SlideShare a Scribd company logo
14:30, soa o timbre que indica o remate das clases. Antes de abandonar a aula, a
profesora de matemáticas manda tarefas para o día seguinte. Madior recolle apresurada os
libros para poder chegar cedo a casa e comezar as tarefas antes de comer. Cando ía saír
do instituto, sinte como alguén chama por ela, dase a volta e descubre que é Cristian.
-Madior, quedamos os rapaces e máis eu ás 16:30 para ir á piscina, queres vir
connosco?
-Vale, pero ata as cinco non podo chegar porque teño que ir mercar un traxe de baño
novo, o que teño é do ano pasado e xa está vello. Vaime acompañar María e despois virá
comigo á piscina.
-De acordo, vémonos logo.
Madior apresúrase a chegar á casa e, ó pasar diante da farmacia, lémbrase de que
ten que comprar xarope para o constipado do seu pai. Entra, merca o xarope e continúa o
camiño.
-Ola mamá!
-Ola Madior, que tal hoxe na escola?
-Moi ben, déronme as notas de bioloxía e de inglés. En bioloxía, fun a mellor da
clase, un 9’75, pero en inglés, tan só cheguei ao 7.
-Moi ben Madior, non te preocupes polo inglés, segue así.
Mamá, cando termines de facer o xantar avísame, que vou facer os deberes.
-De acordo filliña.
A rapaza deixa a cociña e sobe para o seu cuarto mentres a nai segue a preparar o
xantar. Pasados quince minutos chama pola súa filla.
-Madior, baixa, a comida está na mesa!
-Xa vou mamá, vou de contado!
Como Madior tardaba en baixar, seu pai, que tamén estaba na cociña, subiu ao seu
cuarto.
-Apura, que arrefría a comida.
-É que estaba a facer uns exercicios de matemáticas, e cóstanme moito.
-Baixa, xa os rematarás máis tarde. Se non o consegues mirámolo en internet.
Madior baixa e axuda á súa nai a poñer aliño á ensalada e enche a xarra de auga
que estaba baleira:
-Madior, polo serán tes que ir ó supermercado de abaixo por auga, tán só queda
unha garrafa.
-Quedei cos rapaces da clase para ir á piscina. Cómproa ao voltar. Mamá, outra vez
peixe? Aínda o xantamos onte!
-Come e cala, maña xa che farei pasta con carne e tomate, e deixa o móbil, que
estamos na mesa.
-Mamá, onde teño as cousas da piscina?
-Están gardadas no garaxe. No armario que hai ó lado das bicicletas, coas cousas do
verán.
A rapaza remata de comer e recolle o seu prato. Cando vai polas escaleiras, esvara,
e sen podelo evitar, precipítase escaleiras abaixo.
Cando abre os ollos, decátase de que todo isto fora un soño. En realidade, non caera
polas escaleiras, estaba a durmir na súa casa de Dakar (Senegal) cando... o seu marido a
espertou. O primeiro que viu ó espertar foi o pucheiro da comida no chan, enriba do que fora
o lume do día anterior. Ó carón, estaba a carta que lle enviara a súa curmá dende España,
contándolle ó marabillosa que era a vida nese país. Era o único que había naquela choza
Madior tiña que ir por auga para realizar as tarefas do fogar. Non era unha nena
como a do soño, senón unha rapaza de 25 anos que tivera cinco fillos, pero debido ás
precarias condicións nas que a súa familia vivia, só sobreviviran dous deles. Un destes
morrera por disentería, a causa de beber auga en mal estado.
Cando era unha rapaciña quedou sen nai e ir por auga converteuse nunha rutina
diaria para ela. Todos os días tiña que percorrer case 11 quilómetros, para conseguir entre
15 e 20 litros de auga.
O maior desexo de Madior é coñecer este país que parece de conto e que o seu
soño se faga realidade: poder estudar, saír cos amigos, ir á piscina...
Este traballo de ir recoller auga nos países do terceiro mundo realízano as mulleres.
Nel invirten a maior parte da súa vida. Nesta rutina, expóñense ós riscos do camiño. Son
viaxes moi longas, con altas temperaturas, por lugares pouco transitados... e téñenas que
facer soas.
Xenma, Alba, María.
Emprestamos as nosas verbas a todas as Madior do planeta.

