SlideShare a Scribd company logo
1 of 112
Download to read offline
Historia de España: século XIX
Iván Granja – Departamento de Xeografía e Historia, IES Escolas Proval
Batalla de Boulou (El Voló, 1 de maio de 1794), durante a Guerra da Convención (ou do Rosellón), na que España, como membro da Primeira
Coalición, trataba de recuperar os territorios perdidos na Guerra dos Trinta Anos (1659). Autor descoñecido. Na portada: a falúa Real navega
polo Tajo en Aranjuez.
Godoy como restaurador de la instrucción pública, copia
dun retrato perdido de Goya, por Agustín Esteve (1807,
Academia de Bellas Artes de San Fernando). O ascenso
meteórico de Manuel Godoy, favorito de Carlos IV con 25
anos, coincidiu con esta Guerra da Convención (tamén
chamada do Rosellón, ou dos Pirineos). A ofensiva
francesa leva ás tropas da Convención a territorio español
(Figueras, San Sebastián, Bilbao, Vitoria, Miranda de Ebro)
e Godoy, que decidira continuar a contenda sen atender ás
advertencias de Aranda, ten que asinar unha paz
perxudicial ós intereses de España. Pola paz de Basilea
(22 de xullo de 1795) España perdía a súa parte de Santo
Domingo, pero Godoy aparecía ante a opinión pública
como un gran diplomático: recibía o título de “Príncipe da
Paz”, ascendía á categoría de nobre.
A Paz de Basilea supón un xiro total da
política internacional española. O 18 de
agosto de 1796, neste Palacio Real de
La Granja de San Ildefonso (Segovia),
asinábase o Tratado de San Ildefonso,
polo que España acordaba unha
alianza militar coa Francia do Directorio.
Volveremos a este palacio noutro
momento desta historia.
Tras un curto período afastado da primeira liña (Godoy dimite en 1798 trala derrota no Cabo de San Vicente), o “Príncipe da paz” lidera o
exército español que, atendendo ós desexos de Napoleón, debe invadir Portugal como castigo pola súa colaboración con Inglaterra. A
victoria na Guerra das Laranxas (mayo-xuño de 1801), pola que España anexiona Olivenza, catapulta definitivamente a Godoy, que recibe o
cargo de generalísimo dos exércitos de mar e terra. Aquí Godoy como capitán xeral, cadro encargado por Carlos IV a Goya en 1801 (Real
Academia de Bellas Artes de San Fernando)
A Batalla de Trafalgar (1805), na que a frota franco-española cae ante a escadra da Royal Navy británica, supón o fin de España como
potencia marítima.
Os sinais de Nelson en Trafalgar: “Inglaterra espera que cada home cumpra co seu deber” (Walter William May, The boys
own paper, 1885)
A Batalla de Trafalgar por William Clarkson Stanfield (1836)
Maqueta do Santa Ana, navío de tres pontes e 112 canóns. Vencido en Trafalgar, desarbolado, foi rescatado e puido regresar a
Cádiz. Na seguinte páxina A familia de Carlos IV, pintado por Goya en 1800, realista, afastado do estilo do “retrato epifanía”.
Polo Tratado secreto de Fontainebleau (27 de outubro de 1807), Napoleón e Godoy acordaban unha reedición da campaña en Portugal, pero
desta vez España debía permitir o paso do exército francés por territorio español. Era o salvoconducto para a ocupación francesa de España
(que xa empezara desde o día 18), o xerme da futura Guerra de Independencia. Na imaxe o palacio dos reis franceses, a 60 km de París, nese
momento ocupado polo emperador Napoleón I.
O tratado estipulaba un reparto de Portugal que non incluía ó rei de
España: Lusitania setentrional para María Luisa de Borbón, irmá do
futuro Fernando VII (desposuída do Reino de Etruria por Napoleón);
Principado dos Algarves para Godoy; a zona amarela reservábase para
futuras compensacións.
O mesmo 27 de outubro de 1807 saltaba o escándalo no
Palacio de San Lorenzo de El Escorial. Unha nota
anónima aparecía no escritorio de Carlos IV na que se
dicía (segundo conta La Parra López): “... que el príncipe
Fernando preparaba un movimiento en palacio, que
peligraba su corona y que la reina María Luisa podía
correr un grande riesgo de morir envenenada”. O
monarca ordeaba o rexistro do cuarto do príncipe
Fernando. Alí atopaba cartas comprometedoras que
demostraban que o príncipe, coa axuda do canónigo Juan
de Escoiquiz e do duque do Infantado (partido
fernandino), impulsaba unha trama para destituír a Godoy
a toda costa (incluso negociando un matrimonio con
Napoleón e barallando a posibilidade de destronar ó seu
pai). Aquí unha imaxe de Juan Escoiquiz, preceptor do
príncipe Fernando, que reproduce un cadro de Madrazo
(1890, Biblioteca Nacional).
A conxura de El Escorial, ou “conspiraciones del
cuarto del príncipe”, saldouse cun proceso no que
Fernando recoñeceu a súa culpa e dous decretos
publicados na Gazeta de Madrid (predecesora do
BOE). Pese a todo, os decretos non explicaban o
alcance da trama e a opinión pública, sen coñecer
cales eran as intencións dos “malvados”, deduciu
que todo era unha invención de Godoy. O partido
fernandino saía fortalecido. Retrato de Fernando
VII en 1808, por Goya (Museo de Arte de Sao
Paulo).
A “mudanza a Brasil” consistiu na evacuación da familia real portuguesa de María I e o seu fillo Joao VI (e centos de funcionarios, aristócratas, a
Biblioteca Nacional, coleccións de arte, ouro e prata...15.000 evacuados), organizada en Lisboa entre o 27 e o 29 de novembro. Os barcos
portugueses, escoltados pola Royal Navy británica, saíron un día antes da chegada a Lisboa das tropas de Napoleón. A Casa de Braganza
establecía o seu centro de operacións en Rio de Janeiro. Imaxe: Embarque da familia real portuguesa cara Brasil en 1807 (atribuída a Louis-
Albert Delerive, Museo Nacional dos Coches, Lisboa)
Godoy descubre que as verdadeiras intencións de Napoleón, que se pactaran con Rusia no Tratado de Tilsit, son situar nos tronos de Portugal
e España ós seus familiares. Decide daquela seguir o exemplo portugués e organiza o traslado da familia real a América (desde Sevilla). O
partido fernandino volve á carga e promove o Motín de Aranjuez (17 a 19 de marzo de 1808). Imaxe: Caída y prisión del Príncipe de la Paz,
gravado de Paula Martí a partir de un dibujo de Zacarías Velázquez (ca. 1814).
O 18 Carlos IV abdica no seu fillo. O 19 os amotinados asaltaron a casa de Godoy en Aranjuez. Fernando VII tivo que evitar o
linchamento. Isto dicía unha composición popular recollida polo clérigo sevillano Giles (Madrid pide la cabeza /Cádiz, tripas y
pulmón,/Cartagena el corazón,/ Málaga quiere otra presa./León las piernas apriesa, /Castilla los brazos, hoy / los infiernos un
convoy /mandan por su alma exenta /y si todos se contentan/ adiós, se acabó Godoy). Estampa anónima da serie das renuncias
que representa a visita de Fernando VII a un Godoy preso. (Museo de Historia de Madrid)
Fernando VII, xa rei, necesitaba o recoñecemento de Napoleón. O 10 de abril abandona Madrid para entrevistarse co emperador en
Burgos, tal e como propuxera Savary. Nin alí nin en Vitoria se presenta Napoleón. Fernando chega a Baiona, onde se lle fai saber
que os Borbóns non reinarían en España.
Infante Antonio Pascual, irmán de Carlos IV e
inimigo de Godoy, encargado da Junta Suprema
de Gobierno durante a ausencia de Fernando
VII. Boceto preparatorio para A familia de Carlos
IV (1800, Goya, Museo do Prado).
Na seguinte páxina: Talleyrand mostra a
Fernando VII a carta escrita por Carlos IV que
motiva a abdicación de Baiona (estampa
anónima de 1808, Museo de Historia de
Madrid).
Fernando devolve a Coroa ó seu pai. Carlos IV renuncia a coroa en favor de Napoleón. O 10 de maio de 1808 Napoleón nomea rei de
España ó seu irmán Xosé Bonaparte. Litografía de F. Pérez de Guerra de la Independencia : narración histórica (Miguel Agustin Príncipe)
Vistula / Ynglaterra / Oder / Elba / Veser / Rin /
NAPOLEON. Estampa de José Pereira y Cía
(primeiro cuarto do XIX). Na seguinte páxina:
Xosé I, “Pepe botella”, nun gravado anónimo de
1814 (Biblioteca Nacional)
Joaquín Murat, cuñado de Napoleón,
mariscal de Francia e lugartenente xeneral
de España, retratado por FranÇois Gérard.
Murat designa e convoca ós notables
españois que deben redactar a Constitución
de Baiona.
Fragmento da Constitución de Baiona, carta outorgada
promulgada o 6 de xullo de 1808 por Xosé I (Biblioteca
Nacional).
Intendencias e provincias da época de Floridablanca sobre o mapa actual (Instituto Geográfico Nacional)
División administrativa da España de Xosé I, a partir do proxecto de José María Lanz e seguindo o modelo francés, en 38 departamentos ou
prefecturas.
Estímase que houbo aproximadamente 12.000 familias que
colaboraron por diversos motivos co invasor francés
(conveniencia, confianza nas reformas como vía para
modernizar o país...). Os afrancesados crían que a ocupación
francesa podía favorecer a modernización do país. Na imaxe, o
rei José I por F. Gérard (1810)
O 2 de maio de 1808 unha turba reunida nas
inmediacións do Palacio Real ataca ós soldados
franceses que trataban de levar ó infante
Francisco de Paula a Francia. O berro de José
Blas (“¡Qué nos lo llevan!”) inicia un levantamento
que se extende rapidamente por toda a cidade, e
da capital ó resto do país. Era o inicio da Guerra
de Independencia. Aquí Malasaña y su hija se
baten contra los franceses en una de las calles
que bajan del parque a la de San Bernardo, de
Eugenio Álvarez Dumont (1887, Museo del
Prado). Nas seguintes páxinas a parella El 2 de
mayo de 1808 en Madrid ou “ La lucha con los
mamelucos” e El 3 de mayo en Madrid ou “Los
fusilamientos” (Goya, 1814, Museo del Prado)
Salvador Mayol: Levantamiento simultáneo de las Provincias de España contra Napoleón año 1808 (c.1817, Biblioteca nacional).
Goya: Desastres da guerra, nº 39 (1812-1820, Biblioteca Nacional)
Goya: Nada. Ello dirá. (Desastres da guerra, nº 69, 1812-1820, Biblioteca Nacional)
Agustina Raimunda María Zaragoza y Doménech, chamada «Agustina de Aragón», defensora de Zaragoza durante os Sitios, na Guerra da
Independencia Española. Aquí retratada por Goya: Debuxo preparatorio para Desastres de la guerra, 7, Que valor! (Museo del Prado)
A guerra de “guerrillas” foi importante nesta
contenda, complicando as operacións do
exército de Napoleón. Aquí Juan Martín Díez,
“El empecinado” de Salvador Martínez Cubells
(1881, Museo del Prado). Este célebre
guerrilleiro lanzouse á loita contra o francés
desde que vingou a unha moza violada por
soldados galos. Foi executado en Roa en 1825
por apoiar a causa liberal.
Anónimo (Biblioteca Nacional)
Portugueses e británicos combaten ós franceses en Vimeiro (gravado de J. Cardini e D. Schioppetta)
Morte de Sir John Moore na batalla de Elviña, o 17 de xaneiro de 1809, na que os británicos chamaron Peninsular War (Heath, William,
gravado por Sutherland, Thomas en The Martial Achievements of Great Britain and her Allies from 1799-1815, de James Jenkins).
A División do Miño (tropa regular e milicia popular), capitaneada polo conde de Noroña, enfróntase ó exército francés do mariscal Ney en Ponte
Sampaio (río Verdugo, Pontevedra) entre o 7 e o 9 de xuño de 1809. Pablo Morillo, que apoiara a Bernardo González del Valle (Cachamuíña)
