Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Ramón Cabanillas

6,750 views

Published on

presentación en power point do poeta galego Ramón Cabanillas
power point presentation of Ramón Cabanillas, a galician poet

Published in: Education, Travel, Business
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Ramón Cabanillas

  1. 1. RAMÓN CABANILLAS BIOGRAFÍA EN IMAXES
  2. 2. “Nacín o 3 de San Xoán do 1876, ás tres da tarde, chovendo a Dios dar aguas, nunha casiña vella, cun vello patín de pedra, da viliña feudal de Fefiñáns”. Carta a Carballo Calero
  3. 3. Ramón Cabanillas Enríquez é fillo de José Cabanillas Rodríguez, natural de Sanxenxo e de Joaquina Enríquez García, de Vilariño. Os pais coñécense na casa do avogado Eugenio Fraga Mascato, onde ambos traballaban, pero non casan.
  4. 4. José Cabanillas casa anos máis tarde con Peregrina Pérez, coa que ten varios fillos, que terán boa relación co seu medio irmán Ramón. Manuel Cabanillas Pérez Pío Cabanillas e Ramón
  5. 5. O neno Ramón estuda na escola do convento.
  6. 6. AMOR DE NENO, NO DESTERRO, 1913 O meu amor morréu. Foi un que tiven cando tiña dez anos. Era unha nena branca como un lirio coa que xoguéi ó arco, axuntéi estampiñas, collín rosas e brinquéi polos agros. ¡Veu nas azas dun morno Abril; levouna irto vento dun Marzo! E teño unha esperanza. Cando eu morra, Ela estará agardando... ¡ e xuntiños iremos cortar rosas e brincar polos agros!.
  7. 7. Seminarista en Compostela “ Antre o 89 e o 93 paseéi os craustros de San Martiño Pinario, de onde salín cun revoltixo na cachola, de Historia, Retórica e Matemáticas. De Latín, Grego e Filosofía, nada, nin polo forro; catro vaguedades penduradas dun fío”.
  8. 8. Volta a Cambados “nese tempo divertínme nas tascas, antre mariñeiros, e faguendo, ás veces, copras de rexoubeo” . Cacabelos, 1905 A Pastora, 1904
  9. 9. Ramón Cabanillas e Eudosia Álvarez casan en 1899 Axiña empezan a chegar os fillos: Manuel (1899), Mª Luisa (1900), Aurora (1902), José (1904), Joaquín (1905), Ramona (1907) e Ramón (1909)
  10. 10. Tal como é, é ditoso. Nada o mágoa e nin sabe de envexas nin de dores. Todas as erbas, para él, son frores, pelras de luz todas as pingas de ágoa, e todos os paxaros, reiseñores. Din que é parvo Xoquín... ¡Parvos son os que o din! Aínda virá outro fillo en 1918, Pío Cabanillas Álvarez. É diminuído psíquico
  11. 11. Cabanillas Periodista El Umia, 1907 El Cometa, 1910
  12. 12. “O desterro” Embarca, rumbo a América, no vapor Dania en setembro de 1910.
  13. 13. La Habana, Cuba Peirao Centro Gallego Malecón
  14. 14. Portada da revista Suevia, onde empeza a publicar. Carimbo da empresa na que traballa en Sagua. Balneario de Amaro en Rodrigo, onde residiu.
  15. 15. O poeta sente morriña. En xullo de 1912 embarca para Galicia, estará uns meses. Xantar de benvida na casa de Xosé Fraga Peña, “Furruxe”.
  16. 16. Setembro de 1912, morre a nai A ROSALÍA DE CASTRO Afundido no dor, frebente, tolo, chamaba a morte a berros ó perdela, cando ó ler os teus libros ¡ou consolo! surdiche Tí :contigo tornou Ela! Dende entón, si ferido dos penares que ensangrentan a vida con que loito pouso a ialma nas Follas e os Cantares, ¡Rosalía! ¡miña nai! ¡miña santiña...! ¡méntrela Rula milagreira escoito, sinto unha doce man que me acariña! DA TERRA ASOBALLADA, 1917
  17. 17. Volta a Cuba Xosé Fontenla Leal anímao a publicar. Tertulia na cafetería do Centro Gallego. Basilio Álvarez prologa o libro. Portada da 1ª Edición de No desterro. La Habana, 1913
  18. 18. Novo libro: Vento Mareiro, La Habana, 1915. En xuño dese ano volve a Galicia definitivamente O Vento Mareiro é “o ventiño maino e leve do noroeste que na primavera e no verán sopra desde o mediodía á tardiña baixa en Cambados e outras partes da Ría de Arousa”. Francisco Fernández Rei
  19. 19. Fotos enviadas desde Cuba “ A Joaquín Sánchez en recuerdo de los días y las noches de golfemia cambadesa, su buen amigo, Cabanillas”
