SlideShare a Scribd company logo
1 of 172
ÍndiceAJE EMPRENDE. Guiándote na
creación da túa empresa
1. Introdución 10
2. Beneficios da creación de empresas 14
2.1 Beneficios para o emprendedor 15
2.2 Beneficios para o entorno 18
3. A persoa emprendedora 20
4. A idea 32
4.1 Como atopar ideas de negocio 33
4.2 Como saber si a idea é boa 40
5. O plan de empresa 42
5.1 Por que facer un Plan de Empresa? 43
5.2 Contidos do plan de empresa 45
6. Emprender exportando 74
6.1 Vantaxes de exportar 75
6.2 ¿Tes potencial exportador? 76
6.3 Entidades de apoio á internacionalización 80
7. Consideracións legais 82
7.1 A protección de datos na empresa 83
7.2 A prevención de riscos laborais 88
Aje imprenta.indd 3 25/10/2010 13:02:48
Aje imprenta.indd 4 25/10/2010 13:02:48
8. Consideracións legais 96
8.1 Decisión da forma xurídica 97
8.2 Principais formas xurídicas 101
9. A franquía 118
9.1 As partes da franquía 119
9.2 Tipos de franquía 120
9.3 Elementos da franquía 121
10. Recursos para a creación de empresas 126
10.1 Financiamento para a posta en marcha 127
10.2 Estruturas de intermediación financeira:
Sociedades de Garantía Recíproca 134
10.3 Axudas e Subvencións 135
11. Trámites de constitución e
posta en marcha 140
12. Obrigas fiscais 152
10.1 O IRPF 154
12.2 O Imposto sobre Sociedades (IS) 159
12.3 O Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) 162
Anexo 1 164
Aje imprenta.indd 5 25/10/2010 13:02:48
Galicia, agora máis que nunca, necesita emprendedores e empresas xeradoras de riqueza, isto é,
emprego e benestar. Por iso, desde a Consellería de Traballo e Benestar estamos a traballar co firme
propósito de fomentar a cultura emprendedora, especialmente entre os máis novos, incentivando aos
potenciais emprendedores e desenvolvendo programas de axudas dirixidos ao emprego autónomo, ás
novas iniciativas empresariais e ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica e científica.
Con todo, somos conscientes de que é preciso axudar aos nosos emprendedores en todos os
tramos do seu camiño. Así o facemos na etapa previa á creación da súa iniciativa, asesorándolles no
desenvolvemento da súa idea de negocio e na elaboración do plan de empresa para que cada un destes
proxectos sexa, desde o seu inicio, viable e con expectativas de futuro e de éxito.
Nesta liña, esta guía, clara, concisa e manexable, pretende facilitar solucións aos diversos problemas
iniciais que se presentan cando nace unha empresa, para o que esboza unha serie de ideas a ter en
conta polo emprendedor nos seus primeiros pasos no mundo empresarial.
Meus parabéns a Aje Coruña pola elaboración desta guía emprendedora e polo seu traballo diario a
favor do fomento do espírito emprendedor e da consolidación do tecido empresarial galego.
Carta de presentación
Aje imprenta.indd 6 25/10/2010 13:02:48
Beatriz
MatoConselleira de
Traballo e Benestar
Aje imprenta.indd 7 25/10/2010 13:02:52
8
Daniel
RamosPresidente da Asociación
Marineda de Jóvenes
Empresarios - AJE A Coruña
Aje imprenta.indd 8 25/10/2010 13:02:52
Estimado/a asociado/a:
A Asociación Marineda de Jóvenes Empresarios – AJE A Coruña naceu, entre outros, co obxectivo de
apoiar as iniciativas e as vocacións empresariais da mocidade da provincia da Coruña.
Conscientes da necesidade dos emprendedores de contar con apoio dende os seus inicios, publícase
esta Guía que, xunto con outras iniciativas de asesoramento e xestión, pretende ofrecer de xeito
clarificador as pautas a ter en conta á hora de crear unha empresa.
Trátase do primeiro paso a dar nun camiño difícil e complicado de percorrer; un camiño que dende a
Asociación percorremos cos nosos casi 300 asociados, xa que, convencidos de que é posible emprender,
consideramos fundamental a implicación de tódolos axentes económicos e sociais para o desenrolo do
tecido empresarial da provincia, de Galicia e de toda España.
Dende a Directiva da Asociación traballamos para facilitar o avance cara o éxito dos emprendedores,
proporcionándolles todas as ferramentas necesarias para conseguilo. Un exemplo é esta Guía que recolle
testemuñas e consellos de empresarios que, con esforzo e traballo, sacaron adiante os seus negocios.
En prol de lograr os maiores beneficios para os empresarios, defendendo os seus intereses en todos
os foros posibles, AJE A Coruña e as outras Asociacións de Jóvenes Empresarios galegas unímonos
para defender un proxecto común na Federación Galega de Xoves Empresarios – FEGAXE, que, ao
igual ca nós, tamén colabora conxuntamente coa Confederación Española de Asociaciones de Jóvenes
Empresarios – CEAJE.
Por último, quero agradecer o apoio que os nosos fieis patrocinadores, as Administracións públicas
e as Institucións brindan a unha Asociación como AJE A Coruña, útil, autosuficiente e en continuo
crecemento , facendo unha mención especial a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galícia,
en particular a Dirección Xeral de Promoción do Emprego.
Recibe un cordial saúdo.
Carta de presentación
Aje imprenta.indd 9 25/10/2010 13:02:52
10
A Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña ofrece
esta “Guía de creación de empresas” que pretende ser un
instrumento de axuda para as persoas que queiran poñer
en marcha unha idea empresarial na cidade e comarcas de
arredor.
Introdución
Aje imprenta.indd 10 25/10/2010 13:02:52
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 11
A experiencia allea pode servir para
minimizar
o RIsCo
da posta en marcha
do teu negocio
Esta iniciativa forma parte das propostas da Asociación
para espertar o espírito emprendedor na zona e impulsar
así unha fonte de creación de postos de traballo, riqueza
e beneficio.
Nesta guía inclúense unha serie de pautas que serven
de axuda para planificar e tomar decisións en relación á
posta en marcha dunha empresa, ofrecendo información
de interese para a avaliación da idea emprendedora así
coma dos distintos ámbitos de xestión da organización.
O proceso de crear unha empresa conleva unha serie de
riscos e incertezas que obrigan a tomar decisións con
importantes consecuencias económicas e persoais, polo
que resulta moi conveniente contar coa experiencia de
empresarios que xa pasaron polo proceso. Xusto por iso,
esta guía convértese nun documento único ao recoller
os consellos de empresarios de éxito que algún
día se atoparon no inicio do camiño empresarial,
que evitarán que os emprendedores caian nos
erros que outros cometeron con anterioridade.
Aje imprenta.indd 11 25/10/2010 13:02:52
12
Ademais a guía complétase coa achega de expertos sobre determinados temas precisos
para unha boa xestión.
A guía estrutúrase en 12 capítulos, sendo o primeiro, o presente punto de “Introdución”
onde se expoñen os obxectivos do documento.
O segundo capítulo: “Beneficios da creación de empresas” contén información relativa
aos efectos positivos que xera a creación de empresas tanto para a persoa emprendedora
coma para a sociedade en conxunto.
No terceiro capítulo “A persoa emprendedora” analízanse cales son as cualidades que
debe de reunir un bo emprendedor, e propón un test que permite coñecer se o lector
ten capacidades para crear un negocio de éxito.
No cuarto capítulo, “A idea”, abórdase a busca dunha boa idea de negocio e a reflexión
e valoración da mesma. Servirá ao lector para determinar se a súa idea é viable.
O quinto capítulo “O Plan de Empresa” trata a elaboración deste documento que
axudará ao emprendedor a planificar os primeiros anos de actividade empresarial.
No sexto capítulo “Emprender exportando”, expóñense as claves para que o
emprendedor que se decida a exportar a súa actividade, teña garantías de facelo con
éxito.
Aje imprenta.indd 12 25/10/2010 13:02:52
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 13
O capítulo número sete “Consideracións legais” céntrase nos aspectos formais do
proceso de creación de empresa que se deben ter en conta ao poñer en marcha a
actividade. Máis concretamente abórdanse os temas de Protección de datos e Prevención
de riscos laborais.
O oitavo capítulo, “Formas Xurídicas” detalla as vantaxes e inconvenientes das distintas
formas de constitución da empresa.
No noveno capítulo “A franquía” descríbese en qué consiste esta outra forma de
negocio, as súas claves e as consideracións legais que se deben ter en conta se se opta
por este modelo.
No capítulo dez “Recursos para a creación de empresas” indícanse as principais fontes
de financiamento tanto públicas como privadas coas que o emprendedor pode contar
para financiar o seu proxecto.
O capítulo once, “Trámites de constitución e posta en marcha” detalla tódalas xestións
necesarias para constituír a organización e comezala a actividade.
E no último capítulo, “Obrigas fiscais”, o emprendedor atopará información sobre cales
son os principais aspectos tributarios.
Ademais a estrutura de capítulos complétase cun anexo onde se pode atopar unha guía
que pode ser de axuda ao promotor do proxecto para elaborar o plan de empresa.
Aje imprenta.indd 13 25/10/2010 13:02:52
14
Coa posta en marcha dunha idea empresarial, xéranse
numerosos efectos positivos, tanto para o propio promo-
tor coma para a sociedade en xeral. Cada vez que unha
persoa con iniciativa se atreve a iniciar unha actividade
empresarial, impulsa o crecemento económico da zona,
contribuíndo a crear emprego e xerar riqueza. Así, os
emprendedores desempeñan un papel esencial no desen-
volvemento da sociedade, transformando en actividade as
oportunidades de negocio da zona, xerando valor para a
entorno e para os individuos que forman parte del.
Beneficios da
creación de
empresas
Aje imprenta.indd 14 25/10/2010 13:02:52
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 15
2.1 Beneficios para
o emprendedor
Crear unha empresa non só é unha opción para gañar
cartos, senón que reporta unha serie de satisfaccións
persoais:
•Traballar para un mesmo, o que implica ter liber-
dade de acción e poder de decisión.
•Desenvolvemento dunha idea na que se cre,
contando coa satisfacción de sacala adiante co
propio esforzo.
•Reporta prestixio social.
•Pódese obter un emprego estable, é dicir, tense
seguridade no posto de traballo (non se está pen-
dente de renovacións…).
•Pódese optar a unha certa flexibilidade laboral:
liberdade para fixar o horario, as vacacións, etc.
Aje imprenta.indd 15 25/10/2010 13:02:53
16
•Posibilidade de elixir aos posibles socio/as e
colaboradores/as.
•Satisfacción de crear traballo para outras per-
soas e contribución ao desenvolvemento socio-
económico.
•Posibilidade de obter maiores ingresos econó-
micos que cun contrato por conta allea.
•Maior compromiso e motivación, ao estar á fron-
te dun reto persoal
•Maior autorrealización profesional e persoal.
“A creación dunha empresa aporta
beneficios que van máis aló do
puramente tanxible, compararíao
coa experiencia de ter un fillo”.
MANUEL GARCÍA Noroeste Forestal
Aje imprenta.indd 16 25/10/2010 13:02:53
GarcíaNoroeste Forestal
Manuel
Aje imprenta.indd 17 25/10/2010 13:02:53
18
2.2 Beneficios para
o entorno
A iniciativa empresarial fortalece o tecido empresarial
e estimula a actividade económica dunha rexión,
contribuíndo a crear emprego e impulsando a
produtividade. Ademais incítase ás organizacións
que compiten no mesmo mercado para mellorar os
seus produtos, o seu proceso produtivo ou a súa
organización.
Os emprendedores xogan tamén un papel moi
importante no cambio social no tocante a xeración
de novos produtos ou servizos que mudan os
comportamentos e costumes de consumo da xente
(por exemplo, a telefonía móbil), permiten a aparición
de novos estilos de vida e propician unha mellor
prestación de servizos de benestar (creación ou
mellora de servizos sanitarios, de educación, etc.).
Crear unha empresa, pode axudar pois, a modernizar
a economía e a sociedade en xeral.
ÁNGEL GANDOY Sysban
“A creación dunha empresa implica tanto beneficios coma
prexuízos: esixe moita dedicación deixando pouco tempo para
outras actividades pero xeralmente é unha experiencia vital
enriquecedora”.
Aje imprenta.indd 18 25/10/2010 13:02:58
Ángel
GandoySysban
Aje imprenta.indd 19 25/10/2010 13:03:28
20
“Non hai un perfil perfecto de emprendedor, aínda que si
existen unha serie de competencias que resultan moi positi-
vas para acadar o éxito e que cómpre analizalas.”
A persoa
emprendedora
3
Aje imprenta.indd 20 25/10/2010 13:03:28
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 21
Algunha desas
ComPeTeCiaS
PERsoAIs
son as seguintes:
Iniciativa
Ter a capacidade de dar comezo a tarefas adiantándose
a motivacións externas.
Capacidade de asumir riscos
Débese ser consciente de que sempre existirá unha
pequena incerteza respecto ao éxito da empresa.
Responsabilidade
É moi importante ter a capacidade de asunción das
obrigacións contraídas e asumir as consecuencias das
decisións tomadas.
Tolerancia á frustración e ó fracaso
Convén estar preparado para facer fronte ás dificultades
que se interpoñan no camiño
Autoconfianza
É imprescindible confiar no proxecto empresarial
e no criterio propio
Aje imprenta.indd 21 25/10/2010 13:03:28
22
Tenacidade
É conveniente ter constancia naquelo que se inicia.
Traballo en equipo
Un emprendedor de éxito debe ter a capacidade para
colaborar e coordinarse con outras persoas perseguindo
un obxectivo común.
Capacidade de comunicación
É moi positivo ter a capacidade para transmitir ideas e
convencer aos demais sen manipular.
Asertividade
É moi importante para o emprendedor saber defender
as propias ideas ante os demais sen provocar
enfrontamento.
Empatía
Un emprendedor de éxito debe contar coa capacidade
de poñerse no lugar doutras persoas.
Sentido crítico
Convén ser realista e obxectivo.
Capacidade de traballo e sacrificio
A actividade de emprender esixe unha gran dedicación.
Capacidade de relación co entorno
Convén dispor da aptitude para desenvolverse con
naturalidade en medio das circunstancias cambiantes
de cada momento.
Creatividade
É importante ter facilidade para imaxinar novos
proxectos.
Flexibilidade
Débese ser flexible, adaptándose rapidamente aos
cambios.
Aje imprenta.indd 22 25/10/2010 13:03:28
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 23
Persuasión
Habilidade para convencer a outras persoas.
Liderado
Motivar aos membros do equipo conseguindo a súa
implicación no traballo.
Solidariedade
Compartir éxitos e fracasos, e ofrecer axuda aos
compañeiros.
Autonomía
Traballar sen supervisión, tomando decisións propias.
Perseveranza
É esencial unha actitude constante co obxectivo de
alcanzar as metas fixadas.
Convén aclarar que non é necesario que se dean todas
as características anteriores, pero si é importante manter
unha actitude positiva cara a maioría delas.
Ademais cabe ter en conta unhas competencias técnicas
que poden axudar a que o negocio vaia por bo camiño:
•Formaciónrequiridaparaaactividadeempresarial
(de administración de empresas e específica sobre
a actividade)
•Información: o emprendedor debe recompilar
a información precisa para poñer en marcha o
negocio (mercado, formas xurídicas, axudas e
subvencións, etc.)
Aje imprenta.indd 23 25/10/2010 13:03:28
24
“É máis importante a ACTITUDE coa que te enfrontes ao
emprendemento que as competencias técnicas que posúas. Estas
últimas sempre se poden APRENDER”.
aviso AJE
Aje imprenta.indd 24 25/10/2010 13:03:28
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 25
Non é recomendable botarse atrás por non ter coñecementos específicos, xa que
sempre se poden adquirir cunha formación axeitada, e ademais existe a posibilidade
de incorporar á nova empresa persoal formado en materias de xestión. Igualmente
non se debe esquecer que existen numerosos organismos e institucións preparados e
dispostos a axudar aos emprendedores.
A conxunción de competencias persoais e técnicas é a clave para distinguir a un bo
emprendedor.Detódolosxeitoscabemencionarque ascaracterísticasdun emprendedor
de éxito variarán en función das particularidades do proxecto: zona, actividade, etc.
Aje imprenta.indd 25 25/10/2010 13:03:28
Paraquepoidasanalizaratúacapacidadeemprendedora,
proponse un test que dará unha idea global das aptitudes
que presentas para levar a cabo unha idea empresarial.
Non entanto, debes ter en conta que non é un resultado
rigoroso xa que, como se expuxo anteriormente, as
capacidades emprendedoras están supeditadas a
factores específicos de cada caso.
1Adáptome facilmente aos cambios
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
2Gústame experimentar cousas novas
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
3Considérome unha persoa moi creativa
	� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
5Gústame toma-la iniciativa
	� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
6Traballo tanto como faga falla para remata-lo que
comezo
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
7Cando quero algo, teño moi claros os obxectivos
na miña cabeza
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
Valora de 1 a 5 as seguintes afirmacións, sendo
1: “totalmente en desacordo”,
2: “en bastante descordo”,
3: “nin de acordo nin en desacordo” ,
4: “bastante de acordo”
5: “totalmente de acordo”
test capacidade emprendedora
Aje imprenta.indd 26 25/10/2010 13:03:28
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 27
8Analizo os meus erros para aprender deles
	� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
9Para min, os problemas son retos
	� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
10Son curioso/a
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
11Vexo novas utilidades en obxectos comúns
	� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
12Teño moita imaxinación
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
13Normalmente fago as cousas ó meu xeito
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
14Unha vez decido facer algo, nada me detén
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
15Atrévome con calquera situación
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
16Son unha persoa positiva
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
17Poño o pescozo por aquilo no que creo
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
18Gústame a responsabilidade
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
19Vivo ao máximo
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
20Estou seguro de min mesmo/a
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
21Gústame aceptar riscos
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
Aje imprenta.indd 27 25/10/2010 13:03:28
28
22Teño a reputación de ser testán
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
23Arríscome
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
24Se comezo unha carreira de fondo e xa sei que
non vou gañala, acáboa igual, aínda que 	
	 chegue o último
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
25Cando estaba no colexio só estaba contento
nas cualificacións se era a mellor
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
26Cando participo nun deporte, meu obxectivo é
sempre gañar
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
27O que máis valoro nun posto de traballo é a
autonomía de decisión e a posibilidade de 	
	 promoción
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
28Os domingos, polo xeral, prefiro levantarme
cedo e aproveitar o día que levantarme tarde e	
	 quedarme todo o día no sofá
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
29Ante os problemas, busco solucións o máis rá-
pido posible
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
30A xente dime que teño capacidade de lidera-
do
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
31	 Gústame ter o control sobre todo o que fago
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
Aje imprenta.indd 28 25/10/2010 13:03:29
Manuel
AlcázarAlcázar Patentes y Marcas
“Como bo emprendedor deberás ser
capaz de construír relacións, integrar
e motivar”.
Aje imprenta.indd 29 25/10/2010 13:03:30
30
32Considero que teño don de xentes e capacida-
des comunicativas
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
33Cando quero algo, son capaz de convencer a
outras persoas e unilas ao meu proxecto
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
34Resultaríame doado asignar tarefas aos de-
mais
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
35Gústame ter as tarefas do día planificadas e or-
ganizadas
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
36Teño formación/experiencia relacionada coa
idea empresarial que estou pensando en 	
	 poñer en marcha
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
37Son moi bo naquelo que teño experiencia e co-
ñecementos
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
38Son moi sociable e gústame coñecer xente
nova
	 � 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
39Nunca me rindo sen conseguir o que persigo
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
Aje imprenta.indd 30 25/10/2010 13:03:30
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 31
Suma tódalas puntuación acadadas.
Se o resultado é maior que 150
Sen dúbida dispós dun gran potencial para emprender.
Pero recorda que aínda que teñas as aptitudes persoais
necesarias para alcanzar o éxito, deberás traballar duro
para conseguilo.
Se o resultado está entre 150 e 70:
Reúnes bastantes das características adecuadas para
emprender pero debes de ser moi cauteloso, e deberás
reforzar algunhas características da súa personalidade
que necesitará para ter éxito.
Se o resultado é inferior a 70:
Ata que non desenvolvas características persoais
oportunas (creatividade, capacidade de asumir
riscos, confianza, determinación, autodisciplina, etc.),
o máis conveniente é que non leves a cabo a idea de
emprender.
Resultado do Test
“ O máis importante para iniciar un
negocio é o carácter emprendedor:
hai que ter paciencia, dedicación
e positivismo, dedicando tódolos
esforzos posibles para defender a
idea e traballar para chegar ó éxito.”
CARMÉN BUJÁN Rodríguez Buján Asesores
Aje imprenta.indd 31 25/10/2010 13:03:30
32
Calquera negocio debe ter como base unha boa idea.
Pero, que se considera unha boa idea?
Non é preciso unha idea xenial, pero si deberá aportar
algún elemento innovador. Ademais para que esa idea
se transforme en negocio deberá cumprir polo menos as
seguintes características:
1_Satisfacer necesidades ou desexos
2_Ser viables tecnicamente
3_Ser viables economicamente
A idea
Aje imprenta.indd 32 25/10/2010 13:03:30
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 33
4.1 Cómo atopar
ideas de negocio
Existen moitas formas de buscar ideas de negocio:
•	Observando	necesidades	de	mercado	que	non	
estean cubertas
•	Detectando	 necesidades	 que	 se	 poidan	 cubrir	
dunha forma mellor á que existe no mercado
•	Imitando	un	modelo	de	negocio
•	Poñendo	 en	 práctica	 os	 coñecementos	
adquiridos na carreira ou experiencia laboral
•	Detectando	 cambios	 no	 mercado	 ou	 novas	
tendencias no comportamento do consumidor
•	Observando	produtos	que	xa	funcionan	noutras	
rexións
•	Cambios	nas	leis
•	Etc.
Aje imprenta.indd 33 25/10/2010 13:03:30
34
Bancos de ideas
Unha persoa con ansias de emprender e que aínda non
teña moi clara a idea, pode recorrer a un dos múltiples
bancos de ideas que existen, e que conteñen exemplos
de actividades emprendedoras potencialmente exitosas
ou ben oportunidades de negocio que aínda están por
explotar na zona de referencia.
Son numerosos os bancos de ideas que se poden
consultar na rede:
•	Bic Galicia amosa unha base de datos de máis de
100 ideas clasificadas por sectores de actividade:
http://www.bicgalicia.es/
•	A revista Emprendedores ofrece, a través da súa
web, un centro de ideas de negocio innovadoras:
http://www.emprendedores.es/
•	En Infonomía pódense atopar as ideas máis
peculiares e enxeñosas de calquera parte do
mundo: http://www.infonomia.com/
•En http://www.1000ideasdenegocios.com/,
pódese atopar ideas útiles para emprender.
•	Outra páxina web que ofrece moitas iniciativas
innovadoras é http://springwise.com/
Ferramentas para lograr unha
boa idea
de negocios
Aje imprenta.indd 34 25/10/2010 13:03:30
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 35
Tendencias de consumo
Para acadar o éxito cunha idea de negocio, precísase
emprender nun sector con oportunidades, que estea en
auxe, e mellor se é emerxente. As tendencias de consumo
varían co tempo, véndose alteradas coas costumes e
modas, e influenciadas polos valores da sociedade.
Así as novas empresas deberían poñer atención nestas
tendencias clave que afectan aos consumidores.
Poderíase dicir que, actualmente, son tendencias de
consumo: a busca de benestar, conxugando saúde
e estética (spas, centros de beleza…), os produtos
alimenticiosquedestaquenoseucompoñentenutricional
e os beneficios para a saúde, a relación coa natureza en
tódolos ámbitos (turismo, alimentación, estética, etc.), o
teletraballo, a hiperconectividade no traballo e na vida
diaria (dependencia de conexións dixitais: sitios web,
mail, móbil), etc.
Pódense consultar páxinas web onde atopar información
de tendencias de consumo:
•	Baquía ofrece unha sección denominada
Baquía Inteligencia, onde pon a disposición dos
usuarios numerosos estudos relacionados cos
hábitos de consumo, tendencias actuais, etc.,
que poderán ser útiles para a toma de decisións
dos emprendedores: http://www.baquia.com/
inteligencia.php
•	IT PYMES.es pon a disposición dos internautas
unha serie de recursos, entre eles, informes e
artigos sobre as tendencias e estudos de mercado:
http://www.itpymes.es
Aje imprenta.indd 35 25/10/2010 13:03:30
36
Observar o que fan outros
Débese prestar atención, ademais, a outras rexións,
países e culturas, onde funcionen produtos e servizos
descoñecidos no noso ámbito e que resultarían unha
novidade no noso territorio a operar. Convén por tanto,
ao detectar unha idea potencialmente exitosa na zona
de acción a considerar, observar cómo se leva a cabo esa
actividade no ámbito de orixe: cál é o proceso produtivo,
qué canles de distribución emprega, que mecanismos
de comunicación son necesarios, etc. Comprender o
funcionamento do negocio é clave para acadar o triunfo
do mesmo.
Ferramentas para lograr unha
boa idea
de negocios
Aje imprenta.indd 36 25/10/2010 13:03:30
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 37
Novos xacementos de emprego
Nos últimos anos vense falando da aparición dos Novos
Xacementos de Emprego1
no ámbito da Unión Europea.
Establécense partindo da constatación de que existen
necesidades na poboación que non están satisfeitas ou
están mal resoltas. Ademais aluden a actividades que
ofrecerán grandes posibilidades de traballo xa que son
intensivas en man de obra.
Trátase dunha batería de ideas de actividade nas que
existe unha alta demanda insatisfeita de postos de
traballo e un destacado nivel de insatisfacción de como
se resolven no presente. Englóbanse en catro grandes
grupos:
•	Servizos da vida cotiá: atención a persoas
dependentes (maiores ou con algunha
diminución), a limpeza e o coidado do fogar e da
roupa, a compra diaria, as reparacións do fogar,
o traslado dos fillos á escola, a súa vixilancia
e atención durante a xornada laboral se son
pequenos, asesoría na resolución de conflitos
familiares, escolares, laborais, coa xustiza ou a
administración, etc.
•	Servizos de mellora da calidade de vida:
reformas da vivenda, xestión eficaz do aforro
enerxético, sistemas de seguridade do inmoble,
a seguridade cidadá en espazos públicos e
en transporte colectivo, información sobre
mobilidade, a mellora dos espazos públicos e a
convivencia nos barrios e pobos, etc.
•	Servizos de lecer: turismo cultural, turismo
de aventura, turismo especializado, turismo de
3ª idade, distribución de películas, televisión
interactiva, creación de centros culturais, difusión
da cultura, desenvolvemento da cultura local,
fomento da cultura popular, restauración, xestión
de clubs deportivos, educación deportiva e
deporte para a saúde, etc.
•	Servizos do medio natural: xestión dos residuos,
xestión da auga, protección e mantemento das
zonas naturais, protección de espazos, control
da contaminación, aforro enerxético nos
edificios e vivendas, asesoramento ao
aforro enerxético das familias, etc.
1 Libro Branco sobre crecemento, competitividade e emprego:
retos e pistas para entrar no Século XXI, dirixido por Jacques
Delors.
Aje imprenta.indd 37 25/10/2010 13:03:30
“Unha boa idea ten que poder ser
convertible nun produto ou servizo,
que o cliente potencial considere que
ten valor, e que este valor se converta en
resultados sostibles para a empresa”.
Antonella
BrogliaInfonomía
Aje imprenta.indd 38 25/10/2010 13:03:36
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 39
“Hai diversas formas para obter ideas de negocio:
›Saír á rúa e observar o que a xente fai e precisa.
›Consulta de páxinas web, coma por exemplo: wwww.springse.com
›Observar sectores emerxentes. Actualmente pódese considerar
emerxentes: a agricultura urbana, o e-learning, etc.
›Observar tendencias de consumo: o luxo coma sustancia, a conexión
permanente cos amigos, o compartir as opinións sobre o qué se consume,
a compra social, a radicalización da compra (gastar cartos en cousas
duradeiras e no resto buscar o máis barato), etc.”
Consello do experto
ANTONELLA BROGLIA Infonomía
Aje imprenta.indd 39 25/10/2010 13:03:39
40
4.2 Como saber se
a idea é boa
Unha vez que se teña a idea e antes de elaborar o Plan
de Empresa, é conveniente realizar unha análise previa
da súa viabilidade. O emprendedor débese asegurar de
que as vantaxes son reais e que non existen desvantaxes
ocultas.
Para analiza-la viabilidade da idea pódese atender a
unha serie de cuestións, tratando de darlle resposta da
forma máis obxectiva:
› a idea é realista?
› é razoable o esforzo en relación á rendibilidade?
› é viable economicamente?
› e tecnicamente?
Pódese empregar tamén, para valorala idea unha
matriz DAFO: debilidades, ameazas, fortalezas e
oportunidades.
As debilidades e fortalezas fan referencia a factores,
positivos ou negativos, internos á empresa ou sector
de actividade, e as ameazas e as oportunidades fan
referencia a circunstancias do entorno exterior que
poden influír de certa forma no negocio.
Aje imprenta.indd 40 25/10/2010 13:03:39
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 41
DEBIlIDADEs AmEAZAs
Carteira de produtos limitada
Poucos recursos financeiros
Crecente poder de negociación de clientes
Entrada de novos competidores
foRTAlEZAs oPoRTUNIDADEs
Propiedade da tecnoloxía principal
Vantaxes en custes
Baixo poder de negociación de provedores
