SlideShare a Scribd company logo
UD 1.- O NOSO LUGAR NO UNIVERSO


VIDEOFORUM: CONTACT1

Reparto
Jodie Foster
                             Ellie Arroway
Matthew Mc Conaughey
                             Palmer Joss
                             Michael Kitz
James Woods
                             S. R. Hadden
John Hurt
                             David Drumlin
Tom Skerrit
                             Kent Clark
William Fichtner
                             Ted Arroway
David Morse
                             Richard Rank
Rob Lowe
                             Rachel Constantine
Angela Bassett

Título orixinal: " Contact "
Nacionalidade: EEUU
Duración: 150 '
Xénero: Ciencia Ficción
Dirección: Robert Zemeckis
Guión: James V. Hart y Michael Goldenberg
Baseado na novela homónima de Carl Sagan (ganadora do Pulitzer
no 1985) e na historia adaptada por el mesmo)
Música: Alan Silvestri
Fotografía Don Burgess
Deseño de produción: Ed Verreaux
Montaxe: Arthur Schmidt
Produción: Robert Zemeckis y Steve Starkey

SINOPSE
Desde a súa infancia, Ellie estivo convencida de que alí fora hai algo, que máis alá das estrelas
existen seres cos que poder comunicarse.
A morte do seu pai e a soedade naque repentinamente se ve sumida provocan que se lance de che
o ao mundo da ciencia e adique a súa vida por completo ao único que sempre lle fascinou: a
astronomía.



                   ACTIVIDADES INICIAIS (previas ao visionado da película)
Para unha mellor comprensión e traballo posterior, necesitarás manexar algúns conceptos que
aparecen na película. Para iso, en grupos de cinco alumn@s traballa nas seguintes actividades.

A.1.- Indica cáles dos seguintes conceptos (citados unha ou máis veces na película) che resultan
      coñecidos, intentando dar unha explicación do significado dos mesmos.




1
     Esta actividade está elaborada a partir da proposta de materiais para CCMC do FECYT (MEC) (UD 3
    “Nuestro lugar en el Universo”)
Conceptos: radiotelescopio, púlsar, burato negro, nebulosa, quásar, constelación, planeta,
             supernova, ascensión recta e declinación, análise espectral, relatividade especial,
             ano-luz, proxecto SETI2, burato de verme
A.2.- a) Busca o significado ou explicación dos conceptos anteriores. Podes empregar libros de
         texto, enciclopedias ou Internet.
       b) Ademais dos conceptos anteriores, busca o significado dos seguintes conceptos:
           galaxias e cúmulos de galaxias, quásares e cúmulos estelares
               Se empregas Internet, poden serche de utilidade os seguintes enderezos de
       páxinas:
http://es.wikipedia.org (portal de astronomía da wikipedia)
Páxinas de carácter divulgativo:
http://weblogs.madrimasdorg/astrofisicawww.astroverada.com (“Exploremos o universo”)
http://www.astronia.com/index.htm (“Astronomía educativa”)
Para profundizar, pero tamén con carácter divulgativo e de gran actualidade:
http://weblogs.madrimasdorg/astrofisica (blog “Bitácora estelar”)

A.3.- Por grupos, expoñede os resultados da actividade anterior. Elaborade un pequeno
      documento baixo o título “Grandes estruturas do universo e conceptos relacionados” que
      recolla o léxico de traballo común, cos correspondentes significados.

A.4.- Na seguinte noticia periodística aparecen referencias á observación do espazo. Sinálaas e
      intenta darlle un significado ás mesmas.




2
    Falaremos máis del na actividade A.10.
                                                                                              2
A.5.- Explicación cualitativa do que é unha onda e as súas magnitudes fundamentais.
      Introdución ás ondas electromagnéticas e ás características do espectro
      electromagnético.


                                                                                 3
A.6.- Busca información sobre o fundamento da análise espectral e a súa utilidade para coñecer
      a composición das estrelas.

       Lecturas para introducir ambos temas:




                                                                                            4
A.7.- Na película cítase o burato negro de M81. Busca información sobre o que pode ser ese M81
      e relaciónao cos conceptos coñecidos de “ascensión recta” e “declinación”. Elabora un
      breve informe sobre os “catálogos de estrelas”.




