SlideShare a Scribd company logo
1 of 52
Unidade didáctica
de alimentación
INDICE



1. INTRODUCCIÓN

2. CICLO AO QUE VAI DIRIXIDO

3. COMPETENCIAS

4. ACTIVIDADES

5. EXPLICACIÓN PARA O PROFESOR

6. BIBLIOGRAFÍA

7. ANEXOS
1. INTRODUCIÓN

O tema da alimentación ofrécenos moitas posibilidades a nivel
educativo tanto pola súa proximidade ás necesidades e intereses dos
nenos e nenas     como pola necesidade de ensinar aos nenos e as
familias a importancia que ten unha boa alimentación para conseguir
unha boa saúde e uns bos hábitos. Ademais a sociedade esíxenos a
“educar para a alimentación” xa que cada día aumentan os trastornos
alimenticios como a obesidade, a anorexia e a bulimia.

Unha alimentación inadecuada é unha realidade que está presente na
actualidade debido ós malos hábitos alimenticios da sociedade. Con
isto temos como obxectivo principal, inculcar e poñer en práctica
unha alimentación saudable e variada.



   2. CICLO Ó QUE VAI DIRIXIDO

Con esta Unidade Didáctica, dirixida á etapa de educación infantil, en
concreto ó terceiro ciclo.



   3. COMPETENCIAS
   1. Competencia na comunicación lingüística.
   2. Competencia matemática.
   3. Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico.
   4. Tratamento da información e competencia dixital.
   5. Competencia social e cidadá.
   6. Competencia cultural e artística.
   7. Competencia para aprender a aprender.
   8. Autonomía e iniciativa persoal.
4. ACTIVIDADES:



                          “Asamblea”

Para introducirnos no tema primeiramente mostraremos láminas de
alimentos que coñecemos e consumimos a diario. Logo, explicaremos
a importancia dos alimentos, así como unha boa alimentación diaria.
E debateremos sobre o tema.
“Pirámide dos alimentos”
PIRÁMIDE NUTRICIONAL. Pintaremos os debuxos dos alimentos,
recortarémolos e pegarémolos nas cartolinas. Logo teremos que
colocalos na pirámide no sitio que corresponda.
“Recoñecer os hábitos de alimentación saudable”
  Repartiremos   varias   fichas   como   as   que   se   presentan   a
continuación e os nenos terán que pintar o semáforo de cor vermella,
laranxa ou verde segundo o saudable que sexa o alimento
“Roda dos alimentos”



RODA ALIMENTICIA: Faremos unha roda de alimentos, facendo
cada todos eles con plastilina, despois colocaranse no seu lugar
correspondente.
“Números e hortalizas”



FICHA DE NÚMEROS: na seguinte ficha atoparemos un número e ao
lado varias froitas ou verduras e teremos que colorear o número e
tantas froitas ou verduras como nos indique o número. Debaixo
escribiremos o número en letra e o nome do elemento que
coloreamos.
“Froitas e abecedario”



FICHA   DO    ABECEDARIO:      Na   seguinte   ficha   atoparemos   o
abecedario que no momento que nos unamos as letras na súa orde,
formaremos una froita, despois diremos que froita é, colorearémola e
escribiremos os seu nome debaixo.
“ A miña cor, o meu nome e o meu tamaño”



FICHA PARA TRABALLAR O INGLÉS E OS TAMAÑOS: Esta ficha
pode   realizarse   en   calquera   outro   idioma.   Aquí   cos   rapaces
traballamos os números, os tamaños, a lectura, o vocabulario e
incluso as cores. Consiste no seguinte: nun primeiro momento
repasaremos os nomes das froitas e as diferenzas de tamaño; grande
ou pequeno, logo terán que ler o que pon a esquerda e contar as
froitas que lle manden e escribir o número que corresponde. Unha
vez terminado isto terán que colorear cada froita da súa cor.
“Atopa a parella”


ACTIVIDADE INTECTIVA, ATOPAR A PARRELLA: primeiramente
observaranse unhas fichas e os nenos terán que visualizar onde están
colocadas esas froitas, mais tarde as fichas daranse a volta e os
nenos terán que pinchar nelas para ver o seu contido e así ir facendo
as parellas. Utilizarase o programa notebook, e no caso de que isto
non sexa posible faranse as tarxetas con cartolinas e será o profesor
o que lles deixe o tempo para velas e logo lles dará a volta e eles
terán que ir volteándoas para formas as parellas correspondentes.
“Une coa súa parte correspondente”



FICHA DE UNIR:        esta actividade consiste en unir unha metade
dunha froita coa súa metade que lle falta. Unha vez que xa formamos
a froita, pintarémolas do seu color
“Ver anuncio tele”



Visualizar un anuncio de cinco froitas e verduras ao día”

  http://www.youtube.com/watch?v=v5cVKSaBuOA
“Excursión o mercado”



Saída ao mercado: hoxe iremos de excursión ao mercado e alí
miraremos que gran variedade de alimentos hai. Veremos que
alimentos son os máis saudables.
“Tren dos sentidos”


ACTIVIDADE DOS SENTIDOS: faranse na clase tres estacións;
unha será para traballar o sentido do tacto, outro para traballar o
sentido do olfato e outro para traballar o sentido do gusto. Cheirarán,
tocarán e degustarán os diferentes tipos de froitas.
“Taller de cocina”



TALLER DE COCIÑA: faremos un taller de cociña cos nenos para
que aprendan a manipular alimentos saudables.




      MACEDONIA DE FROITAS          E       OVOS RECHEOS
“Facer a compra”



FACÉMOLA COMPRA: Por parellas debemos buscar nos catálogos:
cinco froitas, catro tipos de carne, cinco produtos do mar, tres
produtos   lácteos,   catro   alimentos   que   se   poden   servir   como
sobremesa, cinco alimentos cos que se pode facer un bocadillo.
“Bingo”



XOGAMOS O BINGO:           Cada equipo terá unha tarxeta con
debuxos/nome das froitas. O profesor irá dicindo unha froita e se a
temos na nosa tarxeta marcarémola. Cando teñamos tódalas froitas
marcadas un membro do equipo dirá ben alto “bingo”.
“Adiviña con imaxes”


ADIVIÑA CON IMAXES: Trátase de que o teu compañeiro adiviñe
cal é o alimento que tes na túa tarxeta. A condición é que só podes
debuxalo alimento. O teu compañeiro deberá acertar no menor tempo
posible.
“Os hábitos”


   Ficha de preguntas: Darásevos unha ficha cunha serie de preguntas
   que vós teredes que contestar se son verdadeiras ou falsas. Debedes
   marcar cunha cruz no cadradiño que corresponde a V se son
   verdadeiras e na F se son falsas.




a) Ó consumir unha fruta enteira son moi importantes as
   normas de hixiene………………………………………………………………
b) En almíbar ou en marmelada son formas moi
   recomendables de consumir a fruta……………………………………
c) O valor nutritivo dunha laranxa é equivalente á do seu
   zume…………………………………………………………………………………..
d) O consumo de froitas enteiras colabora no bo hábito de
   mastigación…………………………………………………………………………
e) Recoméndase comer 2 ou 3 racións de froita tódolos
   días……………………………………………………………………………………..
f) Podo substituir as froitas por un postre de doces cada fin
   de semana…………………………………………………………………………..
g) As bebidas con sabor a froitas elabóranse sempre con
   froitas naturais……………………………………………………………………
h) É mellor un zume natural que calquera bebida
   refrescante………………………………………………………………………….
i) A laranxa é a única froita que se pode considerar
   cítrico………………………………………………………………………………….
j) Se compras froitas (cereixas, melóns…) fóra de tempada
   son máis caros porque nutren máis…………………………………….
“O menú do día”



FICHA DAS COMIDAS DO DÍA: Debuxa enriba de cada plato a
comida que máis che guste para o almorzo, a media maña, a comida
a merenda e a cea. Ó lado escribiredes con letra esa mesma comida.
“Indica o intruso”


INDICA O INTRUSO: atopa en cada cadrado o alimento que non
pertence a ese grupo
“Sopa de letras”

FICHA DA SOPA DE LETRAS: Entregareivos unha ficha cunha

pequena sopa de letras na que tedes que buscar os 10 alimentos que

aparecen debuxados ó lado.
“Ricas matemáticas”



RICAS MATEMÁTICAS: Nesta actividade partiremos de un número
concreto de froitas e comerémonos outro número concreto unha vez
comido este número faremos a resta (as que tiñamos menos as que
comemos) para saber cantas froitas nos quedan.
“Domino de frutas”


ACTIVIDADE INTERACTIVA; XOGO DE DOMINO: Para levar a
cabo a seguinte actividade empregaremos o programa notebook, e no
caso de que isto non sexa posible faranse as fichas de dominó con
cartolinas. Se temos o programa e unha pantalla dixital os rapaces xa
poden empezar a xogar en canto o indique o profesor, e se non
dispoñemos destes medios o profesor so ou coa axuda dos alumnos
farán as fichas debuxando as diferentes froitas e coloreándoas.
“Imitacións”



IMITACIÓNS: imitamos situacións e accións na mesa, as que
debemos facer e as que non.
“Actividade do conto”


O NENO E O REPOLO. (VER ANEXO) Leremos o conto “o neno e o
repolo”. Logo colorearemos os personaxes principais e debuxaremos
os fondo. Por último representarémolo entre toda a clase.

http://www.youtube.com/watch?v=YN3_xN2lUQQ&feature=youtu.be
“Disfraces”



Actividade de disfraces: na aula faremos os nosos disfraces e
froitas e despois cada neno comerase a froita da que está disfrazado.
Máis tarde aprenderemos os nomes das froitas en lingua castelá,
lingua galega e inglés.
“Agasallo”


Ao rematar esta unidade didáctica faráselle entrega dun agasallo a
cada neno. Este agasallo será un diploma. Cada neno recibirá un
diploma co seu nome.
5. Explicacións para o profesor


    Asemblea

Realización: Para introducirnos no tema primeiramente mostraremos
láminas de alimentos que coñecemos e consumimos a diario.