Crecemento rápido do mercado
Cómpre analiza-la viabilidade da idea baseándose en factores coma as vantaxes
competitivas, as barreiras de entrada existentes, coñecementos e experiencia do sector,
contactos, etc.
Ademais é importante traballar a idea, simplificándoa ao máximo posible, e compartila
con amigos, colaboradores e xente con experiencia no ámbito de emprender, deixándose
aconsellar e asesorar.
Se a decisión é continuar, o seguinte paso será a elaboración do Plan de Empresa.
Exemplo de valoración dunha idea de negocio mediante MATRIZ DAFO
Aje imprenta.indd 41 25/10/2010 13:03:39
42
“O plan de empresa é un documento que identifica,
describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina
a viabilidade técnica, económica e financeira da mesma,
e desenvolve tódolos procedementos e estratexias
necesarias para converter a citada oportunidade de
negocio nun proxecto empresarial concreto.”
O plan de
empresa
Aje imprenta.indd 42 25/10/2010 13:03:39
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 43
5.1 Por que
facer un Plan de
Empresa?
É sumamente importante elaborar un Plan de Empresa
porque lle vai permitir ao promotor levar a cabo un
exhaustivo estudo de tódalas variables que puideran
afectar á súa oportunidade de negocio, aportándolle
a información precisa para determinar a viabilidade
do proxecto. Xa en funcionamento, o Plan serviralle de
ferramenta interna para analizar o funcionamento da
empresa e as desviacións sobre o previsto.
Ademais serve de presentación ante terceiras persoas
coma bancos ou inversores.
É unha ferramenta imprescindible cando se quere pór en marcha unha idea empresarial,
sexa cal sexa a experiencia profesional do promotor ou promotores e a dimensión do
proxecto. Incluso para empresas xa establecidas, un Plan de Empresa ben deseñado
é a base sobre a que se erguen os propósitos de crecemento ou diversificación da
actividade principal.
Aje imprenta.indd 43 25/10/2010 13:03:39
Elisardo
de la CruzEmpatía Comunicación
“Elaborar un plan de empresa antes
de iniciar o negocio equivale a facelos
exercicios de quentamento antes de
xogar un partido de fútbol: é esencial
para non ter lesións pero se non coñe-
ces as regras do xogo e es bo nel, non
servirá de nada.”
Aje imprenta.indd 44 25/10/2010 13:03:44
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 45
5.2 Contidos do
plan de empresa
O plan de empresa contén varias seccións que reflicten
as distintas áreas do proxecto de empresa:
•	Resumo	executivo
•	Análise	de	mercado
•	Plan	de	Marketing
•	Plan	de	Produción
•	Plan	de	Recursos	Humanos
•	Plan	de	Financiamento
•	Conclusións
•Anexos
Ao final da presente guía inclúese un anexo onde se
plantexan unha serie de preguntas ao emprendedor
que lle servirán como guía para elaborar o seu Plan de
Empresa.
Aje imprenta.indd 45 25/10/2010 13:03:47
46
Resumo executivo
Constitúe un resumo do Plan de Empresa: contén os
aspectos máis importantes de forma esquemática. Dá
unha idea xeral do proxecto e é moi importante que
estea ben traballado para captar a atención de quen o
lea.
Análise de mercado
Este apartado do Plan axudaranos a determinar a
existencia dun mercado para o produto ou servizo,
e mediante a información que se obteña poderase
deseñar unha estratexia de penetración e diferenciación
dos mesmos.
Unha análise de mercado debe contemplar:
•	Aspectos Xerais do sector: neste punto débese
estudar, en xeral, o sector onde vai estar o novo
produto ou servizo. Hai que analizar o tamaño
actual do mercado, a porcentaxe de crecemento
e decrecemento do mesmo e os comportamentos
de compra dos clientes potenciais.
•	Clientes potenciais: este estudo debe determinar
quen son e serán os clientes potenciais. Estes
deben ser agrupados en conxuntos relativamente
homoxéneos con características comúns.
As partes dun
Plan de
de Empresa
son as seguintes:
Aje imprenta.indd 46 25/10/2010 13:03:47
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 47
•	Análise da competencia: o promotor debe coñecer
o tipo de competidores aos que se vai enfrontar.
Hai que coñecer ao líder en cada categoría e a
importancia que lle outorgan ás mesmas os clientes
potenciais.
•	Barreiras de entrada: débense analizar as barreiras
de entrada presentes e futuras no mercado para
poder determinar a viabilidade previa de acceso ao
mesmo e a fortaleza do produto ou servizo nel.
Para realizar a Análise de mercado, un emprendedor
pódese axudar de:
›	 Guías de Actividade do Bic Galicia: dan unha
aproximación sobre a situación do sector a tratar,
ademais de aportar un método de cálculo para
sabe-lo tamaño do mercado ao que se vai a dirixira
nova empresa. Máis información en: http://guias.
bicgalicia.es
›	 O Ardán, portal de información empresarial,
aporta información económica, financeira e
comercial relativa a máis de 80.000 empresas:
www.ardan.es
›	 Camerdata amosa un ficheiro de empresas que
permite ao emprendedor coñecer aos seus futuros
clientes, provedores e competidores. Pódese
consultar dito ficheiro en: www.camerdata.es
“ Resulta imprescindible posuír un
coñecemento profundo do sector,
así como estar informados dos
puntos débiles da competencia.
Os negocios son coma as guerras:
“non gaña o máis forte senón
o máis listo”.
MANUEL GARCÍA Noroeste Forestal
Aje imprenta.indd 47 25/10/2010 13:03:47
48
Para dar resposta a estas cuestión, hai que tomar as
decisións pertinentes:
a)	 Decisións sobre o produto
	 Neste apartado descríbense de maneira precisa
os produtos que se pensan ofrecer. É importante
ter en conta que un produto se elixe polas
necesidades que cubre ou problemas que resolve,
polo que neste apartado débese sinalar qué aporta
o produto sobre os xa existentes.
Hai que contemplar atributos coma o deseño, a
calidade, os factores innovadores, etc., que afectan
á imaxe do produto. Tamén é interesante falar dos
servizos complementarios que se van ofrecer.
O Plan de Marketing
É unha ferramenta de xestión que ten coma obxectivo
desenvolver estratexias para satisfacer as necesidades
dos clientes e conseguir os obxectivos da empresa. O
documento debe responder ás seguintes preguntas:
›	 Que vende a empresa?
›	 A quen quere vender a empresa?
›	 A que prezo se vai vender?
›	 Como se van captar aos clientes?
›	 Onde se vai vender?
MANUEL ALCÁZAR Alcázar Patentes y Marcas
“A carteira de produtos que ofrezas debe aportar valor engadido
ao consumidor, diferenciarse da competencia e evocar emocións
positivas. Ademais é moi importante especializarse e selo mellor en
algún aspecto.”
Aje imprenta.indd 48 25/10/2010 13:03:47
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 49
b)	 Decisións sobre a distribución
É a vía pola que se chega ao cliente. Hai que decidir
cómo se quere vender o produto e as canles
escollidas para elo. Convén especificar cómo
chegar a cada segmento do mercado: elixir axentes,
distribuidores, representantes, vendedores, etc.,
avaliando custos e a efectividade de cada medida.
	 É importante ser creativo e buscar acordos de
colaboración con outras empresas neste aspecto.
Por exemplo, usando as redes de distribución de
outra empresa que ofreza produtos non similares
pero si complementarios.
“ Para seleccionar as canles de
distribución, o primeiro que hai que
ter en conta son os medios de compra
empregados polos nosos clientes, a
ónde queremos chegar.”
MARCOS FERNÁNDEZ Gaia Gestión Deportiva
Aje imprenta.indd 49 25/10/2010 13:03:47
50
c)	 Decisións sobre o prezo
	 Antes de iniciar a actividade, débese determinar o
prezo que se vai cobrar polos produtos ou servizos
que se oferten. Dependendo deste, poderase
atraer a determinados grupos de clientes e variará
a cantidade de produto vendido e, incluso, pode
variar a calidade percibida.
	 Factores a ter en conta:
›	 Custos de produción: tecnoloxía, nóminas,
seguridade social, etc.
›	 Prezos da competencia: considerando tamén
produtos substitutivos
›	 Sensibilidade ao prezo dos clientes
›	 Estratexia comercial máis conveniente
“ Para fixar o prezo convén que ob-
serves o prezo da competencia, pero
sen esquecer que hai que considerar
a calidade dos seus produtos e esta-
blecer unha comparativa cos da pro-
pia empresa.”
ELISARDO DE LA CRUZ Empatía Comunicación
Aje imprenta.indd 50 25/10/2010 13:03:47
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 51
d)	 Decisións sobre a comunicación
	 Para que o negocio funcione, non é suficiente con
deseñar e ofrecer un bo produto. Especialmente nos
comezos deberase realizar un esforzo comercial
para conseguir captar clientes e vendas.
	 A comunicación permitirá dar a coñecer o produto
nun determinado mercado e transmitir aquilo que
interesa recalcar logrando persuadir sobre o seu
uso. Hai que saber usar as ferramentas do Mix de
Comunicación:
›	 Publicidade: impresión, televisión, radio…
›	 Marketing directo: cartas, telemarketing,
mailing...
›	 Promoción de vendas: promocións,
descontos…
›	 Relacións públicas: prensa, conferencias,
publicacións…
›	 Forza de vendas: presentacións de venda,
feiras de mostras…	
“ É importante coñecer xente,
relacionarse, saír á rúa, asociarse,
dar conferencias, intervir en actos,
interrelacionar empresas, dar
exemplo e conectar, empatizar.”
MANUEL ALCÁZAR Alcázar Patentes yMarcas
Aje imprenta.indd 51 25/10/2010 13:03:47
52
Hoxe en día, o uso de internet faise imprescindible para a comunicación das
empresas. Así, cunha páxina web e o posicionamento en buscadores conseguirase
dar a coñecer o produto ou servizo en calquera parte do mundo, sendo a única
canle de comunicación con algúns clientes.
Así mesmo, é importante construír e manter relacións persoais a longo prazo
con clientes, provedores, colaboradores, etc. Disto exactamente é do que trata
o NETWORKING, concepto que inclúe calquera práctica que pretenda facilitar o
establecemento de relacións, contactos e colaboracións entre persoas con diferentes
obxectivos. É importante realizar unha adecuada xestión e sistematización,
conseguindo ter unha rede de contactos estruturada e útil.
EN QUÉ sE BAsEA? QUÉ ImPlICA?
Dar para recibir
Estar sempre receptivo
Ter mentalidade aberta
Investir tempo
Dedicarlle esforzo
Ser constante
Manterse activo
Traballar a identidade dixital
(produto)
Aje imprenta.indd 52 25/10/2010 13:03:47
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 53
	 O Networking debe entenderse como unha verdadeira filosofía de vida: “eu con vos
acado o que non acado só, o traballo conxunto pode moito máis”.
	 Este novo modelo de relacións estendeuse ao mundo dos blogs representado
especialmente polas redes sociais nas que Twitter, YouAre, Facebook, Tuenti, Plaxo,
Wasabi, LinkedIn e Xing aparecen como ferramentas de networking por definición.
	 Recursos na Web para facer Networking:
›	 www.xing.com: Rede social para atopar contactos profesionais
›	 www.plaxo.com: Páxina onde pode vincular tódolos lugares nos que crea
blog
›	 www.qapacity.com/es: Unha páxina para crear webs e vincular as redes
sociais
Aje imprenta.indd 53 25/10/2010 13:03:47
Rosaura
AlastrueyProyectos Tic
“O NETWoRKINg é unha ferramenta moi potente que pode
contribuír ao éxito dunha empresa. A carreira do emprendedor
é dura e non pode levarse a cabo en solitario: a maioría
das ofertas, proxectos, intercambios de coñecementos e
colaboracións interesantes móvense pola rede de contactos.”
Aje imprenta.indd 54 25/10/2010 13:03:48
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 55
“Debes traballala túa rede de contactos dende o inicio, incluso antes do plan
de empresa, cunha mentalidade moi aberta, e sendo consciente de que os
resultados tardarán en chegar varios anos. O tempo estimado para que sexan
outros os que se lembren de ti e recorran a túa empresa está estimado nuns
3-5 anos, e este é o obxectivo máximo a conseguir.
Para elo, dende Proyectos TIC aconsellamos seguir tres pautas básicas para
realizar Networking profesional “ben feito”:
1. Ser xeneroso: o teu traballo de rede vai comezar “dando”. Aportanto,
compartindo… e sen esperar nada a cambio.
2. Deseñar unha estratexia personalizada, adaptada ás túas necesidades,
posibilidades e recursos, e ter claros os obxectivos de cómo conseguilo
3. Incorporar tecnoloxía pero na súa xusta medida: debes ter claro que o
networking virtual é só un reforzo do presencial, nunca un sustituto“.
Consello do experto
ROSAURA ALASTRUEY PROYECTOS TIC
Aje imprenta.indd 55 25/10/2010 13:03:48
56
	 Cómpreterclaraadiferenzaqueexisteconrespecto
a denominación social, que é a concedida polo
Rexistro Mercantil e identifica a sociedade coma
suxeito de relacións xurídicas. O nome comercial
pode coincidir coa denominación social, ou pode
ser diferente, incluso unha mesma empresa pode
empregar diferentes nomes comerciais, para
distintos sectores de actividade.
	 Outro factor a ter en conta en relación á comuni-
cación é o rexistro de marcas e nomes comerciais,
que no momento de constitución da actividade
constitúe unha dúbida moi común entre os em-
prendedores.
	 A marca concede á empresa o dereito exclusivo á
utilización dun signo para a identificación dun pro-
duto ou servizo no mercado. Ademais, unha vez
rexistrada a marca pode concederse unha licenza
sobre esta a outras empresas, sería unha fonte adi-
cional de ingresos. Poden ser marcas as palabras
ou combinacións de palabras, imaxes, figuras, sím-
bolos, gráficos, letras, cifras, formas tridimensio-
nais (envoltorios, envases, formas del produto ou a
súa representación)...
	 Con respecto ao nome comercial, é o título que
concede a utilización de calquera signo ou a de-
nominación como identificador dunha empresa no
tráfico mercantil, e serve para identificala, indivi-
dualizala e distinguila dos competidores. Son sus-
ceptibles de ser nomes comerciais os nomes pa-
tronímicos, as razóns sociais e as denominacións
de persoas xurídicas, as denominacións de fanta-
sía, anagramas, logotipos, imaxes, etc.
Aje imprenta.indd 56 25/10/2010 13:03:48
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 57
•	Canto custa obter unha marca ou nome comercial
en España?
	 O custo pola inscrición dunha marca ou nome
comercial é de aproximadamente 150 ¤ por clase
solicitada. Para manter estes dereitos hai que facer
fronte ás renovacións cada dez anos.
•	Por canto tempo se concede unha marca ou un
nome comercial?
	 Aos dez anos dende a data da súa solicitude debe
renovarse a marca e/ou o nome comercial. Poden
renovarse indefinidamente.
›	 Para calquera dúbida acerca do rexistro de
marcas e nomes comerciais pódese visitar a
páxina web da Oficina Española de Patentes
e Marcas: www.oepm.es
•	Como se solicita unha marca ou un nome
comercial?
	 Preséntase persoalmente ou a través de
representante ou axente da Propiedade Industrial
unha solicitude ante a Oficina Española de Patentes
y Marcas (OEPM) ou nos centros rexionais de
información de Propiedade Industrial das CCAA,
oficinas de correos (en sobre aberto, por correo
certificado e con xustificante de recepción), nas
delegacións e subdelegacións de Goberno, áreas
de Industria e Enerxía ou por vía telemática,
mediante unha solicitude electrónica, á que se
accede a través da páxina web da OEPM 		
(www.oepm.es).
Aje imprenta.indd 57 25/10/2010 13:03:48
58
e)	 Estimación de vendas
	 É o cálculo do volume de vendas que se acadará
o ano próximo, e del derívase o orzamento de
ingresos e gastos, e por consecuente, as previsións
de fabricación, aprovisionamento, loxística e
recursos humanos.
	 É importante recompilar toda a información e
buscar métodos para aproximar o número de
unidades que se poden chegar a vender. Para facelo,
pódese preguntar a outros emprendedores nunha
poboación similar, visitar a clientes potenciais para
coñecer a aceptación do produto ou servizo e
estima-las vendas en períodos de tempo curtos e
logo facer o cálculo anual.
	 Neste punto débense detallar tódolos ingresos
procedentes de cada unha das áreas de negocio,
así como outros ingresos que puideran xurdir á
marxe da actividade habitual
“ Á hora de elaborar o plan de em-
presa, eu recomendo facer as esti-
macións dos resultados un 20% por
debaixo do desexado, así evitarás
sorpresas.”
MANUEL GARCÍA Noroeste Forestal
Aje imprenta.indd 58 25/10/2010 13:03:48
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 59
b)	 Equipamento e materiais
	 Neste apartado débense recoller as materias
primas, a maquinaria, os utensilios, etc. que se van
necesitar e as características de cada un. Tamén
se debe describir o local que se vai utilizar, as
modificacións que se lle van ter que facer de ser
preciso, ou as súas características.
c)	 Provedores
	 É preciso especificar cál ou cáles van ser os
provedores de cada cousa, citando o nome e a
razón pola que foi escollido, pero para iso primeiro
hai que contactar con varios, pedir ofertas, negociar
e comparar ofertas, e seleccionalos en función das
variables que se consideren máis importantes.
Débense buscar e contactar con varios, non
quedarse co primeiro que se atope.
	 Onde atopar información sobre provedores? En
revistas do sector, acudindo a feiras sectoriais,
portais especializados en internet. Isto é moi
importante facelo se os provedores van supoñer un
volume de compra moi importante ou cando son
moi específicos.
O Plan de Produción
É unha ferramenta de xestión que ten coma
obxectivo definir e describir o proceso produtivo da
empresa, reflectir as necesidades de equipamento e
aprovisionamento para producir.
a)	 Proceso produtivo
	 No caso de que a empresa se dedique á produción,
deberase describir no plan de empresa: cales son
as etapas necesarias para a súa elaboración, que
procesos se deben seguir e que características
debe ter o produto para a súa adecuada
comercialización. Para isto é imprescindible que
teñas un amplo coñecemento sobre dito produto
e total dominio do proceso de fabricación.
	 Se a empresa estivera especializada na prestación
de servizos, deberás contemplar: as fases para
a elaboración de cada un deles, os recursos
dispoñibles para a realización dos mesmos, o
persoal para a súa consecución, a xornada laboral
que é preciso empregar, etc.
Aje imprenta.indd 59 25/10/2010 13:03:48
Pablo
LópezProxectos,Consultoría e
Formación
“Para a busca e selección de provedores
non só debes de fixarte no prezo,
senón que é conveniente que estudes
as condicións de pago, condicións de
entrega, etc. Debes pensar en manter
unha relación a longo prazo e tratar ao
provedor coma un colaborador no teu
negocio.”
Aje imprenta.indd 60 25/10/2010 13:04:00
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 61
O Plan de Recursos Humanos
Trátase de analizar e determinar tódolos elementos
relacionados coa política de persoal: a definición de
capacidades, a organización funcional, a dimensión
e estrutura do persoal, a selección, contratación
e formación do persoal, e todos aqueles aspectos
relacionados coa dimensión humana da empresa, dende
a detección de conflitos ata o desenvolvemento de
estratexias de solución.
a)Estrutura organizativa e definición de tarefas e
postos
	 Aínda que no comezo non pareza importante
por ser un número reducido de promotores, é
conveniente ter claras as dependencias entre os
diferentes postos de traballo, e que as tarefas sexan
repartidas segundo as habilidades e preferencias
de cada un dos promotores.
	 As descricións de postos de traballo son ideais
para evitar a superposición de tarefas nunha
empresa e que cada un focalice as súas enerxías
en determinadas tarefas. Así mesmo, dan unha
clara idea aos empregados do seu traballo e do
que se espera deles, e define tódalas posicións da
Compañía.
“ Á hora de contratar a un traballador
débese ter moi claro o que esperas
da súa persoa e do seu posto para
trasladarllo. Se o candidato non sabe
o que se espera de el nunca saberá o
que ten que facer.”
MANUEL GARCÍA Noroeste Forestal
Aje imprenta.indd 61 25/10/2010 13:04:00
62
›	 Bolsas de traballo das Cámaras de Comercio:
www.camaracoruna.com
›	 Fundación Universidade da Coruña (FUAC),
que pon en marcha programas de prácticas
para estudantes e titulados:
	 www.fundacion.udc.es
›	 Fundación Empresa-Universidad Gallega
(FEUGA), que oferta bolsas de formación
para realizar prácticas en empresas:
	 www.feuga.es
›	 Empresas especializadas como consultorías
de RRHH e empresas de selección de persoal
ás que se pode recorrer á hora de recrutar
persoal. Algunhas delas son:
•	 Adecco: www.adecco.es
•	 Randstad: www.randstad.es
•	 Flexiplan: www.flexiplan.es
•	 Nortempo:www.gruponortempo.com
•	 Infoempleo: www.infoempleo.com
•	 Infojobs: www.infojobs.com
›	 Anuncios en prensa se son perfís moi
específicos
b)	 Selección de persoal e contratación
	 No caso de que o equipo promotor non reúna
tódalas aptitudes necesarias para levar a bo porto
o proxecto empresarial, procederase á selección
de persoal especializado nas que existe a carencia.
Para elo analizaranse os perfís profesionais máis
adecuados para cada posto, describindo as
características, aptitudes e actitudes que deben
ter os profesionais que van formar parte da
organización.
	 Débese explicar tamén cal vai ser o proceso de
selección a seguir e as fontes de obtención de
recursos humanos ás que se vai acudir.
Algunhas fontes son as seguintes:
›	 Servizo Público de Emprego de Galicia:
http://emprego.xunta.es, que oferta o
servizo de xestión das ofertas de emprego
mediante cruzamentos coas demandas de
emprego clasificadas.
›	 Servizo Público de Emprego Estatal:
	 www.redtrabaja.es, punto de encontro
en Internet ofertantes e demandantes de
postos de traballo en toda España.
Aje imprenta.indd 62 25/10/2010 13:04:00
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 63
PABLO LÓPEZ Proxectos, Consultoría e Formación
“Ten en conta que para emprender debes saber elixir ás persoas
máis axeitadas para o teu proxecto. Seleccionar, formar, motivar e
despedir aos traballadores forma parte do teu traballo, polo que
conseguir un bo equipo é a túa responsabilidade.”
	 Unha vez se teñan os perfís seleccionados, cómpre
facer unha entrevista persoal para comprobar se a
persoa se adapta ao posto requirido e á empresa.
Para que teñas unha orientación, a continuación
propóñense unha serie de preguntas tipo de
entrevistas de selección de persoal:
Aje imprenta.indd 63 25/10/2010 13:04:00
64
3Preguntas persoais
	� Cal é a súa maior virtude? E o maior defecto?
	 � A que se dedica no seu tempo de lecer?
	 � Adoita poñerse nervioso?	
	 � Cústalle rematar o que comeza?
4Carreira profesional
	� Por que elixiu esta profesión?
	 � Se puidese retroceder na vida profesional ou 	
	 académica, qué cambiaría?
	 � Cal foi o maior problema que te atopaches no 	
	 traballo?, como o solucionaches?	
	 � Cal foi o maior éxito que conseguiches no 	
	 traballo?
1Sobre a formación
	 � Que estudos realizou e por que os elixiu?
	 � Repetiría a súa elección de volver a comezar?
	 � Está disposto a completala súa formación no 	
	 que precise?		
	 � Que idiomas coñece e a qué nivel?
	 � Tivo algún posto representativo durante o seu 	
	 tempo de estudante?
2Sobre o emprego
	 � Que sabe acerca da nosa empresa?
	 � Como coñeceu a existencia deste posto?
	 � Segundo a súa opinión, que relación debe 	
existir entre xefe e subordinados?	
	 � Cales son os seus obxectivos nos próximos 5 	
	 anos?
	 � Que papel adoita desenvolver cando traballa 	
	 en grupo?
	 � Que opina de traballar baixo presión?
A selección de persoal: a entrevista
Aje imprenta.indd 64 25/10/2010 13:04:00
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 65
c)	 Política Salarial
	 Estableceranse os salarios para cada posto e
categoría. Para tal fin terase en conta: o mercado
de traballo, o grado de cualificación e a experiencia
requirida, e os convenios colectivos. Ademais non
se debe obviar a estrutura económico-financeira
da empresa. De igual forma é conveniente facer
unha previsión anual do incremento salarial.
d)	 Xestión de persoal
	 É importante facer referencia á política global
da empresa na área de recursos humanos, onde
queden establecidos os planes de formación e
especialización para todo el persoal, as fórmulas
de promoción e, todos aqueles temas sociais
que repercutan nos traballadores (incentivos,
conciliación, …)
“ Para ter un equipo satisfeito tes que
tentear que é o que realmente motiva
a cada traballador: formación, cartos,
tempo libre, valorar o seu traballo,
agradecerllo, etc. Cada persoa ten
as súas necesidades, motivacións e
metas diferentes.”
PABLO LÓPEZ Proxectos, Consultoría e Formación
Aje imprenta.indd 65 25/10/2010 13:04:00
66
Denomínase Activo non corrente a aqueles elementos
patrimoniais que permanecerán na empresa máis dun
exercicio económico. Os máis frecuentes son:
›	 Local (se se compra, senón será gasto de
aluguer)
›	 Instalacións
›	 Maquinaria
›	 Elementos de transporte
EncontraposiciónaoanteriordenomínaseActivocorrente
a aqueles elementos que permanecen na empresa por un
período inferior a un ano e que permiten levar a cabo a
actividade. Os máis frecuentes son:
›	 Materias primas
›	 Existencias
›	 Débedas de clientes
›	 Inversións financeiras a corto prazo
›	 Efectivo en bancos e caixas
O Plan Financeiro
Trátase de plasmar en unidades monetarias os aspectos
tratados nos Plans de Marketing, Produción e Recursos
Humanos. Precisaranse os recursos dos que se dispón,
os gastos nos que se vai incorrer para a posta en marcha
da actividade e as necesidades de financiamento.
Á hora de pór en marcha a empresa hai que incorrer en
determinados gastos para adquirir Activo polo que se
debe establecer o orzamento destinado a estes concep-
tos. Deberase especificar cada partida de activo, deta-
llando a contía necesaria para cada unha e distinguindo
entre activo non corrente e corrente.
Aje imprenta.indd 66 25/10/2010 13:04:00
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 67
Ademais do activo, á hora de pór en marcha a actividade
deberase de incorrer nunha serie de gastos, denominados
Gastos de constitución e primeiro establecemento,
como son notaría, rexistro, etc.
Neste punto deberase elaborar un cadro onde se
especifique a contía destinada a cada unha das partidas
de inversión.
En canto ao Activo non corrente débese ter en conta
que son elementos amortizables, isto é, son activos
cuxo valor diminúe polo uso.
Como consecuencia disto, á hora de elaborar o Plan de
Investimentos débese calcular canto tempo van durar
estes activos e cómo se distribuirá o seu valor no tempo.
Para iso utilízanse as táboas de amortización publicadas
polo Ministerio de Economía e Facenda, e que permiten
ter unha referencia da depreciación dos activos.
ACTIVO IMPORTE
ACTIVO NON CORRENTE
Inmobilizado intanxible
Gastos de i+d
Propiedade industrial
Aplicacións informáticas
Inmobilizado material
Maquinaria e utensilios
Mobiliario
Equipamento informático
Inmobilizado financeiro
Depósitos e fianzas
ACTIVO CORRENTE
Circulante
Tesourería
TOTAL ACTIVO
7.700
2.200
2.800
2.700
8.300
1.500
2.900
3.900
300
300
2.600
2.600
18.900¤
Aje imprenta.indd 67 25/10/2010 13:04:01
68
PASIVO IMPORTE
PATRIMONIO NETO
Fondos propios
Subvenciones
PASIVO NON CORRENTE
Débedas a longo prazo
PASIVO CORRENTE
TOTAL PASIVO
13.900
10.900
3.000
5.000
5.000
0
18.900¤
Tamén se debe ter en conta o Patrimonio neto, que
é a parte residual dos activos da empresa, unha vez
deducidos tódolos seus pasivos. Inclúe as achegas
realizadas, xa sexa no momento de constitución ou en
outros posteriores, polos socios ou propietarios, que non
teñan a consideración de pasivos, así como os resultados
acumulados ou outras variacións que lle afecten. Está
dividido en:
› Fondos propios.
› Reservas.
› Subvencións, doazóns e legados recibidos.
Trátase de especificar cómo se obterán os recursos
necesarios para facer fronte ás inversións descritas
anteriormente. Este conxunto de fontes de financiamento
constitúe o Pasivo da empresa.
Denomínase Pasivo non corrente aos préstamos
contraídos pola empresa cuxo vencemento é superior
ao exercicio económico. Os máis frecuentes son::
› Débedas a longo prazo
› Pasivos por impostos diferidos
Denomínase Pasivo corrente ás débedas contraídas pola
empresa cuxo vencemento é inferior ao ano. As máis
frecuentes:
› Débedas con provedores e acredores.
› Débedas a curto prazo.
› Acredores comerciais e outras contas a pagar.
Aje imprenta.indd 68 25/10/2010 13:04:01
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 69
Previsións de resultados: establecerase unha Conta de
perdas e ganancias a partir dunha previsión de vendas
e custos. A estimación de ingresos xa se fixo no Plan de
Marketing, a partires do estudo da análise de mercado
realizado.
Para levar a cabo a súa actividade, a empresa necesitará
adquirir bens e servizos e incorrer nunha serie de gastos.
Os gastos fixos son aqueles que permanecen invariables
ante distintos niveles de produción: aluguer, soldos dos
traballadores, seguros. Os gastos variables son aqueles
que varían co nivel de produción: compra de mercancía,
materias primas, etc.
O Balance de situación é un documento contable que
aporta información económica sobre a empresa, referida
a un intre determinado:
›	 Qué posúe
›	 Qué debe
›	 Qué lle deben
›	 Quén financia a empresa
›	 Qué uso se lle da a ese financiamento
Constitúe un resumen ou fotografía instantánea da
situación financeira da empresa nun intre determinado,
e está composto por dúas masas patrimoniais descritas
anteriormente: o activo, que representa tódolos bens
e dereitos que a empresa ten, e o pasivo, que está
constituído polas obrigas da empresa.
En definitiva, o balance ofrece unha clasificación das
inversións (activo) nas que se materializan os recursos
financeiros da empresa (pasivo). No activo, as contas
ordénanse de menor a maior liquidez. No pasivo, a orde
é de menor a maior grado de esixencia
Aje imprenta.indd 69 25/10/2010 13:04:01
70
Realizarase unha previsión mensual da tesourería,
calculando a diferenza entre as previsións mensuais de
cobros e pagos.
Este documento ten unha grande utilidade á hora de
analiza-la liquidez da organización e determinar a
viabilidade financeira do proxecto. Ademais permite
prever saldos negativos, dando unha marxe de actuación
para buscar posibles solucións.
Plan de tesourería: neste punto do Plan Financeiro
indicaranse os cobros e pagos que se prevé que se
produzan no exercicio económico, entradas e saídas de
diñeiro:
•	Cobros: son entradas de diñeiro na empresa. Na
súa estimación especificarase o crédito que se
lle concederá a clientes, momento do cobro de
subvencións, etc.
•	Pagos: son saídas de diñeiro da empresa. Deberase
facer unha previsión tendo en conta aspectos
como: sistema de pago das compras (ao contado
ou a prazo), vencemento de impostos, etc.
	
