2. En Francia chámase a “Nuit du Réveillon”.
En París o lugar máis representativo é a
Torre Eiffel, onde se agrupa toda unha
multitude para presenciar o espectáculo de
luces e brindar con champaña. É moi común
que ao dar a media noite os noivos se dean
un bico baixo un visgo.
3. O 11 de febreiro de 2013, desafiando o inverno na
meseta tibetana, comeza a celebración do Aninovo ou
Losar, prolongándose durante dúas semanas máis deica a
nova lúa chea.
O festival ten as súas orixes no antigo Tíbet, antes da
chegada do budismo, cando Bon era a relixión dominante
e moitos rituais ían destinados a aplacar os malos
espíritos e agraciar as deidades para asegurar unha boa
colleita cada ano. Losar céntrase na purificación e
preparación para o novo ano.
Antes da entrada do novo ano hai un período en que
realizan rituais complexos, que inclúen unha confusión de
fume branco e danzas de máscaras, simbolizando unha
batalla entre o ben e o mal. Fanse ofrendas aos deuses
para pedirlles protección e afánanse en limpar as casas
para purificar os pecados e entrar puros no novo ano.
Os primeiros días do ano a familia re, realizan ofrendas
aos mosteiros con incenso e bandeiras de oración.
Ademais, non se reduce a unha festa familiar, é unha festa
en comunidade. Nestes días visitan os veciños e amigos
que os apoiaron durante o ano pasado e fanlles regalos,
comen alimentos especiais, doces e polas noites hai
cantos e bailes acompañados de viño de cebada.
4. En Arxentina e en Ecuador coinciden no
costume de queimar un manequín de
madeira ou outros materiais para
purificarse e desfacerse de todo o malo do
ano que termina. Por suposto, non lles
faltan os fogos artificiais, o asado aos
arxentinos e a rumba aos ecuatorianos.
5. A celebración na véspera de Aninovo chámase Hogmanay. Os escoceses teñen o
costume de prenderlle lume a un barril e facelo rodar polas rúas para dar paso
ao novo ano. Ademais, teñen a crenza de que o primeiro que pise a casa onde
se vai realizar a celebración, traerá sorte durante todo o novo ano.
6. En Rusia, o fin de ano é semellante ao Nadal
para o resto do mundo, pero a Papá Noel
substitúeo o Avó de Xeo, un velliño que
percorre os fogares repartindo doces,
xoguetes e bonecas matrioskas
7. O 10 de febreiro de 2013 comezar conmemoración durará 15 días, ata o Festival da
Lanterna. Na véspera de Aninovo, a xente prepara desde cedo flores naturais e froitas para
facerlle ofrendas ao Emperador de Xade, así como aos deuses e antepasados, como
agradecemento polas bendicións do ano que pasou e pedindo polo novo ano que comeza.
Despois dunha limpeza profunda da casa, toda a familia adoita pegar en ambos os lados
das portas papeis vermellos con mensaxes de bos desexos co fin de sorte. Orixinalmente
escribíanse sobre madeira de pexegueiro e hoxe queda a tradición dos amuletos de
pexegueiro. Arredor da estufa colocan varias moedas, que representan a prosperidade.
Para asegurarse plenitude e evitar desgrazas, sérvense os patos ou polos enteiros, coa
cabeza e as patas sen cortar, ao igual ca o resto dos ingredientes.
Esa noite regalanlle diñeiro aos nenos nun sobre vermello para que os protexa do fantasma
Sui mentres dormen. Pola súa parte, os adultos agardan espertos a chegada do novo ano.
8. En Italia inician a “Notte di Capodanno” cunha cea acompañada de lentellas, símbolo de
prosperidade. Tamén adoitan regalar roupa interior de cor vermella ás mulleres e o máis
rechamante é que, en moitas localidades, tiran os trastes vellos pola ventá para finalizar
unha etapa e recibir o ano renovado.
9. Songkran é o Ano Novo budista tailandés. Segundo o calendario budista o ano que entra será
o 2556, xa que Siddhartha Gautama (Buda) morreu 543 anos antes do nacemento de Cristo.
As celebracións levaranse a cabo do 13 ao 15 de abril de 2013.
É mundialmente coñecido o seu Festival de Auga, unha auténtica guerra de mangueiras,
pistolas de auga e caldeiros, que tivo un principio máis espiritual. Tradicionalmente tirábase
a auga ás figuras de Buda dos templos e usábase esa mesma auga, bendicida, para mostrar
respecto aos maiores e darlles boa sorte mollándolles o lombo. Con temperaturas que
poden pasar de 40 ºC é a mellor forma de festexar a entrada do Aninovo.
10. Os daneses aproveitan esta
data para demostrarlles
aos seus seres queridos o
aprezo que lles teñen
lanzando en fronte das
casas destes pratos vellos
que foron acumulados
durante o ano. Cantos máis
pratos rotos se acumulan
no seu xardín, máis
apreciados son.