                     ACTIVIDADES POSTERIORES AO VISIONADO DA PELÍCULA

A.8.- Elabora un pequeno informe no que inclúas as nocións ou conceptos científicos recoñecidos,
      os aspectos que non entendiches, aquelo que máis che interesou, cousas que che suxeriu e
      unha valoración global da mesma.

A.9.- Posta en común dos informes da actividade anterior e elaboración de conclusións globais.

A.10.- Na película fálase do Proxecto SETI. Investiga qué é ese proxecto e realiza un informe
       sobre a súa orixe e fundamentos, así como as súas características esenciais e a súa
       situación actual.

As seguintes actividades plantean consideracións relacionadas con temas abordados na súa
maioría na Unidade Didáctica 1.

A.11.- En dous momentos da película cítase un “mecanismo” típico do modo de traballar
      científico que se denomina “a navalla de Ockam”.3 As seguintes son citas de científicos
      recoñecidos. Recoñeces nelas mecanismos científicos do tipo de “a navalla de Ockam”.
      Coméntaas e elabora un breve informe.

3
    Xa falamos desta técnica na Unidade Didáctica 1
                                                                                                 5
A.12.- A protagonista, tal como parece indicar o feito de que a cámara rexistrara un tempo de
       grabación de 18 horas, puido viaxar durante ese tempo e, sen embargo, todos os
       presentes viron que o proceso non durou máis que a caída da cápsula. Que sentido ten
       esta especie de “dilema” que se deixa “caer” ao final da película?

A.13.- Sinala algunhas características do método científico que se poñan de manifesto ao longo
      da película.

A.14.- Sinala o modo no que en distintos momentos se manifesta na película que a ciencia é unha
       actividade sometida a presións financieiras. Cales cres que poden ser as causas desas
       presións?

A.15.- Sinala os momentos nos que na película se pon de manifesto a relación entre a actividade
       científica e “outros poderes”?

A.16.- Busca información e redacta un breve informe sobre o que é I+D e I + D + i

A.17.- Busca información e elabora un informe sobre a financiación pública/privada da ciencia
       en España.




                                                                                             6
A.18.- Sinala os momentos nos que na película se evidencian os posibles problemas ou conflictos
       entre as ideas científicas e outras ideas.

A.19.- Debate sobre os temas seguintes: son compatibles o progreso científico e tecnolóxico co
       desenvolvemento humano cara unha vida mellor? Ten a tecnoloxía a culpa dos males das
       sociedade e do deterioro do planeta?

A.20.- Debate-xogo de rol: A ciencia e a relixión son xeitos incompatibles de ver o mundo?
       Ten a ciencia algo que dicir á relixión? E a relixión á ciencia?

A.21.- Sería o descubrimento de civilizacións extraterrestres, aínda que non se chegara a
       entrar en contacto con elas, o “máis grande da historia da humanidade”, tal como se di
       na película? Que repercusións podería ter?




                                                                                             7

More Related Content

Similar to Videoforum contact versin alumnado (6)

Ficha 1 orixe do universo
Ficha 1 orixe do universoFicha 1 orixe do universo
Ficha 1 orixe do universo
 
Astrónomos boa
Astrónomos boaAstrónomos boa
Astrónomos boa
 
Ciencias para o mundo contemporáneo repaso do tema 1 a ciencia e a sociedade
Ciencias para o mundo contemporáneo repaso do tema 1 a ciencia e a sociedadeCiencias para o mundo contemporáneo repaso do tema 1 a ciencia e a sociedade
Ciencias para o mundo contemporáneo repaso do tema 1 a ciencia e a sociedade
 
O ceo é para tod@s
O ceo é para tod@sO ceo é para tod@s
O ceo é para tod@s
 
Tema 2 exercicios universo
Tema 2 exercicios universoTema 2 exercicios universo
Tema 2 exercicios universo
 
Que é a ciencia
Que é a ciencia Que é a ciencia
Que é a ciencia
 

More from juanapardo

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014
juanapardo
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexista
juanapardo
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
juanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
juanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
juanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
juanapardo
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
juanapardo
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universo
juanapardo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfrica
juanapardo
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
juanapardo
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.
juanapardo
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220
juanapardo
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326
juanapardo
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o exame
juanapardo
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exame
juanapardo
 