na toma de Vigo, defendeu a ponte de Caldelas. Os franceses tratan de dominar outra vez o sur de Galicia (en marzo foran recuperadas Tui,
Vigo e Pontevedra), pero non conseguen cruzar o río Verdugo.
Plano da baía de Cádiz de José Mariano Vallejo. Nesta cidade sitiada reúnense as Cortes que inician a revolución liberal en España.
A Junta Central Suprema foi a encargada de encauzar
unha “consulta al país” que partía da inciativa de
Jovellanos en maio de 1809 e que serviría para preparar
a convocatoria das Cortes. O 29 de xaneiro de 1810
expediuse o derradeiro decreto da Suprema Junta, polo
cal, ésta se disolvía e daba paso ó Consello de Rexencia
de España e Indias, que acabaría organizando as
Cortes. A reunión das Cortes non debía ser a priori un
acto revolucionario, pero si que o era que a iniciativa da
convocatoria partise desta Xunta, cando era prerrogativa
do rei. Os reunidos en Cádiz tampouco eran un grupo
homoxéneo: dividíronse basicamente en partidarios da
reforma (liberais) e partidaros de perpetuar o modelo
tradicional (servís).
As Cortes serían unicamerais, e electas por sufragio
censitario (tiñan dereito a voto e a ser votados todos os
varóns maiores de 25 anos que tiveran casa aberta,
incluidos os eclesiásticos seculares) indirecto (parroquia,
partido e provincia). Reuníronse por primeira vez en
Cádiz, na Isla de León, o 24 de setembro de 1810. A
guerra impediu que se celebrara a elección en moitos
distritos. Pouco máis de trescentos deputados
participaron naquelas Cortes: abundaban as profesións
liberais e os funcionarios, civís e militares, e un terzo eran
eclesiásticos (algúns membros do clero, como Diego
Muñoz-Torrero, defenderon o principio de soberanía
nacional).
O número total de deputados variou. No momento da súa
inauguración (24/10/1810) só había 104, dos que 47 eran
suplentes. Do total sinalado no cadro, 63 eran deputados
americanos. Nunca Chegou a haber 308 reunidos; a
Constitución de 1812 foi asinada tan só por 184
deputados e no momento da disolución das Cortes
(14/09/1813) había 223.
Juan Gálvez:
Sesión de las
Cortes de Cádiz
(1812, Fundación
Lázaro Galdiano,
Madrid). O Teatro
Cómico de la Real
Villa de la Isla de
León foi o primeiro
lugar de reunión.
Salvador Viniegra: Promulgación de la Constitución de 1812 (1912, Museo das Cortes de Cádiz). No momento representado as Cortes
reuníanse no Oratorio de San Felipe Neri. Era o 19 de marzo de 1812, día de San Xosé. Entre os liberais popularizouse o eslogan “¡Viva la
Pepa!”.
Facsímil da Constitución de 1812 que se expón no Senado.
Monumento á Constitución de 1812 da Plaza de España de Cádiz, de Modesto López Otero e Aniceto Marinas (1912).
Monumento á Constitución de 1812 en Comayagua, Honduras. Erixido en 1820. Imaxe de Capitals of Spanish
America (1888).
Litografía de Serra que representa a sinatura do
Tratado de Valençay o 11 de decembro de 1813.
Non foi Fernando VII o que asinou, senón o duque
de San Carlos no seu nome. Este tratado, polo que
os signatarios se comprometían a retornar á
situación anterior á guerra (e era bastante
vantaxoso para Francia), non foi aceptado polas
Cortes españolas. Napoleón, para debilitar ós
aliados, reaccionou facilitando o regreso de
Fernando VII a España. Era o 22 de marzo de
1814.
Entrada triunfal de Fernando VII en Valencia, de Miquel Parra (1815). O 16 de abril o rei chegaba á cidade levantina desobedecendo o itinerario
maracado polas Cortes. Os deputados, xa instalados en Madrid, pretendían que o rei xurara canto antes a Constitución. Ante este inesperado
xiro envían a Valencia un representante da Rexencia. Pero tamén chegara á cidade un representante dos absolutistas.
Exemplar do Manifesto de los persas publicado pola
Real Orde do 12 de abril de 1814 (Biblioteca
Nacional). Bernardo Mozo de Rosales, absolutista e
deputado por Sevilla, levou un exemplar a Valencia.
Francisco Javier Elío, capitán general de Valencia
(atribuído a Miquel Parra, 1815, Museo del Prado). O
17 de abril Elío invitou ó monarca a recuperar todos os
seus dereitos ofrecéndolle o apoio da tropa.
Fernando VII deroga a Constitución de 1812 no Palacio de Cervelló. No Decreto de Valencia do 4 de maio de 1814 o rei declara: ...que
mi real ánimo es no solamente no jurar ni acceder a dicha constitución ni a decreto alguno de las Cortes generales y extraordinarias, a
saber, los que sean depresivos de los derechos y prerrogativas de mi soberanía, establecidas por la constitución y las leyes en que de
largo tiempo la nación ha vivido, sino el de declarar aquella constitución y tales decretos nulos y de ningún valor y efecto, ahora ni en
tiempo alguno, como si no hubieran pasado jamás tales actos...”
Fernando VII en un campamento, por Francisco de
Goya (depois de 1815, Museo del Prado)
O militar Francisco Espoz y Mina (aquí nun retrato de
autor descoñecido) sublevouse o 25 de setembro en
Puente la Reina e marchou sobre Pamplona, nun intento
fallido de proclamar a Constitución de 1812. Tivo que
refuxiarse en Francia. Parece ser que tamén estivo
involucrado na Conspiración do Triángulo, complot que
buscaba asasinar a Fernando VII nunha das súas visitas
á alcoba da meretriz “Pepa la Malagueña”. A trama foi
descuberta e un dos seus líderes, Vicente Richard, foi
aforcado na Praza da Cebada. A súa cabeza foi exposta
na picota do camiño de Vicálvaro.
Juan Díaz Porlier nunha litografía de J. Donon (de
Victoriano Ameller: Los mártires de la libertad
española, II, Madrid, 1853). Porlier foi protagonista
dun pronunciamento na Coruña en setembro de
1815. Foi traizoado cando se dirixia coa tropa a
Santiago. Morreu aforcado na Praza da Leña da
cidade herculina cando sumaba 26 anos de vida.
Luis Lacy pronunciouse en 1917 en Cataluña xunto ó
xeneral Milans del Bosch a favor da Constitución
española de 1812 e tratou de marchar sobre
Barcelona. Morreu fusilado no castelo de Bellver.
(Gravado de Luis de Lacy y Gautier en Ilustració
Catalana nº 38, 1881)
O asturiano Rafael del Riego foi capitán
durante a Guerra de Independencia. O 10
de setembro participou na Batalla de
Espinosa de los Monteros e caeu
prisioneiro. Levado para Francia, foi
liberado. Viaxou por Inglaterra e Alemaña.
En 1814 regresou a España, obtendo o
rango de tenente coronel. Durante os seis
anos de monarquía absoluta, que seguiron
á volta a España de Fernando VII, ingresou
na masonería (Taller Sublime), conspirando
contra o soberano. (retrato de autor
descoñecido)
A conspiración que acabaría co absolutismo parte do exército acantoado en Cádiz, un exército que
estaba destinado a sufocar o movemento independentista en América. Entre os cabezas civís do
movemento distinguimos a Alaclá Galiano, Mendizábal ou Istúriz. O pronunciamento comezou o 1 de
xaneiro de 1820, pero fracasou no seu intento de tomar Cádiz. Riego percorreu durante dous meses a
Andalucía Occidental sen conseguir grandes apoios. Cando todo parecía perdido, xa en marzo, foron os
pronunciamentos de Zaragoza, Coruña o barcelona os que inclinaron a balanza cara os liberais.
Proclamacíón da Constitución de 1812 na Praza Maior de Madrid en marzo de 1820 (Eugene Lamy e Godefroy Engelmann, Museo de Historia
de Madrid).
Manifiesto de Fernando VII a los españoles (10 de
marzo de 1820)
Por los serviles / no hubiera Unión /ni si pudieran/ Constitución./ pero es preciso /roan el hueso./y el liberal /les dirá eso: /Trágala, trágala/
Trágala, trágala/Trágala, trágala / Trágala, perro. Esta canción foi moi popular entre os liberais que apoiaron ó réxime do Trienio. Os
absolutistas (serviles) contraatacaron coa canción La Pitita (Estampa da Biblioteca Digital Memoria de Madrid)
Letra de La Pitita: Españoles, aliados, / clamemos: Religión! / ¡Viva el rey!¡Viva la paz! / ¡Viva la paz y la buena unión!. /
Pitita, bonita, / con el pío, pío, pon. /¡Viva Fernando / y la Inquisición!. Na estampa “El entierro de los serviles” a Milicia
Nacional aplasta ós absolutistas.
O 9 de xullo Fernando VII
xura a Constitución na sesión
de apertura das Cortes,
celebrada no Palacio de
María de Aragón (Museo
Romántico de Madrid)
Nova organización administrativa: proxecto de Bauzá y Larramendi aprobado polas Cortes en xaneiro de 1822.
O 25 de outubro de 1820 apróbase a Lei que incorpora ó Estado os bens dos mosteiros e conventos disoltos polas Cortes.
Era o inicio da desamortización eclesiástica, proceso que se acelera durante a presidencia de Mendizábal no bienio 1835-
36. Na imaxe a Igrexa do Mosteiro de Sigena, da Orde de San Xoán de Xerusalén (Hospitalaria), en Huesca, unha das
ordes que se declaron disoltas durante o Trienio.
España era un país de economía preindustrial, cunha gran masa de campesiños e unha burguesía que era minoritaria:
o liberalismo carecía do apoio social necesario para levar a bo porto as reformas que pretendía. Existían casos
excepcionais: os sucesos de Alcoy foron a primeira manifestación de ludismo que houbo en España. Tiveron lugar o 2
de marzo de 1821, durante o Trienio Liberal, cando uns 1200 campesiños e xornaleiros dos pobos veciños que
cardaban e fiaban la nas súas casas (no marco do sistema putting-out) asaltaron Alcoy e destruíron 17 máquinas, como
a que vemos na imaxe. Tiveron que intervir dous rexementos procedentes de Xátiva e de Alicante para reprimir a
protesta.
Litografía de N. González (en El Mundo Militar, Madrid, 1863, pág. 68, Biblioteca Nacional)
Theubet de Beauchamp: Vistas de Méjico y trajes civiles y militares y de sus pobladores entre 1810 y 1827 (Real Biblioteca del Palacio Real
de Madrid). A clase mercantil crioula, afastada dos cargos (reservados ós nados na Península), abraza os ideais da Ilustración e imita o
modelo norteamericano (independencia dos EE.UU). Aproveitou este grupo social o decidido apoio que lle brindaba Inglaterra, sobre todo a
partir da derrota franco-española en Trafalgar.
A ocupación francesa de España e a Guerra de
independencia favoreceron as proclamas de
independencia. En 1823 só queda baixo dominio da
metrópole o Perú. En 1824, trala victoria de Sucre
na batalla de Ayacucho, no continente americano só
permanecían na órbita española Cuba e Porto Rico.
A sublevación da Garda Real (insubordinándose en Palacio e enfrontándose á Milicia Nacional na Praza de Oriente o 7 de
xullo de 1822), provocou a dimisión do gabinete do moderado (doceañista) Martínez de la Rosa. O novo goberno de Evaristo
San Miguel (exaltados) perseguiu a sublevación realista (absolutista): as posicións de uns e doutros non podían estar máis
afastadas. Gravado do asasinato do tenente Mamerto Landaburu (Biblioteca Nacional).
As partidas realistas toman
a Seo de Urgel e o 18 de
agosto instáurase un
rexencia, goberno no exilio
durante a cautividade do rei.
A Rexencia de Urgel foi
desmantelada por Espoz y
Mina en outubro. O que non
puideron frear os liberais foi
a invasión francesa
acordada no Congreso de
