TEMA 5: DOS TRANSPLANTES ÁS CÉLULAS NAI


    1. O TRANSPLANTE DE ÓRGANOS
O transplante de órganos foi un dos grandes éxitos da medicina do século XX. Esta terapia
logrou mellorar as condicións de vida de moitos enfermos e ofrecerles a outros a única
esperanza de seguir con vida.

Quen pode ser doador? O doador adoita ser unha persoa en situación de “morte cerebral “ou
“morte encefálica”, é dicir, unha persoa que faleceu, o seu cerebro deixou de funcionar, pero
os latexos do seu corazón mantéñense de forma artificial para que os órganos que van ser
transplantados estean en perfectas condicións. Para que unha persoa se considere un posible
doador é suficiente con que, en vida, lle transmitirá aos familiares máis directos a decisión de
que, logo da morte, os seus órganos sirvan para salvar ou mellorar a vida doutras persoas. O
seu desexo sempre será respectado. Nalgúns tipos de transplante o doador pode ser unha
persoa viva ( Ex. Pel, médula ósea, fígado ou incluso un ril).

A lexislación española ( 1979): é onde se contemplan os puntos fundamentais:

        Morte encefálica como definición científica, legal e ética do concepto de morte do
        individuo
        O respecto á vontade do falecido en canto a doar ou non os seus órganos.
        Diagnóstico de morte feito por un equipo de médicos independente do de
        transplante.
        Carácter altruista do doador e a non comercialización dos órganos.
        Anonimato do doador.
        A aplicación de criterios médicos para a distribución dos órganos.
    2. QUE PROBLEMAS PRESENTAN OS TRANSPLANTES?
Transplantar é substituír un órgano enfermo e que pon en perigo a vida dunha persoa por
outro que funcione axeitadamente. Presenta tres graves problemas: o rexeitamento
inmunolóxico, a escaseza de órganos disponibles e a imposibilidade técnica de obter
determinados órganos e tecidos.

Rexeitamento inmunolóxico: o noso sistema inmunitario ten a capacidade de distinguir o
propio do alleo, se os glóbulos brancos detectan algo estraño intentan destruílo. Estas
defensas tamén funcionan cando un órgano, un tecido ou unas células procedentes dun
doador se introducen no corpo dun receptor. Por iso é imprencindible que doador e receptor
sexan o máis parecidos posible, que sexan compatibles, no caso contrario prodúcese o
rexeitamento. Para evitar ou minimizar o rexeitamento empréganse potentes fármacos
denominados inmuno supresores que reducen de xeito drástico a capacidade de resposta do
sistema inmunitario. O problema é que deixan exposto o organismo ás máis diversas
infeccións. Estes fármacos, que a medio e longo plazo son tóxicos para a persoa que os toma,
hainos que subministrar durante toa a vida do paciente.
A escaseza de órganos disponibles: Aínda que España é o país con maior índice de doadores
ao redor de 5000 enfermos agardan nas listas de espera. Nos casos urxentes non supera os
poucos días, pero entre un 10 e un 15% de pacientes en espera dun corazón ou dun fígado
falece antes de recibir o transplante.

A imposibilidade técnica de obter determinados órganos e tecidos.: o cerebro e o tecido
óseo é imposible obtelos e transplantalos. Hoxe por hoxe, non é posible disponer de células
nerviosas que poderían curar , por exemplo, lesións da medula espiñal que comportan a perda
de mobilidade nas persoas afectadas, ou de enfermidades neurodexenerativas.

A pesar do indudidable éxito dos transplantes, os problemas que formulan son difíciles de
resolver. Os científicos teñen posto o seu empeño no desenvolvemento de novas terapias que
eliminen o problema da escaseza de órganos e tecidos para transplantes e que eviten deste
xeito o temido rexeitamento. Estas terapias pararán nun futuro próximo pola medicina
rexenerativa, que se basea na utilización das células nai e cuxo obxectivo é rexenerar calquera
dos tecidos ou órganos que non funcionan sen provocar danos no enfermo.

    3. CÉLULAS NAI E MEDICINA REXENERATIVA
O cigoto é unha célula que ten o potencial de desenvolver un individuo completo. Esta célula
divídese unha e outra vez dando lugar a células novas que van diferenciándose
progresivamente e acaban por especializarse adquirindo unha forma e unha función
particular. Ao tempo que se especializan, as células perden o seu potencial orixinal e, en último
termo, a capacidade de se dividir.

O termo células nai utilízase para referirse, en xeral, a células non especializadas. Estas células
caracterízanse porque son capaces de:

        Multiplicarse durante longos períodos de tempo e orixinar, a súa vez, células non
        especializadas.
        Orixinar células que se diferencian e dan lugar a células especializadas.

