SlideShare a Scribd company logo
1 of 18
Download to read offline
LUGARES EMBLEMÁTICOS
DO REXURDIMENTO NA
CORUÑA
Roteiro 1º BACHARELATO
17/4/23
1° CASA DE PONDAL (rúa Juana de Vega, n° 21)
No número 21 da rúa Juana de Vega
-hotel "La Luguesa"- morre o día 8 de
marzo de 1917 Eduardo Pondal.
Neste hotel pasaría os derradeiros
anos da súa vida. Preocupado por
facer do galego unha lingua culta,
aquí pronunciaría as famosas
palabras a Lugrís Fereire que este
mesmo cita:
"Décheme unha lingua de ferro;
devólvoche unha lingua de ouro"
Texto 1
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña,
nesta garrida cibdade
que mil belezas aducia,
a cabo do insine Curros:
xa que a d'él y-a miña musa
a fala de Breogán
fixeron nobre e robusta,
eu quero yacer de par
de tan nobre sepultura...
Se non for na Ponte-Ceso,
sepultádeme na Cruña.
2° ESTATUA DE PONDAL (Xardíns de Méndez Núñez)
A estatua de Pondal -en mármol e do ano
1925- é obra de Fernando Cortés Bugía.
Canda a estatua plantaron un piñeiro
(Pondal utiliza esta árbore no seus
poemas, entre eles no Himno Galego, que
lle fai advertencias ao pobo para que
desperte do seu sono) que o temporal
derrubou en 2014. Co seu tronco o
escultor Enrique Tenreiro fixo unha
escultura que está na entrada do Ágora
desde o ano 2016.
Texto 2
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas
copas
de escuro arume
arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Texto 3
Miniñas da Cruña,
d’ amabre despejo,
de falas graciosas
e pasos ligeiros,
deixá de Castilla
os duros acentos:
falade, miniñas,
falade gallego.
3°ESTATUA DE CURROS ENRÍQUEZ (Xardíns de Méndez Núñez)
Non é difícil atopar na Coruña o
espectacular –como a fama do
homenaxeado– conxunto escultórico
dedicado a Curros. Obra do escultor
Francisco Asorey e situado nos Xardíns
de Méndez Núñez, foi inaugurado o día
11 de agosto de 1934. No acto estaban
o presidente da II República Niceto
Alcalá Zamora, o alcalde da Coruña
Suárez Ferrín e o presidente da Real
Academia Galega Manuel Lugrís Freire.
Texto 4
Cántiga
Primeiro poema en galego de Curros, que se converteu na canción popular máis
coñecida do noso folclore. Popularizada polo mítico cantante coruñés Pucho
Boedo.
4° TEATRO ROSALÍA DE CASTRO (rúa Rego de Auga, n°37)
Inaugurado en 1840 o Teatro
Rosalía de Castro foi testemuña
de acontecimientos importantes,
entre eles, a homenaxe en 1904
a Curros. Nese acto é coroado, o
máximo honor que podía recibir
un poeta. O agasallo é unha
coroa de ouro e prata, obra de
Isidoro Brocos. No acto Curros le
o coñecido poema “Ao pobo
cruñés”.
Texto 5
Miñas donas, meus señores,
que polos papés chamados
(sempre extremosos comigo)
vindes honrarme a este acto;
¡que non saia deste sitio,
se sei como agradecervos
tan lisonxeiro agasallo!
¿Que fixen eu, ¡voto a min!
pra merecer estes laudos,
pra que me tratés millor
que si fora o deputado?
5° REAL ACADEMIA GALEGA (rúa Tabernas, n°11)
Na Casa do Consulado da
Coruña celebrouse o acto de
constitución da Real
Academia Galega o día 4 de
setembro de 1905. A
inauguración tivo lugar na
Reunión Instrutiva e
Recreativa de Artesáns da
Coruña o día 30 de setembro
de 1906. Tras pasar por
outras sedes, na actualidade,
a RAG está no número 11 da
rúa Tabernas da Coruña.
Fundada en 1906, os Estatutos da Real Academia Galega afirman no
Capítulo I, Artigo I:
"A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como
obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a
ilustración, defensa e promoción do idioma galego."
6. Real Audiencia
Aquí foi xulgado Curros por Aires da miña terra, o que foi un episodio fundamental
para a conquista da liberdade de expresión. Deféndeo o avogado Luciano Puga.
Gaña o xuízo e pouco despois vaise á Habana.
Vídeo explicativo
Texto 6
A Mariquiña Puga
Despedida
Como ti vas pra lonxe
i eu vou pra vello,
un adiós, Mariquiña,
mandarche quero,
que a morte é o diaño
i anda rondando as tellas
do meu tellado.
Cando deixes as costas
da nosa terra
nin lus nin poesía
quedará nela.
Cando te vaias
vaise contigo o ánxel
da miña garda.
Pombiña mensaxeira
de branca pruma,
fálalle ós emigrados
da patria súa.
Dilles, mimosa,
que deles apartada
Galicia chora.
7° CASA DE FRANCISCA HERRERA GARRIDO (rúa do Príncipe, n°1)
Nesta casa da Coruña
–número 1 da rúa Príncipe,
na Cidade Vella–, viviu a
escritora Francisca Herrera
Garrido, casa contigua á de
Rosalía na Coruña, de quen
foi amiga. Nada na Coruña
en 1869, Francisca Herrera
Garrido foi a primeira muller
en entrar na Real Academia
Galega, en 1945.
8°CASA DE ROSALÍA DE CASTRO (rúa do Príncipe,n°3)
Nesta casa –número 3 da rúa
Príncipe da Coruña, na Cidade
Vella– viviu Rosalía de Castro
coa familia en 1873, como
sinala a placa da fachada.
Nomeado Murguía director do
Arquivo Xeral do Reino, a
familia vive na Coruña entre
1871 e 1874. No segundo
andar vén ao mundo a quinta
filla do matrimonio, Amara, en
1873.
“En Santiago hace un frío
espantoso y apareció a mis
ojos tal cual lo he descrito
en Mauro. Jamás he visto
tanta soledad, tanta
tristeza, un cielo más
pálido. En cambio, La
Coruña estaba
hermosísima. Una
temperatura de primavera y
un sol brillante. Estaba por
quedarme ya en ella.”
(Carta de Rosalía a
9° TUMBA DE SIR JOHN MOORE (xardín de San Carlos)
Aquí está enterrado
John Moore, xeneral
británico que morreu
na batalla de Elviña
en 1809, na que se
enfrontaron
franceses e ingleses
no marco da guerra
de Independencia
española en Galicia.
Rosalía dedicoulle
un poema.
FIN DO ROTEIRO. MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN
Desde este punto do
Parrote, partiu Curros a
Habana e Rosalía
vendo marchar en
barcos centos de
persoas para a
emigración encontrou a
inspiración para o seu
famoso poema:
Texto 7: Prá Habana
Venderonll'os bois,
Venderonll'as vacas,
O pote d'o caldo
Y á manta d'a cama.
Venderonll'ó carro
Y as leiras que tiña,
Deiarono soyo
C'o á roupa vestida.
—María, eu son mozo,
Pedir non m'é dado,
Eu vou pó-Io mundo
Pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
Y á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
D'o meu corazon!
N'a pràcida riveira solitaria
Que convida ô descanso y ôs amores.
De humanos séres á compauta linea
Que brila ô sol, adiántase e retórcese,
Mais preto, e lentamente as curvas sigue
D'o murallon antigo d'o Parrote.
O corazon apertase d'angustia,
Óyense risas, uramentos s'oyen,
Y as brasfemias s'auntan c'os sospiros...
¿Onde van eses homes?
Dentro d'un mes n'o simiterio imenso
D'a Habana, ou n'os seus bosques,
Ide á ver que foy d'eles...
¡N'o etern'olvido para sempre dormen!...
¡Probes nais que os criaron,
Y as que os agardan amorosas, probes!