Verona en decembro de
1822. Na imaxe o Duque de
Angulema entra en Madrid
(Biblioteca Digital Memoria
de Madrid)
O Vello Cabeza Tambaleante XVIII probándose as botas de Napoleón – ou preparándose para a campaña en España (caricatura satírica
británica do rei Luis XVIII, con Napoleón II detrás del querendo tomar a súa corona, por George Cruikshank). O 28 de xaneiro de 1823
Luis XVIII de Francia diríxese á Cámara: Cen mil fillos franceses, mandados por aquel príncipe da miña familia a quen o meu corazón
comprácese de dar o nome de fillo meu, están prontos a marchar invocando ó Deus de San Luis, para conservar o trono de España a un
neto de Enrique IV e para preservar aquel fermoso reino da súa ruina e reconciliarse con Europa. En abril o exército do duque de
Angulema (Cen mil fillos de San Luis) entraba en España para restaurar o absolutismo. Os británicos mantivéronse neutrais.
Desembraco de Fernando VII en Puerto de Santa María, por José Aparicio (1827). O duque de Angulema recibe ó rei, que fora evacuado a
Cádiz por orde das Cortes. Era a fin do Trienio Liberal.
Riego conducido por los realistas a la cárcel de La Carolina, litografía de J. Donon (en Victoriano Ameller: Los mártires de la libertad española,
II, Madrid, 1853). En setembro de 1823 cae en desgracia trala batalla de Jódar. En Madrid foi xulgado e declarado culpable de alta traizón, xa
que votara nas Cortes a favor da incapacitación do rei. Morreu aforcado na Praza da Cebada o 7 de novembro de 1823.
Execución do libreiro Antonio Miyar o 11 de abril de 1831 (en Los mártires de la libertad española, de Victoriano Ametller, 1853)
Mariana Pineda no patíbulo, gravado de Contreras (en
Mugeres célebres de España y Portugal de Juan de Dios de la
Rada y Delgado, 1868). A granadina Mariana Pineda acolleu
no seu fogar a liberais perseguidos durante a década
ominosa. En marzo de 1831 foi apresada e acusada de estar
en posesión dunha bandeira bordada con signos e lemas da
masonería. Hai quen defende que foi a propia policía a que
introduciu a bandeira na súa casa co fin de conseguir que
Mariana delatase a líderes da conspiración liberal. Foi
executada co garrote vil o 26 de maio de 1831, cando contaba
con 26 anos de idade.
Fusilamento de Torrijos, por Antonio Gisbert (1888, Museo do Prado). O xeneral Torrijos preparou durante o seu exilio en Inglaterra un
pronunciamento que pretendía recuperar “a senda liberal”. O 2 de decembro de 1831, partindo de Xibraltar, desembarcou na costa de Málaga
con 60 homes. Era unha trampa (urdida polo militar Vicente González Moreno baixo o seudónimo de Viriato). O 11 de decembro foron fusilados
na praia de San Andrés sen xuízo previo.
A nova etapa absolutista, que a
historiografía bautiza como década
ominosa, non é un retorno exacto á
situación anterior ó Trienio. Parece que o
réxime quere adaptarse ás novas
coordenadas europeas, tal e como
demostran as políticas dos reformistas ou
fernandinos ilustrados (Cea Bermúdez,
Calomarde...): tímida reforma da Facenda
(orzamento anual), non se repón a
Inquisición... Este panorama non satisface
ós liberais, pero tampouco ó partido realista,
ós ultras, que apoiará o dereito de Carlos
María Isidro, irmán do rei, a suceder ó
monarca á súa morte. O enfrontamento
ultrarrealista máis grave, anticipando a
guerra carlista, foi a Guerra dos malcontents
de 1827. Os agraviados, desde Manresa,
esixían a reposición da Inquisición e o
abandono das políticas dos reformistas.
María Cristina de Borbón-Dos Sicilias, por Vicente
López (1830, Museo del Prado). A Pragmática
Sanción de 1789, aprobada por Fernando VII o 29 de
marzo de 1830 (tres meses despois do seu
casamento coa súa cuarta esposa, María Cristina de
Borbón, de 23 anos de idade), restablecía o sistema
de sucesión tradicional das Sete Partidas de Alfonso
X de Castela (que fora alterado por Felipe V),
segundo o cal as mulleres podían reinar se non tiñan
irmáns varóns. Esta decisión de Fernando VII
erradicaba a liña de sucesión do seu irmán Carlos
María Isidro no caso de que o rei tivese unha filla. O
10 de outubro de 1830 nacía Isabel.
A enfermidade de Fernando VII. Litografía de Florentino Decraene (1795-1852) que reproduce o óleo de Federico de
Madrazo y Kuntz conservado no Palacio Real de Madrid (Díez, J. L.: Federico de Madrazo y Kuntz (1815-1894), pp. 132-135,
n. 3). O título que aparece na estampa é La Reyna D.a M.a Cristina de Borbon. Durante a convalecencia do rei no Palacio de
la Granja os carlistas conseguen a anulación da Pragmática Sanción, aínda que por pouco tempo. En 1831 o rei recobra a
saúde e volve a poñer en vigor o decreto. En 1833, a poucos días da guerra, obriga ó seu irmán a abandonar España.
O infante Carlos María Isidro de Borbón, por
Vicente López (1823, Museo del Prado). Polo
manifesto de Abrantes do 1 de outubro de
1833 declarábase rei de España co título de
Carlos V. O 6 de outubro comezaba a Primeira
Guerra Carlista.
Os carlistas tentaron a toma de Madrid na Expedición Real de 1837. Aquí nun mapa de Wilhelm von Rahden, 1851.
O xeneral Tomás de Zumalacárregui, coñecido pola
súa tropa como “Tío Tomás”, foi un destacado
militar carlista da rexión das vascongadas. Morreu
en 1835 tras ser alcanzado por un proxectil durante
a toma de Bilbao. Aquí pintado por Adolphe Jean-
Baptiste Bayot en 1836.
Portada do Album de las tropas carlistas del Norte, por Urrabieta (ca. 1840)
Caballería Castellana. "Albúm de las Tropas Carlistas del Norte". Madrid (Fernando Miranda, década de 1840).
Incendio da fábrica El Vapor, dos Bonaplata, en Barcelona en 1835, no contexto das bullangas (tumultos de signo
anticlerical) e da Primeira Guerra Carlista.
María Cristina de Borbón, rexente entre 1833 e
1840, por Winterhalter (1841)
Mariano Fortuny: La reina María Cristina y su hija la reina Isabel pasando revista a las baterías de artillería que defendían Madrid en 1837
(Museo del Prado. Madrid).
Co “Abrazo de Vergara” do 31 de agosto de 1839 (en Oñate) o xeneral carlista Maroto e o liberal Espartero ratificaban o Convenio asinado
día antes con mediación británica (Inglaterra apoiou ó bando isabelino como membro da Cuádruple Alianza). O bando cristino aceptaba por
este Convenio a liberdade dos carlistas, o recoñecemento dos empregos e graos carlistas, e a proposición ás Cortes do mantemento dos
fueros. Estampa de Panorama Español, Madrid, 1845 (Museo de San Telmo).
El Correo Nacional, nº 955, 31 de agosto de 1840, Madrid. Archivo del Territorio Histórico de Álava. Vitoria.
Javier de Burgos por Florentino de Craene. A reforma
impulsada por Javier de Burgos, durante o goberno de
Cea Bermúdez, foi un primeiro intento de
racionalización da administración territorial do Estado.
María Cristina na sesión inaugural das Cortes de 1834, na Cámara de Próceres do Casón del Buen Retiro (gravado de Asselineau). O 10 de
abril de 1834 promúlgase o Estatuto Real, carta outorgada ou lei elaborada polo goberno de Martínez de la Rosa, que non recoñecía a
soberanía nacional e establecía unhas Cortes formadas por dúas cámaras: a alta, a dos Próceres, estaba formada por membros da nobreza e
do clero (e algún magnate da burguesía) designados pola rexente e de cargo vitalicio. A cámara baixa, a dos Próceres, elixíase mediante
sufraxio censitario moi restrinxido. O réxime do Estatuto estivo vixente ata o motín de La Granja en 1836 e foi vital para conseguir o apoio dos
liberais durante a guerra carlista.
Os motíns anticlericais (bullangas...) e a
reaparición das Juntas propiciaron a caída do
goberno do conde de Toreno e o inicio do
goberno de Mendizábal. Para debilitar o carlismo
e salvar a difícil situación da Facenda,
Mendizábal impulsou medidas como a supresión
de ordes relixiosas e a desamortización dos bens
eclesiásticos.
A "desamortización de Mendizábal" comezou cun decreto do 19 de febreiro de 1836 que declaraba "bienes nacionales" as
propiedades dos conventos e mosteiros suprimidos polo goberno anterior, do conde Toreno, que o 25 de xullo de 1835 ordenou o
peche dos establecementos relixiosos con menos de doce profesos, que eran a maioría. Estos bens nacionais serían vendidos en
pública subasta e o produto da súa venda aplicaríase á redución da débeda. A exclaustración e desamortización eclesiástica supón a
fin de gran parte dos mosteiros e a ruina e expolio do seu patrimonio. Na seguinte imaxe o mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro.
En agosto de 1836, con medio
país sublevado e en metade
dunha terrible guerra, o motín dos
sarxentos de La Granja obriga á
rexente a restablecer a
Constitución de 1812. Ó día
seguinte da sargentada María
Cristina destitúe a Istúriz e o
goberno volve a mans dos liberais
progresistas.
O 18 de xuño de 1837 promulgouse o documento que sae do proceso de reforma constitucional liderado polos liberais progresistas: a
Constitución española de 1837 establecía Cortes bicamerais e soberanía compartida (Cortes con el rey). A lei electoral mantiña o
sufraxio censitario, aínda que ampliaba o dereito a voto. A propiedade vinculada (señoríos, morgados...) convertíase en propiedade
privada enaxenable. A nova etapa buscaba o pacto cos antigos poderes (nobreza e clero), e nas eleccións de outubro os liberais
moderados volvían ó poder. Aquí un orixinal manuscrito e caixa de pel de Federico Reparaz (Congreso dos Deputados).
Co fin da guerra carlista, aproveitando
a súa popularidade e a polémica fronte
a nova lei municipal, o xeneral
Espartero apoiará as reivindicacións
dos progresistas fronte á rexente.
María Cristina presenta a súa renuncia,
iniciándose coa rexencia de Espartero
(1841-1843) unha nova etapa política
na que o estamento militar será
protagonista. (John Linell: “Baldomero
Espartero”. 1843. Museo de Historia de
Madrid)
Espartero cobra dos ingleses polas súas medidas librecambistas. (caricatura en “El Republicano”, 1842). A noticia de que o goberno prentende
asinar con Inglaterra un acordo comercial que elimina o arancel ós produtos textís británicos (perxudicial para a industria algodoeira catalá) é
o detonante da insurrección en Barcelona.
Bombardeo de Barcelona desde o castelo de Montjuic. Espartero dirixiu en persoa as operacións que propiciaron a rendición da cidade o 4 de
decembro de 1842. Espartero conseguía acabar coa revolta, pero perdía o enorme apoio social que tivera en Barcelona.
Espartero por J. Laurent. En maio de 1843 Espartero xa só
conta co apoio dos ayacuchos (militares que participaran
naquela batalla). Un pronunciamento militar dos xenerais que
apoian ó sector moderado (Narváez, O'Donell...), dirixido
tamén por María Cristina, provoca a caída de Espartero,
quen embarca con destino Inglaterra o 30 de xullo de 1843.
Isabel II con 15 anos (En Dámaso Calbo y Rochina de Castro.
"Historia de Cabrera". Madrid 1845). Isabel fora proclamada
raíña de España con 13 anos, adiantándose a maioría de idade
prevista para os 14 anos, en novembro de 1843.

