• A súanenez transcorre entre A Coruña e Santiago de Compostela.
• A súa afección á pintura comeza a cultivala no taller do pintor e escenógrafo Camilo Díaz Baliño.
Precozmente expón, cando ten só catorce anos, en Santiago e Pontevedra. Prosegue o seu
traballo ata o comezo da guerra civil, con exposicións en diferentes cidades de España.
• Pasa no cárcere sete anos por motivos políticos ata 1943. Ao ser liberado dedícase a tarefas
decorativas para poder sobrevivir, en toda Galicia. Traballa e vive en Vigo unha bohemia
relativamente dura, con Laxeiro e outros artistas.
• En 1957 emigrou a Venezuela, e alí traballa intensamente.
• A mediados da década dos oitenta regresa a España e fixa a súa residencia en Vigo, onde traballa,
expón e vive os últimos anos da súa vida.
Mario Granell
BIOGRAFÍA
Ceip “Porto Cabeiro” Curso 2014-15
4.
• A obrade Mario Granell figura en museos de Galicia e de Hispanoamérica, así como en
coleccións particulares. Publicou libros de estampas, entre eles un belo, titulada «Homenaxe
ao pobo español. Estampas amargas -vivencias dunha guerra civil», en 1978. A pintura
de Mario Granell está vinculada ao surrealismo, aínda que moi decantado.
• Cabería denominar ás composicións de Granell, case sempre realizadas en acrílicos, como
«Paisaxes con figuras». Hai un mundo de ballet nestes cadros, tan sinópticos, tan
aparentemente elementais e, profundamente razoados, onde están, segundo desexe o
artista, o drama ou a alegría, sempre nun ambiente como lúdico.
OBRA
Mario Granell
Ceip “Porto Cabeiro” Curso 2014-15