Riveira. Programa Nadal Cultural 2013.
Coa chegada do frío é hora de quentar, coas mellores intencións, a sementa da
esperanza, da ilusión e da ledicia entre todos os corazóns, facendo que grandes e
cativos sexan os mellores embaixadores da paz e da solidariedade para compartir e dar
aos demáis, que as datas do Nadal traen sempre da man.
Festivais, obradoiros, danza, contacontos, monicreques, maxia, teatro, concertos, e un
longo etcétera de actividades educativas, musicais, de divertimento, xogos, ou mesmo
animación, entre outras, son o fío conductor para achegar a morea de eventos e
actividades que O Concello de Riveira, e máis concretamente a Concellería de Cultura
e Festexos que me honro en dirixir, ven de artellar para ofertar un calendario cheo de
boas propostas para estas datas tan familiares.
Agradecer, coma sempre, en nome do equipo de Cultura e no meu propio, o esforzo
realizado polas distintas asociacións, empresas e institucións que contribúen, coa súa
colaboración, a facer que as nosas propostas teñan o respaldo necesario para que
resultado final sexa o suficientemente atractivo para todos, e o embelecemento do
municipio, a través do alumeado ornamental e nos Nacementos de Riveira e Aguiño,
ademais da decoración do comercio local e os veciños e veciñas que cada ano se
implican máis en engalanar a nosa cidade, sexan o mellor reflexo do traballo en
común.
Anímovos a que participedes nos distintos actos deste Nadal Cultural 2013/2014 xa
que sen a vosa implicación o traballo sería baleiro, agardando que a programación sexa
do voso agrado aproveito para desexarvos a todas e todos Ledicia, Saúde, Sorte, Amor
e Prosperidade para o vindeiro ano 2014.
Elvira Pisos Arnoso
Concelleira de Cultura e Festexo
Riveira. Programa Nadal Cultural 2013.
Coa chegada do frío é hora de quentar, coas mellores intencións, a sementa da
esperanza, da ilusión e da ledicia entre todos os corazóns, facendo que grandes e
cativos sexan os mellores embaixadores da paz e da solidariedade para compartir e dar
aos demáis, que as datas do Nadal traen sempre da man.
Festivais, obradoiros, danza, contacontos, monicreques, maxia, teatro, concertos, e un
longo etcétera de actividades educativas, musicais, de divertimento, xogos, ou mesmo
animación, entre outras, son o fío conductor para achegar a morea de eventos e
actividades que O Concello de Riveira, e máis concretamente a Concellería de Cultura
e Festexos que me honro en dirixir, ven de artellar para ofertar un calendario cheo de
boas propostas para estas datas tan familiares.
Agradecer, coma sempre, en nome do equipo de Cultura e no meu propio, o esforzo
realizado polas distintas asociacións, empresas e institucións que contribúen, coa súa
colaboración, a facer que as nosas propostas teñan o respaldo necesario para que
resultado final sexa o suficientemente atractivo para todos, e o embelecemento do
municipio, a través do alumeado ornamental e nos Nacementos de Riveira e Aguiño,
ademais da decoración do comercio local e os veciños e veciñas que cada ano se
implican máis en engalanar a nosa cidade, sexan o mellor reflexo do traballo en
común.
Anímovos a que participedes nos distintos actos deste Nadal Cultural 2013/2014 xa
que sen a vosa implicación o traballo sería baleiro, agardando que a programación sexa
do voso agrado aproveito para desexarvos a todas e todos Ledicia, Saúde, Sorte, Amor
e Prosperidade para o vindeiro ano 2014.
Elvira Pisos Arnoso
Concelleira de Cultura e Festexo
A União Europeia está preocupada com o impacto ambiental do plástico descartável e planeja proibir itens como talheres, pratos, copos e canudos plásticos até 2021. A proibição visa reduzir a poluição plástica nos oceanos e promover alternativas mais sustentáveis. Os países da UE terão até 2021 para implementar as novas diretrizes.
Este documento invita a los interesados a unirse a un café virtual el 28 de octubre a las 19:00 horas para conocer nuevos materiales y recursos educativos de la campaña Entreculturas y escuchar la experiencia de un docente venezolano sobre la educación para la solidaridad. Los materiales del curso 2020/2021 se compartirán con los asistentes para trabajar estos temas en el aula.