More Related Content

Similar to España no século XIX primeiraa parte.pdf

A guerra de sucesión 032 c10
A guerra de sucesión   032 c10A guerra de sucesión   032 c10
A guerra de sucesión 032 c10pati_89
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austriaxosea
 
Carlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezCarlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezEVAVIDALFERRO
 
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime EspañaTema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime Españaaialo1
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Santi Pazos
 
Os reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiOs reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiJavier Parguina
 
Tema4 av
Tema4 avTema4 av
Tema4 avaialo1
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réximexosea
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalAgrela Elvixeo
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoAgrela Elvixeo
 
Alfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. ShailaAlfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. ShailaEVAVIDALFERRO
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 

Similar to España no século XIX primeiraa parte.pdf (20)

Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 
Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.
 
A guerra de sucesión 032 c10
A guerra de sucesión   032 c10A guerra de sucesión   032 c10
A guerra de sucesión 032 c10
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austria
 
Carlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezCarlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago Vázquez
 
A idade moderna
A idade modernaA idade moderna
A idade moderna
 
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime EspañaTema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias
 
Os reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiOs reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe ii
 
Tema4 av
Tema4 avTema4 av
Tema4 av
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réxime
 
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
A IDADE MODERNA PPT
A IDADE MODERNA PPTA IDADE MODERNA PPT
A IDADE MODERNA PPT
 
Sociales depotismo ilustrado
Sociales  depotismo ilustradoSociales  depotismo ilustrado
Sociales depotismo ilustrado
 
Mitad tema 2
Mitad tema 2Mitad tema 2
Mitad tema 2
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
 
Alfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. ShailaAlfonso XII de Borbón. Shaila
Alfonso XII de Borbón. Shaila
 
O despotismo ilustrado
O despotismo ilustradoO despotismo ilustrado
O despotismo ilustrado
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 

