Nota de Prensa

Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense

Asunto:O Plan Director do CHUOU         o   proxecto   “Hospital   2050”   e   a
ceremonia,interesada, da confusión.

Nestes pasados días teñen saído nalgúns medios de comunicación unha serie de
novas referidas a un suposto acordo entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e
a Xunta   para, según parece, desbloquear a paralización do Plan Director de
reforma e ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense. Dende a Plataforma
pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, tralas pertinentes
indagacións, queremos clarexar a cidadanía de Ourense o siguiente:

1)Nestas novas, mixturanse cuestións que nada teñen que ver entre si, xerando
interesada confusión entre os lectores e terxiversandose o tema principal, que
non deixa de ser outro que o alongado bloqueo da Xunta a     continuar o Plan
Director e a ampliación do CHUOU.

2)O anunciado convenio que suscribirán o Ministerio de Ciencia e Innovación e o
SERGAS ten a súa base nun Proxecto Hospital 2050 e cinguese a implantación nas
dependencias dalgúns Hospitais de Galicia (ao parecer nos da provincia de
Ourense e no Monforte) dun tipo de tecnoloxías innovadoras biomédicas
(dixitalización, trazabilidade electrónica de datos clínicos...).Tratase dunha
boa nova sempre e cando se materialice, pero non ten nada que ver, máis ben todo
o contrario do que nas diferentes novas, incluso en entrevistas co parlamentario
Sr. Santalices, se afirma, co Plan Director do CHUOU.
O Plan Director non pode financiarse con fondos europeos adicados a promoción e
desenvolvemento da innovación tecnolóxica. É unha obra pública que por lei
depende en exclusiva da administración autonomica, e neste caso da Xunta.

3) Desgraciadamente, o Plan Director do CHUOU seguimos sen saber nada con
respeito a súa continuidade, máis aló dos vellos proxectos arquitectónicos que
se van sacando do caixón de cando en vez para acochar a parálise do mesmo.

4)Lamentamos que de novo se empregue o periodo de inicio de campaña electoral
para “filtrar” por parte do SERGAS (única fonte posible da nova),un acordo que
ainda non está rematado, no canto de informar a cidadanía de Ourense da
realidade dos feitos.

5)Esta Plataforma ven demandando dende vai máis dun ano, de cales son os plans,
orzamentos e datas para as esquencidas infraestructuras sanitarias de Ourense e
mesmo en sede parlamentaria as preguntas e rogos dos diputados da oposición a
propia Conselleira Sra. Farjas non ten sido quen de explicar porque a provincia
de Ourense sigue a ser a última en inversión nas infraestruras sanitarias e
porque somos a primeira en desmantelamento dos mesmos (Toén e Piñor)

6)Resulta tamén lamentable escoitar ao Parlamentario por Ourense do PP Sr.
Santalices falando de que a firma deste convenio desbloqueará o proxecto do Plan
Director cando él mesmo se ten pronunciado públicamente de xeito claro a favor
dun modelo PFI (financiamento privado) para o Hospital de Ourense en datas moi
recentes.

Condenamos e denunciamos que se fagan tantos esforzos en terxiversar e enganar
namentras os nosos    servizos sanitarios se recortan e deterioran día a día.
Recortes e deficiencias da que son testigos        tanto os usuarios como os
profesionais da sanidade pública.

                                                 Ourense 7 de Novembro do 2011.-

Comunicado hospital 2050 (1)

  • 1.
    Nota de Prensa Plataformapola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense Asunto:O Plan Director do CHUOU o proxecto “Hospital 2050” e a ceremonia,interesada, da confusión. Nestes pasados días teñen saído nalgúns medios de comunicación unha serie de novas referidas a un suposto acordo entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e a Xunta para, según parece, desbloquear a paralización do Plan Director de reforma e ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense. Dende a Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, tralas pertinentes indagacións, queremos clarexar a cidadanía de Ourense o siguiente: 1)Nestas novas, mixturanse cuestións que nada teñen que ver entre si, xerando interesada confusión entre os lectores e terxiversandose o tema principal, que non deixa de ser outro que o alongado bloqueo da Xunta a continuar o Plan Director e a ampliación do CHUOU. 2)O anunciado convenio que suscribirán o Ministerio de Ciencia e Innovación e o SERGAS ten a súa base nun Proxecto Hospital 2050 e cinguese a implantación nas dependencias dalgúns Hospitais de Galicia (ao parecer nos da provincia de Ourense e no Monforte) dun tipo de tecnoloxías innovadoras biomédicas (dixitalización, trazabilidade electrónica de datos clínicos...).Tratase dunha boa nova sempre e cando se materialice, pero non ten nada que ver, máis ben todo o contrario do que nas diferentes novas, incluso en entrevistas co parlamentario Sr. Santalices, se afirma, co Plan Director do CHUOU. O Plan Director non pode financiarse con fondos europeos adicados a promoción e desenvolvemento da innovación tecnolóxica. É unha obra pública que por lei depende en exclusiva da administración autonomica, e neste caso da Xunta. 3) Desgraciadamente, o Plan Director do CHUOU seguimos sen saber nada con respeito a súa continuidade, máis aló dos vellos proxectos arquitectónicos que se van sacando do caixón de cando en vez para acochar a parálise do mesmo. 4)Lamentamos que de novo se empregue o periodo de inicio de campaña electoral para “filtrar” por parte do SERGAS (única fonte posible da nova),un acordo que ainda non está rematado, no canto de informar a cidadanía de Ourense da realidade dos feitos. 5)Esta Plataforma ven demandando dende vai máis dun ano, de cales son os plans, orzamentos e datas para as esquencidas infraestructuras sanitarias de Ourense e mesmo en sede parlamentaria as preguntas e rogos dos diputados da oposición a propia Conselleira Sra. Farjas non ten sido quen de explicar porque a provincia de Ourense sigue a ser a última en inversión nas infraestruras sanitarias e porque somos a primeira en desmantelamento dos mesmos (Toén e Piñor) 6)Resulta tamén lamentable escoitar ao Parlamentario por Ourense do PP Sr. Santalices falando de que a firma deste convenio desbloqueará o proxecto do Plan Director cando él mesmo se ten pronunciado públicamente de xeito claro a favor dun modelo PFI (financiamento privado) para o Hospital de Ourense en datas moi recentes. Condenamos e denunciamos que se fagan tantos esforzos en terxiversar e enganar namentras os nosos servizos sanitarios se recortan e deterioran día a día. Recortes e deficiencias da que son testigos tanto os usuarios como os profesionais da sanidade pública. Ourense 7 de Novembro do 2011.-