Este documento presenta las historias de 25 mujeres deportistas españolas que han roto barreras e inspirado a otras. En la primera sección, se describe cómo la historia de Alejandra, una niña de 10 años apasionada por el deporte pero que dudaba de sí misma, inspiró la creación de este libro para presentarle historias de mujeres deportistas reales. La segunda sección presenta la biografía de Lilí Álvarez, la primera mujer española en competir en los Juegos Olímpicos en tenis. La tercera sección brinda una breve introducción
Este documento presenta un calendario escolar para el año 2020/2021 que destaca Días Internacionales relacionados con la justicia y la solidaridad global. Cada mes señala al menos un Día Internacional con fotografías que ilustran la temática. El calendario incluye también un mapa político del mundo para que los estudiantes se sitúen como ciudadanos globales. El proyecto proporciona carteles y material didáctico para trabajar las temáticas de los días señalados.
La asamblea de cierre del curso 19-20 se llevará a cabo el jueves 4 de junio de 2020 de 18:00 a 20:00 horas a través de la plataforma Zoom. El evento es organizado por la Red de Entreculturas y contará con la participación de personas de Asturias y Galicia.
1. “ABORDELANDO” MONFERO. FESTIVAL GRELO FOLC
Por Marta Fernández Sanjuán
Fai anos visitei o festival Grelo Folc coa miña familia e nunca me parara a pensar no sentido
deste evento. Fai unhos días entrevistei a unha das pioneiras, Ana Belén Gonzalez Jove, que me
comentou con todo detalle como nacera esta iniciativa:
MF.-En que ano se empezou a facer o evento?
AG.- No 1999 fixemos o primeiro festival no Río do Dez en Xestoso e despois xa se trasladou ao
Mosteiro por motivos ecolóxicos.
MF.- Como xurdiu esta iniciativa?
AG.- O festival xurdeu a finais da década dos 90. Foron eses anos moi movidos no panorama
musical e cultural galego. Eramos rapazas e rapaces da aldea, moitas de nós, xa tiveramos que
marchar á cidade a estudar, nunha idade máis nova da que se marcha agora, xa que o bacharelato xa
se empezaba con 13-14 anos. Os prexuízos cara a aldea e todo o que significaba o galego estaban
moi presentes, supoño que ao que máis e ao que menos iso marcounos. De repente xurdeu un
movemento que se chamou o “Movemento Bravú”. Era como un agromar cultural e musical que se
daba nas cidades, nas vilas e nas aldeas que poñía en valor e levantaba a autoestima de todo o que
nós sentíamos que éramos e que alguén aí fóra nos estaba dicindo que non valía ou que era menos
que o outro. De repente, ser da aldea e falar galego era guai!! e iso para moitas de nós foi como un
respiro.
Estoume enrollando moito pero podedes investigar un pouco sobre este movemento nas
redes e darávos moitas pistas do que se sentía nese momento. Ao redor dese movemento naceron
moitos grupos de música de moitos estilos diferentes, tendo de base o amor polo tradicional pero
metendo outros xéneros que ata daquela eran exclusivos do castelán, ninguén ata ese momento
fixera rock ou rap en galego. Ao redor do bravú tamén houbo publicacións de revistas culturais,
literatura, xornadas, etc.
Nós, desde Xestoso, eramos un grupiño pequeno de xente que xa íamos ao Festival de
Pardiñas, por cercanía. Aí respirábase a música e a cultura propia valorizada, e nós queríamos
tamén facer unha xornada así na nosa aldea. Fixémolo primerio no Río do Dez, facía dous anos que
se declarara Parque Natural as Fragas do Eume e o Dez estaba dentro dos límites do parque natural.
Para nós ao principio era como normal e sen problema facer alí un festival, pero un grupo
ecoloxísta que había nas Pontes chamáranos a atención. Para nós foi unha sorpresa porque daquela
aínda non tiñamos nada de conciencia ecoloxista pero en vez de reaccionar con este toque de
atención, dímonos conta de que, efectivamente, o respeto ao medio ambiente e á natureza era
incompatible con facer un festival nun sitio protexido. Ese ano aprendimos moitas cousas. Eramos
rapaces de 18-20 anos e estábamos descubrindo un mundo…
No ano 2000 xa se cambiou a ubiación para o Mosteiro de Monfero por ser a icona do
concello e un lugar marabilloso tamén.