España no século XIX primeiraa parte.pdf

  • 1. Historia de España: século XIX Iván Granja – Departamento de Xeografía e Historia, IES Escolas Proval
  • 2. Batalla de Boulou (El Voló, 1 de maio de 1794), durante a Guerra da Convención (ou do Rosellón), na que España, como membro da Primeira Coalición, trataba de recuperar os territorios perdidos na Guerra dos Trinta Anos (1659). Autor descoñecido. Na portada: a falúa Real navega polo Tajo en Aranjuez.
  • 3. Godoy como restaurador de la instrucción pública, copia dun retrato perdido de Goya, por Agustín Esteve (1807, Academia de Bellas Artes de San Fernando). O ascenso meteórico de Manuel Godoy, favorito de Carlos IV con 25 anos, coincidiu con esta Guerra da Convención (tamén chamada do Rosellón, ou dos Pirineos). A ofensiva francesa leva ás tropas da Convención a territorio español (Figueras, San Sebastián, Bilbao, Vitoria, Miranda de Ebro) e Godoy, que decidira continuar a contenda sen atender ás advertencias de Aranda, ten que asinar unha paz perxudicial ós intereses de España. Pola paz de Basilea (22 de xullo de 1795) España perdía a súa parte de Santo Domingo, pero Godoy aparecía ante a opinión pública como un gran diplomático: recibía o título de “Príncipe da Paz”, ascendía á categoría de nobre.
  • 4. A Paz de Basilea supón un xiro total da política internacional española. O 18 de agosto de 1796, neste Palacio Real de La Granja de San Ildefonso (Segovia), asinábase o Tratado de San Ildefonso, polo que España acordaba unha alianza militar coa Francia do Directorio. Volveremos a este palacio noutro momento desta historia.
  • 5. Tras un curto período afastado da primeira liña (Godoy dimite en 1798 trala derrota no Cabo de San Vicente), o “Príncipe da paz” lidera o exército español que, atendendo ós desexos de Napoleón, debe invadir Portugal como castigo pola súa colaboración con Inglaterra. A victoria na Guerra das Laranxas (mayo-xuño de 1801), pola que España anexiona Olivenza, catapulta definitivamente a Godoy, que recibe o cargo de generalísimo dos exércitos de mar e terra. Aquí Godoy como capitán xeral, cadro encargado por Carlos IV a Goya en 1801 (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando)
  • 6.
  • 7. A Batalla de Trafalgar (1805), na que a frota franco-española cae ante a escadra da Royal Navy británica, supón o fin de España como potencia marítima.
  • 8. Os sinais de Nelson en Trafalgar: “Inglaterra espera que cada home cumpra co seu deber” (Walter William May, The boys own paper, 1885)
  • 9. A Batalla de Trafalgar por William Clarkson Stanfield (1836)
  • 10. Maqueta do Santa Ana, navío de tres pontes e 112 canóns. Vencido en Trafalgar, desarbolado, foi rescatado e puido regresar a Cádiz. Na seguinte páxina A familia de Carlos IV, pintado por Goya en 1800, realista, afastado do estilo do “retrato epifanía”.
  • 11.
  • 12. Polo Tratado secreto de Fontainebleau (27 de outubro de 1807), Napoleón e Godoy acordaban unha reedición da campaña en Portugal, pero desta vez España debía permitir o paso do exército francés por territorio español. Era o salvoconducto para a ocupación francesa de España (que xa empezara desde o día 18), o xerme da futura Guerra de Independencia. Na imaxe o palacio dos reis franceses, a 60 km de París, nese momento ocupado polo emperador Napoleón I.
  • 13. O tratado estipulaba un reparto de Portugal que non incluía ó rei de España: Lusitania setentrional para María Luisa de Borbón, irmá do futuro Fernando VII (desposuída do Reino de Etruria por Napoleón); Principado dos Algarves para Godoy; a zona amarela reservábase para futuras compensacións.
  • 14. O mesmo 27 de outubro de 1807 saltaba o escándalo no Palacio de San Lorenzo de El Escorial. Unha nota anónima aparecía no escritorio de Carlos IV na que se dicía (segundo conta La Parra López): “... que el príncipe Fernando preparaba un movimiento en palacio, que peligraba su corona y que la reina María Luisa podía correr un grande riesgo de morir envenenada”. O monarca ordeaba o rexistro do cuarto do príncipe Fernando. Alí atopaba cartas comprometedoras que demostraban que o príncipe, coa axuda do canónigo Juan de Escoiquiz e do duque do Infantado (partido fernandino), impulsaba unha trama para destituír a Godoy a toda costa (incluso negociando un matrimonio con Napoleón e barallando a posibilidade de destronar ó seu pai). Aquí unha imaxe de Juan Escoiquiz, preceptor do príncipe Fernando, que reproduce un cadro de Madrazo (1890, Biblioteca Nacional).
  • 15. A conxura de El Escorial, ou “conspiraciones del cuarto del príncipe”, saldouse cun proceso no que Fernando recoñeceu a súa culpa e dous decretos publicados na Gazeta de Madrid (predecesora do BOE). Pese a todo, os decretos non explicaban o alcance da trama e a opinión pública, sen coñecer cales eran as intencións dos “malvados”, deduciu que todo era unha invención de Godoy. O partido fernandino saía fortalecido. Retrato de Fernando VII en 1808, por Goya (Museo de Arte de Sao Paulo).
  • 16. A “mudanza a Brasil” consistiu na evacuación da familia real portuguesa de María I e o seu fillo Joao VI (e centos de funcionarios, aristócratas, a Biblioteca Nacional, coleccións de arte, ouro e prata...15.000 evacuados), organizada en Lisboa entre o 27 e o 29 de novembro. Os barcos portugueses, escoltados pola Royal Navy británica, saíron un día antes da chegada a Lisboa das tropas de Napoleón. A Casa de Braganza establecía o seu centro de operacións en Rio de Janeiro. Imaxe: Embarque da familia real portuguesa cara Brasil en 1807 (atribuída a Louis- Albert Delerive, Museo Nacional dos Coches, Lisboa)
  • 17. Godoy descubre que as verdadeiras intencións de Napoleón, que se pactaran con Rusia no Tratado de Tilsit, son situar nos tronos de Portugal e España ós seus familiares. Decide daquela seguir o exemplo portugués e organiza o traslado da familia real a América (desde Sevilla). O partido fernandino volve á carga e promove o Motín de Aranjuez (17 a 19 de marzo de 1808). Imaxe: Caída y prisión del Príncipe de la Paz, gravado de Paula Martí a partir de un dibujo de Zacarías Velázquez (ca. 1814).
  • 18. O 18 Carlos IV abdica no seu fillo. O 19 os amotinados asaltaron a casa de Godoy en Aranjuez. Fernando VII tivo que evitar o linchamento. Isto dicía unha composición popular recollida polo clérigo sevillano Giles (Madrid pide la cabeza /Cádiz, tripas y pulmón,/Cartagena el corazón,/ Málaga quiere otra presa./León las piernas apriesa, /Castilla los brazos, hoy / los infiernos un convoy /mandan por su alma exenta /y si todos se contentan/ adiós, se acabó Godoy). Estampa anónima da serie das renuncias que representa a visita de Fernando VII a un Godoy preso. (Museo de Historia de Madrid)
  • 19. Fernando VII, xa rei, necesitaba o recoñecemento de Napoleón. O 10 de abril abandona Madrid para entrevistarse co emperador en Burgos, tal e como propuxera Savary. Nin alí nin en Vitoria se presenta Napoleón. Fernando chega a Baiona, onde se lle fai saber que os Borbóns non reinarían en España.
  • 20. Infante Antonio Pascual, irmán de Carlos IV e inimigo de Godoy, encargado da Junta Suprema de Gobierno durante a ausencia de Fernando VII. Boceto preparatorio para A familia de Carlos IV (1800, Goya, Museo do Prado). Na seguinte páxina: Talleyrand mostra a Fernando VII a carta escrita por Carlos IV que motiva a abdicación de Baiona (estampa anónima de 1808, Museo de Historia de Madrid).
  • 21.
  • 22. Fernando devolve a Coroa ó seu pai. Carlos IV renuncia a coroa en favor de Napoleón. O 10 de maio de 1808 Napoleón nomea rei de España ó seu irmán Xosé Bonaparte. Litografía de F. Pérez de Guerra de la Independencia : narración histórica (Miguel Agustin Príncipe)
  • 23. Vistula / Ynglaterra / Oder / Elba / Veser / Rin / NAPOLEON. Estampa de José Pereira y Cía (primeiro cuarto do XIX). Na seguinte páxina: Xosé I, “Pepe botella”, nun gravado anónimo de 1814 (Biblioteca Nacional)
  • 24.
  • 25. Joaquín Murat, cuñado de Napoleón, mariscal de Francia e lugartenente xeneral de España, retratado por FranÇois Gérard. Murat designa e convoca ós notables españois que deben redactar a Constitución de Baiona.
  • 26. Fragmento da Constitución de Baiona, carta outorgada promulgada o 6 de xullo de 1808 por Xosé I (Biblioteca Nacional).
  • 27. Intendencias e provincias da época de Floridablanca sobre o mapa actual (Instituto Geográfico Nacional)
