A Comisión Irmáns Suárez Picallo nace en Sada no ano 2007 co fin de organizar un programa de actos para todo o ano 2008, logo de ser declarado institucionalmente polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo. Ao longo deste tempo, promovéronse dous ciclos de xornadas en torno a Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo, así como varias publicacións e unha exposición.
A partires do 2009 decídese ampliar os obxectivos e redefinir a Comisión, transformándoa nunha Asociación Cultural con vocación de permanencia e estabilidade. Desde entón véñense realizando actos, homenaxes e charlas sobre diversos temas, e téñense editado distintas publicacións. Ademais, púxose en marcha un blogue en internet para a difusión das nosas actividades e de textos de autores locais.
A A. C. Irmáns Suárez Picallo está aberta a incorporación de todos aqueles interesados en asociarse, e, de feito, entre as súas prioridades está a de ampliar constantemente a súa base social para atopar novos colaboradores e novos públicos.
Se desexa facerse socio, non ten máis que cubrir o formulario que poderá atopar no noso blogue e facérnolo chegar. Se o que quere é recibir a programación das nosas actividades, pode enviarnos a súa dirección de correo electrónico a comisionsuarezpicallo@gmail.com ou contactar connosco a través do noso grupo de Facebook.
A Asociación tamén é receptiva a todas as aportacións (artigos, documentos, materiais gráficos...), comentarios e críticas que o lector nos queira transmitir.
Con motivo do día das letras galegas adicadas este ano a uxío novo neyra, os alumnos/as da aula hospitalaria de ourense fixeron un power point na súa honra
Libros prohibidos ao longo dos anos. Biblioteca Provincial da Deputación da C...Bibliotecadicoruna
Guía de lectura da mostra sobre libros que están ou estiveron prohibidos ou censurados, que a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña pon á vosa disposición con motivo da celebración no noso país do Día da Biblioteca o 24 de outubro, proposta que xorde dende 1997, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades, e como instrumento da cultura para mellorar a formación e a convivencia humana. As bibliotecas sempre reivindicaron a liberdade na lectura e intentaron frear a censura e incautación de patrimonio bibliográfico.

Libros prohibidos ao longo dos anos. Biblioteca Provincial da Deputación da C...
dia do libro
1.
2. O 23 de abril é un día
simbólico para a literatura
mundial. Nese día en 1616
faleceron Miguel de Cervantes,
W. Shakespeare e o Inca
Garcilaso de la Vega.
A UNESCO, en 1995,
decidiu rendir unha homenaxe
universal aos libros e autores
nesta data alentando a todos, e
en particular aos mozos e
rmozas, a descubrir o pracer da
lectura e a valorar as
irremprazables contribucións
dos que impulsaron o progreso
social y cultural da humanidade
e creou o Día Mundial do
Libro e do Dereito de Autor
A idea orixinal desta
celebración partiu de Cataluña, do
escritor valenciano Vicente Clavel
Andrés En 1930, instaurase
definitivamente a data do 23 de
abril como Día do Libro mundial,
onde este día coincide con Sant
Jordi (San Jorge), patrón de
Cataluña e Aragón. Ese día é
tradicional que os namorados e
persoas queridas intercambien
unha rosa e un libro.
4. Miguel de Cervantes Saavedra naceu
en Alcalá de Henares (España) o 29 de
setembro de 1547.
En 1569 incorporouse á milicia e dous
anos despois combatiu na batalla de
Lepanto contra os turcos (7-10-1571). Ao
quedar ferido nun brazo apodáronno “El
manco de Lepanto”. Cando regresaba a
España foi capturado polos turcos e
estivo de refén durante cinco anos (1575-
1580).
Ao quedar libre regresou a Madrid e
escribiu a súa primeira novela, "La
Galatea", publicada en 1585. Despois
traballou como recaudador de impostos
en Sevilla, pero en 1597 foi encarcelado
acusado de complicidade nun fraude
bancario.
5. En 1600 instalouse en Valladolid,
onde acabou de escribir a primera
parte da súa grande obra “El
Quijote de la Mancha”, que
foi publicada en 1605. En 1613
publicou a coleción de contos
titulada "Novelas Exemplares".
A grande aceptación de "El
Quijote de la Mancha" fixo que
publicara a segunda parte en
1615. Establecido en Madrid,
púxose gravemente enfermo e
faleceu o el 22 de abril de 1616.