NOTA DE PRENSA
Asunto: Recollida sinaturas contra o peche do servizo de urxencias
cirurxícas de pediatría.

Esta plataforma informa que a resposta da cidadanía da provincia de Ourense está
sendo moi importante e dado que hai moitas persoas que se están achegando, de xeito
masivo, as mesas de recollida de sinaturas temos decidido ampliar a campaña durante a
semana vindeira. Polo tanto poremos unha nova mesa o martes día 19 de Novembro as
18 horas na rúa do Paseo de Ourense e o día 20 reunirase a Plataforma para tomar novas
decisións.
Ao mesmo tempo decimoslle a poboación que independentemente das normativas e
protocolos creados pola Consellería de Sanidade sobre como teñen fixados os recortes
para deixar a Ourense sen o servizo de atención urxente en cirurxía pediátrica, esta
plataforma non vai deixar de seguir presionando e loitando para que esas normativas
sexan modificadas. A Xerencia de Ourense e a Consellería de Sanidade saben
perfectamente que nada é inamovible e aquelo que se publica no DOG e no BOE tamén
pode botarse abaixo e na historía temos cumpridos exemplos.
Polo tanto pedimos a veciñanza desta provincia que siga sumandose a esta campaña e
non dea nada por perdido pois a mellora na atención a saúde e dos servizos públicos é
algo fundamental se non queremos converternos en cidadáns de terceira categoría.
Ourense 15 de Novembro do 2013.-

Nota ampliación prazo recollida sinaturas pediatria

  • 1.
    NOTA DE PRENSA Asunto:Recollida sinaturas contra o peche do servizo de urxencias cirurxícas de pediatría. Esta plataforma informa que a resposta da cidadanía da provincia de Ourense está sendo moi importante e dado que hai moitas persoas que se están achegando, de xeito masivo, as mesas de recollida de sinaturas temos decidido ampliar a campaña durante a semana vindeira. Polo tanto poremos unha nova mesa o martes día 19 de Novembro as 18 horas na rúa do Paseo de Ourense e o día 20 reunirase a Plataforma para tomar novas decisións. Ao mesmo tempo decimoslle a poboación que independentemente das normativas e protocolos creados pola Consellería de Sanidade sobre como teñen fixados os recortes para deixar a Ourense sen o servizo de atención urxente en cirurxía pediátrica, esta plataforma non vai deixar de seguir presionando e loitando para que esas normativas sexan modificadas. A Xerencia de Ourense e a Consellería de Sanidade saben perfectamente que nada é inamovible e aquelo que se publica no DOG e no BOE tamén pode botarse abaixo e na historía temos cumpridos exemplos. Polo tanto pedimos a veciñanza desta provincia que siga sumandose a esta campaña e non dea nada por perdido pois a mellora na atención a saúde e dos servizos públicos é algo fundamental se non queremos converternos en cidadáns de terceira categoría. Ourense 15 de Novembro do 2013.-