Logo, explicaremos a importancia dos alimentos, así como unha boa
alimentación diaria.

Para    finalizar    realizaremos     unha       serie    de    preguntas    que
responderemos, respectando            a    quenda   de    palabra,   en   grupo.
Preguntarémoslle que trouxeron hoxe para merendar, que é o que
lles gusta, se os seus papas comen o mesmo, cántas veces comemos
por día, qué comemos, con quén compartímolas comidas etc.

Tempo aproximado: o tempo aproximado para esta actividade e de
30 ou 35 minutos.

Materiais: láminas con alimentos.



    Pirámide dos alimentos

Con esta actividade, os nenos aprenderán e distinguirán os grupos
alimenticios e a súa situación na pirámide. Falarase na clase sobre a
relación que existe entre a orde dos alimentos e as veces que hai que
comelos.

Realización: O profesor deberá fabricar un triángulo grande no cal se
irán encaixando as formas con volumes feitas anteriormente.

Cada parte da pirámide levará un alimento e os alumnos deberán
identificar onde se colocan, se na parte superior da pirámide ou na
inferior.

Tempo       aproximado:   O   tempo       aconsellado    para   a realizar   esta
actividade es de mais ou menos 2 horas.
Materiais :

      Cartón pedra (pirámide)
      Cartulina
      Tesoiras
      Pegañento
      Cores



    Recoñecer os hábitos de alimentación saudable

Realización: Repartiremos varias fichas como as que se presentan a
continuación e os nenos terán que pintar o semáforo seguindo os
seguintes criterios:

         -    Vermello: cando os alimentos afectan a saúde
              negativamente
         -    Laranxa: cando os alimentos non se podan consumir
              tódolos días pois danarían a saúde
         -    Verde: para os alimentos que se deben consumir tódolos
              días

Tempo aproximado: 30-45 min
Materiais:fichas para tódolos nenos e pinturas verdes, vermellas e
laranxas.


    Roda dos alimentos

Realización: Os nenos deberán elaborar una roda de alimentos con
plastilina sobre una bandexa.
Tempo aproximado: 30-45 min.

Materiais: Una bandexa e plastilina



    Números e hortalizas

Realización: Repartiráselles as fichas e o primeiro que terán que facer
será unir o número con tantas imaxes como o número lles indique.
Logo colorearán o número e as froitas ou verduras que lle
corresponden e por último escribirán o nome deses alimentos e o
número en letra.

Tempo aproximado: O que necesiten para levar a cabo a ficha.

Materiais:

      A ficha
      Un lapis
      Os lapis de cores



    Froitas e abecedario

Realización: Explicarémoslles aos nenos que teñen que unir as letras
do abecedario por orde, e que esas letras esconden una froita, unha
vez unidas as letras e adiviñar a froita, pintarémola e escribiremos o
nome desa froita debaixo dela. Nesta actividade traballaremos as
letras, as cores e o vocabulario que posúen os nenos

Tempo aproximado: o suficiente para que todos os alumnos rematen
a ficha.

Materiais:

      A ficha.
      lapis.
      A goma
      Os lapis de cores.



    A miña cor, o meu nome e o meu tamaño

Realización: Pódese traballar a lingua estranxeira se o profesor quere,
senón poderase facer na nosa lingua. O profesor primeiramente
repasará con eles os números, os nomes das froitas, os diferentes
tamaños; grande, medio ou pequeno e por último as cores. Unha vez
feita esta aproximación, levarase a cabo a tarefa da ficha, lendo o
que pon a esquerda e contando as froitas para logo escribir o número
correspondente.



Tempo aproximado: Este tempo vai variar que imos traballar.

Materiais:

      Lapis e lapis de cores

      As fichas



    Atopa a parella

Realización: se dispoñemos do programa e dunha pantalla dixital
farase a actividade de forma interactiva e os neno terán que ir
tocando as fichas na pantalla para que estas se xiren e así formas as
parellas. No caso de non obter estes medios, o profesor fará as
tarxetas coas que os alumnos logo traballarán. ¿cómo se fan as
tarxetas? En cartolinas debuxaremos diferentes froitas e hortalizas,
cada unha delas estará duplicada xa que necesitamos duas iguais de
cada. Unha vez feitas recortaranse e deixarémoslle unha a cada neno
para que as pintes, por exemplo. Unha vez rematado isto, poderemos
empezar a xogar. Aquí os alumnos exercitan a súa memoria.

Tempo aproximado: será distinto segundo o numero de tarxetas coas
que traballemos e segundo o número de nenos que teñamos na clase.
Tamén vai a depender moito de si temos que crear os recursos ou se
dispoñemos deles anteriormente.

Materiais:

      O programa, a pantalla dixital e o ordenador.
      As cartolinas e tesoiras
      Os lapis
      Os lapis de cores
 Une coa súa parte correspondente

Realización: Aquí imos relacionar a metade dunha froita coa súa outra
metade. Esta actividade pode realizarse na nosa lingua ou podémola
empregar para traballar o inglés e as froitas cos máis pequenos.
Primeiramente falaremos das froitas, logo de cal é o seu nome nas
diferentes linguas, cal é o seu color e por último relacionaremos as
metades para formar unha. Pódese incluso escribir o nome das
diferentes froitas.

Tempo aproximado: este tempo diferirá segundo a cantidade de
cousas que imos traballar.

Materiais:

      Lapis
      Lapis de cores
      Goma


    Ver anuncio tele

Realización: porémoslle aos nenos o anuncio seleccionado e faremos
un debate sobre o visto no anuncio, falaremos sobre o tema en
cuestión e os nenos darán a súa opinión.

Tempo aproximado: O tempo aproximado será de entre 20 e 25
minutos.

Materiais:

      Ordenador
      Proxector
 Excursión o mercado

Realización: uns días antes enviarase unha nota aos pais para que os
nenos traian firmada co seu consentimento. Ese día sairemos da
escola cunha corda para non perder aos nenos. Xa no mercado
iremos polos diferentes postos para que eles vexan todo o que hai.
Dirémoslle cales son os alimentos máis saudables, os que deben
comer e os que non, e mercaremos froitas para levar para clase.

Tempo aproximado: 2h 30 min

Materiais: unha corda para levar aos nenos durante a saída.



    Tren dos sentidos

Realización: para levar a cabo esta actividade taparémoslles os ollos
aos cativos, para que así eles desenrolen os tres sentido que
queremos traballar. Na primeira estación colocaremos as seguintes
froitas: piña, mandarina, limón e plátano. Na segunda estación
colocaremos estas mesmas froitas, en diferente orde, partidas pola
metade para que así ulan mellor. Na última estación poremos as
froitas cortadas en anaquiños pinchadas nun palillo. En cada estación
os nenos deberán dicir o nome da froita que están tocando, ulindo e
probando.

Tempo aproximado: o tempo necesario para que todos os rapaces
teñan a oportunidade de probar e ver se son capaces de recoñecer as
froitas.

Materiais:

      As froitas: piña, mandarina, limón e plátano.
      Os palillos
      Panos para tapar os ollos.
 Taller de cocina
Realización: O día en que vaiamos ao supermercado quedaremos a
comer na escola. En colaboración con algúns pais           faremos ovos
recheos.1º observaremos como é un ovo cru e, a continuación,
compararémolo       cun   ovo     cocido.   Partirémolos     á   metade,
quitarémoslle a xema e mesturámolo con un pouco de atún, logo
volvémola    meter dentro do ovo (cheo- baleiro). Resaltaremos a
importancia dos hábitos de hixiene antes de manipular alimentos,
hábitos   sociais   durante   a   comida,   etc.   tamén   faremos   unha
macedonia de froitas para o sobre mesa.

