.
  • 124. 2. Clasificación das actividades terciarias 6.2.
  • 125. 7. O transporte • O transporte é a actividade mediante a cal unha persoa ou mercadoría se traslada dun lugar a outro. • O transporte aéreo, o terrestre e o marítimo son os sistemas de transporte que permiten os desprazamentos. • As estradas, as vías férreas, os portos e os aeroportos son as infraestruturas necesarias para a circulación dos medios de transporte.
  • 126. MODOS DE TRANSPORTE S. Transporte Terrestre Estradas  Rápido.  Mercancías variadas.  Redes diversas.  Trazado condicionado relevo.  Transporte intermodal. Ferroviario Acuático Mariño  Condicionamento natural.  Moita capacidade.  Mercancías pesadas.  Lentitude.  Fletes económicos. Fluvial Aéreo  Pasaxeiros.  Mercancías escasas e limitadas.  Transporte caro.  Pouca capacidade.  Transporte de risco. De fluídos Oleoducto (Ver apartado de materias primas e Ftes. de enerxía)Gasoducto Rede eléctrica
  • 127. 7.1. A revolución dos transportes • A revolución nos medios de transporte nos últimos cincuenta anos tivo como obxectivo transportar maior cantidade de persoas e de carga, de forma máis rápida, segura e económica. Os cambios máis significativos foron: • O aumento de tonelaxe. • A intermodalidade no transporte de mercadorías. • O aumento da velocidade. • A mellora na infraestrutura viaria. • O aumento da seguridade. • A redución no prezo do transporte. • Os avances nas telecomunicacións.
  • 128. 7.1. O transporte terrestre • O transporte por estrada. A estrada é a infraestrutura máis utilizada para transportar persoas e mercadorías. Forma unha rede moi estruturada e densa. • O transporte por ferrocarril. É óptimo para percorrer distancias medias e longas, tanto para pasaxeiros como para mercadorías. • Actualmente, no transporte por ferrocarril desenvolvéronse melloras técnicas que permiten maior capacidade de pasaxeiros e de carga, e máis velocidade: • Os trens de alta velocidade (TAV). • Os trens rápidos (TR).
  • 130. 7.1. O transporte aéreo • É o máis axeitado para o desprazamento de persoas a grandes distancias e para o transporte de mercadorías lixeiras, grazas á súa rapidez e seguridade. • É un transporte caro porque os avións consomen moito carburante e precisan un rigoroso mantemento. • Os aeroportos esixen grandes espazos para que o transporte aéreo sexa eficaz.
  • 132. 7.1. O transporte marítimo • É a forma máis idónea para desprazar a moita distancia mercadorías pesadas ou perigosas a baixo prezo. • Un dos inconvenientes do transporte marítimo é que é moi lento. Ademais, a súa carga é moitas veces perigosa e pode supoñer un risco para o ecosistema mariño.
  • 134. 7.2. As redes de transporte • As redes de transporte son un conxunto de infraestruturas por onde poden circular con facilidade os vehículos. • Están formadas por eixes ou liñas que unen dous ou máis puntos conectados entre si e dispostos como unha malla que se estende sobre un territorio de forma máis ou menos densa. • Os lugares centrais destes eixes son os nós de transporte. • Nas áreas economicamente máis importantes a rede de transportes é moi densa. Hai un bo funcionamento dos desprazamentos. • Os países pouco relacionados cos centros mundiais de poder teñen redes de transporte escasas e pouco densas.
  • 135. 7.3. O transporte en España • Rede de estradas. Desde hai décadas, é a infraestrutura de transporte que máis renovacións e melloras tivo. Pero presenta algúns inconvenientes: • Presenta unha densidade moi elevada en certos lugares que orixina conxestións nos desprazamentos cotiáns e provoca unha elevada contaminación e moitos accidentes. • Rede de ferrocarrís. O investimento en infraestruturas ferroviarias é a grande aposta para os vindeiros anos para mellorar o transporte por ferrocarril e facelo competitivo. • Transporte marítimo. Utilízase para o comercio exterior e o tráfico de pasaxeiros e de mercadorías. Estanse a realizar investimentos en infraestruturas e equipamentos portuarios. • Transporte aéreo. O seu desenvolvemento en España é cada vez maior e obriga a grandes investimentos. 08
  • 136.
  • 137.
  • 138. Estradas asfaltadas en España Total Autopistas e autovías Resto da rede España 165.906 14.552 151.354 Galicia 17.609 993 16.616 Fonte: Ministerio de Fomento. 2011
  • 139.