More Related Content

What's hot

5. tocoume terceiro de e.x.b.
5.  tocoume terceiro de e.x.b.5.  tocoume terceiro de e.x.b.
5. tocoume terceiro de e.x.b.
satelite1
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapa
satelite1
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
satelite1
 
8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOSxurxobou
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
satelite1
 

What's hot (7)

5. tocoume terceiro de e.x.b.
5.  tocoume terceiro de e.x.b.5.  tocoume terceiro de e.x.b.
5. tocoume terceiro de e.x.b.
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapa
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
 

Viewers also liked

LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
angelciencia
 
Illa de basura
Illa de basuraIlla de basura
Illa de basura
angelciencia
 
28704893 sixth-sense-final-ppt
28704893 sixth-sense-final-ppt28704893 sixth-sense-final-ppt
28704893 sixth-sense-final-ppt3265mn
 
Dyrvari
DyrvariDyrvari
Dyrvarif2lp
 
Nadal
NadalNadal
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
angelciencia
 
28704893 sixth-sense-final-ppt
28704893 sixth-sense-final-ppt28704893 sixth-sense-final-ppt
28704893 sixth-sense-final-ppt3265mn
 
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
MATEMÁTICAS DIVERTIDASMATEMÁTICAS DIVERTIDAS
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
angelciencia
 
Ciencia en galego 2012
Ciencia en galego 2012Ciencia en galego 2012
Ciencia en galego 2012
angelciencia
 
ACTIVIDADES DIA DA CIENCIA EN GALEGO,2013.
ACTIVIDADES DIA DA CIENCIA EN GALEGO,2013.ACTIVIDADES DIA DA CIENCIA EN GALEGO,2013.
ACTIVIDADES DIA DA CIENCIA EN GALEGO,2013.angelciencia
 
Exposición
ExposiciónExposición
Exposición
angelciencia
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinais
angelciencia
 
Dia da arbore 2014
Dia da arbore 2014Dia da arbore 2014
Dia da arbore 2014angelciencia
 
Auga e economía
Auga e economíaAuga e economía
Auga e economía
angelciencia
 
Beberías ti desta auga
Beberías ti desta augaBeberías ti desta auga
Beberías ti desta auga
angelciencia
 
10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS
10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS
10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS
angelciencia
 
Ciclo da auga
Ciclo da augaCiclo da auga
Ciclo da auga
angelciencia
 
Science
ScienceScience
Science
angelciencia
 

Viewers also liked (19)

LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
Illa de basura
Illa de basuraIlla de basura
Illa de basura
 
28704893 sixth-sense-final-ppt
28704893 sixth-sense-final-ppt28704893 sixth-sense-final-ppt
28704893 sixth-sense-final-ppt
 
Dyrvari
DyrvariDyrvari
Dyrvari
 
Nadal
NadalNadal
Nadal
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
28704893 sixth-sense-final-ppt
28704893 sixth-sense-final-ppt28704893 sixth-sense-final-ppt
28704893 sixth-sense-final-ppt
 
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
MATEMÁTICAS DIVERTIDASMATEMÁTICAS DIVERTIDAS
MATEMÁTICAS DIVERTIDAS
 
Ciencia en galego 2012
Ciencia en galego 2012Ciencia en galego 2012
Ciencia en galego 2012
 
ACTIVIDADES DIA DA CIENCIA EN GALEGO,2013.
ACTIVIDADES DIA DA CIENCIA EN GALEGO,2013.ACTIVIDADES DIA DA CIENCIA EN GALEGO,2013.
ACTIVIDADES DIA DA CIENCIA EN GALEGO,2013.
 