Tempo aproximado: O tempo aproximado de duración de 3 horas

Materiais:

      Os distintos alimentos
      Utensilios de cociña pertinetes


    Facer a compra

Realización: o profesor leva a clase varios catálogos de publicidade
dos supermercados e lles pide aos alumnos que por parellas busquen
determinados alimentos. De esta maneira, os alumnos teñen que
buscar eles mesmos o vocabulario que aparece no folleto. Ao final da
actividade pódeselle propor un reto ¿Hai algún grupo capaz de atopar
os ingredientes para facer (Algunha receita que fixeramos na clase).
Así os alumnos discutirán co seu compañeiro sobre os ingredientes
que fan falta.

Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 2 horas

Materiais:
Catálogos de diversos supermercados
       Papel
       Lapis


    Bingo

Este bingo está ideado para repasar o vocabulario dalgúns alimentos.

Realización: A dinámica da actividade é a dun bingo normal:
     Formaranse equipos de xeito que cooperen axudándose entre
     si.
     Repártense os cartóns.
     Trátase de usalas tarxetas ovaladas como si foran as bolas do
     bingo; barállanse e vanse sacando unha a unha dicindo o nome
     da froita. Os nenos deberán marcar na súa tarxeta se teñen a
     froita que saíu.
     Cando un equipo teña marcadas tódalas froitas na súa tarxeta
     deberá dicir “bingo”.
     O premio para o equipo gañador pode ser unha peza de froita.

Tempo aproximado: O xogo remata no momento no que un neno
cante bingo. Pódense facer varias partidas.

Materiais:

     Bolas de alimentos
     Tarxetas
     Lapis


    Ricas matemáticas

Realización: O profesor colocará sobre o prato cinco galletas e diante
dos nenos comerá unha, os nenos deberán escribir o que ocorre
matematicamente. Logo pedirase un voluntario e colócanse 6
cereixas e mandaráselle comer dúas, despois outro voluntario que
coma 3 fresas de 7 e repetimos o mesmo procedemento que antes.
Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 1 hora.




Materiais:

         7 fresas
         6 cereixas
         5 galletas



    Os hábitos

Realización: O profesor lerá unha serie de preguntas que os nenos
teñen que contestar con Verdadeiro ou falso.

Tempo aproximado: 15 min.

Materiais: Ningún.



    O menú do día
Realización: Os nenos deberán debuxar sobre os pratos un menú que
lles guste para as cinco comidas do día.

Tempo aproximado: 15-30 min.

Materiais: Fichas para colorear, pinturas de colores e lápiz



    Indica o intruso

Realización: repártese unha ficha a cada neno e terán que identificar
qué alimento de cada cadro é o que non ten relación cos demais da
lista.

Tempo aproximado:O tempo aproximado e de 30 min

Materiais:
Fichas para cada neno
      Lapis




    Sopa de letras

Realización: Os nenos deben atopar o nome dos alimentos na sopa de
letras.

Tempo aproximado: 15-20 min.

Materiais: Lapis.



    Adiviña con imaxes

Realización: O profesor porá os alumnos por parellas. Entregaralle a
un membro de cada parella unha tarxeta cunha froita, un lapis e un
papel. Cando o outro neno da parella adiviñe a froita, será este o que
debuxará.

Tempo aproximado: O tempo que necesitaremos será de 1 hora.

Materiais:

      Tarxetas
      Papel
      Lapis



    Domino de frutas

Realización: se temos os recursos dixitais empezarase a xogar cando
o profesor o indique, explicándolle aos alumnos previamente como se
xoga, xa que ao mellor a maioría dos nenos é a primeira vez que
xogan. De non posuír os recursos faranse as fichas na aula para
poder xogar.
Tempo aproximado: O tempo diferirá segundo o nivel de recursos que
temos na aula, xa que non se tarda o mesmo se temos as fichas
feitas que se as temos que facer.




Materiais:

     O programa, a pantalla dixital e o ordenador.
     As cartolinas
     Os lapis
     Os lapis de cores
     As tesoiras



    Imitacións

Realización: Imitamos accións que nunca debemos facer na mesa:
¡Non quero comer!, tirar a comida, coller a comida do chan e metela
na boca, andar co dedo no nariz na mesa, non mascar e esganarnos,
non lavar os dentes despois de comer.

Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 30 ou 40 minutos.

Materiais: Utensilios de unha mesa a poder ser de plástico:

      Pratos
      Coitelos
      Culleres
      Garfos
      Vasos


    Conto

Realización: lerémoslle o conto “O neno e o repolo”. Logo darémoslle
as láminas cos debuxos dos personaxes principais para que os pinten
e pegarémoslle un lapis por detrás para que os poidan mover.
Pedirémoslle que debuxen as imaxes para os fondos e as pinten entre
todos. Por último deberan representar o conto.

Tempo aproximado: esta actividade terá unha duración de 2 horas
máis ou menos.

Materiais:

      Lapis de cores
      O conto
      Láminas dos personaxes
      Tesoiras
      Celo



    Disfraces

Realización: O primeiro que faremos será debuxar en cartolinas
grandes      de   cores   as   froitas   para   facer   os   disfraces,   logo
recortarémolas e uniremos as partes ata ter formado o noso disfraz.
Disfrazarémonos e na hora do recreo comeremos a froita que nos
tocou, e o acabar de xogar aprenderemos o nome das froitas nos tres
idiomas.

Tempo aproximado: o tempo necesario para que todos os rapaces
participen, pero nesta actividade recoméndase utilizar un día enteiro.

Materiais:

      Tesoiras
      Cartolinas de diferentes cores
      Lapis e goma
      Froita de verdade
      O nome das froitas nas tres linguas
6. BIBLIOGRAFÍA

Non empregamos ningún libro para realizar esta unidade didáctica, as
actividades son ideadas por nós ou adaptadas dalgunha unidade
didáctica atopada por internet. As imaxes están sacadas de google e
axustadas aos nosos contidos.
7. ANEXOS

Neste punto aportamos outra serie de recursos que poden ser de
utilidades para traballar o tema da alimentación, tales como,
cancións, poesías, adiviñas…



CANCIÓNS

"QUE VEÑA A POLO LEITE"
Que veña a polo leite
Isabel pon o mantel
Pebida os cubertos
Señores a comer
Mamá non ten fame
Papá vaise morrer
que lle saíu un gran
na punta do nariz


"PAVO, PAVO CON ARROZ,"
Pavo, pavo, pavo con arroz
se non o comes me o como eu
cabaliño do mar
quedaches sen lavar.


"ASERRÍN, ASERRAN"
Aserrín., aserran os madeiros de San Juan
Pide pan, non lle dan e empézano a cortar.
Pide queixo danlle óso, e córtanche o pescozo.
Pide nata. danlle rata e córtanlle unha pa.
Pide ameixas, danlle tellas e córtanlle as orellas
Pide parrulo, danlle gato e córtano os zapatos.
"CHOCOLATE, MUÍÑO,"
Chocolate, muíño corre corre que te pillo
estirade, estirade que o demo vai pasar.


"O LEITÓN DE MARTÍN"

Un leitón moi gordo comprou Martín Ai Martín!

Para que o quere non quixo dicir,

para que o quere non quixo dicir.

E para cear o bo Martín asouno, si, asouno,

pero non sabia e non o logrou (bis)

Graxa, lombo e mans todo se queimou, queimouse

e o xamón tan rico estragóuselle (bis)

e probar non puido ai! nin un poquitín, poquitín,

quedou sen cea o pobre Martín ( bis).




"ESTABA UNHA PASTORA "
Estaba unha pastora
larán, larán larito
estaba unha pastora
coidando o rebañito.
Con leite das súas cabras
larán, larán larito
con leite das súas cabras
mandou facer un quesito.
O gato mirábaa
larán, larán larito
o gato mirábaa
con ollos golositos
Se ti lle fincas a uña
larán, larán larito
se ti lle fincas a uña
cortareiche o rabito.
Se a uña lla fincou
larán, larán larito
a unha fincoulla
e o rabo lle corló.
A confesar a falta
larán, larán larito
a confesar a falta
foise ao Padre Benito.
A vos pai acúsome
larán, larán larito
a vos pai acúsome
que maltratei un gatiño.
De penitencia bótote
larán, larán larito
de penitencia bótote
que lle deas un besito.



POESÍAS
Sabes coles cultivar
á moda, á moda
Sabes coles cultivar
á moda, do lugar.
Cultivareinas cantando
á moda, á moda
as cultivarei cantando

á moda do lugar.
ADIVIÑAS

Unha cousa redonda que non é bola,
É verde e non é prado
Ten auga e non é fonte
Ten dentes e non morde.
( a sandía)


Subo chea e baixo valeira
Se non me dou présa a sopa enfria.
( a culler )


En brancos panos nacín,
e en verde me transformei,
tanto foi o meu sufrimento
que amarelo me quedei.
(o limón)


Teño vaina e non son sable
¿ Viron que cousa notable ?.
( a xudía)
O noso conto
                        O neno e o repolo

Había unha vez un neno que, aínda que era moi bo e obediente,
odiaba comer repolo. Sempre que tocaba comelo protestaba e
enfadábase moito. Un día, a súa mamá decidiu envialo ao mercado a
comprar un repolo!, así que foi moi desgustado.