More Related Content

Similar to Roteiro Rexurdimento na Coruña

Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillasmariasorey
 
Letras galegas caricaturas pak
Letras galegas  caricaturas pakLetras galegas  caricaturas pak
Letras galegas caricaturas pakEndl Félix Muriel
 
Letras galegas caricaturas pak
Letras galegas  caricaturas pakLetras galegas  caricaturas pak
Letras galegas caricaturas pakEndl Félix Muriel
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo PondalVinseiro
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaReme Rbm
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacAlbaBenRivas_1BAC-A
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH
Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACHTríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH
Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACHMarlou
 
Curros Enríquez
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros EnríquezVinseiro
 

Similar to Roteiro Rexurdimento na Coruña (20)

Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bacOs séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
Os séculos escuros, cristina pernas e alba ben, 1º a bac
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Letras galegas caricaturas pak
Letras galegas  caricaturas pakLetras galegas  caricaturas pak
Letras galegas caricaturas pak
 
Letras galegas caricaturas pak
Letras galegas  caricaturas pakLetras galegas  caricaturas pak
Letras galegas caricaturas pak
 
Asoreyadleiro
AsoreyadleiroAsoreyadleiro
Asoreyadleiro
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
ÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro CunqueiroÁLvaro Cunqueiro
ÁLvaro Cunqueiro
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A BacOs Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
Os Séculos Escuros, Cristina Pernas e Alba Ben, 1º A Bac
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Himno galego
Himno galegoHimno galego
Himno galego
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH
Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACHTríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH
Tríptico. Saída á Coruña. 1ºBACH
 
Curros Enríquez
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros Enríquez
 