More from juanapardo (20)

Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014Actividade dossier de prensa 2014
Actividade dossier de prensa 2014
 
Publicidade non sexista
Publicidade non sexistaPublicidade non sexista
Publicidade non sexista
 
Mulleres científicas
Mulleres científicasMulleres científicas
Mulleres científicas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Anuncios sexistas
Anuncios sexistasAnuncios sexistas
Anuncios sexistas
 
Ficha 2 o universo
Ficha 2 o universoFicha 2 o universo
Ficha 2 o universo
 
Ficha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfricaFicha 3 fillos de áfrica
Ficha 3 fillos de áfrica
 
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedadeFicha 1 a ciencia e a sociedade
Ficha 1 a ciencia e a sociedade
 
Nuevos materiales.
Nuevos materiales.Nuevos materiales.
Nuevos materiales.
 
Materiales
MaterialesMateriales
Materiales
 
Materiales.1274367220
Materiales.1274367220Materiales.1274367220
Materiales.1274367220
 
El agua.
El agua.El agua.
El agua.
 
La energia.
La energia.La energia.
La energia.
 
Al gore.1240262326
Al gore.1240262326Al gore.1240262326
Al gore.1240262326
 
Tema 5 para o exame
Tema 5 para o exameTema 5 para o exame
Tema 5 para o exame
 
Tema 5 cmc
Tema 5 cmcTema 5 cmc
Tema 5 cmc
 
Tema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exameTema 4 cmc para o exame
Tema 4 cmc para o exame
 
