CONCURSO ESCOLAR 2015/16
“TICONSOMES: FANO IGUAL EN TODAS PARTES”
EQUIPO: INFOPLAYERS
Lucía Freire Boubeta
Diego Costa Páramos
Andrés Lorenzo Rodríguez
Cristian Santiago Piñeiro
Manuel Escudeiro Currás
CATEGORÍA: 3º e 4º Curso de ESO
IES AS BARXAS – MOAÑA - PONTEVEDRA
2.
INDICE
1. DESENVOLVEMENTO DA1ª FASE: XOGO EN LIÑA
1.1. Organización do equipo para resolver as probas
1.2. Documentación consultada
2. DESENVOLVEMENTO DA 2ª FASE: REALIZACIÓN DO
VÍDEO
2.1. Organización do equipo para resolver as probas
2.2. Documentación consultada
3. VALORACIÓN DO ALUMNADO SOBRE A EXPERIENCIA E
A APRENDIZAXE
4. ANEXO BIBLIOGRÁFICO E FOTOGRÁFICO
3.
1. DESENVOLVEMENTO DA1ª FASE: XOGO EN LIÑA
A participación do noso equipo no concurso Consumópolis 11, englobouse
dentro da materia de Informática de 4º ESO, por iso decidimos poñerlle o nome
de INFOPLAYERS.
En total, na clase fixemos 4 equipos de 5 membros cada un, formados por
homes e mulleres, que puxemos moito empeño por competir entre nós e
conseguir o mellor resultado no concurso. O noso estaba formado por Lucía
Freire, Diego Costa, Andrés Lorenzo, Cristian Santiago e Manuel Escudeiro.
Como fontes documentais usamos as fichas pedagóxicas incluidas no propio
concurso, así como o material complementario que a profesora ía subindo ao
blog de clase: www.emprendenasbarxas.blogspot.com.es
Á formación teórica, destinamos 4 sesións, relativas ao consumo responsable,
no que destacamos:
a) “El cederrón didáctico” de www.consumehastamorir.es, co que vimos e
traballamos vídeos sobre consumo responsable, publicidade e
contrapublicidade.
b) Fichas pedagóxicas de Consumópolis:
· Bloque A, consumo reflexivo: Dereitos do consumidor, arbitraxe,
asociacións de consumo, comercio electrónico, Internet, redes sociais,
telefonía.
· Bloque B, consumo e novas tecnoloxías
Despois fumos durante 3 sesións a aula de informática, onde levamos a cabo o
percorrido pola cidade e logo resolvimos a proba do banco de puntos.
Posteriormente, nas nosas casas, intentamos mellorar un pouco as
puntuacións obtidas cos xogos, xa que no instituto temos moitos problemas coa
conexión a Internet.
Foi unha actividade moi amena e interesante coa que disfrutamos moito
2. DESENVOLVEMENTO DA 2ª FASE: REALIZACIÓN DO
VÍDEO
Para a elaboración do vídeo tivemos unha formación teórica na clase de
informática de 6 sesións, onde se nos explicou a lectura da imaxe, cómo
realizar un guión, o story board, a linguaxe audiovisual, o efecto Kuleshov, a
gravación e a edición de vídeo.
4.
Logo, entre todos,fixemos unha chuvia de ideas para escoller o tema e
comenzar a investigar a través de internet. Decantámonos por comparar as
formas de consumo entre dúas tribus moi antiguas, a dos Inuits (esquimais) e
os Himba (Africa), polas grandes diferenzas que presentaban con nós e polas
súas curiosas costumes que perviven hoxe en día.
Canto máis nos metimos no tema, dímonos conta da importancia que nestas
sociedades teñen as mulleres, xa que desempeñan a maioría das tarefas sobre
as que se sustentan esas sociedades, así que pusemos o foco no seu papel,
xa que levamos todo o curso traballando a favor da igualdade de xénero.
Como slogan marcamos: NO FRÍO E NA CALOR A MULLER TEN VALOR!
Para a elaboración do vídeo, primeiro organizamos un pequeno storyboard, e
repartimos as tarefas. Logo gravamos cos móviles, utilizamos o croma, e
finalmente fixemos a montaxe co programa de edición Power Direct 11, que é o
que temos instalado na nosa aula de informática. Nestas tarefas consultamos
tamén a nosa profe de Plástica.
As imáxenes as conseguimos a través de internet nos enlaces que reseñamos
debaixo.
A música a collimos do arquivo libre: Música de fondo para cortometraxes, cine,
curtas, películas.
3. VALORACIÓN DO ALUMNADO SOBRE A EXPERIENCIA E
A APRENDIZAXE
As actividades foron moi interesantes e divertidas. Permitiunos traballar en
equipo, resolver conflitos e tomar decisións de forma consensuada. Ademáis
aprendemos moito sobre a importancia dun consumo responsable sobre todo
no uso e distribución da imaxe, e fomos conscientes do perigo que supoñen
certos comportamentos moi habituais entre nós. Tamén pudemos coñecer
outras formas de consumo moi diferentes ao noso e debater cáles
proporcionan maior felicidade ao individuo.
4. ANEXO BIBLIOGRÁFICO E FOTOGRÁFICO
A maior parte da información empregada a obtivemos a través de internet,
destacando os enlaces seguintes:
https://es.wikipedia.org/wiki/Inuit
http://queaprendemoshoy.com/quienes-son-los-inuits/