  • 140. A-1
  • 141. A-2
  • 142. A-3
  • 143. A-4
  • 144. A-5
  • 145. A-6
  • 146.
  • 147.
  • 148.
  • 149.
  • 151. Estación do AVE Sta. Justa (Sevilla)
  • 152. Viaduto do AVE no val do Ulla
  • 153. 1,62Pontevedra-Mar. (26)00Pontevedra-Marín 0,91,2Vilagarcía (27)35Vilagarcía 12,211,0Ferrol-S. Cibrao (12)23,1Ferrol-S. Cibrao 3,95,5Vigo (21)1.090147Vigo 11,914,4A Coruña (14)5450A Coruña 17,521,9Huelva791612Málaga 20,524,0Cartaxena1.382674Las Palmas 21,227,6Las Palmas1.1861.120Almería-Motril 31,536,1Tarragona2.1282.581Ceuta 32,140,0Bilbao3.2012.880Barcelona 42,951,4Barcelona4.3444.954Sta. Cruz Tenerife 57,753,5Valencia4.9665.225Baía de Alxeciras 69,974,5Baía Alxeciras4.8015.926Baleares 2009Mercadorías (millóns de t)2009Pasaxeiros (Miles) TRÁFICO NOS PRINCIPAIS PORTOS (2007-2009)
  • 154.
  • 155. AEROPORTOS % 2010 / r 2008 Madrid-Barajas 49.866.112 -1,93% Barcelona.El Prat 29.209.536 -3,51% Palma de Mallorca 21.117.417 -7,51% Málaga-Costa del Sol 12.064.521 -5,85% Gran Canaria 9.486.025 -7,11% Alicante 9.382.931 -2,04% Tenerife Sur 7.358.986 -10,82% Ibiza 5.040.800 8,47% Lanzarote 4.938.343 -9,19% Valencia 4.934.268 -14,62% Girona-Costa Brava 4.863.954 -11,74% Sevillla 4.224.718 -5,95% Fuerteventura 4.173.590 -7,09% Tenerife Norte 4.051.356 -4,37% Bilbao 3.888.955 -6,80% Menorca 2.511.629 -3,62% Santiago (17) 2.172.869 13,32% A Coruña (21) 1.101.208 -6,28% Vigo (22) 1.093.576 -14,48% TOTAL 192.792.595 -5,43% Pasaxeiros Pasaxeiros en aeroportos españois 2010
  • 156. 2011 Pasaxeiros Voos 2011/2010 Lavacolla 2.464.431 20.812 13,42% Alvedro 1.012.800 10.945 -8,03% Peinador 976.152 12.584 -10,74% Galicia 4.453.383 44.341 1,96% Oporto 6.004.589 61.647 13,65% 2011 Comparativa aeroportos galegos con Oporto
  • 157.
  • 158. 7.3. Causas do desenvolvemento do turismo • Unha das actividades do sector terciario que coñeceu un maior crecemento nos países ricos é o turismo. O crecemento débese a estes factores: • A xeneralización da semana laboral de cinco días, que dá lugar a unha longa fin de semana, e dun período de vacacións pagas ao ano, polo que aumenta o tempo de lecer. • A sociedade do benestar, ao cubrir as necesidades básicas e asegurarlles aos traballadores pensións de invalidez e de vellez, liberou os traballadores do aforro de previsión. Estes, como consecuencia, poden entrar na sociedade de consumo. • A xeneralización do uso do automóbil e a mellora da rede viaria.
  • 159. POSICIÓN DE ESPAÑA NO TURISMO MUNDIAL (2010) PAÍS Nº chegadas (millóns) %2006 % País Ingresos miles de millóns $ 2006 % Francia 76,8 -2,78% 8,17% EE.UU. 68,2 30,8 EE.UU. 59,8 17,25% 6,36% España 40,7 18 China 55,7 12,30% 5,93% Francia 36,9 15,9 España 52,7 -9,14% 5,61% Italia 30,3 13,3 Italia 43,6 6,34% 4,64% China 27 11 Reino Unido 28,3 -7,52% 3,01% Reino Unido 26,8 11 Turquía 27 42,86% 2,87% Alemaña 26 11 Alemaña 26,9 14,47% 2,86% Australia 14,2 6,8 Malaisia 24,6 s.d. 2,62% Turquía 13,4 6,3 México 22,3 4,69% 2,37% Austria 13,2 5,8
  • 160. 7.3. Os desprazamentos turísticos • Os centros emisores de turismo adoitan ser as grandes cidades ou áreas urbanas desde onde as fins de semana e, sobre todo, durante o verán, saen moitas persoas. • Os fluxos turísticos diríxense cara a núcleos receptores que, segundo a distancia, son de diversos tipos: • Núcleos turísticos próximos, situados nun raio de ata 200 quilómetros de distancia dos centros emisores. • Núcleos turísticos intermedios, situados nun raio de ata 2000 quilómetros dos centros emisores. • Núcleos turísticos afastados, situados a partir de 2000 quilómetros dos centros emisores.
