PROGRAMA RECICLAXE CPIVIRXE DA CELA
CURSO 2017/2018
Para levar a cabo a xestión de residuos no centro estableceremos un programa de actuación ao longo
do ano:
RECICLAXE NAAULA:
Cada aula coordinada pola súa titora xestionará os residuos e o baleirado destes periodicamente na
Illa de reciclaxe do centro
• Amarelo: envases
• Azul: papel
◦ Lembrade que non todo é valido como por exemplo os panos
◦ O papel estirado ocupa menos espazo e é mais fácil de introducir no contedor))
• Verde: resto de materiais
Lembrar tamén a importancia de reutilizar o papel antes de reciclalo gardando na aula
o papel so escrito nunha cara para darlle un segundo uso pola outra cara (anotacións, exames...)
Envases Papel
“reciclable”
Resto
materiais
2.
MANTEMENTO ILLA DERECICLAXE:
No local situado xunto a entrada de secundaria existe unha “Illa de reciclaxe”” onde a comunidade
educativa pode depositar todo o material sensible de reciclar.
O mantemento da illa de reciclaxe realizarase periodicamente os venres durante o período da hora
de lectura.
De cada clase baixarán 1 – 2 alumnos/as a illa de reciclaxe para levar o material da súa aula. Este
alumnado coordinado polo profesor de garda será o responsable de baleirar os cubos da illa de
reciclaxe no exterior.
Cada aula poderá se así o considera, organizados pola súa titora, organizar as quendas.
Lembrar que ademais que na illa de reciclaxe poderá facerse o depósito doutros materiais como
pilas, cartuchos….
MANTEMENTO DO COMPOSTAXE DO PATIO INTERIOR E
COMEDOR
O alumnado responsable de organizar as mesas do comedor será o responsable de baleirar o
material do compostaxe.
Durante a comida serán os encargados das mesas de que se bote nestes cubos o material sensible de
compostaxe: verdura, restos de froita...
De forma solidaria segundo remate o seu grupo os responsables baleirarán primeiro o cubo do
patio, e se é preciso repoñerán a bolsa e seguidamente farán o mesmo co do comedor.