MAR DELGADO e CRISTINA AYALA Atelier Gráfica Visual
“Para evitar tensións de tesourería cómpre asegurarse o cobro do
que se vende: é mellor deixar de vender a clientes dubidosos que
cargar con impagos”.
Aje imprenta.indd 70 25/10/2010 13:04:08
Mar
Cristina
Delgado
Ayala
Atelier Gráfica Visual
Aje imprenta.indd 71 25/10/2010 13:04:20
72
Conclusións
Sintetizan o Plan, establecendo unha valoración global da
empresa: cáles son os elementos máis atractivos, cáles
son os riscos existentes, qué ameazas e oportunidades
hai, etc. A partir destas valoracións analízanse as
claves do éxito e do fracaso da empresa, e se estima
a viabilidade legal, técnica, comercial, económica e
financeira do proxecto.
Anexos
Neste punto inclúese toda a documentación que sexa de
interese para apoiar o proxecto, coma por exemplo:
›	 Identificación dos promotores (Currículos, datos
persoais, etc.)
›	 Estatísticas e censos empregados na análise de
mercado
›	 Orzamentos do investimento a realizar
›	 Etc.
Limiar de rendibilidade da empresa: denomínase así ao
volume de vendas no que a empresa non obtén beneficios
nin perdas. No inicio da actividade é moi importante
para fixa-lo prezo, porque representa o número mínimo
de unidades que hai que vender para que, cos ingresos
totais obtidos, se poidan cubri-los gastos efectuados.
Esa cantidade calcúlase dividindo os Custos Fixos entre
o Prezo menos o Custo Variable Unitario:
Q=CF/(P-CVU)
Aje imprenta.indd 72 25/10/2010 13:04:20
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 73
“A xestión da tesourería xoga un papel moi importante no funcio-
namento da empresa, xa que é preciso garantir a liquidez suficiente
para poder operar no mercado e non caer en insolvencia”.
aviso AJE
Aje imprenta.indd 73 25/10/2010 13:04:20
74
“Pode pasar que, no momento de analiza-los segmentos de
clientes potenciais, o emprendedor se dea conta de que o
mercado exterior constitúe unha oportunidade de negocio.
Se isto ocorre, cómpre analizar con calma certos aspectos
relacionados coa exportación: qué vantaxes pode reportar,
se se ten a capacidade para facelo e qué organismos de
apoio existen”.
Emprender
exportando
Aje imprenta.indd 74 25/10/2010 13:04:20
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 75
6.1 Vantaxes de
exportar
Existen diversos factores beneficiosos que un
emprendedor debe valorar do mercado exterior:
•	Dar saída a produtos con ciclos de vida curtos.
Hai produtos de temporada ou con alto grado de
innovación,paraosquedispormercadosexteriores
pode ofrecer á empresa grandes posibilidades
para rendibilizar a inversión realizada no deseño
de produtos ou dar saída a aquelas unidades
producidas que non foron colocadas no mercado
doméstico.
•	A	exportación	permite	ás	empresas acceder a un
mercado máis amplo, e con frecuencia, aumentar
o volume de fabricación o que supón un descenso
do custe unitario dos produtos fabricados
•	A	 exportación	 pode	 favorecer	 a	 estabilidade
das vendas e compensación de resultados,
fundamentalmente en aqueles sectores nos que
existe unha forte volatilidade dos mercados.
• Permite diversificar riscos: a presenza en
diversos mercados, a maiores do doméstico, supón
unha redución do risco global para a empresa.
•	Posibilita	utilizar	toda	a	capacidade produtiva
instalada cando o mercado interior atra-
vesa unha fase recesiva.
Aje imprenta.indd 75 25/10/2010 13:04:20
76
6.2 Tes potencial
exportador?
A continuación proponse un test que fai referencia a
distintos ámbitos da empresa como son: a dirección,
o produto ou servizo comercializado, as finanzas e a
administración, os recursos humanos, o marketing, a
localización e o entorno, que che permitirá saber se a
túa empresa ten potencial exportador.
1DIRECCIÓN
› Interese da Dirección na exportación
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Experiencia internacional da Dirección
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Definición da Estratexia de Expansión
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
Test do potencial exportador
Valora de 1 a 5 as seguintes
afirmacións, sendo
1: “Moi feble”,
2: “Feble”,
3: “Normal” ,
4: “Forte”
5: “Moi Forte”
Aje imprenta.indd 76 25/10/2010 13:04:20
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 77
2PRODUTO
› Posición do Produto no Mercado Interno
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Adaptación do Produto ao Mercado Obxectivo
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Implantación das Normas ISO
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Capacidade de produción non saturada ou 	
	 posibilidade de subcontratación
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
3FINANZAS/ADMINISTRACIÓN
› Capacidade de reacción ante imprevistos
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Sistema de Xestión adaptado ás esixencias
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Dispoñibilidade de Recursos Financeiros para o 	
	 inicio da exportación
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
4RECURSOS HUMANOS
› Experiencia internacional do persoal
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Dominio de linguas do mercado obxectivo
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
Aje imprenta.indd 77 25/10/2010 13:04:20
78
5MARKETING
› Plan de Marketing con enfoque internacional
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Capacidade para acceder a canles de distribución 	
	 do produto
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Imaxe internacional
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Dispoñibilidade dun Servizo de Información ao 	
	 cliente internacional
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Posibilidade de creación do Servizo técnico 	
	 internacional
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Adaptación da nosa política de prezos ao poder 	
	 adquisitivo do noso mercado obxectivo
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Coñecemento da competencia no país de destino
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Coñecemento da competencia de outras 		
	 empresas exportadoras españolas
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
Aje imprenta.indd 78 25/10/2010 13:04:20
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 79
6UBICACIÓN XEOGRÁFICA
› Posibilidade de contratación do transporte 		
	 axeitado
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
7ENTORNO
› Coñecemento da lexislación e normas do mercado
obxectivo
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Risco Político dos países obxectivo
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
› Nivel de coñecemento e adaptación á cultura dos 	
	 países
� 1	 � 2	 � 3	 � 4	 � 5
Este test axudarache a analiza-la capacidade exporta-
dora da túa empresa considerando un DAFO no cal:
Terá a consideración de Debilidade aquel atributo in-
terno valorado como “feble” ou “moi feble”.
Terá a consideración de Fortaleza aquel atributo inter-
no valorado como “forte” ou “moi forte”.
Terá a consideración de Ameaza aquel atributo externo
valorado como “feble” ou “moi feble”.
Terá a consideración de Oportunidade aquel atributo
externo valorado como “forte” ou “moi forte”.
Resultado do Test
Aje imprenta.indd 79 25/10/2010 13:04:20
80
6.3 Entidades de apoio
á internacionalización
Unha vez se teñan valorados os beneficios que reportaría
a actividade no exterior e tendo en conta as capacidades
que se ten para facelo, é recomendable buscar axuda e
asesoramento especializado. Existen varios organismos
de apoio á actividade de exportación:
›	 O ICEX é un organismo público, dependente do
Ministerio de Economía e Facenda, que presta
servizos ás empresas españolas coa finalidade
de fomentar as súas exportacións e aumentar a
súa presenza en mercados exteriores. Os seus
obxectivos son: a información sobre comercio
exterior, a promoción no exterior da oferta de
bens e servizos españois e o apoio ás empresas
que queren establecerse en mercados exteriores.
Web: www.icex.es
›	 As Cámaras de Comercio dedícanse a desenrolar
actividades de apoio e estímulo ao comercio
exterior, en especial á exportación, e auxiliar e
fomentar la presenza dos produtos e servizos
españois no exterior, mediante a elaboración e
execución do Plan Cameral de Promoción das
Exportacións. Web: www.camaras.org
Aje imprenta.indd 80 25/10/2010 13:04:21
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 81
›	 O IGAPE, Instituto Galego de Promoción
Económica, ten entre os seus principais
obxectivos: fomentar a creación de novas
empresas, promover a mellora da produtividade
e competitividade das sociedades xa asentadas
na Comunidade Autónoma, atraer investimentos
foráneos e facilitar a internacionalización do
tecido produtivo. Web: www.igape.es
›	 FOEXGA, Plan de Fomento das Exportacións
Galegas,éuninstrumentopromovidocolaboración
entre a Consellería Economía e Industria e tódalas
Cámaras de Comercio Galegas que contribúe a
impulsar a internacionalización da economía e as
exportacións de Galicia. Web: www.foexga.org
“Ainternacionalizaciónéunhaopción
interesante pero hai que pensar moi
ben como se vai facer e planificar
a saída ao exterior. Convén estudar
a qué país exportar, qué produto
exportar e cómo está o sector no
punto de destino (competencia,
prezos…), así coma anticiparse aos
cambios sociais e económicos que
alí se puideran producir. Non estaría
de máis asesorarse cun experto na
materia”.
PABLO LÓPEZ Proxectos, Consultoría e Formación
Aje imprenta.indd 81 25/10/2010 13:04:21
82
“Á hora de emprender un negocio non se deben ignorar as
normativas que afectanáactividade.Ademais,aleiestablece
para todo tipo de empresa, unha serie de condicións de
obrigado cumprimento en relación á protección de datos
e a prevención de riscos laborais.”
Consideracións
legais
Aje imprenta.indd 82 25/10/2010 13:04:21
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 83
7.1 A protección de
datos na empresa
No proceso de creación dunha empresa é necesaria
a implantación das medidas necesarias para cumprir
coas esixencias legais establecidas na Lei Orgánica
15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal
(LOPD) en consonancia co Real Decreto 1720/2007, de
21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento
de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de
decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Esta normativa será de aplicación a tódolos ficheiros
que conteñan datos de carácter persoal sempre que a
información almacenada se organice seguindo algún
criterio relativo ás persoas, de forma que permita
acceder os datos dunha persoa en concreto
Na práctica absolutamente tódalas empresas, sexan cales
sexan as súas formas societarias, tamaños, sectores de
actividade ou estruturas organizativas están obrigadas
a implantar unha serie de medidas que son diferentes
en función do nivel de sensibilidade da información que
posúan.
É importante erradicar a crenza de que determinadas
empresas non lles afecta esta lexislación, pois é suficiente
con ter un empregado para ter que realizar o tratamento
dos seus datos. Aínda que a nómina a xestione
unha asesoría externa, a responsabilidade ante a
lei recae sobre a empresa que o contratou.
Aje imprenta.indd 83 25/10/2010 13:04:21
84
No ámbito da LOPD, o ficheiro pode chegar a ser moi
amplo, contendo entre outros os seguintes datos:
Nome, NIF, enderezo, telefono, e-mail, data e lugar de
nacemento, sexo, categoría, posto de traballo, Número
da SS.SS, datos familiares (nome de fillos/as, conxugue,
etc.) datos da conta bancaria, estudos, titulación,
afiliación sindical, en definitiva, datos que normalmente
residen sobre un sistema de xestión corporativo (RRHH,
nóminas, etc.).
É habitual que a localización principal deste ficheiro
estea externalizada nunha xestoría ou asesoría que se
encargue da xestión de nóminas e seguros sociais, no
entanto como xa se puxo de manifesto, o titular e por
tanto o responsable da inscrición, é a empresa. Nestes
supostos, o tratamento por conta de terceiros, ademais
de poñelo de manifesto na inscrición do ficheiro, debe
estar regulado nun contrato privado, tal e como se
establece na LOPD.
É por iso, que antes de inicia-la actividade empresarial, o
empresario debe notificar a creación do ficheiro no que
se van almacenar os datos de carácter persoal á Axencia
Española de Protección de Datos, para a súa inscrición.
A primeira tarefa a realizar para a declaración dos
ficheiros que conteñan datos de carácter persoal é a
identificación, descubrir qué tratamentos de datos se
van a realizar e en qué ficheiros informatizados, mixtos
ou manuais se almacenará a información.
Un exemplo de ficheiro típico dentro dunha empresa é o
ficheiro de “Persoal”.
DAVID RODRÍGUEZ Hernáez y Salvado Abogados
“Recorda que a Lei afecta a todo tipo de datos persoais que
manexan as empresas: datos de traballadores, colaboradores,
clientes, provedores, etc.”.
Aje imprenta.indd 84 25/10/2010 13:04:22
David
Rodríguez
Hernáez y Salvado Abogados
Aje imprenta.indd 85 25/10/2010 13:04:23
86
“Non se debe esquecer que a non adaptación ou a mala adaptación de
unha entidade á Lei conleva cuantiosas infraccións que se clasifican
en leves, graves e moi graves, establecendo unha gama de sancións
que van dende os 600 euros aos 600.000 euros”.
Consello do experto
DAVID RODRÍGUEZ Hernáez y Salvado Abogados
Aje imprenta.indd 86 25/10/2010 13:04:23
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 87
Dentro da protección de datos de carácter persoal,
establécese a obriga de adoptar unha serie de Medidas
de Seguridade previstas na normativa vixente, e imponse
a implantación de maiores niveis de seguridade en
atención aos datos que son obxecto de tratamento.
No que se refire ao Nivel de seguridade dun ficheiro de
persoal, é frecuente considerar este tipo de ficheiros de
Nivel alto, porque poden chegar a conter información
sobreasaúdedostraballadoresdaempresa:porexemplo,
grado de discapacidade para aplicar as deducións na
retención do IRPF, ou datos sobre afiliación sindical a
petición do traballador para deducir as cotas sindicais
da súa nómina.
Inventariado o ficheiro que debe ser declarado, o seguinte
paso será cubrir os impresos e a documentación para a
notificación a Axencia Española de Protección de datos
da inscrición do mesmo no “Rexistro de Ficheiros de
Titularidade Privada da AEPD”.
A solicitude de inscrición pode presentarse mediante
procedemento telemático con ou sen certificado de
firma electrónica, a través do formulario NOTA, que se
pode obter na propia páxina web da Axencia.
Esta tarefa correspóndelle ao responsable legal da
entidade, quen deberá autorizar e asinar a folla de
solicitude, se ben é certo que o responsable e titular do
ficheiro ante a AEPD, como persoa xurídica que decide
sobre a finalidade, contido e uso do tratamento do
ficheiro, sempre será a empresa.
Por último, unha vez cumprimentado o formulario
de notificación, no suposto de que se optase polo
procedemento de inscrición sen certificado de firma
electrónica, é preciso cubrir a “Folla de solicitude”, e
remitila vía Fax á propia Axencia para completar así o
procedemento.
Finalizado dito procedemento, a AEPD notificará por
escrito dita inscrición á Empresa, comunicándolle o
número de rexistro asignado ao ficheiro - tratamento.
Cabe reseñar que unha vez rematado o proceso de
inscrición elaborarase o Documento de Seguridade
no que se recollerá todo o referente ao ficheiro
dende a perspectiva da protección de datos e sobre a
implantación das Medidas de Seguridade na empresa.
Este debe manterse actualizado permanentemente e
revisarase cada vez que se produzan cambios relevantes
relacionados co tratamento.
O documento de Seguridade será de
cumprimento obrigatorio para todo o persoal
que teña acceso aos datos persoais.
Aje imprenta.indd 87 25/10/2010 13:04:23
88
7.2 A prevención de
riscos laborais
Segundo o Artigo 4.1 da lei 31/1995 de Prevención de
Riscos Laborais, defínese esta como o conxunto de
actividades ou medidas adoptadas ou previstas en
tódalas fases de actividade da empresa, a fin de evitar
ou diminuír os riscos derivados do traballo.
En caso de ser empresario, existen uns deberes, que son
relativos a:
Deber de seguridade:
En canto ás condicións materiais da empresa,
como por exemplo utilizar os equipos de traballo
cos preceptivos sistemas de protección colectiva
ou non empregar instrumentos que supoñan
graves riscos con probabilidade de resultados
lesivos para os traballadores. Instalar as máquinas
e ferramentas de tal forma que se eliminen os riscos
derivados do seu uso ou instalar os dispositivos
de salvamento e socorro, así como proporcionar
aos traballadores os medios de protección persoal
adecuados, tamén se engloban neste punto.
En relación ás persoas que van intervir na
actividadelaboral,débeseconsiderara prohibición
de empregar a menores en traballos inhabilitados
para eles, seleccionar ás persoas encargadas
da dirección de traballo conforme a criterios de
competencia profesional e responsabilidade,
Aje imprenta.indd 88 25/10/2010 13:04:23
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 89
seleccionar aos traballadores conforme a súa
adecuación ao posto de traballo e instruír ao
persoal, antes de comezar a desempeñar calquera
traballo, acerca dos riscos e perigos que se poden
atopar e como evitalos.
No tocante ao exercicio do poder de dirección
no curso da actividade laboral, débense vixiar
os niveis de seguridade no traballo, facer cumprir
as normas de seguridade, adoptar as medidas
necesarias para neutralizar os riscos e prohibir ou
suspender o traballo en todos aqueles casos nos
que exista perigo de accidente ou enfermidade
Deber de elaborar un Plan de
Prevención e Avaliación dos
Riscos:
Debe integrarse un plan de prevención de riscos
laborais dentro do sistema xeral de xestión da
empresa, que incluirá a estrutura organizativa
da empresa, as responsabilidades, as funcións,
os procedementos e os recursos necesarios para
realizar a acción de prevención de riscos.
En caso de que se produza un dano ou apareza
un indicio de que as medidas son insuficientes,
deberá levarse a cabo unha investigación para
detecta-las razóns.
Aje imprenta.indd 89 25/10/2010 13:04:23
90
Deber de formación, información
e vixilancia da saúde
Formación dos traballadores: haberá que garantir
que cada traballador reciba unha formación
teórica e práctica suficiente e adecuada en materia
preventiva. A formación deberá ser específica
para cada posto de traballo e deberá impartirse
dentro da xornada laboral (na medida do posible)
ou descontando da xornada de traballo as horas
investidas e o custo non pode recaer sobre os
traballadores.
Información: tomar medidas para que os
traballadores reciban todas as informacións
necesarias acerca dos riscos que afecten á
empresa, as medidas de protección e prevención
aplicables aos riscos sinalados.
Vixilancia da saúde: hai que garantir a
vixilancia periódica do estado de saúde dos
traballadores, garantindo a intimidade destes e a
confidencialidade da información. Os resultados
terán que comunicarse aos traballadores
afectados e nunca poderán usarse estes datos
con fins discriminatorios. En caso de que os riscos
o fixeran necesario, a vixilancia do seu estado
prolongarase máis alá da finalización da relación
laboral. O control de saúde deberá realizalo
persoal sanitario.
Aje imprenta.indd 90 25/10/2010 13:04:23
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 91
Deber de actuar de xeito adecua-
do en caso de risco grave e inmi-
nente e medidas de urxencia
Medidas de urxencia: débense analizar posibles
situacións de urxencia e adoptar as medidas
necesarias en canto a primeiros auxilios, loita
contra incendios e evacuación de traballadores.
Risco grave e inminente: cando os traballadores
estean expostos a tal risco, o empresario deberá
informar aos traballadores acerca do risco e das
medidasqueseadoptaronousevanadoptar;seguir
esas medidas e dar instrucións para que en caso de
perigo grave os traballadores poidan interromper
a súa actividade e mesmo abandonar o seu lugar
de traballo; dispoñer de todo o necesario para que
o traballador que non poida poñerse en contacto
co seu superior xerárquico estea en todo momento
en condicións de adoptar medidas necesarias para
evitar as consecuencias de dito perigo.
Alternativas dos empresarios á
hora de cumprir coa normativa en
materia de Prevención de Riscos
Laborais
A Prevención de Riscos Laborais é algo obrigatorio
para calquera empresario e para cumprir con iso
conta con diversas opcións:
O empresario/a pode asumir el mesmo a
prevención, tan só en empresas con menos de seis
traballadores, e se a actividade que se realiza non
é perigosa. Agora ben, o empresario/a debe reunir
os seguintes requisitos:
›	 Ter feito un curso de prevención que o
capacite.
›	 Encontrarse habitualmente no lugar de
traballo, é dicir, que non estea viaxando ou
saíndo continuamente.
Aje imprenta.indd 91 25/10/2010 13:04:23
92
En tódolos demais casos, a empresa debe optar
por:
›	 Designar un ou varios traballadores para
ocuparse da prevención de riscos laborais
(tamén neste caso, deben ter cursos que os
capaciten e estar habitualmente no centro
de traballo).
›	 Ter un servizo de prevención na propia
empresa.
›	 Contratar este servizo cunha entidade
especializada.
Sancións previstas
Segundo o artigo 47 da Lei de Prevención:
“Son infraccións graves: non levar a cabo
as avaliacións de riscos e, no seu caso,
os controis periódicos das condicións de
traballo...”
O artigo 49.4 establece as sancións ás infraccións
graves:
›	 Grao mínimo: de 1.502.53 a 6.000 ¤.
›	 Grao medio: de 6.000 a 15.025 ¤.
›	 Grao máximo: de 15.025 a 30.050 ¤.
Ademais, dende o punto de vista dos autónomos
coma traballadores por conta propia existen unha
serie de dereitos en relación á Prevención de Riscos
Laborais.
Aje imprenta.indd 92 25/10/2010 13:04:23
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 93
O Estatuto dos Traballadores Autónomos establece
no seu Artigo 8 unha serie de disposicións de
aplicación para este colectivo. Iso si, aclarando
que se fai sen prexuízo das obrigas legais impostas
para os autónomos con asalariados ao seu cargo
na súa condición de empresarios:
›	 As administracións públicas deberán xogar
un papel activo na promoción da prevención,
da vixilancia e do control do cumprimento
da norma de PRL.
›	 Tamén as administracións públicas se
encargarán de promover formación
específica para os autónomos nesta
materia.
›	 Establécense as condicións de utilización de
máquinas e demais equipos de traballo.
›	 Recoñécese o dereito dos autónomos a
interromper a súa actividade e abandonar
o lugar de traballo cando consideren que a
actividade supón un grave e inminente risco
para a súa saúde.
›	 Garántese tamén unha cobertura para
continxencias profesionais, así como unha
de incapacidade temporal.
Aje imprenta.indd 93 25/10/2010 13:04:23
94
“Ten en conta que toda empresa, inescusablemente, debe implantar
a prevención de riscos laborais en todos e cada un dos seus procesos
produtivos e organizativos, calquera que sexa su actividade.
A empresa deberá definir unha Política que integre a Prevención de
Riscos Laborais no sistema xeral de xestión, comprendendo tanto
ao conxunto de actividades como a tódolos niveis xerárquicos;
quedando todo elo reflectido documentalmente nun Plan de
Prevención de Riscos Laborais”.
Consello do experto
LUIS LOURO H&S Consult
Aje imprenta.indd 94 25/10/2010 13:04:27
Luis
LouroH&S Consult
“Nunca esquezas que o empresario é o único responsable
da Prevención de Riscos Laborais na súa empresa; el é
quen ten a potestade de contratar, designar, formar, elixir,…
independentemente da modalidade que haxa adoptado (aínda
contratándoa externamente), e que os incumprimentos en esta
materia poden dar lugar a responsabilidades administrativas,
civís e penais”.
Aje imprenta.indd 95 25/10/2010 13:04:36
96
“Para garantir unha correcta elección da forma xurídica, ao
longo deste epígrafe abordaranse diferentes criterios para
valorar a súa elección, así como as vantaxes e desvantaxes
inherentes a cada unha de elas”.
Consideracións
legais
Aje imprenta.indd 96 25/10/2010 13:04:36
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 97
8.1 Decisión da
forma xurídica
Cando se decide dar o salto ao mundo empresarial,
anteriormente tense que adoptar, obrigatoriamente, unha
das formas previstas legalmente. Como se comentou,
nesta elección subxacen importantes consecuencias, xa
que cada forma xurídica posúe unha serie de vantaxes
e limitacións que se encadrarán, mellor ou peor, cun
determinado proxecto. Por todo isto, ao iniciar unha
actividade empresarial, convén dedicar tempo ao estudo
da forma xurídica que mellor se adecúe a ela.
Unha vez se decide emprender unha actividade empresarial, un dos pasos máis
importantes é a elección da forma xurídica. Desta decisión, que en principio parece
sinxela, poden derivarse importantes consecuencias, que van dende vantaxes en materia
fiscal ate á protección do patrimonio persoal ante os acredores.
Aje imprenta.indd 97 25/10/2010 13:04:36
98
A responsabilidade que van a
soportar os promotores
Este é un aspecto fundamental. Á hora de
escoller a forma que permita operar á empresa,
presentase a dicotomía de se limitar, ou non,
a responsabilidade fronte ás débedas. Neste
sentido, é de capital importancia saber que de
non limitar esa responsabilidade responderase,
fronte aos acredores, co patrimonio persoal2
.
A continuación ofrécense uns factores que deben ser
valorados para unha elección óptima da forma xurídica:
Tipo de actividade que se vai a
desenvolver
Certas actividades só se poden desenvolver
baixo unha forma xurídica determinada polo que,
nestes casos, non existe liberdade de elección. A
estes efectos, débese revisar o marco xurídico da
nosa actividade para ver se existe algunha forma
xurídica excluída.
2 Di o artigo 1911 do Código Civil que “do cumprimento das
obrigas responde o debedor con todos os seus bens presentes e
futuros.
Aje imprenta.indd 98 25/10/2010 13:04:36
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 99
Número de promotores
O número de promotores pode ser un factor de
decisión importante. É especialmente conveniente,
dendeopuntodevistalegaleeconómico,constituír
unha sociedade cando existan varios promotores.
En relación con isto, hai que mencionar que
diversos tipos de sociedades precisan dun número
mínimo de socios para poder constituírse. Este é o
caso das Sociedades Cooperativas e Sociedades
Laborais que precisan tres socios como mínimo.
Non obstante, debe lembrarse que unha soa
persoa pode constituír unha Sociedade Limitada,
Limitada Nova Empresa ou Anónima.
Necesidades económicas do
proxecto
Cando os niveis de inversión son elevados, pode
ser aconsellable a limitación da responsabilidade
para protexer o patrimonio persoal. Neste caso,
as fórmulas con responsabilidade limitada (S.A,
S.L…), aínda que esixen un desembolso inicial
superior, son mellor opción que as sociedades
civís, máis baratas na súa constitución pero que
non limitan a responsabilidade.
Aje imprenta.indd 99 25/10/2010 13:04:36
100
Aspectos fiscais
Cada forma xurídica leva aparellada un modelo de
tributación distinto. Así, as sociedades mercantís
están sometidas ao Imposto sobre Sociedades (IS)
e as non mercantís ao Imposto sobre a Renda das
Persoas Físicas (IRPF). A escolla deberá facerse
en función dos resultados económicos reais ou
esperados.
A facilidade de constitución.
Aínda que este nunca debe ser o primeiro criterio
a seguir, pode ser que as circunstancias nos
aboquen a el. Neste caso, ante a necesidade dunha
tramitación áxil, os requirimentos burocráticos
redúcense nas fórmulas sen personalidade xurídica
(empresario individual, sociedade civil…) e tamén,
aínda que esta redución é menor, na Sociedade
Limitada Nova Empresa.
A imaxe que se transmite aos
clientes
Á hora de escoller traballar cunha determinada
empresa, soe producirse una asociación entre
a capacidade para realizar o traballo e a forma
xurídica da empresa.
Liberdade de acción.
No caso do empresario individual e as sociedades
unipersoais esta liberdade sería total. A partir de
aí, a medida que se incrementen os socios, esta
liberdade de acción irá diminuíndo.
Aje imprenta.indd 100 25/10/2010 13:04:36
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 101
PERsoAs físICAs
Empresario individual
Comunidade de bens
soC. mERCANTís (PERSOAS XURÍDICAS)
Sociedade de responsabilidade limitada
Sociedade limitada nova empresa
Sociedade anónima
soC. EsPECIAIs (PERSOAS XURÍDICAS)
Sociedade cooperativa
Sociedade laboral
TÁBOA FÓRMULAS XURÍDICAS MÁIS EMPREGADAS
8.2 Principais formas
xurídicas
Existe unha grande variedade de formas xurídicas que
se poden empregar para o desenvolvemento dunha
actividade empresarial. A continuación, definiremos
as máis empregadas no ámbito empresarial e que se
resumen no seguinte cadro:
Aje imprenta.indd 101 25/10/2010 13:04:36
102
Empresario individual
Por empresario individual coñecemos á persoa física
que realiza de xeito persoal e directo, fóra do ámbito de
dirección doutra persoa, unha actividade económica ou
profesional a título lucrativo, teña ou non traballadores
ao seu cargo.
Tipos de
formas
xurídicas
# Desvantaxes
›	 Responsabilidade ilimitada fronte aos acredores.
›	 Os beneficios están sometidos a un tipo impositivo
progresivo.
›	 É o titular da empresa o que fará fronte, en solitario, a
tódolos gastos da actividade.
# Vantaxes
›	 Ideal para empresas de tamaño moi reducido.
›	 Reducidos trámites para a súa constitución.
›	 Liberdade de actuación para o empresario.
›	 Poucos gastos para a súa constitución
Aje imprenta.indd 102 25/10/2010 13:04:36
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 103
principais características
›	 A personalidade xurídica da empresa é a do seu promotor, que
será quen responda persoalmente polas débedas.
›	 Non existe distinción entre o capital empresarial e o do
empresario.
›	 Permite un total control da empresa por parte do propietario.
›	 A achega de capital é a que o empresario desexe facer
Como esta figura non limita a responsabilidade, hai que ter en conta que se o
empresario individual está casado e en réxime de gananciais, os bens pertencentes a
ambos poderían verse afectados. Atendendo ao código de comercio, podemos facer a
seguinte distinción:
›	 Bens privativos do empresario e bens gananciais derivados da actividade
empresarial. Estes bens responden en todo caso das débedas da empresa.
›	 Bens gananciais non vinculados á actividade. Responderán ás débedas da
empresa, salvo que o cónxuxe se opoña expresamente a elo, facendo constar a
súa oposición no Rexistro Mercantil.
›	 Bens privativos do cónxuxe. Non responderán das débedas do empresario salvo
que exista un consentimento expreso a tal efecto.
Aje imprenta.indd 103 25/10/2010 13:04:37
104
Comunidade de bens
Podemos entender a comunidade de bens como un
grupo de socios para administrar un ben, dereito ou
patrimonio existente. Esta forma xurídica consiste nun
contrato polo cal unha determinada cousa pertence pro
indiviso a varias persoas (comuneiros). Este contrato
permite á comunidade actuar como un ente propio:
contratar provedores, emitir facturas..etc.
Tipos de
formas
xurídicas
# Desvantaxes
›	 Responsabilidade ilimitada dos comuneiros fronte aos
acredores.
›	 Os beneficios tributan por IRPF polo que estarán
sometidos a un tipo progresivo.
# Vantaxes
›	 Facilidade de constitución..
›	 Compártese a responsabilidade fronte as
débedas.
›	 As achegas dos empresarios non teñen por que
ser equivalentes.
Aje imprenta.indd 104 25/10/2010 13:04:37
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 105
principais características
›	 Ao igual que o empresario individual non posúe personalidade
xurídica propia. A personalidade será a dos comuneiros que a
conformen.
›	 Non se esixe unha achega mínima.
›	 Como mínimo ten que estar conformada por dous socios.
Para a súa constitución necesítase un contrato privado (deberá
ser público se se aportan bens inmobles) no que se detallen as
achegas de cada socio á comunidade e a súa participación nos
beneficios e perdas ca comunidade, xa que cada socio tributará
polos beneficios que lle correspondan na declaración da renda.
Aje imprenta.indd 105 25/10/2010 13:04:37
106
Soc. de Responsabilidade Limitada
Esta é unha das fórmulas xurídicas máis empregadas no
tecido empresarial, nela o capital estará integrado por
participacións iguais, indivisibles e acumulables que po-
suirán os socios en función das súas achegas.
Tipos de
formas
xurídicas
# Desvantaxes
›	 Tanto o número de trámites como a súa complexidade
increméntase fronte ás sociedades non capitalistas.
›	 Limítase o xeito de transmisión das participacións.
›	 Obriga de depositar as contas anuais no Rexistro
Mercantil..
# Vantaxes
›	 Limita a responsabilidade dos socios fronte ás débedas.
›	 Pode constituíla un só socio.
›	 Non se necesita un capital moi amplo para constituíla.
›	 Non ten límite de socios.
›	 Tributan a un tipo fixo no imposto de sociedades.
›	 Permite un control do círculo de socios.
Aje imprenta.indd 106 25/10/2010 13:04:37
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 107
principais características
›	 Pode estar constituída por un só socio (Sociedade
responsabilidade limitada unipersoal) e necesita dun capital
mínimo de 3.005,06 ¤ para poder constituírse.
›	 Tan só se poderá aportar ao capital social bens susceptibles de
valoración económica, en ningún caso traballo nin servizos.
›	 Na denominación social figurará a indicación “Sociedade de
Responsabilidade Limitada”, “Sociedade Limitada” ou as súas
abreviaturas (S.L ou SLR).
›	 Limita a responsabilidade dos socios fronte aos acredores.
Aje imprenta.indd 107 25/10/2010 13:04:37
108
Sociedade Limitada Nova Empresa
Esta fórmula é unha variante da Sociedade de Respon-
sabilidade Limitada e creouse coa finalidade de acurtar
o prazo de creación dunha sociedade. Non obstante,
aínda que se acurten os prazos o número de trámites
non varía.
Tipos de
formas
xurídicas
# Desvantaxes
›	 Limítase o xeito de transmisión das participacións.
›	 Obriga de depositar as contas anuais no rexistro
mercantil.
# Vantaxes
›	 Limita a responsabilidade dos socios fronte ás
débedas.
›	 Pode constituíla un só socio.
›	 Non se necesita un capital moi amplo para
constituíla.
›	 Podeconstituírsedunxeitorápido,xaquepermite
a realización dos trámites de xeito telemático.
›	 Non é obrigatorio levar o libro de rexistro de
socios
Aje imprenta.indd 108 25/10/2010 13:04:37
AJE EMPRENDE. Guiándote na creación
da túa empresa 109
principais características
›	 O seu capital está dividido en participacións e a responsabilidade
fronte a terceiros está limitada ao capital aportado.
›	 Pode constituírse cun só socio como mínimo e cun máximo de
5. Tódolos socios teñen que ser persoas físicas.
›	 Para a súa constitución necesita dun capital mínimo de 3.005,06
¤ e máximo de 120.202¤.
›	 Realización telemática dos trámites de constitución que pode
rebaixar o tempo de constitución a 48 horas.
Esta é a forma de constitución máis rápida dunha sociedade con
limitación de responsabilidade fronte a terceiros.
Aje imprenta.indd 109 25/10/2010 13:04:37
110
Sociedade Anónima
Nunha sociedade anónima o capital estará dividido en
accións, que estarán integradas polas achegas dos so-
cios.
Ao igual que o resto de sociedades capitalistas esta forma
limita a responsabilidade dos socios fronte a terceiros,
polo que tan só deberán responder co capital aportado.
Tipos de
formas
xurídicas
# Desvantaxes
›	 Obriga de depositar as contas anuais no Rexistro
Mercantil.
›	 Precísase un desembolso considerable para poder
constituíla
# Vantaxes
›	 Limita a responsabilidade dos socios fronte ás
débedas.
›	 Pode constituíla un só socio.
›	 Boa imaxe fronte a terceiros
›	 Transmisión libre das participación
Aje imprenta.indd 110 25/10/2010 13:04:37
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende
Aje emprende