  20. 20. As Irmandades da Fala Antón Villar Ponte 1ª edición de Da Terra Asoballada, Vilagarcía, 1917. Nº 1 do xornal A Nosa Terra, voceiro das Irmandades. Cabanillas convírtese no poeta das Irmandades, “O poeta da Raza”
  21. 21. O poeta acode á Asemblea Nacionalista de Lugo, en 1918
  22. 22. Colabora nos máis importantes xornais galegos da época Nós, fundado por Vicente Risco en1920. La Zarpa, fundado por Basilio Álvarez en 1921. Galicia, fundado por Valentín Paz Andrade en1922.
  23. 23. A man de Santiña,1920, 1ª obra teatral publicada e representada.
  24. 24. Ingresa na Real Academia Galega, o 31 de agosto de 1920 R.Caban Villar PonteRisco Peinador Fco Lloréns Antonio Palacios
  25. 25. A recepción académica ten lugar no Balneario de Mondariz. O discurso de ingreso foi: “A saudade nos poetas gallegos”
  26. 26. Novo “desterro” en Madrid 2ª edición de Vento Mareiro, Madrid, 1921. Revista As Roladas, 1922, revista para nenos.
  27. 27. 1923, creación do Seminario de Estudos Galegos. Cabanillas ingresa en 1927, coa comunicación “As romaxes de Nosa Señora de Franqueira”. O Bendito San Amaro, Mondariz-Balneario, 1925.
  28. 28. 1926, “Ano de gracia” Publicación de O Mariscal, 2ª edición de No Desterro e Da Terra Asoballada, na Editorial Lar da Coruña
  29. 29. En torno a 1925, o poeta instálase en Mondariz Sagas de Na Noite Estrelecida, Ed. Imprenta Mondariz- Balneario, 1926
  30. 30. A Rosa de Cen follas, imprenta Mondariz-Balneario, 1927 No centro da foto, Enrique Peinador, Valle-Inclán e Cabanillas en Mondariz
  31. 31. Ingresa na Real Academia Española en 1929, pronuncia o discurso, “Un somero recuerdo de la vida y la obra de Eduardo Pondal”
  32. 32. Estrea da ópera O Mariscal, no Teatro Tamberlick de Vigo o 31 de maio de 1929 2ª edición de O Mariscal, ed. Nós, 1929 O compositor Eduardo Rodríguez Losada Camilo Díaz Baliño , autor dos decorados e o seu fillo Isaac Díaz Pardo
  33. 33. 14 de abril de 1931, proclamación da 2ª República, Cabanillas está en Madrid
  34. 34. Participa nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, xunto a Castelao e Valentín Paz Andrade. Non sae elixido, Castelao si
  35. 35. Fundación do Partido Galeguista, decembro de 1931, o poeta non asistiu, hai un certo distanciamento cos nacionalistas
  36. 36. Aprobación do proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia polos representantes dos Concellos reunidos no Pazo de Raxoi de Santiago en 1932 O goberno de Azaña retrasa a aprobación en plebiscito
  37. 37. Cambio de goberno: “O Bienio de dereitas” Alejandro Lerroux, presidente do goberno O poeta vese favorecido polo novo goberno e a súa precaria situación económica mellora
  38. 38. Febreiro de 1936, vitoria da Fronte Popular, convócase o plebiscito para a aprobación do Estatuto, Cabanillas participa timidamente na campaña Campaña electoral Vótase o 28 de xuño, gaña o SI
  39. 39. Co inicio da Guerra Civil, o poeta volve a Cambados (en 1937) Franco en Ceuta, 18 de xullo de 1936 Franco en Burgos, 1º de abril de 1939. Fin da Guerra
  40. 40. A difícil Postguerra CAVILACIÓNS Á boa memoria do mártir Darío Álvarez Limeses O sangue seco, durecido, mouro, tingue os valos dos probes camposantos ; un estricado, barboante estouro urro na escuridade dos recantos de carballeiras, matos e pinales ; a fratricida furia enche de espantos, de tremos, de anguria, o acocho dos piedosos milleirales.
  41. 41. O Galeguismo reorganízase. Escollen a estratexia cultural Ramón Piñeiro, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego
  42. 42. Creación da Editorial Galaxia, 1950 1- Xaime Illa Couto 2- Xosé Mª Álvarez Blazquez 3- Xesús Ferro Couselo 4- Otero Pedrayo 5- Gómez Román 6- Francisco Fdez Del Riego
  43. 43. Pasa tempadas no Mosteiro de Samos entre 1948 e 1951
  44. 44. Portada do Libro Camiños no Tempo, editada por Bibliófilos Gallegos, Santiago de Compostela, 1949. É o primeiro libro publicado polo poeta despois da Guerra, e un dos primeiros editado en galego na postguerra. 1949