No mercado, o neno tomou un repolo de mala gana, pero non era un
repolo calquera. Era un repolo que tamén odiaba os nenos. Así que
despois dunha discusión gorda, o neno e o repolo volveron á casa en
silencio e enfadados todo o tempo. Pero polo camiño, ao cruzar o río,
o neno esvarou, e ambos os dous caeron ás súas bravas augas e
foron arrastrados corrente abaixo. Con moito esforzo, conseguiron
subirse a unha táboa que encontraron e manterse a flote. Sobre
aquela táboa estiveron tanto, tanto tempo á deriva, que despois de
aburrirse, remataron falando un con outro, se coñeceron, se fixeron
amigos, e xogaron a moitos xogos imposibles, como a pesca sen
cana, o microescondedoiro ou o rei da montaña.

Charlando co seu novo amigo, o neno comprendeu o importante que
eran as verduras como o repolo para a súa idade, e o mal que lles
sentaba que sempre falaran mal delas, e o repolo decatouse de que
ás veces o seu sabor era forte e estraño para os nenos. Así que
acordaron que ao chegar á casa, o neno trataría ao repolo con gran
respecto, e o repolo faríase pasar por espagetti.

O seu acordo foi todo un éxito: a mamá quedou extrañadísima do
ben que comeu o repolo o neno, e o neno preparou para o repolo o
mellor escondedoiro da súa barriga ao berro de que ricos están
estes espagetti!
Outros contos

   A hamburguesa que non quería ser comida
                              basura

Había unha vez unha hamburguesa que tiña moitas vidas. Cada día
espertaba na súa hamburguesería, esperaba pacientemente a quenda
ata que era preparada por un dos cociñeiros, e finalmente era servida
en calquera das mesas. Mentres a comían, ela había todo o posible
por ser saborosa, e co último bocado do cliente, sentía coma se se
apagase a luz e se fose a durmir. E ao día seguinte repetíase a
historia.
A nosa hamburguesita podería ter seguido vivindo así de tranquila
durante moitos anos, se non tivese sido porque un día, mentres
esperaba a súa quenda no fogón, puido escoitar como un dos clientes
a chamaba "comido lixo" Canto se enfadou! Estaba tan furiosa que
case se queimou.

A partir dese momento, decatouse para falar dela e das súas irmás
de que moita xente usaba esa expresión. E tras escoitar atentamente
calquera programa de raio ou televisión onde se falase de comido lixo
ou comida sa, chegou a unha terrible conclusión: era verdade que era
"comido lixo".

Agora comprendía por que a maioría dos seus clientes favoritos
estaban moito máis gordos que cando os coñeceu, ou por que os que
visitaban moito o local tiñan mal aspecto. A hamburguesa sentiuse
fatal, todo era pola súa culpa! Así que tratou de encontrar unha
solución, algún xeito de evitar aquel odioso nome.

E entón ocorréuselle. Cando viu que entraba un daqueles nenos que
pisaban ao local case a diario, escolleu o mellor sitio, e esperou a ser
servido. Unha vez en mans do neno, cando chegou ao momento máis
especial, o da primeira dentada, concentrouse tanto como puido e...
non pasou nada. O neno fincou os dentes na hamburguesa e
mastigou    aquel     bocado      normalmente.   Logo   deu   outro,   coa
hamburguesa igual de concentrada, pero todo seguiu igual... Así
seguiron varios bocados máis, e a hamburguesa estaba xa a punto de
renderse, cando oíu a voz do neno:

- Puaj!, Que rolo! Esta hamburguesa non sabe a nada.

Aquilo   foi só   o   principio    dun plan que    resultou perfecto. A
hamburguesa convenceu a todas as súas irmás de que non tivesen
ningún sabor cando os clientes estivesen a comer alí só uns días
antes, a cambio de estar aínda máis saborosas cando espazasen máis
as visitas. Desa forma, deixaron de ver sempre as mesmas caras
enfermizas e repoludas, e moitos dos seus amigos comellons
conseguiron un aspecto moito máis saudable, ademais de degustar
hamburguesas moito máis ricas.

E é moi posible que esas hamburguesas sexan moi viaxeiras porque,
dende entón, en todas as partes gozas moito máis do sabor dunha
comida cando levas tempo sen probala, que cando tratas de comer o
mesmo todos os días.




                      A poción da mala vida

Hai moitos, moitos anos, todas as persoas estaban fortes e sas.
Facían comidas moi variadas, e encantábanlles a froita, as verduras e
o peixe; diariamente facían exercicio e gozaban do lindo saltando e
xogando. A terra era o lugar máis san que se podía imaxinar, e
notábase na vida da xente e dos nenos, que estaban cheas de alegría
e bo humor. Todo aquilo enfadaba terriblemente as bruxas negras, os
que só pensaban en facer o mal e amolar a todo o mundo.
A peor de todas as bruxas, a malvada Caramala, tivo a máis terrible
das ideas: entre todas unirían os seus poderes para inventar unha
poción que quitase as ganas de vivir tan alegremente. Todas as
bruxas se xuntaron no bosque dos pantanos e colaboraron para facer
aquel maligno feitizo. E era tan poderoso e necesitaban tanta enerxía
para facelo, que cando unha das bruxas se equivocou nunha soa
palabra, houbo unha explosión tan grande que fixo desaparecer o
bosque enteiro.

A explosión converteu a todas aquelas malignas bruxas en seres
tanpequeñitos e minúsculos como un microbio, deixándoas atrapadas
no líquido verde dun pequeno frasco de cristal que quedou perdido
entre os pantanos. Alí estiveron encerradas durante centos de anos,
ata que un neno encontrou o frasco coa poción, e crendo que se
trataba dun refresco, bebéullela enteira. As microscópicas e malvadas
bruxas aproveitaron a ocasión e aínda que eran tan pequenas que
non podían facer ningún dano, pronto aprenderon a cambiar os
gustos   do   neno    para       prexudicarlle.   En    poucos     días,   os
seus pellizquitos na lingua e a boca conseguiron que o neno xa non
quixese comer as ricas verduras, a froita ou o peixe; e que só sentise
ganas de comer xeados, pizzas, hamburguesas e lambetadas. E
os mordisquitos en   todo    o    corpo   conseguiron    que     deixase   de
parecerlle divertido correr e xogar cos amigos polo campo e só
sentise que todas aquelas cousas o cansaban, así que prefería quedar
na casa sentado ou tombado.

Así a súa vida se foi facendo máis aburrida, comezou a sentirse
enfermo, e pouco despois xa non tiña ilusión por nada; a maligna
poción funcionara! E o pero de todo, as bruxas aprenderon a saltar
dunha persoa a outra, como os virus, e conseguiron que o malvado
efecto da poción se convertese na máis contaxiosa das enfermidades,
a da mala vida.

Tivo que pasar algún tempo para que o doutor Sanis Saludakis,
axudado do seu microscopio, descubrise as brujitas que causaban a
enfermidade. Non houbo vacúa nin xarope que puidese acabar con
elas, pero o bo doutor descubriu que as brujitas non soportaban a
alegría e o bo humor, e que precisamente a mellor cura era
esforzarse en ter unha vida moi sa, alegre e feliz. Nunha persoa sa,
as bruxas aproveitaban calquera esbirro para fuxir a toda velocidade.
Dende entón, as súas mellores receitas non eran pastillas nin
inxeccións, senón un poquitín de esforzo para comer verduras, froitas
e peixes, e para facer un pouco de exercicio. E cantos pasaban pola
súa consulta e lle facían caso, remataban curándose totalmente da
enfermidade da mala vida.

