Galería fotográfica de la sesión de cuentacuentos de Elisa Betancor en el CEIP Hoya Andrea el 30 de enero de 2015. El cuento contado fue "La ovejita que vino a cenar" y el acto tuvo lugar con motivo de la celebración del Día Escolar de la Paz.
Ramiro es un ratoncito muy tímido y ella la menor de su familia. Él la observa todo lo que pueda sin que ella lo note...Ella es de una familia de humanos!
2. No medio da fraga hai unha vella cabaña branca e un xardín con cabazas. Arrecende a rica sopa, e pola noite poderíades ver a través da ventá a un GATO tocando a gaita, un ESQUíO con un banjo e un PARRULO cantando.
3. Todalas noites preparan sopa de cabaza. A mellor sopa do mundo. Feita polo GATO que corta a cabaza . Feita polo ESQUÍO que remexe a sopa . Feita polo PARRULO que bota na sopa a cantidade xusta de sal.
4.
5. Os tres xuntos toman a sopa … E tocan a súa canción E despois van para á cama baixo o cobertor cosido polo GATO, bordado polo ESQUÍO e recheo con suaves plumas de PARRULO.
6. Reina a paz na vella cabaña branca. Todos teñen a súa tarefa. Todos son felices. … Ou… iso semella.
7. Pero unha mañán PARRULO espertou cedo. Entrou de puntiñas na cociña e sorriu ao ver a culler do ESQUÍO. Sería fantástico –pensou-, se eu poidese ser o xefe da cociña. Achegou un banquiño, saltou enriba del e estricouse ata que co peteiro alcanzou a punta da culler
8. PARRULO volveu ao cuarto, ergueu a culler e dixo: - Hoxe tócame a min remexer a sopa.
9. ¡Remexer é cousa miña! -berrou ESQUÏO-. A culler é miña. ¡Devólvema! Es demasiado pequeño, seguiremos cociñando coma sempre. Pero PATO agarrouse á culler… ata que ESQUÍO tirou con todalas súas forzas e …¡ EPA!. A culler saiu voando e…
12. - Eu marcho de aquí –dixo PARRULO chorando-. Nunca me deixades axudarvos. Cargou a carretilla, puxo o pucho e marchou . - Claro- fungou GATO-, volverás cando teñamos todo recollido, ¿non?. ESQUÍO axitou a culler no aire, pero PARRULO non volveu.
13. -Atopareino eu –dixo GATO burlándose. Estará acochado fóra. Aposto a que está entre as cabazas . Pero PARRULO non estaba alí. Non o atoparon por ningures .
15. GATO vixiaba a porta, ESQUÍO ía dun lado para outro. PARRULO vaise arrepentir cando volva a casa.
16. Pero PARRULO non volveu nin siquera para tomar a sopa. A sopa non estaba boa. Tiña demasiado sal. De todolos xeitos non tiñan fame. Choraban. As súas bágoas caían no prato e cada vez a sopa estaba máis salgada.
17. -Tiñamos que haberlle deixado remexer a sopa –chorou ESQUÍO. -Só quería axudarnos –saloucou GATO. Imos buscalo.
18. GATO e ESQUÍO metétonse naquela fraga escura mortos de medo
19. Temían por PARRULO, só entre aquelas árbores, os raposos, os lobos, as bruxas e os osos. Pero non o atoparon.
20. Camiñaron e camiñaron e chegaron ao borde dun abismo. GATO lamentouse: -¿Poida que caese por aquí!
21. Vouno rescatar –berrou ESQUÍO. Descolgouse por unha longa corda. Ao chegar ao fondo buscou por todas partes. Pero non puido encontrar a PARRULO.
22. Entón GATO dixo moi tristeiro: Pode que PARRULO encontrase mellores amigos, amigos que lle deixasen axudar…
23. Canto máis pensaban niso, mentres volvían a casa, máis certos estaban de que aquilo era o que ocorrera.
24. Pero cando estban chegando, viron luz na vella cabaña branca. -¿É PARRULO! –exclamaron, E entraron correndo na casa.
29. Mentres PARRULO remexía a sopa, GATO e ESQUÍO non abriron a boca. Tampouco cando a remexeu con tanta forza que salpicou por todas partes. Nin siquera protestaron cando a pota se queimou. Despois PATO ensinou a ESQUÍO como medir o sal. E a sopa seguiu a ser a millor do mundo.
30. Volvía reinar a paz na vella cabaña branca. Ata que PARRULO dixo: PARECEME QUE AGORA … VOU TOCAR A GAITA