  45. 45. Anos 50, de novo en Madrid Con Fermín Penzol e Pura Vázquez. Coas herdeiras de Dona Emilia Pardo Bazán na entrega da casa coruñesa de Tabernas á RAG.
  46. 46. Xantar na Real Academia Española, xunto a Vicente Aleixandre, Dámaso Alonso, Laín Entralgo e outros académicos
  47. 47. En xaneiro de 1950, morre Castelao en Bos Aires, edítase un recordatorio clandestino co poema de Cabanillas NA MORTE DE CASTELAO ¡Irmán Daniel! Na praia de Rianxo caían como bágoas as estrelas, espallaban teus aies derradeiros bruantes ventos das andinas serras, (...) De qué morte morréu a nosa prenda? ¡Morreu do mal dos bós e xenerosos! ¡Morreu de amor á Terra!
  48. 48. Portada do libro: Antífona da Cantiga, editado por Galaxia, Vigo, 1951. É o primeiro libro publicado pola nova editorial. 1951
  49. 49. 1954 Portada do libro “Da miña zanfona por Ramón Cabanillas (de la R.A.E.). Colección Xistral, al cuidado de Angel Johan, 1954”
  50. 50. 1955 Portada do libro Versos de alleas terras e de tempos idos, editado por Bibliófilos Gallegos. Paráfrasis galegas por Ramón Cabanillas. Santiago de Compostela. 1955.
  51. 51. BARACALDO-SANTIAGO-CAMBADOS A mala saúde leva ao poeta á casa da súa filla a Baracaldo e logo de novo a Galicia Celebración do 80 aniversario en Baracaldo, cos seus fillos Na casa santiaguesa de García-Sabell
  52. 52. Portada do libro Samos, publicado pola editorial Galaxia, con ilustración de Agustín Portela. Vigo. 1958
  53. 53. A Homenaxe de Padrón, 1958 “Coroación poética”
  54. 54. “Ha estado en Cambados el gran escultor don Francisco Asorey para dirigir el emplazamiento y la erección del monumento a don Ramón Cabanillas. (...) Don Francisco Asorey visitó en su domicilio a don Ramón Cabanillas, cuyo estado de salud no es muy satisfactorio”. La Voz de Galicia, 11-10-1959
  55. 55. A morte do poeta, 9 de novembro de 1959 O poeta amortallado co hábito franciscano como fora o seu desexo. Bando da alcaldía publicado no xornal de Vigo El Pueblo Gallego
  56. 56. O enterro
  57. 57. Cemiterio de Fefiñáns Celso Emilio Ferreiro portando o féretro
  58. 58. Toda a prensa galega se fai eco da nova
  59. 59. Esquela do Centro Galego de Madrid Máscara funeraria en xeso, conservada no Museo de Pontevedra.
  60. 60. 1959 A Obra Completa remátase de imprimir en Bos Aires o día 12 de novembro de 1959, tres días despois da súa morte. A edición estivo ao coidado de Luís Seoane e Eduardo Blanco-Amor.
  61. 61. Páxina interior da Obra Completa, coa célebre foto de Moneo Sanz
  62. 62. “Epitafio”. Panteón familiar de Fefiñáns ENCOMENDA Quero na lousa que me dé sosego esta palabra que ten luz: “Gallego” e esta palabra que ten ás: “Poeta” Sono Dourado, Vento Mareiro, 1915
  63. 63. 3 de xullo de 1960, homenaxe póstuma, inauguración do monumento de Asorey na Calzada de Cambados. Lectura de poemas no cemiterio de Fefiñáns, na foto Xosé Mª Álvarez Blázquez.
  64. 64. 1967 Tumba do poeta na Igrexa compostelá de S. Domingos de Bonaval.
  65. 65. 1976, centenario do seu nacemento, dedícaselle o Día das Letras Galegas.
  66. 66. 1984, 25º cabodano  Exposición fotográfica  Conferencia de Francisco Fernández del Riego  Recital poético con:  Bernardino Graña  Manuel María e  X. L. Méndez Ferrín
  67. 67. 1998, Inauguración da Casa Museo
  68. 68. 2009, “Ano Cabanillas” Cincuenta aniversario da súa morte
  69. 69. “Díaz Pardo fíxome un óleo que non sei que será d-el: gustábame moito”. Carta a Ramón Otero Pedrayo desde Samos, 25-9-1948.
  70. 70. Fotos cedidas por: Real Academia Galega Museo de Pontevedra Biblioteca Penzol Rede de Museos de Cambados Pitusa Vidal Cabanillas Adela Leiro Xoán Antonio Pillado e Manuel Núñez Montaxe: Maribel Iglesias Baldonedo coa axuda de: Manuel Busto, Mª José Carballo, Lidia Soutullo e Aurora Souto
  71. 71. IES FRANCISCO ASOREY CAMBADOS
  72. 72. FIN

×