2. íNDICE
Situación
Historia do viveiro
Tipo de viveiro
Dimensións
Catálogo de especies
Esquema de reprodución
Instalacións
Automatismos
Sistemas de rega
Abonado
Empregados do viveiro
Conclusións
Agradecementos
3. SITUACIÓN
O viveiro A Falmega atópase no concello de Oroso, a cabalo das
parroquias de Vilarromariz e A Gándara, moi preto de Santiago de
Compostela.
7. HISTORIA DO VIVEIRO
-Ata o ano 1959 os terreos que hoxe constituen o viveiro
pertencían á explotación agraria dun particular. Nese ano o
Ministerio de Agricultura merca os mesmos e en 1983 pasan
a mans da Xunta de Galicia.
-Os dous primeiros anos de existencia do viveiro
empregáronse na parcelación, construción de pistas de
acceso, sistema de rega e construción de duas naves.Todo
esto foi feito á mán xa que naquelas datas escaseaban as
máquinas.
-Ó principio, este viveiro adicouse á produción e venta de
plantas de especies forestais “nativas” de todo tipo agás o
Eucaliptus sp. O destino era sobre todo para a venta a
particulares, anque esporádicamente tamén para a
adminstración.
8. -Dende o traspaso á Xunta de Galicia no 1983 o viveiro
vaise centrando na produción do castiñeiro híbrido. Era o
máis demandado e ademáis non lles interesaba ós viveiros
particulares pola extensa carencia ata que era productivo de
maneira que así non se non concorría con eles
deslealmente.
-Sobre os anos 1987-1990 xa producía castiñeiro híbrido en
exclusiva.
-No ano 2004 deixou de vender a particulares en
cumplimento de normas europeas que o imposibilitaban
pero “delegou” en viveiros privados esa función surtindoos
de material xenético contrastado pasandolles así o testigo.
-A día de hoxe o viveiro está desmantelando a maioría de
cepas nai de maneira que das doce mil que existían queren
deixar unhas mil e no seu lugar establecer un horto
semilleiro de distintas especies.
-Está previsto que no futuro o viveiro só garde unha coleción
de clons a modo de reserva xenética pero sen producir
plantas de castiñeiro híbrido para centrarse na produción de
sementes de distintas especies.
9. TIPO DE VIVEIRO
Viveiro de produción de castiñeiro híbrido (Castanea X hibrida)
obtido por acodo baixo para consumo interno da Xunta de
Galicia ou a veces da Administración Central
10. Dimensións
Superficie total : 15.91 hectáreas
Superficie dos rodais (útil) : 13.33 hectáreas
11. CATÁLOGO DE ESPECIES
So hai unha especie: Castiñeiro híbrido. Especie resistente á
tinta e apta tanto para a produción de madeira de calidade como
para froito.
12. ESQUEMA DE PRODUCIÓN
1-Plántanse castiñeiros e cando teñen 6 anos e uns 10 cm
de diámetro recépanse deixando un tocón de uns 20cm
13. 2- En abril empezan a emitir brotes e cando estes teñen uns
trinta centímetros faiselle un raspado ata o cambium en tres
puntos ó redor do talo cerca da base e aplicaselles a hormona
en forma de pasta e logo tápanse con terra (aporcado).
14. 3 -A partir de Decembro
ata Febreiro-Marzo retirase
a terra e cortanse os brotes
no punto de unión coa
cepa cunha tesoira de
poda.
As plantas clasifícanse por
tamaños e por calidade da
raíz e fanse feixes de 50
unidades e metense na
terra para que non se
deshidraten pero van para
destino sempre a raíz núa.
17. SISTEMAS DE REGA
Hai 3 parcelas para rega ás que so van destinadas as plantas de raíz
escasa e as excedentes de cada ano permanecendo soamente ata o
ano seguinte nesas parcelas.
18. SISTEMAS DE ABONADO
-Abono granulado agroblen
11-22-9 + 6MgO da casa
Scotts aplicado cando se
establecen as parcelas e a
posteriori ó redor das cepas
nas que se ven deficiencias
nutricionais mediante tres
orificios ó redor da cepa, pero
algo separados, polos que se
introduce unha variña por
medio da cal se “inxecta” o
abono.
-As propias follas do castiñeiro
incorporadas ó solo mediante
rotovator.
19. EMPREGADOS
-Fixos son seis:
catro peóns e un tractorista
ademáis dun técnico que
está a tempo parcial.
-Temporais unhos dez:
Antigamente proviñan de
Tragsa e hoxe
proporcionaos Seaga para
axudar coas tarefas máis
pesadas como poden ser o
raspado das plantas e o
aporcado.
20. CONCLUSIÓNS
Unha vez máis, puidemos comprobar dúas cousas. A
primeira que para levar a cabo unha empresa hai moito que
traballar e a segunda que a inexorable imposición de
mercados e normativas nos obrigan constantemente a
reinventarnos.