More Related Content

Similar to Aje emprende

Webquest trámites de creación empresa
Webquest trámites de creación empresaWebquest trámites de creación empresa
Webquest trámites de creación empresafelixlongueira
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Jose A.
 
21. GuÍa básica de financiamiento
21. GuÍa básica de financiamiento21. GuÍa básica de financiamiento
21. GuÍa básica de financiamientoManager Asesores
 
Presentación do programa Innocoaching
Presentación do programa InnocoachingPresentación do programa Innocoaching
Presentación do programa Innocoachinginnocoaching
 
Claves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioClaves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioCheckin Galicia
 
Presentación web
Presentación webPresentación web
Presentación webmantojo
 
50. Guía básica de financiamiento
50. Guía básica de financiamiento50. Guía básica de financiamiento
50. Guía básica de financiamientoManager Asesores
 
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomoManager Asesores
 
Pont eemprego ponencias_y_talleres
Pont eemprego ponencias_y_talleresPont eemprego ponencias_y_talleres
Pont eemprego ponencias_y_talleresDavid Saavedra Pino
 
17. Atraer y fidelizar clientes
17. Atraer y fidelizar clientes17. Atraer y fidelizar clientes
17. Atraer y fidelizar clientesManager Asesores
 
12. Cómo elaborar el análisis DAFO
12. Cómo elaborar el análisis DAFO12. Cómo elaborar el análisis DAFO
12. Cómo elaborar el análisis DAFOManager Asesores
 
25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en públicoManager Asesores
 
49. Manual práctico de gestión para la dirección estratégica empresarial
49. Manual práctico de gestión para la dirección estratégica empresarial49. Manual práctico de gestión para la dirección estratégica empresarial
49. Manual práctico de gestión para la dirección estratégica empresarialManager Asesores
 
3. Emprender en tiempos de crisis
3. Emprender en tiempos de crisis3. Emprender en tiempos de crisis
3. Emprender en tiempos de crisisManager Asesores
 
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresaManager Asesores
 
15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesorería15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesoreríaManager Asesores
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-maria_090
 

Similar to Aje emprende (20)

Webquest trámites de creación empresa
Webquest trámites de creación empresaWebquest trámites de creación empresa
Webquest trámites de creación empresa
 
Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010Dixitos xullo 2010
Dixitos xullo 2010
 
21. GuÍa básica de financiamiento
21. GuÍa básica de financiamiento21. GuÍa básica de financiamiento
21. GuÍa básica de financiamiento
 
Presentación do programa Innocoaching
Presentación do programa InnocoachingPresentación do programa Innocoaching
Presentación do programa Innocoaching
 
Claves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioClaves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocio
 
Presentación web
Presentación webPresentación web
Presentación web
 
50. Guía básica de financiamiento
50. Guía básica de financiamiento50. Guía básica de financiamiento
50. Guía básica de financiamiento
 
1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo1. Guía básica del autónomo
1. Guía básica del autónomo
 
Pont eemprego ponencias_y_talleres
Pont eemprego ponencias_y_talleresPont eemprego ponencias_y_talleres
Pont eemprego ponencias_y_talleres
 
17. Atraer y fidelizar clientes
17. Atraer y fidelizar clientes17. Atraer y fidelizar clientes
17. Atraer y fidelizar clientes
 
12. Cómo elaborar el análisis DAFO
12. Cómo elaborar el análisis DAFO12. Cómo elaborar el análisis DAFO
12. Cómo elaborar el análisis DAFO
 
25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público
 
49. Manual práctico de gestión para la dirección estratégica empresarial
49. Manual práctico de gestión para la dirección estratégica empresarial49. Manual práctico de gestión para la dirección estratégica empresarial
49. Manual práctico de gestión para la dirección estratégica empresarial
 
Tallerrsetic
TallerrseticTallerrsetic
Tallerrsetic
 
3. Emprender en tiempos de crisis
3. Emprender en tiempos de crisis3. Emprender en tiempos de crisis
3. Emprender en tiempos de crisis
 
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
 
A empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contornoA empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contorno
 
15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesorería15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesorería
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
 
01 iaee emprendedor av
01 iaee emprendedor av01 iaee emprendedor av
01 iaee emprendedor av
 

More from BertaBG

Grados parentesco
Grados parentescoGrados parentesco
Grados parentescoBertaBG
 
Presentacion el contrato de trabajo
Presentacion el contrato de trabajoPresentacion el contrato de trabajo
Presentacion el contrato de trabajoBertaBG
 
Ejercicio contrato practicas y formacion
Ejercicio contrato practicas y formacionEjercicio contrato practicas y formacion
Ejercicio contrato practicas y formacionBertaBG
 
Antep leyemprend
Antep leyemprendAntep leyemprend
Antep leyemprendBertaBG
 
Equivalencias estudios
Equivalencias estudiosEquivalencias estudios
Equivalencias estudiosBertaBG
 
Guia certificados profesionalidade_ugt
Guia certificados profesionalidade_ugtGuia certificados profesionalidade_ugt
Guia certificados profesionalidade_ugtBertaBG
 
Funcionamiento de la oficina virtual del Servizo Público de Emprego de Galicia
Funcionamiento de la oficina virtual del Servizo Público de Emprego de GaliciaFuncionamiento de la oficina virtual del Servizo Público de Emprego de Galicia
Funcionamiento de la oficina virtual del Servizo Público de Emprego de GaliciaBertaBG
 

More from BertaBG (7)

Grados parentesco
Grados parentescoGrados parentesco
Grados parentesco
 
Presentacion el contrato de trabajo
Presentacion el contrato de trabajoPresentacion el contrato de trabajo
Presentacion el contrato de trabajo
 
Ejercicio contrato practicas y formacion
Ejercicio contrato practicas y formacionEjercicio contrato practicas y formacion
Ejercicio contrato practicas y formacion
 
Antep leyemprend
Antep leyemprendAntep leyemprend
Antep leyemprend
 
Equivalencias estudios
Equivalencias estudiosEquivalencias estudios
Equivalencias estudios
 
Guia certificados profesionalidade_ugt
Guia certificados profesionalidade_ugtGuia certificados profesionalidade_ugt
Guia certificados profesionalidade_ugt
 
Funcionamiento de la oficina virtual del Servizo Público de Emprego de Galicia
Funcionamiento de la oficina virtual del Servizo Público de Emprego de GaliciaFuncionamiento de la oficina virtual del Servizo Público de Emprego de Galicia
Funcionamiento de la oficina virtual del Servizo Público de Emprego de Galicia
 