More Related Content

Viewers also liked

Multimedia maria guadalupe garcia martinez
Multimedia maria guadalupe garcia martinezMultimedia maria guadalupe garcia martinez
Multimedia maria guadalupe garcia martinezismael sanchez salazar
 
Como realizar graficos con action script
Como realizar graficos con action scriptComo realizar graficos con action script
Como realizar graficos con action scriptBrigitt Lopez
 
Maria guadalupe garcia martinez fundamentos de redes
Maria guadalupe garcia martinez fundamentos de redesMaria guadalupe garcia martinez fundamentos de redes
Maria guadalupe garcia martinez fundamentos de redesismael sanchez salazar
 

Viewers also liked (6)

Memoria ppt
Memoria pptMemoria ppt
Memoria ppt
 
Multimedia maria guadalupe garcia martinez
Multimedia maria guadalupe garcia martinezMultimedia maria guadalupe garcia martinez
Multimedia maria guadalupe garcia martinez
 
Tangran
TangranTangran
Tangran
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Como realizar graficos con action script
Como realizar graficos con action scriptComo realizar graficos con action script
Como realizar graficos con action script
 
Maria guadalupe garcia martinez fundamentos de redes
Maria guadalupe garcia martinez fundamentos de redesMaria guadalupe garcia martinez fundamentos de redes
Maria guadalupe garcia martinez fundamentos de redes
 

Similar to Unidad didactica de alimentación

Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourense
Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- OurenseRevista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourense
Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourensealbinonunez
 
Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14albinonunez
 
Actividades 4º e.i.
Actividades 4º e.i.Actividades 4º e.i.
Actividades 4º e.i.colecabalo
 
Somos cociñeiros as. (cristina fariñas)
Somos cociñeiros as. (cristina fariñas) Somos cociñeiros as. (cristina fariñas)
Somos cociñeiros as. (cristina fariñas) Manuel Núñez
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfceeabarcia
 
Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1satelite1
 
Orientacións para os pais
Orientacións para os paisOrientacións para os pais
Orientacións para os paisBelén
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"biblionova
 
Calendario saudable
Calendario saudableCalendario saudable
Calendario saudableequipobiblio
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021anxovila
 

Similar to Unidad didactica de alimentación (20)

Xermoliño
XermoliñoXermoliño
Xermoliño
 
Xermoliño
XermoliñoXermoliño
Xermoliño
 
Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourense
Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- OurenseRevista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourense
Revista escolar 2013- 14, CEIP Profesor Albino Núñez- Ourense
 
Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14
 
Actividade 2
Actividade 2Actividade 2
Actividade 2
 
Actividades 4º e.i.
Actividades 4º e.i.Actividades 4º e.i.
Actividades 4º e.i.
 
Somos cociñeiros as. (cristina fariñas)
Somos cociñeiros as. (cristina fariñas) Somos cociñeiros as. (cristina fariñas)
Somos cociñeiros as. (cristina fariñas)
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
 
Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1Wedureciclaje gall-ei ep--1
Wedureciclaje gall-ei ep--1
 
Orientacións para os pais
Orientacións para os paisOrientacións para os pais
Orientacións para os pais
 
Pautas EI
Pautas EIPautas EI
Pautas EI
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
Folleto ep
Folleto epFolleto ep
Folleto ep
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
 
Calendario saudable
Calendario saudableCalendario saudable
Calendario saudable
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021
 

