1. As relacións semánticas
As relacións que se establecen entre unhas palabras e
outras dendo o punto de vista do significado denomínanse
relacións semánticas.
Poden ser de distintos tipos:
2. Tipos de relacións semánticas
● SINONIMIA
● POLISEMIA
● HOMONIMIA
● ANTONIMIA
¿Cales son os seus significados?
3. SINONIMIA
● Relación que se dá entre palabras que teñen o mesmo
significado. Sen embargo, a sinonimia perfecta non
existe, xa que algunha palabras sempre achegan
connotacións ou matices diferentes.
● Exemplo: Son sinónimos “bágoa e lágrima”;
“comprar e mercar” ; “ledo e contento”...
4. POLISEMIA
● Unha palabra é polisémica cando ten varios significados
que veñen condicionados polos diferentes contextos.
● Por exemplo, a palabra “cegar” pode significar
perda da visión ou derramar
o gume dun instrumento cortante
5. HOMONIMIA
● Dúas palabras son homónimas cando teñen o mesmo
significante pero distintos significados. Trátase de
palabras de orixe diferente que na evolución da lingua
chegaron a unha mesma forma.
● Exemplo: Son homónimos pena (mágoa)
e pena (rocha); doce (número) e
doce (de dozura)
6. ANTONIMIA
● Dous termos son antónimos cando entre os seus
significados se establece unha relación de oposición
● Exemplo: frío e quente ; grande e pequeño;
día e noite; contento e triste...