Aje emprende

  • 1.
  • 2.
  • 3. ÍndiceAJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 1. Introdución 10 2. Beneficios da creación de empresas 14 2.1 Beneficios para o emprendedor 15 2.2 Beneficios para o entorno 18 3. A persoa emprendedora 20 4. A idea 32 4.1 Como atopar ideas de negocio 33 4.2 Como saber si a idea é boa 40 5. O plan de empresa 42 5.1 Por que facer un Plan de Empresa? 43 5.2 Contidos do plan de empresa 45 6. Emprender exportando 74 6.1 Vantaxes de exportar 75 6.2 ¿Tes potencial exportador? 76 6.3 Entidades de apoio á internacionalización 80 7. Consideracións legais 82 7.1 A protección de datos na empresa 83 7.2 A prevención de riscos laborais 88 Aje imprenta.indd 3 25/10/2010 13:02:48
  • 4. Aje imprenta.indd 4 25/10/2010 13:02:48
  • 5. 8. Consideracións legais 96 8.1 Decisión da forma xurídica 97 8.2 Principais formas xurídicas 101 9. A franquía 118 9.1 As partes da franquía 119 9.2 Tipos de franquía 120 9.3 Elementos da franquía 121 10. Recursos para a creación de empresas 126 10.1 Financiamento para a posta en marcha 127 10.2 Estruturas de intermediación financeira: Sociedades de Garantía Recíproca 134 10.3 Axudas e Subvencións 135 11. Trámites de constitución e posta en marcha 140 12. Obrigas fiscais 152 10.1 O IRPF 154 12.2 O Imposto sobre Sociedades (IS) 159 12.3 O Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) 162 Anexo 1 164 Aje imprenta.indd 5 25/10/2010 13:02:48
  • 6. Galicia, agora máis que nunca, necesita emprendedores e empresas xeradoras de riqueza, isto é, emprego e benestar. Por iso, desde a Consellería de Traballo e Benestar estamos a traballar co firme propósito de fomentar a cultura emprendedora, especialmente entre os máis novos, incentivando aos potenciais emprendedores e desenvolvendo programas de axudas dirixidos ao emprego autónomo, ás novas iniciativas empresariais e ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica e científica. Con todo, somos conscientes de que é preciso axudar aos nosos emprendedores en todos os tramos do seu camiño. Así o facemos na etapa previa á creación da súa iniciativa, asesorándolles no desenvolvemento da súa idea de negocio e na elaboración do plan de empresa para que cada un destes proxectos sexa, desde o seu inicio, viable e con expectativas de futuro e de éxito. Nesta liña, esta guía, clara, concisa e manexable, pretende facilitar solucións aos diversos problemas iniciais que se presentan cando nace unha empresa, para o que esboza unha serie de ideas a ter en conta polo emprendedor nos seus primeiros pasos no mundo empresarial. Meus parabéns a Aje Coruña pola elaboración desta guía emprendedora e polo seu traballo diario a favor do fomento do espírito emprendedor e da consolidación do tecido empresarial galego. Carta de presentación Aje imprenta.indd 6 25/10/2010 13:02:48
  • 7. Beatriz MatoConselleira de Traballo e Benestar Aje imprenta.indd 7 25/10/2010 13:02:52
  • 8. 8 Daniel RamosPresidente da Asociación Marineda de Jóvenes Empresarios - AJE A Coruña Aje imprenta.indd 8 25/10/2010 13:02:52
  • 9. Estimado/a asociado/a: A Asociación Marineda de Jóvenes Empresarios – AJE A Coruña naceu, entre outros, co obxectivo de apoiar as iniciativas e as vocacións empresariais da mocidade da provincia da Coruña. Conscientes da necesidade dos emprendedores de contar con apoio dende os seus inicios, publícase esta Guía que, xunto con outras iniciativas de asesoramento e xestión, pretende ofrecer de xeito clarificador as pautas a ter en conta á hora de crear unha empresa. Trátase do primeiro paso a dar nun camiño difícil e complicado de percorrer; un camiño que dende a Asociación percorremos cos nosos casi 300 asociados, xa que, convencidos de que é posible emprender, consideramos fundamental a implicación de tódolos axentes económicos e sociais para o desenrolo do tecido empresarial da provincia, de Galicia e de toda España. Dende a Directiva da Asociación traballamos para facilitar o avance cara o éxito dos emprendedores, proporcionándolles todas as ferramentas necesarias para conseguilo. Un exemplo é esta Guía que recolle testemuñas e consellos de empresarios que, con esforzo e traballo, sacaron adiante os seus negocios. En prol de lograr os maiores beneficios para os empresarios, defendendo os seus intereses en todos os foros posibles, AJE A Coruña e as outras Asociacións de Jóvenes Empresarios galegas unímonos para defender un proxecto común na Federación Galega de Xoves Empresarios – FEGAXE, que, ao igual ca nós, tamén colabora conxuntamente coa Confederación Española de Asociaciones de Jóvenes Empresarios – CEAJE. Por último, quero agradecer o apoio que os nosos fieis patrocinadores, as Administracións públicas e as Institucións brindan a unha Asociación como AJE A Coruña, útil, autosuficiente e en continuo crecemento , facendo unha mención especial a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galícia, en particular a Dirección Xeral de Promoción do Emprego. Recibe un cordial saúdo. Carta de presentación Aje imprenta.indd 9 25/10/2010 13:02:52
  • 10. 10 A Asociación de Jóvenes Empresarios de A Coruña ofrece esta “Guía de creación de empresas” que pretende ser un instrumento de axuda para as persoas que queiran poñer en marcha unha idea empresarial na cidade e comarcas de arredor. Introdución Aje imprenta.indd 10 25/10/2010 13:02:52
  • 11. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 11 A experiencia allea pode servir para minimizar o RIsCo da posta en marcha do teu negocio Esta iniciativa forma parte das propostas da Asociación para espertar o espírito emprendedor na zona e impulsar así unha fonte de creación de postos de traballo, riqueza e beneficio. Nesta guía inclúense unha serie de pautas que serven de axuda para planificar e tomar decisións en relación á posta en marcha dunha empresa, ofrecendo información de interese para a avaliación da idea emprendedora así coma dos distintos ámbitos de xestión da organización. O proceso de crear unha empresa conleva unha serie de riscos e incertezas que obrigan a tomar decisións con importantes consecuencias económicas e persoais, polo que resulta moi conveniente contar coa experiencia de empresarios que xa pasaron polo proceso. Xusto por iso, esta guía convértese nun documento único ao recoller os consellos de empresarios de éxito que algún día se atoparon no inicio do camiño empresarial, que evitarán que os emprendedores caian nos erros que outros cometeron con anterioridade. Aje imprenta.indd 11 25/10/2010 13:02:52
  • 12. 12 Ademais a guía complétase coa achega de expertos sobre determinados temas precisos para unha boa xestión. A guía estrutúrase en 12 capítulos, sendo o primeiro, o presente punto de “Introdución” onde se expoñen os obxectivos do documento. O segundo capítulo: “Beneficios da creación de empresas” contén información relativa aos efectos positivos que xera a creación de empresas tanto para a persoa emprendedora coma para a sociedade en conxunto. No terceiro capítulo “A persoa emprendedora” analízanse cales son as cualidades que debe de reunir un bo emprendedor, e propón un test que permite coñecer se o lector ten capacidades para crear un negocio de éxito. No cuarto capítulo, “A idea”, abórdase a busca dunha boa idea de negocio e a reflexión e valoración da mesma. Servirá ao lector para determinar se a súa idea é viable. O quinto capítulo “O Plan de Empresa” trata a elaboración deste documento que axudará ao emprendedor a planificar os primeiros anos de actividade empresarial. No sexto capítulo “Emprender exportando”, expóñense as claves para que o emprendedor que se decida a exportar a súa actividade, teña garantías de facelo con éxito. Aje imprenta.indd 12 25/10/2010 13:02:52
  • 13. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 13 O capítulo número sete “Consideracións legais” céntrase nos aspectos formais do proceso de creación de empresa que se deben ter en conta ao poñer en marcha a actividade. Máis concretamente abórdanse os temas de Protección de datos e Prevención de riscos laborais. O oitavo capítulo, “Formas Xurídicas” detalla as vantaxes e inconvenientes das distintas formas de constitución da empresa. No noveno capítulo “A franquía” descríbese en qué consiste esta outra forma de negocio, as súas claves e as consideracións legais que se deben ter en conta se se opta por este modelo. No capítulo dez “Recursos para a creación de empresas” indícanse as principais fontes de financiamento tanto públicas como privadas coas que o emprendedor pode contar para financiar o seu proxecto. O capítulo once, “Trámites de constitución e posta en marcha” detalla tódalas xestións necesarias para constituír a organización e comezala a actividade. E no último capítulo, “Obrigas fiscais”, o emprendedor atopará información sobre cales son os principais aspectos tributarios. Ademais a estrutura de capítulos complétase cun anexo onde se pode atopar unha guía que pode ser de axuda ao promotor do proxecto para elaborar o plan de empresa. Aje imprenta.indd 13 25/10/2010 13:02:52
  • 14. 14 Coa posta en marcha dunha idea empresarial, xéranse numerosos efectos positivos, tanto para o propio promo- tor coma para a sociedade en xeral. Cada vez que unha persoa con iniciativa se atreve a iniciar unha actividade empresarial, impulsa o crecemento económico da zona, contribuíndo a crear emprego e xerar riqueza. Así, os emprendedores desempeñan un papel esencial no desen- volvemento da sociedade, transformando en actividade as oportunidades de negocio da zona, xerando valor para a entorno e para os individuos que forman parte del. Beneficios da creación de empresas Aje imprenta.indd 14 25/10/2010 13:02:52
  • 15. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 15 2.1 Beneficios para o emprendedor Crear unha empresa non só é unha opción para gañar cartos, senón que reporta unha serie de satisfaccións persoais: •Traballar para un mesmo, o que implica ter liber- dade de acción e poder de decisión. •Desenvolvemento dunha idea na que se cre, contando coa satisfacción de sacala adiante co propio esforzo. •Reporta prestixio social. •Pódese obter un emprego estable, é dicir, tense seguridade no posto de traballo (non se está pen- dente de renovacións…). •Pódese optar a unha certa flexibilidade laboral: liberdade para fixar o horario, as vacacións, etc. Aje imprenta.indd 15 25/10/2010 13:02:53
  • 16. 16 •Posibilidade de elixir aos posibles socio/as e colaboradores/as. •Satisfacción de crear traballo para outras per- soas e contribución ao desenvolvemento socio- económico. •Posibilidade de obter maiores ingresos econó- micos que cun contrato por conta allea. •Maior compromiso e motivación, ao estar á fron- te dun reto persoal •Maior autorrealización profesional e persoal. “A creación dunha empresa aporta beneficios que van máis aló do puramente tanxible, compararíao coa experiencia de ter un fillo”. MANUEL GARCÍA Noroeste Forestal Aje imprenta.indd 16 25/10/2010 13:02:53
  • 18. 18 2.2 Beneficios para o entorno A iniciativa empresarial fortalece o tecido empresarial e estimula a actividade económica dunha rexión, contribuíndo a crear emprego e impulsando a produtividade. Ademais incítase ás organizacións que compiten no mesmo mercado para mellorar os seus produtos, o seu proceso produtivo ou a súa organización. Os emprendedores xogan tamén un papel moi importante no cambio social no tocante a xeración de novos produtos ou servizos que mudan os comportamentos e costumes de consumo da xente (por exemplo, a telefonía móbil), permiten a aparición de novos estilos de vida e propician unha mellor prestación de servizos de benestar (creación ou mellora de servizos sanitarios, de educación, etc.). Crear unha empresa, pode axudar pois, a modernizar a economía e a sociedade en xeral. ÁNGEL GANDOY Sysban “A creación dunha empresa implica tanto beneficios coma prexuízos: esixe moita dedicación deixando pouco tempo para outras actividades pero xeralmente é unha experiencia vital enriquecedora”. Aje imprenta.indd 18 25/10/2010 13:02:58
  • 20. 20 “Non hai un perfil perfecto de emprendedor, aínda que si existen unha serie de competencias que resultan moi positi- vas para acadar o éxito e que cómpre analizalas.” A persoa emprendedora 3 Aje imprenta.indd 20 25/10/2010 13:03:28
  • 21. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 21 Algunha desas ComPeTeCiaS PERsoAIs son as seguintes: Iniciativa Ter a capacidade de dar comezo a tarefas adiantándose a motivacións externas. Capacidade de asumir riscos Débese ser consciente de que sempre existirá unha pequena incerteza respecto ao éxito da empresa. Responsabilidade É moi importante ter a capacidade de asunción das obrigacións contraídas e asumir as consecuencias das decisións tomadas. Tolerancia á frustración e ó fracaso Convén estar preparado para facer fronte ás dificultades que se interpoñan no camiño Autoconfianza É imprescindible confiar no proxecto empresarial e no criterio propio Aje imprenta.indd 21 25/10/2010 13:03:28
  • 22. 22 Tenacidade É conveniente ter constancia naquelo que se inicia. Traballo en equipo Un emprendedor de éxito debe ter a capacidade para colaborar e coordinarse con outras persoas perseguindo un obxectivo común. Capacidade de comunicación É moi positivo ter a capacidade para transmitir ideas e convencer aos demais sen manipular. Asertividade É moi importante para o emprendedor saber defender as propias ideas ante os demais sen provocar enfrontamento. Empatía Un emprendedor de éxito debe contar coa capacidade de poñerse no lugar doutras persoas. Sentido crítico Convén ser realista e obxectivo. Capacidade de traballo e sacrificio A actividade de emprender esixe unha gran dedicación. Capacidade de relación co entorno Convén dispor da aptitude para desenvolverse con naturalidade en medio das circunstancias cambiantes de cada momento. Creatividade É importante ter facilidade para imaxinar novos proxectos. Flexibilidade Débese ser flexible, adaptándose rapidamente aos cambios. Aje imprenta.indd 22 25/10/2010 13:03:28
  • 23. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 23 Persuasión Habilidade para convencer a outras persoas. Liderado Motivar aos membros do equipo conseguindo a súa implicación no traballo. Solidariedade Compartir éxitos e fracasos, e ofrecer axuda aos compañeiros. Autonomía Traballar sen supervisión, tomando decisións propias. Perseveranza É esencial unha actitude constante co obxectivo de alcanzar as metas fixadas. Convén aclarar que non é necesario que se dean todas as características anteriores, pero si é importante manter unha actitude positiva cara a maioría delas. Ademais cabe ter en conta unhas competencias técnicas que poden axudar a que o negocio vaia por bo camiño: •Formaciónrequiridaparaaactividadeempresarial (de administración de empresas e específica sobre a actividade) •Información: o emprendedor debe recompilar a información precisa para poñer en marcha o negocio (mercado, formas xurídicas, axudas e subvencións, etc.) Aje imprenta.indd 23 25/10/2010 13:03:28
  • 24. 24 “É máis importante a ACTITUDE coa que te enfrontes ao emprendemento que as competencias técnicas que posúas. Estas últimas sempre se poden APRENDER”. aviso AJE Aje imprenta.indd 24 25/10/2010 13:03:28
  • 25. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 25 Non é recomendable botarse atrás por non ter coñecementos específicos, xa que sempre se poden adquirir cunha formación axeitada, e ademais existe a posibilidade de incorporar á nova empresa persoal formado en materias de xestión. Igualmente non se debe esquecer que existen numerosos organismos e institucións preparados e dispostos a axudar aos emprendedores. A conxunción de competencias persoais e técnicas é a clave para distinguir a un bo emprendedor.Detódolosxeitoscabemencionarque ascaracterísticasdun emprendedor de éxito variarán en función das particularidades do proxecto: zona, actividade, etc. Aje imprenta.indd 25 25/10/2010 13:03:28
  • 26. Paraquepoidasanalizaratúacapacidadeemprendedora, proponse un test que dará unha idea global das aptitudes que presentas para levar a cabo unha idea empresarial. Non entanto, debes ter en conta que non é un resultado rigoroso xa que, como se expuxo anteriormente, as capacidades emprendedoras están supeditadas a factores específicos de cada caso. 1Adáptome facilmente aos cambios � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 2Gústame experimentar cousas novas � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 3Considérome unha persoa moi creativa � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 5Gústame toma-la iniciativa � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 6Traballo tanto como faga falla para remata-lo que comezo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 7Cando quero algo, teño moi claros os obxectivos na miña cabeza � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 Valora de 1 a 5 as seguintes afirmacións, sendo 1: “totalmente en desacordo”, 2: “en bastante descordo”, 3: “nin de acordo nin en desacordo” , 4: “bastante de acordo” 5: “totalmente de acordo” test capacidade emprendedora Aje imprenta.indd 26 25/10/2010 13:03:28
  • 27. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 27 8Analizo os meus erros para aprender deles � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 9Para min, os problemas son retos � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 10Son curioso/a � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 11Vexo novas utilidades en obxectos comúns � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 12Teño moita imaxinación � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 13Normalmente fago as cousas ó meu xeito � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 14Unha vez decido facer algo, nada me detén � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 15Atrévome con calquera situación � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 16Son unha persoa positiva � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 17Poño o pescozo por aquilo no que creo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 18Gústame a responsabilidade � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 19Vivo ao máximo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 20Estou seguro de min mesmo/a � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 21Gústame aceptar riscos � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 Aje imprenta.indd 27 25/10/2010 13:03:28
  • 28. 28 22Teño a reputación de ser testán � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 23Arríscome � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 24Se comezo unha carreira de fondo e xa sei que non vou gañala, acáboa igual, aínda que chegue o último � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 25Cando estaba no colexio só estaba contento nas cualificacións se era a mellor � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 26Cando participo nun deporte, meu obxectivo é sempre gañar � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 27O que máis valoro nun posto de traballo é a autonomía de decisión e a posibilidade de promoción � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 28Os domingos, polo xeral, prefiro levantarme cedo e aproveitar o día que levantarme tarde e quedarme todo o día no sofá � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 29Ante os problemas, busco solucións o máis rá- pido posible � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 30A xente dime que teño capacidade de lidera- do � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 31 Gústame ter o control sobre todo o que fago � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 Aje imprenta.indd 28 25/10/2010 13:03:29
  • 29. Manuel AlcázarAlcázar Patentes y Marcas “Como bo emprendedor deberás ser capaz de construír relacións, integrar e motivar”. Aje imprenta.indd 29 25/10/2010 13:03:30
  • 30. 30 32Considero que teño don de xentes e capacida- des comunicativas � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 33Cando quero algo, son capaz de convencer a outras persoas e unilas ao meu proxecto � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 34Resultaríame doado asignar tarefas aos de- mais � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 35Gústame ter as tarefas do día planificadas e or- ganizadas � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 36Teño formación/experiencia relacionada coa idea empresarial que estou pensando en poñer en marcha � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 37Son moi bo naquelo que teño experiencia e co- ñecementos � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 38Son moi sociable e gústame coñecer xente nova � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 39Nunca me rindo sen conseguir o que persigo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 Aje imprenta.indd 30 25/10/2010 13:03:30
  • 31. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 31 Suma tódalas puntuación acadadas. Se o resultado é maior que 150 Sen dúbida dispós dun gran potencial para emprender. Pero recorda que aínda que teñas as aptitudes persoais necesarias para alcanzar o éxito, deberás traballar duro para conseguilo. Se o resultado está entre 150 e 70: Reúnes bastantes das características adecuadas para emprender pero debes de ser moi cauteloso, e deberás reforzar algunhas características da súa personalidade que necesitará para ter éxito. Se o resultado é inferior a 70: Ata que non desenvolvas características persoais oportunas (creatividade, capacidade de asumir riscos, confianza, determinación, autodisciplina, etc.), o máis conveniente é que non leves a cabo a idea de emprender. Resultado do Test “ O máis importante para iniciar un negocio é o carácter emprendedor: hai que ter paciencia, dedicación e positivismo, dedicando tódolos esforzos posibles para defender a idea e traballar para chegar ó éxito.” CARMÉN BUJÁN Rodríguez Buján Asesores Aje imprenta.indd 31 25/10/2010 13:03:30
  • 32. 32 Calquera negocio debe ter como base unha boa idea. Pero, que se considera unha boa idea? Non é preciso unha idea xenial, pero si deberá aportar algún elemento innovador. Ademais para que esa idea se transforme en negocio deberá cumprir polo menos as seguintes características: 1_Satisfacer necesidades ou desexos 2_Ser viables tecnicamente 3_Ser viables economicamente A idea Aje imprenta.indd 32 25/10/2010 13:03:30
  • 33. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 33 4.1 Cómo atopar ideas de negocio Existen moitas formas de buscar ideas de negocio: • Observando necesidades de mercado que non estean cubertas • Detectando necesidades que se poidan cubrir dunha forma mellor á que existe no mercado • Imitando un modelo de negocio • Poñendo en práctica os coñecementos adquiridos na carreira ou experiencia laboral • Detectando cambios no mercado ou novas tendencias no comportamento do consumidor • Observando produtos que xa funcionan noutras rexións • Cambios nas leis • Etc. Aje imprenta.indd 33 25/10/2010 13:03:30
  • 34. 34 Bancos de ideas Unha persoa con ansias de emprender e que aínda non teña moi clara a idea, pode recorrer a un dos múltiples bancos de ideas que existen, e que conteñen exemplos de actividades emprendedoras potencialmente exitosas ou ben oportunidades de negocio que aínda están por explotar na zona de referencia. Son numerosos os bancos de ideas que se poden consultar na rede: • Bic Galicia amosa unha base de datos de máis de 100 ideas clasificadas por sectores de actividade: http://www.bicgalicia.es/ • A revista Emprendedores ofrece, a través da súa web, un centro de ideas de negocio innovadoras: http://www.emprendedores.es/ • En Infonomía pódense atopar as ideas máis peculiares e enxeñosas de calquera parte do mundo: http://www.infonomia.com/ •En http://www.1000ideasdenegocios.com/, pódese atopar ideas útiles para emprender. • Outra páxina web que ofrece moitas iniciativas innovadoras é http://springwise.com/ Ferramentas para lograr unha boa idea de negocios Aje imprenta.indd 34 25/10/2010 13:03:30