Unidad didactica de alimentación

  • 2. INDICE 1. INTRODUCCIÓN 2. CICLO AO QUE VAI DIRIXIDO 3. COMPETENCIAS 4. ACTIVIDADES 5. EXPLICACIÓN PARA O PROFESOR 6. BIBLIOGRAFÍA 7. ANEXOS
  • 3. 1. INTRODUCIÓN O tema da alimentación ofrécenos moitas posibilidades a nivel educativo tanto pola súa proximidade ás necesidades e intereses dos nenos e nenas como pola necesidade de ensinar aos nenos e as familias a importancia que ten unha boa alimentación para conseguir unha boa saúde e uns bos hábitos. Ademais a sociedade esíxenos a “educar para a alimentación” xa que cada día aumentan os trastornos alimenticios como a obesidade, a anorexia e a bulimia. Unha alimentación inadecuada é unha realidade que está presente na actualidade debido ós malos hábitos alimenticios da sociedade. Con isto temos como obxectivo principal, inculcar e poñer en práctica unha alimentación saudable e variada. 2. CICLO Ó QUE VAI DIRIXIDO Con esta Unidade Didáctica, dirixida á etapa de educación infantil, en concreto ó terceiro ciclo. 3. COMPETENCIAS 1. Competencia na comunicación lingüística. 2. Competencia matemática. 3. Competencia no coñecemento e a interacción co medio físico. 4. Tratamento da información e competencia dixital. 5. Competencia social e cidadá. 6. Competencia cultural e artística. 7. Competencia para aprender a aprender. 8. Autonomía e iniciativa persoal.
  • 4. 4. ACTIVIDADES: “Asamblea” Para introducirnos no tema primeiramente mostraremos láminas de alimentos que coñecemos e consumimos a diario. Logo, explicaremos a importancia dos alimentos, así como unha boa alimentación diaria. E debateremos sobre o tema.
  • 5. “Pirámide dos alimentos” PIRÁMIDE NUTRICIONAL. Pintaremos os debuxos dos alimentos, recortarémolos e pegarémolos nas cartolinas. Logo teremos que colocalos na pirámide no sitio que corresponda.
  • 6. “Recoñecer os hábitos de alimentación saudable” Repartiremos varias fichas como as que se presentan a continuación e os nenos terán que pintar o semáforo de cor vermella, laranxa ou verde segundo o saudable que sexa o alimento
  • 7. “Roda dos alimentos” RODA ALIMENTICIA: Faremos unha roda de alimentos, facendo cada todos eles con plastilina, despois colocaranse no seu lugar correspondente.
  • 8. “Números e hortalizas” FICHA DE NÚMEROS: na seguinte ficha atoparemos un número e ao lado varias froitas ou verduras e teremos que colorear o número e tantas froitas ou verduras como nos indique o número. Debaixo escribiremos o número en letra e o nome do elemento que coloreamos.
  • 9. “Froitas e abecedario” FICHA DO ABECEDARIO: Na seguinte ficha atoparemos o abecedario que no momento que nos unamos as letras na súa orde, formaremos una froita, despois diremos que froita é, colorearémola e escribiremos os seu nome debaixo.
  • 10. “ A miña cor, o meu nome e o meu tamaño” FICHA PARA TRABALLAR O INGLÉS E OS TAMAÑOS: Esta ficha pode realizarse en calquera outro idioma. Aquí cos rapaces traballamos os números, os tamaños, a lectura, o vocabulario e incluso as cores. Consiste no seguinte: nun primeiro momento repasaremos os nomes das froitas e as diferenzas de tamaño; grande ou pequeno, logo terán que ler o que pon a esquerda e contar as froitas que lle manden e escribir o número que corresponde. Unha vez terminado isto terán que colorear cada froita da súa cor.
  • 11. “Atopa a parella” ACTIVIDADE INTECTIVA, ATOPAR A PARRELLA: primeiramente observaranse unhas fichas e os nenos terán que visualizar onde están colocadas esas froitas, mais tarde as fichas daranse a volta e os nenos terán que pinchar nelas para ver o seu contido e así ir facendo as parellas. Utilizarase o programa notebook, e no caso de que isto non sexa posible faranse as tarxetas con cartolinas e será o profesor o que lles deixe o tempo para velas e logo lles dará a volta e eles terán que ir volteándoas para formas as parellas correspondentes.
  • 12. “Une coa súa parte correspondente” FICHA DE UNIR: esta actividade consiste en unir unha metade dunha froita coa súa metade que lle falta. Unha vez que xa formamos a froita, pintarémolas do seu color
  • 13. “Ver anuncio tele” Visualizar un anuncio de cinco froitas e verduras ao día” http://www.youtube.com/watch?v=v5cVKSaBuOA
  • 14. “Excursión o mercado” Saída ao mercado: hoxe iremos de excursión ao mercado e alí miraremos que gran variedade de alimentos hai. Veremos que alimentos son os máis saudables.
  • 15. “Tren dos sentidos” ACTIVIDADE DOS SENTIDOS: faranse na clase tres estacións; unha será para traballar o sentido do tacto, outro para traballar o sentido do olfato e outro para traballar o sentido do gusto. Cheirarán, tocarán e degustarán os diferentes tipos de froitas.
  • 16. “Taller de cocina” TALLER DE COCIÑA: faremos un taller de cociña cos nenos para que aprendan a manipular alimentos saudables. MACEDONIA DE FROITAS E OVOS RECHEOS
  • 17. “Facer a compra” FACÉMOLA COMPRA: Por parellas debemos buscar nos catálogos: cinco froitas, catro tipos de carne, cinco produtos do mar, tres produtos lácteos, catro alimentos que se poden servir como sobremesa, cinco alimentos cos que se pode facer un bocadillo.
  • 18. “Bingo” XOGAMOS O BINGO: Cada equipo terá unha tarxeta con debuxos/nome das froitas. O profesor irá dicindo unha froita e se a temos na nosa tarxeta marcarémola. Cando teñamos tódalas froitas marcadas un membro do equipo dirá ben alto “bingo”.
  • 19. “Adiviña con imaxes” ADIVIÑA CON IMAXES: Trátase de que o teu compañeiro adiviñe cal é o alimento que tes na túa tarxeta. A condición é que só podes debuxalo alimento. O teu compañeiro deberá acertar no menor tempo posible.
  • 20. “Os hábitos” Ficha de preguntas: Darásevos unha ficha cunha serie de preguntas que vós teredes que contestar se son verdadeiras ou falsas. Debedes marcar cunha cruz no cadradiño que corresponde a V se son verdadeiras e na F se son falsas. a) Ó consumir unha fruta enteira son moi importantes as normas de hixiene……………………………………………………………… b) En almíbar ou en marmelada son formas moi recomendables de consumir a fruta…………………………………… c) O valor nutritivo dunha laranxa é equivalente á do seu zume………………………………………………………………………………….. d) O consumo de froitas enteiras colabora no bo hábito de mastigación………………………………………………………………………… e) Recoméndase comer 2 ou 3 racións de froita tódolos días…………………………………………………………………………………….. f) Podo substituir as froitas por un postre de doces cada fin de semana………………………………………………………………………….. g) As bebidas con sabor a froitas elabóranse sempre con froitas naturais…………………………………………………………………… h) É mellor un zume natural que calquera bebida refrescante…………………………………………………………………………. i) A laranxa é a única froita que se pode considerar cítrico…………………………………………………………………………………. j) Se compras froitas (cereixas, melóns…) fóra de tempada son máis caros porque nutren máis…………………………………….
  • 21. “O menú do día” FICHA DAS COMIDAS DO DÍA: Debuxa enriba de cada plato a comida que máis che guste para o almorzo, a media maña, a comida a merenda e a cea. Ó lado escribiredes con letra esa mesma comida.
  • 22. “Indica o intruso” INDICA O INTRUSO: atopa en cada cadrado o alimento que non pertence a ese grupo
  • 23. “Sopa de letras” FICHA DA SOPA DE LETRAS: Entregareivos unha ficha cunha pequena sopa de letras na que tedes que buscar os 10 alimentos que aparecen debuxados ó lado.
  • 24. “Ricas matemáticas” RICAS MATEMÁTICAS: Nesta actividade partiremos de un número concreto de froitas e comerémonos outro número concreto unha vez comido este número faremos a resta (as que tiñamos menos as que comemos) para saber cantas froitas nos quedan.
  • 25. “Domino de frutas” ACTIVIDADE INTERACTIVA; XOGO DE DOMINO: Para levar a cabo a seguinte actividade empregaremos o programa notebook, e no caso de que isto non sexa posible faranse as fichas de dominó con cartolinas. Se temos o programa e unha pantalla dixital os rapaces xa poden empezar a xogar en canto o indique o profesor, e se non dispoñemos destes medios o profesor so ou coa axuda dos alumnos farán as fichas debuxando as diferentes froitas e coloreándoas.
  • 26. “Imitacións” IMITACIÓNS: imitamos situacións e accións na mesa, as que debemos facer e as que non.
  • 27. “Actividade do conto” O NENO E O REPOLO. (VER ANEXO) Leremos o conto “o neno e o repolo”. Logo colorearemos os personaxes principais e debuxaremos os fondo. Por último representarémolo entre toda a clase. http://www.youtube.com/watch?v=YN3_xN2lUQQ&feature=youtu.be
  • 28. “Disfraces” Actividade de disfraces: na aula faremos os nosos disfraces e froitas e despois cada neno comerase a froita da que está disfrazado. Máis tarde aprenderemos os nomes das froitas en lingua castelá, lingua galega e inglés.
  • 29. “Agasallo” Ao rematar esta unidade didáctica faráselle entrega dun agasallo a cada neno. Este agasallo será un diploma. Cada neno recibirá un diploma co seu nome.
  • 30. 5. Explicacións para o profesor  Asemblea Realización: Para introducirnos no tema primeiramente mostraremos láminas de alimentos que coñecemos e consumimos a diario. Logo, explicaremos a importancia dos alimentos, así como unha boa alimentación diaria. Para finalizar realizaremos unha serie de preguntas que responderemos, respectando a quenda de palabra, en grupo. Preguntarémoslle que trouxeron hoxe para merendar, que é o que lles gusta, se os seus papas comen o mesmo, cántas veces comemos por día, qué comemos, con quén compartímolas comidas etc. Tempo aproximado: o tempo aproximado para esta actividade e de 30 ou 35 minutos. Materiais: láminas con alimentos.  Pirámide dos alimentos Con esta actividade, os nenos aprenderán e distinguirán os grupos alimenticios e a súa situación na pirámide. Falarase na clase sobre a relación que existe entre a orde dos alimentos e as veces que hai que comelos. Realización: O profesor deberá fabricar un triángulo grande no cal se irán encaixando as formas con volumes feitas anteriormente. Cada parte da pirámide levará un alimento e os alumnos deberán identificar onde se colocan, se na parte superior da pirámide ou na inferior. Tempo aproximado: O tempo aconsellado para a realizar esta actividade es de mais ou menos 2 horas.