Exposición
ExposiciónExposición
Exposición
 
Plantas medicinais
Plantas medicinaisPlantas medicinais
Plantas medicinais
 
Dia da arbore 2014
Dia da arbore 2014Dia da arbore 2014
Dia da arbore 2014
 
Auga e economía
Auga e economíaAuga e economía
Auga e economía
 
Beberías ti desta auga
Beberías ti desta augaBeberías ti desta auga
Beberías ti desta auga
 
A AUGA
A AUGAA AUGA
A AUGA
 
10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS
10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS
10 CURIOSIDADES SOBRE A AUGA QUE NUNCA IMAXINARÍAS
 
Ciclo da auga
Ciclo da augaCiclo da auga
Ciclo da auga
 
Science
ScienceScience
Science
 

More from angelciencia

ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCROÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
angelciencia
 
CARTEIS DE CARLOS CASARES
CARTEIS DE CARLOS CASARESCARTEIS DE CARLOS CASARES
CARTEIS DE CARLOS CASARES
angelciencia
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
angelciencia
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño
angelciencia
 
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZAPREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
angelciencia
 
biblioteca do anxel fole
biblioteca do anxel folebiblioteca do anxel fole
biblioteca do anxel fole
angelciencia
 
Recomendado
RecomendadoRecomendado
Recomendado
angelciencia
 
Moléculas auga
Moléculas augaMoléculas auga
Moléculas auga
angelciencia
 
Exposición 1
Exposición 1Exposición 1
Exposición 1
angelciencia
 
Bases castellano
Bases castellanoBases castellano
Bases castellano
angelciencia
 
Concurso literario
Concurso literarioConcurso literario
Concurso literario
angelciencia
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
angelciencia
 
O coltán pdf
O coltán pdfO coltán pdf
O coltán pdf
angelciencia
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
angelciencia
 
Navidad
NavidadNavidad
Navidad
angelciencia
 
Carteis auga copia
Carteis auga   copiaCarteis auga   copia
Carteis auga copia
angelciencia
 
Ciencia en galego
Ciencia en galegoCiencia en galego
Ciencia en galego
angelciencia
 
Publicación
PublicaciónPublicación
Publicación
angelciencia
 
IMPORTANCIA DA AUGA
IMPORTANCIA DA AUGAIMPORTANCIA DA AUGA
IMPORTANCIA DA AUGAangelciencia
 

More from angelciencia (20)

ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCROÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
ÚLTIMOS AVANCES NO TRATAMENTO DO CANCRO
 
CARTEIS DE CARLOS CASARES
CARTEIS DE CARLOS CASARESCARTEIS DE CARLOS CASARES
CARTEIS DE CARLOS CASARES
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño
 
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZAPREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
PREMIO CERVANTES 2016: EDUARDO MENDOZA
 
biblioteca do anxel fole
biblioteca do anxel folebiblioteca do anxel fole
biblioteca do anxel fole
 
Recomendado
RecomendadoRecomendado
Recomendado
 
Moléculas auga
Moléculas augaMoléculas auga
Moléculas auga
 
Exposición 1
Exposición 1Exposición 1
Exposición 1
 
Bases castellano
Bases castellanoBases castellano
Bases castellano
 
Concurso literario
Concurso literarioConcurso literario
Concurso literario
 
Mulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelasMulleres nas estrelas
Mulleres nas estrelas
 
O coltán pdf
O coltán pdfO coltán pdf
O coltán pdf
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
 