  • 161. O turismo no mundo 06
  • 162. 7.3. A importancia económica do turismo • O turismo xera a creación e expansión de empresas e servizos: compañías aéreas, axencias de viaxes, cadeas hoteleiras, empresas de animación, etc. • Estas empresas, asemade, proporcionan numerosos e diversificados postos de traballo: camareiros, guías turísticos, comerciantes, etc. • Os turistas adoitan gastar os seus cartos nos lugares de destino: desprazamentos, aloxamento, actividades de lecer e diversión…, deixando beneficios no país. • Nos países pobres, o sector turístico adoita estar en mans de grandes empresas tour operadoras e de transportes internacionais, con sedes nos países desenvolvidos.
  • 163. 7.3. Os efectos do turismo • Factores positivos do turismo. O turismo representa para un país ingresos elevados, crea moitos postos de traballo, dinamiza outros sectores económicos, permite o contacto con outras culturas e facilita a aprendizaxe de novas linguas. • Factores negativos do turismo. O turismo tamén contribúe ao aumento dos prezos, incrementa a especulación do solo, enriquece a grandes empresas e moitos dos traballadores que crea son de pouca cualificación e están mal remunerados. • O turismo tamén provoca grandes impactos ambientais: alteración da costa ao construír portos, contaminación da auga…
  • 164. 7.3. O modelo turístico español actual • O turismo en España experimentou o seu máximo empurre na década de 1960 converténdose nun fenómeno de masas de procedencia basicamente estranxeira. • Nas últimas décadas engadiuse o turismo interior español, que supuxo un aumento das ofertas e das actividades turísticas. • Ao mesmo tempo mantense o modelo de vacacións masivas a uns prezos alcanzables debido á acción dos tour-operadores, que forzan unhas tarifas baixas. 08
  • 165. 7.3. Procedencia e destino do turismo exterior • Os principais puntos de procedencia do turismo exterior que visita España son: Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia, Estados Unidos e Portugal. • Os destinos preferidos son Cataluña, Canarias, Illas Baleares, Andalucía e Comunidade Valenciana. • Aínda que o turismo predominante é o do verán, tamén se aprecia un lento incremento do turismo de temporada baixa. 08
  • 166.
  • 167. DESTINO 2010 Destinos Nº turistas (miles) % Cataluña 13.177 25,01% Baleares 9.178 17,42% Canarias 8.611 16,35% Andalucía 7.437 14,12% C. Valenciana 5.024 9,54% Madrid 4.634 8,80% C. León 992 1,88% Murcia 906 1,72% País Vasco 689 1,31% Galicia 677 1,29% Aragón 333 0,63% Cantabria 275 0,52% Navarra 188 0,36% C. Mancha 179 0,34% Extremadura 175 0,33%
  • 168.
  • 169. 7.3. Infraestrutura hoteleira • A maior oferta de hoteis e hostais sitúase nas Illas Baleares e Cataluña, onde hai maior concentración de prazas hoteleiras, seguidas de Andalucía, Canarias e a Comunidade Valenciana. • Isto indícanos que a distribución dos establecementos hoteleiros aínda responde ao modelo de turismo masivo exterior. 08
  • 170.
  • 171.
  • 172. 7.3. Turismo interior e mobilidade temporal • Actualmente, os servizos vinculados ao tempo libre implican unha gran mobilidade da poboación do propio país. • Na actualidade novas formas de ocio introducíronse nos costumes dos cidadáns españois: deportes de aventura, esquí, golf… • Estas actividades implican desprazamentos que xeran, asemade, outros servizos como os vinculados ao transporte e á hostalaría. 08
  • 175.