Tema 4 cmc
Tema 4 cmcTema 4 cmc
Tema 4 cmc
 

Videoforum contact versin alumnado

  • 1. UD 1.- O NOSO LUGAR NO UNIVERSO VIDEOFORUM: CONTACT1 Reparto Jodie Foster Ellie Arroway Matthew Mc Conaughey Palmer Joss Michael Kitz James Woods S. R. Hadden John Hurt David Drumlin Tom Skerrit Kent Clark William Fichtner Ted Arroway David Morse Richard Rank Rob Lowe Rachel Constantine Angela Bassett Título orixinal: " Contact " Nacionalidade: EEUU Duración: 150 ' Xénero: Ciencia Ficción Dirección: Robert Zemeckis Guión: James V. Hart y Michael Goldenberg Baseado na novela homónima de Carl Sagan (ganadora do Pulitzer no 1985) e na historia adaptada por el mesmo) Música: Alan Silvestri Fotografía Don Burgess Deseño de produción: Ed Verreaux Montaxe: Arthur Schmidt Produción: Robert Zemeckis y Steve Starkey SINOPSE Desde a súa infancia, Ellie estivo convencida de que alí fora hai algo, que máis alá das estrelas existen seres cos que poder comunicarse. A morte do seu pai e a soedade naque repentinamente se ve sumida provocan que se lance de che o ao mundo da ciencia e adique a súa vida por completo ao único que sempre lle fascinou: a astronomía. ACTIVIDADES INICIAIS (previas ao visionado da película) Para unha mellor comprensión e traballo posterior, necesitarás manexar algúns conceptos que aparecen na película. Para iso, en grupos de cinco alumn@s traballa nas seguintes actividades. A.1.- Indica cáles dos seguintes conceptos (citados unha ou máis veces na película) che resultan coñecidos, intentando dar unha explicación do significado dos mesmos. 1 Esta actividade está elaborada a partir da proposta de materiais para CCMC do FECYT (MEC) (UD 3 “Nuestro lugar en el Universo”)
  • 2. Conceptos: radiotelescopio, púlsar, burato negro, nebulosa, quásar, constelación, planeta, supernova, ascensión recta e declinación, análise espectral, relatividade especial, ano-luz, proxecto SETI2, burato de verme A.2.- a) Busca o significado ou explicación dos conceptos anteriores. Podes empregar libros de texto, enciclopedias ou Internet. b) Ademais dos conceptos anteriores, busca o significado dos seguintes conceptos: galaxias e cúmulos de galaxias, quásares e cúmulos estelares Se empregas Internet, poden serche de utilidade os seguintes enderezos de páxinas: http://es.wikipedia.org (portal de astronomía da wikipedia) Páxinas de carácter divulgativo: http://weblogs.madrimasdorg/astrofisicawww.astroverada.com (“Exploremos o universo”) http://www.astronia.com/index.htm (“Astronomía educativa”) Para profundizar, pero tamén con carácter divulgativo e de gran actualidade: http://weblogs.madrimasdorg/astrofisica (blog “Bitácora estelar”) A.3.- Por grupos, expoñede os resultados da actividade anterior. Elaborade un pequeno documento baixo o título “Grandes estruturas do universo e conceptos relacionados” que recolla o léxico de traballo común, cos correspondentes significados. A.4.- Na seguinte noticia periodística aparecen referencias á observación do espazo. Sinálaas e intenta darlle un significado ás mesmas. 2 Falaremos máis del na actividade A.10. 2
  • 3. A.5.- Explicación cualitativa do que é unha onda e as súas magnitudes fundamentais. Introdución ás ondas electromagnéticas e ás características do espectro electromagnético. 3
  • 4. A.6.- Busca información sobre o fundamento da análise espectral e a súa utilidade para coñecer a composición das estrelas. Lecturas para introducir ambos temas: 4
  • 5. A.7.- Na película cítase o burato negro de M81. Busca información sobre o que pode ser ese M81 e relaciónao cos conceptos coñecidos de “ascensión recta” e “declinación”. Elabora un breve informe sobre os “catálogos de estrelas”. ACTIVIDADES POSTERIORES AO VISIONADO DA PELÍCULA A.8.- Elabora un pequeno informe no que inclúas as nocións ou conceptos científicos recoñecidos, os aspectos que non entendiches, aquelo que máis che interesou, cousas que che suxeriu e unha valoración global da mesma. A.9.- Posta en común dos informes da actividade anterior e elaboración de conclusións globais. A.10.- Na película fálase do Proxecto SETI. Investiga qué é ese proxecto e realiza un informe sobre a súa orixe e fundamentos, así como as súas características esenciais e a súa situación actual. As seguintes actividades plantean consideracións relacionadas con temas abordados na súa maioría na Unidade Didáctica 1. A.11.- En dous momentos da película cítase un “mecanismo” típico do modo de traballar científico que se denomina “a navalla de Ockam”.3 As seguintes son citas de científicos recoñecidos. Recoñeces nelas mecanismos científicos do tipo de “a navalla de Ockam”. Coméntaas e elabora un breve informe. 3 Xa falamos desta técnica na Unidade Didáctica 1 5
  • 6. A.12.- A protagonista, tal como parece indicar o feito de que a cámara rexistrara un tempo de grabación de 18 horas, puido viaxar durante ese tempo e, sen embargo, todos os presentes viron que o proceso non durou máis que a caída da cápsula. Que sentido ten esta especie de “dilema” que se deixa “caer” ao final da película? A.13.- Sinala algunhas características do método científico que se poñan de manifesto ao longo da película. A.14.- Sinala o modo no que en distintos momentos se manifesta na película que a ciencia é unha actividade sometida a presións financieiras. Cales cres que poden ser as causas desas presións? A.15.- Sinala os momentos nos que na película se pon de manifesto a relación entre a actividade científica e “outros poderes”? A.16.- Busca información e redacta un breve informe sobre o que é I+D e I + D + i A.17.- Busca información e elabora un informe sobre a financiación pública/privada da ciencia en España. 6
  • 7. A.18.- Sinala os momentos nos que na película se evidencian os posibles problemas ou conflictos entre as ideas científicas e outras ideas. A.19.- Debate sobre os temas seguintes: son compatibles o progreso científico e tecnolóxico co desenvolvemento humano cara unha vida mellor? Ten a tecnoloxía a culpa dos males das sociedade e do deterioro do planeta? A.20.- Debate-xogo de rol: A ciencia e a relixión son xeitos incompatibles de ver o mundo? Ten a ciencia algo que dicir á relixión? E a relixión á ciencia? A.21.- Sería o descubrimento de civilizacións extraterrestres, aínda que non se chegara a entrar en contacto con elas, o “máis grande da historia da humanidade”, tal como se di na película? Que repercusións podería ter? 7