2. MF.- Cantos sodes na organización?
AG.- Na organización non hai un número fixo de persoas. Comezamos sendo un grupo de amigos
cos mesmos intereses pero ao pasar o tempo constituímonos nunha Asociación Cultural e
Medioambiental que se chama 'O Abordelo'. O concepto Abordelo e o verbo 'Abordelar' é un verbo
xa en desuso pero que se usaba moito nas sociedades labregas. Abordelar é cando dous bois tiraban
por un carro moi pesado ou por camiños moi costos e non podían coa carga e había que
engancharlles outra parella de bois ou do animal de carga que fóra. Nós chamámonos Abordelo,
porque tiñamos intención de abordelar Monfero aportando o noso graíño de area na actividade
cultural do concello.
Actualmente o grupo máis activo da asociación compónse dunhas dez persoas e a maiores
hai moita xente que colabora o mesmo día do festival de distintas maneiras.
MF.- Que actividades hai, de que vai a festa ou que se fai?
AG.- Pois o Festival Grelo Folc comezou sendo un festival de música en galego pola noite.
Normalmente adoitaban vir catro grupos musicais e tentamos sempre traer distintos estilos de
música, iso si, para tocar no Grelo Folc os grupos que veñen teñen que usar o galego como lingua
principal e usar letras non sexistas. Ademáis da música tamén queremos que ser respecten certos
valores para nós importantes.
Agora a xornada é de todo o día. Comezamos ás dúas da tarde cunha sesión vermú seguido
dun xantar. Pola tarde hai un festival que cada ano é máis concorrido que lle chamamos 'A
Nabiciña'. É un festival para público infantil no que sempre traemos algunha actuación ou ben
musical ou teatro, ou circo.... ten moito éxito e remata cunha merenda para as crianzas. Pola noite
segue o festival cos grupos de música.
MF.- Vai dirixido a persoas de calqueira idade ou en xeral?
AG.- Pois polo festival pasa xente de todas as idades, precisamente ao haber actividades durante
todo o día é un ir e vir de xente continuamente. Ao mediodía é público xeral de calquera idade e á
foliada que se dá despois de comer hai bastante xente maior. Á tarde está concorrida por público
familiar de mamás e papás coas súas fillas e fillos e á noite é maioritariamente xente máis moza.
MF.- Participa moita xente?
AG.- Ahahah diríache que me definiras 'moita'. Non, a verdade é que non é un acontecemento
multitudinario, como che comentei ao longo do día hai un ir e vir continuo de xente pero en ningún
momento hai demasiada xente. É moi curioso que co público local, o máis cercano cóstanos máis.
Ven moita xente da comarca, sube xente de Pontedeume, das cidades, etc. O público de Monfero
vai aumentando moi timidamente, pero a base de ser constantes no tempo…
Evidentemente non son eventos que arrastren a moita xente, e se tes á panorama ou calquera
outra orquestra perto xa non hai nada que facer. De todas formas, nós mantémonos coa ilusión de
simplemente ofrecer diversidade e alternativas, non temos ánimo de cambiar o gusto das persoas
nin moito menos, pero que unha vez ao ano en Monfero haxa unha opción cultural, musical e de
lecer diferente ás festas patronais, que realmente é a única oferta que temos no concello, pensamos
que é enriquecedor para o territorio.
3. MF.-Tedes logotipo?
AG.- Temos o logotipo da asociacion que son un grupo de persoas tirando polo debuxo do concello
de monfero, abordelando “haha” e o logotipo do festival do Grelo Folc si
MF.- Véndese algun obxecto, como bolis, camisetas...??
AG.- Si claro, para cada edición sacamos unha tirada de camisetas con distintos deseños que
encargamos a deseñadores gráficos, para nós é unha fonte de ingresos fundamental para poder
costear todos os cartos que gastamos facendo o festival.
MF.- En que época do ano se celebra??
AG.- No outono, o terceiro sábado de outubro, cando comezan os cogumelos... e as nabizas ;)
Despois desta interesante entrevista e como conclusión quería dar as grazas ao esforzo de
Ana Belén González Jove e mais da miña profesora de músca Véronica Dopico, xa que fun quen de
levar a cabo este proxecto. E un chamamento á mocidade: espero e desexo que a xente nova como
nós tamén poidamos contribuír a manter viva a nosa cultura e patrimonio.
Marta Fernández Sanjuán.
Monfero, 23 marzo 2020