  • 35. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 35 Tendencias de consumo Para acadar o éxito cunha idea de negocio, precísase emprender nun sector con oportunidades, que estea en auxe, e mellor se é emerxente. As tendencias de consumo varían co tempo, véndose alteradas coas costumes e modas, e influenciadas polos valores da sociedade. Así as novas empresas deberían poñer atención nestas tendencias clave que afectan aos consumidores. Poderíase dicir que, actualmente, son tendencias de consumo: a busca de benestar, conxugando saúde e estética (spas, centros de beleza…), os produtos alimenticiosquedestaquenoseucompoñentenutricional e os beneficios para a saúde, a relación coa natureza en tódolos ámbitos (turismo, alimentación, estética, etc.), o teletraballo, a hiperconectividade no traballo e na vida diaria (dependencia de conexións dixitais: sitios web, mail, móbil), etc. Pódense consultar páxinas web onde atopar información de tendencias de consumo: • Baquía ofrece unha sección denominada Baquía Inteligencia, onde pon a disposición dos usuarios numerosos estudos relacionados cos hábitos de consumo, tendencias actuais, etc., que poderán ser útiles para a toma de decisións dos emprendedores: http://www.baquia.com/ inteligencia.php • IT PYMES.es pon a disposición dos internautas unha serie de recursos, entre eles, informes e artigos sobre as tendencias e estudos de mercado: http://www.itpymes.es Aje imprenta.indd 35 25/10/2010 13:03:30
  • 36. 36 Observar o que fan outros Débese prestar atención, ademais, a outras rexións, países e culturas, onde funcionen produtos e servizos descoñecidos no noso ámbito e que resultarían unha novidade no noso territorio a operar. Convén por tanto, ao detectar unha idea potencialmente exitosa na zona de acción a considerar, observar cómo se leva a cabo esa actividade no ámbito de orixe: cál é o proceso produtivo, qué canles de distribución emprega, que mecanismos de comunicación son necesarios, etc. Comprender o funcionamento do negocio é clave para acadar o triunfo do mesmo. Ferramentas para lograr unha boa idea de negocios Aje imprenta.indd 36 25/10/2010 13:03:30
  • 37. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 37 Novos xacementos de emprego Nos últimos anos vense falando da aparición dos Novos Xacementos de Emprego1 no ámbito da Unión Europea. Establécense partindo da constatación de que existen necesidades na poboación que non están satisfeitas ou están mal resoltas. Ademais aluden a actividades que ofrecerán grandes posibilidades de traballo xa que son intensivas en man de obra. Trátase dunha batería de ideas de actividade nas que existe unha alta demanda insatisfeita de postos de traballo e un destacado nivel de insatisfacción de como se resolven no presente. Englóbanse en catro grandes grupos: • Servizos da vida cotiá: atención a persoas dependentes (maiores ou con algunha diminución), a limpeza e o coidado do fogar e da roupa, a compra diaria, as reparacións do fogar, o traslado dos fillos á escola, a súa vixilancia e atención durante a xornada laboral se son pequenos, asesoría na resolución de conflitos familiares, escolares, laborais, coa xustiza ou a administración, etc. • Servizos de mellora da calidade de vida: reformas da vivenda, xestión eficaz do aforro enerxético, sistemas de seguridade do inmoble, a seguridade cidadá en espazos públicos e en transporte colectivo, información sobre mobilidade, a mellora dos espazos públicos e a convivencia nos barrios e pobos, etc. • Servizos de lecer: turismo cultural, turismo de aventura, turismo especializado, turismo de 3ª idade, distribución de películas, televisión interactiva, creación de centros culturais, difusión da cultura, desenvolvemento da cultura local, fomento da cultura popular, restauración, xestión de clubs deportivos, educación deportiva e deporte para a saúde, etc. • Servizos do medio natural: xestión dos residuos, xestión da auga, protección e mantemento das zonas naturais, protección de espazos, control da contaminación, aforro enerxético nos edificios e vivendas, asesoramento ao aforro enerxético das familias, etc. 1 Libro Branco sobre crecemento, competitividade e emprego: retos e pistas para entrar no Século XXI, dirixido por Jacques Delors. Aje imprenta.indd 37 25/10/2010 13:03:30
  • 38. “Unha boa idea ten que poder ser convertible nun produto ou servizo, que o cliente potencial considere que ten valor, e que este valor se converta en resultados sostibles para a empresa”. Antonella BrogliaInfonomía Aje imprenta.indd 38 25/10/2010 13:03:36
  • 39. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 39 “Hai diversas formas para obter ideas de negocio: ›Saír á rúa e observar o que a xente fai e precisa. ›Consulta de páxinas web, coma por exemplo: wwww.springse.com ›Observar sectores emerxentes. Actualmente pódese considerar emerxentes: a agricultura urbana, o e-learning, etc. ›Observar tendencias de consumo: o luxo coma sustancia, a conexión permanente cos amigos, o compartir as opinións sobre o qué se consume, a compra social, a radicalización da compra (gastar cartos en cousas duradeiras e no resto buscar o máis barato), etc.” Consello do experto ANTONELLA BROGLIA Infonomía Aje imprenta.indd 39 25/10/2010 13:03:39
  • 40. 40 4.2 Como saber se a idea é boa Unha vez que se teña a idea e antes de elaborar o Plan de Empresa, é conveniente realizar unha análise previa da súa viabilidade. O emprendedor débese asegurar de que as vantaxes son reais e que non existen desvantaxes ocultas. Para analiza-la viabilidade da idea pódese atender a unha serie de cuestións, tratando de darlle resposta da forma máis obxectiva: › a idea é realista? › é razoable o esforzo en relación á rendibilidade? › é viable economicamente? › e tecnicamente? Pódese empregar tamén, para valorala idea unha matriz DAFO: debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades. As debilidades e fortalezas fan referencia a factores, positivos ou negativos, internos á empresa ou sector de actividade, e as ameazas e as oportunidades fan referencia a circunstancias do entorno exterior que poden influír de certa forma no negocio. Aje imprenta.indd 40 25/10/2010 13:03:39
  • 41. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 41 DEBIlIDADEs AmEAZAs Carteira de produtos limitada Poucos recursos financeiros Crecente poder de negociación de clientes Entrada de novos competidores foRTAlEZAs oPoRTUNIDADEs Propiedade da tecnoloxía principal Vantaxes en custes Baixo poder de negociación de provedores Crecemento rápido do mercado Cómpre analiza-la viabilidade da idea baseándose en factores coma as vantaxes competitivas, as barreiras de entrada existentes, coñecementos e experiencia do sector, contactos, etc. Ademais é importante traballar a idea, simplificándoa ao máximo posible, e compartila con amigos, colaboradores e xente con experiencia no ámbito de emprender, deixándose aconsellar e asesorar. Se a decisión é continuar, o seguinte paso será a elaboración do Plan de Empresa. Exemplo de valoración dunha idea de negocio mediante MATRIZ DAFO Aje imprenta.indd 41 25/10/2010 13:03:39
  • 42. 42 “O plan de empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a viabilidade técnica, económica e financeira da mesma, e desenvolve tódolos procedementos e estratexias necesarias para converter a citada oportunidade de negocio nun proxecto empresarial concreto.” O plan de empresa Aje imprenta.indd 42 25/10/2010 13:03:39
  • 43. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 43 5.1 Por que facer un Plan de Empresa? É sumamente importante elaborar un Plan de Empresa porque lle vai permitir ao promotor levar a cabo un exhaustivo estudo de tódalas variables que puideran afectar á súa oportunidade de negocio, aportándolle a información precisa para determinar a viabilidade do proxecto. Xa en funcionamento, o Plan serviralle de ferramenta interna para analizar o funcionamento da empresa e as desviacións sobre o previsto. Ademais serve de presentación ante terceiras persoas coma bancos ou inversores. É unha ferramenta imprescindible cando se quere pór en marcha unha idea empresarial, sexa cal sexa a experiencia profesional do promotor ou promotores e a dimensión do proxecto. Incluso para empresas xa establecidas, un Plan de Empresa ben deseñado é a base sobre a que se erguen os propósitos de crecemento ou diversificación da actividade principal. Aje imprenta.indd 43 25/10/2010 13:03:39
  • 44. Elisardo de la CruzEmpatía Comunicación “Elaborar un plan de empresa antes de iniciar o negocio equivale a facelos exercicios de quentamento antes de xogar un partido de fútbol: é esencial para non ter lesións pero se non coñe- ces as regras do xogo e es bo nel, non servirá de nada.” Aje imprenta.indd 44 25/10/2010 13:03:44
  • 45. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 45 5.2 Contidos do plan de empresa O plan de empresa contén varias seccións que reflicten as distintas áreas do proxecto de empresa: • Resumo executivo • Análise de mercado • Plan de Marketing • Plan de Produción • Plan de Recursos Humanos • Plan de Financiamento • Conclusións •Anexos Ao final da presente guía inclúese un anexo onde se plantexan unha serie de preguntas ao emprendedor que lle servirán como guía para elaborar o seu Plan de Empresa. Aje imprenta.indd 45 25/10/2010 13:03:47
  • 46. 46 Resumo executivo Constitúe un resumo do Plan de Empresa: contén os aspectos máis importantes de forma esquemática. Dá unha idea xeral do proxecto e é moi importante que estea ben traballado para captar a atención de quen o lea. Análise de mercado Este apartado do Plan axudaranos a determinar a existencia dun mercado para o produto ou servizo, e mediante a información que se obteña poderase deseñar unha estratexia de penetración e diferenciación dos mesmos. Unha análise de mercado debe contemplar: • Aspectos Xerais do sector: neste punto débese estudar, en xeral, o sector onde vai estar o novo produto ou servizo. Hai que analizar o tamaño actual do mercado, a porcentaxe de crecemento e decrecemento do mesmo e os comportamentos de compra dos clientes potenciais. • Clientes potenciais: este estudo debe determinar quen son e serán os clientes potenciais. Estes deben ser agrupados en conxuntos relativamente homoxéneos con características comúns. As partes dun Plan de de Empresa son as seguintes: Aje imprenta.indd 46 25/10/2010 13:03:47
  • 47. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 47 • Análise da competencia: o promotor debe coñecer o tipo de competidores aos que se vai enfrontar. Hai que coñecer ao líder en cada categoría e a importancia que lle outorgan ás mesmas os clientes potenciais. • Barreiras de entrada: débense analizar as barreiras de entrada presentes e futuras no mercado para poder determinar a viabilidade previa de acceso ao mesmo e a fortaleza do produto ou servizo nel. Para realizar a Análise de mercado, un emprendedor pódese axudar de: › Guías de Actividade do Bic Galicia: dan unha aproximación sobre a situación do sector a tratar, ademais de aportar un método de cálculo para sabe-lo tamaño do mercado ao que se vai a dirixira nova empresa. Máis información en: http://guias. bicgalicia.es › O Ardán, portal de información empresarial, aporta información económica, financeira e comercial relativa a máis de 80.000 empresas: www.ardan.es › Camerdata amosa un ficheiro de empresas que permite ao emprendedor coñecer aos seus futuros clientes, provedores e competidores. Pódese consultar dito ficheiro en: www.camerdata.es “ Resulta imprescindible posuír un coñecemento profundo do sector, así como estar informados dos puntos débiles da competencia. Os negocios son coma as guerras: “non gaña o máis forte senón o máis listo”. MANUEL GARCÍA Noroeste Forestal Aje imprenta.indd 47 25/10/2010 13:03:47
  • 48. 48 Para dar resposta a estas cuestión, hai que tomar as decisións pertinentes: a) Decisións sobre o produto Neste apartado descríbense de maneira precisa os produtos que se pensan ofrecer. É importante ter en conta que un produto se elixe polas necesidades que cubre ou problemas que resolve, polo que neste apartado débese sinalar qué aporta o produto sobre os xa existentes. Hai que contemplar atributos coma o deseño, a calidade, os factores innovadores, etc., que afectan á imaxe do produto. Tamén é interesante falar dos servizos complementarios que se van ofrecer. O Plan de Marketing É unha ferramenta de xestión que ten coma obxectivo desenvolver estratexias para satisfacer as necesidades dos clientes e conseguir os obxectivos da empresa. O documento debe responder ás seguintes preguntas: › Que vende a empresa? › A quen quere vender a empresa? › A que prezo se vai vender? › Como se van captar aos clientes? › Onde se vai vender? MANUEL ALCÁZAR Alcázar Patentes y Marcas “A carteira de produtos que ofrezas debe aportar valor engadido ao consumidor, diferenciarse da competencia e evocar emocións positivas. Ademais é moi importante especializarse e selo mellor en algún aspecto.” Aje imprenta.indd 48 25/10/2010 13:03:47
  • 49. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 49 b) Decisións sobre a distribución É a vía pola que se chega ao cliente. Hai que decidir cómo se quere vender o produto e as canles escollidas para elo. Convén especificar cómo chegar a cada segmento do mercado: elixir axentes, distribuidores, representantes, vendedores, etc., avaliando custos e a efectividade de cada medida. É importante ser creativo e buscar acordos de colaboración con outras empresas neste aspecto. Por exemplo, usando as redes de distribución de outra empresa que ofreza produtos non similares pero si complementarios. “ Para seleccionar as canles de distribución, o primeiro que hai que ter en conta son os medios de compra empregados polos nosos clientes, a ónde queremos chegar.” MARCOS FERNÁNDEZ Gaia Gestión Deportiva Aje imprenta.indd 49 25/10/2010 13:03:47
  • 50. 50 c) Decisións sobre o prezo Antes de iniciar a actividade, débese determinar o prezo que se vai cobrar polos produtos ou servizos que se oferten. Dependendo deste, poderase atraer a determinados grupos de clientes e variará a cantidade de produto vendido e, incluso, pode variar a calidade percibida. Factores a ter en conta: › Custos de produción: tecnoloxía, nóminas, seguridade social, etc. › Prezos da competencia: considerando tamén produtos substitutivos › Sensibilidade ao prezo dos clientes › Estratexia comercial máis conveniente “ Para fixar o prezo convén que ob- serves o prezo da competencia, pero sen esquecer que hai que considerar a calidade dos seus produtos e esta- blecer unha comparativa cos da pro- pia empresa.” ELISARDO DE LA CRUZ Empatía Comunicación Aje imprenta.indd 50 25/10/2010 13:03:47
  • 51. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 51 d) Decisións sobre a comunicación Para que o negocio funcione, non é suficiente con deseñar e ofrecer un bo produto. Especialmente nos comezos deberase realizar un esforzo comercial para conseguir captar clientes e vendas. A comunicación permitirá dar a coñecer o produto nun determinado mercado e transmitir aquilo que interesa recalcar logrando persuadir sobre o seu uso. Hai que saber usar as ferramentas do Mix de Comunicación: › Publicidade: impresión, televisión, radio… › Marketing directo: cartas, telemarketing, mailing... › Promoción de vendas: promocións, descontos… › Relacións públicas: prensa, conferencias, publicacións… › Forza de vendas: presentacións de venda, feiras de mostras… “ É importante coñecer xente, relacionarse, saír á rúa, asociarse, dar conferencias, intervir en actos, interrelacionar empresas, dar exemplo e conectar, empatizar.” MANUEL ALCÁZAR Alcázar Patentes yMarcas Aje imprenta.indd 51 25/10/2010 13:03:47
  • 52. 52 Hoxe en día, o uso de internet faise imprescindible para a comunicación das empresas. Así, cunha páxina web e o posicionamento en buscadores conseguirase dar a coñecer o produto ou servizo en calquera parte do mundo, sendo a única canle de comunicación con algúns clientes. Así mesmo, é importante construír e manter relacións persoais a longo prazo con clientes, provedores, colaboradores, etc. Disto exactamente é do que trata o NETWORKING, concepto que inclúe calquera práctica que pretenda facilitar o establecemento de relacións, contactos e colaboracións entre persoas con diferentes obxectivos. É importante realizar unha adecuada xestión e sistematización, conseguindo ter unha rede de contactos estruturada e útil. EN QUÉ sE BAsEA? QUÉ ImPlICA? Dar para recibir Estar sempre receptivo Ter mentalidade aberta Investir tempo Dedicarlle esforzo Ser constante Manterse activo Traballar a identidade dixital (produto) Aje imprenta.indd 52 25/10/2010 13:03:47
  • 53. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 53 O Networking debe entenderse como unha verdadeira filosofía de vida: “eu con vos acado o que non acado só, o traballo conxunto pode moito máis”. Este novo modelo de relacións estendeuse ao mundo dos blogs representado especialmente polas redes sociais nas que Twitter, YouAre, Facebook, Tuenti, Plaxo, Wasabi, LinkedIn e Xing aparecen como ferramentas de networking por definición. Recursos na Web para facer Networking: › www.xing.com: Rede social para atopar contactos profesionais › www.plaxo.com: Páxina onde pode vincular tódolos lugares nos que crea blog › www.qapacity.com/es: Unha páxina para crear webs e vincular as redes sociais Aje imprenta.indd 53 25/10/2010 13:03:47
  • 54. Rosaura AlastrueyProyectos Tic “O NETWoRKINg é unha ferramenta moi potente que pode contribuír ao éxito dunha empresa. A carreira do emprendedor é dura e non pode levarse a cabo en solitario: a maioría das ofertas, proxectos, intercambios de coñecementos e colaboracións interesantes móvense pola rede de contactos.” Aje imprenta.indd 54 25/10/2010 13:03:48
  • 55. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 55 “Debes traballala túa rede de contactos dende o inicio, incluso antes do plan de empresa, cunha mentalidade moi aberta, e sendo consciente de que os resultados tardarán en chegar varios anos. O tempo estimado para que sexan outros os que se lembren de ti e recorran a túa empresa está estimado nuns 3-5 anos, e este é o obxectivo máximo a conseguir. Para elo, dende Proyectos TIC aconsellamos seguir tres pautas básicas para realizar Networking profesional “ben feito”: 1. Ser xeneroso: o teu traballo de rede vai comezar “dando”. Aportanto, compartindo… e sen esperar nada a cambio. 2. Deseñar unha estratexia personalizada, adaptada ás túas necesidades, posibilidades e recursos, e ter claros os obxectivos de cómo conseguilo 3. Incorporar tecnoloxía pero na súa xusta medida: debes ter claro que o networking virtual é só un reforzo do presencial, nunca un sustituto“. Consello do experto ROSAURA ALASTRUEY PROYECTOS TIC Aje imprenta.indd 55 25/10/2010 13:03:48
  • 56. 56 Cómpreterclaraadiferenzaqueexisteconrespecto a denominación social, que é a concedida polo Rexistro Mercantil e identifica a sociedade coma suxeito de relacións xurídicas. O nome comercial pode coincidir coa denominación social, ou pode ser diferente, incluso unha mesma empresa pode empregar diferentes nomes comerciais, para distintos sectores de actividade. Outro factor a ter en conta en relación á comuni- cación é o rexistro de marcas e nomes comerciais, que no momento de constitución da actividade constitúe unha dúbida moi común entre os em- prendedores. A marca concede á empresa o dereito exclusivo á utilización dun signo para a identificación dun pro- duto ou servizo no mercado. Ademais, unha vez rexistrada a marca pode concederse unha licenza sobre esta a outras empresas, sería unha fonte adi- cional de ingresos. Poden ser marcas as palabras ou combinacións de palabras, imaxes, figuras, sím- bolos, gráficos, letras, cifras, formas tridimensio- nais (envoltorios, envases, formas del produto ou a súa representación)... Con respecto ao nome comercial, é o título que concede a utilización de calquera signo ou a de- nominación como identificador dunha empresa no tráfico mercantil, e serve para identificala, indivi- dualizala e distinguila dos competidores. Son sus- ceptibles de ser nomes comerciais os nomes pa- tronímicos, as razóns sociais e as denominacións de persoas xurídicas, as denominacións de fanta- sía, anagramas, logotipos, imaxes, etc. Aje imprenta.indd 56 25/10/2010 13:03:48
  • 57. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 57 • Canto custa obter unha marca ou nome comercial en España? O custo pola inscrición dunha marca ou nome comercial é de aproximadamente 150 ¤ por clase solicitada. Para manter estes dereitos hai que facer fronte ás renovacións cada dez anos. • Por canto tempo se concede unha marca ou un nome comercial? Aos dez anos dende a data da súa solicitude debe renovarse a marca e/ou o nome comercial. Poden renovarse indefinidamente. › Para calquera dúbida acerca do rexistro de marcas e nomes comerciais pódese visitar a páxina web da Oficina Española de Patentes e Marcas: www.oepm.es • Como se solicita unha marca ou un nome comercial? Preséntase persoalmente ou a través de representante ou axente da Propiedade Industrial unha solicitude ante a Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) ou nos centros rexionais de información de Propiedade Industrial das CCAA, oficinas de correos (en sobre aberto, por correo certificado e con xustificante de recepción), nas delegacións e subdelegacións de Goberno, áreas de Industria e Enerxía ou por vía telemática, mediante unha solicitude electrónica, á que se accede a través da páxina web da OEPM (www.oepm.es). Aje imprenta.indd 57 25/10/2010 13:03:48
  • 58. 58 e) Estimación de vendas É o cálculo do volume de vendas que se acadará o ano próximo, e del derívase o orzamento de ingresos e gastos, e por consecuente, as previsións de fabricación, aprovisionamento, loxística e recursos humanos. É importante recompilar toda a información e buscar métodos para aproximar o número de unidades que se poden chegar a vender. Para facelo, pódese preguntar a outros emprendedores nunha poboación similar, visitar a clientes potenciais para coñecer a aceptación do produto ou servizo e estima-las vendas en períodos de tempo curtos e logo facer o cálculo anual. Neste punto débense detallar tódolos ingresos procedentes de cada unha das áreas de negocio, así como outros ingresos que puideran xurdir á marxe da actividade habitual “ Á hora de elaborar o plan de em- presa, eu recomendo facer as esti- macións dos resultados un 20% por debaixo do desexado, así evitarás sorpresas.” MANUEL GARCÍA Noroeste Forestal Aje imprenta.indd 58 25/10/2010 13:03:48
  • 59. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 59 b) Equipamento e materiais Neste apartado débense recoller as materias primas, a maquinaria, os utensilios, etc. que se van necesitar e as características de cada un. Tamén se debe describir o local que se vai utilizar, as modificacións que se lle van ter que facer de ser preciso, ou as súas características. c) Provedores É preciso especificar cál ou cáles van ser os provedores de cada cousa, citando o nome e a razón pola que foi escollido, pero para iso primeiro hai que contactar con varios, pedir ofertas, negociar e comparar ofertas, e seleccionalos en función das variables que se consideren máis importantes. Débense buscar e contactar con varios, non quedarse co primeiro que se atope. Onde atopar información sobre provedores? En revistas do sector, acudindo a feiras sectoriais, portais especializados en internet. Isto é moi importante facelo se os provedores van supoñer un volume de compra moi importante ou cando son moi específicos. O Plan de Produción É unha ferramenta de xestión que ten coma obxectivo definir e describir o proceso produtivo da empresa, reflectir as necesidades de equipamento e aprovisionamento para producir. a) Proceso produtivo No caso de que a empresa se dedique á produción, deberase describir no plan de empresa: cales son as etapas necesarias para a súa elaboración, que procesos se deben seguir e que características debe ter o produto para a súa adecuada comercialización. Para isto é imprescindible que teñas un amplo coñecemento sobre dito produto e total dominio do proceso de fabricación. Se a empresa estivera especializada na prestación de servizos, deberás contemplar: as fases para a elaboración de cada un deles, os recursos dispoñibles para a realización dos mesmos, o persoal para a súa consecución, a xornada laboral que é preciso empregar, etc. Aje imprenta.indd 59 25/10/2010 13:03:48