  • 28. División administrativa da España de Xosé I, a partir do proxecto de José María Lanz e seguindo o modelo francés, en 38 departamentos ou prefecturas.
  • 29. Estímase que houbo aproximadamente 12.000 familias que colaboraron por diversos motivos co invasor francés (conveniencia, confianza nas reformas como vía para modernizar o país...). Os afrancesados crían que a ocupación francesa podía favorecer a modernización do país. Na imaxe, o rei José I por F. Gérard (1810)
  • 30. O 2 de maio de 1808 unha turba reunida nas inmediacións do Palacio Real ataca ós soldados franceses que trataban de levar ó infante Francisco de Paula a Francia. O berro de José Blas (“¡Qué nos lo llevan!”) inicia un levantamento que se extende rapidamente por toda a cidade, e da capital ó resto do país. Era o inicio da Guerra de Independencia. Aquí Malasaña y su hija se baten contra los franceses en una de las calles que bajan del parque a la de San Bernardo, de Eugenio Álvarez Dumont (1887, Museo del Prado). Nas seguintes páxinas a parella El 2 de mayo de 1808 en Madrid ou “ La lucha con los mamelucos” e El 3 de mayo en Madrid ou “Los fusilamientos” (Goya, 1814, Museo del Prado)
  • 31.
  • 32.
  • 33. Salvador Mayol: Levantamiento simultáneo de las Provincias de España contra Napoleón año 1808 (c.1817, Biblioteca nacional).
  • 34.
  • 35. Goya: Desastres da guerra, nº 39 (1812-1820, Biblioteca Nacional)
  • 36. Goya: Nada. Ello dirá. (Desastres da guerra, nº 69, 1812-1820, Biblioteca Nacional)
  • 37. Agustina Raimunda María Zaragoza y Doménech, chamada «Agustina de Aragón», defensora de Zaragoza durante os Sitios, na Guerra da Independencia Española. Aquí retratada por Goya: Debuxo preparatorio para Desastres de la guerra, 7, Que valor! (Museo del Prado)
  • 38.
  • 39. A guerra de “guerrillas” foi importante nesta contenda, complicando as operacións do exército de Napoleón. Aquí Juan Martín Díez, “El empecinado” de Salvador Martínez Cubells (1881, Museo del Prado). Este célebre guerrilleiro lanzouse á loita contra o francés desde que vingou a unha moza violada por soldados galos. Foi executado en Roa en 1825 por apoiar a causa liberal.
  • 41. Portugueses e británicos combaten ós franceses en Vimeiro (gravado de J. Cardini e D. Schioppetta)
  • 42. Morte de Sir John Moore na batalla de Elviña, o 17 de xaneiro de 1809, na que os británicos chamaron Peninsular War (Heath, William, gravado por Sutherland, Thomas en The Martial Achievements of Great Britain and her Allies from 1799-1815, de James Jenkins).
  • 43. A División do Miño (tropa regular e milicia popular), capitaneada polo conde de Noroña, enfróntase ó exército francés do mariscal Ney en Ponte Sampaio (río Verdugo, Pontevedra) entre o 7 e o 9 de xuño de 1809. Pablo Morillo, que apoiara a Bernardo González del Valle (Cachamuíña) na toma de Vigo, defendeu a ponte de Caldelas. Os franceses tratan de dominar outra vez o sur de Galicia (en marzo foran recuperadas Tui, Vigo e Pontevedra), pero non conseguen cruzar o río Verdugo.
  • 44. Plano da baía de Cádiz de José Mariano Vallejo. Nesta cidade sitiada reúnense as Cortes que inician a revolución liberal en España.
  • 45. A Junta Central Suprema foi a encargada de encauzar unha “consulta al país” que partía da inciativa de Jovellanos en maio de 1809 e que serviría para preparar a convocatoria das Cortes. O 29 de xaneiro de 1810 expediuse o derradeiro decreto da Suprema Junta, polo cal, ésta se disolvía e daba paso ó Consello de Rexencia de España e Indias, que acabaría organizando as Cortes. A reunión das Cortes non debía ser a priori un acto revolucionario, pero si que o era que a iniciativa da convocatoria partise desta Xunta, cando era prerrogativa do rei. Os reunidos en Cádiz tampouco eran un grupo homoxéneo: dividíronse basicamente en partidarios da reforma (liberais) e partidaros de perpetuar o modelo tradicional (servís).
  • 46. As Cortes serían unicamerais, e electas por sufragio censitario (tiñan dereito a voto e a ser votados todos os varóns maiores de 25 anos que tiveran casa aberta, incluidos os eclesiásticos seculares) indirecto (parroquia, partido e provincia). Reuníronse por primeira vez en Cádiz, na Isla de León, o 24 de setembro de 1810. A guerra impediu que se celebrara a elección en moitos distritos. Pouco máis de trescentos deputados participaron naquelas Cortes: abundaban as profesións liberais e os funcionarios, civís e militares, e un terzo eran eclesiásticos (algúns membros do clero, como Diego Muñoz-Torrero, defenderon o principio de soberanía nacional). O número total de deputados variou. No momento da súa inauguración (24/10/1810) só había 104, dos que 47 eran suplentes. Do total sinalado no cadro, 63 eran deputados americanos. Nunca Chegou a haber 308 reunidos; a Constitución de 1812 foi asinada tan só por 184 deputados e no momento da disolución das Cortes (14/09/1813) había 223.
  • 47.
  • 48. Juan Gálvez: Sesión de las Cortes de Cádiz (1812, Fundación Lázaro Galdiano, Madrid). O Teatro Cómico de la Real Villa de la Isla de León foi o primeiro lugar de reunión.
  • 49. Salvador Viniegra: Promulgación de la Constitución de 1812 (1912, Museo das Cortes de Cádiz). No momento representado as Cortes reuníanse no Oratorio de San Felipe Neri. Era o 19 de marzo de 1812, día de San Xosé. Entre os liberais popularizouse o eslogan “¡Viva la Pepa!”.
  • 50. Facsímil da Constitución de 1812 que se expón no Senado.
  • 51. Monumento á Constitución de 1812 da Plaza de España de Cádiz, de Modesto López Otero e Aniceto Marinas (1912).
  • 52. Monumento á Constitución de 1812 en Comayagua, Honduras. Erixido en 1820. Imaxe de Capitals of Spanish America (1888).
  • 53. Litografía de Serra que representa a sinatura do Tratado de Valençay o 11 de decembro de 1813. Non foi Fernando VII o que asinou, senón o duque de San Carlos no seu nome. Este tratado, polo que os signatarios se comprometían a retornar á situación anterior á guerra (e era bastante vantaxoso para Francia), non foi aceptado polas Cortes españolas. Napoleón, para debilitar ós aliados, reaccionou facilitando o regreso de Fernando VII a España. Era o 22 de marzo de 1814.
  • 54. Entrada triunfal de Fernando VII en Valencia, de Miquel Parra (1815). O 16 de abril o rei chegaba á cidade levantina desobedecendo o itinerario maracado polas Cortes. Os deputados, xa instalados en Madrid, pretendían que o rei xurara canto antes a Constitución. Ante este inesperado xiro envían a Valencia un representante da Rexencia. Pero tamén chegara á cidade un representante dos absolutistas.
  • 55. Exemplar do Manifesto de los persas publicado pola Real Orde do 12 de abril de 1814 (Biblioteca Nacional). Bernardo Mozo de Rosales, absolutista e deputado por Sevilla, levou un exemplar a Valencia.
  • 56.
  • 57. Francisco Javier Elío, capitán general de Valencia (atribuído a Miquel Parra, 1815, Museo del Prado). O 17 de abril Elío invitou ó monarca a recuperar todos os seus dereitos ofrecéndolle o apoio da tropa.
  • 58. Fernando VII deroga a Constitución de 1812 no Palacio de Cervelló. No Decreto de Valencia do 4 de maio de 1814 o rei declara: ...que mi real ánimo es no solamente no jurar ni acceder a dicha constitución ni a decreto alguno de las Cortes generales y extraordinarias, a saber, los que sean depresivos de los derechos y prerrogativas de mi soberanía, establecidas por la constitución y las leyes en que de largo tiempo la nación ha vivido, sino el de declarar aquella constitución y tales decretos nulos y de ningún valor y efecto, ahora ni en tiempo alguno, como si no hubieran pasado jamás tales actos...”
  • 59. Fernando VII en un campamento, por Francisco de Goya (depois de 1815, Museo del Prado)
  • 60. O militar Francisco Espoz y Mina (aquí nun retrato de autor descoñecido) sublevouse o 25 de setembro en Puente la Reina e marchou sobre Pamplona, nun intento fallido de proclamar a Constitución de 1812. Tivo que refuxiarse en Francia. Parece ser que tamén estivo involucrado na Conspiración do Triángulo, complot que buscaba asasinar a Fernando VII nunha das súas visitas á alcoba da meretriz “Pepa la Malagueña”. A trama foi descuberta e un dos seus líderes, Vicente Richard, foi aforcado na Praza da Cebada. A súa cabeza foi exposta na picota do camiño de Vicálvaro.