  • 31. Materiais : Cartón pedra (pirámide) Cartulina Tesoiras Pegañento Cores  Recoñecer os hábitos de alimentación saudable Realización: Repartiremos varias fichas como as que se presentan a continuación e os nenos terán que pintar o semáforo seguindo os seguintes criterios: - Vermello: cando os alimentos afectan a saúde negativamente - Laranxa: cando os alimentos non se podan consumir tódolos días pois danarían a saúde - Verde: para os alimentos que se deben consumir tódolos días Tempo aproximado: 30-45 min Materiais:fichas para tódolos nenos e pinturas verdes, vermellas e laranxas.  Roda dos alimentos Realización: Os nenos deberán elaborar una roda de alimentos con plastilina sobre una bandexa. Tempo aproximado: 30-45 min. Materiais: Una bandexa e plastilina  Números e hortalizas Realización: Repartiráselles as fichas e o primeiro que terán que facer será unir o número con tantas imaxes como o número lles indique. Logo colorearán o número e as froitas ou verduras que lle
  • 32. corresponden e por último escribirán o nome deses alimentos e o número en letra. Tempo aproximado: O que necesiten para levar a cabo a ficha. Materiais: A ficha Un lapis Os lapis de cores  Froitas e abecedario Realización: Explicarémoslles aos nenos que teñen que unir as letras do abecedario por orde, e que esas letras esconden una froita, unha vez unidas as letras e adiviñar a froita, pintarémola e escribiremos o nome desa froita debaixo dela. Nesta actividade traballaremos as letras, as cores e o vocabulario que posúen os nenos Tempo aproximado: o suficiente para que todos os alumnos rematen a ficha. Materiais: A ficha. lapis. A goma Os lapis de cores.  A miña cor, o meu nome e o meu tamaño Realización: Pódese traballar a lingua estranxeira se o profesor quere, senón poderase facer na nosa lingua. O profesor primeiramente repasará con eles os números, os nomes das froitas, os diferentes tamaños; grande, medio ou pequeno e por último as cores. Unha vez feita esta aproximación, levarase a cabo a tarefa da ficha, lendo o
  • 33. que pon a esquerda e contando as froitas para logo escribir o número correspondente. Tempo aproximado: Este tempo vai variar que imos traballar. Materiais: Lapis e lapis de cores As fichas  Atopa a parella Realización: se dispoñemos do programa e dunha pantalla dixital farase a actividade de forma interactiva e os neno terán que ir tocando as fichas na pantalla para que estas se xiren e así formas as parellas. No caso de non obter estes medios, o profesor fará as tarxetas coas que os alumnos logo traballarán. ¿cómo se fan as tarxetas? En cartolinas debuxaremos diferentes froitas e hortalizas, cada unha delas estará duplicada xa que necesitamos duas iguais de cada. Unha vez feitas recortaranse e deixarémoslle unha a cada neno para que as pintes, por exemplo. Unha vez rematado isto, poderemos empezar a xogar. Aquí os alumnos exercitan a súa memoria. Tempo aproximado: será distinto segundo o numero de tarxetas coas que traballemos e segundo o número de nenos que teñamos na clase. Tamén vai a depender moito de si temos que crear os recursos ou se dispoñemos deles anteriormente. Materiais: O programa, a pantalla dixital e o ordenador. As cartolinas e tesoiras Os lapis Os lapis de cores
  • 34.  Une coa súa parte correspondente Realización: Aquí imos relacionar a metade dunha froita coa súa outra metade. Esta actividade pode realizarse na nosa lingua ou podémola empregar para traballar o inglés e as froitas cos máis pequenos. Primeiramente falaremos das froitas, logo de cal é o seu nome nas diferentes linguas, cal é o seu color e por último relacionaremos as metades para formar unha. Pódese incluso escribir o nome das diferentes froitas. Tempo aproximado: este tempo diferirá segundo a cantidade de cousas que imos traballar. Materiais: Lapis Lapis de cores Goma  Ver anuncio tele Realización: porémoslle aos nenos o anuncio seleccionado e faremos un debate sobre o visto no anuncio, falaremos sobre o tema en cuestión e os nenos darán a súa opinión. Tempo aproximado: O tempo aproximado será de entre 20 e 25 minutos. Materiais: Ordenador Proxector
  • 35.  Excursión o mercado Realización: uns días antes enviarase unha nota aos pais para que os nenos traian firmada co seu consentimento. Ese día sairemos da escola cunha corda para non perder aos nenos. Xa no mercado iremos polos diferentes postos para que eles vexan todo o que hai. Dirémoslle cales son os alimentos máis saudables, os que deben comer e os que non, e mercaremos froitas para levar para clase. Tempo aproximado: 2h 30 min Materiais: unha corda para levar aos nenos durante a saída.  Tren dos sentidos Realización: para levar a cabo esta actividade taparémoslles os ollos aos cativos, para que así eles desenrolen os tres sentido que queremos traballar. Na primeira estación colocaremos as seguintes froitas: piña, mandarina, limón e plátano. Na segunda estación colocaremos estas mesmas froitas, en diferente orde, partidas pola metade para que así ulan mellor. Na última estación poremos as froitas cortadas en anaquiños pinchadas nun palillo. En cada estación os nenos deberán dicir o nome da froita que están tocando, ulindo e probando. Tempo aproximado: o tempo necesario para que todos os rapaces teñan a oportunidade de probar e ver se son capaces de recoñecer as froitas. Materiais: As froitas: piña, mandarina, limón e plátano. Os palillos Panos para tapar os ollos.
  • 36.  Taller de cocina Realización: O día en que vaiamos ao supermercado quedaremos a comer na escola. En colaboración con algúns pais faremos ovos recheos.1º observaremos como é un ovo cru e, a continuación, compararémolo cun ovo cocido. Partirémolos á metade, quitarémoslle a xema e mesturámolo con un pouco de atún, logo volvémola meter dentro do ovo (cheo- baleiro). Resaltaremos a importancia dos hábitos de hixiene antes de manipular alimentos, hábitos sociais durante a comida, etc. tamén faremos unha macedonia de froitas para o sobre mesa. Tempo aproximado: O tempo aproximado de duración de 3 horas Materiais: Os distintos alimentos Utensilios de cociña pertinetes  Facer a compra Realización: o profesor leva a clase varios catálogos de publicidade dos supermercados e lles pide aos alumnos que por parellas busquen determinados alimentos. De esta maneira, os alumnos teñen que buscar eles mesmos o vocabulario que aparece no folleto. Ao final da actividade pódeselle propor un reto ¿Hai algún grupo capaz de atopar os ingredientes para facer (Algunha receita que fixeramos na clase). Así os alumnos discutirán co seu compañeiro sobre os ingredientes que fan falta. Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 2 horas Materiais:
  • 37. Catálogos de diversos supermercados Papel Lapis  Bingo Este bingo está ideado para repasar o vocabulario dalgúns alimentos. Realización: A dinámica da actividade é a dun bingo normal: Formaranse equipos de xeito que cooperen axudándose entre si. Repártense os cartóns. Trátase de usalas tarxetas ovaladas como si foran as bolas do bingo; barállanse e vanse sacando unha a unha dicindo o nome da froita. Os nenos deberán marcar na súa tarxeta se teñen a froita que saíu. Cando un equipo teña marcadas tódalas froitas na súa tarxeta deberá dicir “bingo”. O premio para o equipo gañador pode ser unha peza de froita. Tempo aproximado: O xogo remata no momento no que un neno cante bingo. Pódense facer varias partidas. Materiais: Bolas de alimentos Tarxetas Lapis  Ricas matemáticas Realización: O profesor colocará sobre o prato cinco galletas e diante dos nenos comerá unha, os nenos deberán escribir o que ocorre matematicamente. Logo pedirase un voluntario e colócanse 6 cereixas e mandaráselle comer dúas, despois outro voluntario que coma 3 fresas de 7 e repetimos o mesmo procedemento que antes.
  • 38. Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 1 hora. Materiais: 7 fresas 6 cereixas 5 galletas  Os hábitos Realización: O profesor lerá unha serie de preguntas que os nenos teñen que contestar con Verdadeiro ou falso. Tempo aproximado: 15 min. Materiais: Ningún.  O menú do día Realización: Os nenos deberán debuxar sobre os pratos un menú que lles guste para as cinco comidas do día. Tempo aproximado: 15-30 min. Materiais: Fichas para colorear, pinturas de colores e lápiz  Indica o intruso Realización: repártese unha ficha a cada neno e terán que identificar qué alimento de cada cadro é o que non ten relación cos demais da lista. Tempo aproximado:O tempo aproximado e de 30 min Materiais:
  • 39. Fichas para cada neno Lapis  Sopa de letras Realización: Os nenos deben atopar o nome dos alimentos na sopa de letras. Tempo aproximado: 15-20 min. Materiais: Lapis.  Adiviña con imaxes Realización: O profesor porá os alumnos por parellas. Entregaralle a un membro de cada parella unha tarxeta cunha froita, un lapis e un papel. Cando o outro neno da parella adiviñe a froita, será este o que debuxará. Tempo aproximado: O tempo que necesitaremos será de 1 hora. Materiais: Tarxetas Papel Lapis  Domino de frutas Realización: se temos os recursos dixitais empezarase a xogar cando o profesor o indique, explicándolle aos alumnos previamente como se xoga, xa que ao mellor a maioría dos nenos é a primeira vez que xogan. De non posuír os recursos faranse as fichas na aula para poder xogar.
  • 40. Tempo aproximado: O tempo diferirá segundo o nivel de recursos que temos na aula, xa que non se tarda o mesmo se temos as fichas feitas que se as temos que facer. Materiais: O programa, a pantalla dixital e o ordenador. As cartolinas Os lapis Os lapis de cores As tesoiras  Imitacións Realización: Imitamos accións que nunca debemos facer na mesa: ¡Non quero comer!, tirar a comida, coller a comida do chan e metela na boca, andar co dedo no nariz na mesa, non mascar e esganarnos, non lavar os dentes despois de comer. Tempo aproximado: O tempo aproximado será de 30 ou 40 minutos. Materiais: Utensilios de unha mesa a poder ser de plástico: Pratos Coitelos Culleres Garfos Vasos  Conto Realización: lerémoslle o conto “O neno e o repolo”. Logo darémoslle as láminas cos debuxos dos personaxes principais para que os pinten
  • 41. e pegarémoslle un lapis por detrás para que os poidan mover. Pedirémoslle que debuxen as imaxes para os fondos e as pinten entre todos. Por último deberan representar o conto. Tempo aproximado: esta actividade terá unha duración de 2 horas máis ou menos. Materiais: Lapis de cores O conto Láminas dos personaxes Tesoiras Celo  Disfraces Realización: O primeiro que faremos será debuxar en cartolinas grandes de cores as froitas para facer os disfraces, logo recortarémolas e uniremos as partes ata ter formado o noso disfraz. Disfrazarémonos e na hora do recreo comeremos a froita que nos tocou, e o acabar de xogar aprenderemos o nome das froitas nos tres idiomas. Tempo aproximado: o tempo necesario para que todos os rapaces participen, pero nesta actividade recoméndase utilizar un día enteiro. Materiais: Tesoiras Cartolinas de diferentes cores Lapis e goma Froita de verdade O nome das froitas nas tres linguas
