1. EDURNE PASABÁN (1973) Edurne Pasabán naceu en Tolosa, Guipúzcoa. É unha alpinista española e a primeira muller na historia en ascender aos 14 oitomiles (montañas de máis de 8.000 metros) do planeta e a vixésima primeira persoa. Completou a súa xesta en 9 anos, dende a súa primeira ascensión a un oitomil no Everest (8.848 m.) o 23 de maio de 2001 á última do Shisha Pangma (8043 m.) o 17 de maio de 2010. Estudou enxeñaría técnica industrial na UPV. Realizou posteriormente un máster de negocios en ESADE (Barcelona). A continuación, traballou durante catro anos na empresa familiar dedicada á construción de maquinaria. Na actualidade reside e traballa en Barcelona impartindo conferencias sobre superación persoal en Esade, prepárase para obter o título de adestrador persoal e adéstrase de forma diaria tres ou catro horas diarias. Ademais, é propietaria da casa-restaurante de turismo rural Abeletxe , situada en Cizúrquil (Guipúzcoa). A súa afección pola montaña comezou dende moi nova. Aos 14 anos comezou a escalar en rocha no club de montaña de Tolosa e pouco a pouco foise internando no mundo do alpinismo realizando ascensións de maior dificultade, como os Pirineos, os Alpes, os Andes e o Himalaia.