1. ¿Son vertedoiros os
montes galegos?
Foto/Denuncia:
Estrada Comarcal Castro de Beiro
Iria V ázquez Gonz ález
2. U b ic a c ió n
o Lugar: Montes situado á beira da estrada
comarcal de Castro de Beiro
(Ourense)
o Día: 24 de marzo de 2012
3. Análise do Impacto Ambiental
Moi próximo a Ourense, pola estrada de Vigo, temos a
oportunidade de escapar do ruído e do estrés da cidade para
trasladarnos a unha zona periférica cunha forma de vida máis
tranquila, que non por iso máis doada. Dita zona coñécese como
Castro de Beiro.
Recentemente, pasei pola estrada que leva a este lugar. Nas
beiras da mesma, de camiño ao Castro, tiven a posibilidade de
apreciar vistas fermosas con moitas árbores e plantas e, ao
lonxe, a cidade de Ourense.
• Sen embargo, tamén observei algunha zona ennegrecida polos
incendios do ano pasado e a gran cantidade de lixo que había
depositado en determinadas zonas. É o caso dun monte situado á
beira da estrada, no que se formou un “pequeno” vertedoiro.
4. Análise do Impacto Ambiental
Nesta zona, as persoas foron depositando bolsas con lixo, sacos
con restos de materiais de obras e demais materiais de
construción, caixas de bebidas, cubos rotos, roupa, pezas de
vellos televisores, plásticos, sacos e ata mobles estragados.
O impacto ambiental que xeran estes vertedoiros naturais
tradúcese na contaminación do solo, nas dificultades de
crecemento das especies vexetais, nas doenzas da poboación
próxima á zona e na contaminación do aire.
As fotografías presentadas a continuación poñen de manifesto o
lixo como a consecuencia dunha sociedade consumista baseada en
produtos de usar e tirar.
5. Análise do Impacto Ambiental
• Se nos queremos desfacer de aparellos e instrumentos que non
empregamos, en todas as cidades hai zonas coñecidas como
“puntos limpos” onde as persoas encargadas recollen os materiais
e deposítanos alí para o seu posterior reciclaxe.
• Nin a natureza nin os montes teñen que sufrir as consecuencias
das nosas accións. Non son vertedoiros.
Axúdanos a denunciar situacións coma esta!!