    A célula nai por excelencia é o cigoto, capaz de orixinar todas as células dun novo
    individuo. En función da súa capacidade, as células nai clasifícanse en:

    -   Totipotentes: son células capaces de orixinar un individuo completo. Serían o cigoto e
        o bastocisto.
    -   Pluripotentes: Non poden orixinar un individuo completo pero manteñen a
        capacidade de orixinar todos e cada un dos tipos celulares que o forman. O conxunto
        de células nai incluídas no interior do blastocisto tardío son células nai pluripotentes.
    -   Multipotentes: son células nai adultas que conservan certa capacidade de orixinar,
        non todos pero si algún, tipos de células. Por exemplo, na médula ósea existen células
        que se poden transformar en glóbulos vermellos, plaquetas e diferentes tipos de
        glóbulos brancos. Son células nai multipotentes.
    -   Oligopotentes: son células nai adultas que só poden orixinar un ou uns poucos tipos
        de células. Por exemplo, as células nai da pelo u do tecido nervioso.
A MEDICINA REXENERATIVA

A medicina rexenerativa é unha no a rama biomédica que ten por obxecto fabricar un tecido
ou órgano funcional completamente novo que substitúa o afectado. O coñecemento das
células nai e das técnicas que permiten manipulalas abriu as portas a novos tipos de terapias,
como a terapia celular ou a enxeñaría de tecidos, que son a base da medicina rexenerativa. As
células nai que, ao menos teóricamente poderían empregarse son:

       Células nai embrionarias, procedentes de embrións temperáns. Son as que teñen
       maiores posibilidades xa que son pluripotentes e poden orixinar calquera tipo de
       tecido.
       Células nai adultas ( de tecidos). Atópanse en todos os tecidos humanos, aínda que
       non a mesma cantidade. Son células nai oligopotentes.
       Células pluripotentes inducidas. Están en fase de investigación. Son células adultas e
       especializadas nas que tras seren sometidas a diferentes tratamentos , se produce
       unha desdiferenciación e se transforman de novo en células nai embrionarias
       pluripotentes.

Perspectivas da Medicina rexenerativa: pode supoñer no futuro a alternativa á técnica actual
de transplantes, pero quedan moitos problemas por superar tanto de orde científica como
ética. A inmensa maioría dos ensaios clínicos actuais baséanse en células nai adultas, obtidas
de médula ósea ou de cordón umbilical, que se empregan para tratar trastornos relacionados
co sangue, aínda que tamén para repasar o músculo cardíaco e corrixir danos en válvulas e
arterias. Pero as perspectivas futuras para a utilización de células nai son inmensas: desde a
produción de células pancreáticas para curar a diabete ou de células cardíacas para reparar as
zonas mortas tras un infarto, á obtención de neuronas para tratar enfermidades
neurodexenerativas, como o párkinson e o alzhéimer, ou para reparar lesións medulares.

