EQUIPO DE CONVIVENCIA
CEIP PONTE DOS BROZOS – ARTEIXO
Abril 2016
VI Semana Intercultural (4 – 8 abril 2016).
O Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos
do Sur organiza a VI Semana Intercultural que este ano xira en torno aos refuxiados e
refuxiadas.
A VI Semana Intercultural leva como título O MURO DOS DESEXOS.
O Muro dos Desexos. Esta actividade ten como obxectivo a sensibilización de
toda a comunidades educativa do CEIP Ponte dos Brozos sobre o horror que día a día
viven miles de familias de refuxiados que foxen do seu país e establecer unha
comunicación con todos os axentes implicados nesta comunidade, a través das mensaxes
expresadas polo alumnado e profesorado sobre os seus desexos de convivencia entre os
veciños/-as de Arteixo.
As actividades propostas para Educación Primaria son as seguintes:
1º e 2º nivel de Educación Primaria: NOVOS/-AS VECIÑOS/-AS
 Representación teatral:
Os nenos e nenas destes niveis gozaran da representación dunha obra de
monicreques. Na obra descríbese como é un proceso migratorio forzoso dun
grupo de animais, que vendo ameazada a súa vida e a súa tranquilidade
deciden emprender o seu desprazamento cara un novo fogar.
Con ela preténdese facer un achegamento á diversidade cultural, ao que
significa unha migración forzosa, que é un refuxiado/-a e as dificultades que
teñen estas persoas para atopar un lugar onde vivir en paz.
 Musicoterapia:
A través da música buscarase que o alumnado experimente diferentes
sentimentos, co obxectivo de espertar a súa empatía partindo das súas
propias sensacións.
EQUIPO DE CONVIVENCIA
CEIP PONTE DOS BROZOS – ARTEIXO
Abril 2016
3º e 4º nivel de Educación Primaria: NUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS
 Relato dunha vida:
A través dunha serie de imaxes amosaranse as causas e consecuencias
dos procesos migratorios.
Exposición dun breve relato de vida protagonizado por unha das nais
e veciñas de Arteixo.
 Musicoterapia:
5º e 6º nivel de Educación Primaria: LESBOS: “TESTIGO EN PRIMEIRA
PERSOA”
 Alfonso Mascuñana: “Eu fun voluntario en Lesbos”:
Grazas a Rede de Escolas de Amnistía contaremos coa presenza de
Alfonso Mascuñana que nos contara como foi a súa experiencia en Lesbos
e de como traballan alí os/as voluntarios/-as cos refuxiado/-as.
A coordinadora do Equipo de Convivencia.
Marga González
Durante toda a semana teredes á vosa disposición na Biblioteca do centro diverso
material (libros, cine...) seleccionado polas mestras bibliotecarias que, tamén, se
encargaran de por música á VI Semana Intercultural.

VI semana intercultural1

  • 1.
    EQUIPO DE CONVIVENCIA CEIPPONTE DOS BROZOS – ARTEIXO Abril 2016 VI Semana Intercultural (4 – 8 abril 2016). O Equipo de Convivencia en colaboración co Concello de Arteixo e a ONG Ecos do Sur organiza a VI Semana Intercultural que este ano xira en torno aos refuxiados e refuxiadas. A VI Semana Intercultural leva como título O MURO DOS DESEXOS. O Muro dos Desexos. Esta actividade ten como obxectivo a sensibilización de toda a comunidades educativa do CEIP Ponte dos Brozos sobre o horror que día a día viven miles de familias de refuxiados que foxen do seu país e establecer unha comunicación con todos os axentes implicados nesta comunidade, a través das mensaxes expresadas polo alumnado e profesorado sobre os seus desexos de convivencia entre os veciños/-as de Arteixo. As actividades propostas para Educación Primaria son as seguintes: 1º e 2º nivel de Educación Primaria: NOVOS/-AS VECIÑOS/-AS  Representación teatral: Os nenos e nenas destes niveis gozaran da representación dunha obra de monicreques. Na obra descríbese como é un proceso migratorio forzoso dun grupo de animais, que vendo ameazada a súa vida e a súa tranquilidade deciden emprender o seu desprazamento cara un novo fogar. Con ela preténdese facer un achegamento á diversidade cultural, ao que significa unha migración forzosa, que é un refuxiado/-a e as dificultades que teñen estas persoas para atopar un lugar onde vivir en paz.  Musicoterapia: A través da música buscarase que o alumnado experimente diferentes sentimentos, co obxectivo de espertar a súa empatía partindo das súas propias sensacións.
  • 2.
    EQUIPO DE CONVIVENCIA CEIPPONTE DOS BROZOS – ARTEIXO Abril 2016 3º e 4º nivel de Educación Primaria: NUN ABRIR E CERRAR DE OLLOS  Relato dunha vida: A través dunha serie de imaxes amosaranse as causas e consecuencias dos procesos migratorios. Exposición dun breve relato de vida protagonizado por unha das nais e veciñas de Arteixo.  Musicoterapia: 5º e 6º nivel de Educación Primaria: LESBOS: “TESTIGO EN PRIMEIRA PERSOA”  Alfonso Mascuñana: “Eu fun voluntario en Lesbos”: Grazas a Rede de Escolas de Amnistía contaremos coa presenza de Alfonso Mascuñana que nos contara como foi a súa experiencia en Lesbos e de como traballan alí os/as voluntarios/-as cos refuxiado/-as. A coordinadora do Equipo de Convivencia. Marga González Durante toda a semana teredes á vosa disposición na Biblioteca do centro diverso material (libros, cine...) seleccionado polas mestras bibliotecarias que, tamén, se encargaran de por música á VI Semana Intercultural.