  • 176. Manga do Mar Menor (Murcia)
  • 178. Teide. Sta. Cruz de Tenerife
  • 185. 7.3. O turismo en Galicia • É unha actividade do sector dos servizos que está en crecemento. • Trátase dun turismo de nivel medio, procedente maioritariamente doutras comunidades autónomas atraído pola riqueza e polo contraste das paisaxes, polo extenso patrimonio cultural e artístico e pola gastronomía e os costumes populares. • Os aloxamentos turísticos localízanse sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra: hoteis, hostais, apartamentos, albergues e balnearios. • Os puntos de destino tradicionais son as Rías Baixas, Santiago de Compostela e A Coruña, e en menor medida as Rías Altas. 09
  • 186.
  • 190. 8.1. Que é o comercio? • O comercio consiste na compra e mais na venda de mercadorías co fin de satisfacer as necesidades da poboación. • Inicialmente, a actividade comercial realizábase mediante o troco, isto é, o intercambio duns produtos por outros. • Posteriormente, coa aparición da moeda, púidoselles dar un valor máis exacto ás mercadorías e ampliouse o ámbito das actividades comerciais.
  • 191. 8.2. Comercio interior e comercio exterior • O comercio interior é o que ten lugar dentro dun país. • Pode ser almacenista, efectuado polos comerciantes por xunto que compran grandes cantidades de mercadorías e llelas venden a comerciantes ou a empresas, ou retallista, que vende directamente ao público pequenas cantidades. • O comercio exterior é o que realiza un país con outros países. Inclúe tanto as vendas de produtos nacionais, ou exportacións, como as compras de produtos do exterior, ou importacións.
  • 193. 8.3. A balanza comercial • A balanza comercial é a diferenza entre os bens que un país vende ao exterior e os que lles merca a outros países: • Se o valor das compras de bens ao exterior é inferior ao valor das vendas que se fan a outros países, dise que a balanza comercial é positiva. • Se as importacións superan as exportacións, a balanza comercial é negativa.
  • 195. 8.3. A balanza de pagamentos • A balanza de pagamentos rexistra todos os intercambios económicos dun país, tanto de bens materiais, como de servizos, ou de bens financeiros. • Cando na balanza de pagamentos os ingresos superan os gastos dise que é excedentaria. • Cando na balanza de pagamentos os ingresos son menores que os gastos dise que é deficitaria.
  • 197. 8.4. As características do comercio actual • A actividade comercial na actualidade caracterízase por: • Mover enormes cantidades de produtos moi diferentes. Para iso precisa duns medios de transporte de gran capacidade e eficacia, a prezos razoables. • Crear unha rede de relacións de ámbito mundial. • Ser unha actividade, xunto ao transporte, que ocupa a moitas persoas. • Concentrarse, cada vez máis, nun reducido número de empresas.
  • 198. 8.4. Intercambios comerciais internacionais • Desde a segunda metade do século XX, o comercio internacional experimentou un desenvolvemento espectacular: abrangue espazos moi amplos e aumenta constantemente o seu valor económico. Relacionado co fenómeno da globalización. • O maior volume de intercambios realízase entre a Unión Europea, Xapón, China, Asia oriental e os Estados Unidos. Comercialízase sobre todo con produtos manufacturados.
  • 200. 8.4. Os fluxos comerciais • A denominación de fluxos comerciais refírese ao movemento entre vendedores e compradores producido polos intercambios comerciais. Estes fluxos poden ser: • Fluxos de materias primas. Os países produtores non sempre consomen todas as materias primas que extraen, pero si que as venden. • Fluxos de produtos manufacturados. O 80% dos intercambios de produtos manufacturados que se fan no mundo proceden dos países máis desenvolvidos. • Fluxos de capitais. Mobilizan enormes cantidades de diñeiro que circulan constantemente por todo o mundo. Con cartos pódense efectuar préstamos bancarios, investimentos, ou mercar e vender empresas ou accións en bolsa.
  • 201. 8.5.. Os bloques comerciais • A mundialización dos intercambios obrigou a moitos países a agrupárense en bloques comerciais para eliminar rivalidades e regular os fluxos. Teñen en común: • Proximidade espacial. • Unión de alfándegas. • Redistribución industrial. • Fronte común. • Complementariedade e unión de esforzos.
  • 203. 8.5. O comercio desigual nun mundo global
  • 205. Países con máis débeda
  • 206. Índice global da fame 2012
  • 207. Taxa de alfabetización mundial 2012
  • 208. Que te suxire esta fotografía?