  • 61. Juan Díaz Porlier nunha litografía de J. Donon (de Victoriano Ameller: Los mártires de la libertad española, II, Madrid, 1853). Porlier foi protagonista dun pronunciamento na Coruña en setembro de 1815. Foi traizoado cando se dirixia coa tropa a Santiago. Morreu aforcado na Praza da Leña da cidade herculina cando sumaba 26 anos de vida.
  • 62. Luis Lacy pronunciouse en 1917 en Cataluña xunto ó xeneral Milans del Bosch a favor da Constitución española de 1812 e tratou de marchar sobre Barcelona. Morreu fusilado no castelo de Bellver. (Gravado de Luis de Lacy y Gautier en Ilustració Catalana nº 38, 1881)
  • 63. O asturiano Rafael del Riego foi capitán durante a Guerra de Independencia. O 10 de setembro participou na Batalla de Espinosa de los Monteros e caeu prisioneiro. Levado para Francia, foi liberado. Viaxou por Inglaterra e Alemaña. En 1814 regresou a España, obtendo o rango de tenente coronel. Durante os seis anos de monarquía absoluta, que seguiron á volta a España de Fernando VII, ingresou na masonería (Taller Sublime), conspirando contra o soberano. (retrato de autor descoñecido)
  • 64. A conspiración que acabaría co absolutismo parte do exército acantoado en Cádiz, un exército que estaba destinado a sufocar o movemento independentista en América. Entre os cabezas civís do movemento distinguimos a Alaclá Galiano, Mendizábal ou Istúriz. O pronunciamento comezou o 1 de xaneiro de 1820, pero fracasou no seu intento de tomar Cádiz. Riego percorreu durante dous meses a Andalucía Occidental sen conseguir grandes apoios. Cando todo parecía perdido, xa en marzo, foron os pronunciamentos de Zaragoza, Coruña o barcelona os que inclinaron a balanza cara os liberais.
  • 65. Proclamacíón da Constitución de 1812 na Praza Maior de Madrid en marzo de 1820 (Eugene Lamy e Godefroy Engelmann, Museo de Historia de Madrid).
  • 66. Manifiesto de Fernando VII a los españoles (10 de marzo de 1820)
  • 67. Por los serviles / no hubiera Unión /ni si pudieran/ Constitución./ pero es preciso /roan el hueso./y el liberal /les dirá eso: /Trágala, trágala/ Trágala, trágala/Trágala, trágala / Trágala, perro. Esta canción foi moi popular entre os liberais que apoiaron ó réxime do Trienio. Os absolutistas (serviles) contraatacaron coa canción La Pitita (Estampa da Biblioteca Digital Memoria de Madrid)
  • 68. Letra de La Pitita: Españoles, aliados, / clamemos: Religión! / ¡Viva el rey!¡Viva la paz! / ¡Viva la paz y la buena unión!. / Pitita, bonita, / con el pío, pío, pon. /¡Viva Fernando / y la Inquisición!. Na estampa “El entierro de los serviles” a Milicia Nacional aplasta ós absolutistas.
  • 69. O 9 de xullo Fernando VII xura a Constitución na sesión de apertura das Cortes, celebrada no Palacio de María de Aragón (Museo Romántico de Madrid)
  • 70. Nova organización administrativa: proxecto de Bauzá y Larramendi aprobado polas Cortes en xaneiro de 1822.
  • 71. O 25 de outubro de 1820 apróbase a Lei que incorpora ó Estado os bens dos mosteiros e conventos disoltos polas Cortes. Era o inicio da desamortización eclesiástica, proceso que se acelera durante a presidencia de Mendizábal no bienio 1835- 36. Na imaxe a Igrexa do Mosteiro de Sigena, da Orde de San Xoán de Xerusalén (Hospitalaria), en Huesca, unha das ordes que se declaron disoltas durante o Trienio.
  • 72. España era un país de economía preindustrial, cunha gran masa de campesiños e unha burguesía que era minoritaria: o liberalismo carecía do apoio social necesario para levar a bo porto as reformas que pretendía. Existían casos excepcionais: os sucesos de Alcoy foron a primeira manifestación de ludismo que houbo en España. Tiveron lugar o 2 de marzo de 1821, durante o Trienio Liberal, cando uns 1200 campesiños e xornaleiros dos pobos veciños que cardaban e fiaban la nas súas casas (no marco do sistema putting-out) asaltaron Alcoy e destruíron 17 máquinas, como a que vemos na imaxe. Tiveron que intervir dous rexementos procedentes de Xátiva e de Alicante para reprimir a protesta.
  • 73. Litografía de N. González (en El Mundo Militar, Madrid, 1863, pág. 68, Biblioteca Nacional)
  • 74. Theubet de Beauchamp: Vistas de Méjico y trajes civiles y militares y de sus pobladores entre 1810 y 1827 (Real Biblioteca del Palacio Real de Madrid). A clase mercantil crioula, afastada dos cargos (reservados ós nados na Península), abraza os ideais da Ilustración e imita o modelo norteamericano (independencia dos EE.UU). Aproveitou este grupo social o decidido apoio que lle brindaba Inglaterra, sobre todo a partir da derrota franco-española en Trafalgar.
  • 75. A ocupación francesa de España e a Guerra de independencia favoreceron as proclamas de independencia. En 1823 só queda baixo dominio da metrópole o Perú. En 1824, trala victoria de Sucre na batalla de Ayacucho, no continente americano só permanecían na órbita española Cuba e Porto Rico.
  • 76. A sublevación da Garda Real (insubordinándose en Palacio e enfrontándose á Milicia Nacional na Praza de Oriente o 7 de xullo de 1822), provocou a dimisión do gabinete do moderado (doceañista) Martínez de la Rosa. O novo goberno de Evaristo San Miguel (exaltados) perseguiu a sublevación realista (absolutista): as posicións de uns e doutros non podían estar máis afastadas. Gravado do asasinato do tenente Mamerto Landaburu (Biblioteca Nacional).
  • 77. As partidas realistas toman a Seo de Urgel e o 18 de agosto instáurase un rexencia, goberno no exilio durante a cautividade do rei. A Rexencia de Urgel foi desmantelada por Espoz y Mina en outubro. O que non puideron frear os liberais foi a invasión francesa acordada no Congreso de Verona en decembro de 1822. Na imaxe o Duque de Angulema entra en Madrid (Biblioteca Digital Memoria de Madrid)
  • 78. O Vello Cabeza Tambaleante XVIII probándose as botas de Napoleón – ou preparándose para a campaña en España (caricatura satírica británica do rei Luis XVIII, con Napoleón II detrás del querendo tomar a súa corona, por George Cruikshank). O 28 de xaneiro de 1823 Luis XVIII de Francia diríxese á Cámara: Cen mil fillos franceses, mandados por aquel príncipe da miña familia a quen o meu corazón comprácese de dar o nome de fillo meu, están prontos a marchar invocando ó Deus de San Luis, para conservar o trono de España a un neto de Enrique IV e para preservar aquel fermoso reino da súa ruina e reconciliarse con Europa. En abril o exército do duque de Angulema (Cen mil fillos de San Luis) entraba en España para restaurar o absolutismo. Os británicos mantivéronse neutrais.
  • 79. Desembraco de Fernando VII en Puerto de Santa María, por José Aparicio (1827). O duque de Angulema recibe ó rei, que fora evacuado a Cádiz por orde das Cortes. Era a fin do Trienio Liberal.
  • 80. Riego conducido por los realistas a la cárcel de La Carolina, litografía de J. Donon (en Victoriano Ameller: Los mártires de la libertad española, II, Madrid, 1853). En setembro de 1823 cae en desgracia trala batalla de Jódar. En Madrid foi xulgado e declarado culpable de alta traizón, xa que votara nas Cortes a favor da incapacitación do rei. Morreu aforcado na Praza da Cebada o 7 de novembro de 1823.
  • 81. Execución do libreiro Antonio Miyar o 11 de abril de 1831 (en Los mártires de la libertad española, de Victoriano Ametller, 1853)
  • 82. Mariana Pineda no patíbulo, gravado de Contreras (en Mugeres célebres de España y Portugal de Juan de Dios de la Rada y Delgado, 1868). A granadina Mariana Pineda acolleu no seu fogar a liberais perseguidos durante a década ominosa. En marzo de 1831 foi apresada e acusada de estar en posesión dunha bandeira bordada con signos e lemas da masonería. Hai quen defende que foi a propia policía a que introduciu a bandeira na súa casa co fin de conseguir que Mariana delatase a líderes da conspiración liberal. Foi executada co garrote vil o 26 de maio de 1831, cando contaba con 26 anos de idade.
  • 83. Fusilamento de Torrijos, por Antonio Gisbert (1888, Museo do Prado). O xeneral Torrijos preparou durante o seu exilio en Inglaterra un pronunciamento que pretendía recuperar “a senda liberal”. O 2 de decembro de 1831, partindo de Xibraltar, desembarcou na costa de Málaga con 60 homes. Era unha trampa (urdida polo militar Vicente González Moreno baixo o seudónimo de Viriato). O 11 de decembro foron fusilados na praia de San Andrés sen xuízo previo.
