Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
             CEIP de Randufe Nº 34 maio de 2012
ALGUÉN e NINGUÉN, ALGÚN e NINGÚN
  Alguén prendeu lume ao monte e ninguén foi capaz de apagalo. Nesta frase aparecen dous indefinidos,
alguén e ninguén, que todos coñecemos e dos que sabemos o seu significado. O primeiro indica a
existencia de unha ou varias persoas e o segundo a inexistencia das mesmas. O mesmo ocorre con outros
indefinidos como algún/algunha e ningún/ningunha, dos que con toda seguridade coñecemos o seu
significado.
   Porén non sempre o seu uso é o correcto; así as veces escóitanse, ou lense, expresións como:
        “Os domingos e festivos non se realizará consulta algunha* e só se atenderan as urxencias”.
   Frase incorrecta porque en galego as frases negativas teñen que levar tamén indefinidos negativos; logo
o correcto será:
        “Os domingos e festivos non se realizará consulta ningunha e só se atenderan as urxencias”.
                                      ALGURES e NINGURES
   En galego temos dous adverbios que podemos, e debemos, usar se queremos indicar un lugar
indeterminado: algures, ou se nos referimos a ningún sitio, a ningún lugar: ningures.
                                              CALQUERA
  Outro indefinido que en ocasións se emprega de forma incorrecta é calquera. A diferenza do castelán
calquera é invariábel en galego, e polo tanto é incorrecto usar calquer*, calisquer* ou outra forma derivada
de calquera. Falando de calquera, hai unha expresión galega, ser un calquera, que non deixa en bo lugar á
persoa a quen se dirixe a frase, pois significa ser pouca cousa, ser un ninguén.

                           Andei á espera                                            Din      varias
                          de calquera que                                           voltas      polo
                          me puidese levar                                          torreiro da festa
                          a Vigo, mais non                                          e non vin por
             VIGO
                          chegou ninguén.                                           ningures o meu
                                                                                    amigo.

Nº 34 maio 2012 en galego,.

  • 1.
    Boletín do Equipode Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 34 maio de 2012
  • 2.
    ALGUÉN e NINGUÉN,ALGÚN e NINGÚN Alguén prendeu lume ao monte e ninguén foi capaz de apagalo. Nesta frase aparecen dous indefinidos, alguén e ninguén, que todos coñecemos e dos que sabemos o seu significado. O primeiro indica a existencia de unha ou varias persoas e o segundo a inexistencia das mesmas. O mesmo ocorre con outros indefinidos como algún/algunha e ningún/ningunha, dos que con toda seguridade coñecemos o seu significado. Porén non sempre o seu uso é o correcto; así as veces escóitanse, ou lense, expresións como: “Os domingos e festivos non se realizará consulta algunha* e só se atenderan as urxencias”. Frase incorrecta porque en galego as frases negativas teñen que levar tamén indefinidos negativos; logo o correcto será: “Os domingos e festivos non se realizará consulta ningunha e só se atenderan as urxencias”. ALGURES e NINGURES En galego temos dous adverbios que podemos, e debemos, usar se queremos indicar un lugar indeterminado: algures, ou se nos referimos a ningún sitio, a ningún lugar: ningures. CALQUERA Outro indefinido que en ocasións se emprega de forma incorrecta é calquera. A diferenza do castelán calquera é invariábel en galego, e polo tanto é incorrecto usar calquer*, calisquer* ou outra forma derivada de calquera. Falando de calquera, hai unha expresión galega, ser un calquera, que non deixa en bo lugar á persoa a quen se dirixe a frase, pois significa ser pouca cousa, ser un ninguén. Andei á espera Din varias de calquera que voltas polo me puidese levar torreiro da festa a Vigo, mais non e non vin por VIGO chegou ninguén. ningures o meu amigo.