O soño de Xiana
- 2. Xiana ben sabía que as nenas e nenos do Fogar Infantil daquela
pequena vila de Ucraína, podían axudarlle a ser moi feliz.
- 4. Por iso cada noite, cando se agochaba entre as sabas,
soñaba cunha fantástica viaxe a ese lonxano país.
- 6. Unha daquelas noites, mentres durmía, apareceulle no soño
unha nena que lle prometeu acompañala na súa aventura.
- 8. Entre as dúas cavilaron un montón de cousas
e divertíronse artellando un fantástico plan…
- 12. Días máis tarde, organizaron o sorteo dunha cesta para conseguir
cartos cos que mercarlles cousas en Ucraína.
- 14. Axiña chegou o día esperado: coche, avión, máis coche…
Dezasete horas ata chegar a Kiev, capital de Ucraína!
- 18. O intenso frío non impediu que seguiran adiante co seu plan.
No banco cambiaron euros por grivnas para así poder mercar.
- 22. Cando tiveron o coche ben cargado, dispuxéronse a percorrer
a longa distancia que as separaba do orfanato de Vorzel´
- 24. E así chegaron alá, felices e dispostas a compartir os seus xoguetes
e regalarlles pañais, deterxente e comida.
- 26. Non cabe dúbida de que, tanto unha como a outra,
viviron momentos de moita felicidade.
- 28. Tamén os neniños e neniñas de Ucraína se sentían felices
e agradecidos coa visita e os agasallos das nenas.