  • 84. A nova etapa absolutista, que a historiografía bautiza como década ominosa, non é un retorno exacto á situación anterior ó Trienio. Parece que o réxime quere adaptarse ás novas coordenadas europeas, tal e como demostran as políticas dos reformistas ou fernandinos ilustrados (Cea Bermúdez, Calomarde...): tímida reforma da Facenda (orzamento anual), non se repón a Inquisición... Este panorama non satisface ós liberais, pero tampouco ó partido realista, ós ultras, que apoiará o dereito de Carlos María Isidro, irmán do rei, a suceder ó monarca á súa morte. O enfrontamento ultrarrealista máis grave, anticipando a guerra carlista, foi a Guerra dos malcontents de 1827. Os agraviados, desde Manresa, esixían a reposición da Inquisición e o abandono das políticas dos reformistas.
  • 85. María Cristina de Borbón-Dos Sicilias, por Vicente López (1830, Museo del Prado). A Pragmática Sanción de 1789, aprobada por Fernando VII o 29 de marzo de 1830 (tres meses despois do seu casamento coa súa cuarta esposa, María Cristina de Borbón, de 23 anos de idade), restablecía o sistema de sucesión tradicional das Sete Partidas de Alfonso X de Castela (que fora alterado por Felipe V), segundo o cal as mulleres podían reinar se non tiñan irmáns varóns. Esta decisión de Fernando VII erradicaba a liña de sucesión do seu irmán Carlos María Isidro no caso de que o rei tivese unha filla. O 10 de outubro de 1830 nacía Isabel.
  • 86. A enfermidade de Fernando VII. Litografía de Florentino Decraene (1795-1852) que reproduce o óleo de Federico de Madrazo y Kuntz conservado no Palacio Real de Madrid (Díez, J. L.: Federico de Madrazo y Kuntz (1815-1894), pp. 132-135, n. 3). O título que aparece na estampa é La Reyna D.a M.a Cristina de Borbon. Durante a convalecencia do rei no Palacio de la Granja os carlistas conseguen a anulación da Pragmática Sanción, aínda que por pouco tempo. En 1831 o rei recobra a saúde e volve a poñer en vigor o decreto. En 1833, a poucos días da guerra, obriga ó seu irmán a abandonar España.
  • 87. O infante Carlos María Isidro de Borbón, por Vicente López (1823, Museo del Prado). Polo manifesto de Abrantes do 1 de outubro de 1833 declarábase rei de España co título de Carlos V. O 6 de outubro comezaba a Primeira Guerra Carlista.
  • 88.
  • 89. Os carlistas tentaron a toma de Madrid na Expedición Real de 1837. Aquí nun mapa de Wilhelm von Rahden, 1851.
  • 90. O xeneral Tomás de Zumalacárregui, coñecido pola súa tropa como “Tío Tomás”, foi un destacado militar carlista da rexión das vascongadas. Morreu en 1835 tras ser alcanzado por un proxectil durante a toma de Bilbao. Aquí pintado por Adolphe Jean- Baptiste Bayot en 1836.
  • 91. Portada do Album de las tropas carlistas del Norte, por Urrabieta (ca. 1840)
  • 92. Caballería Castellana. "Albúm de las Tropas Carlistas del Norte". Madrid (Fernando Miranda, década de 1840).
  • 93. Incendio da fábrica El Vapor, dos Bonaplata, en Barcelona en 1835, no contexto das bullangas (tumultos de signo anticlerical) e da Primeira Guerra Carlista.
  • 94. María Cristina de Borbón, rexente entre 1833 e 1840, por Winterhalter (1841)
  • 95. Mariano Fortuny: La reina María Cristina y su hija la reina Isabel pasando revista a las baterías de artillería que defendían Madrid en 1837 (Museo del Prado. Madrid).
  • 96.
  • 97. Co “Abrazo de Vergara” do 31 de agosto de 1839 (en Oñate) o xeneral carlista Maroto e o liberal Espartero ratificaban o Convenio asinado día antes con mediación británica (Inglaterra apoiou ó bando isabelino como membro da Cuádruple Alianza). O bando cristino aceptaba por este Convenio a liberdade dos carlistas, o recoñecemento dos empregos e graos carlistas, e a proposición ás Cortes do mantemento dos fueros. Estampa de Panorama Español, Madrid, 1845 (Museo de San Telmo).
  • 98. El Correo Nacional, nº 955, 31 de agosto de 1840, Madrid. Archivo del Territorio Histórico de Álava. Vitoria.
  • 99.
  • 100. Javier de Burgos por Florentino de Craene. A reforma impulsada por Javier de Burgos, durante o goberno de Cea Bermúdez, foi un primeiro intento de racionalización da administración territorial do Estado.
  • 101. María Cristina na sesión inaugural das Cortes de 1834, na Cámara de Próceres do Casón del Buen Retiro (gravado de Asselineau). O 10 de abril de 1834 promúlgase o Estatuto Real, carta outorgada ou lei elaborada polo goberno de Martínez de la Rosa, que non recoñecía a soberanía nacional e establecía unhas Cortes formadas por dúas cámaras: a alta, a dos Próceres, estaba formada por membros da nobreza e do clero (e algún magnate da burguesía) designados pola rexente e de cargo vitalicio. A cámara baixa, a dos Próceres, elixíase mediante sufraxio censitario moi restrinxido. O réxime do Estatuto estivo vixente ata o motín de La Granja en 1836 e foi vital para conseguir o apoio dos liberais durante a guerra carlista.
  • 102. Os motíns anticlericais (bullangas...) e a reaparición das Juntas propiciaron a caída do goberno do conde de Toreno e o inicio do goberno de Mendizábal. Para debilitar o carlismo e salvar a difícil situación da Facenda, Mendizábal impulsou medidas como a supresión de ordes relixiosas e a desamortización dos bens eclesiásticos.
  • 103.
  • 104. A "desamortización de Mendizábal" comezou cun decreto do 19 de febreiro de 1836 que declaraba "bienes nacionales" as propiedades dos conventos e mosteiros suprimidos polo goberno anterior, do conde Toreno, que o 25 de xullo de 1835 ordenou o peche dos establecementos relixiosos con menos de doce profesos, que eran a maioría. Estos bens nacionais serían vendidos en pública subasta e o produto da súa venda aplicaríase á redución da débeda. A exclaustración e desamortización eclesiástica supón a fin de gran parte dos mosteiros e a ruina e expolio do seu patrimonio. Na seguinte imaxe o mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro.
  • 105.
  • 106. En agosto de 1836, con medio país sublevado e en metade dunha terrible guerra, o motín dos sarxentos de La Granja obriga á rexente a restablecer a Constitución de 1812. Ó día seguinte da sargentada María Cristina destitúe a Istúriz e o goberno volve a mans dos liberais progresistas.
  • 107. O 18 de xuño de 1837 promulgouse o documento que sae do proceso de reforma constitucional liderado polos liberais progresistas: a Constitución española de 1837 establecía Cortes bicamerais e soberanía compartida (Cortes con el rey). A lei electoral mantiña o sufraxio censitario, aínda que ampliaba o dereito a voto. A propiedade vinculada (señoríos, morgados...) convertíase en propiedade privada enaxenable. A nova etapa buscaba o pacto cos antigos poderes (nobreza e clero), e nas eleccións de outubro os liberais moderados volvían ó poder. Aquí un orixinal manuscrito e caixa de pel de Federico Reparaz (Congreso dos Deputados).
  • 108. Co fin da guerra carlista, aproveitando a súa popularidade e a polémica fronte a nova lei municipal, o xeneral Espartero apoiará as reivindicacións dos progresistas fronte á rexente. María Cristina presenta a súa renuncia, iniciándose coa rexencia de Espartero (1841-1843) unha nova etapa política na que o estamento militar será protagonista. (John Linell: “Baldomero Espartero”. 1843. Museo de Historia de Madrid)
  • 109. Espartero cobra dos ingleses polas súas medidas librecambistas. (caricatura en “El Republicano”, 1842). A noticia de que o goberno prentende asinar con Inglaterra un acordo comercial que elimina o arancel ós produtos textís británicos (perxudicial para a industria algodoeira catalá) é o detonante da insurrección en Barcelona.
  • 110. Bombardeo de Barcelona desde o castelo de Montjuic. Espartero dirixiu en persoa as operacións que propiciaron a rendición da cidade o 4 de decembro de 1842. Espartero conseguía acabar coa revolta, pero perdía o enorme apoio social que tivera en Barcelona.
  • 111. Espartero por J. Laurent. En maio de 1843 Espartero xa só conta co apoio dos ayacuchos (militares que participaran naquela batalla). Un pronunciamento militar dos xenerais que apoian ó sector moderado (Narváez, O'Donell...), dirixido tamén por María Cristina, provoca a caída de Espartero, quen embarca con destino Inglaterra o 30 de xullo de 1843.
  • 112. Isabel II con 15 anos (En Dámaso Calbo y Rochina de Castro. "Historia de Cabrera". Madrid 1845). Isabel fora proclamada raíña de España con 13 anos, adiantándose a maioría de idade prevista para os 14 anos, en novembro de 1843.