Roteiro Rexurdimento na Coruña

  • 1. LUGARES EMBLEMÁTICOS DO REXURDIMENTO NA CORUÑA Roteiro 1º BACHARELATO 17/4/23
  • 2.
  • 3. 1° CASA DE PONDAL (rúa Juana de Vega, n° 21) No número 21 da rúa Juana de Vega -hotel "La Luguesa"- morre o día 8 de marzo de 1917 Eduardo Pondal. Neste hotel pasaría os derradeiros anos da súa vida. Preocupado por facer do galego unha lingua culta, aquí pronunciaría as famosas palabras a Lugrís Fereire que este mesmo cita: "Décheme unha lingua de ferro; devólvoche unha lingua de ouro"
  • 4. Texto 1 Se non for na Ponte-Ceso, sepultádeme na Cruña, nesta garrida cibdade que mil belezas aducia, a cabo do insine Curros: xa que a d'él y-a miña musa a fala de Breogán fixeron nobre e robusta, eu quero yacer de par de tan nobre sepultura... Se non for na Ponte-Ceso, sepultádeme na Cruña.
  • 5. 2° ESTATUA DE PONDAL (Xardíns de Méndez Núñez) A estatua de Pondal -en mármol e do ano 1925- é obra de Fernando Cortés Bugía. Canda a estatua plantaron un piñeiro (Pondal utiliza esta árbore no seus poemas, entre eles no Himno Galego, que lle fai advertencias ao pobo para que desperte do seu sono) que o temporal derrubou en 2014. Co seu tronco o escultor Enrique Tenreiro fixo unha escultura que está na entrada do Ágora desde o ano 2016.
  • 6. Texto 2 Que din os rumorosos na costa verdecente, ao raio transparente do prácido luar? ¿Que din as altas copas de escuro arume arpado co seu ben compasado monótono fungar? Texto 3 Miniñas da Cruña, d’ amabre despejo, de falas graciosas e pasos ligeiros, deixá de Castilla os duros acentos: falade, miniñas, falade gallego.
  • 7. 3°ESTATUA DE CURROS ENRÍQUEZ (Xardíns de Méndez Núñez) Non é difícil atopar na Coruña o espectacular –como a fama do homenaxeado– conxunto escultórico dedicado a Curros. Obra do escultor Francisco Asorey e situado nos Xardíns de Méndez Núñez, foi inaugurado o día 11 de agosto de 1934. No acto estaban o presidente da II República Niceto Alcalá Zamora, o alcalde da Coruña Suárez Ferrín e o presidente da Real Academia Galega Manuel Lugrís Freire.
  • 8. Texto 4 Cántiga Primeiro poema en galego de Curros, que se converteu na canción popular máis coñecida do noso folclore. Popularizada polo mítico cantante coruñés Pucho Boedo.
  • 9. 4° TEATRO ROSALÍA DE CASTRO (rúa Rego de Auga, n°37) Inaugurado en 1840 o Teatro Rosalía de Castro foi testemuña de acontecimientos importantes, entre eles, a homenaxe en 1904 a Curros. Nese acto é coroado, o máximo honor que podía recibir un poeta. O agasallo é unha coroa de ouro e prata, obra de Isidoro Brocos. No acto Curros le o coñecido poema “Ao pobo cruñés”.
  • 10. Texto 5 Miñas donas, meus señores, que polos papés chamados (sempre extremosos comigo) vindes honrarme a este acto; ¡que non saia deste sitio, se sei como agradecervos tan lisonxeiro agasallo! ¿Que fixen eu, ¡voto a min! pra merecer estes laudos, pra que me tratés millor que si fora o deputado?
  • 11. 5° REAL ACADEMIA GALEGA (rúa Tabernas, n°11) Na Casa do Consulado da Coruña celebrouse o acto de constitución da Real Academia Galega o día 4 de setembro de 1905. A inauguración tivo lugar na Reunión Instrutiva e Recreativa de Artesáns da Coruña o día 30 de setembro de 1906. Tras pasar por outras sedes, na actualidade, a RAG está no número 11 da rúa Tabernas da Coruña. Fundada en 1906, os Estatutos da Real Academia Galega afirman no Capítulo I, Artigo I: "A Real Academia Galega é unha institución científica que ten como obxectivo fundamental o estudo da cultura galega e especialmente a ilustración, defensa e promoción do idioma galego."