  • 60. Pablo LópezProxectos,Consultoría e Formación “Para a busca e selección de provedores non só debes de fixarte no prezo, senón que é conveniente que estudes as condicións de pago, condicións de entrega, etc. Debes pensar en manter unha relación a longo prazo e tratar ao provedor coma un colaborador no teu negocio.” Aje imprenta.indd 60 25/10/2010 13:04:00
  • 61. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 61 O Plan de Recursos Humanos Trátase de analizar e determinar tódolos elementos relacionados coa política de persoal: a definición de capacidades, a organización funcional, a dimensión e estrutura do persoal, a selección, contratación e formación do persoal, e todos aqueles aspectos relacionados coa dimensión humana da empresa, dende a detección de conflitos ata o desenvolvemento de estratexias de solución. a)Estrutura organizativa e definición de tarefas e postos Aínda que no comezo non pareza importante por ser un número reducido de promotores, é conveniente ter claras as dependencias entre os diferentes postos de traballo, e que as tarefas sexan repartidas segundo as habilidades e preferencias de cada un dos promotores. As descricións de postos de traballo son ideais para evitar a superposición de tarefas nunha empresa e que cada un focalice as súas enerxías en determinadas tarefas. Así mesmo, dan unha clara idea aos empregados do seu traballo e do que se espera deles, e define tódalas posicións da Compañía. “ Á hora de contratar a un traballador débese ter moi claro o que esperas da súa persoa e do seu posto para trasladarllo. Se o candidato non sabe o que se espera de el nunca saberá o que ten que facer.” MANUEL GARCÍA Noroeste Forestal Aje imprenta.indd 61 25/10/2010 13:04:00
  • 62. 62 › Bolsas de traballo das Cámaras de Comercio: www.camaracoruna.com › Fundación Universidade da Coruña (FUAC), que pon en marcha programas de prácticas para estudantes e titulados: www.fundacion.udc.es › Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA), que oferta bolsas de formación para realizar prácticas en empresas: www.feuga.es › Empresas especializadas como consultorías de RRHH e empresas de selección de persoal ás que se pode recorrer á hora de recrutar persoal. Algunhas delas son: • Adecco: www.adecco.es • Randstad: www.randstad.es • Flexiplan: www.flexiplan.es • Nortempo:www.gruponortempo.com • Infoempleo: www.infoempleo.com • Infojobs: www.infojobs.com › Anuncios en prensa se son perfís moi específicos b) Selección de persoal e contratación No caso de que o equipo promotor non reúna tódalas aptitudes necesarias para levar a bo porto o proxecto empresarial, procederase á selección de persoal especializado nas que existe a carencia. Para elo analizaranse os perfís profesionais máis adecuados para cada posto, describindo as características, aptitudes e actitudes que deben ter os profesionais que van formar parte da organización. Débese explicar tamén cal vai ser o proceso de selección a seguir e as fontes de obtención de recursos humanos ás que se vai acudir. Algunhas fontes son as seguintes: › Servizo Público de Emprego de Galicia: http://emprego.xunta.es, que oferta o servizo de xestión das ofertas de emprego mediante cruzamentos coas demandas de emprego clasificadas. › Servizo Público de Emprego Estatal: www.redtrabaja.es, punto de encontro en Internet ofertantes e demandantes de postos de traballo en toda España. Aje imprenta.indd 62 25/10/2010 13:04:00
  • 63. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 63 PABLO LÓPEZ Proxectos, Consultoría e Formación “Ten en conta que para emprender debes saber elixir ás persoas máis axeitadas para o teu proxecto. Seleccionar, formar, motivar e despedir aos traballadores forma parte do teu traballo, polo que conseguir un bo equipo é a túa responsabilidade.” Unha vez se teñan os perfís seleccionados, cómpre facer unha entrevista persoal para comprobar se a persoa se adapta ao posto requirido e á empresa. Para que teñas unha orientación, a continuación propóñense unha serie de preguntas tipo de entrevistas de selección de persoal: Aje imprenta.indd 63 25/10/2010 13:04:00
  • 64. 64 3Preguntas persoais � Cal é a súa maior virtude? E o maior defecto? � A que se dedica no seu tempo de lecer? � Adoita poñerse nervioso? � Cústalle rematar o que comeza? 4Carreira profesional � Por que elixiu esta profesión? � Se puidese retroceder na vida profesional ou académica, qué cambiaría? � Cal foi o maior problema que te atopaches no traballo?, como o solucionaches? � Cal foi o maior éxito que conseguiches no traballo? 1Sobre a formación � Que estudos realizou e por que os elixiu? � Repetiría a súa elección de volver a comezar? � Está disposto a completala súa formación no que precise? � Que idiomas coñece e a qué nivel? � Tivo algún posto representativo durante o seu tempo de estudante? 2Sobre o emprego � Que sabe acerca da nosa empresa? � Como coñeceu a existencia deste posto? � Segundo a súa opinión, que relación debe existir entre xefe e subordinados? � Cales son os seus obxectivos nos próximos 5 anos? � Que papel adoita desenvolver cando traballa en grupo? � Que opina de traballar baixo presión? A selección de persoal: a entrevista Aje imprenta.indd 64 25/10/2010 13:04:00
  • 65. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 65 c) Política Salarial Estableceranse os salarios para cada posto e categoría. Para tal fin terase en conta: o mercado de traballo, o grado de cualificación e a experiencia requirida, e os convenios colectivos. Ademais non se debe obviar a estrutura económico-financeira da empresa. De igual forma é conveniente facer unha previsión anual do incremento salarial. d) Xestión de persoal É importante facer referencia á política global da empresa na área de recursos humanos, onde queden establecidos os planes de formación e especialización para todo el persoal, as fórmulas de promoción e, todos aqueles temas sociais que repercutan nos traballadores (incentivos, conciliación, …) “ Para ter un equipo satisfeito tes que tentear que é o que realmente motiva a cada traballador: formación, cartos, tempo libre, valorar o seu traballo, agradecerllo, etc. Cada persoa ten as súas necesidades, motivacións e metas diferentes.” PABLO LÓPEZ Proxectos, Consultoría e Formación Aje imprenta.indd 65 25/10/2010 13:04:00
  • 66. 66 Denomínase Activo non corrente a aqueles elementos patrimoniais que permanecerán na empresa máis dun exercicio económico. Os máis frecuentes son: › Local (se se compra, senón será gasto de aluguer) › Instalacións › Maquinaria › Elementos de transporte EncontraposiciónaoanteriordenomínaseActivocorrente a aqueles elementos que permanecen na empresa por un período inferior a un ano e que permiten levar a cabo a actividade. Os máis frecuentes son: › Materias primas › Existencias › Débedas de clientes › Inversións financeiras a corto prazo › Efectivo en bancos e caixas O Plan Financeiro Trátase de plasmar en unidades monetarias os aspectos tratados nos Plans de Marketing, Produción e Recursos Humanos. Precisaranse os recursos dos que se dispón, os gastos nos que se vai incorrer para a posta en marcha da actividade e as necesidades de financiamento. Á hora de pór en marcha a empresa hai que incorrer en determinados gastos para adquirir Activo polo que se debe establecer o orzamento destinado a estes concep- tos. Deberase especificar cada partida de activo, deta- llando a contía necesaria para cada unha e distinguindo entre activo non corrente e corrente. Aje imprenta.indd 66 25/10/2010 13:04:00
  • 67. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 67 Ademais do activo, á hora de pór en marcha a actividade deberase de incorrer nunha serie de gastos, denominados Gastos de constitución e primeiro establecemento, como son notaría, rexistro, etc. Neste punto deberase elaborar un cadro onde se especifique a contía destinada a cada unha das partidas de inversión. En canto ao Activo non corrente débese ter en conta que son elementos amortizables, isto é, son activos cuxo valor diminúe polo uso. Como consecuencia disto, á hora de elaborar o Plan de Investimentos débese calcular canto tempo van durar estes activos e cómo se distribuirá o seu valor no tempo. Para iso utilízanse as táboas de amortización publicadas polo Ministerio de Economía e Facenda, e que permiten ter unha referencia da depreciación dos activos. ACTIVO IMPORTE ACTIVO NON CORRENTE Inmobilizado intanxible Gastos de i+d Propiedade industrial Aplicacións informáticas Inmobilizado material Maquinaria e utensilios Mobiliario Equipamento informático Inmobilizado financeiro Depósitos e fianzas ACTIVO CORRENTE Circulante Tesourería TOTAL ACTIVO 7.700 2.200 2.800 2.700 8.300 1.500 2.900 3.900 300 300 2.600 2.600 18.900¤ Aje imprenta.indd 67 25/10/2010 13:04:01
  • 68. 68 PASIVO IMPORTE PATRIMONIO NETO Fondos propios Subvenciones PASIVO NON CORRENTE Débedas a longo prazo PASIVO CORRENTE TOTAL PASIVO 13.900 10.900 3.000 5.000 5.000 0 18.900¤ Tamén se debe ter en conta o Patrimonio neto, que é a parte residual dos activos da empresa, unha vez deducidos tódolos seus pasivos. Inclúe as achegas realizadas, xa sexa no momento de constitución ou en outros posteriores, polos socios ou propietarios, que non teñan a consideración de pasivos, así como os resultados acumulados ou outras variacións que lle afecten. Está dividido en: › Fondos propios. › Reservas. › Subvencións, doazóns e legados recibidos. Trátase de especificar cómo se obterán os recursos necesarios para facer fronte ás inversións descritas anteriormente. Este conxunto de fontes de financiamento constitúe o Pasivo da empresa. Denomínase Pasivo non corrente aos préstamos contraídos pola empresa cuxo vencemento é superior ao exercicio económico. Os máis frecuentes son:: › Débedas a longo prazo › Pasivos por impostos diferidos Denomínase Pasivo corrente ás débedas contraídas pola empresa cuxo vencemento é inferior ao ano. As máis frecuentes: › Débedas con provedores e acredores. › Débedas a curto prazo. › Acredores comerciais e outras contas a pagar. Aje imprenta.indd 68 25/10/2010 13:04:01
  • 69. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 69 Previsións de resultados: establecerase unha Conta de perdas e ganancias a partir dunha previsión de vendas e custos. A estimación de ingresos xa se fixo no Plan de Marketing, a partires do estudo da análise de mercado realizado. Para levar a cabo a súa actividade, a empresa necesitará adquirir bens e servizos e incorrer nunha serie de gastos. Os gastos fixos son aqueles que permanecen invariables ante distintos niveles de produción: aluguer, soldos dos traballadores, seguros. Os gastos variables son aqueles que varían co nivel de produción: compra de mercancía, materias primas, etc. O Balance de situación é un documento contable que aporta información económica sobre a empresa, referida a un intre determinado: › Qué posúe › Qué debe › Qué lle deben › Quén financia a empresa › Qué uso se lle da a ese financiamento Constitúe un resumen ou fotografía instantánea da situación financeira da empresa nun intre determinado, e está composto por dúas masas patrimoniais descritas anteriormente: o activo, que representa tódolos bens e dereitos que a empresa ten, e o pasivo, que está constituído polas obrigas da empresa. En definitiva, o balance ofrece unha clasificación das inversións (activo) nas que se materializan os recursos financeiros da empresa (pasivo). No activo, as contas ordénanse de menor a maior liquidez. No pasivo, a orde é de menor a maior grado de esixencia Aje imprenta.indd 69 25/10/2010 13:04:01
  • 70. 70 Realizarase unha previsión mensual da tesourería, calculando a diferenza entre as previsións mensuais de cobros e pagos. Este documento ten unha grande utilidade á hora de analiza-la liquidez da organización e determinar a viabilidade financeira do proxecto. Ademais permite prever saldos negativos, dando unha marxe de actuación para buscar posibles solucións. Plan de tesourería: neste punto do Plan Financeiro indicaranse os cobros e pagos que se prevé que se produzan no exercicio económico, entradas e saídas de diñeiro: • Cobros: son entradas de diñeiro na empresa. Na súa estimación especificarase o crédito que se lle concederá a clientes, momento do cobro de subvencións, etc. • Pagos: son saídas de diñeiro da empresa. Deberase facer unha previsión tendo en conta aspectos como: sistema de pago das compras (ao contado ou a prazo), vencemento de impostos, etc. MAR DELGADO e CRISTINA AYALA Atelier Gráfica Visual “Para evitar tensións de tesourería cómpre asegurarse o cobro do que se vende: é mellor deixar de vender a clientes dubidosos que cargar con impagos”. Aje imprenta.indd 70 25/10/2010 13:04:08
  • 71. Mar Cristina Delgado Ayala Atelier Gráfica Visual Aje imprenta.indd 71 25/10/2010 13:04:20
  • 72. 72 Conclusións Sintetizan o Plan, establecendo unha valoración global da empresa: cáles son os elementos máis atractivos, cáles son os riscos existentes, qué ameazas e oportunidades hai, etc. A partir destas valoracións analízanse as claves do éxito e do fracaso da empresa, e se estima a viabilidade legal, técnica, comercial, económica e financeira do proxecto. Anexos Neste punto inclúese toda a documentación que sexa de interese para apoiar o proxecto, coma por exemplo: › Identificación dos promotores (Currículos, datos persoais, etc.) › Estatísticas e censos empregados na análise de mercado › Orzamentos do investimento a realizar › Etc. Limiar de rendibilidade da empresa: denomínase así ao volume de vendas no que a empresa non obtén beneficios nin perdas. No inicio da actividade é moi importante para fixa-lo prezo, porque representa o número mínimo de unidades que hai que vender para que, cos ingresos totais obtidos, se poidan cubri-los gastos efectuados. Esa cantidade calcúlase dividindo os Custos Fixos entre o Prezo menos o Custo Variable Unitario: Q=CF/(P-CVU) Aje imprenta.indd 72 25/10/2010 13:04:20
  • 73. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 73 “A xestión da tesourería xoga un papel moi importante no funcio- namento da empresa, xa que é preciso garantir a liquidez suficiente para poder operar no mercado e non caer en insolvencia”. aviso AJE Aje imprenta.indd 73 25/10/2010 13:04:20
  • 74. 74 “Pode pasar que, no momento de analiza-los segmentos de clientes potenciais, o emprendedor se dea conta de que o mercado exterior constitúe unha oportunidade de negocio. Se isto ocorre, cómpre analizar con calma certos aspectos relacionados coa exportación: qué vantaxes pode reportar, se se ten a capacidade para facelo e qué organismos de apoio existen”. Emprender exportando Aje imprenta.indd 74 25/10/2010 13:04:20
  • 75. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 75 6.1 Vantaxes de exportar Existen diversos factores beneficiosos que un emprendedor debe valorar do mercado exterior: • Dar saída a produtos con ciclos de vida curtos. Hai produtos de temporada ou con alto grado de innovación,paraosquedispormercadosexteriores pode ofrecer á empresa grandes posibilidades para rendibilizar a inversión realizada no deseño de produtos ou dar saída a aquelas unidades producidas que non foron colocadas no mercado doméstico. • A exportación permite ás empresas acceder a un mercado máis amplo, e con frecuencia, aumentar o volume de fabricación o que supón un descenso do custe unitario dos produtos fabricados • A exportación pode favorecer a estabilidade das vendas e compensación de resultados, fundamentalmente en aqueles sectores nos que existe unha forte volatilidade dos mercados. • Permite diversificar riscos: a presenza en diversos mercados, a maiores do doméstico, supón unha redución do risco global para a empresa. • Posibilita utilizar toda a capacidade produtiva instalada cando o mercado interior atra- vesa unha fase recesiva. Aje imprenta.indd 75 25/10/2010 13:04:20
  • 76. 76 6.2 Tes potencial exportador? A continuación proponse un test que fai referencia a distintos ámbitos da empresa como son: a dirección, o produto ou servizo comercializado, as finanzas e a administración, os recursos humanos, o marketing, a localización e o entorno, que che permitirá saber se a túa empresa ten potencial exportador. 1DIRECCIÓN › Interese da Dirección na exportación � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Experiencia internacional da Dirección � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Definición da Estratexia de Expansión � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 Test do potencial exportador Valora de 1 a 5 as seguintes afirmacións, sendo 1: “Moi feble”, 2: “Feble”, 3: “Normal” , 4: “Forte” 5: “Moi Forte” Aje imprenta.indd 76 25/10/2010 13:04:20
  • 77. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 77 2PRODUTO › Posición do Produto no Mercado Interno � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Adaptación do Produto ao Mercado Obxectivo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Implantación das Normas ISO � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Capacidade de produción non saturada ou posibilidade de subcontratación � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 3FINANZAS/ADMINISTRACIÓN › Capacidade de reacción ante imprevistos � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Sistema de Xestión adaptado ás esixencias � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Dispoñibilidade de Recursos Financeiros para o inicio da exportación � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 4RECURSOS HUMANOS › Experiencia internacional do persoal � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Dominio de linguas do mercado obxectivo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 Aje imprenta.indd 77 25/10/2010 13:04:20
  • 78. 78 5MARKETING › Plan de Marketing con enfoque internacional � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Capacidade para acceder a canles de distribución do produto � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Imaxe internacional � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Dispoñibilidade dun Servizo de Información ao cliente internacional � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Posibilidade de creación do Servizo técnico internacional � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Adaptación da nosa política de prezos ao poder adquisitivo do noso mercado obxectivo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Coñecemento da competencia no país de destino � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Coñecemento da competencia de outras empresas exportadoras españolas � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 Aje imprenta.indd 78 25/10/2010 13:04:20
  • 79. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 79 6UBICACIÓN XEOGRÁFICA › Posibilidade de contratación do transporte axeitado � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 7ENTORNO › Coñecemento da lexislación e normas do mercado obxectivo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Risco Político dos países obxectivo � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 › Nivel de coñecemento e adaptación á cultura dos países � 1 � 2 � 3 � 4 � 5 Este test axudarache a analiza-la capacidade exporta- dora da túa empresa considerando un DAFO no cal: Terá a consideración de Debilidade aquel atributo in- terno valorado como “feble” ou “moi feble”. Terá a consideración de Fortaleza aquel atributo inter- no valorado como “forte” ou “moi forte”. Terá a consideración de Ameaza aquel atributo externo valorado como “feble” ou “moi feble”. Terá a consideración de Oportunidade aquel atributo externo valorado como “forte” ou “moi forte”. Resultado do Test Aje imprenta.indd 79 25/10/2010 13:04:20
  • 80. 80 6.3 Entidades de apoio á internacionalización Unha vez se teñan valorados os beneficios que reportaría a actividade no exterior e tendo en conta as capacidades que se ten para facelo, é recomendable buscar axuda e asesoramento especializado. Existen varios organismos de apoio á actividade de exportación: › O ICEX é un organismo público, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, que presta servizos ás empresas españolas coa finalidade de fomentar as súas exportacións e aumentar a súa presenza en mercados exteriores. Os seus obxectivos son: a información sobre comercio exterior, a promoción no exterior da oferta de bens e servizos españois e o apoio ás empresas que queren establecerse en mercados exteriores. Web: www.icex.es › As Cámaras de Comercio dedícanse a desenrolar actividades de apoio e estímulo ao comercio exterior, en especial á exportación, e auxiliar e fomentar la presenza dos produtos e servizos españois no exterior, mediante a elaboración e execución do Plan Cameral de Promoción das Exportacións. Web: www.camaras.org Aje imprenta.indd 80 25/10/2010 13:04:21
  • 81. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 81 › O IGAPE, Instituto Galego de Promoción Económica, ten entre os seus principais obxectivos: fomentar a creación de novas empresas, promover a mellora da produtividade e competitividade das sociedades xa asentadas na Comunidade Autónoma, atraer investimentos foráneos e facilitar a internacionalización do tecido produtivo. Web: www.igape.es › FOEXGA, Plan de Fomento das Exportacións Galegas,éuninstrumentopromovidocolaboración entre a Consellería Economía e Industria e tódalas Cámaras de Comercio Galegas que contribúe a impulsar a internacionalización da economía e as exportacións de Galicia. Web: www.foexga.org “Ainternacionalizaciónéunhaopción interesante pero hai que pensar moi ben como se vai facer e planificar a saída ao exterior. Convén estudar a qué país exportar, qué produto exportar e cómo está o sector no punto de destino (competencia, prezos…), así coma anticiparse aos cambios sociais e económicos que alí se puideran producir. Non estaría de máis asesorarse cun experto na materia”. PABLO LÓPEZ Proxectos, Consultoría e Formación Aje imprenta.indd 81 25/10/2010 13:04:21
  • 82. 82 “Á hora de emprender un negocio non se deben ignorar as normativas que afectanáactividade.Ademais,aleiestablece para todo tipo de empresa, unha serie de condicións de obrigado cumprimento en relación á protección de datos e a prevención de riscos laborais.” Consideracións legais Aje imprenta.indd 82 25/10/2010 13:04:21
  • 83. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 83 7.1 A protección de datos na empresa No proceso de creación dunha empresa é necesaria a implantación das medidas necesarias para cumprir coas esixencias legais establecidas na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) en consonancia co Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Esta normativa será de aplicación a tódolos ficheiros que conteñan datos de carácter persoal sempre que a información almacenada se organice seguindo algún criterio relativo ás persoas, de forma que permita acceder os datos dunha persoa en concreto Na práctica absolutamente tódalas empresas, sexan cales sexan as súas formas societarias, tamaños, sectores de actividade ou estruturas organizativas están obrigadas a implantar unha serie de medidas que son diferentes en función do nivel de sensibilidade da información que posúan. É importante erradicar a crenza de que determinadas empresas non lles afecta esta lexislación, pois é suficiente con ter un empregado para ter que realizar o tratamento dos seus datos. Aínda que a nómina a xestione unha asesoría externa, a responsabilidade ante a lei recae sobre a empresa que o contratou. Aje imprenta.indd 83 25/10/2010 13:04:21