  • 42.
  • 43. 6. BIBLIOGRAFÍA Non empregamos ningún libro para realizar esta unidade didáctica, as actividades son ideadas por nós ou adaptadas dalgunha unidade didáctica atopada por internet. As imaxes están sacadas de google e axustadas aos nosos contidos.
  • 44. 7. ANEXOS Neste punto aportamos outra serie de recursos que poden ser de utilidades para traballar o tema da alimentación, tales como, cancións, poesías, adiviñas… CANCIÓNS "QUE VEÑA A POLO LEITE" Que veña a polo leite Isabel pon o mantel Pebida os cubertos Señores a comer Mamá non ten fame Papá vaise morrer que lle saíu un gran na punta do nariz "PAVO, PAVO CON ARROZ," Pavo, pavo, pavo con arroz se non o comes me o como eu cabaliño do mar quedaches sen lavar. "ASERRÍN, ASERRAN" Aserrín., aserran os madeiros de San Juan Pide pan, non lle dan e empézano a cortar. Pide queixo danlle óso, e córtanche o pescozo. Pide nata. danlle rata e córtanlle unha pa. Pide ameixas, danlle tellas e córtanlle as orellas Pide parrulo, danlle gato e córtano os zapatos.
  • 45. "CHOCOLATE, MUÍÑO," Chocolate, muíño corre corre que te pillo estirade, estirade que o demo vai pasar. "O LEITÓN DE MARTÍN" Un leitón moi gordo comprou Martín Ai Martín! Para que o quere non quixo dicir, para que o quere non quixo dicir. E para cear o bo Martín asouno, si, asouno, pero non sabia e non o logrou (bis) Graxa, lombo e mans todo se queimou, queimouse e o xamón tan rico estragóuselle (bis) e probar non puido ai! nin un poquitín, poquitín, quedou sen cea o pobre Martín ( bis). "ESTABA UNHA PASTORA " Estaba unha pastora larán, larán larito estaba unha pastora coidando o rebañito. Con leite das súas cabras larán, larán larito con leite das súas cabras mandou facer un quesito. O gato mirábaa larán, larán larito o gato mirábaa con ollos golositos
  • 46. Se ti lle fincas a uña larán, larán larito se ti lle fincas a uña cortareiche o rabito. Se a uña lla fincou larán, larán larito a unha fincoulla e o rabo lle corló. A confesar a falta larán, larán larito a confesar a falta foise ao Padre Benito. A vos pai acúsome larán, larán larito a vos pai acúsome que maltratei un gatiño. De penitencia bótote larán, larán larito de penitencia bótote que lle deas un besito. POESÍAS Sabes coles cultivar á moda, á moda Sabes coles cultivar á moda, do lugar. Cultivareinas cantando á moda, á moda as cultivarei cantando á moda do lugar.
  • 47. ADIVIÑAS Unha cousa redonda que non é bola, É verde e non é prado Ten auga e non é fonte Ten dentes e non morde. ( a sandía) Subo chea e baixo valeira Se non me dou présa a sopa enfria. ( a culler ) En brancos panos nacín, e en verde me transformei, tanto foi o meu sufrimento que amarelo me quedei. (o limón) Teño vaina e non son sable ¿ Viron que cousa notable ?. ( a xudía)
  • 48. O noso conto O neno e o repolo Había unha vez un neno que, aínda que era moi bo e obediente, odiaba comer repolo. Sempre que tocaba comelo protestaba e enfadábase moito. Un día, a súa mamá decidiu envialo ao mercado a comprar un repolo!, así que foi moi desgustado. No mercado, o neno tomou un repolo de mala gana, pero non era un repolo calquera. Era un repolo que tamén odiaba os nenos. Así que despois dunha discusión gorda, o neno e o repolo volveron á casa en silencio e enfadados todo o tempo. Pero polo camiño, ao cruzar o río, o neno esvarou, e ambos os dous caeron ás súas bravas augas e foron arrastrados corrente abaixo. Con moito esforzo, conseguiron subirse a unha táboa que encontraron e manterse a flote. Sobre aquela táboa estiveron tanto, tanto tempo á deriva, que despois de aburrirse, remataron falando un con outro, se coñeceron, se fixeron amigos, e xogaron a moitos xogos imposibles, como a pesca sen cana, o microescondedoiro ou o rei da montaña. Charlando co seu novo amigo, o neno comprendeu o importante que eran as verduras como o repolo para a súa idade, e o mal que lles sentaba que sempre falaran mal delas, e o repolo decatouse de que ás veces o seu sabor era forte e estraño para os nenos. Así que acordaron que ao chegar á casa, o neno trataría ao repolo con gran respecto, e o repolo faríase pasar por espagetti. O seu acordo foi todo un éxito: a mamá quedou extrañadísima do ben que comeu o repolo o neno, e o neno preparou para o repolo o mellor escondedoiro da súa barriga ao berro de que ricos están estes espagetti!
  • 49. Outros contos A hamburguesa que non quería ser comida basura Había unha vez unha hamburguesa que tiña moitas vidas. Cada día espertaba na súa hamburguesería, esperaba pacientemente a quenda ata que era preparada por un dos cociñeiros, e finalmente era servida en calquera das mesas. Mentres a comían, ela había todo o posible por ser saborosa, e co último bocado do cliente, sentía coma se se apagase a luz e se fose a durmir. E ao día seguinte repetíase a historia. A nosa hamburguesita podería ter seguido vivindo así de tranquila durante moitos anos, se non tivese sido porque un día, mentres esperaba a súa quenda no fogón, puido escoitar como un dos clientes a chamaba "comido lixo" Canto se enfadou! Estaba tan furiosa que case se queimou. A partir dese momento, decatouse para falar dela e das súas irmás de que moita xente usaba esa expresión. E tras escoitar atentamente calquera programa de raio ou televisión onde se falase de comido lixo ou comida sa, chegou a unha terrible conclusión: era verdade que era "comido lixo". Agora comprendía por que a maioría dos seus clientes favoritos estaban moito máis gordos que cando os coñeceu, ou por que os que visitaban moito o local tiñan mal aspecto. A hamburguesa sentiuse fatal, todo era pola súa culpa! Así que tratou de encontrar unha solución, algún xeito de evitar aquel odioso nome. E entón ocorréuselle. Cando viu que entraba un daqueles nenos que pisaban ao local case a diario, escolleu o mellor sitio, e esperou a ser servido. Unha vez en mans do neno, cando chegou ao momento máis especial, o da primeira dentada, concentrouse tanto como puido e...
  • 50. non pasou nada. O neno fincou os dentes na hamburguesa e mastigou aquel bocado normalmente. Logo deu outro, coa hamburguesa igual de concentrada, pero todo seguiu igual... Así seguiron varios bocados máis, e a hamburguesa estaba xa a punto de renderse, cando oíu a voz do neno: - Puaj!, Que rolo! Esta hamburguesa non sabe a nada. Aquilo foi só o principio dun plan que resultou perfecto. A hamburguesa convenceu a todas as súas irmás de que non tivesen ningún sabor cando os clientes estivesen a comer alí só uns días antes, a cambio de estar aínda máis saborosas cando espazasen máis as visitas. Desa forma, deixaron de ver sempre as mesmas caras enfermizas e repoludas, e moitos dos seus amigos comellons conseguiron un aspecto moito máis saudable, ademais de degustar hamburguesas moito máis ricas. E é moi posible que esas hamburguesas sexan moi viaxeiras porque, dende entón, en todas as partes gozas moito máis do sabor dunha comida cando levas tempo sen probala, que cando tratas de comer o mesmo todos os días. A poción da mala vida Hai moitos, moitos anos, todas as persoas estaban fortes e sas. Facían comidas moi variadas, e encantábanlles a froita, as verduras e o peixe; diariamente facían exercicio e gozaban do lindo saltando e xogando. A terra era o lugar máis san que se podía imaxinar, e notábase na vida da xente e dos nenos, que estaban cheas de alegría e bo humor. Todo aquilo enfadaba terriblemente as bruxas negras, os que só pensaban en facer o mal e amolar a todo o mundo. A peor de todas as bruxas, a malvada Caramala, tivo a máis terrible das ideas: entre todas unirían os seus poderes para inventar unha
  • 51. poción que quitase as ganas de vivir tan alegremente. Todas as bruxas se xuntaron no bosque dos pantanos e colaboraron para facer aquel maligno feitizo. E era tan poderoso e necesitaban tanta enerxía para facelo, que cando unha das bruxas se equivocou nunha soa palabra, houbo unha explosión tan grande que fixo desaparecer o bosque enteiro. A explosión converteu a todas aquelas malignas bruxas en seres tanpequeñitos e minúsculos como un microbio, deixándoas atrapadas no líquido verde dun pequeno frasco de cristal que quedou perdido entre os pantanos. Alí estiveron encerradas durante centos de anos, ata que un neno encontrou o frasco coa poción, e crendo que se trataba dun refresco, bebéullela enteira. As microscópicas e malvadas bruxas aproveitaron a ocasión e aínda que eran tan pequenas que non podían facer ningún dano, pronto aprenderon a cambiar os gustos do neno para prexudicarlle. En poucos días, os seus pellizquitos na lingua e a boca conseguiron que o neno xa non quixese comer as ricas verduras, a froita ou o peixe; e que só sentise ganas de comer xeados, pizzas, hamburguesas e lambetadas. E os mordisquitos en todo o corpo conseguiron que deixase de parecerlle divertido correr e xogar cos amigos polo campo e só sentise que todas aquelas cousas o cansaban, así que prefería quedar na casa sentado ou tombado. Así a súa vida se foi facendo máis aburrida, comezou a sentirse enfermo, e pouco despois xa non tiña ilusión por nada; a maligna poción funcionara! E o pero de todo, as bruxas aprenderon a saltar dunha persoa a outra, como os virus, e conseguiron que o malvado efecto da poción se convertese na máis contaxiosa das enfermidades, a da mala vida. Tivo que pasar algún tempo para que o doutor Sanis Saludakis, axudado do seu microscopio, descubrise as brujitas que causaban a enfermidade. Non houbo vacúa nin xarope que puidese acabar con
  • 52. elas, pero o bo doutor descubriu que as brujitas non soportaban a alegría e o bo humor, e que precisamente a mellor cura era esforzarse en ter unha vida moi sa, alegre e feliz. Nunha persoa sa, as bruxas aproveitaban calquera esbirro para fuxir a toda velocidade. Dende entón, as súas mellores receitas non eran pastillas nin inxeccións, senón un poquitín de esforzo para comer verduras, froitas e peixes, e para facer un pouco de exercicio. E cantos pasaban pola súa consulta e lle facían caso, remataban curándose totalmente da enfermidade da mala vida.