  • 12. 6. Real Audiencia Aquí foi xulgado Curros por Aires da miña terra, o que foi un episodio fundamental para a conquista da liberdade de expresión. Deféndeo o avogado Luciano Puga. Gaña o xuízo e pouco despois vaise á Habana. Vídeo explicativo
  • 13. Texto 6 A Mariquiña Puga Despedida Como ti vas pra lonxe i eu vou pra vello, un adiós, Mariquiña, mandarche quero, que a morte é o diaño i anda rondando as tellas do meu tellado. Cando deixes as costas da nosa terra nin lus nin poesía quedará nela. Cando te vaias vaise contigo o ánxel da miña garda. Pombiña mensaxeira de branca pruma, fálalle ós emigrados da patria súa. Dilles, mimosa, que deles apartada Galicia chora.
  • 14. 7° CASA DE FRANCISCA HERRERA GARRIDO (rúa do Príncipe, n°1) Nesta casa da Coruña –número 1 da rúa Príncipe, na Cidade Vella–, viviu a escritora Francisca Herrera Garrido, casa contigua á de Rosalía na Coruña, de quen foi amiga. Nada na Coruña en 1869, Francisca Herrera Garrido foi a primeira muller en entrar na Real Academia Galega, en 1945.
  • 15. 8°CASA DE ROSALÍA DE CASTRO (rúa do Príncipe,n°3) Nesta casa –número 3 da rúa Príncipe da Coruña, na Cidade Vella– viviu Rosalía de Castro coa familia en 1873, como sinala a placa da fachada. Nomeado Murguía director do Arquivo Xeral do Reino, a familia vive na Coruña entre 1871 e 1874. No segundo andar vén ao mundo a quinta filla do matrimonio, Amara, en 1873. “En Santiago hace un frío espantoso y apareció a mis ojos tal cual lo he descrito en Mauro. Jamás he visto tanta soledad, tanta tristeza, un cielo más pálido. En cambio, La Coruña estaba hermosísima. Una temperatura de primavera y un sol brillante. Estaba por quedarme ya en ella.” (Carta de Rosalía a
  • 16. 9° TUMBA DE SIR JOHN MOORE (xardín de San Carlos) Aquí está enterrado John Moore, xeneral británico que morreu na batalla de Elviña en 1809, na que se enfrontaron franceses e ingleses no marco da guerra de Independencia española en Galicia. Rosalía dedicoulle un poema.
  • 17. FIN DO ROTEIRO. MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN Desde este punto do Parrote, partiu Curros a Habana e Rosalía vendo marchar en barcos centos de persoas para a emigración encontrou a inspiración para o seu famoso poema:
  • 18. Texto 7: Prá Habana Venderonll'os bois, Venderonll'as vacas, O pote d'o caldo Y á manta d'a cama. Venderonll'ó carro Y as leiras que tiña, Deiarono soyo C'o á roupa vestida. —María, eu son mozo, Pedir non m'é dado, Eu vou pó-Io mundo Pra ver de ganalo. Galicia está probe, Y á Habana me vou... ¡Adios, adios, prendas D'o meu corazon! N'a pràcida riveira solitaria Que convida ô descanso y ôs amores. De humanos séres á compauta linea Que brila ô sol, adiántase e retórcese, Mais preto, e lentamente as curvas sigue D'o murallon antigo d'o Parrote. O corazon apertase d'angustia, Óyense risas, uramentos s'oyen, Y as brasfemias s'auntan c'os sospiros... ¿Onde van eses homes? Dentro d'un mes n'o simiterio imenso D'a Habana, ou n'os seus bosques, Ide á ver que foy d'eles... ¡N'o etern'olvido para sempre dormen!... ¡Probes nais que os criaron, Y as que os agardan amorosas, probes!