2. 1º) Un protagonista de mediana idade sen
compromisos familiares e na maior parte dos
casos, sen ataduras sentimentais que leva
unha vida anódina e gris, sen aspiracións nen
motivacións, e cunha baixa autoestima.
3. 2º) Un suceso inesperado e dramático que
acontece na súa vida e que serve de detonante
para a historia; como a morte ou desaparición
dun coñecido, documentación ou pista
relevante que cae nas súas mans sobre un
segredo que non se debería saber...
4. 3º) A continuación desenvólvese unha carreira
desesperada na que, necesariamente, ten
que escapar de dous ou máis adversarios,
porque un só non engadiría suspense á
trama.
5. 4º) Sempre hai momentos típicos na historia,
nos que o protagonista se consegue colar nun
sitio de máxima seguridade desafiando canta
alarma e dispositivo encontra ao seu paso.