Coplas das profesdo ENDL ao
noso alumnado
MAIO 2015
Cun chisco de retranca,
como corresponde,
pero tamén con moito agarimo…
2.
Os alumnos destecentro
non participan en nada
será que non son capaces
ou que non lles dá a gana?
Este curso nin disfraces,
poemas de amor nin bailes;
nin para criticar os profes
teñen ánimo estes “cafres”.
Os alumnos deste centro
só queren saír ao patio
non teñen iniciativa
nin para facer un maio.
3.
Convocamos animosos
un concursode cantares
para que nos deades nos narices
con poemas singulares.
Para criticar con arte
cómpre máis habilidade
que para pór catro alcumes
e mostrar hostilidade.
4.
Para facer unhacopla
non fai falla tanto enxeño;
sen estudos nin lecturas
facíannas os nosos ancestros.
Non era por aprobar,
que ninguén os avaliaba
pero inventando esas coplas...
cantas risas que botaban!!
Maios en Ourense, 1949.
(Fotografía de Ben-Cho-Shey)
5.
Aos alumnos destecentro
gústalles levar a contraria
se nos metemos con eles,
farano de forma voluntaria?
Festa dos maios en Monforte (2010)
6.
Aos alumnos destecentro
gústalles levar a contraria
se nos metemos con eles,
farano de forma voluntaria?
Festa dos maios en Monforte (2010)