2. Relacións semánticas.
Pódense distinguir catro tipos de relación semántica:
Sinonímia: trátase das palabras co mesmo significado. Por exeplo comprar e mercar son
sinónimos, é dicir, teñen o mesmo significado.
Polisemia: dise que unha palabra é polisémica cando ten varios significados en distintos
contextos. Por exemplo acordar pode significar quedar en algo, traer a memoria,
espertar.
Homonimia: dúas palabras son homónimas cando proveñen do mesmo significante pero
non teñen o mesmo significado. Por exeplo pena (de mágoa e de rocha) ou doce (de
número ou dozura).
Antonimia: dúas palabras son antónimos cando teñen significados opostos, como frío e
quente.