  • 84. 84 No ámbito da LOPD, o ficheiro pode chegar a ser moi amplo, contendo entre outros os seguintes datos: Nome, NIF, enderezo, telefono, e-mail, data e lugar de nacemento, sexo, categoría, posto de traballo, Número da SS.SS, datos familiares (nome de fillos/as, conxugue, etc.) datos da conta bancaria, estudos, titulación, afiliación sindical, en definitiva, datos que normalmente residen sobre un sistema de xestión corporativo (RRHH, nóminas, etc.). É habitual que a localización principal deste ficheiro estea externalizada nunha xestoría ou asesoría que se encargue da xestión de nóminas e seguros sociais, no entanto como xa se puxo de manifesto, o titular e por tanto o responsable da inscrición, é a empresa. Nestes supostos, o tratamento por conta de terceiros, ademais de poñelo de manifesto na inscrición do ficheiro, debe estar regulado nun contrato privado, tal e como se establece na LOPD. É por iso, que antes de inicia-la actividade empresarial, o empresario debe notificar a creación do ficheiro no que se van almacenar os datos de carácter persoal á Axencia Española de Protección de Datos, para a súa inscrición. A primeira tarefa a realizar para a declaración dos ficheiros que conteñan datos de carácter persoal é a identificación, descubrir qué tratamentos de datos se van a realizar e en qué ficheiros informatizados, mixtos ou manuais se almacenará a información. Un exemplo de ficheiro típico dentro dunha empresa é o ficheiro de “Persoal”. DAVID RODRÍGUEZ Hernáez y Salvado Abogados “Recorda que a Lei afecta a todo tipo de datos persoais que manexan as empresas: datos de traballadores, colaboradores, clientes, provedores, etc.”. Aje imprenta.indd 84 25/10/2010 13:04:22
  • 85. David Rodríguez Hernáez y Salvado Abogados Aje imprenta.indd 85 25/10/2010 13:04:23
  • 86. 86 “Non se debe esquecer que a non adaptación ou a mala adaptación de unha entidade á Lei conleva cuantiosas infraccións que se clasifican en leves, graves e moi graves, establecendo unha gama de sancións que van dende os 600 euros aos 600.000 euros”. Consello do experto DAVID RODRÍGUEZ Hernáez y Salvado Abogados Aje imprenta.indd 86 25/10/2010 13:04:23
  • 87. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 87 Dentro da protección de datos de carácter persoal, establécese a obriga de adoptar unha serie de Medidas de Seguridade previstas na normativa vixente, e imponse a implantación de maiores niveis de seguridade en atención aos datos que son obxecto de tratamento. No que se refire ao Nivel de seguridade dun ficheiro de persoal, é frecuente considerar este tipo de ficheiros de Nivel alto, porque poden chegar a conter información sobreasaúdedostraballadoresdaempresa:porexemplo, grado de discapacidade para aplicar as deducións na retención do IRPF, ou datos sobre afiliación sindical a petición do traballador para deducir as cotas sindicais da súa nómina. Inventariado o ficheiro que debe ser declarado, o seguinte paso será cubrir os impresos e a documentación para a notificación a Axencia Española de Protección de datos da inscrición do mesmo no “Rexistro de Ficheiros de Titularidade Privada da AEPD”. A solicitude de inscrición pode presentarse mediante procedemento telemático con ou sen certificado de firma electrónica, a través do formulario NOTA, que se pode obter na propia páxina web da Axencia. Esta tarefa correspóndelle ao responsable legal da entidade, quen deberá autorizar e asinar a folla de solicitude, se ben é certo que o responsable e titular do ficheiro ante a AEPD, como persoa xurídica que decide sobre a finalidade, contido e uso do tratamento do ficheiro, sempre será a empresa. Por último, unha vez cumprimentado o formulario de notificación, no suposto de que se optase polo procedemento de inscrición sen certificado de firma electrónica, é preciso cubrir a “Folla de solicitude”, e remitila vía Fax á propia Axencia para completar así o procedemento. Finalizado dito procedemento, a AEPD notificará por escrito dita inscrición á Empresa, comunicándolle o número de rexistro asignado ao ficheiro - tratamento. Cabe reseñar que unha vez rematado o proceso de inscrición elaborarase o Documento de Seguridade no que se recollerá todo o referente ao ficheiro dende a perspectiva da protección de datos e sobre a implantación das Medidas de Seguridade na empresa. Este debe manterse actualizado permanentemente e revisarase cada vez que se produzan cambios relevantes relacionados co tratamento. O documento de Seguridade será de cumprimento obrigatorio para todo o persoal que teña acceso aos datos persoais. Aje imprenta.indd 87 25/10/2010 13:04:23
  • 88. 88 7.2 A prevención de riscos laborais Segundo o Artigo 4.1 da lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, defínese esta como o conxunto de actividades ou medidas adoptadas ou previstas en tódalas fases de actividade da empresa, a fin de evitar ou diminuír os riscos derivados do traballo. En caso de ser empresario, existen uns deberes, que son relativos a: Deber de seguridade: En canto ás condicións materiais da empresa, como por exemplo utilizar os equipos de traballo cos preceptivos sistemas de protección colectiva ou non empregar instrumentos que supoñan graves riscos con probabilidade de resultados lesivos para os traballadores. Instalar as máquinas e ferramentas de tal forma que se eliminen os riscos derivados do seu uso ou instalar os dispositivos de salvamento e socorro, así como proporcionar aos traballadores os medios de protección persoal adecuados, tamén se engloban neste punto. En relación ás persoas que van intervir na actividadelaboral,débeseconsiderara prohibición de empregar a menores en traballos inhabilitados para eles, seleccionar ás persoas encargadas da dirección de traballo conforme a criterios de competencia profesional e responsabilidade, Aje imprenta.indd 88 25/10/2010 13:04:23
  • 89. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 89 seleccionar aos traballadores conforme a súa adecuación ao posto de traballo e instruír ao persoal, antes de comezar a desempeñar calquera traballo, acerca dos riscos e perigos que se poden atopar e como evitalos. No tocante ao exercicio do poder de dirección no curso da actividade laboral, débense vixiar os niveis de seguridade no traballo, facer cumprir as normas de seguridade, adoptar as medidas necesarias para neutralizar os riscos e prohibir ou suspender o traballo en todos aqueles casos nos que exista perigo de accidente ou enfermidade Deber de elaborar un Plan de Prevención e Avaliación dos Riscos: Debe integrarse un plan de prevención de riscos laborais dentro do sistema xeral de xestión da empresa, que incluirá a estrutura organizativa da empresa, as responsabilidades, as funcións, os procedementos e os recursos necesarios para realizar a acción de prevención de riscos. En caso de que se produza un dano ou apareza un indicio de que as medidas son insuficientes, deberá levarse a cabo unha investigación para detecta-las razóns. Aje imprenta.indd 89 25/10/2010 13:04:23
  • 90. 90 Deber de formación, información e vixilancia da saúde Formación dos traballadores: haberá que garantir que cada traballador reciba unha formación teórica e práctica suficiente e adecuada en materia preventiva. A formación deberá ser específica para cada posto de traballo e deberá impartirse dentro da xornada laboral (na medida do posible) ou descontando da xornada de traballo as horas investidas e o custo non pode recaer sobre os traballadores. Información: tomar medidas para que os traballadores reciban todas as informacións necesarias acerca dos riscos que afecten á empresa, as medidas de protección e prevención aplicables aos riscos sinalados. Vixilancia da saúde: hai que garantir a vixilancia periódica do estado de saúde dos traballadores, garantindo a intimidade destes e a confidencialidade da información. Os resultados terán que comunicarse aos traballadores afectados e nunca poderán usarse estes datos con fins discriminatorios. En caso de que os riscos o fixeran necesario, a vixilancia do seu estado prolongarase máis alá da finalización da relación laboral. O control de saúde deberá realizalo persoal sanitario. Aje imprenta.indd 90 25/10/2010 13:04:23
  • 91. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 91 Deber de actuar de xeito adecua- do en caso de risco grave e inmi- nente e medidas de urxencia Medidas de urxencia: débense analizar posibles situacións de urxencia e adoptar as medidas necesarias en canto a primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación de traballadores. Risco grave e inminente: cando os traballadores estean expostos a tal risco, o empresario deberá informar aos traballadores acerca do risco e das medidasqueseadoptaronousevanadoptar;seguir esas medidas e dar instrucións para que en caso de perigo grave os traballadores poidan interromper a súa actividade e mesmo abandonar o seu lugar de traballo; dispoñer de todo o necesario para que o traballador que non poida poñerse en contacto co seu superior xerárquico estea en todo momento en condicións de adoptar medidas necesarias para evitar as consecuencias de dito perigo. Alternativas dos empresarios á hora de cumprir coa normativa en materia de Prevención de Riscos Laborais A Prevención de Riscos Laborais é algo obrigatorio para calquera empresario e para cumprir con iso conta con diversas opcións: O empresario/a pode asumir el mesmo a prevención, tan só en empresas con menos de seis traballadores, e se a actividade que se realiza non é perigosa. Agora ben, o empresario/a debe reunir os seguintes requisitos: › Ter feito un curso de prevención que o capacite. › Encontrarse habitualmente no lugar de traballo, é dicir, que non estea viaxando ou saíndo continuamente. Aje imprenta.indd 91 25/10/2010 13:04:23
  • 92. 92 En tódolos demais casos, a empresa debe optar por: › Designar un ou varios traballadores para ocuparse da prevención de riscos laborais (tamén neste caso, deben ter cursos que os capaciten e estar habitualmente no centro de traballo). › Ter un servizo de prevención na propia empresa. › Contratar este servizo cunha entidade especializada. Sancións previstas Segundo o artigo 47 da Lei de Prevención: “Son infraccións graves: non levar a cabo as avaliacións de riscos e, no seu caso, os controis periódicos das condicións de traballo...” O artigo 49.4 establece as sancións ás infraccións graves: › Grao mínimo: de 1.502.53 a 6.000 ¤. › Grao medio: de 6.000 a 15.025 ¤. › Grao máximo: de 15.025 a 30.050 ¤. Ademais, dende o punto de vista dos autónomos coma traballadores por conta propia existen unha serie de dereitos en relación á Prevención de Riscos Laborais. Aje imprenta.indd 92 25/10/2010 13:04:23
  • 93. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 93 O Estatuto dos Traballadores Autónomos establece no seu Artigo 8 unha serie de disposicións de aplicación para este colectivo. Iso si, aclarando que se fai sen prexuízo das obrigas legais impostas para os autónomos con asalariados ao seu cargo na súa condición de empresarios: › As administracións públicas deberán xogar un papel activo na promoción da prevención, da vixilancia e do control do cumprimento da norma de PRL. › Tamén as administracións públicas se encargarán de promover formación específica para os autónomos nesta materia. › Establécense as condicións de utilización de máquinas e demais equipos de traballo. › Recoñécese o dereito dos autónomos a interromper a súa actividade e abandonar o lugar de traballo cando consideren que a actividade supón un grave e inminente risco para a súa saúde. › Garántese tamén unha cobertura para continxencias profesionais, así como unha de incapacidade temporal. Aje imprenta.indd 93 25/10/2010 13:04:23
  • 94. 94 “Ten en conta que toda empresa, inescusablemente, debe implantar a prevención de riscos laborais en todos e cada un dos seus procesos produtivos e organizativos, calquera que sexa su actividade. A empresa deberá definir unha Política que integre a Prevención de Riscos Laborais no sistema xeral de xestión, comprendendo tanto ao conxunto de actividades como a tódolos niveis xerárquicos; quedando todo elo reflectido documentalmente nun Plan de Prevención de Riscos Laborais”. Consello do experto LUIS LOURO H&S Consult Aje imprenta.indd 94 25/10/2010 13:04:27
  • 95. Luis LouroH&S Consult “Nunca esquezas que o empresario é o único responsable da Prevención de Riscos Laborais na súa empresa; el é quen ten a potestade de contratar, designar, formar, elixir,… independentemente da modalidade que haxa adoptado (aínda contratándoa externamente), e que os incumprimentos en esta materia poden dar lugar a responsabilidades administrativas, civís e penais”. Aje imprenta.indd 95 25/10/2010 13:04:36
  • 96. 96 “Para garantir unha correcta elección da forma xurídica, ao longo deste epígrafe abordaranse diferentes criterios para valorar a súa elección, así como as vantaxes e desvantaxes inherentes a cada unha de elas”. Consideracións legais Aje imprenta.indd 96 25/10/2010 13:04:36
  • 97. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 97 8.1 Decisión da forma xurídica Cando se decide dar o salto ao mundo empresarial, anteriormente tense que adoptar, obrigatoriamente, unha das formas previstas legalmente. Como se comentou, nesta elección subxacen importantes consecuencias, xa que cada forma xurídica posúe unha serie de vantaxes e limitacións que se encadrarán, mellor ou peor, cun determinado proxecto. Por todo isto, ao iniciar unha actividade empresarial, convén dedicar tempo ao estudo da forma xurídica que mellor se adecúe a ela. Unha vez se decide emprender unha actividade empresarial, un dos pasos máis importantes é a elección da forma xurídica. Desta decisión, que en principio parece sinxela, poden derivarse importantes consecuencias, que van dende vantaxes en materia fiscal ate á protección do patrimonio persoal ante os acredores. Aje imprenta.indd 97 25/10/2010 13:04:36
  • 98. 98 A responsabilidade que van a soportar os promotores Este é un aspecto fundamental. Á hora de escoller a forma que permita operar á empresa, presentase a dicotomía de se limitar, ou non, a responsabilidade fronte ás débedas. Neste sentido, é de capital importancia saber que de non limitar esa responsabilidade responderase, fronte aos acredores, co patrimonio persoal2 . A continuación ofrécense uns factores que deben ser valorados para unha elección óptima da forma xurídica: Tipo de actividade que se vai a desenvolver Certas actividades só se poden desenvolver baixo unha forma xurídica determinada polo que, nestes casos, non existe liberdade de elección. A estes efectos, débese revisar o marco xurídico da nosa actividade para ver se existe algunha forma xurídica excluída. 2 Di o artigo 1911 do Código Civil que “do cumprimento das obrigas responde o debedor con todos os seus bens presentes e futuros. Aje imprenta.indd 98 25/10/2010 13:04:36
  • 99. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 99 Número de promotores O número de promotores pode ser un factor de decisión importante. É especialmente conveniente, dendeopuntodevistalegaleeconómico,constituír unha sociedade cando existan varios promotores. En relación con isto, hai que mencionar que diversos tipos de sociedades precisan dun número mínimo de socios para poder constituírse. Este é o caso das Sociedades Cooperativas e Sociedades Laborais que precisan tres socios como mínimo. Non obstante, debe lembrarse que unha soa persoa pode constituír unha Sociedade Limitada, Limitada Nova Empresa ou Anónima. Necesidades económicas do proxecto Cando os niveis de inversión son elevados, pode ser aconsellable a limitación da responsabilidade para protexer o patrimonio persoal. Neste caso, as fórmulas con responsabilidade limitada (S.A, S.L…), aínda que esixen un desembolso inicial superior, son mellor opción que as sociedades civís, máis baratas na súa constitución pero que non limitan a responsabilidade. Aje imprenta.indd 99 25/10/2010 13:04:36
  • 100. 100 Aspectos fiscais Cada forma xurídica leva aparellada un modelo de tributación distinto. Así, as sociedades mercantís están sometidas ao Imposto sobre Sociedades (IS) e as non mercantís ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). A escolla deberá facerse en función dos resultados económicos reais ou esperados. A facilidade de constitución. Aínda que este nunca debe ser o primeiro criterio a seguir, pode ser que as circunstancias nos aboquen a el. Neste caso, ante a necesidade dunha tramitación áxil, os requirimentos burocráticos redúcense nas fórmulas sen personalidade xurídica (empresario individual, sociedade civil…) e tamén, aínda que esta redución é menor, na Sociedade Limitada Nova Empresa. A imaxe que se transmite aos clientes Á hora de escoller traballar cunha determinada empresa, soe producirse una asociación entre a capacidade para realizar o traballo e a forma xurídica da empresa. Liberdade de acción. No caso do empresario individual e as sociedades unipersoais esta liberdade sería total. A partir de aí, a medida que se incrementen os socios, esta liberdade de acción irá diminuíndo. Aje imprenta.indd 100 25/10/2010 13:04:36
  • 101. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 101 PERsoAs físICAs Empresario individual Comunidade de bens soC. mERCANTís (PERSOAS XURÍDICAS) Sociedade de responsabilidade limitada Sociedade limitada nova empresa Sociedade anónima soC. EsPECIAIs (PERSOAS XURÍDICAS) Sociedade cooperativa Sociedade laboral TÁBOA FÓRMULAS XURÍDICAS MÁIS EMPREGADAS 8.2 Principais formas xurídicas Existe unha grande variedade de formas xurídicas que se poden empregar para o desenvolvemento dunha actividade empresarial. A continuación, definiremos as máis empregadas no ámbito empresarial e que se resumen no seguinte cadro: Aje imprenta.indd 101 25/10/2010 13:04:36
  • 102. 102 Empresario individual Por empresario individual coñecemos á persoa física que realiza de xeito persoal e directo, fóra do ámbito de dirección doutra persoa, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo, teña ou non traballadores ao seu cargo. Tipos de formas xurídicas # Desvantaxes › Responsabilidade ilimitada fronte aos acredores. › Os beneficios están sometidos a un tipo impositivo progresivo. › É o titular da empresa o que fará fronte, en solitario, a tódolos gastos da actividade. # Vantaxes › Ideal para empresas de tamaño moi reducido. › Reducidos trámites para a súa constitución. › Liberdade de actuación para o empresario. › Poucos gastos para a súa constitución Aje imprenta.indd 102 25/10/2010 13:04:36
  • 103. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 103 principais características › A personalidade xurídica da empresa é a do seu promotor, que será quen responda persoalmente polas débedas. › Non existe distinción entre o capital empresarial e o do empresario. › Permite un total control da empresa por parte do propietario. › A achega de capital é a que o empresario desexe facer Como esta figura non limita a responsabilidade, hai que ter en conta que se o empresario individual está casado e en réxime de gananciais, os bens pertencentes a ambos poderían verse afectados. Atendendo ao código de comercio, podemos facer a seguinte distinción: › Bens privativos do empresario e bens gananciais derivados da actividade empresarial. Estes bens responden en todo caso das débedas da empresa. › Bens gananciais non vinculados á actividade. Responderán ás débedas da empresa, salvo que o cónxuxe se opoña expresamente a elo, facendo constar a súa oposición no Rexistro Mercantil. › Bens privativos do cónxuxe. Non responderán das débedas do empresario salvo que exista un consentimento expreso a tal efecto. Aje imprenta.indd 103 25/10/2010 13:04:37
  • 104. 104 Comunidade de bens Podemos entender a comunidade de bens como un grupo de socios para administrar un ben, dereito ou patrimonio existente. Esta forma xurídica consiste nun contrato polo cal unha determinada cousa pertence pro indiviso a varias persoas (comuneiros). Este contrato permite á comunidade actuar como un ente propio: contratar provedores, emitir facturas..etc. Tipos de formas xurídicas # Desvantaxes › Responsabilidade ilimitada dos comuneiros fronte aos acredores. › Os beneficios tributan por IRPF polo que estarán sometidos a un tipo progresivo. # Vantaxes › Facilidade de constitución.. › Compártese a responsabilidade fronte as débedas. › As achegas dos empresarios non teñen por que ser equivalentes. Aje imprenta.indd 104 25/10/2010 13:04:37
  • 105. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 105 principais características › Ao igual que o empresario individual non posúe personalidade xurídica propia. A personalidade será a dos comuneiros que a conformen. › Non se esixe unha achega mínima. › Como mínimo ten que estar conformada por dous socios. Para a súa constitución necesítase un contrato privado (deberá ser público se se aportan bens inmobles) no que se detallen as achegas de cada socio á comunidade e a súa participación nos beneficios e perdas ca comunidade, xa que cada socio tributará polos beneficios que lle correspondan na declaración da renda. Aje imprenta.indd 105 25/10/2010 13:04:37
  • 106. 106 Soc. de Responsabilidade Limitada Esta é unha das fórmulas xurídicas máis empregadas no tecido empresarial, nela o capital estará integrado por participacións iguais, indivisibles e acumulables que po- suirán os socios en función das súas achegas. Tipos de formas xurídicas # Desvantaxes › Tanto o número de trámites como a súa complexidade increméntase fronte ás sociedades non capitalistas. › Limítase o xeito de transmisión das participacións. › Obriga de depositar as contas anuais no Rexistro Mercantil.. # Vantaxes › Limita a responsabilidade dos socios fronte ás débedas. › Pode constituíla un só socio. › Non se necesita un capital moi amplo para constituíla. › Non ten límite de socios. › Tributan a un tipo fixo no imposto de sociedades. › Permite un control do círculo de socios. Aje imprenta.indd 106 25/10/2010 13:04:37
  • 107. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 107 principais características › Pode estar constituída por un só socio (Sociedade responsabilidade limitada unipersoal) e necesita dun capital mínimo de 3.005,06 ¤ para poder constituírse. › Tan só se poderá aportar ao capital social bens susceptibles de valoración económica, en ningún caso traballo nin servizos. › Na denominación social figurará a indicación “Sociedade de Responsabilidade Limitada”, “Sociedade Limitada” ou as súas abreviaturas (S.L ou SLR). › Limita a responsabilidade dos socios fronte aos acredores. Aje imprenta.indd 107 25/10/2010 13:04:37
  • 108. 108 Sociedade Limitada Nova Empresa Esta fórmula é unha variante da Sociedade de Respon- sabilidade Limitada e creouse coa finalidade de acurtar o prazo de creación dunha sociedade. Non obstante, aínda que se acurten os prazos o número de trámites non varía. Tipos de formas xurídicas # Desvantaxes › Limítase o xeito de transmisión das participacións. › Obriga de depositar as contas anuais no rexistro mercantil. # Vantaxes › Limita a responsabilidade dos socios fronte ás débedas. › Pode constituíla un só socio. › Non se necesita un capital moi amplo para constituíla. › Podeconstituírsedunxeitorápido,xaquepermite a realización dos trámites de xeito telemático. › Non é obrigatorio levar o libro de rexistro de socios Aje imprenta.indd 108 25/10/2010 13:04:37
  • 109. AJE EMPRENDE. Guiándote na creación da túa empresa 109 principais características › O seu capital está dividido en participacións e a responsabilidade fronte a terceiros está limitada ao capital aportado. › Pode constituírse cun só socio como mínimo e cun máximo de 5. Tódolos socios teñen que ser persoas físicas. › Para a súa constitución necesita dun capital mínimo de 3.005,06 ¤ e máximo de 120.202¤. › Realización telemática dos trámites de constitución que pode rebaixar o tempo de constitución a 48 horas. Esta é a forma de constitución máis rápida dunha sociedade con limitación de responsabilidade fronte a terceiros. Aje imprenta.indd 109 25/10/2010 13:04:37
  • 110. 110 Sociedade Anónima Nunha sociedade anónima o capital estará dividido en accións, que estarán integradas polas achegas dos so- cios. Ao igual que o resto de sociedades capitalistas esta forma limita a responsabilidade dos socios fronte a terceiros, polo que tan só deberán responder co capital aportado. Tipos de formas xurídicas # Desvantaxes › Obriga de depositar as contas anuais no Rexistro Mercantil. › Precísase un desembolso considerable para poder constituíla # Vantaxes › Limita a responsabilidade dos socios fronte ás débedas. › Pode constituíla un só socio. › Boa imaxe fronte a terceiros › Transmisión libre das participación Aje imprenta.indd 110 25/10/2010 13:04:37