Tema 5 cmc

  • 1.
    TEMA 5: DOSTRANSPLANTES ÁS CÉLULAS NAI 1. O TRANSPLANTE DE ÓRGANOS O transplante de órganos foi un dos grandes éxitos da medicina do século XX. Esta terapia logrou mellorar as condicións de vida de moitos enfermos e ofrecerles a outros a única esperanza de seguir con vida. Quen pode ser doador? O doador adoita ser unha persoa en situación de “morte cerebral “ou “morte encefálica”, é dicir, unha persoa que faleceu, o seu cerebro deixou de funcionar, pero os latexos do seu corazón mantéñense de forma artificial para que os órganos que van ser transplantados estean en perfectas condicións. Para que unha persoa se considere un posible doador é suficiente con que, en vida, lle transmitirá aos familiares máis directos a decisión de que, logo da morte, os seus órganos sirvan para salvar ou mellorar a vida doutras persoas. O seu desexo sempre será respectado. Nalgúns tipos de transplante o doador pode ser unha persoa viva ( Ex. Pel, médula ósea, fígado ou incluso un ril). A lexislación española ( 1979): é onde se contemplan os puntos fundamentais: Morte encefálica como definición científica, legal e ética do concepto de morte do individuo O respecto á vontade do falecido en canto a doar ou non os seus órganos. Diagnóstico de morte feito por un equipo de médicos independente do de transplante. Carácter altruista do doador e a non comercialización dos órganos. Anonimato do doador. A aplicación de criterios médicos para a distribución dos órganos. 2. QUE PROBLEMAS PRESENTAN OS TRANSPLANTES? Transplantar é substituír un órgano enfermo e que pon en perigo a vida dunha persoa por outro que funcione axeitadamente. Presenta tres graves problemas: o rexeitamento inmunolóxico, a escaseza de órganos disponibles e a imposibilidade técnica de obter determinados órganos e tecidos. Rexeitamento inmunolóxico: o noso sistema inmunitario ten a capacidade de distinguir o propio do alleo, se os glóbulos brancos detectan algo estraño intentan destruílo. Estas defensas tamén funcionan cando un órgano, un tecido ou unas células procedentes dun doador se introducen no corpo dun receptor. Por iso é imprencindible que doador e receptor sexan o máis parecidos posible, que sexan compatibles, no caso contrario prodúcese o rexeitamento. Para evitar ou minimizar o rexeitamento empréganse potentes fármacos denominados inmuno supresores que reducen de xeito drástico a capacidade de resposta do sistema inmunitario. O problema é que deixan exposto o organismo ás máis diversas infeccións. Estes fármacos, que a medio e longo plazo son tóxicos para a persoa que os toma, hainos que subministrar durante toa a vida do paciente.
  • 2.
    A escaseza deórganos disponibles: Aínda que España é o país con maior índice de doadores ao redor de 5000 enfermos agardan nas listas de espera. Nos casos urxentes non supera os poucos días, pero entre un 10 e un 15% de pacientes en espera dun corazón ou dun fígado falece antes de recibir o transplante. A imposibilidade técnica de obter determinados órganos e tecidos.: o cerebro e o tecido óseo é imposible obtelos e transplantalos. Hoxe por hoxe, non é posible disponer de células nerviosas que poderían curar , por exemplo, lesións da medula espiñal que comportan a perda de mobilidade nas persoas afectadas, ou de enfermidades neurodexenerativas. A pesar do indudidable éxito dos transplantes, os problemas que formulan son difíciles de resolver. Os científicos teñen posto o seu empeño no desenvolvemento de novas terapias que eliminen o problema da escaseza de órganos e tecidos para transplantes e que eviten deste xeito o temido rexeitamento. Estas terapias pararán nun futuro próximo pola medicina rexenerativa, que se basea na utilización das células nai e cuxo obxectivo é rexenerar calquera dos tecidos ou órganos que non funcionan sen provocar danos no enfermo. 3. CÉLULAS NAI E MEDICINA REXENERATIVA O cigoto é unha célula que ten o potencial de desenvolver un individuo completo. Esta célula divídese unha e outra vez dando lugar a células novas que van diferenciándose progresivamente e acaban por especializarse adquirindo unha forma e unha función particular. Ao tempo que se especializan, as células perden o seu potencial orixinal e, en último termo, a capacidade de se dividir. O termo células nai utilízase para referirse, en xeral, a células non especializadas. Estas células caracterízanse porque son capaces de: Multiplicarse durante longos períodos de tempo e orixinar, a súa vez, células non especializadas. Orixinar células que se diferencian e dan lugar a células especializadas. A célula nai por excelencia é o cigoto, capaz de orixinar todas as células dun novo individuo. En función da súa capacidade, as células nai clasifícanse en: - Totipotentes: son células capaces de orixinar un individuo completo. Serían o cigoto e o bastocisto. - Pluripotentes: Non poden orixinar un individuo completo pero manteñen a capacidade de orixinar todos e cada un dos tipos celulares que o forman. O conxunto de células nai incluídas no interior do blastocisto tardío son células nai pluripotentes. - Multipotentes: son células nai adultas que conservan certa capacidade de orixinar, non todos pero si algún, tipos de células. Por exemplo, na médula ósea existen células que se poden transformar en glóbulos vermellos, plaquetas e diferentes tipos de glóbulos brancos. Son células nai multipotentes. - Oligopotentes: son células nai adultas que só poden orixinar un ou uns poucos tipos de células. Por exemplo, as células nai da pelo u do tecido nervioso.
  • 3.
    A MEDICINA REXENERATIVA Amedicina rexenerativa é unha no a rama biomédica que ten por obxecto fabricar un tecido ou órgano funcional completamente novo que substitúa o afectado. O coñecemento das células nai e das técnicas que permiten manipulalas abriu as portas a novos tipos de terapias, como a terapia celular ou a enxeñaría de tecidos, que son a base da medicina rexenerativa. As células nai que, ao menos teóricamente poderían empregarse son: Células nai embrionarias, procedentes de embrións temperáns. Son as que teñen maiores posibilidades xa que son pluripotentes e poden orixinar calquera tipo de tecido. Células nai adultas ( de tecidos). Atópanse en todos os tecidos humanos, aínda que non a mesma cantidade. Son células nai oligopotentes. Células pluripotentes inducidas. Están en fase de investigación. Son células adultas e especializadas nas que tras seren sometidas a diferentes tratamentos , se produce unha desdiferenciación e se transforman de novo en células nai embrionarias pluripotentes. Perspectivas da Medicina rexenerativa: pode supoñer no futuro a alternativa á técnica actual de transplantes, pero quedan moitos problemas por superar tanto de orde científica como ética. A inmensa maioría dos ensaios clínicos actuais baséanse en células nai adultas, obtidas de médula ósea ou de cordón umbilical, que se empregan para tratar trastornos relacionados co sangue, aínda que tamén para repasar o músculo cardíaco e corrixir danos en válvulas e arterias. Pero as perspectivas futuras para a utilización de células nai son inmensas: desde a produción de células pancreáticas para curar a diabete ou de células cardíacas para reparar as zonas mortas tras un infarto, á obtención de neuronas para tratar enfermidades neurodexenerativas, como o párkinson e o alzhéimer, ou para reparar lesións medulares.