Navidad
NavidadNavidad
Navidad
 
Carteis auga copia
Carteis auga   copiaCarteis auga   copia
Carteis auga copia
 
Ciencia en galego
Ciencia en galegoCiencia en galego
Ciencia en galego
 
Publicación
PublicaciónPublicación
Publicación
 
IMPORTANCIA DA AUGA
IMPORTANCIA DA AUGAIMPORTANCIA DA AUGA
IMPORTANCIA DA AUGA
 
Cartel
CartelCartel
Cartel
 

UN SOÑO PASADO POR AUGA

  • 1. 14:30, soa o timbre que indica o remate das clases. Antes de abandonar a aula, a profesora de matemáticas manda tarefas para o día seguinte. Madior recolle apresurada os libros para poder chegar cedo a casa e comezar as tarefas antes de comer. Cando ía saír do instituto, sinte como alguén chama por ela, dase a volta e descubre que é Cristian. -Madior, quedamos os rapaces e máis eu ás 16:30 para ir á piscina, queres vir connosco? -Vale, pero ata as cinco non podo chegar porque teño que ir mercar un traxe de baño novo, o que teño é do ano pasado e xa está vello. Vaime acompañar María e despois virá comigo á piscina. -De acordo, vémonos logo. Madior apresúrase a chegar á casa e, ó pasar diante da farmacia, lémbrase de que ten que comprar xarope para o constipado do seu pai. Entra, merca o xarope e continúa o camiño. -Ola mamá! -Ola Madior, que tal hoxe na escola? -Moi ben, déronme as notas de bioloxía e de inglés. En bioloxía, fun a mellor da clase, un 9’75, pero en inglés, tan só cheguei ao 7. -Moi ben Madior, non te preocupes polo inglés, segue así. Mamá, cando termines de facer o xantar avísame, que vou facer os deberes. -De acordo filliña. A rapaza deixa a cociña e sobe para o seu cuarto mentres a nai segue a preparar o xantar. Pasados quince minutos chama pola súa filla.
  • 2. -Madior, baixa, a comida está na mesa! -Xa vou mamá, vou de contado! Como Madior tardaba en baixar, seu pai, que tamén estaba na cociña, subiu ao seu cuarto. -Apura, que arrefría a comida. -É que estaba a facer uns exercicios de matemáticas, e cóstanme moito. -Baixa, xa os rematarás máis tarde. Se non o consegues mirámolo en internet. Madior baixa e axuda á súa nai a poñer aliño á ensalada e enche a xarra de auga que estaba baleira: -Madior, polo serán tes que ir ó supermercado de abaixo por auga, tán só queda unha garrafa. -Quedei cos rapaces da clase para ir á piscina. Cómproa ao voltar. Mamá, outra vez peixe? Aínda o xantamos onte! -Come e cala, maña xa che farei pasta con carne e tomate, e deixa o móbil, que estamos na mesa. -Mamá, onde teño as cousas da piscina? -Están gardadas no garaxe. No armario que hai ó lado das bicicletas, coas cousas do verán. A rapaza remata de comer e recolle o seu prato. Cando vai polas escaleiras, esvara, e sen podelo evitar, precipítase escaleiras abaixo.
  • 3. Cando abre os ollos, decátase de que todo isto fora un soño. En realidade, non caera polas escaleiras, estaba a durmir na súa casa de Dakar (Senegal) cando... o seu marido a espertou. O primeiro que viu ó espertar foi o pucheiro da comida no chan, enriba do que fora o lume do día anterior. Ó carón, estaba a carta que lle enviara a súa curmá dende España, contándolle ó marabillosa que era a vida nese país. Era o único que había naquela choza Madior tiña que ir por auga para realizar as tarefas do fogar. Non era unha nena como a do soño, senón unha rapaza de 25 anos que tivera cinco fillos, pero debido ás precarias condicións nas que a súa familia vivia, só sobreviviran dous deles. Un destes morrera por disentería, a causa de beber auga en mal estado. Cando era unha rapaciña quedou sen nai e ir por auga converteuse nunha rutina diaria para ela. Todos os días tiña que percorrer case 11 quilómetros, para conseguir entre 15 e 20 litros de auga. O maior desexo de Madior é coñecer este país que parece de conto e que o seu soño se faga realidade: poder estudar, saír cos amigos, ir á piscina... Este traballo de ir recoller auga nos países do terceiro mundo realízano as mulleres. Nel invirten a maior parte da súa vida. Nesta rutina, expóñense ós riscos do camiño. Son viaxes moi longas, con altas temperaturas, por lugares pouco transitados... e téñenas que facer soas. Xenma, Alba, María. Emprestamos as nosas verbas a todas as Madior do planeta.